Encerados 7

24
ENCERADOS ENCERADOS L L E E t t R R A A s s g g a a l l e e g g a a s s 2011 2011 Boletín informativo da vida escolar do CEIP de Urdilde. Número 7, xuño de 2011

description

Revista escolar do CEIP de Urdilde

Transcript of Encerados 7

Page 1: Encerados 7

ENCERADOSENCERADOS

LLEEttRRAAss

ggaalleeggaass

20112011

Boletín informativo da vida escolar do CEIP de Urdilde. Número 7, xuño de 2011

Page 2: Encerados 7

3nc3r42—2

C omo todos os anos, os alumnos de sexto, con moita pena, temos que despedirnos deste colexio tan fantástico. Chegado o momento do

adeus, queremos recordar os marabillosos momentos do noso paso polo colexio de Urdilde.

A nosa historia comezou en educación Infantil, coa nosa profesora

tan querida, dona Lucía, e os choros de algunha compañeira diante dos profes. Ao chegar a primeiro incorporáronse tres compañeiras que viñan da escola de Vilachán e dos coidados da profesora Pepita. No primeiro ci-

clo tivemos como titor a don Pepe e a dona Amanda. Con eles fixemos as nosas primeiras contas.

En terceiro, con don Claudio, aprendemos a facer as malditas multi-plicacións e divisións. En cuarto comezamos a utilizar as novas tecnoloxí-as con don Benito. En quinto, a nosa titora foi dona Candita, coa que ti-

vemos que estudar, estudar e estudar, e como premio a tanto estudo fo-mos de excursión aos Ancares.

En sexto a nosa titora foi dona Celia, que nos ensinou os verbos e a historia. Tamén fomos aos Picos de Europa, e en xuño iremos a Madrid.

Pero non só recibimos clase dos nosos titores, foron todos os profes

do colexio os que nos axudaron no noso paso por este colexio: Don Joa-quín, o director e o noso profesor de matemáticas no terceiro ciclo; dna Carmen Brey axudounos co English, así como Teresa, Marisa, Olga ou

Fiorella, a todas elas moitas grazas. Grazas tamén a Mercedes e Antonio polas comidas tan ricas que nos

prepararon; a Carmen, a señora da limpeza, por manter tan limpo o cole-xio e tamén, como non, a Olimpio, o conserxe, que aínda que non lle gus-te, fainos as fotocopias.

NUNCA ESQUECEREMOS ESTE COLEXIO.

Ata Sempre!

Page 3: Encerados 7

3nc3r42—3

P.- Cantos anos leva traballando en Ur-dilde como profesora?

R.- Xa hai moitos anos. A primeira vez que vin a Urdilde tiña 23 anos. Xa choveu! Vin destinada á escola unitaria de nenas de Urdilde. P.- Dedicouse a algo antes de ser profe-

sora?

R.- Non tiven tempo pois dende moi nova empecei a traballar e iso foi posible pola constancia de estudar día a día. P.- Dou clase noutro colexio?

R.- Si. Antes a maioría eran escolas unita-rias. Estiven un curso nestes sitios: Lalín, Salceda de Caselas e Valga. E dende Valga vin para Urdilde onde esta-ba don Xaquín. P.- Está contenta cos seus alumnos? R.- Moi contenta. Estiven e estou moi con-tenta en todo o tempo que levei desempe-ñando a miña función como profesora. P.- Se fose por vostede, marcharía de

Urdilde? R.- A palabra marchar non me gusta moito pois ten un significado de irse. Pois aínda que deixe unha actividade aquí no colexio, non deixo de seguir sentíndome implicada co colexio e co seu entorno, pois somos e seguiremos sendo parte de este colexio e tamén como veciños de Urdilde. P.- Estivo sempre contenta no colexio de Urdilde?

R.- Sempre contenta, se non non estaría aquí cerca de 40 anos, puidemos irnos a outros centros e non fomos. Ademais de profesora, fun tamén “ nai de alumnos” os nosos fillos tamén estudaron aquí desde párvulos ata 8º de EXB P.- Como era a ensinanza cando vostede empezou a traballar en Urdilde?

