Exposición A auga (Candea)
-
Upload
candeadosalnes -
Category
Education
-
view
156 -
download
2
Transcript of Exposición A auga (Candea)
Patrocina:
Ideae realización
A AUGA Habitualmente decimos que a auga é un líquido sen olor, sen cor e sen sabor.
COMPOSICIÓN DA AUGA
EN VOLUME EN MASA OSíXENO 33,3 % 88,81 % HIDROXENO 66,6 % 11,19 %
O H
H
Nunha pinga de auga hai trillóns de moléculas
A auga non se atopa case nunca en estado puro, sempre leva disoltas, ou en suspensión, substancias que lle conceden características diferentes.
Auga salgada
Auga doce
A auga é unha substancia moi curiosa:acada a súa máxima densidade ós 3.98 ºC. Cando está sólida é menos densa que cando é líquida, por eso o xeo aboia nela.
A auga é un compostoformado por partículasde dous elementos químicos unidos entre sí:o osíxeno que serepresenta co símbolo O, e o hidróxeno que se representa co símbolo H.Por iso se representa a augacoa fórmula H O2
a auga
é vida1
A auga é vidaA auga é a forza que conduce á erradicación da pobreza e a fame, indispensable para a saúde e o benestar da humanidade. Declaración do FORO MUNDIAL DA AUGA, Xapón 2003
Patrocina:
A auga pode aparecer como sólido, líquido ou gas dependendo da temperatura. A calor fai que as partículas que forman a auga se manteñan xuntas ou se separen.
A auga: sólido, líquido ou gas
a auga
é vida2
A auga é SÓLIDA cando a temperatura baixa dos cero graos. As partículas de auga únense entre sí formando estructuras ríxidas, por eso mantén a forma.
A auga é LíQUIDA cando as partículas están pouco unidas e esbaran unhas sobre outras. Por eso a auga líquida non ten forma definida e toma a forma do recipiente no que está metida.
A auga é un GAS cando as partículas ó absorberencalor fanse lixeiras, perden a conexión entre elas e móvense libremente.
A facilidade que ten a auga para cambiar de estado con lixeiras variacións de temperaturafai posible que circule na natureza nun ciclo pechado que permite manter constante a cantidade de auga que hai no planeta e a súa distribución polos distintos medios.
CICLO DA AUGA NA NATUREZA
EVAPORACIÓN
ESCORRENTÍA
PRECIPITACIÓN
Cada día o sol evapora 1 billón de tn de auga.
Patrocina:
¿Onde hai auga?
AUGAS SUBTERRÁNEASAs augas subterráneas son as que están debaixo da superficie terrestre.Proceden da auga da chuvia que se filtra polos poros do solo e corre polo subsolo ou deposítase en distintos lugares formando acuíferos.As augas subterráneas saen ao exterior polas fontes e os mananciais.
Océanos 97,4 %
Glaciares 2,02 %
Augas Subterráneas 0,57 %
Lagos e Ríos 0,01 %
Atmosfera 0,001 %
Seres vivos 0,00004 %
DISTRIBUCIÓN DA AUGA NA TERRA
A Terra é o único planeta cunha temperatura que permite a existencia de auga nos seus tres estados: sólida (xeo e neve) líquida e gas (vapor de auga).Outros planetas do Sistema Solar teñen auga en estado gasoso (Venus) ou en estado sólido (Mercurio, Marte...).
Na Terra
Na Terra a auga atópase nos continentes, nos
océanos e na atmosfera circulando constantemente entre eles impulsada pola enerxía calorífica do sol.
Hai aproximadamente 31400 millóns de km de
auga distribuídos de forma moi irregular. A maior cantidade está
nos océanos.
No Universo
Na atmosfera No solo
Nos seres vivos
Fungos80%
Ser humano63%
Algas95%
Augamar97%
a auga
é vida
Nos océanos
3
Patrocina:
A auga da atmosfera
a auga
é vida
A atmosfera so contén a cenmilésima parte da auga da Terra, pero esa pequena cantidade é a que, ó distribuírse pola superficie, alimenta os ríos e os acuíferos e fai posible a vida.
4
CIRROSNubes moi altas, pequenas, estreitas e finas. A súa aparición no ceo acompaña os cambios de tempo.
