DO 5 AO 30 DE AGOSTOcsif.santiagodecompostela.org/wp-content/uploads/2013/09/CSIF-Ne… ·...
Transcript of DO 5 AO 30 DE AGOSTOcsif.santiagodecompostela.org/wp-content/uploads/2013/09/CSIF-Ne… ·...
DO 5 AO 30 DE AGOSTO
- 1 -
1. CALENDARIO LABORAL GALEGO PARA O ANO 2014
2. CONCURSO DE TRASLADOS NA XUNTA DE GALICIA
3. CONCURSO DE TRASLADOS NA ADMINISTRACIÓN ESTATAL
4. OFERTAS PÚBLICAS DE EMPREGO NO PARLAMENTO DE GALICIA
5. OFERTAS PÚBLICAS DE EMPREGO DE ENTIDADES LOCAIS
6. OFERTAS PÚBLICAS DE EMPREGO DA UNIVERSIDADE
7. BOLSAS DE ESTUDIO, FORMACIÓN E INVESTIGACIÓN
8. FORMACIÓN CONTINUA E CUALIFICACIÓNS PROFESIONAIS
9. OUTRAS NOVAS
DO 5 AO 30 DE AGOSTO
- 2 -
1. CALENDARIO LABORAL GALEGO PARA O ANO 2014
CONSELLERÍA DE TRABALLO E BENESTAR - DOG, 8 DE AGOSTO
Decreto 127/2013, do 1 de agosto, polo que se determinan as festas da Comunidade Autónoma de Galicia
do calendario laboral para o ano 2014.
Art.1: Ademais das festas de ámbito estatal que se sinalen, para o ano 2014 decláranse festas laborais
propias da Comunidade Autónoma de Galicia, con carácter retribuído e non recuperable, as seguintes:
17 de maio: Día das Letras Galegas.
25 de xullo: Día Nacional de Galicia.
Art. 2: Tamén serán inhábiles para o traballo, retribuídas e non recuperables, dúas festas locais, que
serán determinadas pola persoa titular da xefatura territorial da Consellería de Traballo e Benestar en
cada unha das provincias da Comunidade Autónoma, por proposta do órgano municipal competente dos
respectivos concellos, e publicaranse nos boletíns oficiais de cada provincia e no DOG.
Art. 3: De acordo co que dispón o artigo 48.7 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificada pola Lei
4/1999, do 13 de xaneiro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento
administrativo común, as festas laborais sinaladas no artigo 1 terán o carácter de días inhábiles para
os efectos de cómputo de prazos.
Calendario laboral de Galicia para 2014
FESTIVIDADE DATA DÍA DA SEMANA
Aninovo 1 de xaneiro Mércores
Día de Reis 6 de xaneiro Luns
Xoves Santo 17 de abril Xoves
Venres Santo 18 de abril Venres
Festa do Traballo 1 de maio Xoves
Día das Letras Galegas 17 de maio Sábado
Día Nacional de Galicia 25 de xullo Venres
A Asunción 15 de agosto Venres
Todos os Santos 1 de novembro Sábado
Día da Constitución 6 de decembro Sábado
A Inmaculada 8 de decembro Luns
Nadal 25 de decembro Xoves
DO 5 AO 30 DE AGOSTO
- 3 -
2. CONCURSO DE TRASLADOS NA XUNTA DE GALICIA
CONSELLERÍA DE FACENDA - DOG, 7 DE AGOSTO
Resolución do 31 de xullo de 2013 pola que se convoca concurso para a provisión de postos de traballo
vacantes do corpo superior da Administración da Xunta de Galicia, escala superior de finanzas, e
do corpo de xestión da Xunta de Galicia, escala técnica de finanzas.
Poderán participar neste concurso:
a) Os/as funcionarios/as das escalas superior e técnica de finanzas da Administración da Xunta de Galicia,
unha vez transcorridos dous anos desde que accedesen ao posto que veñan desempeñando con carácter
definitivo, agás que este se provese polo sistema de libre designación, caso en que non se exixirá
permanencia.
B) Os/as funcionarios/as das escalas superior e técnica de finanzas da Administración da Xunta de Galicia
en situación de excedencia voluntaria por interese particular, unha vez transcorrido o período mínimo de
permanencia nesta situación.
c) Os/as funcionarios/as das escalas superior e técnica de finanzas da Administración da Xunta de Galicia
en situación de excedencia voluntaria por incompatibilidade.
d) Os/as funcionarios/as das escalas superior e técnica de finanzas da Administración da Xunta de Galicia
en situación de excedencia por violencia de xénero.
