Fases da elaboración do TFG - Universidade de Santiago de ......Ex.: Crisis (buscar como palabra...
Transcript of Fases da elaboración do TFG - Universidade de Santiago de ......Ex.: Crisis (buscar como palabra...
Como elaborar o TFG paso a paso Novembro de 2017
1 Biblioteca Universitaria de Santiago de Compostela - BUSC Fac. CC. Económicas e Empresariais 2017
Fases da elaboración do TFG
1. Definir o tema do traballo
2. Conceptuar o tema
3. Buscar e atopar información
3.1 Formular a estratexia de busca
3.2 Seleccionar as fontes
3.2.1 Chegar ao texto completo
4. Avaliar e organizar a información atopada
4.1 Criterios de avaliación
4.2 Ferramentas de avaliación
4.3 Ferramentas para a organización da información
4.3.1 Almacenar a información de forma ordenada
4.3.2 Xestionar a bibliografía con Refworks
5. Tratar a información (citar)
6. Organizar e redactar o traballo
6.1 Ferramentas de axuda para definir a estrutura do noso TFG
6.2 Ferramentas de axuda para a redacción do noso TFG
Como elaborar o TFG paso a paso Novembro de 2017
2 Biblioteca Universitaria de Santiago de Compostela - BUSC Fac. CC. Económicas e Empresariais 2017
1) Definir o tema do traballo
Algúns títulos ECO 2014:
- “Capitalismo e desigualdade”
- “Evolución da produtividade no sector agrario español. Análise desagregado por
comunidades autónoma”
Algúns títulos de ADE 2014:
- “Cambio social e de consumo en España”
- “Impacto da prima de risco da débeda soberana sobre o custe da débeda das empresas”
Preguntas: que sabemos do tema? O noso tipo de traballo é teórico ou empírico? Que enfoque
lle imos dar (falar co titor/a).
Extensión do traballo: entre 6.000 e 10.000 palabras
2) Conceptuar o tema
Identificar os conceptos: palabras chave e descritores (sinónimo, outras linguas...)
Ex.: Crisis (buscar como palabra chave e como tema en Iacobus)
“La crisis de los medios”;
“Mediacion familiar como solucion en los conflictos de crisis de pareja”
Establecer límites: cronolóxicos, xeográficos e lingüísticos, se procede.
Crear unha listaxe de palabras que representen o tema. Irémola ampliando a medida que
comecemos a buscar información nas distintas fontes (tesauros, materias...)
Como elaborar o TFG paso a paso Novembro de 2017
3 Biblioteca Universitaria de Santiago de Compostela - BUSC Fac. CC. Económicas e Empresariais 2017
P.ex. Capitalismo e desigualdade
Palabras chave (extraídas do título, autor, etc.): capitalismo, desigualdade social
Descritores (termos relacionados): riqueza, pobreza, distribución da renda,
crecemento económico, globalización, disparidade de salarios...
Outros idiomas: precariousness, social division, inequality, distribution, capital...
Límites: España, Europa, 2000-2015,...
3) Buscar e atopar información
3.1 Formular a estratexia de busca
ECUACIÓN = TERMOS DE BUSCA + CAMPOS (Autor, título...) + OPERADORES (And, Or, Not, *, ?...)
Tipos de busca:
Busca simple, busca avanzada, vocabularios controlados
A) Catálogo (simple: palabra clave; avanzada, truncamentos).
Subcatálogos. Orde dos resultados.
EXEMPLO DE BUSCA:
1) Simple: capitalismo desigualdade
2) Avanzada materia: capitalismo + desigualdade
3) Poucos resultados => Operadores truncamento =>
capitalis*+desigua*
4) Eliminar os resultados relacionados coa crise => (DESIGUA*
AND SOCIA* AND CAPITALIS*) E NON (CRISE?)
5) Resultados relacionados polo tema (ideas para novas buscas)
6) Busca avanzada => Límites e operadores
B) DIALNET un dos maiores portais bibliográficos do mundo, cuxo
principal cometido é dar maior visibilidade á literatura científica
hispana. É unha fonte multidisciplinar fundamental nas áreas de
Ciencias Sociais e Humanidades, especialmente en lingua
Como elaborar o TFG paso a paso Novembro de 2017
4 Biblioteca Universitaria de Santiago de Compostela - BUSC Fac. CC. Económicas e Empresariais 2017
española. Integra todo tipo de documentos. Ten dúas modalidades de busca, unha básica -de
acceso universal- e outra avanzada, Dialnet Plus, para a que é preciso rexistrarse (só dispoñible
para usuarios membros das institucións participantes no proxecto).