NIMBOSNubes avultadas, moi altas e planas por arriba. Son as nubes típicas de tormenta. Producen fortes chubascos, descargas eléctricas e saraiba.
CÚMULOSNubes con formas redondeadas, avultadas, de cor gris pola parte de abaixo e brancas e brillantes por arriba. Cando se fan e se desfán son sinal de bo tempo. Se se espesan indican cambio de tempo.
ESTRATOSSon as nubes máis baixas, sen forma fixa, grises e desfiañadas.Indican mal tempo.
A NUBES son masas de vapor de auga condensadoque se forman cando se enfría o aire húmido ó serelevado polas correntes verticais.
A auga pódese atopar na atmosfera en calquera dos tres estados: sólido (xeo), líquido ou gasoso (vapor).
O vapor de auga que hai no aire xeralmente non se ve. Candoenfría condénsase e faise visibleen forma de NUBES, nas capas altas, e NÉBOA, a nivel do chan. Se atemperatura segue baixandodeposítase en forma de ORBALLO,e se se conxela forma a XEADA.
Néboa
Orballo
Xeada
As PRECIPITACIÓNS prodúcense candoo peso das pingas que se forman nas nubesé tan grande que non se poden soster no airee caen en forma de CHUVIA, NEVE ou SARAIBA
As TORMENTAS fórmanse a consecuencia da gran diferencia de temperatura entre dous puntosda atmosfera.As partículas de vapor que soben e as de xeo que baixan chocan entre sí, dentro da nube, cárganse electricamente. A electricidadeque acumulandescárgase entredistintas partesda nube ou caraá terra.
+++ ++
-- -- -
++++
A chuvia cando cae en grandes cantidade podeproducir inundacións.
Cando a luzatravesa a pingasde auga reflícteseno seu interiore descomponsenas cores do ARCO DA VELLA
O PEDRISCO fórmase pola conxelación das pingas da chuvia cando pasan a través de capas de aire frío. Nas nubes de tormenta pode acadar grandes tamaños que o fan perigoso.
Patrocina:
A auga dos océanosO mar constitúe a maior parte da hidrosfera (o 97,4 %). Forma grandes masas de auga salgada (océanos), que cobren o 70% da litosfera, entre as que emerxen os continentes. Os océanos teñen unha profundidade media de 4.000 metros.
O cloruro sódico (sal común) é o sal máis abundante no mar.
Cada litro de auga de mar ten:-35 gramos de sales minerais (cloruro sódico, fosfatos, nitratos...)-De 0 a 8,5 mililitros de osíxeno-Pequenas cantidades de dióxido de carbono e ata cen elementos químicos diferentes.
a auga
é vida 5
A auga do mar está sempre en movemento impulsada pola forza da gravedade, polo vento e polas diferencias de temperatura e salinidade.
As ONDAS son movementos ondulatorios producidos polo vento.
As MAREAS sonmovementos desubida e baixadado nivel do marproducidas polaforza de atracción da Lúa e do Sol.
Marea baixa Marea alta
As CORRENTES son desprazamentos verticais ou horizontais da auga do mar producidos polas diferencias de temperatura, salinidade, presión...
O mar actúa sobre o medio producindo cambios químicos e acción mecánica que rompe, desgasta e traslada os materiais. O movemento do mar facilita o intercambio de gases coa atmosferae a osixenación da auga.
As correntes oceánicas distribúena calor que almacena o mar einflúen no clima das zonas costeiras.
Patrocina:
A auga da TerraOs RÍOS
Os LAGOS e LAGOAS
Os HUMIDAIS
Os GLACIARES
A auga do SOLO
Son correntes deauga dóce que circulan por un álveo, cun caudal máis ou menospermanente.
O Amazonas (América do Sur) é o río máiscaudaloso do mundo.
O Nilo (África) é o río máis longo do mundocon 6.689 km.
Or ríos levan ó mar uns37.000 billóns de litrosde auga ó ano.
Río Sil, o máis caudaloso de Galicia.
O río máis longo de Galicia é o Miño, con 307, 5 km.
Arbo
Son masas permanentes de auga que se acumulan nas depresións do terreo.
En Galicia hai numerosas lagoas situadas nolitoral en depresións interiores ou nas montañas.
a auga
é vida6
Lagoa de Cospeito(A Terra Cha)
Lagoa de Ocelo, de orixe glaciar(Pena Trevinca)
Son masas de xeo permanentesque se desprazan polas pendentes.
