Familia e escola
-
Upload
orientacionsf -
Category
Documents
-
view
1.253 -
download
0
description
Transcript of Familia e escola
Outubro
Que podo facer na casa?
Xa recollo os meus xoguetes soiño
Pautas:
- O lugar onde se gardan os xoguetes debe estar ao alcance dos
nenos.
- É importante empezar gardándoos en grupo e asocialo a algunha
canción relativa á orde ou "a gardar"
- Nun principio non debes esperar unha recollida perfecta nin unha
orde absoluta, o importante non é facelo perfecto é facelo.
- Debemos ir dándolles pautas: por exemplo, poñer as pezas de
construcción xuntas, colocar a caixa debaixo da cama ou na
estantería, etc.
- Recompensar o seu comportamento con frases de eloxio e bicos.
- Planear por anticipado.
- Recoller xoguetes tamén pode ser parte do xogo.
- É moi útil ter unha caixa ou bolsa para depositar aquelas partes
que queden desaparelladas, soltas ou perdidas.
- Podemos motivalo empregando un reloxo de alarma e incitalo
dicíndolle a ver cantos xoguetes pode recoller antes de que soe a
alarma.
- Todos os participantes do xogo e nós mesmos participaremos da
recollida de xoguetes: a imitación dos maiores é moi útil para
empezar.
- Ensinar ao neno que hai un lugar para cada cousa, a orde no só
nos xoguetes, senón nos zapatos, a roupa o cepillo de dentes, etc.
Pido as cousas por favor e dou grazas
Pautas:
- Ensina aos nenos a repetir estas palabras cada vez que sexa
necesario.
- Cando necesitan algo, dilles que antes deben pedir "por favor".
Tamén demóstralles a importancia de saber agradecer.
- A idea é pedir aos nenos que pidan as cousas por favor de forma
divertida. Por exemplo, cando piden auga, en lugar de dicirlles
"Como se piden as cousas", dicir "que ninguén lle de auga a
Pepito".
- Outra idea é facelos "dicir e pedir sempre as cousas cun
sorriso".Para eles son expresións moito máis divertidas que
ademais provocan un trato máis directo e humano cos pais,
levando os bos modais máis alá do convencionalismo social.
- Os sorrisos son o elemento que máis alegra a vida familiar, e
forzan a que as cousas se fagan de boas maneiras.
- A repetición é a clave para que os nenos incorporen estas dúas
palabras ao seu vocabulario de forma habitual. Dende moi
pequenos, hai que utilizalas ao dirixirse a eles e insistir en que as
usen para que as entendan como unha fórmula máxica para obter
as súas necesidades e para agradecelo.
Sei vestirme e desvestirme só
Pautas:
- Poñer e quitar roupas sen ou con peches a un boneco e logo no
propio corpo.
- Meter botóns en botoeiras.
- Espirse de forma autónoma antes de deitarse.
- Vestirse e espirse por si mesmo diariamente.
- Ensinalo a facer os lazos dos zapatos.
- Ir diminuíndo de forma progresiva a axuda.
- Recoñecelos con xestos afectivos cando se viste ou ispe só.
- Insistirlle en que recollan a roupa do cuarto e a poñan nun lugar
axeitado.
- Ensinarlles os lugares nos que se atopa a roupa e que se
responsabilicen, na medida do posible, de preparala e elixila.
- Adestralo na habilidade manual:
o Chascar os dedos.
o Coller e soltar obxectos.
o Ensartar contas nun fío.
o Introducción de obxectos nunha rañura.
Saúdo ao entrar e despídome cando saio
Pautas:
- Desde pola mañá ao levantarnos o primero que debemos facer é
dar os bos días a tódalas persoas que nos encontremos pola casa
(ben sexa camino do baño, da cociña ou de onde sexa).
- Ao saír da casa sempre debe un despedirse dos presentes; ben de
palabra cun "asta logo", "adeus", "ata pronto", etc. e/ou cun
abrazo ou un bico.
- Ao chegar a casa (cando sexa, mediodía, pola tarde, etc.) débese
saudar a todos os presentes, da mesma forma que ao despedirse:
de palabra ou cun bico ou abrazo.
