Gaceta its
-
Upload
ccooxustiza -
Category
Law
-
view
2.947 -
download
7
Transcript of Gaceta its
WWW.CCOOXUSTIZA.COM Abril, 2014
NOVAS
1024
ESPECIAL DECRETO ITs
PAGAR POR ENFERMAR
ESCRIBA AQUÍ EL LEMA EN ESTE NÚMERO
O pasado 26 de novembro o DOG recolleu o maior
atentado aos nosos dereitos dende o inicio dos
ataques aos funcionarios en 2010, cando a
consideración dos empregados públicos como
chibos expiatorios da crise provocada por outros
que saíron indemnes, supuxo unha perda do
poder adquisitivo de máis do 30%, un incremento
de funcións pola taxa de reposición cero (hoxe en
día unha máis, o expurgo) e uns concursos de
traslados ficticios que implican a anulación do
noso dereito á mobilidade profesional.
Ese 26 de novembro o Decreto 169/13 puxo en
vigor un novo axioma: pagar por enfermar. E
hai un responsable directo: a Dirección xeral de
Xustiza. Nas súas mans estaba repoñer o que o
tristemente famoso Real Decreto 20/12, ese que
provocou o roubo da nosa paga extra de
decembro de 2012, pretendía consumar: unha
redución considerable dos nosos salarios polo
mero feito de enfermar. Indigno e vergoñento,
atenta contra dereitos fundamentais tan
básicos como a igualdade ou a dignidade.
Non é certo a máxima de que non había outro
remedio, ou autoinmolarse na propia
incompetencia alegando ordes de arriba. O
citado Real Decreto derivou nunha reforma
exprés da LOPX que no seu artigo 504.5 establece
que o órgano competente (a Dirección Xeral de
Xustiza) determinará os supostos que con
carácter excepcional e debidamente xustificados
se poida establecer un complemento ata acadar,
como máximo o 100% das retribucións. En
definitiva, non se fixo porque non se quixo facer.
No Decreto 169/13 alégase a nosa cualidade de
corpo nacional e a necesidade de homoxeneizar
as normativas. Outra falacia. Os nosos
WWW.CCOOXUSTIZA.COM
2
compañeiros de Navarra ou Aragón teñen un
réxime privilexiado que os equipara á Xuíces e
Fiscais. Estes últimos, compartindo centro de
traballo con nós, non sufrirán ningún tipo de
desconto por enfermidades contaxiosas, un
caixón de sastre que inclúe a gripe estacional.
Supuxo poñer en negro sobre branco o que
pola vía dos feitos xa existía: a consagración
das castes na Xustiza, o vulgo castigado e a
nobreza premiada, quizais porque esta ten a
última palabra a través de sentenzas onde pode
poñer en xaque ao goberno de turno.
Esta gaceta, lonxe de ser un panfleto vende
seguros, quere ser explicativa dos supostos que
producirán descontos por enfermar e as súas
excepcións, pero tamén pretende
serreivindicativa, xa que outra normativa era
posible para paliar o que dende o Sector de
Xustiza de CCOO consideramos o ataque máis
grave do goberno dos recortes aos nosos
dereitos estatutarios e retributivos.
Sabías que…?
Ata xaneiro deste mesmo ano os inspectores da Seguridade Social cobraban un plus por dar
máis dun 15% de altas forzosas? Afortunadamente unha sentenza da Audiencia Nacional puxo
fin a esta corruptela que outorgaba un incentivo económico que enturbaba a aplicación
exclusiva de criterios médicos á hora de conceder as altas e as baixas.
WWW.CCOOXUSTIZA.COM Abril, 2014
Nunha mostra máis de desleixo, a Administración abriu a negociación en pleno verán, cando o
decreto, segundo mandataba a Lei Orgánica do Poder Xudicial, tiña que estar publicado nun
máximo de seis meses dende a reforma (28 de decembro de 2012). sen embargo, isto, en principio,
xogaba ao noso favor, pois xa foran publicados réximes moi favorables, como o de xuíces e fiscais
ou o dos compañeiros funcionarios de xustiza de Navarra e Aragón.