Exemplo: Capitalismo y desigualdad (con e sen rexistro). Ver límites. (Gardar buscas, enviar ao
correo, RSS; suscriciones, referencias... só se estás rexistrado).
C) BSP (e outras bd de Ebsco; suxerir descritores; límites; historial buscas). Base de datos con
información das áreas de empresas, economía, finanzas, contabilidade, negocios
internacionais... Dá acceso a documentos de revistas, xornais e informes, na súa meirande parte
a texto completo.
Os operadores booleanos: EXEMPLOS COA BSP
- e/y/and: relaciona termos de busca . Buscando Keynes e/y/and Economics, devolverá só
resultados que relacionen estes dous termos.
- ou/o/or: amplía os resultados da busca. Buscando Keynes ou/o/or Economics, devolverá
resultados que conteñan os dous termos ou algún deles.
- non/no/no: restrinxe os resultados da busca. Buscando Keynes non/no/no Economics
obteranse resultados nos que apareza o primeiro termo e non o segundo.
Outros operadores: EXEMPLOS COA BSP
- Asterisco *: permite substituír caracteres na busca. Buscando econom* podería achegar
resultados cos termos: economía, economy, econometric …
- Interrogación ?: permite substituir un único carácter. Buscando businessm?n podería
achegar resultados cos termos businessman o businessmen.
- Aspas “...”: busca exactamente os caracteres contidos nas aspas. Buscando “Enterprise Risk
Management in Financial Crisis” obtéñense os resultados que conteñan exactamente esa
cadea de caracteres.
- cerca/cerca/near: permite buscar dous termos xuntos , pero a orde na que atope os
resultados é indiferente. Buscando López cerca García, devólveche autores que se apeliden
López García ou García López.
- Parénteses (...): emprégase para a realización de buscas complexas nas que se poden
empregar varios operadores. Buscando (financeira ou económica) e crise devólveche
resultados que conteñan os termos crise financeira ou crise económica.
Como elaborar o TFG paso a paso Novembro de 2017
5 Biblioteca Universitaria de Santiago de Compostela - BUSC Fac. CC. Económicas e Empresariais 2017
C) Tesauro de la UNESCO
(campos de la educación, cultura, ciencias naturales,
ciencias sociales y humanas, comunicación e información.
Continuamente ampliada y actualizada, su terminología
multidisciplinaria refleja la evolución de los programas y
actividades de la UNESCO)
Tesauro UNESCO (ex. Capitalismo)
C) Google Scholar
• Atopar documentos académicos, resumos e citas
• Localizar documentos académicos a texto completo a través da túa biblioteca ou na rede
• Obter información acerca de documentos académicos chave nun campo de investigación
Ademais podes configurar:
- a lingua da interfaz e dos resultados da busca,
- o xeito en que desexas que che amose os resultados,
- para que mostre os enlaces ao texto completo proporcionado pola Biblioteca
da USC.
Ex.: capitalismo desigualdad; capitalismo –desigualdad; “capitalismo y
desigualdad”
3.2 Seleccionar as fontes
QUE NECESITAS?
QUE FONTE DE INFORMACIÓN
DEBES CONSULTAR?
ONDE PODES LOCALIZALA?