Non poderán participar neste concurso:
a) Os/as funcionarios/as das escalas superior e técnica de finanzas da Administración da Xunta de Galicia
nomeados con carácter provisional como consecuencia da resolución de procesos selectivos, calquera que
sexa a situación administrativa en que se encontren.
Este persoal será convocado para elixir destino definitivo tras a resolución do concurso, atendendo á orde
de prelación obtida no correspondente proceso selectivo.
b) Os/as funcionarios/as das escalas superior e técnica de finanzas da Administración da Xunta de Galicia
suspensos en firme, mentres dure a suspensión.
PRAZO DE SOLICITUDES:
A solicitude deberá presentarse desde o día seguinte ao da publicación da convocatoria no DOG ata o día
5 de setembro de 2013.
3. CONCURSO DE TRASLADOS NA ADMINISTRACIÓN ESTATAL
MINISTERIO DE AGRICULTURA, ALIMENTACIÓN Y M.A. - BOE, 30 DE AGOSTO
Orden AAA/1584/2013, de 5 de agosto, por la que se convoca concurso específico para la provisión de
puestos de trabajo de funcionarios de los Subgrupos A1, A2, C1 y C2.
DO 5 AO 30 DE AGOSTO
- 4 -
MINISTERIO DE AGRICULTURA, ALIMENTACIÓN Y M.A. - BOE, 30 DE AGOSTO
Orden AAA/1585/2013, de 5 de agosto, por la que se convoca concurso general para la provisión de
puestos de trabajo de funcionarios de los Subgrupos A2, C1, C2 y grupo E.
MINISTERIO DE ECONOMÍA Y COMPETITIVIDAD - BOE, 29 DE AGOSTO
Resolución de 12 de julio de 2013, de la Presidencia de la Agencia Estatal Consejo Superior de
Investigaciones Científicas, por la que se convoca concurso general para la provisión de puestos de
trabajo, de los Subgrupos A2, C1 y C2.
MINISTERIO DE HACIENDA Y AA.PP. - BOE, 30 DE AGOSTO
Orden HAP/1582/2013, de 31 de julio, por la que se convoca concurso específico para la provisión de
puestos de trabajo de funcionarios de los subgrupos A1, A2, C1 y C2.
MINISTERIO DE HACIENDA Y AA.PP. - BOE, 30 DE AGOSTO
Orden HAP/1583/2013, de 31 de julio, por la que se convoca concurso general para la provisión de
puestos de trabajo de funcionarios de los subgrupos A1, A2, C1 y C2.
MINISTERIO DE JUSTICIA - BOE, 31 DE AGOSTO
Orden JUS/1588/2013, de 30 de agosto, por la que se convoca concurso específico para la provisión de
puestos de trabajo de funcionarios de los Subgrupos A1, A2, C1 y C2.
PRAZOS DAS CONVOCATORIAS:
Quince días hábiles, a contar del siguiente al de la publicación de la presente convocatoria en el BOE.
4. OFERTAS PÚBLICAS DE EMPREGO NO PARLAMENTO DE GALICIA
PARLAMENTO DE GALICIA - DOG, 14 DE AGOSTO
Resolución da Presidencia do Parlamento de Galicia, do 1 de agosto de 2013, pola que se convocan
probas selectivas para a cobertura dunha (1) praza, por promoción interna, do corpo administrativo
do Parlamento de Galicia e pola que se aproban as bases reguladoras do procedemento de selección.
CARACTERÍSTICAS DA PRAZA:
Corpo administrativo, grupo C, sistema de selección mediante promoción interna e de concurso-oposición.
REQUISITOS:
Pertencer como funcionario/a de carreira ao corpo auxiliar do Parlamento de Galicia (grupo D) e ter unha
antigüidade nese corpo de, polo menos, dous anos. Estar en posesión ou en condicións de obter o título de
bacharelato (LOE), bacharelato (LOXSE), bacharelato unificado polivalente (Lei 14/1970, do 4 de agosto,
xeral de educación), bacharelato superior (plan 1957), técnico (LOE), técnico (LOXSE), técnico especialista
da Lei 14/1970 ou equivalente, ou ter aprobadas as probas de acceso á universidade para maiores de
vinte e cinco anos.