A Dirección Xeral, no seu espírito ditatorial e covarde, pretendeu impornos o mesmo decreto
que aos funcionarios da Administración da Xunta de Galicia, tremendamente lesivo e que segue a
literalidade do RD 20/12, sendo incluso precursor do mesmo, xa que levan sufrindo o pago por
enfermidade dende antes dese decreto infausto. A presión sindical, cando as concentracións eran
seguidas maioritariamente e tiñamos o respaldo dos traballadores, forzou a apertura dunha dura
negociación. A administración cedeu ata o decreto que rexe os descontos dos funcionarios do
ámbito do territorio ministerio, practicamente un calco do resultado final. CCOO impulsou a
demanda dun decreto que non vulnerase o dereito fundamental do artigo 14 da Constitución: o
dereito á igualdade, toda vez que tanto xuíces como fiscais ou funcionarios, que compartimos
centro de destino, somos persoas iguais ante a lei cos mesmos dereitos e deberes, e o rango
non da privilexios, moito menos cando falamos da saúde. O Director Xeral comprometeuse a
facer as consultas pertinentes (a papá Rueda, conselleiro de presidencia, administracións públicas
e xustiza) e a resposta foi rápida: ante a posibilidade de xerar un conflito na función pública
Percorrido en mesa sectorial
WWW.CCOOXUSTIZA.COM
4
autonómica a negativa foi rotunda. Tan rotunda como a decisión de todas as organizacións de
levantarse da mesa e dar por pechada a negociación por vulnerar dereitos fundamentais.
O 26 de novembro, sen previo aviso, publicouse o Decreto “pagar por enfermar”, en datas nas que
os funcionarios decidíamos se facer ou non unha folga indefinida. Contra feitos consumados a
mobilización e complexa. Unha xogada estratéxica e desmobilizadora por parte da Administración.
Este percorrido, dende a publicación do RD 20/12 e a reforma da LOPX ata a publicación do decreto
169/13 deixa en claro dúas cousas:
1.- Para a negociación efectiva, CCOO demanda mobilización contundente. Sen o respaldo dos
traballadores e traballadoras nas concentracións e manifestacións, como está a acontecer en
algunhas cidades como A Coruña ou Santiago, en contraposición ao seguimento masivo en Ferrol ou
Vigo, demostramos unha debilidade que é aproveitada pola administración para impoñer as súas
posicións. En Navarra e Aragón, de gobernos conservadores, se acadaron un mellor decreto foi pola
mobilización sostida, incluso cunha folga indefinida no caso de Navarra.
2.- O Decreto Pagar por Enfermar puido ser ben diferente ao que foi, xa que, como quedou dito,
estaba regulado na propia lei a potestade discrecional da Dirección Xeral para publicar outro
réxime moito máis favorable. CCOO ten recorrido este Decreto e confiamos en que a Xustiza nos
dea a razón e tombe esta lexislación denigrante contra un dereito tan básico como o dereito a
saúde.
WWW.CCOOXUSTIZA.COM
5
Hospitalización e intervención cirúrxica
A hospitalización considérase tanto o
internamento, como a domiciliaria e a estancia
nos hospitais de día, así como os períodos de
observación nos servizos de urxencias
hospitalarias.
Cómpre aclarar que se o facultativo nos
recomenda o que se coñece como repouso, pode
considerarse hospitalización domiciliaria e non
habería lugar a descontos, se ben é necesario un
xustificante emitido por un centro hospitalario.
En canto aos períodos de observación nos
servizos de urxencias, a instrución que
desenvolve o decreto roza o surrealismo, ao
establecer un límite mínimo de sete horas para
ser considerado suposto excepcional e non dar
lugar a descontos, unha categorización absurda
dada a diferencia dos servizos de urxencias entre
hospitais, dependendo da cidade, a saturación, as
datas, etc.
A intervención cirúrxica: inclúense todas as
incluídas na carteira de servizos do sistema
sanitario público que podedes consultar aquí, con
internamento, cirurxía maior ambulatoria, cirurxía
menor ambulatoria e as intervencións médicas
invasivas, como colonoscopias, gastroscopias ou
similares
Hai que salientar que unha enfermidade que da
lugar a desconto e logo, dentro do mesmo
proceso patolóxico, deriva nunha hospitalización
ou nunha intervención cirúrxica xera o dereito do
funcionario a reclamar as cantidades xa
descontadas.
Tratamentos oncolóxicos
A nefasta redacción do decreto trae consigo que
segundo a literalidade do mesmo non basta con
padecer cancro para non ter ningún desconto,
senón que chegamos á aberración de que é
necesario estar sometido a un tratamento. Unha
boutade, non sempre o cancro precisa de
tratamento ou dispón dun útil ou apropiado.
DECRETO 169/13: SITUACIÓNS DE IT QUE
NON DAN LUGAR A DESCONTO
WWW.CCOOXUSTIZA.COM
6
Baixas durante o embarazo ou lactación
Abrangue todas as baixas, non só as derivadas
deses procesos. (Unha gripe durante o embarazo,
por exemplo)
Incapacidade superior ao 33%
Neste caso si é requisito imprescindible que a
baixa sexa derivada de enfermidades que foron
causa da concesión da discapacidade.
Enfermidades graves contidas no RD
1148/11
Un listado de enfermidades terribles que pon os
pelos como escarpias, que podedes consultar
aquí, entre elas o trastorno de conduta grave (...)
