Emendas ao Proxecto de Lei polo que se aproba unha...
-
Upload
doankhuong -
Category
Documents
-
view
217 -
download
0
Transcript of Emendas ao Proxecto de Lei polo que se aproba unha...
Emendas ao Proxecto de Lei polo que se aproba unha retribución de carácter
extraordinario en concepto de recuperación da paga extraordinaria de decembro do
ano 2012 dos empregados do sector público autonómico de Galicia
-Emenda nº 42041, formulada polo G.P. Mixto
-Emenda nº 42053, formulada polo G.P. dos Socialistas de Galicia
-Emenda nº 42054, formulada polo G.P. Alternativa Galega de Esquerda
-Emenda nº 42059, formulada polo G.P. Bloque Nacionalista Galego
GRUPO MIXTO
PARLAMENTO DE GALICIA
Parlamento De Galicia | Emenda
1
Á MESA DO PARLAMENTO
O Grupo Parlamentar Mixto, a través da súa vicevoceira, Consuelo Martínez
García, ao abeiro do disposto no artigo 112 do Regulamento da Cámara,
presenta, ante esa Mesa, a seguinte emenda á totalidade, con presentación
de texto alternativo ao Proxecto de Lei polo que se aproba unha
retribución de carácter extraordinario en concepto de recuperación da
paga extraordinaria de decembro do ano 2012 dos empregados do sector
público autonómico de Galicia (documento nº 41484, expediente 09/PL-
000027).
A resposta dos poderes públicos á crise económica caracterizouse pola
imposición de grandes sacrificios as e os empregados públicos, en aras ao
obxectivo gobernamental de redución do déficit público. Estes sacrificios
plasmáronse en recortes salariais, deterioro das condicións de traballo,
aumento da xornada laboral anual e ausencia de reposición de efectivos.
Mediante a Lei 1/2012, do 29 de febreiro, de medidas temporais en
determinadas materias de emprego público da Comunidade Autónoma de
Galicia, impúxose a suspensión de dereitos recoñecidos en normas de carácter
legal ou convencional, atendendo á “grave situación orzamentaria e a
necesidade de reducir o déficit público” e con carácter “temporal, polo que a
súa vixencia queda supeditada á subsistencia das difíciles circunstancias
económicas que afectan á sustentabilidade das contas públicas”
Así, xunto ao non pagamento da paga extraordinaria de decembro de 2012,
impuxéronse outros recortes que afectaron á economía e calidade de vida das
traballadoras e traballadores públicos da Xunta de Galiza:
• Redución do complemento salarial nos casos de incapacidade temporal
por enfermidade común ou accidente non laboral.
GRUPO MIXTO
PARLAMENTO DE GALICIA
Parlamento De Galicia | Emenda
2
• Suspensión para todo el persoal público da concesión ou abono de
calquera axuda derivada do concepto de acción social, así como
calquera outra que teña a mesma natureza ou finalidade, excepto a
axuda por persoa con discapacidade, que non poderá ser superior a 180
euros mensuais por cada persoa, mentres estea en vigor esta lei.
• A xubilación forzosa declarase de oficio ao cumprir a idade legalmente
establecida.
• Redución dos días de libre disposición
• Suspensión do dereito á percepción do complemento que se establece
na disposición adicional décimo sétima do texto refundido da Lei da
función pública de Galicia, aprobado polo Decreto lexislativo 1/2008, de
13 de marzo, de incremento do complemento de destino na cantidade
necesaria para igualalo ao valor do complemento de destino ou concepto
equivalente que a Lei de presupostos xerais do Estado fixe.
• Aumento da xornada laboral anual.
• Suspensión da aplicación do artigo 19, excepto o apartado 1, do V
Convenio colectivo único para o persoal laboral da Xunta de Galicia.
• Suspensión da aplicación do artigo 29, Dereito a comedor, do V
Convenio colectivo único para o persoal laboral da Xunta de Galicia,
agás o persoal laboral de educación e o dereito do persoal que traballe
en quenda de noite a recibir bebidas frías e quentes.
• Suspensión da aplicación do artigo 34.2 do V Convenio colectivo único
para o persoal laboral da Xunta de Galicia.
• Suspensión da aplicación da disposición adicional terceira do V
Convenio colectivo único para o persoal laboral da Xunta de Galicia.
• Falta de provisión de postos de traballo e mobilidade.
GRUPO MIXTO
PARLAMENTO DE GALICIA
Parlamento De Galicia | Emenda
3
Na súa Disposición final única da Lei 1/2012 recóllese: “As medidas
contempladas na presente lei serán revisadas nun prazo de dous anos dende a
entrada en vigor da mesma, en función da evolución do produto interior bruto
real de Galicia e do aforro primario dos orzamentos”.
Pasaron xa máis de tres anos dende a entrada en vigor da Lei e, incumprindo o
mandato normativo, as gravosas medidas que se definiron como temporais,
van camiño de converterse en definitivas.
