Ecosistemas

87
10/06/22 http://open-office.es 1 OS ECOSISTEMAS. FLUXO DE MATERIA E ENERXÍA.

description

Conceptos básicos de Ecoloxía. Na parte final da presentación faise unha pequena referencia os ecosistemas galegos. Nesta última parte a maior parte da información foi extraida da web www.adelaleiro.com aínda que ten modificacións propias.

Transcript of Ecosistemas

Page 1: Ecosistemas

13/04/23 http://open-office.es 1

OS ECOSISTEMAS. FLUXO DE MATERIA E ENERXÍA.

OS ECOSISTEMAS. FLUXO DE MATERIA E ENERXÍA.

Page 2: Ecosistemas

13/04/23 http://open-office.es 2

1. INTRODUCIÓN1. INTRODUCIÓN

Page 3: Ecosistemas

13/04/23 http://open-office.es 3

1. INTRODUCIÓN1. INTRODUCIÓN

O jeep detívose no corazón do parque do Serengeti (Tanzania). Dende o vehículo contemplábase a inmensidade da sabana africana na que centos de animais herbívoros (ñús, gacelas,cebras...) comían a abundante herba.Un dos biólogos do parque, o doutor De la Fuente, díxolle aos investigadores en prácticas- sabedes que” Serengeti” significa na lingua Masai “chaira sen fin”?. De feito, o parque posúe uns 13ooo Km2 e nel habitan algunhas das máis grandes manadas de herbívoros do mundo. Estos animais migran estacionalmente (ata un millón e medio de ñúes, douscentas cincuenta mil cebras e medio millón de gacelas Thomson) en dirección a reserva Masai-Mara, en Kenia, percorrendo uns 2700 Km. na estación seca, de maio a outubro, na procura de pastos frescos e non regresarán ata o inicio da estación húmida a finais de outubro-.Doutor, segundo din os nativos este ano as chuvias foron especialmente abundantes- comentou un dos investigadores-como cre que afectará isto ó ecosistema?.Teño a esperanza de que axude na recuperación das poboacións de leóns e guepardos tras anos de descensos poboacionais, nalgúns casos chegando a estar por debaixo dos 2000 individuos para os leóns e dos 9o exemplares no caso dos guepardos-indicou De La Fuente-.

Page 4: Ecosistemas

13/04/23 http://open-office.es 4

Cuestións:1) Por que se produce a migración dos

herbívoros?2) Por que pensa o doutor que un ano de

boas chuvias permitirá recuperar as poboacións de felinos do parque?

3) Cal pensas que é a razón de que haxa un número maior de gacelas que de guepardos?

1. INTRODUCIÓN1. INTRODUCIÓN

Page 5: Ecosistemas

13/04/23 http://open-office.es 5

A Ecoloxía Ecoloxía é a ciencia que nos permite estudar as relacións dos seres vivos co

medio ambiente físico e biolóxico no que habitan.

Todos os seres vivos pertencen a algunha especieespecie. Dous individuos son da mesma

especie cando poden reproducirse entre eles e dar descendencia fértil.

O caso das mulas ou machos

Os individuos dunha especie normalmente non están illados, senón que habitan un

área determinada formando unha poboaciónpoboación.

Polo xeral, as poboacións tampouco están illadas. O conxunto de poboacións de

distintas especies que comparten un territorio e establecen relacións entre elas

denomínase comunidade ou biocenosecomunidade ou biocenose.

O territorio ocupado por unha biocenose e que presenta unhas características físicas

e climáticas chámase biotopobiotopo.

2. ECOLOXÍA E ECOSISTEMAS2. ECOLOXÍA E ECOSISTEMAS

Page 6: Ecosistemas

13/04/23 http://open-office.es 6

O conxunto formado pola biocenose (os seres vivos) e o biotopo (medio físico onde

se asentan) é un ecosistemaecosistema.

Os ecosistemas non teñen límites definidos. Podemos considerar o estudo do

ecosistema dunha bosta de vaca ou ampliar o estudo ó prado onde se encontra. De

feito,ampliando a nosa observación a Terra constitúe por si mesma un enorme

ecosistema que chamamos EcosferaEcosfera e a súa biocenose é a BiosferaBiosfera.

En conclusión, os compoñentes dun ecosistema son a súa comunidade biolóxica

(biocenose) e o lugar onde se asenta (biotopo).

Por iso, os factores dun ecosistema poden ser bióticos ( referidos aos seres vivos) ou

abióticos ( referidos ó medio físico no que os atopamos).

