Europa, España e Galicia

14
A sociedade: Europa, España e Galicia

description

Nocins sobre a Unin Europea, España e Galicia para Coñecemento do Medio

Transcript of Europa, España e Galicia

Page 1: Europa, España e Galicia

A sociedade: Europa, España e Galicia

Page 2: Europa, España e Galicia

A Europa Política

Europa é un continente de escaso tamaño ( só Oceanía é menor). A súa extensión é de algo máis de 10.180.000 km2. Nese territorio hai 44 países nos que viven uns 740 millóns de habitantes.

A densidade de poboación de Europa é duns 80 habitantes/km2, pero a súa poboación está moi desigualmente repartida:

Os países máis densamente poboados son os do centro e do sur: Países Baixos, Bélxica, Reino Unido, Alemaña, Italia e Francia.Os países menos densamente poboados son os do norte: Finlandia, Suecia, Estonia e Letonia.

Page 3: Europa, España e Galicia

A Unión Europea

A Unión Europea (UE) é unha asociación económica e política, que naceu a mediados do s. XX pola unión de 6 países: Bélxica, Países Baixos, Luxemburgo, Francia, Alemaña e Italia.

O seu nome orixinal en 1957 era Comunidade Económica Europea (CEE); en 1987 cambiou polo de Comunidade Europea (CE), en en 1992 adoptou a súa actual denominación.

Desde o ano da súa fundación, a UE viviu seis procesos de ampliación. Hoxe está formada por 27 países democráticos que ocupan unha superficie de algo máis de 4.215.000 km2.

A súa poboación é duns 500 millóns de habitantes, e a súa densidade de poboación é alta, xa que supera os 115 habitantes/km2.

O país máis grande da UE é Francia, con 551.500 km2, e o país con máis poboación é Alemaña, con 82.100.000 habitantes.

Page 4: Europa, España e Galicia

A poboación da UE e as súas variacións

A UE conta cuns 500 millóns de habitantes, dos cales case o 80% vive en cidades, é dicir, son poboación urbana.

O crecemento natural da UE

A Unión Europea tén unha natalidade e unha mortalidade moi baixas. Iso quere dicir que nacen moi poucos nenos e nenas, e que as persoas adoitan falecer cando son moi maiores.

Cunha natalidade e cunha mortalidade baixas, o crecemento natural da UE tamén é moi baixo.

O crecemento real da UE.

A pesar do seu baixo crecemento natural, o crecemento real da UE é máis alto, grazas á gran cantidade de inmigrantes quer chegan cada ano atraidos pola prosperidade da UE.

Nos últimos anos chegaron algo máis dun millón e medio de inmigrantes cada ano.

Page 5: Europa, España e Galicia

A vida na Unión Europea

Aínda que hai algunhas diferenzas entre os países membros, en xeral, os habitantes da UE gozan de importantes vantaxes:

Teñen gobernos democráticos. Os gobernos de todos os países da UE deben ser democráticos. Isto garante que o seu obxectivo principal sexa o benestar dos seus habitantes.

Presentan un alto nivel de desenvolvemento. A UE conta cos medios económicos e tecnolóxicos suficientes como para que os seus cidadáns dispoñan de enerxía, alimentos, vivenda, educación, sanidade, comunicacións, ocio...

Ademais a UE proporciona axudas aos seus países menos ricos para que se desenvolvan igual que os demais.

Usan unha moeda común. Case todos os países da UE utilizan o euro.

Gozan da ausencia de fronteiras. Os cidadáns da UE poden viaxar libremente por todos os países membros, e traballar e estudar neles.

Page 6: Europa, España e Galicia

A organización da UE

Cada un dos países que forman parte da Unión Europea ten a súa propia organización e o seu propio goberno. Pero, como membros da Unión, comparten unhas institucións de goberno comúns. Son as seguintes:

UniónEuropea Consello

Europeo

ParlamentoEuropeo

Consello daUnión Europea

ComisiónEuropea

TribunalDe Xustiza

Tribunalde Contas

Page 7: Europa, España e Galicia

O Consello Europeo

É a institución que dirixe a UE. Está formada polos Xefes de Estado e de Goberno dos países membros. As súas principais funcións son impulsar e orientar o desenvolvemento da UE, e propoñer novas leis e normas. A súa sede está en Bruxelas.

Page 8: Europa, España e Galicia

O Poder Lexislativo na UE

As institucións que exercen o poder lexislativo, é dicir, as que se encargan de facer as leis da Unión Europea son:

O Parlamento Europeo. Está composto por 785 parlamentarios elixidos polos cidadáns da UE. Esta institución estuda e aproba as leis. A súa sede está en Estrasburgo.