R.- Nin mellor nin peor, era distinta. En Ur-dilde había 4 escolas: dúas de nenas e 2 de nenos, en cada unha había varios ni-

Dna.CANDITA

veis. Despois de comezar o colexio estiven

con párvulos (infantil) na escola de Urdilde, lémbrome que nun curso cheguei a ter 40 alumnos. Logo xa me incorporei ao colexio.

Neste número temos dúas entrevistas. Falamos con Dna. Candita e con D. Joaquín, que ao remate

deste curso comezarán a disfrutar da súa xubilación.

Dna. Candita leva anos sendo titora de quinto, e con ela conversaron as súas alumnas e alumnos.

Dna. Cándida Sabarís Casal

(doña Candita)

O alumnado de quinto

Page 4: Encerados 7

3nc3r42—4

D. JOAQUÍN

P. ¿Cantos anos leva traballando como profesor?

R. Levo 43 anos.

P. ¿E como director neste centro?

R. 40 anos.

P. Cando vostede era rapaz ¿Qué lle houbera gus-

tado ser?

R. Xogador de fútbol, piloto de aviación, etc.

P. Poderíanos contar algunha anécdota destes anos?

R. (Pensa) Que unha vez en Granada un neno enfer-mou e tivémolo que levar ao hospital e el decía que

non queria que llo dixeramos a súa nai.

P. Qué foi o máis difícil ou penoso que tivo que facer nestes anos?

R. O máis difícil foi organizar o colexio, os profesores e

os alumnos

P. Qué lle parecen os alumnos deste colexio?

R. Os alumnos deste colexio sempre me gustaron moi-

to. Teño moi bos recordos deles.

P. ¿Gústalle Urdilde?

R. Pois claro, senon non estaría aquí 40 anos. Síntome

moi a gusto.

P. Se tivera que empezar de novo ¿Qué lle gustar-ía estudar ou traballar?

R. Pois o mesmo, a ensinanza.

P. Ten moitos hobbies?

R. Si, leer, coleccionar moedas e selos, pasear…

P. Que pensa facer nesta nova etapa da súa vida?

R. Non sei, voulle seguir dedicando tempo aos hob-

bies.

P. Vai escribir as súas memorias?

R. Non, non teño pensado. Gústame contalas.

P. Aínda que para o curso xa estea xubilado, ¿virá aconsellarnos e saudarnos deseguido?

R. Todo o máximo que poda visitar o colexio.

Na segunda das entrevistas deste número, o alumnado de sexto achégase ao despacho de Dirección

onde D. Joaquín, director deste colexio dende a súa creación, fai memoria e fala dos seus proxectos

nesta nova etapa que agora comeza.

D. Joaquín Núñez Castro

Noelia Picadizo

Noelia Vázquez

Page 5: Encerados 7

3nc3r42—5

Vamos a contarvos como foi a excursión dos Picos de Europa.

Cando estabamos todos reunidos no colexio despedímonos dos pais e collemos rumbo a os Picos de Europa. Cando nos fomos, aínda era de noite. No autobús era moi chulo,

non vías nada, algúns estaban durmindo e outros xogando. Cando eran as 6:30 pasa-mos por Guitiriz, Vilalba, Mondoñedo, Ribadeo (onde paramos para descansar)Vegadeo, Navia, Luarca e Panes. Fomos comer ao restaurante Plaza de Potes; visitamos Potes e

Santo Toribio de Liébana, logo fomos a Poncebos un pobo situado no corazón dos Picos de Europa e subimos no funicular ata o precioso pobo de Bulnes e baixamos no funi-cular ata Poncebos e xa nos diriximos a Arriondas, onde cenamos ,bailamos etc. Iso foi

o primeiro día. Ao segundo día pola mañá subimos ao santuario de Covadonga.

Visitamos: -A Igrexa -A Cova

-O Museo Tamén tivemos tempo libre para comprar agasallos ...Ás 11 horas fomos visitar os La-

gos Enol e Encima, que estaba todo cheo de néboa.De volta a Arriondas vimos Cangas de Onís onde visitamos a parte histórica da cidade. Despois de comer saímos en dirección a Xixón para visitar o emblemático paseo da

praia de San Lorenzo. A continuación , de volta a Urdilde cunha paradiña no camiño para comer e descansar. Este será un recordo que nunca esqueceremos. Foi marabilloso.