As masas de xeo cobren arredor dun 10% da superficie da Terra.
Os casquetes glaciares constitúen a maiorreserva de auga dóce do planeta (máis de
330 millóns de km ).
As masas de xeo e neve das montañasson reservas de auga para os ríos. Líbéranade forma gradual, no desxeo, ó subir astemperaturas.
Son terreos que están asolagados de forma temporal ou permanente.As GÁNDARAS son terreos húmidos que conservan espazos con pequenas lagoas.As BRAÑAS ou LAMEIROS son terreos asolagados temporalmente. As TURBEIRAS son terreos onde a vexetación (esfagnos, brións, breixos...) acumula auga e forma turba, un tipo de carbón.
Os humidais son ecosistemas moifráxiles cunha gran diversidadede flora e fauna.
Gándaras de Budiño
Veigas de Ponteliñares (A Limia) Turbeiras do Xistral
A auga é un importante compoñentedo solo. Circula por entre os materiaisen todos os sentidos e evapórase polaacción do sol.Os movementos da auga do solo fanposible o desenvolvemento das plantas.
As augas subterráneas son as reservas de auga do subsolo e a orixe de moitas correntes superficiais.
Cando as augas subterráneasentran en contacto cun focode calor do interior da terraquéntanse e poden xurdirde novo a altas temperaturasformando os mananciais termais.
Xéiser
A cubertavexetal protexeo solo e facilitaa absorciónde auga.
Derrube producido pola auga.
A auga e os seres vivos ADAPTACIÓNS Á VIDA ACUÁTICA
A auga é unha substancia imprescindible para a vida: forma parte dos tecidos de todos os seres, é o medio de transporte para os materiais da nutrición e o elemento máis determinante dadistribución dos seres vivos nos distintos ecosistemas
a auga
é vida7
Patrocina:
A auga forma parte das células de todos os seres vivos. É o medio no que se distribúen as substancias que entran e saen das células (nutrintes, resíduos...)
Os VEXETAIS utilizan a auga para formar materia orgánica durante a fotosíntese. A materia orgánicaque elaboran os vexetais é a basesobre a que se sustenta toda a vida.
Auga
Estomas(transpircción)
Xilema(subida da auga)
Floema(baixada da auga)
Auga
Auga
O sangue é unha mestura de auga, sales,azucres... no que viaxan en suspensióndistintos tipos de células (hematies, leucocitos, trombocitos...) e substancias (graxas...).
Sangue humano.
O líquido que protexeo feto durante o embarazoestá composto esencialmentepor auga.
A presencia de auga nunha zona é un dos principais determinates para o asentamento das comunidadesvexetais que á súa vez dan lugar a diferentes hábitats.
SELVA TROPICAL. Ecosistema con abundante humidade durante todo o ano.
LAGOA de auga dóce.
DESERTO. Ecosistema con grave escaseza de auga.
Fondo mariño
Existen multitude de seres que viven na auga de xeito permanente ou temporal. Para desenvolverse con éxitoneste medio precisan dunhas adaptacións específicasque afectan á forma de respirar, de desprazarse, de reproducirse, de alimentarse...
Os animais desprázanse na auga axudados polas súas formashidrodinámicas e de órganosde propulsións (aletas, patas palmeadas...)
Para poderen respirar dentroda auga teñen órganos especializados que capturan o osíxeno disolto (galadasou bránquias). Algúns saen a coller aire fóra(mamíferos, réptis, anfibios, insectos...)
Algúns animais, sobre todoanfibios e insectos, utilizana auga para reproducirsee desenvolver as súas crías.
Algunhas plantas viven mergulladas,total ou parcialmentee teñen órganosque asegurana súa flotabilidade.
Bacallaos
Somorgullos
Patinador
Limpafontes
Ambroíño
Xacinto de augaUtricularia, unha plantacarnívora que vive dentro da auga.
Patrocina:
Usos da augaCONSUMO HUMANO SAÚDE e LECER
a auga
é vida
8
LIMPEZA e HIXIENE
AUGA QUE ENTRA NO CORPOBebida: 1 a 1,5 litro.Incluída noutros alimentos: 1 litro.Metabólica (producida pola reaccióninterna do metabolismo): 0,3 a 0,5 litros.