2. ECOLOXÍA E ECOSISTEMAS2. ECOLOXÍA E ECOSISTEMAS

Page 7: Ecosistemas

13/04/23 http://open-office.es 7

2. ECOLOXÍA E ECOSISTEMAS2. ECOLOXÍA E ECOSISTEMAS

COMPOÑENTESCOMPOÑENTESDUN DUN ECOSISTEMAECOSISTEMA

Os ecosistemas

Biótopo(medio físico)

Biocenose(comunidade

biolóxica)

Page 8: Ecosistemas

13/04/23 http://open-office.es 8

2. ECOLOXÍA E ECOSISTEMAS2. ECOLOXÍA E ECOSISTEMAS

FACTORES DUN ECOSISTEMAFACTORES DUN ECOSISTEMA

BIÓTICOSBIÓTICOS ABIÓTICOSABIÓTICOS

Page 9: Ecosistemas

13/04/23 http://open-office.es 9

2.1. O MEDIO FÍSICO: FACTORES ABIÓTICOS2.1. O MEDIO FÍSICO: FACTORES ABIÓTICOS

Os factores abióticos poden clasificarse en tres grandes grupos:

Factores topográficos e xeográficos: fan referencia a localización (latitude e lonxitude)

do ecosistema no planeta e as características do relevo. Son exemplos: a altitude,

o grao de exposición solar, a pendente do terreo...

Factores climáticos e ambientais: dependen das condicións climáticas e no caso dos

ecosistemas acuáticos principalmente da profundidade. Son exemplos: a humidade,

a pluviosidade, a luminosidade, a temperatura media en superficie, a temperatura da

auga, os ventos...

Factores edáficos: refírense a natureza e composición do solo que é esencial para o

asentamento dos vexetais e na reciclaxe da materia orgánica e por ende na

disponibilidade de nutrintes.

Page 10: Ecosistemas

13/04/23 http://open-office.es 10

2.1. O MEDIO FÍSICO: FACTORES ABIÓTICOS2.1. O MEDIO FÍSICO: FACTORES ABIÓTICOS

Observa as distintas imaxes de ecosistemas e indica cales pensas que son os factoresabióticos máis relevantes en cada caso.

IMAXE 1

Page 11: Ecosistemas

13/04/23 http://open-office.es 11

2.1. O MEDIO FÍSICO: FACTORES ABIÓTICOS2.1. O MEDIO FÍSICO: FACTORES ABIÓTICOS

IMAXE 2

IMAXE 3IMAXE 4

IMAXE 5

IMAXE 6

IMAXE 7

Page 12: Ecosistemas

13/04/23 http://open-office.es 12

2.1. O MEDIO FÍSICO: FACTORES ABIÓTICOS2.1. O MEDIO FÍSICO: FACTORES ABIÓTICOS

IMAXE 8

IMAXE 9

IMAXE 10

Page 13: Ecosistemas

13/04/23 http://open-office.es 13

2.2. OS SERES VIVOS: FACTORES BIÓTICOS2.2. OS SERES VIVOS: FACTORES BIÓTICOS

Os factores bióticos dun ecosistema son os seres vivos (biocenose ou comunidade) que nos

atopamos nese ecosistema e as asociacións ou relacións que establecen entre sí.

Podemos falar de dous tipos de asociacións: intraespecíficas (entre individuos da mesma

especie) e interespecíficas (entre individuos de distintas especies).

ACTIVIDADE: Pensade durante 5 minutos en asociacións entre seres vivos que podemos

atoparnos na natureza. Imaxina como se poden relacionar individuos da mesma e de distintas

especies.

Page 14: Ecosistemas

13/04/23 http://open-office.es 14

2.2.1. RELACIÓNS INTRAESPECÍFICAS2.2.1. RELACIÓNS INTRAESPECÍFICAS

Como xa comentamos son as que levan a cabo organismos da mesma especie entre sí.

FAMILIA: FAMILIA: conxunto de individuos con alto grao de parentesco que conviven e se axudan

mutuamente no coidado das crías, a obtención do alimento e/ou a defensa. Ex. Leóns

COLONIAL:COLONIAL: constituidas por organismos unidos e comunicados entre eles orixinados

todos a partir dun mesmo proxenitor. Ex. Corais.

GREGARIA: GREGARIA: reunión de individuos de distintas familias para conseguir un obxectivo

concreto. Ex. Banco de peixes, manada de ñúes.

SOCIEDADE: SOCIEDADE: está integrada por individuos que presentan diferencias anatómicas e

fisiolóxicas e entre os cales existe división do traballo. Ex. Abellas, formigas, termitas.

COMPETENCIA INTRAESPECÍFICA:COMPETENCIA INTRAESPECÍFICA: todos os individuos dunha especie loitan entre sí

polos recursos do medio .Ex. Loita polo alimento, loita dos machos polas femias, loita polo

espacio...