DO 5 AO 30 DE AGOSTO
- 5 -
Resolución da Presidencia do Parlamento de Galicia, do 1 de agosto de 2013, pola que se convocan probas
selectivas para a cobertura dunha (1) praza, por promoción interna, do corpo de xestión do
Parlamento de Galicia e pola que se aproban as bases reguladoras do procedemento de selección.
CARACTERÍSTICAS DA PRAZA:
Corpo de xestión, grupo B, sistema de selección mediante promoción interna e de concurso-oposición.
REQUISITOS:
Pertencer como funcionario/a de carreira ao corpo administrativo do Parlamento de Galicia e ter unha
antigüidade nese corpo de, polo menos, dous anos. Titulación de diplomado/a universitario/a, enxeñeiro/a
técnico/a, arquitecto/a técnico/a ou equivalente.
Resolución da Presidencia do Parlamento de Galicia, do 1 de agosto de 2013, pola que se convocan probas
selectivas para a cobertura de dúas prazas, por promoción interna, do corpo de letrados do
Parlamento de Galicia e pola que se aproban as bases reguladoras do procedemento de selección.
CARACTERÍSTICAS DA PRAZA:
O sistema de selección será, mediante promoción interna, o de concurso-oposición.
REQUISITOS:
Pertencer como funcionario/a de carreira aos corpos superior ou de xestión do Parlamento de Galicia e ter
unha antigüidade neses corpos polo menos de dous anos. Estar en posesión ou en condicións de obter o
título de licenciado/a en Dereito ou grao de Dereito.
PRAZOS DAS CONVOCATORIAS:
20 días naturais que se contarán a partir do seguinte ao da publicación desta convocatoria no DOG.
5. OFERTAS PÚBLICAS DE EMPREGO DE ENTIDADES LOCAIS
CONCELLO DE ARES - BOE, 13 DE AGOSTO
Resolución de 1 de agosto de 2013, referente a la convocatoria para proveer una plaza administrativo.
CARACTERÍSTICAS DE LA PLAZA:
Plaza de Administrativo, perteneciente a la escala de Administración General, subescala Administrativa
mediante el sistema de concurso-oposición, en turno promoción interna.
PLAZO:
20 días naturales, a contar desde el siguiente al de la publicación de este anuncio en el BOE.
DO 5 AO 30 DE AGOSTO
- 6 -
CONCELLO DE ARTEIXO - BOP DA CORUÑA, 6 DE AGOSTO
Convocatoria e bases reguladoras para a provisión en propiedade de dúas prazas de oficial de Policía
Local.
CARACTERÍSTICAS DA PRAZA:
Dúas prazas de Oficial, encadrada na escala de Administración especial, subescala de servizos especiais,
escala básica, pertencente ao grupo C1 de clasificación, mediante o sistema de concurso -oposición.
REQUISITOS:
Posuír o título de Bacharelato, Formación Profesional de 2º Grao ou equivalente ou o curso de dispensa
que para tal efecto estivera programado pola AGASP.
PRAZO:
20 días naturais, a partir do seguinte ao da publicación do anuncio da convocatoria no BOE.
CONCELLO DE ARTEIXO - BOP DA CORUÑA, 27 DE AGOSTO
Convocatoria e bases dunha (1) praza de técnico de Administración Xeral.
CARACTERÍSTICAS DA PRAZA:
Proceso selectivo para a cobertura en propiedade, por promoción interna, contra amortización de praza de
pertenza, dunha praza de Técnico de Administración Xeral, dotada coas retribucións correspondentes ao
grupo A1 a través de procedemento de concurso-oposición.
REQUISITOS:
Estar en posesión do título de Licenciado superior en Dereito, Económicas, Empresariais, Ciencias políticas
ou equivalente. Pertencer ao grupo A2, B ou C1 da Escala de Administración xeral, como empregado
público – funcionario de carreira ou laboral en propiedade - do Concello de Arteixo, cunha antigüidade
mínima de 2 anos polo menos, na data de expiración do prazo de presentación de instancias
PRAZO:
20 días naturais, contados a partir do seguinte ao da publicación de anuncio de convocatoria no BOE
CONCELLO DE FENE - BOE, 16 DE AGOSTO
Resolución de 2 de agosto de 2013 referente a la convocatoria para proveer una plaza de Policía Local.
