Documentando petroglifos en_ames2
-
Upload
eva-garea-traba -
Category
Documents
-
view
185 -
download
2
Transcript of Documentando petroglifos en_ames2
Documentando petroglifos en Ames28 de Marzo de 2012
A nosa primeira parada a aldea de Oca preto de Tapia
Os veciños son a mellor fonte de información. Teremos que volver para investigar sobre a orixe do nome da Aldea
Campo a través para localizar o penedo
Trepamos sobre a rocha. É impresionante a vista do val desde alí. Os povos que fixeron os gravados tiñan que admirar tamén esa vista.
Camiño da Laxe Negra…. Agora si que nos metemos de cheo no bosque galego e aínda temos tempo de fixarnos na natureza que nos arrodea
Consultando os mapas artesanais de Antonio Fernádez
Por fin atopamos un camiño, aínda que con bastante maleza. Subimos pouco a pouco cara as coordenadas que tiñamos sinaladas nos mapas de Antonio Fernández. Con algún que outro pinchado nos toxos… todo hai que dicilo.
Na Laxe Negra (xa vedes porque se chama así) os debuxos son moi difíciles de ver. A pedra está moi desgastada e a luz do sol tampouco axudaba moito.
En Mourigade, na Nave. Moi ben conservado e moi fácil de chegar
Petroglifo da Pena, na Nave de Mourigade. “Pena” pola famila que o descrubiu. “A Nave” é o nome das eiras e “Mourigade” a aldea, na que está situado.
Conservar o patrimonio é fundamental. Coñecer a nosa contorna, tamén. Pero… coidado, coñecela e respectala, para que outros, despois ca nós, poidan seguir desfrutando da nosa historia común, do noso patrimonio e da contorna natural na que vivimos.
Se visitas estes lugares que nos percorremos:• Respecta o lugar• Non arrinques a flora que protexe os debuxos• Non marques os petroglifos con ningunha sustancia• e… por suposto non deixes desperdicios e mantén o
monte limpo…