O RD Lei 10/2015, do 11 de setembro, polo que se conceden créditos
extraordinarios e suplementos de crédito no orzamento do Estado e se adoptan
medidas en materia de emprego público e de estímulo da economía, recolle no
seu artigo un, co carácter de normativa básica e entre outras medidas de
emprego público o abono, dentro do exercicio 2015 e por unha soa vez, dunha
retribución de carácter extraordinario por importe equivalente a 48 días ou ao
26,23 por cento dos importes deixados de percibir como consecuencia da
supresión da paga extraordinaria, así como da paga adicional de complemento
específico ou pagas adicionais equivalentes, correspondentes ao mes de
decembro de 2012, por aplicación do Real Decreto Lei 20/2012, do 13 de xullo.
A normativa básica contida no mencionado RDL 10/2015, do 11 de setembro,
condiciona o dito abono polas Administracións públicas a que a situación
económico financeira da Administración Autonómica o faga posible.
O 31 de xullo de 2015, a Xunta emitía un comunicado oficial no que afirmaba
que “o teito de gasto para 2016, cun incremento do 5,2 por centro, permitirá
volver baixar impostos, seguir devolvendo aos empregados públicos o esforzo
feito e mellorando os servizos públicos, e impulsar a actividade económica”.
Non cabe falar dunha situación económica “favorable” que permite “baixar
impostos” cando se mantén un inxusto e inxustificable recortes de prestacións
económicas e dereitos laborais ás empregadas e empregados públicos.
GRUPO MIXTO
PARLAMENTO DE GALICIA
Parlamento De Galicia | Emenda
4
A recuperación da calidade dos servizos públicos prestados pola
Administración galega e o restablecemento da xustiza social e a democracia
nas relacións laborais da Xunta de Galiza deben ser os obxectivos prioritarios
do goberno galego.
Por todo isto, O Grupo Parlamentar Mixto, presenta a seguinte emenda á
totalidade con presentación de texto alternativo ao Proxecto de Lei polo
que se aproba unha retribución de carácter extraordinario en concepto de
recuperación da paga extraordinaria de decembro do ano 2012 dos
empregados do sector público autonómico de Galicia.
TEXTO ALTERNATIVO:
Artigo único: Derrogación da Lei 1/2012, do 29 de febreiro, de medidas
temporais en determinadas materias do emprego público de Galiza
Queda derrogada a Lei 1/2012 do 29 de febreiro, de medidas temporais en
determinadas materias do emprego da Comunidade Autónoma de Galicia.
Disposición derradeira única
Esta Lei entrará en vigor ao día seguinte da súa publicación no Diario Oficial de
Galicia.
Pazo do Parlamento a luns, 28 de setembro de 2015
Asdo.: Consuelo Martínez García
Vicevoceira do G.P. Mixto do Parlamento de Galicia
Asinado dixitalmente por:
GRUPO MIXTO
PARLAMENTO DE GALICIA
Parlamento De Galicia | Emenda
5
María Consuelo Martínez García na data 28/09/2015 16:37:01
Partido dos Socialistas de Galicia
Grupo Parlamentario
Rúa do Hórreo, s/n Parlamento de Galicia. Tfno: 981 551 530 – Fax: 981 551 418 · 15702 SANTIAGO DE COMPOSTELA [email protected]
Á Mesa do Parlamento
O Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia, a través do seu
portavoz, e ao abeiro do disposto no artigo 112 do Regulamento da
Cámara, presenta ante esa mesa a seguinte emenda á totalidade, con
petición expresa de devolución, ao Proxecto de lei polo que se aproba
unha retribución de carácter extraordinario en concepto de recuperación da
paga extraordinaria de decembro de 2012 aos empregados do sector
públicos autonómico de Galicia (doc. núm. 41484 (09/PL-000027), sobre a
base das seguintes consideracións:
- Estamos ante un proxecto de lei meramente electoral, carente de rigor e
que non preceptúa a recuperación dos dereitos laborais e salariais
fondamente danados polas políticas lexislativas e executivas dos gobernos
do PP.
- O Grupo Parlamentario Socialista leva formulando iniciativas reiteradas a
prol da plena recuperación dos dereitos usurpados ás empregadas e
empregados públicos, obtendo sempre a mesa resposta consistente na
votación desfavorable do Grupo Parlamentario Popular.
- Doutra banda, os xulgados e tribunais de Galicia amosan unha decisión
xurídica inequívoca, nas súas resolucións xudiciais, ao estimar de forma
inmensamente maioritaria, as demandas formuladas polas empregadas e
empregados públicos e ás súas representacións en torno aos dereitos
sociais dos que foron privados e, sinaladamente, no que afecta ao abono
das pagas extras.
- En Galicia a Lei 1/ 2012, do 29 de febreiro, de medidas temporais en
determinadas materias de emprego público da Comunidade Autónoma de
Galicia, impoñía severas medidas de privación e recortes de dereitos aos
corpos do emprego público, sobre a base “da grave situación orzamentaria
e a necesidade de reducir o déficit público”, medidas restritivas que
chocaban cos gastos orzamentarios derivados para gastos como a
publicidade e a propaganda.