Page 15: Ecosistemas

13/04/23 http://open-office.es 15

2.2.1. RELACIÓNS INTRAESPECÍFICAS2.2.1. RELACIÓNS INTRAESPECÍFICAS

FAMILIAFAMILIA

Page 16: Ecosistemas

13/04/23 http://open-office.es 16

2.2.1. RELACIÓNS INTRAESPECÍFICAS2.2.1. RELACIÓNS INTRAESPECÍFICAS

COLONIACOLONIA

Page 17: Ecosistemas

13/04/23 http://open-office.es 17

2.2.1. RELACIÓNS INTRAESPECÍFICAS2.2.1. RELACIÓNS INTRAESPECÍFICAS

GREGARISMOGREGARISMO

Page 18: Ecosistemas

13/04/23 http://open-office.es 18

2.2.1. RELACIÓNS INTRAESPECÍFICAS2.2.1. RELACIÓNS INTRAESPECÍFICAS

SOCIEDADESOCIEDADE

Tamaño: Obreiras, raíña e zánganosTamaño: Obreiras, raíña e zánganos

Page 19: Ecosistemas

13/04/23 http://open-office.es 19

2.2.1. RELACIÓNS INTRAESPECÍFICAS2.2.1. RELACIÓNS INTRAESPECÍFICAS

COMPETENCIA INTRAESPECÍFICACOMPETENCIA INTRAESPECÍFICA

Page 20: Ecosistemas

13/04/23 http://open-office.es 20

2.2.2. RELACIÓNS INTERESPECÍFICAS2.2.2. RELACIÓNS INTERESPECÍFICAS

Son as que se establecen entre individuos de distintas especies.

COMPETENCIA INTERESPECÍFICA:COMPETENCIA INTERESPECÍFICA: individuos de distintas especies loitan por un

recurso (alimento ou espazo). p.e. O coello e a lebre.

DEPREDACIÓN: DEPREDACIÓN: o individuo dunha especie (presa) serve de alimento ó de outra

especie. (predador) p.e.: a foca e os peixes.

MUTUALISMO: MUTUALISMO: individuos de distintas especies que se relacionan e obteñen un

beneficio mutuo. Cando a relación perpetúase no tempo e hai dependencia, fálase

de simbiose. simbiose. p.e. Un líque.

Page 21: Ecosistemas

13/04/23 http://open-office.es 21

2.2.2. RELACIÓNS INTERESPECÍFICAS2.2.2. RELACIÓNS INTERESPECÍFICAS

PARASITISMO: PARASITISMO: relación entre individuos de distintas especies, na que

un individuo (parásito) vive a expensas da outra (hóspede), pero sen

darlle morte, polo menos de xeito inmediato. p.e. Unha carracha e un can.

COMENSALISMO: COMENSALISMO: unha soa das especies (comensal) benefíciase, sen

que a outra (hóspede) resulte afectada pola súa presenza ou acción.

p.e. A quenlla e a rémora.

Page 22: Ecosistemas

13/04/23 http://open-office.es 22

2.2.2. RELACIÓNS INTERESPECÍFICAS2.2.2. RELACIÓNS INTERESPECÍFICAS

COMPETENCIA COMPETENCIA INTERESPECÍFICAINTERESPECÍFICA

Page 23: Ecosistemas

13/04/23 http://open-office.es 23

2.2.2. RELACIÓNS INTERESPECÍFICAS2.2.2. RELACIÓNS INTERESPECÍFICAS

DEPREDACIÓNDEPREDACIÓN

http://verdeesvida-utilizalas3r.blogspot.com/

Page 24: Ecosistemas

13/04/23 http://open-office.es 24

2.2.2. RELACIÓNS INTERESPECÍFICAS2.2.2. RELACIÓNS INTERESPECÍFICAS

MUTUALISMOMUTUALISMO(SIMBIOSE)(SIMBIOSE)

http://elrenglon.com/mutualismo-y-simbiosis.php

http://www.moonmentum.com/blog/navio/evolucion-y-simbiosis

Page 25: Ecosistemas

13/04/23 http://open-office.es 25

2.2.2. RELACIÓNS INTERESPECÍFICAS2.2.2. RELACIÓNS INTERESPECÍFICAS

PARASITISMOPARASITISMO

ACCÉSIT RELACIONES INTERESPECÍFICASACCÉSIT RELACIONES INTERESPECÍFICASJuan Carlos Martínez - ParasitismoJuan Carlos Martínez - Parasitismo

Page 26: Ecosistemas

13/04/23 http://open-office.es 26

2.2.2. RELACIÓNS INTERESPECÍFICAS2.2.2. RELACIÓNS INTERESPECÍFICAS

COMENSALISMOCOMENSALISMO

http://cuartodediver.blogspot.com/2009/02/comensalismo-pez-remona-y-tiburon.html

http:imedea//www..uib.es/bc/gep/images/stories/news/

buitre%20basurero%20camia.jpg

Page 27: Ecosistemas

13/04/23 http://open-office.es 27

3. A MATERIA E A ENERXÍA NOS ECOSISTEMAS3. A MATERIA E A ENERXÍA NOS ECOSISTEMAS

Os seres vivos precisan un aporte constante de materia e enerxía

para levar a cabo as súas

funcións vitais (nutrición, reprodución e relación).funcións vitais (nutrición, reprodución e relación).

Segundo a súa nutrición os organismos poden ser

autótrofos ou heterótrofosautótrofos ou heterótrofos.