- Emprega a repetición. As conductas repetidas convértense pouco a
pouco en hábitos. Intenta que o teu fillo te vexa sempre saudar á
xente cun sorriso, despedirte cun bico, sentarte ben á
mesa...Asimesmo, debes estar atenta aos seus modos e frear en
canto o detectes calquera mal hábito.
- Dá importancia ao tema. Que o neno comprenda que ser educado
é algo imprescindible para unha convivencia.
Novembro
Que podo facer na casa?
Aprendo a ir ao baño
Pautas:
Unha vez logrado o proceso de control de esfínteres, debemos
facer fincapé nas normas de uso e hixiene no cuarto de baño:
- Subir e baixar a tapa do inodoro antes e despois do seu uso.
- Ouriñar ou defecar sen mancharse ou mollarse.
- Cortar o papel hixiénico e limparse sen mancharse.
- Tirar da cadea despois de facer pipí ou caca.
- Lavarse as mans antes de saír do cuarto de baño.
Non hai que rifarlles cando faga escapes nin castigarlles (hai que
falarlles con voz suave pero firme).
Non se debe ridiculizar aos nen@s.
Aprendo a comunicarme cos demais
A habilidade de comunicarse beneficiará aos nenos toda a súa vida. Os nenos empezan a formar as súas ideas e opinións de si mesmos baseadas no ben que os pais se comunican con eles.
Pautas:
- Saber escoitar: Cando nun momento dado non se pode
prestar completa atención ao neno, é mellor parase un intre e
dicir: “agora non te podo atender ¿podes esperar 10 minutos a
que remate...?”
- Mirarlle aos ollos. Inclinarse cara diante, especialmente
cando o que comunica el ou ela o considera importante.
- Evitar as interrupcións. Deixarlle terminar de falar para que
vexa que realmente estamos interesados no que lle pasa.
- Asentir coa cabeza ocasionalmente, sorrir cando sexa
oportuno, un “Mmm” de vez en cando, lle fai saber ao neno que
se lle está escoitando atentamente.
- É moi importante mostrarlles respecto sempre.
- Facerlles saber que prestaron atención, repetindo o que
acaban de escoitar, con palabras diferentes. Tamén é unha
oportunidade de aclarar as cousas se os pais non entenderon
algo ou interpretan mal o que os seus nenos tratan de dicir.
- O aceptar aos nenos tal é como son, fai que teñan maior
disposición para compartir os seus sentimentos e problemas.
Decembro
Que podo facer na casa?
Aprendo a comer
Pautas:
O neno debe empezar a comer coa man a partir dos 12 meses e ir
introducindo os cubertos paulatinamente, ata conseguir que aos dous
anos coma so e con axuda mínima.
A hora da comida debe convertirse nun acto agradable e placenteiro
que favoreza a socialización e o diálogo.
Deberá permanecer ben sentado durante o tempo que dure a comida
e sen ningún xoguete, televisión ou vídeo que o distraia.
Non convén forzarlle se non ten apetito xa que se pode producir certo
rexeitamento ao acto de comer.
O menú debe ser acorde ás necesidades alimenticias do neno e
nunca en función dos seus caprichos. Sempre tratando de que a su
dieta sexa equilibrada.
As racións deben ser axeitadas e os menús variados segundo a idade
e o peso dos nenos, non se debe sobrealimentalos.
O neno debe comer ao seu ritmo pero dentro duns límites razoables.
Si pasado un tiempo non dá rematado, hai que retirarlle todos os
alimentos e esperar á hora da seguiente comida, sin adiantarlla nin
dándolle de comer outra cosa. Así conseguiremos que volva a ter
fame.
Consumo responsable de xoguetes
Os xoguetes están estes meses na orde do día. A televisión emite continuamente anuncios, os escaparates móstrannolos a desbordar, recibimos catálogos na casa...Debemos considerar que os pais excesivamente xenerosos desconcertan aos nenos. As ilusións e o cariño non son proporcionais ao número de regalos senón, máis ben, á forma en como se ofrecen e reciben.