Partido dos Socialistas de Galicia
Grupo Parlamentario
Rúa do Hórreo, s/n Parlamento de Galicia. Tfno: 981 551 530 – Fax: 981 551 418 · 15702 SANTIAGO DE COMPOSTELA [email protected]
- O texto legal que se presenta nesta Cámara por lectura única reincide no
devandito recorte de dereitos recoñecidos ás e aos empregados públicos.
Así, dunha banda non se procede á devolución do 100 % dos ingresos dos
que foron privados os servidores da función pública. Doutra banda, non se
recolle o prazo no que debe ser reingresado, que este grupo parlamentario
esixe que se suxeite ao mes de outubro de 2015. Estamos, polo tanto, ante
unha operación de marketing previa á inminente campaña electoral
- A maiores, é fundamental recuperar todos os dereitos suprimidos tanto
pola Lei 1/2012, como a da normativa concordante tendentes a deteriorar a
calidade do servizo público, precarizado pola política privatizadora do
Goberno Feijoo. Débese proceder á regulación dun novo marco xurídico
negociado ca representación do persoal funcionario, que revitalice a
dignidade da función pública, esencial para a garantía da igualdade de
oportunidades da cidadanía.
Pazo do Parlamento, 28 de setembro de 2015
Asdo.: José Luis Méndez Romeu
Portavoz do G.P. dos Socialistas de Galicia
Asinado dixitalmente por:
Jose Luis Méndez Romeu na data 28/09/2015 17:43:23
Á MESA DO PARLAMENTO GALEGO
O grupo parlamentar da Alternativa Galega de Esquerda, ao abeiro do disposto no
artigo 112 do Regulamento da Cámara, a iniciativa do súa deputada Yolanda Díaz
Pérez, presenta a seguinte emenda á totalidade, de devolución, ao Proxecto de lei
polo que se aproba unha retribución de carácter extraordinario en concepto de
recuperación da paga extraordinaria de decembro de 2012 aos empregados do
sector público autonómico de Galicia, con número de rexistro 41.484 (09/PL 000027),
polos seguintes motivos:
Exposición de motivos
Un septenio de recesión, crise-estafa e violencia material neoliberal contra a maoría
social traballadora do país se ven resolvendo de xeito inxusto nunha miríada de
ataques en forma de recortes, supresións, privatizacións e repagamentos nos servizos
públicos prestados pola Comunidade Autónoma.
Un dos colectivos que sufriu de xeito particular a xenreira dos gobernos obedientes
coa troika (ese ominoso triunvirato que conforman a Comisión Europea, a Banca
Central Europea e o Fondo Monetario Internacional) é o do persoal público. A súa
denigración social por parte dos gobernos e o ataque os seus dereitos laborais
recoñecidos son unha constante dos gobernos da Xunta dende 2009, así como tamén
dos gobernos estatais a partires da renuncia de facto á nosa soberanía na primavera
do 2010.
As traballadoras e traballadores do sector público padeceron múltiples agresións que
van dende o recorte do 5% do seu salario -algo nunca visto en democracia- ate a
suspensión de dereitos que supuxo a lei 1/2012 do 29 de febreiro, pasando por una
brutal destrución de emprego público, que lle custou a sociedade galega - coas cifras
dos boletíns de efectivos das administración públicas- 5.082 postos de traballo na
administración pública galega. Esa perda de emprego traducise nun deterioro na
prestación dos servizos públicos, elemento capital para acadar cohesión e inclusión
social no noso país; iso malia o sobranceiro esforzo realizado polas mulleres e homes
que traballan no sector público para colmar as insuficiencias e superar as eivas
provocadas pola actuación de gobernos neglixentes cos servizos públicos. Persoal que
sobrepoñeuse na súa meritoria laboura cotiá á ausencia de reposición dos efectivos
necesarios para a prestación dos servizos públicos, ao aumento das xornadas de
traballo e ao deterioro das condicións nas que se presta a labor polo persoal público,
todos eles marca de fábrica da xestión dos gobernos obedientes á troika.
Esa secuencia de violencia material contra o colectivo do persoal público expresa o
xenuíno camiño de servidume que supón para as persoas traballadoras a aplicación
das táboas da lei neoliberal, aquela que decreta a incapacidade das asembleas
democráticas para planificar a actividade económica e subordinala ao interese xeral e
semella convencida acerca de que esa vida económica ten que quedar fóra do eido da
actuación política democrática, que debe ficar nas poutas expertas de organismos
alleos aos intereses do pobo.
Esta norma esquece fornecer os dereitos do persoal público porque ignora a premisa
que sabe que non hai recuperación económica que non sexa social, que non abranga
ao conxunto da cidadanía e en particular as clases traballadoras e populares. Lonxe
dunha actuación guiada por ese principio igualitario, o proxecto se contenta con
propoñer unha esmola electoral, radicalmente insuficiente y obscenamente
oportunista. Esmola menor incluso que a enunciada nas reunións coa representación
social das traballadoras e traballadores.