IDEAS PREVIAS:IDEAS PREVIAS:

Page 28: Ecosistemas

13/04/23 http://open-office.es 28

Os autótrofos transforman a materia inorgánica en orgánica

grazas, na maioría dos casos a enerxía solar (fotosíntesefotosíntese) como

fan os vexetais e algunhas bacterias. E en menor medida, a

partir de compostos químicos (quimiosíntesequimiosíntese), como ocorre

tamén nalgunhas bacterias.

Os heterótrofos obteñen a súa materia orgánica a partir da

materia

doutros seres vivos. Son exemplos os fungos e os animais.

3. A MATERIA E A ENERXÍA NOS ECOSISTEMAS3. A MATERIA E A ENERXÍA NOS ECOSISTEMAS

Page 29: Ecosistemas

13/04/23 http://open-office.es 29

3. A MATERIA E A ENERXÍA NOS ECOSISTEMAS3. A MATERIA E A ENERXÍA NOS ECOSISTEMAS

FLUXO DA ENERXÍA

A enerxía utilizada polos seres vivos provén do SOL SOL en último termo.

A través da fotosíntese as plantas e o fitoplancto obteñen a enerxía

do sol e a almacenan como enerxía química na súa propia materia orgánica.

Os animais conseguen enerxía ó alimentarse de plantas ou doutros

animais.

Esta enerxía de plantas e animais emprégase en distintos procesos

(respirar, moverse, xerar calor, medrar, reproducirse...).

Page 30: Ecosistemas

13/04/23 http://open-office.es 30

3. A MATERIA E A ENERXÍA NOS ECOSISTEMAS3. A MATERIA E A ENERXÍA NOS ECOSISTEMAS

Esta enerxía deixa de estar dispoñible para os seres vivos.

Polo que a enerxía que atravesa un ecosistema é

UNIDIRECCIONALUNIDIRECCIONAL

FLUXO DA MATERIA A materia orgánica morta é transformada en materia inorgánica

por algúns microorganismos (fungos e bacterias).

Esta materia inorgánica é aproveitada polos autótrofos que xeran

nova materia orgánica que será o alimento dos heterótrofos.

Page 31: Ecosistemas

13/04/23 http://open-office.es 31

3. A MATERIA E A ENERXÍA NOS ECOSISTEMAS3. A MATERIA E A ENERXÍA NOS ECOSISTEMAS

Cando morren os autótrofos e os heterótrofos son transformados en

materia inorgánica polos microorganismo; e de novo comeza o ciclo.

Polo tanto, o fluxo de materia nun ecosistema é

UN CICLO PECHADOUN CICLO PECHADO

Page 32: Ecosistemas

13/04/23 http://open-office.es 32

3.1. NIVEIS TRÓFICOS3.1. NIVEIS TRÓFICOS

O conxunto de organismos que obteñen materia e enerxía de xeito similar

constitúen un nivel tróficonivel trófico.

Podemos diferenciar tres niveis tróficos:

PRODUTORES:PRODUTORES: son os autótrofos (básicamente plantas e fitoplancto) que

captan a enerxía solar, e mediante a fotosíntese, a empregan en obter

materia orgánica a partir de materia inorgánica.

CONSUMIDORES: CONSUMIDORES: son principalmente os animais, que obteñen a materia e a

enerxía alimentándose doutros animais ou plantas.

Page 33: Ecosistemas

13/04/23 http://open-office.es 33

3.1. NIVEIS TRÓFICOS3.1. NIVEIS TRÓFICOS

Os consumidores poden ser:

Consumidores primarios (herbívoros):Consumidores primarios (herbívoros): aliméntanse dos produtores.

p.e..: elefantes, antílopes, roedores...

Consumidores secundarios (carnívoros):Consumidores secundarios (carnívoros): aliméntanse dos primarios

p.e.: lobos, leóns, paxaros insectívoros...

Consumidores terciarios:Consumidores terciarios: aliméntanse dos secundarios.

p.e.: algunhas serpes, aves rapaces...

As veces, podemos falar incluso de consumidores cuaternariosconsumidores cuaternarios que se alimen

tan dos terciarios, aínda que rara vez é dun xeito exclusivo.

p.e. O home, algunhas rapaces e peixes grandes e en xeral grandes super-

predadores.

Page 34: Ecosistemas

13/04/23 http://open-office.es 34

DESCOMPOÑEDORES:DESCOMPOÑEDORES: son as bacterias e os fungos que transforman

os restos orgánicos e inorgánicos (cadáveres, excrementos...) en materia

útil para os produtores.

3.1. NIVEIS TRÓFICOS3.1. NIVEIS TRÓFICOS

Page 35: Ecosistemas

13/04/23 http://open-office.es 35

3.2. CADEAS TRÓFICAS3.2. CADEAS TRÓFICAS

Unha cadea tróficacadea trófica é a representación lineal das relacións alimentarias

que se dan entre os distintos niveis tróficos.

Page 36: Ecosistemas

13/04/23 http://open-office.es 36

3.3. REDES TRÓFICAS3.3. REDES TRÓFICAS

Como na natureza é habitual que un consumidor se alimente de máis

dunha especie do nivel inferior e ésta a súa vez serve de alimento a

varias do nivel superior. As cadeas tróficas teñen conexións entre sí.