Obter un dato concreto para facer un traballo
Atlas
Biografías
Dicionarios Directorios
Enciclopedias
Estatísticas
Internet
Catálogo da biblioteca
Estantes de referencia das Salas de Lectura
Web da biblioteca
Buscadores da rede
EXEMPLOS BUSCA:
- Oxford English Dictionary
- INE (INEbase)/Eurostat (Data/Database)
Imaxe tomada de: http://blog-de-traduccion.trustedtranslations.com/wp-
content/uploads/2014/08/20535180.thb_-300x215.jpg
Como elaborar o TFG paso a paso Novembro de 2017
6 Biblioteca Universitaria de Santiago de Compostela - BUSC Fac. CC. Económicas e Empresariais 2017
- Banco de datos mundial (países, temas, indicadores)
- SABI (informes de empresas; Viaqua)
- Buscador de Economía e Empresa (UDC) Busca por categorías ou no buscador. Busca recursos, non dentro dos contidos deses recursos. Funciona tamén como directorio
A visión xeral dun tema para facer un traballo de clase ou comezar unha investigación
Dicionarios Enciclopedias
Catálogo da Biblioteca
Estantes de referencia das Salas de Lectura
Web da biblioteca
Manuais xerais
Sitios web
Catálogo da Biblioteca
Bibliografías recomendadas
Web da biblioteca
Buscadores da rede
EXEMPLOS BUSCA:
Google académico (1º configurar, 2º Menú, busca avanzada)
BASE (Bielefeld University Library) Busca sencilla, Eurovoc (pero non refina resultados). Busca avanzada, refinar, ordenar resultados, historial de busca, gardar bucsa, rss) Browsing CDU
Un estudo en profundidade para unha investigación
Monografías ou libros
Catálogos de Biblioteca
Buscadores de libros electrónicos:
-Libros electrónicos da BUSC (Pórtico) (non busca nos contidos, só nos títulos)
- PreLo (busca avanzada, grupo de busca)
Teses (tesiñas, traballos Fin de Grao, ...)
Bases de datos e portais de teses a texto completo como:
Teses españolas a texto completo accesibles libremente en Internet: TESEO, TDR, MINERVA, Dialnet, Recolecta, etc,
Teses europeas: DART Europe (permite gardar rexistros e envialos ao email)
Teses mundiais: OATD (open Access Theses and Dissertations). Busca avanzada
Como elaborar o TFG paso a paso Novembro de 2017
7 Biblioteca Universitaria de Santiago de Compostela - BUSC Fac. CC. Económicas e Empresariais 2017
EXEMPLOS BUSCA:
- Minerva, TFG e TFM
- Busca avanzada:
((capitalismo) AND (desigualdade))
((capital*) AND (desigual*) OR (politi*))
- Dialnet_Tesis (Total 124.214; USC 5872, 1371 a TC, 266 de CC Económicas)
o Por Universidade (con texto completo)
o Fecha despregrable (contén as palabras, título...)
(capital* AND desigual*) AND NOT (genero OR salud)
o Filtros
- Recolecta:
Busca avanzada (refinar, grabar, compartir; pero non exporta a Refworks)
Revistas, artigos de revistas e documentos de traballo
- En revistas electrónicas, a través do buscador de revistas electrónicas da BUSC (SFX). Busca revistas, non artigos!!
- En Pórtico, a través do localizador de artigos. Temos que ter algún dato
- En bases de datos, a través de reBUSCa.
EXEMPLOS BUSCA:
➢ Multidisciplinares: WoS, Scopus, Dialnet, REDIB...
➢ Economía e Empresa: BSP, Sabi, Econpapers (Repec; busca avanzada, mostrar vista previa ou listaxe, exportar, compartir...)
Como elaborar o TFG paso a paso Novembro de 2017
8 Biblioteca Universitaria de Santiago de Compostela - BUSC Fac. CC. Económicas e Empresariais 2017
3.2.1 Chegar ao texto completo
SFX
O SFX é un resolvedor de enlaces que permite xestionar e integrar os recursos electrónicos
de información da Biblioteca. Esta ferramenta facilita os medios para obter o texto
completo, comprobando se a biblioteca dispón da versión impresa ou electrónica e, en caso
negativo, ofrecendo a posibilidade de solicitar o documento a través do servizo de préstamo
interbibliotecario.
Ademais, SFX permite consultar o factor de impacto das revistas, acceder á táboa de
contidos ou resumos, buscar outros documentos do autor, exportar citas a Refworks, etc.
Podemos acceder ao SFX desde Iacobus e desde Pórtico (reBUSCa).
Ver “Journal of nonparametric statistics” [1048-5252]
Servizo de Préstamo Interbibliotecario
Pódense solicitar, -en liña ou no mostrador do teu centro-, libros ou artigos de revistas non
existentes na colección da BUSC.
Como elaborar o TFG paso a paso Novembro de 2017
9 Biblioteca Universitaria de Santiago de Compostela - BUSC Fac. CC. Económicas e Empresariais 2017
4) Avaliar e organizar a información atopada
4.1 Criterios de avaliación
- Autoría fiable: é imprescindible buscar datos sobre o autor ou editor no caso de que non o
coñezamos, para facer unha consideración axeitada da información que imos a empregar.
