Elena Poniatowska

1
06.05.2009 | GALICIA HOXE | 33 MARÉ Falar pausado, sorriso permanen- te. Coa curiosidade sempre acesa, Elena Poniatowska non puido re- sistirse ante unha ducia de apren- dices: “Gústavos ser xornalistas?”, preguntou a escritora mexicana por herdanza –filla de dous exiliados, unha francesa e un polaco– ao cabo de media hora de conversa. A autora que denunciou o sufri- mento dos máis pobres en obras co- mo El tren pasa primero – unha ho- menaxe ao movemento sindical fe- rroviario en México– ou Todo empe- zó en domingo –crónicas dos paseos dominicais dos marxinados– con- verterase hoxe en ‘Escritora Gale- ga Universal’, un galardón que lle concede a Asociación de Escritores en Lingua Galega (AELG) nun acto que se celebra no Pazo de Fonseca da USC a partir das 19:30 horas. O presidente da AELG, Cesáreo Sánchez, destacou que representa unha “honra” outorgarlle este pre- mio xa que “sentimos que é un refe- rente pola súa literatura e a súa de- fensa dos valores humanos, a favor dos desposuídos”. Elena Poniatowska rebelouse contra o seu destino. Destinada a ter que casar cun príncipe europeo –por ser a filla do herdeiro á coroa polaca–, decidiu dedicarse ao xor- nalismo. En 1953 comezou a traba- llar no Excelsior publicando cróni- cas sociais xa que era unha época, como ela mesma explicou, na que “falar dos problemas da realidade mexicana, incluso dicir que viramos un can esfameado ou un esmoleiro non se podían contar”. “Polo meu apelido pensaban que era unha espía rusa” Poniatowska (París, 1932) segue le- vando consigo a súa libreta de xor- nalista aínda que ao comezo, co seu apelido polaco, “pensaran que era unha espía rusa”. De feito, cando chegou a México con só nove anos, fuxindo da II Guerra Mundial, a es- critora sentiuse “fascinada” dende o primeiro momento polos mexica- nos. “Aínda que eran pobres, tiñan moita creatividade, intelixencia, va- lentía, sentido do humor, e enxeño para sobrevivir. Os mexicanos fan milagres”, lembrou onte. “O que escribes ten que ver coa túa vida de periodista”, reflexionou. De feito, na azotea onde vivía, viuse deslumbrada por unha lavandeira que falaba con sabedoría: Josefina Bórquez. Unha longa entrevista con este personaxe formidable conver- A escritora Elena Poniatowska onte nos xardíns do Hotel Virxe da Cerca, en Santiago, onde mantivo un encontro cos medios de comunicación FERNANDO BLANCO teuse finalmente na novela Hasta no verte Jesús mío, coa que gañou o Premio Mazatlán de Literatura. Pe- ro quizais a reportaxe pola que máis foi recoñecida, La noche de Tlatelol- co foi a que máis lle custou publicar, vítima da censura mexicana. “En América Latina é difícil facer literatura intimista –apuntou onte– porque a realidade entra pola fies- tra e cómete”. Cronista do terremo- to do 85 e do conflito de Chiapas, Poniatowska recoñece que en Méxi- co “dise que as mulleres fan literatu- ra ‘light’, que se le con moita facili- dade”. Malia todo, segue a defender a súa condición. “Unha muller que sabe traballar gaña o respecto de to- dos”, apuntou. “Admiro moito a quen conserva o seu idioma. Iso pasa coas linguas indíxenas. O galego é un idioma moi rico: eu enténdoo moito a par- tir do francés e do latín. Cando tiña 24 anos intentei aprender polaco pero a profesora díxome que mellor me dedicara a escribir ....”, comen- tou. A autora mostrouse sorprendi- da porque a AELG elixira relatos pa- ra traducir no volume A filla do filó- sofo (Galaxia) que se presenta mañá na Feira do Libro de Santiago. “En México ser poeta é estar condena- do a ser pouco coñecido e o mesmo pasa cos que escriben contos que, salvo Juan Rulfo, son moi pouco co- ñecidos”, asegurou. Para o futuro só agarda ter tempo para poder escri- bir “as dúas novelas que aínda me quedan no tinteiro”. O Salón Nobre do Pazo de Fonseca da Universidade de Santiago de Compostela, aco- lle hoxe a partir das 19:30 ho- ras a conferencia de Elena Po- niatowska co título La literatu- ra que viene de la calle. A con- tinuación, o escritor coruñés Manuel Rivas fará unha lauda- tio da autora. Tamén intervirá o presidente da Aelg, Cesáreo Sánchez, que lle entregará a Poniatowska dunha escultura que a recoñece como ‘Escrito- ra Galega Universal’. Hoxe, un acto en Fonseca A AXENDA A Feira do Libro de Compostela acollerá mañá a presentación do libro A filla do filósofo, un- ha tradución ao galego dunha serie de relatos de Elena Po- niatowska. O venres, a autora intervirá no II Encontro Cida- de da Coruña na sede da Real Academia Galega na Coruña. O sábado celebrarase a Cea das letras ás 20:30 horas no Hotel Porta do Camiño na que se lle entregará unha pluma que a acredita como ‘Escrito- ra Galega Universal’. Mañá estará na Feira do Libro “Os mexicanos fan milagres” GALARDÓN DOS ESCRITORES Elena Poniatowska chega a Compostela para recibir o Premio ‘Escritora Galega Universal’: “Admiro moito a quen conserva o seu idioma” Para a escritora, “en América Latina é difícil facer literatura intimista porque a realidade entra pola fiestra e cómete” V. Oliveira . Santiago “Os mexicanos, aínda que eran pobres tiñan moita creatividade, intelixen- cia, valentía, sentido do humor, e enxeño para so- brevivir. Os mexicanos fan milagres.” “En México dise que as mulleres fan literatura ‘light’, que se le con moi- ta facilidade. Pero hoxe en día, unha muller que sabe traballar gaña o respecto de todos”. AS FRASES “En México, ser poeta é estar condenado a ser pouco coñecido e o mes- mo pasa cos que escriben contos que, salvo Juan Rulfo, son moi pouco co- ñecidos”. “Admiro moito a quen conserva o seu idioma. Iso pasa coas linguas indíxe- nas. O galego é un idio- ma moi rico: eu enténdoo moito a partir do francés e do latín.” A VISITA A COMPOSTELA “O caldo galego revive os mortos!” A relación de Poniatowska con Galicia iniciouna o escritor cuba- no de orixe galega Miguel Bar- net, ademais de todos os gale- gos que coñeceu no seu país. Co- mo reflexionou, os galegos son “os máis viaxeiros, os que máis se lanzaron, aos que máis lles gusta a aventura”. Con todo, recoñeceu que o seu coñecemento da literatura galega se limita a poucos au- tores, como Rosalía de Castro ou ao propio Cesáreo Sánchez a quen coñeceu o ano pasado na Feira do Libro de Guadalaja- ra. “Iso si –bromeou– coñecía o caldo galego, que pode revivir un morto” Agora que xa leva dous días en Galicia e xa tivo contacto de primeira man coa nosa terra, se- gue sen escatimar eloxios, cuali- ficando a xente de “moi cálida” e a comida de “deliciosa”. Respecto de Compostela, asegura que é un “privilexio ca- miñar por unha cidade tan bela, con igrexas onde a xente entra a pedir milagres”.