A representación de todas estas relacións denomínase rede trófica rede trófica.

Page 37: Ecosistemas

13/04/23 http://open-office.es 37

4. BIOMAS4. BIOMAS

Un bioma bioma é un conxunto de comunidades que ocupan unha área cunhas

características xeográficas e climáticas determinadas.

Podemos diferenciar entre biomas terrestres e acuáticos.

Os grandes biomas distribúense dun xeito uniforme no planeta

dependendo da latitude e da altitude, é dicir, das características

climáticas.

Page 38: Ecosistemas

13/04/23 http://open-office.es 38

4.1. BIOMAS TERRESTRES4.1. BIOMAS TERRESTRES

Biomas del Mundo. Fuente: oni.escuelas.edu.ar

Algúns deles son:

Page 39: Ecosistemas

13/04/23 http://open-office.es 39

4.2. BIOMAS ACUÁTICOS4.2. BIOMAS ACUÁTICOS

Básicamente dous:

Mariños e de auga doce

Page 40: Ecosistemas

13/04/23 http://open-office.es 40

5. ECOSISTEMAS GALEGOS CARACTERÍSTICOS5. ECOSISTEMAS GALEGOS CARACTERÍSTICOS

As características xeográficas e climatolóxicas de Galicia proporcionan

unha grande variedade de ambientes para a flora e a fauna autóctona.

Dentro dos ecosistemas terrestres máis característicos da nosa terra

podemos falar do bosque caducifoliobosque caducifolio (sobre todo as fragas galegasfragas galegas),

o bosque de ribeira bosque de ribeira ,o bosque mediteráneobosque mediteráneo e a matogueira matogueira.

Tamén como rexión costeira teñen relevancia os ecosistemas mariños:

costa rochosa, costa areosa, zona oceánica, as illas...

Page 41: Ecosistemas

13/04/23 http://open-office.es 41

5. ECOSISTEMAS GALEGOS CARACTERÍSTICOS5. ECOSISTEMAS GALEGOS CARACTERÍSTICOS

Dentro dos ecosistemas acuáticos, ademais dos mariños xa citados, cobran

especial relevancia os ríos e por suposto, un dos ecosistemas máis

representativos da nosa comunidade como son as rías galegas.

Tamén reside grande riqueza floral e faunística nos humidais (gándaras,

brañas e turbeiras).

Por último, dentro do que poderíamos chamar como ecosistemas de natureza

ou de influencia humana (antrópicos) atopámonos, como ecosistemas máis

destacados, con bosques madereiros (piñeirais e eucaliptais principalmente)

, as viñas características do sur do país, os encoros,os beirais (minifundio)...

Page 42: Ecosistemas

© www.adelaleiro.com

É o tipo de bosque que lle corresponde a Galicia pola súa situación. Formado por árbores de folla ancha e caediza e un abundante e variado sotobosque de especies trepadoras, herbas e plantas que florecen antes da saída das follas das árbores, fungos, brións e liques. Acollen aos animais máis grandes da fauna galega.As fragas son os bosques naturais fragas son os bosques naturais de maior diversidade.

BOSQUE CADUCIFOLIO

Page 43: Ecosistemas

Biduídos. Bosques de bidueiras, formacións asociadas ás zonas húmidas de altitude media.

©www.adelaleiro.com

Page 44: Ecosistemas

©fundacionmatrix.blogspot.es

As fragas son bosques caducifolios antigos e ben conservados como este que vemos

das

Fragas do Eume en Pontedeume (A

Coruña)

Page 45: Ecosistemas

©wwwadelaleiro.com

Carballeiras. Bosques de carballos cun aproveitamento silvo-pastoral. Presentan un grao de naturalidade inferior ás fragas.

Page 46: Ecosistemas

©www.adelaleiro.com

Os faiales galegos son pequenas masas forestais asociadas aos terreos calcários. Os máis importantes atópanse en Ancares, O Courel e Serra de Meira.

Page 47: Ecosistemas

Acibeiral en Ancares. O acivro é unha árbore común no sotobosque que forma pequenas masas moi pechadas e escuras nas montañas de Ancares e o Courel.

©www.adelaleiro.com

Page 48: Ecosistemas

©www.adelaleiro.com

REBOLEIRAS BOSQUE MEDITERRÁNEO

Atópanse na zona suroriental, máis seca. A especie máis abundante é o rebolo, unha especie de carballo propia do clima seco, con algunhas sobreiras e aciñeiras e sotobosque de erbedos e carrascas.

FLORA: rebolo, érbedo, aciñeira, esteva , cantroxo, orquídeas...FAUNA: lobo, xabarín, raposo, porco teixo, donicela, xeneta, gabeador, petos, ferreiriño, insectos, arañas...

Page 49: Ecosistemas

©www.adelaleiro.com

Aciñeira (Quercus ilex).

Page 50: Ecosistemas

Rebolo (Quercus pubescens)

Érbedo (Arbutus unedo).