A fiabilidade dun autor pode vir determinada pola institución á que pertence ou pola fonte
na que publica (revista...).
- Obxectividade: é preciso discernir se a información coa que estamos a traballar responde
só á opinión sesgada dun autor, debemos comparar esa información con outras para ver se
se omiten datos que puideran ser relevantes, etc.
- Contido: debe axustarse ás necesidades do noso traballo. Se estamos a facer un traballo de
investigación, unha fonte moi xeral, como por exemplo un dicionario enciclopédico, non nos
resultará de utilidade mais que para buscar un concepto ou dato concreto.
- Estrutura da información: a información da fonte debe estar organizada de forma clara e
comprensible.
Tamén é importante comprobar que os documentos que empreguemos acheguen
bibliografía que permita valorar e criticar as conclusións ás que chegue o autor da fonte.
4.2 Ferramentas de avaliación
➢ Por autor: Google Académico ; Índice H (buscar a Vence Deza ou por materia CCSS-
Economia-USC), portais de investigadores como Researcher ID (de pago; ver Canay-Pazos
José-Raúl ) ou Academic Search
➢ Por documento: Tamén polas veces que é citado, para o que podemos consultar as bases
de datos ou buscadores que recollen as citas (WoS, Scopus, Google académico...).
➢ Por revista: de carácter cuantitativo: Impact Factor (ou Factor de Impacto, ou JCR), o
Scimago Journal Rank (SJR) , o SNIP; de caracter cualitativo: CIRC, Dialnet, Latindex, MIAR,
DICE
4.3 Ferramentas para a organización da información
4.3.1) Almacenar a información de forma ordenada
A) Gardar buscas e rexistros para consultar noutro momento
Na maioría das ferramentas de busca podemos gardar os rexistros bibliográficos obtidos e
mesmo envialos ao noso correo electrónico co obxectivo de facilitar o noso traballo e non ter
Como elaborar o TFG paso a paso Novembro de 2017
10 Biblioteca Universitaria de Santiago de Compostela - BUSC Fac. CC. Económicas e Empresariais 2017
que buscar novamente cando xa atopamos un documento que nos interesa, nin ter que recordar
a estratexia de busca que empregamos.
IACOBUS
- Unha vez obtido o rexistro prememos en Gardar rexistros marcados
- Se queremos ver ou exportar os rexistros prememos en Ver/exportar gardados:
unha vez dentro desta opción sinalamos o correo electrónico, prememos enviar e
recibiremos unha mensaxe cos rexistros gardados
Ollo, podemos gardar rexistros pero para gardar as buscas temos que acceder ao
rexistro de usuario => copiar a estratexia para non perdela
Rexistro de usuario
- Para acceder só precisades introducir o voso nome e apelidos e número da TUI ou carné da
biblioteca
- Permite a consulta do estado dos vosos préstamos, renovación desde a web, modificación
dos datos persoais da vosa TUI / carné da biblioteca e ter un rexistro das vosas buscas
favoritas, así como crear listaxes e subscribirnos para recibir as novidades no correo-e.
▪ Buscas favoritas: podedes realizar buscas no catálogo e gardalas no voso rexistro de
usuario ou enviárvolas por correo electrónico BUSCAR x P. CLAVE:
((desigualdade or clase*)) and (social) and not (cris*) E GARDAR COMO BUSCA FAVORITA e
crear listaxe (detecta duplicados)
BSP
- Buscar por “Sony” en campo “Company entity”
- Buscar por “SWOT analysis” en “Texto completo”
- Historial de busca: seleccionar ambas buscas e premer en “buscar con AND”.
- Ver resultados, elixir algúns e gardar na carpeta: podemos imprimir, exportar, enviar por
correo...
- Desde o Historial tamén podemos gardar as buscas e crear alertas, pero para iso esixe ter
conta de usuario e rexistrarse
DIALNET
-Loguearse
-Buscar por “Capitalismo” e “Desigualdad”
-Gardar busca >> Nombre e frecuencia
Como elaborar o TFG paso a paso Novembro de 2017
11 Biblioteca Universitaria de Santiago de Compostela - BUSC Fac. CC. Económicas e Empresariais 2017
-Ir a “Mis búsquedas”: Ver novedades (picar no título e ordenar por “Novedades en
Dialnet”), RSS, frecuencia o eliminar.
