Dosier de prensa 2015 - traspes.com fileinformación recollida para o seu estudo e posterior ......

12
Dosier de Prensa

Transcript of Dosier de prensa 2015 - traspes.com fileinformación recollida para o seu estudo e posterior ......

DO

SI E

R D

E P

RE

SE

NT

AC

I ÓN

Dosier de Prensa

QUEN SON?

AGRUPACIÓN

A Asociación Cultural Traspés fundouse por un grupo de amigos a finais do ano 2009 en Vigo.

Todos os seus compoñentes posúen unha importante traxectoria no eido do folclore tradicional e,

unidos non só pola amizade senón tamén por compartir as mesmas inquedanzas baseadas na

investigación, recuperación e conservación das nosas tradicións, decidiron levar a cabo este

interesante proxecto.

Traspés fundamenta o seu traballo na recollida de campo e na recuperación etnográfica. Isto

consiste en desprazarse por todo o territorio galego co ánimo de aprender por medio de informantes

de avanzada idade os bailes, as músicas, os cantares e todo o que ten que ver coa nosa cultura: a

indumentaria, a xoiería, os ritos, os mitos, as lendas, os costumes… en definitiva, a forma de vida

daqueles tempos.

O Grupo de Música e Baile Tradicional Traspés ten como misión fundamental a recuperación,

investigación, conservación e difusión do folclore tradicional galego. Nesta tarefa búscase a maior

pureza e semellanza coa realidade e pretende ser unha ferramenta de transmisión da arte popular

de Galicia. Para levar a cabo tal fin, realízanse espectáculos de gran magnitude que se representan

tanto na nosa comunidade, Estado, así como no estranxeiro a través dos festivais internacionais onde

participa.

QUEN SON?

AGRUPACIÓN

ASOCIACIÓN CULTURAL TRASPÉS · 2www.traspes.com

GR U

PO D

E BA

ILE

GRUP

O DE

MÚS

ICA T

RADIC

IONA

LPA

ND

ERET

EIRO

SPA

ND

ERET

EIRA

S

ASOCIACIÓN CULTURAL TRASPÉS · 3www.traspes.com

O corpo de baile do grupo artístico Traspés está

composto por 11 parellas mixtas, encargadas de

interpretar aquelas danzas recoll idas pola

agrupación durante a súa traxectoria. Desenvolven

un labor etnográfico de recopilación e recuperación,

acudindo a exemplos e relatos das persoas que

aínda gardan viva na súa memoria o facer doutro

contexto e momento histórico. Este traballo

desenvólvese regularmente por toda Galicia,

visitando os lugares onde viven os informantes,

documentando mediante audio e vídeo toda a

información recollida para o seu estudo e posterior

reinterpretación, tentando ser o máis fieis posible á

tradición de partida.

Formado por oito voces masculinas,

dedícanse á interpretación de cantos de tradición

oral acompañados de percusión. Estes cantares son

recollidos directamente dos informantes por toda

a xeografía galega, respectando sempre as

características propias de cada zona: xeitos de

emisión, técnica de acompañamento, tipos de

instrumentos empregados, repertorio e estilo. A posta

en escena pretende transmitir a forza dunha tradición

musical do rural galego, e axudar ao mesmo tempo,

a mantela viva.

Igual que a sección anterior, pero neste caso

con voces femininas, o grupo de pandereteiras

Traspés traballa tamén na recuperación e

divulgación da música vocal en Galicia. Son dez as

mulleres que integran esta sección, recollendo o

testemuño de moitas outras mulleres antes principais

intérpretes e transmisoras do canto popular galego,

presente en moitos momentos da vida dos nosos

devanceiros.

A charanga da agrupación está formada

actualmente por dúas gaitas, clarinete, saxo,

acordeón, tambor, bombo con pratos e

p a n d e i r e t a . O s e u r e p e r t o r i o b a s é a s e

fundamentalmente en músicas bailables, recollendo

o testemuño doutras formacións instrumentais

anteriores, nas que a gaita estaba presente como

instrumento principal, e á que se foron engadindo

ademais da percusión, outros instrumentos de vento,

amenizando as festas, e moitas das veces,

desenvolvendo o papel das bandas de música.

