Dossier conecta 1

6

Transcript of Dossier conecta 1

Page 1: Dossier conecta 1
Page 2: Dossier conecta 1

que?que?que?que?

conectaconectaconectaconecta é unha ferramenta para poñer en contacto a directores e

guionistas que estean desenvolvendo proxectos audiovisuais en

Galicia.

Trátase dun proxecto -organizado por CREA coa colaboración de

AGAG e da Fundación Cidade da Cultura- no que aqueles

guionistas que buscan director, aqueles directores que buscan

guionista, ou simplemente todo aquel que teña un proxecto e

queira poder recibir opinións doutros compañeiros, poida ter unha

serie de reunións un-a-un de 25 minutos de duración centradas no

seu proxecto concreto.

para que?

A idea de conectaconectaconectaconecta nace para xerar un espazo de contacto entre

creadores; para facilitar a conexión entre guionistas e directores,

co

obxectivo de fortalecer os proxectos a partir da colaboración e

das opinións doutros creadores.

Falar, discutir e coñecer compañeiros de profesión é beneficioso

para todos, e pode ser útil non só para reforzar os proxectos

tratados, senón tamén para establecer nexos que poidan xerar

novas propostas.

Ademais, a estrutura de reunións un-a-un é o mellor exercicio

poñer en práctica o pitch dos proxectos, de forma que saian

reforzados para cando se confronten con produtores, inversores,

programadores, etc.

Page 3: Dossier conecta 1

para quen?

conectaconectaconectaconecta vai dirixido a un amplo abano de creadores: desde

profesionais en activo e con carreiras xa establecidas, ata

estudantes das distintas escolas e facultades de audiovisual, que

estean xerando os seus primeiros proxectos profesionais.

Os participantes dividiranse en dúas categorías: participantes con

proxecto e participantes sen proxecto.

Os primeiros -tanto profesionais como estudantes- poderán

presentarlle o seu proxecto a outros guionistas e/ou directores cos

que se poida establecer unha colaboración profesional ou, cando

menos, recibir unha serie de opinións que poidan axudar á reflexión

sobre o seu proxecto e, desa forma, axudarlle a fortalecelo.

Os segundos -profesionais en activo- terán a oportunidade de

coñecer novos creadores, novos proxectos e, no mellor dos casos,

establecer algunha colaboración profesional que poida fructiferar

no futuro.

como?

A preparación do encontro, desenvolverase nas seguintes fases:

1. presentación de proxectos: os participantes con proxecto

presentan un pequeno dossier do proxecto1. Unha comisión

formada por membros de CREA e de AGAG fará unha selección de

proxectos.

2. listaxe de participantes: unha vez feita a selección, á lista de

participantes con proxectos incorpórase a de participantes sen

proxecto -directores e guionistas con experiencia que desexen

formar parte do evento-, e establécese unha listaxe definitiva de

participantes.

3. organización de reunións: os participantes reciben esa

listaxe, xuntos cos dossieres dos proxectos, e unha ficha para

solicitar ata un máximo de sete reunións. E, en base a esas

solicitudes, establécese un cronograma de reunións que, de novo,

se enviarán a tódolos participantes.

4. xornada de encontros: o día do encontro haberá unha sala

habilitada para a celebración simultánea das reunións un-a-un.

Asimesmo, haberá descansos para café e comida; un momento

perfecto para o encontro aberto e informal entre os participantes.

1 Deberán cubrir un formulario estándar coa información básica do proxecto, ao cal poderán adxuntar toda a documentación que consideren.

Page 4: Dossier conecta 1

onde?

A xornada de encontros celebrarase na Cidade da Cultura, en

Santiago de Compostela.

cando?

• 25 de outubro: fin de prazo para a presentación de

proxectos2.

• 1 de novembro: os participantes reciben a listaxe definitiva,

os dossieres dos proxectos e a ficha para a solicitude de reunións.

• 4 de novembro: fin de prazo para a solicitude de reunións3.

• 8 de novembro: os participantes reciben o cronograma de

reunións.

• 9 de novembro : celebración da xornada de

encontros.

2 Nese día debe estar cuberto e entregado o formulario proporcionado por CREA coa información básica do proxecto. Para adxuntar información adicional, o prazo rematará o día 1 de novembro. 3 Desde a organización faremos o maior esforzo posible por respectar as peticións, pero non podemos comprometernos a que as reunións coincidan con tódalas solicitudes.

outubro novembro 1 2 3 4 5 6 1 2 3

7 8 9 10 11 12 13 4 5 6 7 8 9 10 14 15 16 17 18 19 20 11 12 13 14 15 16 17 21 22 23 24 25 26 27 18 19 20 21 22 23 24 28 29 30 31 25 26 27 28 29 30

1 presentación de proxectos

elaboración e envío do listado de participantes 2

envío do listado de participantes

solicitude de reunións + entrega de materiais adicionais

organización de reunións 3

envío do cronograma aos participantes 4 celebración da xornada de encontros

Page 5: Dossier conecta 1

O horario da xornada de encontros será o seguinte:

10:00 presentación 10:30 reunión 1

11:00 reunión 2

11:30 reunión 3

12:00 corte café 13:00 reunión 4

13:30 reunión 5

14:00 corte comida 16:00 mesa debate: “a relación entre guión e dirección”

conversa entre directores e guionistas

17:00 reunión 6

17:30 reunión 7

18:00 posta en común 18:30 fin

contacto

Para máis información e para solicitar o formulario de inscrición, o

enderezo de contacto é [email protected]

ligazóns

CREA: http://www.galiciacrea.org/ AGAG https://www.facebook.com/pages/AGAG-Asociaci%C3%B3n-Galega-de-Guionistas-Screenwriters-Guild-of-Galicia/121955647871222 FUNDACIÓN CIDADE DA CULTURA http://www.cidadedacultura.org/

Page 6: Dossier conecta 1

organizado por

coa colaboración de

AGAG Asociación Galega de Guionistas

agradecementos