Cada grupo de enfermidades remata cunha
cláusula aberta, onde pode incluírse calquera
enfermidade grave, a discreción do que o
facultativo sinale no noso parte de baixa
Violencia de xénero
Baixas motivadas pola situación física ou
psicolóxica derivadas desa lacra social, que
require, ao noso modo de ver, dunha xustificación
abusiva regulada pola Lei galega 11/2007
Situacións de risco durante o embarazo
ou a lactación natural
Cun tratamento diferenciado á hora de xustificalo
dependendo da adscrición a Mugeju, que require
informe do servizo de prevención de riscos, ou á
Seguridade Social que deriva unicamente á
mutua.
WWW.CCOOXUSTIZA.COM
7
O que eufemisticamente e sen rubor no Decreto cualifícase como “Complemento económico
durante o resto das situacións de incapacidade temporal por continxencias comúns”, algo así
como o famoso crecemento negativo, e que nós preferimos cualificar como atraco a man armada
aos nosos petos por enfermar, supoñen os seguintes descontos:
1.- Os tres primeiros días cobrarase a metade do soldo, o 50% das retribucións básicas e
complementarias tomando como referencia as retribucións do mes inmediatamente anterior
2.- Do día catro ao vinte, descontarán o 25% do soldo
DESCONTOS QUE SUFRIRÁN AS NOSAS NÓMINAS POR COMETER O DELITO DE ENFERMAR
Se tomamos como base
o que descontan por un
día de folga, o atraco
pode ascender a un
total de entre 300 e 400
euros nas nosas nóminas
A canto ascende o botín?
WWW.CCOOXUSTIZA.COM
8
A partir do sexto mes de baixa, víamos minoradas as
nosas retribucións, xa que non cobrabamos os 427
euros do CAT, unha discriminación respecto aos
funcionarios interinos suxeitos ao réxime da
Seguridade Social, que percibían as retribucións
íntegras. Foi a reforma da Lei Orgánica do Poder
Xudicial, e non a austera Xunta de Galicia, a que
eliminou esta desigualdade sen sentido. O novo
artigo 504.5 da LOPX estableceu que en ningún caso
os funcionarios adscritos aos réximes especiais da
Seguridade Social xestionados polo mutualismo
administrativo poderán percibir unha cantidade
inferior na situación de incapacidade temporal por
continxencias comúns á que lles corresponda aos
funcionarios adscritos aó réxime xeral da Seguridade
Social, incluídos os complementos.
Sen embargo, o despropósito na xestión deste
complemento introdúcenos nunha maquinaria
burocrática que vai provocar unha situación en que
no mesmo mes teremos a nosa retribución dividida
en tres. No canto de que a Xunta ingrese a cantidade
íntegra o primeiro día de mes e logo reclame á
Mugeju as cantidades, teremos que ser nós os que
fagamos os trámites pesados e administrativos,
primeiro cobrando soldo base e trienios, logo
reclamando o subsidio á Mugeju e finalmente, cando
acreditemos a minoración, o CAT á Xunta.
A xunta paga soldo base e
trienios
Mugeju complementa co
subsidio
Nova reclamación a Xunta do CAT
Novidades no subsidio despois de 180
días de baixa
WWW.CCOOXUSTIZA.COM
9
O Decreto contén unha disposición transitoria retroactiva á 29 de xuño de 2013. É obvio que a
irretroactividade das disposicións sancionadoras impide a súa aplicación. Sen embargo, para os
supostos favorables si é aplicable, polo que as persoas que levan máis de seis meses de
baixa poden reclamar dende esa data a percepción das retribucións íntegras con carácter
retroactivo. Nos nosos locais sindicais tedes á vosa disposición modelos de reclamación
administrativa que a Administración acepta e xa está pagando.
As recaídas na mesma enfermidade son consideradas continuación da incapacidade temporal,
polo que non se reinicia o cómputo para os descontos
Pese a que a Dirección Xeral manifesta que será flexible, o certo é que sobre o papel e
necesario a entrega presencial dos partes de baixa nos Servizos de Xustiza, unha ignominia
absurda que é necesario rectificar na Instrución para a tramitación das IT
Polo momento, á espera dunha Orde Ministerial uniforme para o Estado, os días chamados de
pre-it, os tres días nos que non é necesario pedir unha baixa médica, non supoñen
desconto algún, aínda que si é necesario presentar xustificante médico
Ante as dúbidas que resultaron en asemblea, aclarar que a incorporación ao posto de traballo
debe producirse no primeiro día laborable posterior á data de alta.
As licenzas serán concedidas nos primeiros 18 meses polo Servizo Territorial, dende o mes 18
ao 30 pola Dirección Xeral de Xustiza
Se a Inspección nos da a alta forzosa é obrigatorio reincorporarse ao traballo, sen prexuízo dos
recursos que se poidan interpor
Algún apuntamento máis…