Dende o seu comezo, polo mes de outubro de 2009, o grupo artístico desta asociación participou

en diferentes eventos, entre os que cabe destacar:

· 1º Premio no II Concurso de Pandeireta e Canto Tradicional organizado pola Asociación Fogo Fatuo

de Rianxo (2009).

· 2º Premio nas X Xornadas de Danza e Música Tradicionais Galegas do Concello de Vigo (2009).

· 3º Premio no X Concurso de Baile tradicional Galego Azaloira (Bandeira-Pontevedra) (2010).

· 1º Premio no IX Concurso de Baile Tradicional de Vilagarcía (2010).

· 2º Premio no XXXI Concurso de Baile Tradicional Xacarandaina (2010).

· Participación nas Xornadas de Folclore Galego de Santiago de Compostela (2010).

· Participación no II Festival Beltaine Avilés Intercélticu (2010).

· 1º Premio nas XI Xornadas de Danza e Música Tradicionais Galegas do Concello de Vigo (2010).

· 2º Premio no XI Concurso de Baile Tradicional Galego Azaloira (Bandeira – Silleda) (2011).

· Premio ao mellor grupo de acompañamento no XI Concurso de Baile Tradicional Galego Azaloira

(Bandeira – Silleda) (2011).

· 1º Premio nas XII Xornadas de Danza e Música Tradicionais Galegas do Concello De Vigo (2011).

· Premio ao mellor acompañamento nas XII Xornadas de Danza e Música Tradicionais Galegas do

Concello de Vigo (2011).

· 3º Premio no XII Concurso de Baile Tradicional Galego Azaloira (Bandeira – Silleda) (2012).

· 1º Premio nas XIII Xornadas de danza e Música Tradicionais Galegas do Concello de Vigo (2012).

· Premio ao mellor acompañamento nas XIII Xornadas de Danza e Música Tradicionais Galegas do

Concello de Vigo (2012).

· Premio ao mellor vestiario nas XIII Xornadas de Danza e Música Tradicionais Galegas do Concello de

Vigo (2012).

TRAXECTORIATRAXECTORIA

ASOCIACIÓN CULTURAL TRASPÉS · 4www.traspes.com

ESCOLAA escola da Asociación Cultural Traspés nace coa

intención de difundir a cultura tradicional e de servir como

nexo entre o aprendido e a realidade cultural da tradición

galega. O xeito innovador desta escola baséase nas

novas solucións pedagóxicas e na absoluta

contextualización dos contidos curriculares, sempre

referidos á realidade tradicional e cultural de Galicia

estritamente analizada e debidamente documentada.

O fin da escola é dar a coñecer a cultura galega, empregando todos os medios pedagóxicos

ao alcance. Así, sen deixar de empregar a ferramenta didáctica básica da tradición oral,

incorpóranse métodos innovadores de aprendizaxe vinculados ás novas tecnoloxías: redes sociais e

plataformas de comunicación para o traballo en equipo, xestión de proxectos online, imaxes, audios

e videos na internet, etc.

A nosa escola está dividida en diferentes áreas:

· ÁREA TRADICIONAL

· ÁREA DE MOVEMENTO

· ÁREA DE TRADICIÓN E OFICIOS

· OUTRAS ACTIVIDADES

Baile Galego · Canto e pandeireta · Gaita Galega · Percusión tradicional · Zanfona ·

Outros Instrumentos (saxo, clarinete, acordeón…) · …

Danza clásica · Danza Contemporánea · Baile Moderno · Ritmos Latinos · ...

Pasamanería · Encaixe de Bolillos · Xoiería Tradicional · Coiro · Patronaxe · …

Linguaxe Musical · Guitarra · Pilates · Kundalini Ioga · Ximnasia de Mantemento · …

ESCOLAÁ

R EA

S

ASOCIACIÓN CULTURAL TRASPÉS · 5www.traspes.com

XORNADAS DE PORTAS ABERTAS

ACTUACIÓNS DIDÁCTICAS

ACTUACIÓN E EXHIBICIÓN

Unha fórmula directa de dar a coñecer Traspés xunto con todas as súas actividades, é o

desenvolvemento dunhas Xornadas de Portas Abertas de carácter totalmente gratuíto e abertas a

toda a cidadanía, nas que se organizan diversos cursiños intensivos (baile tradicional, canto e

percusións tradicionais, …), promóvense charlas, conferencias, exposicións, talleres e mostras de

artesanía.