Álex Dosil

Roberto Lareo

Page 6: Encerados 7

3nc3r42— 6

SEMANA DOS ALMORZOS SAUDABLESSEMANA DOS ALMORZOS SAUDABLES

N o mes de abril celebramos a V Semana do Almorzo Saudable , algo que xa em-peza a ser normal na dinámica do noso colexio. Como sempre nesta semana todos os

rapaces almorzan no colexio, antes de comenzar as clases, tomando un almorzo san e variado. A finalidade desta actividade é concienciar o alumnado e sobre todo as fami-lias do importante que é un bo almorzo para vir a escola coas pilas cargadas e así en-

carar con enerxía as tarefas de cada día.

Plan de consumo de froita na escolaPlan de consumo de froita na escola

E ste ano voltamos participar no “ Plan de Consumo de Froita nas Escolas “ coa axuda financieira da Comunidade

Europea, pero en lugar de facer toda a campaña un mes seguido repartímola en varias semanas o longo do cur-so. A repercusión a nivel de pais e alumnado foi ,

como xa ven sen- do habitual, moi boa pois cada vez é maior o número de rapaces que se decanta pola froita na hora do recreo.

Page 7: Encerados 7

3nc3r42—7

O SABOR DA AVENTURA ESTÁ NO MARO SABOR DA AVENTURA ESTÁ NO MAR

P or primeira vez este curso paticipamos en “ O Sabor da Aventura Es-tá no Mar”, un programa proposto pola Consellería do Mar co dobre obxec-

tivo de facilitar o coñecemento e o consumo de produtos do mar de Galicia entre os escolares da nosa comunidade e de incidir e equilibrar as súas dietas alimenticias. Este programa ten dúas liñas de acción : un taller en

forma de pequeno teatro que da a coñecer os aspectos saudábeis do consu-mo de peixe e un catering semanal nos comedores dos centros educativos onde se dan a probar diferentes pratos elaborados con pescado e marisco.

Para este fin editáronse diferentes materiais educativos e informativos, co-mo unidades didácticas, carteis, gorras, pegatinas e tamén un cómic que ten como protagonistas a pandilla Os Arroa-ses, sete nenos e nenas que a través das súas aventuras

descobren as múltiples vantaxes do consumo equilibrado

dos produtos do mar.

I mos contar como foi a obra de teatro que fomos ver un venres de marzo ao ximnasio; chamábase “O SABOR DA AVENTURA ESTÁ NO MAR”.

Había sete variedades de peixe: sardiña, rodaballo, pescada, lirio, xurel, mexillón e troi-ta. Foi moi divertido; eran dous persoaxes, a cociñeira Mariña e o pescador Luis. A obra tratou de que Luis, o pescador, ía pescar para a cociñeira mariña, pero Luis quedou

durmido. Tamén nos ensinaron que hai que comer peixe e marisco. As semanas seguin-tes tivemos pratos de peixe algún días. Ao acabar a obra déronnos tres regalos: unha gorra, sete pegatinas e un póster. Foi

unha obra moi divertida, e a nós gustounos moitísimo.

A obra que fomos ver

Alba Caamaño Antía Cunqueiro

Page 8: Encerados 7

3nc3r42—8

O domingo 1 de Maio celebramos no noso colexio o Festival fin de curso, para o que levabamos ensaiando obras e bailes, bueno, actuacións para representalas no escena-

rio para entreter e divertir á xente. O día anterior algúns pais de alumnos e tamén algúns alumnos e alumnas fomos axu-dar a colocar, decorar e ordenar cousas.

Chegou o gran día. Comezamos coa carreira pedestre, que era por ciclos e cada ciclo corría:

Infantil: media volta. 1º ciclo. Unha volta ao colexio.

2º ciclo: duas voltas ao colexio. 3º ciclo: tres voltas ao colexio. Antes de comer houbo outras actividades, como parti-

dos de fútbol, actuación de patinaxe… Despois de desgustar un delicioso xantar chegou a hora

das actuacións dos alumnos que foron: Infantil: El elefante trompita. Infantil:A bamba.

1º de primaria: El chucu chucu. 2º de primaria: Quiero ser como tu 3º de primaria : Ahí llego yo.

1º ciclo popurri de debuxos animados. Actuación estelar de Isi.