-Engadir referencias
B) Gardar páxinas web
➢ Favoritos
➢ Ref Grab-it (veremolo no apartado do Refworks)
C) Gardar documentos propios na web
➢ OneDrive (exemplo)
➢ Outros : Google Drive, Dropbox
D) Anotalo todo e levalo sempre contigo
➢ Evernote
E) Estar sempre informado
➢ Alertas Catálogo
➢ RSS (BSP, Google académico...)
4.3.2) Xestionar a bibliografía con Refworks
De pago Gratuíto
Funcionamento na nube Endnote
Refworks (USC)
CiteULike
Desktop + sincronización Zotero
Mendeley
Refworks (Titoriais en Rebusca)
Refworks é un xestor de referencias bibliográficas nunha contorna web, co que podemos crear
e xestionar a nosa propia base de datos bibliográfica, crear listas rápidas de bibliografías, inserir
citas dentro dos documentos e compartir rexistros ou cartafois con outros usuarios
Como elaborar o TFG paso a paso Novembro de 2017
12 Biblioteca Universitaria de Santiago de Compostela - BUSC Fac. CC. Económicas e Empresariais 2017
Podes acceder desde o portal da BUSC, desde reBUSCa, ou desde a URL do xestor:
http://www.refworks.com/refworks
Unha vez accedas á plataforma, o primeiro que hai que facer é rexistrarse, é dicir, crear
unha conta de usuario, picando na opción "Crear cuenta", e introducindo o teu enderezo USC
(podes elixir a contrasinal que prefiras, pero o enderezo ten que ser o institucional). Recibirás
un correo electrónico cun enlace no que deberás picar para confirmar o teu rexistro. Este paso
debe facerse desde un ordenador do dominio usc (desde a Biblioteca, unha Aula de informática
ou o teu dispositivo conectado á rede Eduroam).
A continuación deberás cubrir os campos do formulario que aparece. Nas seguintes sesións
xa poderás introducir directamente o nome de usuario (correo USC) e contrasinal que elixiches
ao crear a conta, e poderás acceder desde calquera dispositivo con acceso a Internet.
Como elaborar o TFG paso a paso Novembro de 2017
13 Biblioteca Universitaria de Santiago de Compostela - BUSC Fac. CC. Económicas e Empresariais 2017
A) Importación de referencias bibliográficas
As referencias engádense importándoas de forma directa ou creándoas de forma manual.
i) Importación directa
Save to Refworks
Imos ao menú de puntos e picamos en ”Ferramentas”:
Na listaxe de ferramentas aparecerá “Save to Refworks”. Picamos sobre ela e a
arrastramos co rato ata a barra do navegador, onde a soltaremos. Quedará engadida
coma se fose un dos nosos favoritos.
Para probalo podemos facer unha busca no catálogo por tema “Swap (finanzas)”.
Unha vez na pantalla onde se mostran as referencias, escollémolas todas e prememos
en “Save to Refworks”. Abrirase unha ventá lateral coas referencias (se non estamos
logueados, pedirannos identificación) na que podemos seleccionar o que queremos
importar.
Como elaborar o TFG paso a paso Novembro de 2017
14 Biblioteca Universitaria de Santiago de Compostela - BUSC Fac. CC. Económicas e Empresariais 2017
Debemos ter en conta que se a busca ten moitos resultados, só se gardarán os da
primeira páxina. Se hai máis dunha páxina tedes que ir facendo este proceso dunha
nunha.
Se desde algún recurso non funciona este método, deberemos empregar a importación
desde un ficheiro.
