Entrevista Anibal C. Malvar

10
Aníbal C. Malvar Entrevista IES Manuel García Barros A Estrada Literatura Galega do Século XX e da Actualidade Texto: © Cc-by-sa-3.0 Fotos: © Todos os dereitos reservados ANÍBAL C. MALVAR, (A Coruña, 1964), escritor e xornalista, destaca especialmente pola súa novela negra en obras como Un home que xaceu aquí ou A man dereita (Premio de Novela Manuel García Barros, 1994) ou Unha noite con Carla (Premio Xerais, 1995). Tamén participou na creación de guións de cómics (A irmandade dos lectores tristes / Flores desde Hiroshima...). martes 3 de febrero de 2015

Transcript of Entrevista Anibal C. Malvar

Page 1: Entrevista Anibal C. Malvar

Aníbal C. Malvar

EntrevistaIES Manuel García Barros

A Estrada

Literatura Galega do Século XX e da Actualidade

Texto: © Cc-by-sa-3.0Fotos: © Todos os dereitos reservados

ANÍBAL C. MALVAR, (A Coruña, 1964), escritor e xornalista, destaca especialmente pola súa novela negra en obras como Un home que xaceu aquí ou A man dereita (Premio de Novela Manuel García Barros, 1994) ou Unha noite con Carla (Premio Xerais, 1995). Tamén participou na creación de guións de cómics (A irmandade dos lectores tristes / Flores desde Hiroshima...).

martes 3 de febrero de 2015

Page 2: Entrevista Anibal C. Malvar

Non son diatribas, pero sí polémicas. Vexo na Rae que diatriba é “discurso o escrito violento e injurioso contra alguien o algo”. A inxuria e a violencia non van comigo. Aínda que de cando en vez goste de ser un pouco insultante. Se a realidade insulta, cómpre insultar á realidade. Estamos nun tempo no que a palabra ten que ser violenta, porque se non acabaremos nun mundo de violencia sen palabras. Vou transcibirvos un poema de Juan Gelman, para que saibades que a palabra non só está imposibilitada para a violencia, senón que ademais non val para nada (o que non deixa de ser fermoso)

Aníbal C. Malvar

1. Que sente cando falan de Vostede empregando a palabra “polémico”? Será que cando unha persoa polemiza fai que as persoas, os pensamentos, a sociedade... cobren vida ao se mergullar nesa diatriba?

mientras el dictador o burócrata de turno hablaba en defensa del desorden constituido del régimen él tomó un endecasílabo o verso nacido del encuentro entre una piedra y un fulgor de otoñoafuera seguía la lucha de clases/el capitalismo brutal/el duro trabajo/la estupidez/ la represión/la muerte/las sirenas policiales cortando la noche/él tomó el endecasílabo ycon mano hábil lo abrió en dos cargando de un lado más belleza y más belleza del otro/cerró el endecasílabo/puso el dedo en la palabra inicial/apretóla palabra inicial apuntando al dictador o burócrata salió el endecasílabo/siguió el discurso/siguió la lucha de clases/el capitalismo brutal/el duro trabajo/la estupidez/la represión/[la muerte/las sirenas policiales cortando la nocheeste hecho explica que ningún endecasílabo derribó hasta[ahora a ningún dictador o burócrata aunque sea un pequeño dictador o un pequeño burócrata/y también[explica que un verso puede nacer del encuentro entre una piedra y un fulgor[de otoño odel encuentro entre la lluvia y un barco y de otros encuentros que nadie sabría predecir/o sea los nacimientos/ casamientos/ los disparos de la belleza incesante

Recibindo un recordo polo XXV aniversario do premio de novela Manuel García Barros. Cidade da cultura, decembro 2013.

martes 3 de febrero de 2015

Page 3: Entrevista Anibal C. Malvar

Aníbal C. Malvar

2. Os seus comezos literarios foron en galego, os seus éxitos (premios, edicións...) neste mesmo idioma... Por que non vemos obras publicadas por Vostede dende hai máis dunha década?

Escribín La balada de los miserables despois de 14 anos desde Á de mosca. Levo 15 anos en Madrid. Apetecíame escribir en castelán. Parece mentira, pero a distancia inflúe nestas chorradas. Non hai unha razón. Supoño que podería enumerar miles de sinrazóns.

3. Que sente un escritor cando en dous anos seguidos acada dous dos premios máis relevantes da nosa narrativa (“García Barros” e “Xerais”)?

Un pouco de peso máis na conta corrente. Nada. Os premios son unha axuda inxusta e magnífica. Sabes que é inxusta, porque sería estúpido pensar que non se presentou unha novela mellor ca túa. E é magnífica, porque permite a un escritor fuxir uns cantos meses para escribir unha nova novela. Sentín vergoña lírica e tranquilidade monetaria.