CARACTERÍSTICAS DE LA PLAZA:
Plaza de funcionario de carrera perteneciente a la escala de Administración Especial, subescala de
Servicios Especiales, clase de Policía Local escala básica, mediante el sistema de oposición, en turno libre.
PLAZO:
20 días naturales, a contar desde el siguiente al de la publicación de este anuncio en el BOE.
CONCELLO DE FERROL - BOP DA CORUÑA, 14 DE AGOSTO
Anuncio aprobación bases específicas da convocatoria para a provisión, en propiedade, dunha praza de
inspector/a principal da Policía Local
DO 5 AO 30 DE AGOSTO
- 7 -
CARACTERÍSTICAS DA PRAZA:
Unha praza de Inspector/a Principal, Escala de Administración Especial, subescala de Servizos Especiais,
clase executiva, clasificadas no grupo A, subgrupo A2.
REQUISITOS:
a) Posuír a titulación académica esixida para a categoría de Inspector Principal.
b) Ostentar, en propiedade, a categoría de Inspector Principal noutros corpos de Policía Local da
Comunidade Autónoma de Galicia.
c) Ter unha antigüidade mínima de cinco anos na citada categoría.
d) Faltar, como mínimo, 7 anos para o pase previsto á situación de segunda actividade.
Anuncio bases específicas da convocatoria para a provisión de dúas prazas de inspector da Policía
Local do Concello de Ferrol
CARACTERÍSTICAS DA PRAZA:
Dúas prazas de Inspector/a, Escala de Administración Especial, subescala de Servizos Especiais, clase
executiva, clasificadas no grupo A, subgrupo A2. O sistema de provisión é o de promoción interna polo
sistema de concurso-oposición.
REQUISITOS:
a) Ser funcionario/a de carreira do Corpo da Policía Local do Excmo. Concello de Ferrol cun mínimo de tres
anos continuados de servizo activo na categoría inmediata inferior, computándose tamén neste caso o
tempo de segunda actividade por causa de embarazo ou lactación.
b) Estar en posesión da titulación esixible para o acceso como funcionario do grupo A2.
c) Non haber sido sancionado/a por falta grave ou moi grave ou telas canceladas.
d) Faltarlle máis dun ano para o pase á situación de segunda actividade por razón de idade.
Anuncio bases específicas para a provisión en propiedade de 5 prazas de oficial da Policía Local
CARACTERÍSTICAS DA PRAZA:
Cinco prazas de Oficial encadradas na Escala de Administración Especial, subescala de Servizos Especiais,
clase básica, clasificadas no grupo C1. O sistema de provisión é o seguinte: Catro prazas por promoción
interna polo sistema de concurso-oposición e unha por mobilidade polo sistema de concurso.
REQUISITOS:
1. Promoción interna:
a) Ser funcionario/a de carreira do Corpo da Policía Local do Excmo. Concello de Ferrol cun mínimo de tres
anos continuados de servizo activo na categoría inmediata inferior, computándose tamén neste caso, o
tempo de segunda actividade por causa de embarazo ou lactación.
b) Estar en posesión da titulación esixible para o acceso ao grupo C1.
c) Non ter sido sancionado/a por falta grave ou moi grave ou telas canceladas.
d) Faltarlle máis dun ano para o pase á situación de segunda actividade por razón de idade.
2. Mobilidade:
a) Posuír a titulación académica esixida para a categoría de oficial.
DO 5 AO 30 DE AGOSTO
- 8 -
b) Ostentar, en propiedade, a categoría de Oficial noutros corpos de Policía Local da Comunidade
Autónoma de Galicia.
c) Ter unha antigüidade mínima de cinco anos na citada categoría.
d) Faltar, como mínimo, 8 anos para o pase previsto á situación de segunda actividade
Anuncio das bases específicas para a provisión, en propiedade, de dúas prazas de Policía Local
CARACTERÍSTICAS DAS PRAZAS:
Dúas prazas de policía, encadradas na escala de Administración Especial, subescala de servicios especiais,
clasificadas no grupo “C1”. O sistema de provisión é o de oposición en quenda libre.