Importación desde un ficheiro
- BSP
✓ Buscar un tema “swaps” (desmarcar Sugerir descriptores)
✓ Engadir os dous primeiros ao meu cartafol
✓ Abrir o meu cartafol e volver marcar os dous rexistros
✓ Dar a exportar
✓ Elixir Almacenar en Refworks mediante Direct Export e Gardar
- CSIC
✓ Elixir a base de datos do ISOC
✓ Ir a ISOC-Economía
✓ Buscar “swaps”
✓ Elixir os 3 primeiros
✓ Gardar selección
Como elaborar o TFG paso a paso Novembro de 2017
15 Biblioteca Universitaria de Santiago de Compostela - BUSC Fac. CC. Económicas e Empresariais 2017
✓ Ir a Seleccionados>>Ver Seleccionados >>> Descargar resultados
✓ Exportar a Refworks
- DIALNET
✓ Buscar “swaps”
✓ Elixir os dous primeiros e picar en Selección>>Enviar/exportar Refworks
- Google Académico
✓ Ir a Configuración >> Resultados de búsqueda>>Gestor de
bibliografía>>Mostrar enlaces para importar citas e escoller Refworks e
premer en Guardar
✓ Buscar “swaps”
✓ Elixir unha entrada e premer en Importar al Refworks que xa aparece
debaixo (debemos ir 1 a 1)
- Catálogo da BUSC (importación desde arquivo de texto, xa que a BUSC non
dispón de exportación directa)
✓ Teclear como palabra crave “swaps”
✓ Elixir os dous primeiros resultados
✓ Gardar rexistros marcados
✓ Ver gardados
✓ Elixir Ednote/Refworks e disco local
✓ Enviar e gardar no escritorio
✓ En Refworks ir Importar
✓ Elixir filtro de importación (Innovative Interfaces: Ednote/Refworks format)
✓ Base de datos (Ednote/Refworks format)
✓ Importar datos do arquivo de texto: Examinar
✓ Importar
Como elaborar o TFG paso a paso Novembro de 2017
16 Biblioteca Universitaria de Santiago de Compostela - BUSC Fac. CC. Económicas e Empresariais 2017
Como elaborar o TFG paso a paso Novembro de 2017
17 Biblioteca Universitaria de Santiago de Compostela - BUSC Fac. CC. Económicas e Empresariais 2017
A última importación sempre aparece na icona do reloxo que dí “Último importado”
Como elaborar o TFG paso a paso Novembro de 2017
18 Biblioteca Universitaria de Santiago de Compostela - BUSC Fac. CC. Económicas e Empresariais 2017
- Importación desde un catálogo en liña
EXEMPLO 1:
✓ Desde a pestana Buscar de Refworks seleccionar Buscar en bases de datos.
Eliximos o que nos interese e podemos buscar de forma simple ou avanzada,
daranos entón todas as referencias que atope baixo eses parámetros de
procura e poderemos importar de forma directa as referencias que nos
interesen.
✓ Elixir o catálogo de Library of Congress
✓ Procura avanzada: “swaps”
✓ Marcar as referencias que nos interesen e premer Importar
EXEMPLO 2:
✓ Elixir Universidade de Santiago de Compostela e buscar por autor ou título
(o resto non funciona). Desde aquí é unha importación directa e non de
arquivo de texto, como vimos ao facelo directamente desde o Catálogo da
BUSC.
ii) Creación de referencia de forma manual
- Podemos engadir referencias de artigos de revistas, libros, capítulos de libros,
teses, etc de forma manual.
- Premer no botón Nueva referencia >> Campos utilizados por (APA 6th ed) / Tipo
de referencia (segundo sexan os campos a cubrir serán diferentes). EXEMPLO:
Spektor, M. (2002). O Brasil e a Argentina entre a cordialidade oficial e o projeto
de integração. Revista Brasileira de Política Internacional, 45(1), 117-145..
Como elaborar o TFG paso a paso Novembro de 2017
19 Biblioteca Universitaria de Santiago de Compostela - BUSC Fac. CC. Económicas e Empresariais 2017
B) Crear e compartir cartafois
i) Podemos crear cartafois en Añadir una Carpeta aos que daremos un nome, para ir
gardando as referencias. As referencias podémolas ir gardando de unha en unha, ou
varias a un tempo a opción Seleccionar todo. Unha vez elixidas as referencias a
gardar as arrastramos ao cartafol ao que queremos que vaian ou picamos na icona
da carpeta da marxe superior.
Como elaborar o TFG paso a paso Novembro de 2017
20 Biblioteca Universitaria de Santiago de Compostela - BUSC Fac. CC. Económicas e Empresariais 2017
ii) As referencias pódense ordenar por distintos criterios (autor, anos de publicación,
título, etc.) e pódense ver con Vista uniforme, Vista de cita ou Vista completa.