AUGA QUE SAE DO CORPOOuriños: 1 a 1,5 litro.Excrementos: 0,1 litro.Vías respiratorias: 0,8 itros.Pel: 0,5 litros
O noso corpo procesa, en condicións normais, arredor de 2,5 litros de auga diarios. Estas cantidades pódense duplicar ou triplicar se se realiza un esforzo intenso, en condicións climáticas calurosas ou en caso de enfermidade.
A auga é unha bebida mecesaria. Unha persoaadulta necesita de 2 a 4 litros diarios paramanter o corpo en condicións axeitadas defuncionamento.
Podemos estar case dous meses sen comer pero so se sobreviven unspoucos días sen beber.
A auga é un importante recurso. Ademais de ser imprescindiblepara a vida, é unha materia prima esencial para o desenvolvementodas actividades humanas: agricultura, medio de transporte, industria...
A auga para bebida procede mananciaisnaturais, de conduccións públicas sometidas a depuración ou de plantas embotelladoras de augas minerais.
Un dos maiores usos que se fai da auga nas sociedades desenvolvidas é para hixiene corporal e limpeza.
Desde sempre o ser humano utilizou a augacomo fonte de placer (baños, decoración...).Na actualidade son moitos os xogos e deportesque se practican na auga: no mar, nos ríos, enlagos e encoros, en piscinas, parques recreativos...
Galicia é rica en mananciais de augas termais e medicinaisque foron utilizados xa polos romanos. Na actualidade hai numerosos balnearios onde poderdisfrutar dun baño relaxantee recibir as acción beneficiosaspara a pel, aparato dixestivo, osos... dos diferentes tipos de auga.
Fonte termal de Caldas.A auga sae a a 48 ºC..
A HIDROTERAPIA é na utilización da auga (bebida, en baños, chorros...) para producir benestar ou tratar distintos tipos de doenzas.A auga utilízase por ser capaz de trasmitir frío, calor ou presión e polo valor da súa composición
Patrocina:
AGRICULTURA
Usos da auga ACUICULTURA
ALGAS
a auga
é vida
PESCA E MARISQUEOMoitas especies que vivenno mar, nos ríos e nos lagosson capturadas sobre todopara consumo humanoe elaboración de alimentos para animais.
Nos portos galegos descárganse arredor de 500.000 tn de peixese mariscos ó ano.
9
A algas recóllense para utilizar comoalimento, como materia prima para aindustria ou como fertilizante para asterras.
A acuicultura é o cultivo de especiesacuáticas que se fai no mar, en ríos e lagos ou en instalacións especiais.
Granxa de engorde de rodaballo
Cultivo de algas en Asia.
Xaulas para o engorde de peixesna Ría de Vigo.
Piscifactoría de troitas en Lugo.
Bateas na Ría de Arousa. Galicia é o principal cultivador de mexillon do mundo.
Instalaciónspara a cría de ameixa.
O cultivo de especies vexetais precisa de auga en cantidades variables segundo o tipo de planta, o clima, o solo ou o sistema de cultivo.
O arroz é unha plantaque se cultiva en terreosasolagados.
Os regadíos son básicosna expansión daagricultura porquepermiten poñer enexplotación novasáreas alonxadasdas fontes de auga.
A agricultura supón a maior demandamundial de auga dóce (arredor dun 80%).
Cultivo de cereais en secano.
As masas de auga son ricos ecosistemas nos que viven especies animais e vexetais de grande interese, polo que son amplamente explotados e cultivados.
Patrocina:
Usos da auga
a auga
é vida10
FONTE DE ENERXÍA
INDUSTRIA
A auga dos ríos e do mar utilízase para producir enerxía aproveitando os seus movementos (correntes, ondas) ou encorándoa.
A forma máis común de aproveitar a enerxía da augaé utilizando diferentes tipos de RODAS HIDRÁULICASAs rodas hidráulicas son a base do funcionamento dosmuíños, batáns, mazos, serradeiros, noras e centrais hidroeléctricas de río ou de marea.
DISTINTOS TIPOS DE RODAS HIDRÁULICAS
Centralmareomotrizen La Rance(Francia)
detalle da turbina
Muíño de marea. A Seca, CambadosMuíños no río Barosa. Barro
Roda na Ferrería de Bogo.
CENTRAL HIDROELÉCTRICA
Presa no río Miño. Os Peares.