4º de primaria: Salta salta. Waka waka 2º ciclo. 5º de primaria: Tonight.

6º de primaria: Danza kuduro. O fin da festa puxérono os membros da Orquesta Ovice, cos que nos divertimos un montón.

Natalia Cortés

Cristina Blanco

Page 9: Encerados 7

3nc3r42—9

L ois Pereiro ( Luís Angel Sánchez Pereiro )

naceu un 16 de febreiro de 1958 que cadrou en domingo de Entroido. Fillo de Manuel Sán-

chez, dono dun taller de cristalería e de Pura

Vila mestra, ambos do Incio. Era o segundo

fillo da parella tras o seu irmán Xosé Manuel –

hoxe periodista -, sete anos máis tarde viría ó

mundo a súa irmá Inés. Criouse en Monforte na casa que a familia ti-

ña na estrada de Ourense, onde como calque-

ra outro neno pasaba os días entre a escola e

os xogos. Comezou os seus estudos nos Esco-

lapios. No Monforte de aquel tempo non había moito espallamento cultural e Lois atopaba

resposta as súas inquedanzas na lectura de

libros, sendo asiduo das librarías Xistral, Ba-

lado e Mapa. Cando ían a Lugo, tamén apro-

veitaba para mercar libros. Foi un gran entu-

siasta da música e do cine. Na súa mocidade entra en contacto coa poesía de Manuel Anto-

nio, que se revelou unha influencia funda-

mental na súa decisión de escribir en galego.

Fixo o bacharelato no Instituto Río Cabe de

Monforte. No ano 1975 foi estudar a Madrid Socioloxía na Universidade Alfonso XIII pero

desistiu xa no primeiro trimestre e retorna a

súa casa onde estivo traballando na cristalería

familiar. No ano 1976 volta a Madrid matricu-

lándose na Escola Oficial de Idiomas.

Durante a súa estancia en Madrid, Lois coñe-ce a outra xente coas súas mesmas inquedan-

zas culturais, como Manolo Rivas, Menchu

Lamas, Fermín Bouza, Vicente Araguas e os pintores Reimundo Patiño e Antón Patiño.

Precisamente con Antón Patiño e Manolo Rivas funda a revista Loia que solo editaría catro números.

No ano 1981 vaise vivir a A Coruña onde se une a revista La Naval. Nesta época entra en contacto con un grupo de poetas e participa en varias antoloxías como “ De amor e desamor “ e colabora en revistas

como La Naval, Trilateral e Luzes de Galiza. Esta última publicaría en 1997 os oito capítulos da novela

corta Náufragos do Paraíso. Gaña o Concurso Nacional de Poesía O Facho, foi o único premio que reci-

biu xa que non adoptaba difundir o seu traballo individual.

Lois entregouse a estética centroeuropea á que sempre sería fiel: Paul Celan, Jean Lorraine, Elouard,

Breton…., naquela época moitos víano escasamente comprometido, demasiado vangardista. A todo esto el respondía con estas palabras:

“ Teño liberdade de acción para exiliar o meu espírito no Ártico, en Asia ou no Nepal, e teño permiso pa-

ra que nada humano me sexa alleo “

“ Por iso podo militar na miña propia lingua “

Tempo máis tarde, outros criticábanlle fidelidades e militancias pouco modernas. A estas críticas contes-tou:

“Canto peores sexan os tempos que vivamos, máis falsa será inxenuidade, menos inocente a indiferenza

e máis cómplice non comprometerse.

Page 10: Encerados 7

3nc3r42—10

O sábado4 de xuño tivo lugar a xa tradicional festa de Voz Natura, organizada por “La Voz de Galicia” no parque de Acea de Ama na Coruña. De Urdilde saíu un autobús

con nais, pais, nen@s e algúns mestres. O tempo acompañounos, polo que tivemos un día espléndido para disfrutar de tantas actividades ao aire libre. Ademais de pasar un rato divertido, visitamos os stands da exposición cos traballos

dos diferentes centros participantes, compartindo experiencias de concienciación medi-oambiental. O noso traballo tiña como finalidade sensibilizar ao alumnado sobre o consumo inne-

cesario de plástico e das consecuencias contaminantes derivadas do seu uso e, funda-mentalmente, do gasto de auga na súa fabricación.