O Consello da Unión Europea. Composto por un ministro de cada país, elabora leis para regular asuntos concretos: economía, seguridade, ambiente... A súa sede está en Bruxelas.

Page 9: Europa, España e Galicia

O Poder Executivo na UE

A institución que exerce o poder executivo, isto é, a que se encarga de facer que as leis se cumpran, é a Comisión Europea. Está constituída por un representante ou comisario de cada un dos países da UE. A súa sede está en Bruxelas.

Page 10: Europa, España e Galicia

O Poder Xudicial na UE

As institucións que exercen o poder xudicial, é dicir, as que se encargan de resolver os conflitos que se producen cando non se respectan as leis son:

O Tribunal de Xustiza Europeo. Está formado por un xuíz de cada país. A súa misión é garantir a aplicación dos tratados e resolver as disputas relacionadas coas leis comunitarias.

O Tribunal de Contas Europeo. Encárgase de vixiar que o diñeiro da Unión se gaste de acordo co establecido.

Ambas as dúas institucións teñen a súa sede en Luxemburgo.

Page 11: Europa, España e Galicia

España, un país da Unión Europea

España é un país membro da Unión Europea dende 1986. Desde entón, temos as mesma vantaxe e os mesmos dereitos co resto dos países da Unión.

Por outra banda, compartimos as institucións de goberno e as leis que rexen a todos os membros da Unión.

A nosa moeda é o euro e, na actualidade, estamos entre os dez países máis desenvolvidos da UE.

Page 12: Europa, España e Galicia

A poboación española e as súas variacións

España tiña algo máis de 46 millóns de habitantes no ano 2008. A súa densidade de poboación é de 90 habitantes/km2, pero hai grandes diferenzas de poboación entre unhas zonas e outras.

En xeral, pode dicirse que as zonas costeiras están moito máis poboadas que as zonas do interior, onde só Madrid presenta unha alta densidade de poboación. A poboación destas zonas é maior, sobre todo, porque ofrecen máis posibilidades de traballo.

O crecemento natural

O crecemento natural da poboación española é baixo, coma no conxunto da UE. Isto débese a que os valores de natalidade e mortalidade son tamén baixos.

O crecemento real e as migracións

O crecemento real da poboación española é alto. Isto é debido a que a emigración é baixa, mentres que España é o país da UE que recibe máis inmigrantes.

Isto obedece a varias causas:● A nosa situación xeográfica. España é o país europeo máis próximo a África, e moitos inmigrante

que chegan a Europa proceden deste continente.● A nosa relación histórica cos países nos que se fala español. Moitos inmigrante sudamericanos

elixen España pola facilidade que supón un idioma coñecido.● O gran desenvolvemento da economía española nos últimos anos. Isto ofreceu moitas

posibilidades de traballo.

Page 13: Europa, España e Galicia

Galicia, unha rexión da Unión Europea

Desde que España pertence á UE, os galegos temos tamén as mesmas obrigas e os mesmos dereitos que o resto dos cidadáns europeos.

Galicia, ademais, por ser unha comunidade autónoma pouco desenvolvida no momento da incorporación de España á UE, tivo unha vantaxe de recibir grandes axudas para achegarse ás rexións e aos países máis desenvolvidos.

Page 14: Europa, España e Galicia

A poboación galega

A poboación absoluta e a densidade de poboación

Galicia tiña 2.784.169 habitantes no ano 2008. A súa densidade de poboación é de 94 habitantes/km2, pero hai grandes diferenzas de poboación entre unhas zonas e outras. En xeral, pode dicirse que nas zonas costeiras e nas cidades a densidade é moi alta, e nas zonas de interior a densidade é moi baixa.

O crecemento natural

O crecemento natural da poboación galega é negativo, polo tanto máis baixo có de España e có do conxunto da UE. Isto débese a que o número de nacementos é inferior ao número de defuncións.

O crecemento real e as migracións

O crecemento real da poboación galega é positivo, pero moito máis baixo có de España. Isto é debido a que Galicia é unha das comunidades autónomas que recibe menos inmigrantes.

Isto obedece a varias causas:● A nosa situación xeográfica. Moitos inmigrantes chegan a España procedentes de África, e

Galicia áchase nunha posición distante dese continente. De feito, o maios colectivo de inmigrantes en Galicia corresponde aos nosos veciños portugueses.

● A nosa economía menos desenvolvida. Os inmigrantes elixen en primeiro lugar as comunidades máis desenvolvidas de España (Madrid, Cataluña e Valencia) en busca de oportunidades de traballo.