A enerxía das ondasmariñas utilízasepara mover diferentesmecanismos queimpulsan un xeradoreléctrico.
Central de ondas antes de ser mergullada. Portugal
Esquema dunha central de ondas situada nun cantil.
O peso da auga pódeseutilizar para mover mecanismossinxelos.
Petacán, para espantar paxaros.
As máquinas de vapor funcionan polo empuxe que exerce a augaó aumentar devolume candose converte en vapor.
Mazo de azucre.
Os mares, ríos e lagos serviron sempre de medios para o desprazamento de diferentestipos de embarcacións que transportan persoas e mercadorías, ou como actividade de lecer e deportiva.
MEDIO DE TRANSPORTE
Trasatlántico
Barco de pesca
Embarcacións tradicionais a vela
Barcos-vivenda en Amsterdam.
A auga pode ser utilizadacomo materia prima, comodisolvente, como refrixerante, para transportar materiais ou para limpeza.
Uso da auga como diluénte nunha fábrica de papel
Uso da auga como refrixerante nunha central térmica
Uso da auga como disolvente e refrixerantenunha fábrica de pasta de celulosa.
Canoa de totora no lago Titicaca.
Patrocina:
Problemas da augaA auga pode ser alterada facilmente cando se introduce nelacalquera forma de materia, enerxía ou microorganismos quea converten en auga de mala calidade para usos posteriores ou para cumplir a súa función ecolóxica.
VERTEDEIROSDEPÓSITOS
INDUSTRIAISVERTIDOS
INDUSTRIAIS VERTIDOSURBÁNS
VERTIDOSGANDEIROS
VERTIDOS AGRÍCOLAS(fertilizantes)
INTRUSIÓN SALINA
ACUÍFERO
A contaminación da auga pode ter a súa orixe en múltiplesactividade urbanas, industriais, agro-gandeiras, accidentes...
a auga
é vida11
Máis de 2.000 millóns de persoas padecen enfermidades por nonter acceso á auga de calidade.
Cada ano morren cinco millónsde persoas a causa de enfermidadesrelacionadas coa auga.
A CHUVIA ÁCIDA prodúcese candoos óxidos de xofre e nitróxenoorixinados nas combustiónsse mesturan coa auga da chuviae convértense en ácidos. A auga da chuvia ácida contamina todoo ambiente e causa danos nas plantas,nos animais e nos edificios.
A EUTROFIZACIÓN é un proceso que afecta a lagos e ríos de pouca corrente. Prodúcese cando seachegan á auga unha cantidade excesiva de nutrintes que provocan o seu desequilibrio.
PROCESO DE EUTROFIZACIÓN:1- A auga recibe achegas procedentes de fertilizantes agrícolas, industriasagropecuarias, resíduos domésticos(fósforo, nitróxeno...).2- Desenvólvese gran cantidade defitoplanto, o que lle da au auga unhacor verdosa e impimpide o paso da luz, ó tempo que gran cantidade de bacterias consumen o osíxeno.3- Coa falta de osíxeno prodúcensefermentacións que lle dan á augaolor a podre.
1 23
Lago eutrofizado
O PALUDISMO ou malaria é a enfermidadeasociada á auga máis extendida do mundo.Está causada por un protozoo que setransmite pola picadura do mosquitoAnopheles. Hai máis de 200 millóns deafectados e produce dous millóns de mortesó ano.
PRINCIPAIS EFECTOS DA CONTAMINACIÓN DA AUGA:-Modificacións das súas características físicas e químicas.-Diminución do osíxeno disolto.-Desaxustes nos ciclos vitais nos organismos.-Alteracións nos ecosistemas.-Enfermidades (tifo, cólera, gastroenterite, disentería...)
Protozoo da malariaatacando ós glóbulos vermellos.
Escherichia coli, bacteria causante da diarreaque se atopa nas augas contaminadas.
O 30% dos tramos fluviais de todoo mundo están contaminados.
Patrocina:
A saúde da auga, sistemas de tratamento
TRATAMENTOPRELIMINAR
CÁMARA DE SÓLIDOS
TRATAMENTO PRIMARIO
TRATAMENTO SECUNDARIO
TRATAMENTO TERCIARIO
DESINFECCIÓN...