Con tal fin: Elaboramos un xardín de flores de plástico a partir de botellas de auga. Participamos na súa construción todo o alumnado e os mestres, nun ambiente lúdico e entrañable.

Tamén levamos unha planta con autorrego, seguindo coa temática de aforro de auga no rego.

Pero o que acaparou máis atención foi o noso FERMÍN, un vermiño de seda afanado en comer follas de moreira e preparándose para facer o seu casulo.

As flores feitas con botellas de auga mineral.

Page 11: Encerados 7

3nc3r42—11

A nosa planta cun sistema de auto regado.

Diego, Pablo e Martín (5º)

Page 12: Encerados 7

3nc3r42—12

Educación Infantil de 3-4 anos Educación Infantil de 4-5 anos

Primeiro de educación Primaria Segundo de educación Primaria

Page 13: Encerados 7

3nc3r42—13

Terceiro de educación Primaria Cuarto de educación Primaria

Quinto de educación Primaria Sexto de educación Primaria

Page 14: Encerados 7

3nc3r42—14

+ sma

Da miedo: Peixe plano:

Animal que cambia de cor: Serve para sinalar:

Verme: Onde Windows garda o que queres copiar e pegar:

Page 15: Encerados 7

3nc3r42—15

O usan os camareiros: Relativo ao amor:

Ventá pequena: Regalo:

En castellano Rastro que dejan los barcos:

Andrea, Aysylu, Carmen, Lucía, Nuria e Sheila (5º)

Page 16: Encerados 7

3nc3r42—16

Debuxo do alumnado de Infantil de 4-5 anos gañador da súa categoría no certamen do Día da Muller

Page 17: Encerados 7

3nc3r42—17

Debuxo de Lorena Picadizo Villar (1º ed. Primaria) para o certamen do Día da Muller

Page 18: Encerados 7

3nc3r42—18

Este é o traballo de Paula Refojo (4ª) para o certame do Día da Muller.

Page 19: Encerados 7

3nc3r42—19

Con este debuxo, Noelia Vázquez (6º), protesta contra a discriminación da muller.

Page 20: Encerados 7

3nc3r42—20

Noelia Picadizo (6º) avoga por que homes e mulleres compartan as tarefas do fogar.

Page 21: Encerados 7

3nc3r42—21

O día 13 de marzo viñeron do CONSERVATORIO HISTÓRICO DE SANTIAGO a re-

presentarnos a obra de “OS MÚSICOS DE BREMEN”. Antes de representarnos a obra dixéronnos o importante que era a cooperación pa-

ra a nosa vida sobre todo se queriamos ter amigos e amigas. Os personaxes eran un burriño, un can, un gato e un galo. A obra ensinounos a resolver os problemas dos demais ainda que nos teñamos problemas tamén, que

eles axudarannos a nos. A historia era dun burro que a familia xa non o quería porque era vello e o ían ma-tar, pero el enterouse do que lle ían facer e escapou da casa. Polo camiño encon-

trouse cun can que xa non servía para a caza e o botaron a patadas; o burro ofre-ceulle ir con el a actuar ás rúas de Bremen e o can aceptou. Polo camiño se encon-

traron cun gato que xa non podía cazar os ratos da súa ama e que o botou; ofrecé-ronlle ir con eles e o gato aceptou; polo camiño escoitaron un galo cacarexar moi forte, acercáronse e lle preguntaron por que cacarexaba tan forte e o galo respon-

deulles que ían facer sopa con el. Entonces lle preguntaron se quería ir con eles e o galo, feliz, aceptou para que non fixeran sopa con el. Cando caía a noite viron

unhas luces, acercáronse e viron uns ladróns así que se propuxeron asustalos fa-cendo moito ruído, entón os ladróns, pensando que eran un monstro saíron corren-do e os animais durmiron e comeron felices.

Andrea López

Page 22: Encerados 7

3nc3r42—22

A nosa biblioteca segue mellorando e introducindo novidades que fan a vida máis doada ás usuarias e aos usuarios.