Transcript of Elena Poniatowska

Page 1: Elena Poniatowska

06.05.2009 | GALICIA HOXE | 33MARÉ

Falar pausado, sorriso permanen-te. Coa curiosidade sempre acesa, Elena Poniatowska non puido re-sistirse ante unha ducia de apren-dices: “Gústavos ser xornalistas?”, preguntou a escritora mexicana por herdanza –filla de dous exiliados, unha francesa e un polaco– ao cabo de media hora de conversa.

A autora que denunciou o sufri-mento dos máis pobres en obras co-mo El tren pasa primero – unha ho-menaxe ao movemento sindical fe-rroviario en México– ou Todo empe-zó en domingo –crónicas dos paseos dominicais dos marxinados– con-verterase hoxe en ‘Escritora Gale-ga Universal’, un galardón que lle concede a Asociación de Escritores en Lingua Galega (AELG) nun acto que se celebra no Pazo de Fonseca da USC a partir das 19:30 horas.

O presidente da AELG, Cesáreo Sánchez, destacou que representa unha “honra” outorgarlle este pre-mio xa que “sentimos que é un refe-rente pola súa literatura e a súa de-fensa dos valores humanos, a favor dos desposuídos”.

Elena Poniatowska rebelouse contra o seu destino. Destinada a ter que casar cun príncipe europeo –por ser a filla do herdeiro á coroa polaca–, decidiu dedicarse ao xor-nalismo. En 1953 comezou a traba-llar no Excelsior publicando cróni-cas sociais xa que era unha época, como ela mesma explicou, na que “falar dos problemas da realidade mexicana, incluso dicir que viramos un can esfameado ou un esmoleiro non se podían contar”.

“Polo meu apelido pensaban que era unha espía rusa”Poniatowska (París, 1932) segue le-vando consigo a súa libreta de xor-nalista aínda que ao comezo, co seu apelido polaco, “pensaran que era unha espía rusa”. De feito, cando chegou a México con só nove anos, fuxindo da II Guerra Mundial, a es-critora sentiuse “fascinada” dende o primeiro momento polos mexica-nos. “Aínda que eran pobres, tiñan moita creatividade, intelixencia, va-lentía, sentido do humor, e enxeño para sobrevivir. Os mexicanos fan milagres”, lembrou onte.