©www.adelaleiro.com

Page 51: Ecosistemas

©www.adelaleiro.com

Pequenas superficies arboladas que acompañan o percorrido dos ríos. Teñen gran importancia ecolóxica: serven de proteción e depuración aos ríos e de corredores para a fauna. Acollen especies vexetais e animais de gran interese, algunha protexidas. Flora característica: ameneiros, salgueiros, abeleiras, fentos, brións...Fauna: merlo rieiro, lavandeiras, anfibios (como a saramaganta), escaravellos...

BOSQUE DE RIBEIRA

©www.adelaleiro.com

Page 52: Ecosistemas

Ameneiro (Alnus glutinosa)©www.adelaleiro.com

Page 53: Ecosistemas

Salgueiro (Salix atrocinerea Brot.)

http://www.rios-galegos.com/vidario3.htm

Page 54: Ecosistemas

MATOGUEIRA-MONTE BAIXO

Son a formación vexetal máis abundante en Galicia. Ocupan máis do 30% do territorio, a maior parte dos terreos sen cultivar e as partes máis altas das montañas. Teñen distinta constitución segundo a zona.

©www.adelaleiro.com

Page 55: Ecosistemas

FLORA:Piornos (só nas altas), toxos (só nas baixas), uces, carqueixas, xestas, breixos, queirugas, abrodias, arandeiras...

O toxo (Ulex...) é a planta máis común nas zonas baixas. Todos os toxos son arbustos espiñentos comúns en Galicia. Foron moi usados sobre todo para estrar as cortes do gando de onde se sacaba máis tarde para abonar as leiras.

©www.adelaleiro.com

Page 56: Ecosistemas

FAUNA:Coello, raposo, tartaraña, perdiz, paspallás, papuxas, chasco, lagartos, bolboretas, saltóns, carricantas...

Perdices

Carricanta (Ephippigera ephippiger). Camúflse na herba para alimentarse doutros insectos. Fregando as as produce un son característico.

Os saltóns vense no verán nos lugares secos. Aliméntanse de vexetais.

©www.adelaleiro.com

Page 57: Ecosistemas

Carqueixa (Pterospartum tridentatum). Vive en terreos pobres e soleados.

Xesta (Cytisus striatus).

Breixo (Erica cinerea). Atópanse distintas castes de breixos en todas as matogueiras.

Os arandos (Vaccinium myrtillus) maduran ao abrigo dos piornos.

©www.adelaleiro.com

Page 58: Ecosistemas

RÍOS

Son ecosistemas acuáticos moi variados en función da temperatura do movemento da auga, e da profundidade. Por iso, posúen tamén unha grande variedade de hábitats para a fauna e flora.

©www.adelaleiro.com

Page 59: Ecosistemas

FLORA:Pé de boi, callitriche, herba das rans, ranúnculos, xuncos, molinia, chantaxe de auga....

Herba lameiriña (Callitriche satagnalis)

Chantaxe de auga (Alisma plantago-aquatica) Ouca, herba da prata (Ranunculus peltatus)

©www.adelaleiro.com

Page 60: Ecosistemas

FAUNA:Londra, aguaneiro, merlo rieiro, picapeixes, lavanco, garza, bilurico, troita, anguía, salmón, escalo, espiñento, lamprea, ra verde, cabalos do demo, patinadores, moscas da auga, escaravellos de auga, caracois, lapas, mexillón de río...

A londra (Lutra lutra) caza peixes nos ríos limpos.

A troita (Salmo trutta) é o peixe que podemos atopar en todas as zonas do curso do río. Ra patilonga

©www.adelaleiro.com

Page 61: Ecosistemas

LAGOAS E HUMIDAISGÁNDARAS, BRAÑAS, TURBEIRAS

Podemos consideralas como elementos en distinta fase do proceso de colmatación (recheo natural producido nas lagoas polos restos que van caíndo e as achegas dos ríos) de zonas húmidas pechadas.Presentan un tipo de vexetación en sucesión entre os vexetais acuáticos, de ribeira e tipicamente terrestres da zona na que se atopan.

Evolución desde unha lagoa a unha braña

Gándara

Braña

Lagoa

©www.adelaleiro.com

Page 62: Ecosistemas

Os humedais teñen unha gran importancia ecolóxica porque reteñen a auga cando sobra e cédena cando falta. Manteñen a biodiversidade servindo como puntos de descanso e lugares de desenvolvemento de especies únicas. Son ecosistemas moi sensibles que se contaminan facilmente e destrúense case sempre por desecación ou recheo.

©www.adelaleiro.com

Page 63: Ecosistemas

©www.adelaleiro.com

FLORA:Salgueiros, espadainas, palla real, xuncos, brións, lirios, rorelas, breixos, pinguícola...

Pinguicula... planta carnívora das brañas de monte.

Os narcisos (Narcisus...) florecen nos lugares húmidos.

A rorela (Drosera...) é unha planta carnívora común nas brañas.