Co alumnado de literatura galega do século XX e da actualidade e demais galardoados na Cidade da Cultura

martes 3 de febrero de 2015

Page 4: Entrevista Anibal C. Malvar

Non é unha cuestión de xénero. Para min, Os Miserables de Victor Hugo é xa unha novela negra. Todo é novela negra. A corrupción, o delito e a infamia son o cerne da nosa civilización. Tal e como están os contratos agora, se escrebes unha novela de amor só podes contar a vida das personaxes no polvo que botan de 00.05 a 00.10. O resto do tempo están traballando ou durmindo. Non existe a novela negra. O que existe é a realidade negra.

Aníbal C. Malvar

4. Vostede deuse a coñecer na nosa literatura coa obra Un home que xaceu aquí, unha novela negra que vai marcar o seu percorrer por este xénero en case toda a súa novelística. Por que este xénero?

5. Aquela andaina comezada con Crime en Compostela da novela negra en galego desde logo que tivo un forte enraizamento (Vostede, Domingo Villar, Miguel Anxo Fernández...) na nosa narrativa...

Insisto no mesmo que dixen na resposta anterior, compañeiros. Quizais poderiamos matizar agora que a novela negra pode ser unha “forma”. É dicir: un xeito de escribir, unha fórmula para contar determinadas historias. Pero non. A esmorga é unha novela negra. O Falcón Maltés indaga máis ca ningunha outra novela o behaviorismo (desculpade pola pedantería, pero así vos enteirades do que é o behaviorismo: son un prepotente e un cabrón). Non hai novelistas negros, hai paletos que lle poñen etiquetas aos novelistas.

6. Con todo, neste tipo de novela encontramos dúas opcións: aquela onde o protagonista é un profesional e aquelas (como ocorre abondo con Vostede) nas que o/a protagonista é outra personaxe distinta, non detectivesca…

Sí hai policías en A man dereita, en Unha noite con Carla, en Á de mosca e en La balada de los miserables. Pero detectives, apenas. Pois a de detective é unha profesión bastante vulgar. Vázquez Montalbán dignificouna --tanto a profesión como a literatura detectivesca--. . P

En todo caso, non me importa demasiado a investigación. Prefiro tramas simples e previsibles, e que a sorpresa consista en mostrar con cordialidade os crimes que vemos con indiferencia todos os días. Son un criminal moi ben educado.

martes 3 de febrero de 2015

Page 5: Entrevista Anibal C. Malvar

Hai una novela de Horace McCoy que se titula Os sudarios non teñen petos. Lédea. O xornalista é tan literario porque a de xornalista é a profesión máis arrisacada do mundo: en canto escrebes a túa primeira frase, pos en perigo unha vida: a da túa dignidade.

Aníbal C. Malvar

7. E claro, o mundo do xornalismo -protagonistas xornalistas- non podía estar alleo ás diferentes tramas tanto de novelas anteriores (Crime en Compostela) como nas súas...

8. Tamén soemos encontrar abondo nas súas novelas o drama dos barrios, incluso como espazos novelescos (chabolismo...), alcoholismo... A que se debe o emprego deste submundo? Pretende concienciar con esta crúa realidade ao/á lector/-a?

No é cuestión de concienciar. É o mundo no que vivo. A rúa. Se algunha vez me vedes no despacho dun político, será só porque invita a bo whisky. Non por información do que realmente pasa. A información, a verdade, a realidade, o que cómpre contar, está na rúa. No submundo viven a meirande parte dos homes e mulleres. Cando vos fagades maiores aprenderedes que mundo e submundo son sinónimos. Non o tomedes como unha afirmación pesimista. ¿Permitídesme volver a ser pedante convosco e citarme a min mesmo? Vale. Graciñas, banda de capullos e capullas. "As flores máis fermosas nacen nos vertedeiros". O submundo é o mundo. O que nunca será o mundo "es la calle Serrano".

9. No ano 1994 resultou gañador do “Premio de novela Manuel García Barros” con A man dereita. Aquí xa encontramos outros mundos tamén moi presentes para calquera xornalista como pode ser o mundo da política...

A política non é un mundo aparte. A política é o pobo. A rúa. O que pasa é que a xente que camiña pola rúa se nega a admitir esa responsabilidade, e delega o seu exercicio nuns ineptos.

martes 3 de febrero de 2015

Page 6: Entrevista Anibal C. Malvar

Aníbal C. Malvar

10. E un ano despois outro gran premio (“Xerais”) coa obra Unha noite con Carla e volta a recrear, o mundo da política... Será que nesta temática un xornalista se sente a gusto fabricando novelas de intriga, negras...?

Non, pero Hemingway dicía sempre que só se debe escribir do que se coñece ben. Se escrebes sobre un pescador, tes que saber naufragar. Eu escribín nos meus libros cousas que non caben nun artigo. O que intúes detrás do que comprobas. Escribín o que o xornalista Aníbal Malvar intuía na sombra. Isto quedoume de premio Nobel ex aequo. O que tento dicir, é non é doado, é que cando es xornalista hai cousas que sabes que son certas pero que xamais conseguirás demostrar con probas. E non é unha mala premisa para poñerse a facer, literaria e non literariamente, o gamberro. E contalas.