Este proxecto confórmase con seguir o rego do austericidio. Renuncia a desenvolver
unha lectura alternativa da austeridade, entendida ao modo en que foi enunciada por
Enrico Berlinguer, unha austeridade que non sexa un instrumento de depresión
económica, represión política e perpetuación das inxustizas sociais; unha austeridade
que funde un desenvolvemento económico e social novo, que permita unha fonda
transformación da organización social, que estenda a democracia e permita a
emancipación do ser humano, o desplegue de todas as súas capacidades, hoxendía
axeonlladas, dispersas e desperdiciadas por unha política económica inhumana.
O noso grupo parlamentario afirma a xustiza e necesidade dun proxecto alternativo
que contemple a recuperación íntegra da paga extraordinaria de decembro do 2012,
así como a devolución da totalidade dos importes deixados de percibir a partires do
2013 en forma de complemento específico ou semellante. Actuacións que terían que
incluír a aquelas persoas que xa non traballen na administración pública galega por
estaren xa na xubilación ou traballando noutras administración.
O noso grupo parlamentario entende inaprazable a inclusión nun proxecto de lei
alternativo da derrogación da unilateral lei 1/2012, do 29 de febreiro, un ataque en
toda regra aos dereitos laborais do persoal público. Esta lei marcábase un prazo de
dous anos para revisar a súa vixencia. Cando van máis de 3 anos da súa promulgación é
de xustiza a súa abrogación, máis cando o partido que a promulgou non se farta de
afirmar a chegada da recuperación.
O noso grupo parlamentario bota en falla un ambicioso plan de afortalamento do
sector público que permita reverter a progresiva erosión dos servizos públicos a conta
da sucesión de recortes, despedimentos e non cobertura de vacantes e baixas
acaecidos nesta glaciación neoliberal. Sería ben que un proxecto alternativo
desenvolvera unha oferta de emprego público extraordinaria que restaurara alomenos
a capacidade da administración pública galega para proveer bens e servizos públicos
de calidade e suficientes para atender ás demandas dunha cidadanía fortemente ferida
pola xestión neoliberal da crise-estafa, que creará alomenos os 5.000 postos de
traballo destruídos polos gobernos de Núñez Feijóo.
O noso grupo parlamentario afirma que o proxecto esquece o sacrificio imposto a todo
o persoal público co recorte do seu salario nunha media do 5%, recorte que foi maior
para diferentes colectivos de traballadores e traballadoras, caso do profesorado, e as
conxelacións posteriores. Un proxecto alternativo no que acredita AGE tería que
contemplar unha mellora salarial sostida naqueles conceptos retributivos de
competencia da Xunta para compensar esa rebaixa salarial nun colectivo que sufriu
unha evidente merma na súa capacidade adquisitiva nestes anos.
Este proxecto de lei evita achegar unha mensaxe firme á sociedade galega ao respecto
do valor do traballo que desenvolve o persoal do sector público galego. Minusvalora
que a súa valía forma parte da nosa dignidade como pobo; despreza que o noso pobo
quere vivir nunha sociedade onde os bens e servizos públicos estén atentos a garantir
de xeito efectivo o dereito a unha existencia materialmente digna para todos e todas
as persoas que viven e traballan en Galicia.
Xa que logo, este grupo parlamentar achega a seguinte emenda á totalidade, de
devolución do proxecto de lei polo que se aproba unha retribución de carácter
extraordinario en concepto de recuperación da paga extraordinaria de decembro de
2012 aos empregados do sector público autonómico de Galicia
En Compostela, a 28 de setembro do 2015.
Asdo. Yolanda Díaz Pérez
Asinado dixitalmente por:
Yolanda Díaz Pérez na data 28/09/2015 17:46:39
OFICINA PARLAMENTAR
Parlamento de Galiza
Rúa do Hórreo, s/n. Tel. 0034 981 551 545
Fax. 0034 981 551 420. Fax prensa: 0034 981 551 421
15702 Santiago de Compostela
Galiza
Á Mesa do Parlamento
O Grupo Parlamentar do Bloque Nacionalista Galego (BNG), ao abeiro
do disposto no artigo 112 do Regulamento da Cámara, presenta a seguinte
Emenda á totalidade con texto alternativo, ao Proxecto de lei polo que se
aproba unha retribución de carácter extraordinario en concepto de recuperación da
paga extraordinaria de decembro de 2012 aos empregados do sector público
autonómico de Galiza, doc. núm. 41484 (09/PL-000027), en base ás seguintes
fundamentacións:
1.- En primeiro lugar este Grupo Parlamentar considera un abuso que se
recorra novamente a un mecanismo de tramitación dun texto legal polo
procedemento de lectura única e polo trámite de urxencia. Este feito anula de facto
a posibilidade de modificar incluso aspectos concretos do texto, xa que as
previsións regulamentarias establecen que se debata no mesmo acto en torno ao
procedemento e ao contido do propio texto legal, no que nós consideramos unha
nova vulneración do que debera ser unha tramitación lexislativa adecuada e
democrática.