Durante o primeiro trimestre do curso cambiamos o sistema de colocación dos libros nos estantes da biblioteca, o que non sería posible sen a axuda do alumnado dos cursos superiores; cambia-

mos tamén o sistema informático que xestiona os préstamos; ago-ra encárgase diso un programa chamado (“Meiga”). Pouco e pouco fomos actualizando o catálogo informático de xeito

que xa temos unha parte feita, pero hai que continuar co traballo ata completar a actualización. Unha das medidas que máis cha-

maron a atención foi que colocamos un par de vellos para que @s propi@s usuari@s xestionen os seus préstamos. Hai días nos que non funcionan tan ben como quixeramos, pero tentare-

mos mellorar.

Unha das avantaxes que nos ofrece este sistema é que, se queremos, podemos con-

sultar os fondos da biblioteca dende a casa, neste enderezo web: http://www.opacmeiga.rbgalicia.org/Biblioteca.aspx?CodigoBiblioteca=CEC167 .

Se resulta moi complicado, podes acceder dende a web do colexio http://centros.edu.xunta.es/ceipdepumarurdilde e unha vez nela, no apartado “Biblioteca -> Consultas”

As mochilas viaxeiras seguiron indo de casa en casa durante todo o curso, e con gran éxito. Ademais comezamos a traballar cos itinerarios lectores, unhas lecturas escolli-das e apropiadas para cada nivel.

A última das novidades deste ano estivo enfocada aos pais/nais dos alumnos, e a súa finalidade foi estimular a lectura poñendo en marcha un servizo de intercambio de li-

bros entre as persoas interesadas. Participaron nais/pais e parte do profesorado do colexio. A valoración foi moi positiva dende todos os ámbitos. Por suposto, continuamos colaborando estreitamente coa biblioteca municipal de Rois

que, dentro das súas actividades, organizou talleres de contacontos e actividades de animación á lectura.

Page 23: Encerados 7

3nc3r42— 23

Raquel Casal

Page 24: Encerados 7

H ai moitos anos construíron un colexio na aldea de Vilachán pero non sabían que nese sitio había un cemiterio antigo no que habitaban varias pantasmas.

Cando abriron o colexio entraron moitos nenos, pe-ro solo un chamado Carlos sabía, que antes alí había un cemiterio fantasma. Cando coñeceu a unha nena

chamada Pilar díxolle que fora con el a un soto que ha-bía na planta baixa do colexio.Cando chegaron, alí ha-bía un baúl e cando o abriron para saber o que había

dentro apareceu unha luz moi branca na que sobresaíu unha man, e os dous marcharon a correr. Ao chegar a

planta de arriba, dixéronlle á directora que no soto ha-bía un fantasma, pero ela non o cría.

Para demostralo tiveron que dicirlle aos seus amigos o que pasaba, pero eles tam-

pouco lle crían, entón tiveron que levalos ao soto. Cando chegaron, abriron o baúl de novo e de alí saíu un fantasma e todos marcharon a correr para a clase, entón si que

os creron. Ao día seguinte descubriron que liberaron ao fantasma, por iso comezaron a buscalo por todas as partes, pero non aparecía. Durante o resto da semana comezaron a desaparecer nenos e nenas de todas as idades. Cando só quedaban Carlos e os seus

amigos decidiron loitar contra o fantasma e volvelo encerrar no baúl con chave, para que nunca volvese a saír. Cando comezaron a buscalo, non encontraban ni ao fantas-ma nin aos nenos desaparecidos.

Cando foron á casa de Carlos contáronlle a súa nai que estaban desaparecendo todos os nenos do colexio. Ao día seguinte a nai foi falar coa directora, pero ela tamén

desaparecera. Antes de comer foron dar un paseo pola aldea para pensar un pouco en como coller ao fantasma, ao estar case chegando á casa do seu amigo encontraron unha porta secreta. Pilar non quería entrar porque tiña medo, pero os seus amigos

convencérona de que entrara con eles. Cando a cruzaron encontraron ao fantasma e aos demais nenos, e sen que o fantasma se dera de conta sacaron a todos os nenos e a directora. Ao saír todos un dos nenos foi buscar o baúl ao colexio para encerrar para

sempre ao fantasma. Ao cegar o neno co baúl abriron a porta e ence-rraron ao fantasma. Dende ese día o fantasma nunca volveu a saír e

os nenos do colexio volveron a ser felices para sempre.

Míriam Bustelo

Lidia do Cabo Tamén en http://centros.edu.xunta.es/ceipdepumarurdilde