Ficcionario Fontexerío

18

description

Diccionario ficticio de palabras creadas polos habitantes do IES Fontexería (Muros, A Coruña)

Transcript of Ficcionario Fontexerío

Page 1: Ficcionario Fontexerío
Page 2: Ficcionario Fontexerío

O IDIOMA DO FUTURO

FONTEXERÍO

Page 3: Ficcionario Fontexerío

Ti podes colaborar a crear un novo ficcionario.

Un idioma que será universal dentro do recinto do Fontexería.

Palabras que non existen pero deberan existir.

Palabras que están nas cabezas pero que aínda non foron escritas nin definidas.

Page 4: Ficcionario Fontexerío

Palabras que xa existen pero poden ser definidas doutro xeito.

Nin sequera serán palabras… serán palabros.

Galego, castelán, francés, inglés, tanto ten.

Podes inventar en calquera lingua: o que importa é que non exista ou a palabra ou a definición.

Page 5: Ficcionario Fontexerío

Cérvido do Século de Ouro das letras españolas, aliñado sen dúbidas coa tendencia culteranista.

Góngora

Lope de Vega

Page 6: Ficcionario Fontexerío

Pola gracia de Deus houbo que comelo durante case 40 anos. A moita xente se lle atragantou, a outra non e segue a consumilo, xa friame.

Page 7: Ficcionario Fontexerío

Flor que ten moi delicada a

cuestión da vista, e por iso a

protexe botándolle un

líquido preparado ó

efecto. Se non o fai corre o risco de converterse en Delirio, que

xa é outra cousa.

Page 8: Ficcionario Fontexerío

Víscera que converte o que recibe noutra cousa.

Como por arte de maxia.

Non sempre gusta o resultado final.

Page 9: Ficcionario Fontexerío

Artefacto deseñado para distraer a determinados seres da súa obsesión pola posesión dun anel

Page 10: Ficcionario Fontexerío

Óvido senil que malia estar cuberto de la acusa moito a friaxe nas articulacións cando vai frío.

Os seus netos téñenlle moito aprecio e adoitan chamala avovella.

Page 11: Ficcionario Fontexerío

Non hai moito acordo ó respecto: algúns definen

este termo como a dificultade para atopar as

chaves da casa ou o coche; mentres ca outros

exclaman: “isto é un llaverinto”, cando se

sinten incapaces de meter a chave na pechadura, ou

se trabucan de pechadura.

Sexa coma sexa nos dous casos incorren en

castelanismo.

Page 12: Ficcionario Fontexerío

A parella perfecta cando se fala de

cubertería soe ser de tres

compoñentes: garfo, culler e

coitelo. Se a convivencia non é posible o

último debe ser o que corte a relación. Digo eu!

É o máis adecuado.

Page 13: Ficcionario Fontexerío

Calzado para andar por casa,

especialmente recomendado para

xente nerviosa que se soe morder as unllas (xa sei que as dos pés

é máis inhabitual). Se cando che fan un

bocata de queixo non queres comer tanto pan, podes

aproveitar para facer unhas destas, por olor non vai haber

problema.

Page 14: Ficcionario Fontexerío

Envío por medio do servizo de correos de

produtos alimenticios

baseados en fariñas de cereais, levedadas e pasadas polo forno. Aquela xente que as

recibe soe quedar moi contenta, é o que se soe chamar

“broas noticias” cando son de fariña

de millo

Page 15: Ficcionario Fontexerío

Actor de Hollywood ó que o vento nonfoi capaz de levar grazas a que era capaz de recargar ás súas enerxías conectándose á rede eléctrica.Se cadra tamén podería ter aproveitado a enerxía eólica polo tamaño considerable das súas orellas.Advertencia: non é o pai de Clark Kent!

Page 16: Ficcionario Fontexerío

Instrumento musical de corda afeccionado á lectura, sobre todo de temas musicais.Entre os amigos que se poden atopar no seu facebook están: Bruce Lee, Christopher Lee, o xeneral Lee, Spike Lee ou Lee Marvin

Page 17: Ficcionario Fontexerío

Pomada que dende pequena aprendeu a escoitar narracións que facían soñar. Cando medrou,

agachouse en tubos e no aire, e dende alí

estimula a imaxinación do que

entra en contacto con ela.

Ollo! É perigosa esta sustancia, pode que faga que pensedes!

Page 18: Ficcionario Fontexerío