2.- Este texto legal constitúe un intento de engano masivo a todos os
empregados e empregadas públicas de Galiza. O Goberno Galego na propaganda
deste proxecto de lei fixo especial fincapé, ao igual que na Mesa Xeral da Función
Pública, en que estabamos ante a devolución da paga extraordinaria do 2012 cando
do contido do texto queda claro que só se trata da devolución dun 26,23%. Esta
burda manipulación mesmo se reflicte no título da norma que debera chamarse
“…de recuperación parcial da paga…”. Para alén diso é unha falsidade que
esteamos ante unha restitución de dereitos aos empregados públicos cando se
OFICINA PARLAMENTAR
Parlamento de Galiza
Rúa do Hórreo, s/n. Tel. 0034 981 551 545
Fax. 0034 981 551 420. Fax prensa: 0034 981 551 421
15702 Santiago de Compostela
Galiza
manteñen todos os recortes operados a través da Lei 1/2012, algúns deles
consolidados na Lei 2/2015 de emprego público de Galiza. Non deixa de ser un
paradoxo que, ao tempo que se publicita con esta lei unha pretendida restitución de
salarios, se manteñan os recortes nas pagas extraordinarias dos e das empregadas
públicas de Galiza fixados na lei de orzamentos xerais da Xunta de Galiza para o
presente exercicio, que xa se fixo efectivo na paga de xuño e que novamente se
lles aplicará na de decembro.
Estas e outras constitúen, a xuízo do Grupo Parlamentar do Bloque
Nacionalista Galego, razóns máis que sobradas para rexeitar de plano este
proxecto de lei e para propoñer no seu lugar un texto alternativo co seguinte
contido:
Proxecto de Lei para a restitución dos dereitos retributivos e laborais
dos e das empregadas públicas de Galiza
Os diferentes gobernos impuxeron como resposta á crise económica
grandes recortes económicos e de dereitos laborais aos e ás empregadas públicas
co argumento da necesidade de reducir o déficit público. Isto traduciuse nun
deterioro das súas condicións de traballo mais tamén tivo unha notoria e negativa
incidencia na prestación dos servizos públicos, pola vía da redución do persoal
necesario para prestalos nas debidas condicións.
En Galiza ademais de toda as restricións e recortes impostos polo Real
Decreto Lei 20/2012, de 13 de xullo, estes recortes foron acrescentados coa
OFICINA PARLAMENTAR
Parlamento de Galiza
Rúa do Hórreo, s/n. Tel. 0034 981 551 545
Fax. 0034 981 551 420. Fax prensa: 0034 981 551 421
15702 Santiago de Compostela
Galiza
aprobación da Lei 1/2012, do 29 de febreiro, de medidas temporais en
determinadas materias de emprego público da Comunidade Autónoma de Galiza.
En dita lei supeditábase a suspensión de ditos dereitos á superación das
circunstancias económicas que as motivaron e que segundo o Goberno
comprometían a sustentabilidade das contas públicas. A propia disposición
derradeira de dita lei establece que estas serían revisadas aos dous anos da súa
entrada en vigor, en función da evolución do produto interior bruto real de Galiza
e do aforro primario dos orzamentos.
Por outra banda, os dereitos económicos que se lle furtaron aos e ás
empregada públicas en Galiza van moito máis alá da supresión da paga extra de
decembro do ano 2012 e do recorte do 5% dos seus salarios aplicado no ano 2010.
O Goberno Galego a través das sucesivas leis de orzamentos de Galiza, incluído o
vixente para o exercicio 2015, aplicou un recorte nas pagas extraordinarias toda
vez que estas non son completas ao non incluíren as retribucións complementarias.
Trátase polo tanto coa aprobación deste texto legal de restituír os dereitos
que desde o ano 2012 se cercenaron ao persoal ao servizo do sector público de
Galiza.
ARTIGO 1. Recuperación da paga extraordinaria e adicional de decembro
de 2012 do persoal ao servizo do sector público da Comunidade Autónoma de
Galiza.
1. Nos termos establecidos na normativa básica estatal, o persoal do
sector público autonómico definido no artigo 13 seis da Lei 11/2011, do 26 de
decembro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galiza para o ano
OFICINA PARLAMENTAR
Parlamento de Galiza
Rúa do Hórreo, s/n. Tel. 0034 981 551 545
Fax. 0034 981 551 420. Fax prensa: 0034 981 551 421
15702 Santiago de Compostela
Galiza
2012, afectado pola Lei 9/2012, do 3 de agosto, de adaptación das disposicións
básicas do Real Decreto lei 20/2012, do 13 de xullo, de medidas para garantir a
estabilidade orzamentaria e de fomento da competitividade en materia de emprego
público, percibirá ao longo do mes de outubro do 2015 unha retribución de
carácter extraordinario, en concepto de recuperación da paga extraordinaria e
adicional de decembro de 2012, do 26,23 por cento dos importes efectivamente
deixados de percibir por aplicación do mencionado Real decreto lei 20/2012.