SEPARACIÓN DOFANGO ACTIVADO
ELIMINACIÓN DE LODOS
retornode fango activado
airea presión
a recheos
criba
TRATAMENTOQUÍMICO
ENTRADADE AUGA
DECANTACIÓN
FILTRODE AREA
SAÍDA DE AUGAÁ DISTRIBUCIÓN
TRATAMENTO DE AUGAS RESIDUAISTRATAMENTO DA AUGA PARA CONSUMO HUMANO
Cando a auga perde as súas boas cualidade ten que ser tratada para, no posible, restituirllas.Os tratamentos de potabilización ou depuración poden ser físicos (sedimentación, filtración, cribado...) químicos (floculación, coagulación...)o de desinfección (con cloro, ozono, raios UVA, cloraminas...).
Xeralmente a auga que abastece as cidades procede de ríos ou acuíferos e para o seu consumo nos fogares sométese a un proceso de potabilización en depuradoras.
A rede de abastecemento de auga das cidades é un sistema devasos comunicantes que funciona por gravidade.
a auga
é vida
Para que as augas residuais poidan ser vertidas sen perigo ó medio ambiente ou reutilizadassométense a distintos sistemas de depuración para devolverlles a súa calidade. Algúns destes sistemas reproducen mecanismos da natureza.
ESTACIÓNS DEPURADORAS DE AUGAS RESIDUAIS (EDAR)Realizan o proceso en varias fases:PRE-TRATAMENTO: retirada de materiais máis grosos por filtración (sólidosen suspensión), decantación (areas, grava...) ou flotación (graxas, escumas).TRATAMENTO PRIMARIO: neutralízase o pH e engádenselle axentes floculantesou espesantes para provocar o agregado das partículas de menor tamañoe poder retiralas por decantación.TRATAMENTO SECUNDARIO: procesos de dixestión biolóxica para eliminar a materia orgánica. Úsanse fangos activos con microorgansmos dixestores que logo se eliminan da auga. Neste proceso pódese obter biogás.TRATAMENTO TERCIARIO: procedementos físico-químicos para eliminar compostosque non se puideron eliminar nas fases anteriores.
Os resíduos retirados da auga espésanse, estabilízanse (parafacelos inocuos) edeposítanse en vertedeiros controlados.Se non conteñen substancias perigosaspoden usarse comofertilizantes no campo.
Tratamentos secundario
Saída de auga depurada.
12
Sistema de esterilizacióncon ozono.
Elementos dunsistema de esterillizacióncon con raiosUV especialpara acuicultura.
Estación de potabilizadora dunha pequena localidade.
SISTEMA DE LAGOAS: as augas residuaisdéixanse repousar para que os microor-ganismos vaian descompoñendo a materia orgánicaÚsase para pequenas cantidades de auga poco contaminada.
FILTROS DE AREA: reteñen as partículas contaminantes da auga que pasa a través deles.
FOXAS SÉPTICAS: son recipientespechados onde a auga se deixa repousar para que os elementosque contén vaian ó fondo.
foxa séptica
campo de desaugue
FILTROS VERDES: as augasresiduais úsanse para regarplantacións de árbores quereteñen os contaminantes.
Depuradora para barcos.
ENCORO
DEPURADORA
ACUÍFERO
ESTACIÓN DE BOMBEO
DEPÓSITODE ALMACENAMENTO
REDE DE DISTRIBUCIÓN
Patrocina:
A auga no mundo
ALTERNATIVAS
A auga é un recurso limitado e irregularmente repartido.
A auga dos acuíferos considéraseun recurso renovable sempre queo volume extraído non sexa maiorque a súa taxa de rexeración.Como a renovación adoita ser moi lentaen moitos lugares os acuíferosestán esgotados ou sobreexplotados.
Na distribución da auga inflúen condicións naturais(clima, relevo ...) e condicións econonómicas(tecnoloxía, capacidade para deseñar sistemas deextracción, distrubución e saneamento...).Desde os primeiros tempos a auga condicionou os asentamentos humáns e a economía. A súa presenza determinou o éxito de moitas civilizacións e a súa desaparición o fracaso e abandono de amplos territorios.Na actualidade a seca é causa de grandescatástrofes ecolóxicas e humanas e impulsaa moitas persoas a emigrar.
O lugar máis secodo planeta é o norte de Chile onde so serecolle 0,1 mm de chuvia ó ano.