Pautas: Fagamos que desexen o agasallo, que o esperen pacientemente, ensinándolles así a aprazar o desexo. A miúdo influídos pola televisión, o que lles encanta hoxe, mañá nin o lembran. Valoremos pois nós que é aquelo con o que realmente van a gozar. Non confundir o prezo do regalo co seu valor: debemos escoller un xoguete adecuado a idade do neno que estimule o seu crecemento (motriz, cognitivo, afectivo e social). Unha sinxela e barata pelota, unha variña máxica, un casco de bombeiros… poden ser dun enorme valor para un neno ou unha nena. Regalemos con moderación. Non os convertamos en nenos “hiperregalados”. Si regalamos continuamente cousas aos nosos fillos acabaremos frustrándoos porque pensarán que é moi fácil obter todo o que queren, sen haber elaborado defensas para cando non poidan conseguir aquelo que queiran. O mellor regalo que podemos ofrecerlles, o máis desexado, é sen dúbida, o noso tempo. Dediquémoslles moito e de calidade. Gocemos deles e con eles. Aproveitemos para vivir un Nadal de felicidade e ilusión, vivencias estas, que no se compran en ningunha tenda.
Xaneiro
Que podo facer na casa?
Adquiro bos hábitos para dormir
O sono axuda a que os nenos(as) medren fortes e sans. A estas idades dormen aproximadamente de 10 a 12 horas durante cada
período de 24 horas. Unha rutina para irse a durmir é unha boa maneira de asegurar que durma o necesario.
Pautas: Inclúa un período de tranquilidade uns trinta minutos antes da
hora de durmir.
Estableza horas fixas para acostarse e levantarse.
Seguir a rutina de certas accións de maneira repetida para que
sexan previsibles para o neno: tomar un baño, poñerse o
pixama e zapatillas, lavarse os dentes, facer pis, ler un conto...
proporcionarán ao neno sensación de comodidade e
seguridade.
A voz dos pais é unha boa ferramenta para dispoñer aos nenos
ao sono: aos nenos encántalles que un adulto lle conte un conto
en voz alta. Ademais de relaxarlle e sentirse acompañado,
potencia o gusto polos libros e a lectura.
No momento de acostarse deben evitarse todas as distraccións
na habitación: o ruído e a luz dificultan o sono.
Para os nenos aos que no lles guste a escuridade completa
podemos deixarlle acendida unha luz nocturna de baixa
intensidade.
Un biquiño... boas noites e felices sonos.
Aprendo a respectar aos demais
Un neno respectuoso é coidadoso coas súas pertencias e
responsabilidades, e consegue levarse ben cos seus compañeiros.
Son os pais os que teñen a maior influencia sobre os nenos cando se
trata de que aprendan a ser respectuosos.
Pautas:
Se fas algo mal, admíteo e pide disculpas.
Non trates de avergoñar, insultar ou burlarte do teu fillo.
Elóxiao polas boas accións e permite que tome decisións e
asuma responsabilidades por sí mesmo.
Faille saber que o queres, varias veces ao día.
Escoita sempre a versión da historia do teu fillo antes de tomar
unha decisión sobre unha cuestión ou un problema.
Sé cortés e emprega "por favor" e "grazas" cando lle pides que
faga algunha cousa.
Golpea suavemente a porta antes de entrar na habitación do
teu fillo.
Cumple as promesas.
Mostra preocupación polo medio ambente, animais e outras
persoas.
Expresa abertamente a túa opinión acerca das conductas
irrespetuosas.
Febreiro
Que podo facer na casa?
A Educación Infantil posúe unhas características propias: o xogo, a comunicación oral e corporal, a relación afectiva, os hábitos de coidado persoal, etc. Cada nena e cada neno teñen un desenvolvemento madurativo propio que temos que respectar. Os nenos e as nenas comprenden que utilizar a escritura e a lectura serve para comunicar, para gozar con ela, e rexeitana cando se lles impón e se lles desmotiva con calificativos negativos.
- Habilidades que deben desenvolverse nos nenos de educación infantil:
1- HABILIDADES LINGUÍSTICAS: comprensión e expresión.