REQUISITOS:
a) Ter nacionalidade española.
b) Superar os 18 anos de idade e non ter cumpridos os 36.
c) Ter unha estatura mínima de 1,65 metros os aspirantes varóns e de 1,60 as aspirantes mulleres. Este
requisito comprobarase inmediatamente antes do comezo do primeiro exercicio do proceso selectivo,
quedando excluído do proceso quen non teña a altura mínima esixida nestas bases.
d) Estar en posesión dos permisos de conducir das clases A2, B e BTP na data en que remate o prazo de
presentación de solicitudes comprometéndose, mediante declaración, a mantelos vixentes mentres
permanezan en situación de servizo activo no Corpo da Policía Local.
e) Estar en posesión da titulación esixible para o acceso como funcionario de grupo C1, conforme á
normativa de función pública. Así mesmo, e para estes efectos, para o acceso ás prazas do grupo C1 ou
equiparadas, a superación das probas de acceso á Universidade para maiores de 25 anos, homologadas
polo órgano competente, considerarase equivalente á obtención do título de Bacharel ou Formación
Profesional de segundo grao. Esta convalidación deberá acreditarse mediante certificación emitida polo
órgano competente ao respecto.
f) No ter sido condenado/a por delito doloso, nin estar inhabilitado/a para o exercicio das funcións
públicas, nin separado/a do servizo das administracións públicas por expediente disciplinario ou resolución
xudicial firme. Será aplicable, non obstante, o beneficio da rehabilitación, segundo as normas penais e
administrativas, que o aspirante deberá acreditar mediante o correspondente documento oficial.
g) Acredita-la aptitude física mediante a presentación dun certificado médico, no que se faga constar que
o aspirante reúne as condicións físicas e sanitarias necesarias para a realización das probas físicas que
figuran nestas bases, e de que non estar incurso en posibles causas de incapacidade recollidas no anexo
de exclusións médicas destas bases, sen prexuízo de comprobacións posteriores do que reflicta o
certificado médico.
h) Compromiso de portar armas propias da actividade que se vai desempeñar, e si fora o caso, de chegar
a utilizalas,o que se prestará mediante declaración xurada e por escrito.
PRAZO DAS CONVOCATORIAS:
20 días naturais contados dende o día seguinte ao da publicación da convocatoria no BOE
CONCELLO DE FERROL - BOP DA CORUÑA, 22 DE AGOSTO
Anuncio bases específicas para a provisión, en propiedade, quenda libre, dunha (1) praza de
Traballador/a Social.
DO 5 AO 30 DE AGOSTO
- 9 -
CARACTERÍSTICA DA PRAZA:
Unha praza de traballador/a / asistente social, encadrada na Escala de Administración Especial, Subescala
Técnicos Medios, clasificadas no grupo “A2”. O sistema de provisión é o de oposición en quenda libre.
REQUISITOS:
Estar en posesión do título de Diplomado en Traballo Social ou Asistencia Social.
PRAZO:
20 días naturais contados a partir do día seguinte ao da publicación da convocatoria no BOE.
CONCELLO DE GONDOMAR - DOG, 23 DE AGOSTO
Anuncio de oferta de emprego público para o ano 2013.
CARACTERÍSTICA DA PRAZA:
Persoal funcionario. Grupo C; subgrupo C1; escala Administración especial, denominación: axente policía
local, vacantes: 1.
CONCELLO DE OROSO - DOG, 22 DE AGOSTO
Resolución do 19 de xullo de 2013 referente á convocatoria para a provisión dunha (1) praza de
arquitecto municipal.
CARACTERÍSTICA DA PRAZA:
Persoal funcionario. Grupo A; subgrupo A1; denominación: arquitecto; vacantes: 1; provisión:
consolidación de emprego. Concurso-oposición; quenda: libre.
PRAZO:
20 días naturais que contarán desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE.
CONCELLO DO PEREIRO DE AGUIAR - DOG, 8 DE AGOSTO
CONCELLO DO PEREIRO DE AGUIAR - BOE, 10 DE AGOSTO
CONCELLO DO PEREIRO DE AGUIAR - BOP DE OURENSE, 5 DE AGOSTO
Anuncio polo que se publica a convocatoria de prazas da oferta ordinaria de emprego público do ano
2012.