Como elaborar o TFG paso a paso Novembro de 2017
21 Biblioteca Universitaria de Santiago de Compostela - BUSC Fac. CC. Económicas e Empresariais 2017
iii) Tamén podemos organizar os cartafois picando sobre eles e picando no menú de
puntos, de forma que podamos renomealos, borralos (borra o cartafol non as
referencias) ou desocupalos (eliminando as referencias). Unha mesma referencia
pode estar en máis dun cartafol.
Para ver as referencias que están fóra dos cartafois picamos en “Todos los
documentos”.
Para compartir un cartafol picamos no menú de puntos e seleccionamos
“Compartir”, indicando o correo electrónico institucional da/s persoa/s coas que
queremos compartila, e os permisos que lle queremos outorgar.
Como elaborar o TFG paso a paso Novembro de 2017
22 Biblioteca Universitaria de Santiago de Compostela - BUSC Fac. CC. Económicas e Empresariais 2017
C) Pestana Buscar
i) Permite buscar dentro das referencias que fomos engadindo na nosa base de datos.
Podemos facer unha procura avanzada e buscar de forma booleana (premer en‘’+
Añadir un campo’’ para introducir campos) por descritores, autores, publicación
periódica, ..., Tamén podemos elixir buscar en todas as referencias ou en
determinado cartafol (na primeira caixa de busca).
D) Crear Bibliografía
i) Crear lista de referencias
- Desde a carpeta para a que queremos crear a bibliografía, prememos no
símbolo “, e eliximos “Crear bibliografía”.
- Aparecerá alistaxe creada no formato que teña o Refworks por defecto, pero
que podemos cambialo polo da APA na frecha despregabre.
- Prememos en “Copiar en el portapapeles” e xa podemos pegar a listaxe no noso
documento.
Como elaborar o TFG paso a paso Novembro de 2017
23 Biblioteca Universitaria de Santiago de Compostela - BUSC Fac. CC. Económicas e Empresariais 2017
E) Pestana Ferramentas
i) Write-N-Cite
- Deberedes seguir as instrucións que se indican na pantalla para instalalo. O
mellor é que peches calquera documento de Word co que esteas a traballar.
- A seguinte vez que abras o Word, pediráche que inicies sesión en Refworks, para
poder sincronizar o Write-N-Cite coa túa base de datos bibliográfica. Estes datos
almacenaranse, polo que nos chos volverá requerir (a non ser que os
modifiques, borres...). WnC aparecerá coma unha nova barra de ferramentas
no Microsoft Word, baixo o nome de “Refworks”.
Como elaborar o TFG paso a paso Novembro de 2017
24 Biblioteca Universitaria de Santiago de Compostela - BUSC Fac. CC. Económicas e Empresariais 2017
- Abriremos o documento de Word co que esteamos a traballar e no lugar do
texto onde queiramos que apareza a referencia situaremos o cursor; iremos á
pestana “Refworks” e elixiremos a cita correspondente que queiramos
incorporar ao noso texto, faremos clic en Insertar cita e escollemos a que nos
interesa. Esta aparecerá automaticamente no noso texto co formato
correspondente.
- Unha vez incorporadas todas as citas que consideremos oportunas para o noso
traballo, desde este complemento de Word temos a posibilidade de Inserir
directamente a bibliografía, premendo en Opciones de bibliografía>> Inserir.
ii) Save to Refworks
Esta aplicación permite capturar información bibliográfica desde a web, ofrecendo a opción
de importar esa información á conta de Refworks.
Se a páxina Web contén un número ISBN, PubMed IDE ou DOI, esta ferramenta buscará
automaticamente diferentes recursos web para obter información adicional que poidan ser
de interese.
Ao utilizar este botón, abrirase automaticamente nunha nova xanela unha "páxina de
Refworks", amosando a información dese recurso , e dando a opción de elixir o que se quere
importar a Refworks.
Como elaborar o TFG paso a paso Novembro de 2017
25 Biblioteca Universitaria de Santiago de Compostela - BUSC Fac. CC. Económicas e Empresariais 2017
As referencias importadas aparecerán na nosa carpeta de Último importado. Nos casos
en que sexa posible, importará tamén o texto completo do documento atopado na web.