Os países desenvolvidos consumen auga porenriba das súas necesidades mentras un tercioda poboación sofre restriccións e máis de1.400 millóns de persoas carecen de auga potable.
CONSUMO MEDIO DE AUGA POR PERSOAE DÍA NUN PAÍS DESENVOLVIDO.
colada: 30
cuarto de baño: 110
WC: 96
limpezada casa: 8
xardín:8
bebidase cociña: 8
vaixela:30
TOTAL: uns 300 litros por persoa/día
a auga
é vida
Nas plantas desalinizadorasa auga sométese a diferentesprocesos para extraerlleo sal. Este sistema estasea utilizar nos países conforte escaseza de augadóce que está á beirado mar.
quentador
vapor
condensador
vapor
AUGA DÓCE
salmoira
AUGADO MAR
Proceso de evaporación multietapanunha desalinizadora de auga,
O mar é unha granreserva de auga, peropara poder utilizalapara o consumo humanoou para a agriculturadebe ser desalgada.
CONSUMODOMÉSTICODE AUGAE DISTINTOSPAÍSES.
En Galicia dispoñemos de 3,18billóns de litros de auga. O 40% consúmese nas vivendas e nasindustrias e o 60% na agricultura.
Sistemade regoa pinganuninvernadeiro.
Para mellorar a distribución da auga e facer fronte ósgraves problemas de escaseza é preciso mellorar aeficiencia no seu uso (sistemas de conducción e rego,cultivos axeitados ó clima, aforro doméstico, reutiliza-ción....) e deseñar tecnoloxías que o fagan posible.Os países desenvolvidos teñen a obriga de colaborarcos máis necesitados para acadar unha máis xustadistribución dos recursos hídricos.
13
O 40% da auga encondicións de serutilizada pérdese por mala xestión.
120 millóns de europeos non teñenauga potable ou carecen dunsistema de saneamento axeitado.
Patrocina:
A auga na tradición popular
a auga
é vida14
RECITADOAuga, que forte eres,que apagas o lumeque queima o pauque malla o gatoque corre o ratoque fura o muroque torna o aireque corre a nubeque cubre a lúaque turba o solque derrete a neveque no meu pé prende.
CANTIGAS
Maruxiña vai na fontemoito tarda que non ven, ou rompeu o cantariñoou moitos amores ten.
Unha nena nunha fonte,por unha verza bebía,a verza estáballe rota,toda a auga lle vertía.
A auguiña desta fontemoita sediña calmou,e nos cen anos que levamoita cariña lavou.
Fun á fonte a beber augadebaixo dunha pereira,solo por ver os teus ollosque a sede moita non era.
Eu fun á fonte por auganunca tal auga nacera,tiven que tomar amoresantes de pousar a sella.
Canta meniña,na beira da fonte;canta, dareicheboliños do pote.
REFRÁNS
-En abril, cada pingueira vale por mil.-A chuvia de San Xoan tolle o viño e non da pan..-En agosto chove mel e mosto.-En abril augas mil, en maio as que queiran vir.-Cando Nadal nada, sinal de boa anada.-Xeada enriba de lodo, auga deica o codo.-O mes de xaneiro xeadeiro, o de febreiro mulideiro,o de marzo esqueiroso e o de abril chuvioso sacan a maio frorido e fermoso.-Polo agosto arden os montes, polo setembro secan as fontes.-Auga corrente non mata á xente, auga parada, tenna matada.
AS FONTES Tan abundantes en Galicia, son bens comunais, ata hai poucos anosimprescidibles. Pola súa importancia convértéronse, nalgúns casos en obras artísticas quese situaban en lugares destacados.Moitas veces están asociadas ós lavadoiros e pías para beber o gando. Na actualidade constrúense como elementos decorativos.
Moitas historias, contos e lendas teñen relación coa auga. Quizáis o fundamento deste feito radique na importancia vital que ten a auga para nós.Mares, lagos e lagoas, ríos, regos, fontes, pozos ... son lugares cos que moita xente ten unha relación “máxica”. Nas costas fálase de mar embravecida, de cidades asolagadas por temporais, afundimentos e meigallos; réndese homenaxe ó mar, fonte de riqueza e desgracia ó mesmo tempo. Nas zonas de interior destaca a existencia de fontes milagreiras e lagoas encantadas (onde hai máis de un tesouro ou cidade afundida).