2- ORIENTACIÓN ESPAZO-TEMPORAL E LATERALIDADE: saber
situarse nun lugar dado (saber qué está á dereita, á esquerda,
diante, detrás, enrriba e abaixo). Comprender o paso do tempo:
pasado-presente- futuro.
3- COORDINACIÓN ÓCULO-MANUAL: saber representar o que se
ve.
4- MOTIVACIÓN E ACTITUDE POSITIVA CARA Á LECTURA:
comprender que a lectura e a escritura son ferramentas moi
valiosas e útiles para o seu desenvolvemento futuro. Fomentar
o amor cara á lectura e escritura.
Lembremos que existen distintas etapas de maduración
en lectoescritura polo que hai que respectar “sen agobios” o
proceso natural e individual no que os nosos fillos se atopan.
2- ORIENTACIÓN ESPAZO-TEMPORAL E LATERALIDADE:Pautas:
Realizar actividades de orientación espacial con palillos, para
reproducir.
Desenvolver xogos e actividades de orientación: dous pasos
adiante, tres á esquerda...
Os quebracabezas e xogos de construcción desenvolven a
atención, a orientación espacial, a percepción de formas, etc.
Preguntarlles sobre o que fixeron pola mañá, que fixeron pola
tarde.
Axudarlles a afianzar as nocións dereita - esquerda: o prato está
á esquerda do vaso, e o vaso entón…
Traballar a percepción visual : busca de erros, figuras
incompletas. Facerlles preguntas que requiran que observe: en
que se diferencian un vaso e unha xerra?.
Revolver chocolate con leite, azucre no leite...
Bater un ovo.
Fretar (en movemento circular, contrario ás agullas do reloxo):
cunha esponxa lavar un prato, sacar brillo cun trapo a unha
bandexa, limpar o po dunha mesa...
Utilizar pinzas para facer torres con cubos pequenos, trasladar
grans de cereais dunha cunca a outra, pinzas de tender para
facer trens…
Amor pola natureza
Na escola e dende os medios de comunicación lévanse a cabo campañas de sensibilización, pero os pais e as nais teñen un papel fundamental a hora de transmitir aos seus fillos un valor tan importante para vivir en sociedade como é o amor pola naturaza e o respecto ao medioambente.
Pautas:
Aproveitar o bo tempo para facer saídas á natureza, xa sexa a
parques, montes ou fragas e alí facer que os nenos e as nenas se
percaten da riqueza do mundo animal e vexetal.
Os días de choiva ou frío pódense aproveitar para visitar
entidades, fundacións, museos ou observatorios que promoven o
respecto pola natureza.
Animalos a escribir historias ou facer debuxos sobre as
pequenas esceas da natureza que os rodean.
Implicarlles no reciclaxe, o aproveitamento de material e a
responsabilidade no gasto de enerxía.
Facerse fotos en entornos verdes, poñelas en lugares visibles
da casa e comentalas de vez en cando cos máis pequenos.
Marzo
Que podo facer na casa?
3- COORDINACIÓN ÓCULO - MANUAL:
Pautas:
Abotoar botóns, cinturóns.
Atar e desatar nós
Ensartar perlas nun cordel para facer colares .
Pasar as páxinas dun libro
Recortar cunha tixeira ou coas mans, tiras de papel, figuras
debuxadas ou láminas dunha revista.
Modelar con plastilina.
Pintar e debuxar .
Utilizar quebracabezas e puzzles graduados.
Facer labirintos .
4 – MOTIVACIÓN CARA Á LECTURA E ESCRITURA:
Pautas:
Relacionándoa con situacións da súa vida diaria: lectura de receitas de cociña, as instruccións dos xoguetes, listas da compra.
Si nos ven ler, eles lerán . Crear un ambiente de lectura na casa . Reivindicar o dereito a poder ler no momento en que nos
apeteza e en calquera lugar: na cama, no baño, no sofá ou tirados no chan.
Facer do libro un regalo habitual. Colocar os libros ao seu alcance , nos estantes inferiores das
estanterías para que poidan collelos e deixalos cando lles apeteza.