“O que escribes ten que ver coa túa vida de periodista”, reflexionou. De feito, na azotea onde vivía, viuse deslumbrada por unha lavandeira que falaba con sabedoría: Josefina Bórquez. Unha longa entrevista con este personaxe formidable conver-

A escritora Elena Poniatowska onte nos xardíns do Hotel Virxe da Cerca, en Santiago, onde mantivo un encontro cos medios de comunicación

FERNANDO BLANCO

teuse finalmente na novela Hasta no verte Jesús mío, coa que gañou o Premio Mazatlán de Literatura. Pe-ro quizais a reportaxe pola que máis foi recoñecida, La noche de Tlatelol-co foi a que máis lle custou publicar, vítima da censura mexicana.

“En América Latina é difícil facer literatura intimista –apuntou onte– porque a realidade entra pola fies-tra e cómete”. Cronista do terremo-to do 85 e do conflito de Chiapas, Poniatowska recoñece que en Méxi-co “dise que as mulleres fan literatu-ra ‘light’, que se le con moita facili-dade”. Malia todo, segue a defender a súa condición. “Unha muller que sabe traballar gaña o respecto de to-dos”, apuntou.

“Admiro moito a quen conserva o seu idioma. Iso pasa coas linguas indíxenas. O galego é un idioma moi rico: eu enténdoo moito a par-tir do francés e do latín. Cando tiña 24 anos intentei aprender polaco pero a profesora díxome que mellor me dedicara a escribir....”, comen-tou. A autora mostrouse sorprendi-da porque a AELG elixira relatos pa-ra traducir no volume A filla do filó-sofo (Galaxia) que se presenta mañá na Feira do Libro de Santiago. “En México ser poeta é estar condena-do a ser pouco coñecido e o mesmo pasa cos que escriben contos que, salvo Juan Rulfo, son moi pouco co-ñecidos”, asegurou. Para o futuro só agarda ter tempo para poder escri-bir “as dúas novelas que aínda me quedan no tinteiro”. �

O Salón Nobre do Pazo de Fonseca da Universidade de Santiago de Compostela, aco-lle hoxe a partir das 19:30 ho-ras a conferencia de Elena Po-niatowska co título La literatu-ra que viene de la calle. A con-tinuación, o escritor coruñés Manuel Rivas fará unha lauda-tio da autora. Tamén intervirá o presidente da Aelg, Cesáreo Sánchez, que lle entregará a Poniatowska dunha escultura que a recoñece como ‘Escrito-ra Galega Universal’.

Hoxe, un acto en Fonseca

A AXENDA

A Feira do Libro de Compostela acollerá mañá a presentación do libro A filla do filósofo, un-ha tradución ao galego dunha serie de relatos de Elena Po-niatowska. O venres, a autora intervirá no II Encontro Cida-de da Coruña na sede da Real Academia Galega na Coruña. O sábado celebrarase a Cea das letras ás 20:30 horas no Hotel Porta do Camiño na que se lle entregará unha pluma que a acredita como ‘Escrito-ra Galega Universal’.

Mañá estará na Feira do Libro

“Os mexicanos fan milagres”GALARDÓN DOS ESCRITORES Elena Poniatowska chega a Compostela para recibir o Premio ‘Escritora Galega Universal’: “Admiro moito a quen conserva o seu idioma”

Para a escritora, “en América Latina é difícil facer literatura intimista porque a realidade entra pola fiestra e cómete”

V. Oliveira . Santiago

“Os mexicanos, aínda que eran pobres tiñan moita creatividade, intelixen-cia, valentía, sentido do humor, e enxeño para so-brevivir. Os mexicanos fan milagres.”

“En México dise que as mulleres fan literatura ‘light’, que se le con moi-ta facilidade. Pero hoxe en día, unha muller que sabe traballar gaña o respecto de todos”.

AS FRASES

“En México, ser poeta é estar condenado a ser pouco coñecido e o mes-mo pasa cos que escriben contos que, salvo Juan Rulfo, son moi pouco co-ñecidos”.

“Admiro moito a quen conserva o seu idioma. Iso pasa coas linguas indíxe-nas. O galego é un idio-ma moi rico: eu enténdoo moito a partir do francés e do latín.”

A VISITA A COMPOSTELA

“O caldo galego revive os mortos!”A relación de Poniatowska con Galicia iniciouna o escritor cuba-no de orixe galega Miguel Bar-net, ademais de todos os gale-gos que coñeceu no seu país. Co-mo reflexionou, os galegos son “os máis viaxeiros, os que máis se lanzaron, aos que máis lles gusta a aventura”.

Con todo, recoñeceu que o seu coñecemento da literatura galega se limita a poucos au-tores, como Rosalía de Castro ou ao propio Cesáreo Sánchez a quen coñeceu o ano pasado

na Feira do Libro de Guadalaja-ra. “Iso si –bromeou– coñecía o caldo galego, que pode revivir un morto”

Agora que xa leva dous días en Galicia e xa tivo contacto de primeira man coa nosa terra, se-gue sen escatimar eloxios, cuali-ficando a xente de “moi cálida” e a comida de “deliciosa”.

Respecto de Compostela, asegura que é un “privilexio ca-miñar por unha cidade tan bela, con igrexas onde a xente entra a pedir milagres”.