Page 64: Ecosistemas

O salgueiro (Salix cinerea) é a árbore máis común das zonas húmidas.

Eneas ou palla real (Typha latifolia). ©www.adelaleiro.com

Page 65: Ecosistemas

FAUNA:Aguaneira, lavanco, garza, galiñola, galiña de auga, mergullón, anguía, espiñento, ra verde, cabalos do demo, patinadores, moscas da auga, escaravellos de auga, caracois, lapas...

Lavanco real (Anas plathyrrynchos), macho e femia.

A galiñola negra (Fulica atra) é común en todos os lugares onde exista unha pequena lagoa rodeada de vexetación.

©wwww.adelaleiro.com

Page 66: Ecosistemas

Aeshna. O máis grande dos cabalos do demo.

Ra verde (Rana perezi)

©www.adelaleiro.com

Page 67: Ecosistemas

ECOSISTEMAS MARIÑOS

A pesar da súa uniformidade no mar e na costa atópanse espazos con características propias que condicionan o asentamento e as adaptacións dos seres vivos. As características de cada zona están determinadas pola súa situación, a profundidade, as correntes e, na zona costeira, polo tipo de materiais que a constitúen, a influencia do vento e as mareas.A combinación destas características crean variados ecosistemas nos que se dan condicións particulares e onde viven seres que se adaptan a elas con éxito.

©www.adelaleiro.com

Page 68: Ecosistemas

REXIÓN OCEÁNICA

É a que se atopa lonxe das costas onde se superan os 200 m de fondo e poden chegar aos 4.000 de media. A súa importancia ven dada pola riqueza da vida que acolle e, sobre todo, porque os organismos que constitúen o fitoplanto son, polo seu número, os máis grandes produtores de osíxeno do planeta.Nesta zona só poden vivir os seres que aboian libremente e os bos nadadores, e, na profundidade, os que son capaces de soportar a falta de luz e as grandes presións.

©www.adelaleiro.com

Page 69: Ecosistemas

FLORA:Algas, sobre todo as microscópicas (fitoplanto).

©www.adelaleiro.com

Page 70: Ecosistemas

FAUNA:Balea, cachalote, golfiño, atún, bonito, xurelo, sardiña, cigala, tiburón, pescada, bacallao, augamares, cigala, cangrexo real, calamar e polbo xigantes...

Peixe pescador. Vive nas profundidades abisais. Como consecuencia da falta de luz non presenta pigmentación.

Pescada (Merlucius merlucius). Vive entre os 100 e os 1.000 m de profundidade, aínda que cando é nova achégase moito á costa. Pode acadar 1 m de longo e pesar máis de 10 kg.

Bonito (Tunnus alalunga). Pode chegar a medir 1 m e pesar entre 9 e 10 kg.

Quenlla (Prionace glauca). Un tiburón que pode acadar os 4 m de lonxitude.

©www.adelaleiro.com

Page 71: Ecosistemas

REXIÓN LITORAL

A zona costeira ou litoral esténdese desde a faixa de terra influída polas mareas e os salseiros do mar ata os 200 m de profundidade (augas situadas sobre a plataforma continental). Veremos primeiro a costa rochosa.

©www.adelaleiro.com

Page 72: Ecosistemas

COSTA ROCHOSAFLORA:Algas, liques, herba de namorar, pirixel do mar...

Golfos (Laminaria ochroleuca). Algas pardas que poden acadar máis de 2 m de lonxitude e forman bosques submariños no infralitoral exposto.

Bocho (Fucus vesiculosus). Son algas que viven na zona intermareal da costa protexida e resisten ben a desecación

©www.adelaleiro.com

Page 73: Ecosistemas

Lique (Lichina pigmaea), vive xusto na línea a onde chega o mar.

Prixel do mar (Crithmum maritimum). Vive en rochas abrigadas.

Herba de namorar (Armeria maritima). Reúne todas as características necesarias para sobrevivir nestes lugares: raíces longas, forma compacta, follas con pelos, …

©www.adelaleiro.com

Page 74: Ecosistemas

Os mexillóns (Mytilus galloprovincialis) están perfectamente adaptados á vida nas rochas, teñen cunchas fortes e órganos de suxección.

FAUNA:Gaivota, corvo mariño, percebe, arneiróns, mexillóns, lapas, ourizos, estrelas de mar, cangrexos, vermes...

Os percebes (Pollicipes cornucopia) son crustáceos cirripedos que viven fixos nas rochas batidas na zona intermareal.

Arneirón (Balanus spp).

©www.adelaleiro.com

Page 75: Ecosistemas

PRAIAS Son zonas baixas co terreo formado por area ou materiais miúdos soltos polo que as plantas teñen moita dificultade para suxeitarse e os animais poucos sitios nos que agocharse.

©www.adelaleiro.com

Page 76: Ecosistemas

DUNASSon un medio moi hostil para o desenvolvemento da vida porque están formadas por material solto en movemento no que a auga é escasa e están sometidos a unha forte insolación e exposición ao vento. Son medios moi fráxiles que se alteran gravemente pola acción humana.