As cantidades que poderán aboarse por este concepto, sobre o importe
deixado de percibir en aplicación do Real decreto lei 20/2012, serán as
equivalentes á parte proporcional correspondente a 48 días de paga extraordinaria,
paga adicional do complemento específico ou pagas adicionais do mes de
decembro de 2012. Naqueles casos nos que non tivera precedido o recoñecemento
da totalidade da paga extraordinaria e adicional, os referidos 48 días reduciranse
proporcionalmente ao cómputo de días que correspondesen.
As cantidades a aboar minoraranse nas contías que se satisfixesen por eses
mesmos conceptos e períodos como consecuencia de sentenza xudicial ou doutras
actuacións.
2. As universidades integrantes do Sistema Universitario de Galiza e as
súas entidades instrumentais dependentes realizarán as operacións precisas para
aplicar a recuperación da supresión da paga extraordinaria de decembro de 2012,
co contido e alcance sinalado na alínea anterior. Para os citados efectos, as
transferencias do fondo incondicionado do Sistema Universitario de Galiza
incrementarase nun 26,23 por cento dos importes reducidos a cada entidade por
aplicación da disposición adicional quinta da Lei 9/2012, do 3 de agosto, de
adaptación das disposicións básicas do Real decreto lei 20/2012, do 13 de xullo, de
OFICINA PARLAMENTAR
Parlamento de Galiza
Rúa do Hórreo, s/n. Tel. 0034 981 551 545
Fax. 0034 981 551 420. Fax prensa: 0034 981 551 421
15702 Santiago de Compostela
Galiza
medidas para garantir a estabilidade orzamentaria e de fomento da competitividade
en materia de emprego público.
3. Co fin de estender a medida ao persoal docente do ensino
concertado en réxime de pago delegado, as compoñentes dos módulos económicos
de distribución de fondos públicos para o sostemento dos centros educativos
concertados correspondentes a “Salarios de persoal docente, incluídas as cargas
sociais” e “Gastos variables” incrementaranse en proporción á contía contemplada
nesta disposición para o persoal docente ao servizo do sector público.
Para tal fin, os mencionados conceptos incrementaranse nun 1,18 por cento
dos módulos fixados para o ano 2012 na Lei 11/2011, do 26 de decembro, de
orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galiza para o ano 2012.
Tamén o módulo de persoal complementario de educación especial
incrementarase na mesma porcentaxe e no mesmo concepto.
ARTIGO 2. Recuperación total da paga extraordinaria de 2012 do persoal
ao servizo do sector público de Galiza.
1. Adicionalmente ao previsto na normativa básica estatal, o persoal do
sector público autonómico definido no artigo 13.Seis da Lei 11/2011, do 26 de
decembro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma para 2012, percibirá
en decembro de 2015, en concepto de compensación da devolución total da paga
extraordinaria e adicional de decembro de 2012 unha cantidade extraordinaria
correspondente coa contía que reste de aboar até atinxir o 100 por 100 de dito
salario deixado de percibir en 2012.
OFICINA PARLAMENTAR
Parlamento de Galiza
Rúa do Hórreo, s/n. Tel. 0034 981 551 545
Fax. 0034 981 551 420. Fax prensa: 0034 981 551 421
15702 Santiago de Compostela
Galiza
2. O disposto no apartado anterior tamén será de aplicación aos empregados
públicos do sistema universitario de Galiza, para o cal incrementaranse as
transferencias do fondo incondicionado até completar as cantidades que sexan
precisas en termos análogos ao establecido no apartado Dous do artigo anterior.
3. De igual xeito, facúltase á Consellaría de Facenda e Educación a dotar
dos fondos necesarios para incrementar as partidas orzamentarias para o
sostemento dos concertos educativos no que atinxe a gastos de persoal que
permitan aplicar esta medida ao persoal docente do ensino concertado en réxime
de pago delegado.
ARTIGO 3. Recuperación da contía íntegra das pagas adicionais e
extraordinarias para 2016.
A Xunta de Galiza incluirá nos orzamentos da Comunidade Autónoma de
Galiza de 2016 as disposicións específicas para que as contías a percibir polo
persoal ao servizo do sector público autonómico nas pagas extraordinarias sexa o
equivalente ao percibido nunha mensualidade ordinaria, incluíndo todos os
conceptos retributivos, agás no seu caso as relativas á produtividade.
DISPOSICIÓN DERROGATORIA ÚNICA. DERROGACIÓN
NORMATIVA Fica derrogada a Lei 1/2012, de 29 de febreiro, de medidas
temporais en determinadas materias do emprego público da Comunidade
Autónoma de Galiza.
