EQUIPO DE NORMALIZACIÓN E DINAMIZACIÓN ......Bacharelato (1º e 2º). Gustou moito o seu xeito de...

5
EQUIPO DE NORMALIZACIÓN E DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA DO GALEGO. ACTIVIDADES CURSO 2010-2011 I.CELEBRACIÓN DA FESTA DO SAMAÍN O alumnado de 2º e 3º ESO preparou un gran mural dividido en tres paneis para visualizar as diferencias máis salientables entre a celebración da noite de Samaín e a de Halloween nos Estados Unidos. A axudante de conversa colaborou coa versión americana e chegamos a traer unha torta de calacú que non chegou a nada. Menos mal que gardamos a receita. Pola súa parte, o grupo de 4º Diversificación escenificou unha cova do terror na que ofrecían lambetadas, aínda que nen sequera o seu aspecto terrorífico evitou que colleramos algo de peso ese día. CONCURSO DE CALACÚS Este ano para o concurso de calacús convocado polo Samaín os participantes trouxeron a cabaza xa preparada da casa. Despois da exposición resolveuse o concurso e entregáronse os seguintes premios: 1º premio: Alberto García Fernández – 2º ESO B 2º premio: Candela Lorenzo Martínez – 2º ESO A 3º premio: Estela Costas Gandón – 2º ESO A II. MAGOSTO A celebración do Magosto foi anunciada por un bonito póster deseñado por Josuha de 2º A Bac . Ademais do tradicional asado de castañas, este ano o grupo de papiroflexia tíñanos preparados uns decorativos cucuruchos de papel usado, xa para reciclar.

Transcript of EQUIPO DE NORMALIZACIÓN E DINAMIZACIÓN ......Bacharelato (1º e 2º). Gustou moito o seu xeito de...

Page 1: EQUIPO DE NORMALIZACIÓN E DINAMIZACIÓN ......Bacharelato (1º e 2º). Gustou moito o seu xeito de contar as cousas e foi moi interesante a charla. O martes 21 o alumnado do 2º ciclo

EQUIPO DE NORMALIZACIÓN E DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA DO GALEGO. ACTIVIDADES CURSO 2010-2011

I.CELEBRACIÓN DA FESTA DO SAMAÍN

O alumnado de 2º e 3º ESO preparou un gran mural dividido en tres paneis para visualizar as diferencias máis salientables entre a celebración da noite de Samaín e a de Halloween nos Estados Unidos. A axudante de conversa colaborou coa versión americana e chegamos a traer unha torta de calacú que non chegou a nada. Menos mal que gardamos a receita.

Pola súa parte, o grupo de 4º Diversificación escenificou unha cova do terror na que ofrecían lambetadas, aínda que nen sequera o seu aspecto terrorífico evitou que colleramos algo de peso ese día.

CONCURSO DE CALACÚS

Este ano para o concurso de calacús convocado polo Samaín os participantes trouxeron a cabaza xa preparada da casa.

Despois da exposición resolveuse o concurso e entregáronse os seguintes premios:

1º premio: Alberto García Fernández – 2º ESO B

2º premio: Candela Lorenzo Martínez – 2º ESO A

3º premio: Estela Costas Gandón – 2º ESO A

II. MAGOSTO

A celebración do Magosto foi anunciada por un bonito póster deseñado por Josuha de 2º A Bac . Ademais do tradicional asado de castañas, este ano o grupo de papiroflexia tíñanos preparados uns decorativos cucuruchos de papel usado, xa para reciclar.

Page 2: EQUIPO DE NORMALIZACIÓN E DINAMIZACIÓN ......Bacharelato (1º e 2º). Gustou moito o seu xeito de contar as cousas e foi moi interesante a charla. O martes 21 o alumnado do 2º ciclo

IES MARÍA SOLIÑO - 2-

A mañá foi movida grazas ao “Grand Prix”, circuito de probas lúdico-deportivas dirixidas polos estudiantes de 1º curso de TAFAD para o resto do alumnado do instituto.

Organizáronos en equipos e puxeron a proba todo tipo de destrezas: equilibrio, velocidade, cooperativismo… Foi moi divertido!!

III. HOMENAXE A ROSALÍA DE CASTRO: 125 ANOS DA SÚA MORTE

O luns 20 de novembro a profesora Pilar García Negro, da Universidade de A Coruña, deu unha conferencia á que asistiu o alumnado de Bacharelato (1º e 2º). Gustou moito o seu xeito de contar as cousas e foi moi interesante a charla.

O martes 21 o alumnado do 2º ciclo de ESO “tendeu” poemas de Rosalía na Ágora, onde a orquestra de 1º Bac actuou tocando algunhas pezas musicais. Saiulles realmente ben e creouse un ambiente maravilloso.