PERSOAL FUNCIONARIO
SUBGRUPOS VACANTES DENOMINACIÓN PRAZAS Escala /
Subescala
ACCESO
A1 1 Arquitecto Especial / Tco.
superior. Concurso
oposición
libre 1 Asesor xurídicos en asuntos de
urbanismo e demais servizos municipais C2 5 Auxiliares administrativos Xeral / Auxiliar
A2 1 Administración xeral Xestión / Media Promoción
interna
vertical PERSOAL LABORAL FIXO
SUBGRUPO VACANTES DENOMINACIÓN PRAZAS ACCESO
C2 1 Encargado de obras e servizos
municipais
Concurso
oposición libre AA.PP 1 Operario de servizos varios
DO 5 AO 30 DE AGOSTO
- 10 -
PRAZO:
20 días naturais seguintes ao da publicación do anuncio da convocatoria no BOE.
CONCELLO DE PORTOMARÍN - BOP DE LUGO, 24 DE AGOSTO
Bases para a contratación laboral temporal a tempo parcial de dous limpadores/as de edificios
municipais e outras dependencias mediante concurso-oposición.
PRAZO:
20 días naturais, contados a partir do seguinte ao da publicacion das bases integras no BOP.
CONCELLO DE RIBADEO - BOP DE LUGO, 14 DE AGOSTO
Bases que rexerán o proceso selectivo para cobertura de xeito interino dunha (1) praza de Auxiliar de
Administración Xeral.
CLASIFICACIÓN DA PRAZA:
Funcionario interino. Subgrupo C2. Escala de Administración Xeral-Subescala Auxiliar. Sistema de
Selección: Concurso-Oposición. Número de prazas:Unha.
REQUISITOS:
Titulación: Graduado en Educación Secundaria obrigatoria, equivalente ou superior.
PRAZO:
Vinte días naturais contados dende o seguinte ao de publicación do anuncio de cada convocatoria no
Boletín Oficial.
CONCELLO DE RIBADEO - DOG, 20 DE AGOSTO
Convocatoria dunha (1) praza de peón coveiro.
PRAZO:
20 días naturais contados a partir do seguinte a aquel en que apareza publicado o extracto de
convocatoria no boletín oficial correspondente.
CONCELLO DE SOUTOMAIOR - BOP DE PONTEVEDRA, 29 DE AGOSTO
Bases da convocatoria para a selección dun/dunha (1) auxiliar de policía local en réxime laboral
temporal por acumulación de tarefas, mediante o procedemento de selección de oposición libre.
REQUISITOS:
Non ter menos de 18 anos e non ter cumpridos os 58 anos de idade. Estar en posesión do título de
“Educación Secundaria Obrigatoria”, “Graduado Escolar” ou equivalente. Posuír unha estatura de alomenos
1,65 m os homes e 1,60 m as mulleres. Deberán estar en posesión do título de auxiliar de Policía da
Academia de Seguridade Galega ou deberán presentar o compromiso de obtención do mesmo con
anterioridade á sinatura do contrato.
PRAZO:
Dez días naturais contados dende o seguinte ó da publicación do anuncio da convocatoria no BOP.
DO 5 AO 30 DE AGOSTO
- 11 -
6. OFERTAS PÚBLICAS DE EMPREGO DA UNIVERSIDADE
UNIVERSIDADE DE VIGO - DOG, 12 DE AGOSTO
Resolución do 31 de xullo de 2013 pola que se convoca un proceso selectivo para a contratación dun (1)
técnico especialista de calidade ambiental e histoloxía e dun (1) técnico especialista de
actividades no medio mariño.
PRAZAS E CATEGORÍAS:
- Un técnico especialista de calidade ambiental e histoloxía
- Un técnico especialista de actividades no medio mariño
A información pode consultarse: http://persoal.uvigo.es/persoal_gl/PAS/emprego/xerais/index.html.
Poden obter información e aclarar dúbidas a través do teléfono 986 813 762 (Negociado de Selección e
Provisión, Servizo de Persoal de Administración e Servizos) ou do correo electrónico [email protected]
PRAZO:
Rematará o 10 de setembro de 2013.
UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA - DOG, 9 DE AGOSTO
Resolución do 29 de xullo de 2013 pola que se convocan probas selectivas para cubrir dúas prazas da
categoría profesional de técnico en instalacións, grupo III, unha pola quenda de promoción interna e
unha pola quenda de acceso libre, vacantes no cadro de persoal laboral desta universidade.
REQUISITOS:
Estar en posesión do título do ciclo formativo de grao medio en Equipos e Instalacións Electrotécnicas ou
de Instalacións Eléctricas e Automáticas ou dun título universitario cuxo plan de estudos cubra as materias
obxecto do Regulamento electrotécnico para baixa tensión, aprobado polo Real decreto 842/2002, do 2 de
agosto, e das súas instrucións técnicas complementarias.