OFICINA PARLAMENTAR
Parlamento de Galiza
Rúa do Hórreo, s/n. Tel. 0034 981 551 545
Fax. 0034 981 551 420. Fax prensa: 0034 981 551 421
15702 Santiago de Compostela
Galiza
DISPOSICIÓN FINAL PRIMEIRA. Habilitación
Autorízase á consellaría competente en materia de facenda para que efectúe
as transferencias de crédito oportunas nas partidas orzamentarias nas que se
incrementa o gasto correspondente derivado da aplicación do disposto nesta lei, así
como para ditar as instrucións necesarias para a súa efectividade.
DISPOSICIÓN FINAL SEGUNDA. Modificación da Lei 2/2015, do 29 de
abril, do emprego público de Galiza.
A Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galiza, queda
redactada como segue:
Un. O número 1 do artigo 118 queda redactado co seguinte contido:
“ 1. O persoal funcionario ten dereito a permisos por asuntos propios
cunha duración máxima de nove días ao ano, sen necesidade de xustificación e
atendendo sempre ás necesidades do servizo. Igualmente terán dereito a dispor de
dous días adicionais ao cumprir o sexto trienio, que se incrementará nun día
adicional por cada trienio cumprido a partir do octavo.
Cando os días 24 e 31 de decembro coincidan en sábado ou domingo,
terase dereito a dous días adicionais de asuntos propios. O persoal que traballe os
días 24 e 31 de decembro poderá gozar de dous días adicionais de asuntos
propios.”
Dous. Engádese un novo número 1. Bis ao artigo 132 coa seguinte
redacción:
OFICINA PARLAMENTAR
Parlamento de Galiza
Rúa do Hórreo, s/n. Tel. 0034 981 551 545
Fax. 0034 981 551 420. Fax prensa: 0034 981 551 421
15702 Santiago de Compostela
Galiza
“1.Bis. Establécense os seguintes días adicionais de vacacións retribuídas:
con 15 anos de servizo, 23 días hábiles; con 20 anos de servizos, 24 días; con 25
anos de servizo, 25 días e con máis 30 anos ou máis de servizo 26 días.”
Tres. O número 3 do artigo 146 queda redactado co seguinte contido:
“3. As Administracións Públicas incluídas no ámbito de aplicación desta lei
complementarán as prestacións por incapacidade temporal que correspondan ao
persoal ao seu servizo até completar o 100% das súas retribucións íntegras.”
DISPOSICIÓN FINAL TERCEIRA. Entrada en vigor.
A presente lei entrará en vigor ao día seguinte da súa publicación no Diario
Oficial de Galicia.
Santiago de Compostela, 28 de setembro de 2015
Asdo.: Francisco Xesús Jorquera Caselas
Portavoz do G.P. do BNG
Asinado dixitalmente por:
Francisco Xesús Jorquera Caselas na data 28/09/2015 17:39:15
1
EMENDAS PRESENTADAS ÁS PNP E MOC PARA O PLENO DO 29/09/2015
2
4. Mocións. ......................................................................................................... 3
4.2 09/MOC-000139 (0041578) ..................................................................... 3 (0041578) Entrada da iniciativa ................................................................... 4 (0042028) Emendas dos grupos parlamentarios ........................................ 6
4.3 09/MOC-000140 (0041579) ..................................................................... 8 (0041579) Entrada da iniciativa ................................................................... 9 (0042049) Emendas dos grupos parlamentarios ...................................... 10
5. Proposicións non de lei ante o pleno. ........................................................... 11 5.1 09/PNP-002716 (0037286) .................................................................... 11
(0037286) Entrada da iniciativa ................................................................. 12 (0042021) Emendas dos Grupos Parlamentarios ..................................... 17
5.3 09/PNP-002746 (0037651) .................................................................... 18 (0037651) Entrada da iniciativa ................................................................. 19 (0038231) Reformulación da iniciativa ...................................................... 23 (0042040) Emendas dos Grupos Parlamentarios ..................................... 24
5.4 09/PNP-002778 (0038182) .................................................................... 25 (0038182) Entrada da iniciativa ................................................................. 26 (0041176) Emendas dos Grupos Parlamentarios ..................................... 49
5.5 09/PNP-002847 (0038977) .................................................................... 51 (0038977) Entrada da iniciativa ................................................................. 52 (0042019) Emendas dos Grupos Parlamentarios ..................................... 55 (0042037) Emendas dos Grupos Parlamentarios ..................................... 57
5.7 09/PNP-002880 (0039524) .................................................................... 59 (0039524) Entrada da iniciativa ................................................................. 60 (0042026) Emendas dos Grupos Parlamentarios ..................................... 62 (0042036) Emendas dos Grupos Parlamentarios ..................................... 64 (0042051) Emendas dos Grupos Parlamentarios ..................................... 66
5.8 09/PNP-002977 (0041036) .................................................................... 68 (0041036) Entrada da iniciativa ................................................................. 69 (0042027) Emendas dos Grupos Parlamentarios ..................................... 73 (0042044) Emendas dos Grupos Parlamentarios ..................................... 75 (0042052) Emendas dos Grupos Parlamentarios ..................................... 77