O obxectivo destas Xornadas, é dar a coñecer e divulgar os xeitos, costumes, bailes, cantares e

músicas máis populares de Galicia. Dado que esta información foi entregada de xeito

absolutamente altruista polos maiores, así queremos entregala coa esperanza de que deste xeito se

faga coas xeracións vindeiras.

Sabedores da necesidade de achegar aos máis pequenos certos saberes que están en perigo

de perderse, Traspés organiza actuacións didácticas para centros educativos de primaria e

secundaria, nas que se realizan pequenas mostras e explicacións sobre usos e costumes, música e

danza. A proposta sempre é participativa, polo que os alumnos experimentan activamente os pasos

básicos do baile tradicional, aspectos básicos da música tradicional, etc.

O Grupo Artístico da Asociación Cultural Traspés leva a escena unha gran variedade de

bailes, músicas e cantares representativos do folclore galego de raíz. Posibilítase deste xeito, e dende

o escenario, unha transmisión da información obtida a través do traballo de campo, de moitos

informantes anónimos, tentando non esquecer ningún dos detalles e facéndoo entendible e lúdico

para o público xeral.

XORNADAS DE PORTAS ABERTASda A.C.Traspés

da Agrupación Traspés

da Agrupación Traspés

ACTUACIÓNS DIDÁCTICAS

ACTUACIÓN E EXHIBICIÓN

DIV

ULG

AC

IÓN

ASOCIACIÓN CULTURAL TRASPÉS · 6www.traspes.com

“De Serán en Romaría”, é o I espectáculo de baile e

música tradicional da A.C. Traspés, de 100 minutos de duración

aproximada, e que achega ao público pinceladas do noso

patrimonio inmaterial (en moitos casos xa esquecido da vida

cotiá dos galegos e galegas), dando vida a usos, costumes e

traballos que noutro tempo adoitaban rematar dunha maneira

festiva. Traspés tenta recrear aqueles momentos, espertar no

público todo tipo de sensacións (nostalxia, ledicia, morriña…

quizais nos maiores) e abrir unha nova fiestra ao público máis

novo, posuidor dun xeito de vida totalmente afastado do que se

pretende amosar.

Trasládase ao público a case un século atrás a través dos relatos, ou memorias, dunha persoa

maior que fai de fío conductor.

Unha voz en off dun home duns 70 anos de idade é o que fai

esta retroproxección e nos encamiñará polas súas vivencias

ao longo dos seus tempos mozos. Todo isto acompañado

de material audiovisual, que axudará a dar este salto no

tempo sen dificultade.

Así, co Grupo Artístico Traspés e coa axuda do

narrador, poderanse vivir situacións de traballo

(Labradas, a Vida do Gaiteiro), xuntanzas veciñais que

en cada lugar de Galicia adoitan ter denominacións

diferentes (Polavila, Ruada, Serán, Romaría, Fiada,

Baile…), festividades varias como o Nadal e o Entroido,

e como non, momentos do ciclo vital como A Voda

coa súa correspondente Ronda de Noivos.

I ESPECTÁCULO DE BAILE E MÚSICA TRADICIONAL TRASPÉS“DE SERÁN EN ROMARÍA”I ESPECTÁCULO DE BAILE E MÚSICA TRADICIONAL TRASPÉS“DE SERÁN EN ROMARÍA”

ASOCIACIÓN CULTURAL TRASPÉS · 7www.traspes.com

Metodoloxía...Metodoloxía...

Escenas...O espectáculo está dividido en dez escenas dando vida a traballos, costumes, saberes do

pobo, e demais situacións do patrimonio inmaterial galego.