Naqueles casos en que non se poidan acreditar os requisitos de formación enumerados no parágrafo
anterior, admitirase como válido o seguinte: título de bacharel ou técnico; bacharelato unificado
polivalente; FP II; FP grao superior; ciclo formativo de grao medio ou equivalente, sempre que se
presente xunto co carné de instalador de baixa tensión, categoría especialista, ou do certificado de
profesionalidade da familia de electricidade.
As persoas aspirantes que concorran ás probas pola quenda de promoción interna deberán reunir,
ademais, os seguintes requisitos:
a) Ter a condición de persoal laboral fixo da USC.
b) Estar prestando servizos con carácter definitivo ou en adscrición provisional.
O sistema de selección das persoas aspirantes será o de concurso-oposición.
PRAZO:
20 días naturais contados a partir do seguinte ao da publicación do anuncio desta convocatoria no BOE.
DO 5 AO 30 DE AGOSTO
- 12 -
7. BOLSAS DE ESTUDIO, FORMACIÓN E INVESTIGACIÓN
CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E O.U. - DOG, 14 DE AGOSTO
Orde do 6 de agosto de 2013 pola que se fai pública a convocatoria de trinta prazas de colaboradores
bolseiros nos centros residenciais docentes da Coruña, Ourense e Vigo.
Convócanse 30 prazas de colaboradores bolseiros nos centro residenciais docentes da Coruña (18 prazas),
Ourense (6 prazas) e Vigo (6 prazas), dependentes da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos.
A duración da praza concedida comprenderá o período correspondente ao curso escolar 2013/14.
SOLICITUDES E PRAZO:
As solicitudes deberán presentarse utilizando o formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da
Xunta de Galicia, https://sede.xunta.es
PRAZO:
Un mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no DOG.
MINISTERIO DE EDUCACIÓN, CULTURA E DEPORTE - BOE, 3 DE AGOSTO
Real Decreto 609/2013, de 2 de agosto, por el que se establecen los umbrales de renta y patrimonio
familiar y las cuantías de las becas y ayudas al estudio para el curso 2013-2014, y se modifica
parcialmente el Real Decreto 1721/2007, de 21 de diciembre, por el que se establece el régimen de las
becas y ayudas al estudio personalizadas.
8. FORMACIÓN CONTINUA E CUALIFICACIÓNS PROFESIONAIS
ACADEMIA GALEGA DE SEGURIDADE PÚBLICA - DOG, 29 AGOSTO
Resolución do 21 de agosto de 2013 pola que se convoca un curso básico de manexo e utilización do
bastón policial extensible.
Obxectivos: actualizar en técnicas de autoprotección e de defensa persoal policial. Desenvolver a
capacidade de resposta adecuada. Coñecer os procedementos establecidos para o efecto.
Destinatarios/as: persoal dos corpos de policía local de Galicia.
SOLICITUDES E PRAZO:
a) O persoal que desexe participar no curso convocado nesta resolución deberá cubrir o formulario de
matrícula telemática na páxina web da Agasp http://Agasp.xunta.es
b) O Prazo inscrición e presentación de solicitudes rematará o día 6 de setembro de 2013.
ACADEMIA GALEGA DE SEGURIDADE PÚBLICA - DOG, 30 AGOSTO
Resolución do 22 de agosto de 2013 pola que se convocan tres edicións do curso sobre seguridade,
protección e autoprotección nas intervencións policiais.
Destinatarios/as: Persoal dos corpos de policía local de Galicia.
DO 5 AO 30 DE AGOSTO
- 13 -
SOLICITUDES E PRAZO:
a) O persoal que desexe participar no curso convocado nesta resolución deberá cubrir o formulario de
matrícula telemática na páxina web da Agasp http://Agasp.xunta.es
b) O Prazo inscrición e presentación de solicitudes rematará o día 13 de setembro de 2013.
CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E O.U. - DOG, 13 DE AGOSTO
Orde do 1 de agosto de 2013 pola que se fai pública a oferta educativa das escolas oficiais de
idiomas da Comunidade Autónoma de Galicia a partir do curso escolar 2013/14.
CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E O.U. - DOG, 13 DE AGOSTO
Resolución do 30 de xullo de 2013, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación
Educativa, pola que se ditan instrucións para o desenvolvemento dos ciclos formativos de formación
profesional inicial no curso 2013/14.
CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E O.U. - DOG, 13 DE AGOSTO
Resolución do 31 de xullo de 2013, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación
Educativa, pola que se determinan os prazos de admisión do alumnado nos centros docentes sostidos
con fondos públicos que impartan programas de cualificación profesional inicial e se ditan instrucións
para o seu desenvolvemento no curso académico 2013/14.
CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E O.U. - DOG, 14 DE AGOSTO
Orde do 7 de agosto de 2013 pola que se establece a oferta de programas de cualificación
profesional inicial en centros públicos na Comunidade Autónoma de Galicia.
DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA - BOP DE PONTEVEDRA, 9 DE AGOSTO
Plan agrupado de formación continua da Deputación de Pontevedra de accións formativas para o
segundo semestre do ano 2013
No marco do acordo de formación para o emprego das administracións públicas (IV Acordo de Formación
Continua nas Administracións Públicas) e con cargo á subvención do Instituto Nacional de Administración
Pública (INAP) para o Plan agrupado de formación continua do ano 2013, a Xunta de Goberno desta
Deputación, na sesión do 2 de agosto de 2013, acordou aprobar a convocatoria das accións formativas
programadas no anexo I coa participación dos concellos adheridos.
PRAZO:
Ata o 13 de setembro de 2013.
DO 5 AO 30 DE AGOSTO
- 14 -
9. OUTRAS NOVAS
CONCELLO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA - BOP DA CORUÑA, 6 DE AGOSTO
Modificación da relación de postos de traballo do Concello de Santiago
A Xunta de Goberno Local, na sesión que tivo lugar o 18 de xullo de 2013, acordou adaptar a relación de
postos de traballo, ao Decreto da Alcaldía do 12 de xuño de 2013 que modifica parcialmente a estrutura
organizativa da Concellaría de Facenda.
CONSELLO DE CONTAS DE GALICIA - DOG, 6 DE AGOSTO
Resolución do 24 de xullo de 2013 pola que se fai pública unha modificación da relación de postos de
traballo do Consello de Contas de Galicia.
CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E O.U. - DOG, 12 DE AGOSTO
Resolución do 31 de xullo de 2013, da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, pola que se dá
publicidade do texto refundido do Acordo do 20de xuño de 1995 polo que se regula o acceso e as
condicións de traballo do persoal docente interino e substituto dependente desta consellería que
imparte ensinanzas distintas das universitarias.
CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E INDUSTRIA - DOG, 14 DE AGOSTO
Decreto 134/2013, do 1 de agosto, polo que se procede á reorganización das entidades
instrumentais adscritas á Consellería de Economía e Industria con competencias en materia de
innovación e se modifica a estrutura orgánica da dita consellería.
CONSELLERÍA DE FACENDA - DOG, 7 DE AGOSTO
Resolución do 2 de agosto de 2013 pola que se ordena a publicación do Acordo do Consello da Xunta de
Galicia do 1 de agosto de 2013 polo que se aproba a modificación da relación de postos de traballo da
Consellería de Facenda.
CONSELLERÍA DE TRABALLO E BENESTAR - DOG, 12 DE AGOSTO
Resolución do 7 de agosto de 2013, da Dirección Xeral de Familia e Inclusión, pola que se actualizan os
prezos públicos establecidos polo Decreto 49/2012, do 19 de xaneiro, polo que se aproba o réxime de
prezos das escolas infantís 0-3 dependentes da Consellería de Traballo e Benestar.
JEFATURA DEL ESTADO - BOE, 3 DE AGOSTO
Real Decreto-ley 11/2013, de 2 de agosto, para la protección de los trabajadores a tiempo parcial y otras
medidas urgentes en el orden económico y social.
MINISTERIO DE EMPLEO Y SEGURIDAD SOCIAL - BOE, 16 DE AGOSTO
Resolución de 1 de agosto de 2013, del Servicio Público de Empleo Estatal, por la que se determina la
forma y plazos de presentación de solicitudes y de tramitación de las ayudas económicas de
acompañamiento incluidas en el programa de recualificación profesional de las personas que
agoten su protección por desempleo prorrogado por el Real Decreto-ley 1/2013, de 25 de enero.
DO 5 AO 30 DE AGOSTO
- 15 -