11. E vistas estas obras, as súas temáticas, intrigas, suspense... nunca houbo intentos de levar algunha delas ao cinema?

12. E vemos que ultimamente a súa pluma se inclinou cara á escrita tamén en castelán coa obra La balada de los miserables, pero sen abandonar temática, estrutura, tipo de novela das súas orixes na novelística galega. Por que este novo camiño noutro idioma? Pensa volver a escribir e publicar no noso idioma?

Sí, algunha houbo. De feito, a primerira película da productora de Celda 211 está baseada nun guión meu: "As loiras prefírenos cabaleiros". Preguntade ao profesor sobre Billy Wilder, caterva de analfabetos.

Como nos bicos, é a lingua a que te elixe a ti. Non ti á lingua.

martes 3 de febrero de 2015

Page 7: Entrevista Anibal C. Malvar

14. E xa rematando no xornalismo, vemos que moitos dos protagonistas das súas críticas son personaxes inseridos no poder político, económico... Non ten medo que lle poidan aparecer pedras no seu camiño tiradas por estas personaxes?

Aníbal C. Malvar

Non. Aínda que non o atopo nos diccionarios das reais academias, creo que xornalismo e medo son antónimos.

13. E tamén se mergullou no mundo do cómic (Flores desde Hiroshima / A maldición dos Velasco...) Por que mergullarse neste xénero? Que ten este xénero que non teña a narrativa?

Nada. Non elixes onde te metes. Eu necesitaba pasta, e saiu un proxecto de Caixa Galicia e presentei un guión. Despois me puxeron en contacto co debuxante Fausto G. Isorna, e máis tarde engadimos ao guionista Rober G. Méndez. O único que sabía algo de cómic era Fausto. Eu non lera un cómic na miña puta vida. Pero é como deben ser as cousas. Embarcáste nun barco de tres e non hai capitán. Só hai tres mariñeiros. Foi algo precioso. O cómic é unha forma de narrativa especial. Como o cine. Traballos en equipo. Se eu tivera a autoridade para dar algún consello, que non a teño, daríavos un consello: traballade algunha vez en equipo con xente que pelexe, discuta e saiba rir. E non por esta orde.

15. E finalmente, non soña cun mundo normalizado en Galiza onde Vostede se vexa escribindo, polemizando... en xornais galegos sen ter que escribir en xornais de fóra?

Non. Para min fóra é dentro. Son un vagabundo. Nunca vin debuxada unha fronteira na terra. Cando as vexa, crerei nelas. Ou non. Seguro que non.

Con diferentes gañadores e autoridades na Cidade da Cultura

martes 3 de febrero de 2015

Page 8: Entrevista Anibal C. Malvar

CUESTIONARIO

martes 3 de febrero de 2015

Page 9: Entrevista Anibal C. Malvar

Calquera amigo ou amiga ou

amada, camiñando. Eses son os meus

monumentos. Nos museos só atopo

falsificacións.

Un monumento

salientábel?

O Ulises, de Xoyce.Un/ha autor/-a e unha obra

literaria galegos?

Nunca coñecín suficientemente ás

persoas para admirar a personaxes.

Un personaxe galego e un estranxeiro?

Lelia Doura.

Un/ha autor/-a e u

nha obra

literaria

estranxeiro

s?

Sherlock Holmes, pero en promiscuo.

Un personaxe literario co que

se identifique?

Calquera persoa. Non é unha cuestión de inspiración, senón de

respiración. Se respiras profundo a carón da xente, tes nos pulmóns toda

a vida. E quizais poidas contala.

Cal é a súa fonte de inspiración

O home que matou a Liberty Vallance.

Unha película de cine?

Unha obra teatral?

The Importance of Being Earnest, sen

dúbida algunha. Non hai nada máis

trascendente que a frivolidade.

martes 3 de febrero de 2015

Page 10: Entrevista Anibal C. Malvar

Estar convosco en troque

de mandar esta merda de

texto por mail.Un anceio por rea

lizar?Para contestar esta pregunta tería que mirar un mapa, e xamais levamos mapas os

vagabundos.

Mundo rural/urbano? Praia/montaña?

Non me gusta visitar, góstame viaxar. Non me gusta descansar, góstame non

facer (casi) nada.

Un lugar para visitar? e un lugar para descansar?

Mañá.Un feito histórico?

Unha non. Todas.Unha utopía?

Debaixo dun libro.

Un lugar axeitado para a lectura?

O tarará da miña taberneira pelirroxa cando me esperta. Nunca sei qué canción nin qué tipo de

música é. Terei que preguntarlle aos expertos.

Un tipo de música? Unha canción?

Con Aníbal Malvar. Pobre.

Un/ha autor/-a con quen se identifique?

Teño certa afección a suicidarme, a non eludir con elegancia todo tipo de sustancias estupefacientes, e a saltar

desnudo sobre damas despistadas. Polo demais, prefiro a literatura.

Outro entretemento ademais da literatura?

martes 3 de febrero de 2015