5) Tratar a información
A. Evitar o plaxio. Pautas xerais da APA para citar.
B. Principais modelos de citas no texto.
MONOGRAFÍA - APA (6ª edición)
MODELO:
Apelido(s), Nome (iniciais). (Ano de publicación) Título do libro en cursiva. Lugar de
publicación: editorial
CITA DENTRO DO TRABALLO (Exemplo de cita indirecta dunha fonte de información):
Esta teoría (Sáez e Pareras, 2010) fala dun novo capitalismo centrado no cidadán e non
só nos beneficios.
REDACCIÓN REFERENCIA BIBLIOGRÁFICA:
Sáez, P. e Pareras, L. G. (2010). Capitalismo 2.0 : el poder del ciudadano para cambiar el
mundo. Barcelona: Plataforma editorial
Como elaborar o TFG paso a paso Novembro de 2017
26 Biblioteca Universitaria de Santiago de Compostela - BUSC Fac. CC. Económicas e Empresariais 2017
ARTIGO DE REVISTA - APA (6ª edición)
MODELO:
Apelido(s), Nome (iniciais). (Ano de publicación). Título do artigo. Título da revista en
cursiva, volume da revista (número do fascículo entre parénteses), primeira
páxina-última páxina do artigo
CITA DENTRO DO TRABALLO (Cita coas palabras exactas dunha fonte de información):
‘’We are all connected. People, institutions, and corporations all need to embrace a
worldview that turns away from forms of thought marked by domination, empire, force,
and fear.” (Mayer, 2007, p. 240).
REDACCIÓN REFERENCIA BIBLIOGRÁFICA:
Meyer, D. (2007). Corporate Citizenship and Trustworthy Capitalism: Cocreating a
More Peaceful Planet. American Business Law Journal, 44(2), 237-286.
DOCUMENTO ELECTRÓNICO: LIBRO - APA (6ª edición)
MODELO: Apelido(s), Nome (iniciais). (Ano de publicación). Título do libro en cursiva.
Recuperado de: http://www.xxxxxxxxxx.yyy
CITA DENTRO DO TRABALLO: Esta teoría (Rubio Moreno, 2002) diferenza os sistemas de
prevención de riscos laborais segundo as diferentes estratexias de control e seguridade
da saúde no traballo.
REDACCIÓN REFERENCIA BIBLIOGRÁFICA: Rubio Moreno, J.C. (2002). Gestión de la
prevención de riesgos laborales. Recuperado de:
http://books.google.es/books?id=c_GaullyohIC&printsec=frontcover&hl=es&source=gbs
_ge_summary_r&cad=0#v=onepage&q&f=false
Ver outros formatos en http://www.normasapa.com
Como elaborar o TFG paso a paso Novembro de 2017
27 Biblioteca Universitaria de Santiago de Compostela - BUSC Fac. CC. Económicas e Empresariais 2017
B. Ferramentas para inserir citas no teu TFG
➢Write In-Cite (xa visto no apartado de Refworks) ➢ Inserir citas desde Word (sen usar un xestor de referencias) ➢ Crear citas automaticamente e en liña: Citethisforme
6) Organizar e redactar o traballo
Como elaborar o TFG paso a paso Novembro de 2017
28 Biblioteca Universitaria de Santiago de Compostela - BUSC Fac. CC. Económicas e Empresariais 2017
6.1 Ferramentas de axuda para definir a estrutura do noso TFG
> Normativa interna do centro (Capítulo 3, Características do TFG)
> Resumo dos requisitos formais dos TFG
> Modelos de documentos para traballos fin de grao e fin de máster do SNL da USC
> Criterios e explicación para a elaboación do Póster
> Plantilla para a elaboración do Póster
> Minerva (ver outros TFG)
6.2 Ferramentas de axuda para a redacción do noso TFG
> Cuestións lingüísticas:
· En galego: SNL da USC; Dicionario da RAG; Tradutor da Xunta; Tradutor de
documentos completos
· En calquera idioma: dicionarios, tradutores na web...
> Manuais de estilo:
· Facultad de Humanidades de Albacete. Libro de estilo. http://www.uco.es/webuco/buc/pdfdoc/librode_estilo.pdf
·Santamaría Pérez, MI. Técnicas de redacción y recomendaciones de estilo.
http://rua.ua.es/dspace/bitstream/10045/12853/8/TEMA_6%282%29.pdf