3
4. MOCIÓNS.
4.2 09/MOC-000139 (0041578)
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia - José Ramón Val Alonso Sobre as demandas que debe realizar o Goberno galego ao Goberno central en relación coa pesca do bocarte, a reapertura da pesqueira do xurelo na zona VIIIC e o establecemento dun novo modelo de repartición de cotas. (Moción consecuencia da Interpelación núm. 39557, publicada no BOPG núm. 511, do 02.09.3015 e debatida na sesión plenaria do 15.09.2015)
4
(0041578) Entrada da iniciativa
5
6
(0042028) Emendas dos grupos parlamentarios
7
8
4.3 09/MOC-000140 (0041579)
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia - José Antonio Sánchez Bugallo Sobre a actuación que debe levar a cabo o Goberno galego co fin de cumprir os compromisos adquiridos en relación cos núcleos tradicionais afectados pola Lei de costas sen regularizar. (Moción consecuencia da Interpelación núm. 39592, publicada no BOPG núm. 511, do 02.09.3015 e debatida na sesión plenaria do 15.09.2015)
9
(0041579) Entrada da iniciativa
10
(0042049) Emendas dos grupos parlamentarios
11
5. PROPOSICIÓNS NON DE LEI ANTE O PLENO.
5.1 09/PNP-002716 (0037286)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego - Francisco Xesús Jorquera Caselas Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego - María do Carme Adán Villamarín Sobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego en relación co sector naval de Ferrol
12
(0037286) Entrada da iniciativa
13
14
15
16
17
(0042021) Emendas dos Grupos Parlamentarios
18
5.3 09/PNP-002746 (0037651)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego - Ana Belén Pontón Mondelo Sobre a constitución dunha comisión parlamentaria de investigación para a análise do funcionamento e xestión da Fundación Camilo José Cela, así como a actuación que debe levar a cabo o Goberno galego ao respecto
19
(0037651) Entrada da iniciativa
20
21
22
23
(0038231) Reformulación da iniciativa
24
(0042040) Emendas dos Grupos Parlamentarios
25
5.4 09/PNP-002778 (0038182)
Grupo Parlamentario da Alternativa Galega de Esquerda - Sobre as actuacións que se deben levar a cabo en relación coa situación de crise económica da Unión Europea
26
(0038182) Entrada da iniciativa
27
28
29
30
31
32
33
34
35
36
37
38
39
40
41
42
43
44
45
46
47
48
49
(0041176) Emendas dos Grupos Parlamentarios
50
51
5.5 09/PNP-002847 (0038977)
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia - Emilio Vázquez Blanco Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia - María Concepción Burgo López Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia - Ricardo Vicente Docasar Docasar Sobre as actuacións que deve levar a cabo a Xunta de Galicia co fin de ralentizar o calendario de implantación da LOMCE
52
(0038977) Entrada da iniciativa
53
54
55
(0042019) Emendas dos Grupos Parlamentarios
56
57
(0042037) Emendas dos Grupos Parlamentarios
58
59
5.7 09/PNP-002880 (0039524)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia - José Manuel Balseiro Orol Sobre a pesca de bocarte na zona CIEM IXa, aprobada pola Comisión Sectorial do Cerco do Consello Galego de Pesca
60
(0039524) Entrada da iniciativa
61
62
(0042026) Emendas dos Grupos Parlamentarios
63
64
(0042036) Emendas dos Grupos Parlamentarios
65
66
(0042051) Emendas dos Grupos Parlamentarios
67
68
5.8 09/PNP-002977 (0041036)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia - José Francisco Santos Regueiro Grupo Parlamentario Popular de Galicia - Daniel Luís Varela Suanzes-Carpegna Grupo Parlamentario Popular de Galicia - Enrique Nóvoa López Grupo Parlamentario Popular de Galicia - Antonio Mouriño Villar Grupo Parlamentario Popular de Galicia - Alejandro Gómez Alonso Grupo Parlamentario Popular de Galicia - Jesús Antonio Goldar Güimil Grupo Parlamentario Popular de Galicia - José Santiago Freire Abeijón Grupo Parlamentario Popular de Galicia - Jaime Castiñeira Broz Grupo Parlamentario Popular de Galicia - Miguel Angel Tellado Filgueira Sobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego en relación coa xestión, a explotación, o mantemento e a conservación da estación depuradora de augas residuais e instalacións complementarias de cabo Prioriño
69
(0041036) Entrada da iniciativa
70
71
72
73
(0042027) Emendas dos Grupos Parlamentarios
74
75
(0042044) Emendas dos Grupos Parlamentarios
76
77
(0042052) Emendas dos Grupos Parlamentarios
78
79