LENDAS E CRENZASAbondan as fontes chamadas das “mouras” ou dos “mouros” relacionadas con lendas de gardadoras de tesouros. Tamén existen numerosas fontes milagreiras asociadas a santuarios (Santo André de Teixido, Escravitude, Santa Mariña de Augas Santas, As Ermidas, A Lama, Amil...).Cando un forasteiro bebe auga, ou lava as mans en determinadas fontes (Verín, Ourense...) casa no lugar.
AUGA DE SAN XOAN Ten propiedades máxicas e curativas. Prepárease na véspera do santo antes de que se poña o sol collendo auga, de unha ou de varias fontes, na que se botan herbas aromáticas e flores, déixase toda a noite ó sereo e úsase o día de San Xoan para lavarse.
RECIPIENTES TRADICIONAISPARA A AUGA
ola botixo caldeiro
sella
Documento asinado o 6 de Maio de 1968 polo Comité de Ministros do Consello de Europa.
1.- Non hai vida sen auga. Ela é un estimado ben, indispensable para todas as actividades humanas.
2.- Os recursos en auga doce non son inesgotábles. É indispensablel preservalos, controlalos e, se é posible, incrementalos.
3.- Alterar a calidade da auga é prexudicar a vida do ser humano e dos outros seres viventes que dependen dela.
4.- A calidade da auga debe ser preservada a uns niveis que estean adaptados ós seus usos previstos e debe satisfacer, fundamentalmente, as esixencias da saúde pública.
5.- Cando a auga, despois do seu uso, se devolve ó medio natural, non debe comprometer as utilizacións posteriores, tanto públicas como privadas, que se poden tirar dela.
6.- O mantemento dunha cuberta vexetal axeitada, preferentemente forestal, é esencial para a conservación dos recursos en auga.
7.- Os recursos en auga deben ser obxecto dun inventario.
8 - A boa xestión da auga debe ser obxecto dun plan elaborado polas autoridades competentes.
9 - A salvagarda da auga significa un esforzo crecente de investigación científica, de formación de especialistas e de información publica.
10.- A auga é un patrimonio común, cun valor que debe ser recoñecido por todos. Cada un ten a obriga de economizala e de utilizala con siso.
11.- A xestión dos recursos en auga debería inscribirse no cadro dunha conca natural antes que en fronteiras administrativas e políticas.
12.- A auga non ten fronteiras. É un recurso común que ten necesidade dunha cooperación internacional.
Patrocina:Ideae realización
CARTA EUROPEA
DA AUGAXOGA LIMPO COA AUGA
Na lavadora: clasifica a roupa antes de lavala, evita os prelavados, lava con auga fría, enche a lavadora a tope.
No baño: non deixes pingar as billas e pechaas mentres non uses a auga. Nun lavado de dentes ou nun afeitado
pódense aforrar 10 litros de auga.
Ducharse na vez de bañarse permite
aforrar entre 70 e 90 litros de auga.
Tira o menos posíbel da cisterna ou colócalle dentro unha botella chea de auga para reducir a súa capacidade. Comproba o seu bo funcionamento.
. Unha cisterna que pinga pode perder máis de 150 litros cada día
Unha billa que pinga estraga 30 litros de auga
cada día, se ten un furado de 1 mm de diámetro
perde 150 l., se o furado é de 2 mm. perde 325 l.
E se a abertura é de 5 mm. deixa fuxir 3.500 l. de auga.
Cada persoa gasta diariamente máis de 200 litros de auga, 150 úsanse no baño, máis da metade sen ningunha finalidade.
Na cociña: usa o lavavaixelas so cando estéa cheo.
Enche a cubeta do fregadeiro para lavar a louza.
Evita o verquido de todo tipo de produtos contaminantes: medicamentos, pinturas, varnices, aceites, disolventes, pesticidas, lixivias...
a auga
é vida15
A auga é un ben escaso e sensible que hai que usar con moderación e manexar con moita precaución.
Aproveita as augas de cocer verduras para regar as plantas.
Date unha ducha en vez dun baño
Utiliza sistemas de regoque aforren auga.
Marzo
22Día Mundial da Auga
Esta data serve para recordarlle á humanidade a necesidade de tratar a auga como un patrimoniocolectivo que non se debe estragar.