En definitiva, o que este espectáculo amosa ao público son todas aquelas situacións nas que

noutro tempo se aproveitaba para divertirse e evadirse da dureza do traballo e da vida que por aquel

entón existía en toda Galicia.

· AS LABRADAS NO CONDADO

· POLAVILA EN CERVANTES E ROMARÍA EN SON

· NADAL EN PONTEVEDRA

· ANTROIDO EN ARCOS

· TRABALLO DO GAITEIRO

· RONDA E PANDEIRADA DE LIÑARES

· SERÁN EN TOUTÓN

· DE VODA EN BERGANTIÑOS

· VERBENA

· FIADA E BAILE EN AXEITOS

Escenas...

ASOCIACIÓN CULTURAL TRASPÉS · 8www.traspes.com

ASOCIACIÓN CULTURAL TRASPÉS · 9www.traspes.com

"De Raíz" , I Mostra de Música e Baile tradicional, é a ferramenta a través da cal o grupo artístico

da Asociación Cultural Traspés quere achegar ao público parte do traballo desenvolto polos seus

integrantes ao longo destes anos. Desde Traspés tentamos amosar parte do patrimonio inmaterial

de Galicia, sendo rigorosos cos traballos de campo realizados, e tratando de que a

comunicación co público sexa directa, doada e lúdica.

Ano tras ano, achegamos este duro pero gratificante traballo, no que cada un de nós deixa un

trociño de alma, agardando que todos os aspectos que conforman o folclore de Galicia, cheguen á

escena coa maior calidade posible.

Esta I Mostra é o resultado do traballo do corpo de baile, pandereteiras, pandereteiros e

charanga ao longo do ano 2013. Con ela faremos posible unha viaxe virtual por toda a xeografía

galega, de norte a sur e de leste a oeste. Escoitaremos músicas das catro provincias e coñeceremos

características dos seus bailes, ritmos, xeitos de tocar e cantar, etc.

“DE RAÍZ” I MOSTRA DE MÚSICA E BAILE TRADICIONAL“DE RAÍZ” I MOSTRA DE MÚSICA E BAILE TRADICIONAL

www.traspes.com

“De Raíz” contén as seguintes escenas:

?

?

?

?

?

?

?

?

?

?

Antroido en Arcos, Mazaricos (A Coruña).

Muiñeira e Jota do repertorio de Os Dezas de Moneixas, San Adrián de Moneixas, (Lalín -

Pontevedra) e Rumba do repertorio de Os Terribles de O Porriño, Pontevedra.

Jota e Moliñeira de Uría de Padornelo, Cervantes (Lugo).

Polavila de Pereda de Ancares, (Candín - León).

Canto Mariñeiro de Moscoso, Pazos de Borbén (Pontevedra) e Danza das Francadas de Rianxo

(A Coruña).

Serán en Barciademera, O Covelo (Pontevedra).

Pandeiretada de Cambre, Malpica de Bergantiños (A Coruña).

Valse dos Teixughos, do repertorio de Os Teixughos das comarcas de Louriña e Condado

(Pontevedra) e Pasodobre e Muiñeira do repertorio dos Breas de Esteiro, Muros (A Coruña).

Ronda de Liñares, Baíste (Avión - Ourense).

Valse, Jota e Muiñeira de Pazos de Borbén (Pontevedra).

Escenas...Escenas...

ASOCIACIÓN CULTURAL TRASPÉS · 10

GALERÍA

REPORTAXES E ARTIGOS DE PRENSA

GALERÍA

REPORTAXES E ARTIGOS DE PRENSA

http://www.traspes.com/blog/?page_id=21

http://www.traspes.com/blog/?page_id=76

ASOCIACIÓN CULTURAL TRASPÉS · 11www.traspes.com

CONTACTA CON TRASPÉSCONTACTA CON TRASPÉS

WEB

CORREO ELECTRÓNICO

CORREO POSTAL

TELÉFONO

www.traspes.com

[email protected]

Asociación Cultural Traspés

Avda. da Florida 32 Baixo· 36210· Vigo· Pontevedra

605 089 341 (Fran)

886 116 033 (Oficina)