Discurso para a clausura da semana das letras galegas

2
Colexio Padre Feijoo-Zorelle DISCURSO PARA O ACTO DE CLAUSURA DA SEMANA DAS LETRAS GALEGAS Como representante da comunidade educativa do colexio, é unha honra ter celebrado a SEMANA CULTURAL DAS NOSAS LETRAS con todos vós. Permitídeme comezar este discurso cunha pequeña homenaxe a Xose María Díaz Castro, un autor ata este ano descoñecido, pero dende agora referente indiscutible da literatura galega. Convídovos a escoitar “Nimbos”, o poema de que da título ao seu único pero poderoso poemario, no que cada peza en sí mesma é un verdadeiro tesouro poético. http://www.ivoox.com/nimbos-diaz-castro-audios-mp3_rf_3115483_1.html Non podemos deixar de escoitar “Penélope” o poema máis coñecido do autor no que bota man deste mito clásico para dar conta da evolución de Galicia ao longo do tempo: http://www.ivoox.com/penelope-diaz-castro-audios- mp3_rf_3115453_1.html Quero agradecervos a todos o esforzo e ilusión cos que levastes a cabo as actividades para esta semana. Grazas a Xosé Antón Cascudo por presentarnos “O instante eterno” , o documental que permitíunos coñecer mellor a vida e a obra de Díaz Castro.

description

 

Transcript of Discurso para a clausura da semana das letras galegas

Page 1: Discurso para a clausura da semana das letras galegas

Colexio Padre Feijoo-Zorelle

DISCURSO PARA O ACTO DE CLAUSURA DA SEMANA DAS

LETRAS GALEGAS

Como representante da comunidade educativa do colexio, é unha honra ter

celebrado a SEMANA CULTURAL DAS NOSAS LETRAS con todos vós.

Permitídeme comezar este discurso cunha pequeña homenaxe a Xose María

Díaz Castro, un autor ata este ano descoñecido, pero dende agora referente

indiscutible da literatura galega. Convídovos a escoitar “Nimbos”, o poema de

que da título ao seu único pero poderoso poemario, no que cada peza en sí

mesma é un verdadeiro tesouro poético.

http://www.ivoox.com/nimbos-diaz-castro-audios-mp3_rf_3115483_1.html

Non podemos deixar de escoitar “Penélope” o poema máis coñecido do autor

no que bota man deste mito clásico para dar conta da evolución de Galicia ao

longo do tempo:

http://www.ivoox.com/penelope-diaz-castro-audios-

mp3_rf_3115453_1.html

Quero agradecervos a todos o esforzo e ilusión cos que levastes a cabo as

actividades para esta semana.

Grazas a Xosé Antón Cascudo por presentarnos “O instante eterno”, o

documental que permitíunos coñecer mellor a vida e a obra de Díaz Castro.

Page 2: Discurso para a clausura da semana das letras galegas

Grazas tamén á Deputación de Ourense, por convidarnos a participar na

Semana das Letras Galegas, proporcionándonos material para levar a cabo un

bo número de actividades coas que afondamos no coñecemento das letras

ourensás.

Parabéns polo magnífico traballo de investigación desenvolto estes días, pola

elaboración dos cartaces e do mosaico con figuras claves da literatura da nosa

provincia e, por suposto, por esa adaptación ao rap do poema de Celso Emilio

Ferreiro, “Deitado frente ao mar”.

A celebración das nosas letras NON remata aquí e agora. Mañá é o día

grande, o día de Díaz Castro; celebrádeo saboreando e recitando os seus

marabillosos poemas.

Facede que o día das letras galegas non se limite a un día, senón que teña

lugar durante todo o ano! Lede, aprendede e disfrutade coa obra de autores

que fan de nós un pobo.

FELIZ DÍA DAS LETRAS GALEGAS!

Honorato Losada

Director