En lugar de colocar os libros mostrando o lombo, poñelos de maneira que se vexan as portadas , xa que é moito máis motivador e divertido.
Sentarnos co neno no noso regazo e comentar os debuxos dos libros deixándolle que pase as páxinas. Os libros e o hábito lector, como tantas outras cousas, está moi ligado á afectividade.
Contarlle contos . Contar contos no só conleva beneficios para a lectura senón que, ademais, é un potente estimulante para mellorar a autoestima do noso fillo.
O valor da amizade
Sen dúbida cada neno é distinto e a súa personalidade
dependerá de moitos factores. De todas formas, o neno de Educación
Infantil atópase nunha etapa ideal para educalo na amizade.
Pautas:
Buscando a conciliación e non a pelexa cos seus compañeiros
Compartindo os seus xoguetes cos demais nenos
Conversando e atender aos demais
Preocupándose polos seus compañeiros
Esforzándose por facer algo útil en beneficio dos amigos
Animando ao compañeiro ou amigo que estea triste
Alegrándose cos logros positivos dos demais
Invitando aos seus amigos a xogar na súa casa
Preocupándose por algún amigo ferido ou enfermo
Demostrando afecto e cariño a os seus amigos
Información adicional
Desenvolvemento lingüístico
Pautas:
A adquisición da linguaxe é un proceso evolutivo que segue o seu propio ritmo e curso. Os nenos/as van desenvolvendo progresivamente as súas habilidades lingüísticas dende os primeiros meses de vida ata os 5-6 anos aproximadamente.
Comer correctamente axuda a pronunciar mellor. Morder e mastigar alimentos con diferentes texturas (froitas, pan de barra, galletas...).
Fomentar a autonomía do neno/a nos momentos das comidas. Prescindir absolutamente de chupetes, biberóns e
papillas. Fálalle paseniño e de forma clara Fálalle correctamente e non imites a súa forma de falar. Evitar sempre os comentarios, incluso por parte de familiares e
amigos, respecto á súa forma de falar pois pode levar a unha inhibición no teu fillo, reducindo a súa expresión.
Acompaña calquera cousa que faga con palabras.Faille preguntas abertas, non de si e non. Incítao a que se exprese.
Non corrixas directamente as producións erradas do neno/a. Utiliza esa palabra nunha frase para que a escoite ben dita.
Cóntalle contos facéndoo partícipe, pedíndolle axuda nalgún momento e facéndolle preguntas. Que diga os nomes dos obxectos que aparecen nas imaxes.
Ensinarlle cancións, adiviñas, refráns,... Xogar a adiviñar obxectos nomeando só algunhas
características. Xogar ao “Veo veo”
Reforzar as conductas adecuadas
“TODA CONDUCTA QUE RECIBE UN PREMIO TENDE A REPETIRSE”. Polo tanto premie a conducta que quere que se repita.
Pautas:
Abráceo/a, acarícieo/a, dígalle o ben que o fixo e o contento/a que está por elo; reconózcao ante outros membros da familia.
Debe premiar inmediatamente despois de que se dea a conducta.
Ao principio premiar cada vez que apareza a conducta. Cando a conducta apareza con bastante frecuencia premiar só de vez en cando (exemplo: de cada catro veces premiar unha). Cuando o hábito forme parte da súa conducta habitual, premie de tarde en tarde, porque as conductas que non reciben ningún premio extinguense.
A atención é un reforzo que fai que aumente a frecuencia de emisión de tal conducta. Recorde que un neno/a necesita recibir atención dos seus pais. Si a única que recibe é a negativa ( cando fai algo mal), aceptarana porque esa é mellor que nada.
Non empregar tácticas de “si fas... doute”...é unha forma de chantaxe.
As normas que lle deamos deben estar moi claras. Repetilas tantas veces como sexa necesario, adoptando unha actitude serena, sen gritos, sen angustias...
Pai e nai deben ser coherentes coas normas que se den e, sobre todo, estar de acordo entre ambos.
Sexan constantes nas posturas que adopten. Non cedan a menos que existan razóns moi xustificadas.