A continuación, houbo un recital poético a cargo do alumnado, escolma da obra de Rosalía de Castro, seleccionado e dirixido polo profesorado do Departamento de Lingua e Literatura Galega.

IV. CELEBRACIÓN DÍA DA PAZ

O Día da Paz celebrouse coa participación de moita xente, como era de esperar.

Eliximos o título da canción de John Lennon “All we are saying is give peace a chance” (Só pedimos que lle deades unha oportunidade á paz) para traducir ao galego, castelán, inglés e francés, facendo que rimase e así poder cantala, repetindo a mensaxe.

Page 3: EQUIPO DE NORMALIZACIÓN E DINAMIZACIÓN ......Bacharelato (1º e 2º). Gustou moito o seu xeito de contar as cousas e foi moi interesante a charla. O martes 21 o alumnado do 2º ciclo

IES MARÍA SOLIÑO - 3-

Quedounos como segue:

- Nós só queremos que …. A paz

-Luttons tous ensemble, si on veut la paix.

Tamén traducimos “Imagine” do mesmo autor ao galego para facer a nosa propia interpretación. Repartimos copias en inglés/ galego para tods. Quedounos deste xeito, aínda que a posteriori acordamos mellorala un chisco.

O profesor Pedro Pablo dirixiu ao alumnado do grupo de Dramatización (3º ESO), que escenificou unha situación bélica seguida dun proceso de paz que rematou dun xeito moi visual: a palabra PAZ podíase ler no chan grazas aos corpos dos actores e actrices e a canción “Imagine” soaba ao mesmo tempo.

Tamén propuxemos un cuestionario con preguntas sobre a orixe desta data e @s que participaron (e acertaron nas súas respostas) foron agasallad@s cunha camiseta moi chula.

V. ENTROIDO 2011

Este ano no Entroido convocouse un concurso de murgas no que participou pouca xente pero @s que si o fixeron foron moi inxenios@s. Tamén houbo un concurso de disfraces que, como ven sendo habitual, non decepcionou.

A ANPA convidou a todo o mundo a degustar as típicas orellas e tampouco faltou a música.

VI. DÍA DA MULLER TRABALLADORA

Para celebrar o Día da Muller Traballadora (que este ano cadrou co Entroido) cada curso redactou un manifesto que logo foi lido na Ágora. As reivindicacións foron moitas e en varias linguas:en galego, castelán, francés e inglés.

Page 4: EQUIPO DE NORMALIZACIÓN E DINAMIZACIÓN ......Bacharelato (1º e 2º). Gustou moito o seu xeito de contar as cousas e foi moi interesante a charla. O martes 21 o alumnado do 2º ciclo

IES MARÍA SOLIÑO - 4-

Sorteouse un MP4 entre os acertantes que cubriron o cuestionario preparado polo grupo da Biblioteca (noraboa ao gañador)

O grupo de Drama de 3º ESO, dirixido polo profesor Pedro Pablo Riobó, deleitounos cunha lucida representación alusiva á pouca visibilidade feminina na sociedade, reivindicando que xa é tempo de cambiar. De fondo, soaba a canción “Nosotres les donnes” de Mª Mar Bonet, elixida por Sol, a vicedirectora.

Para rematar, o alumnado do grupo de papiroflexia repartiu pombas traballadas a partir de papel usado que se lanzaron a voar desde a segunda planta na Ágora.

VII. CORRELINGUA NO MORRAZO

O mércores 4 de maio o alumnado de 2º ESO asistiu á celebración do Correlingua que este ano foi en Bueu. Participouse nunha marcha a favor da lingua galega e como axudantes dos monitores do alumnado de primaria.

Como había poucos estudiantes de Secundaria non se participou no galeoke, actividade que queda pendiente para o futuro.

Días despois recibimos varias mensaxes de agradecemento pola implicación e boa actitude dos participantes. Noraboa!!

VIII. CERTAME DE POESÍA

O xoves 5 de maio convocouse o XXVI Certame de Poesía María Soliño. Eliximos un poema de Álvaro Cunqueiro (musicado por Luis Emilio Batallán e posteriormente versionado por Milladoiro) que se titula “No niño novo do vento” e foi interpretado por parte do alumnado de 1º A Bac dirixido polo seu profesor Xulio. Aplaudimos a rabiar.

Page 5: EQUIPO DE NORMALIZACIÓN E DINAMIZACIÓN ......Bacharelato (1º e 2º). Gustou moito o seu xeito de contar as cousas e foi moi interesante a charla. O martes 21 o alumnado do 2º ciclo

IES MARÍA SOLIÑO - 5-

Houbo unha pequena exposición de poemas escritos polos estudiantes do Clube de Poesía do instituto e presentaronse as bases do Certame.

Ó cabo, escribiuse un poema conxunto nun panel preparado con dous versos de Avilés de Taramancos como comezo. Fómonos animando e non quedou nada mal como podedes ver nunha das imaxes adxuntas.