©www.adelaleiro.com

Page 77: Ecosistemas

Arenaria do mar (Honkenya peploides). A planta das praias que vive máis preto do mar.

Cardo mariño. (Eryngium maritimum). Desenvólvese nos primeiros amoreamentos de area que se forman po enriba da liña de marea.

Feo (Ammophila arenaria), medra na parte máis alta da duna móbil, onde o vento bate con máis forza. Coas longas raíces e talos subterráneos contribúe a fixar a area.

©www.adelaleiro.com

Page 78: Ecosistemas

FAUNA:Solla, lenguado, faneca brava, escacho, xiba, mavalla, arola, ameixa, berberecho, miñocas, cangrexos...

Coquina (Donax vitatus). Un molusco abundante nos fondos areosos das praias de mar aberto.

Ourizo de area (Echinocardium cordatum). Vive enterrado ata 20 cm de profundidade na area das praias expostas.

Navalla (Ensis ensis). Vive enterrada verticalmente en fondos de area fina.

Lenguado (Solea vulgaris). Os peixes planos están adaptados á vida nos fondos areosos.

Arola (Lutratia lutraria). Molusco bivalvo que pode acadar os 13 cm de lonxitude. Vive en fondos de area e grava ata os 100 m de profundidade.

©www.adelaleiro.com

Page 79: Ecosistemas

Raia (Raja clavata). Vive en fondos de area e fango ata 500 de profundidade. Pode acadar 1 m de lonxitude.

Xiba ou chopo (Sepia officinalis). Molusco cefalópodo que vive en zonas de area e fango con vexetación. Nace preto da costa e vaise alonxando dela segundo medra.

©www.adelaleiro.com

Page 80: Ecosistemas

AS RÍAS

As rias galegas son medios cunhas condicións especiais. Polas combinación de características físicas, oceanográficas e biolóxicas son espazos naturais únicos no mundo de gran productividade primaria e extraordinaria riqueza ecolóxica.A súa situación, tanto pola orientación como pola protección fronte ás forzas do mar e do vento, influida polas correntes oceánicas, a localización diante dunha área de afloramento de minerais procedentes das profundidades do mar e as achegas minerais e biolóxicas dos ríos, multiplican a súa riqueza biolóxica e a súa produtividade.

Ría de Muros e Noia ©www.adelaleiro.com

Page 81: Ecosistemas

MEDIOS ANTRÓPICOS

CULTIVOS TERRESTRESSon ecosistemas onde predomina a acción humana. A preparación do terreo para os cultivos altera a súa composición natural o que dificulta o desenvolvemento das especies propias da zona e os labores que se lles fan elimínanas case por completo, polo que os cultivos son zonas pobres en especies vexetais e os animais atopan poucos sitios onde protexerse. O ecosistema está dominado pola especie de cultivo acompañada polas chamadas malas herbas ou especies resistentes, animais herbívoros ou comedores de froitos e sementes e algún depredador.

©www.adelaleiro.com

Page 82: Ecosistemas

PIÑEIRAIS

Plantacións de piñeiros. Na zonas baixas e preto da costa están constituídos por piñeiro galego e piñeiro de repoboación e nas altas, do interior, por piñeiro silvestre. Debaixo dos piñeiros, a falta de luz impide o desenvolvemento de moitas especies. So se desenvolven ben os fentos e algunhas herbas. Por ser máis pobre en especies vexetais a fauna é menos variada que a do bosque caducifolio.

©www.adelaleiro.com

Page 83: Ecosistemas

EUCALIPTAIS

Os eucaliptos foron introducidos como cultivo hai pouco máis dun século. Na actualidade cobren grandes superficies que presentan, pola falta de auga e as secrecións das propias árbores, o terreo case espido, no que apenas se desenvolven máis que algunhas herbas e arbustos residuais resistentes.A especie máis abundante é o Eucaliptus globulus

©www.adelaleiro.com

Page 84: Ecosistemas

SEBES E BEIRAIS

Liñas de vexetación que rodean os cultivos nas que perviven especies que foron desaloxadas do seu medio natural. Estas formacións supoñen unha oportunidade de supervivencia para moitas especies vexetais e animais. Manteñen a biodiversidade das zonas cultivadas e sérvenlle de refuxio aos animais silvestres.

©www.adelaleiro.com

Page 85: Ecosistemas

ENCOROS

Grandes masas de auga dóce contidas por unha presa. As caracteríticas son unha mestura das dos ríos e as dos lagos.

©www.adelaleiro.com

Page 86: Ecosistemas

GRAZAS POR ATENDERME

Page 87: Ecosistemas

13/04/23 http://open-office.es 87

ANEXO: ACTIVIDADES INTERACTIVASANEXO: ACTIVIDADES INTERACTIVAS

PROXECTO BIOSFERAPROXECTO BIOSFERA:

http://recursostic.educacion.es/ciencias/biosfera/web/alumno/2ESO/Energia_ecosistemas/actividades.htm