Díptico mina Corcoesto

4
CORCOESTO: NON TODO BRILLO NO OURO É Mentiras e medias verdades en torno á mina de ouro (Esas cousas que escoitamos por aí e non temos moita certeza de que sexan verdade) E a min que? Total, o meu oficio non depende de se hai contaminación ou non, así que non me vai afectar. Durante unha boa temporada, a xente que viva nos arredores da mina vaise ver afectada polos ruídos das explosións constantes (non esquezamos que teñen pensado dinamitar máis de 20 millóns de metros cúbicos de rocha), así como polo po en suspensión. Non vai haber limpamobles que chegue! Vale, si, fan un burato enorme, pero despois volven poñer todo como estaba. Aínda que volvan deixar todo como estaba (que non é o máis habitual), o que hai debaixo da superficie en aparencia igual, non é o mesmo que había, e con frecuencia os cursos das augas subterráneas vense alterados. É como unha ferida que cura superficialmente: ten moi boa pinta, pero a infección, (neste caso a contaminación na terra) permanece debaixo da pel. Crea un montón de postos de traballo. Os postos de traballo que crea son pasaxeiros. Habitualmente, este tipo de proxectos reciben subvencións millonarias. Por que a administración non dedica eses cartos a subvencionar iniciativas que creen postos de traballo duradeiros e sustentables, que non supoñan un risco para a comunidade? Cooperativas agrícolas e gandeiras, turismo rural, cooperativas de marisqueo... Por que non falar tamén do risco que a mina supón para postos de traballo xa existentes e PERIGO MINERÍA A CEO ABERTO Químico utilizado na explotación a ceo aberto para separar o mineral da rocha, contaminando a auga e afectando ao medio ambiente

description

Folleto publicado por Verdegaia para difundir os riscos do proxecto de mina de ouro en Corcoesto.

Transcript of Díptico mina Corcoesto

Page 1: Díptico mina Corcoesto

CORCOESTO: NON TODO BRILLO NO OUROÉ

Mentiras e medias verdades en torno á mina de ouro(Esas cousas que escoitamos por aí e non temos moita certeza de que

sexan verdade)

• E a min que? Total, o meu oficio non depende de se hai contaminación ou non, así que non me vai afectar. Durante unha boa temporada, a xente que viva nos arredores da mina vaise ver afectada polos ruídos das explosións constantes (non esquezamos que teñen pensado dinamitar máis de 20 millóns de metros cúbicos de rocha), así como polo po en suspensión. Non vai haber limpamobles que chegue!

• Vale, si, fan un burato enorme, pero despois volven poñer todo como estaba. Aínda que volvan deixar todo como estaba (que non é o máis habitual), o que hai debaixo da superficie en aparencia igual, non é o mesmo que había, e con frecuencia os cursos das augas subterráneas vense alterados. É como unha ferida que cura superficialmente: ten moi boa pinta, pero a infección, (neste caso a contaminación na terra) permanece debaixo da pel.

• Crea un montón de postos de traballo. Os postos de traballo que crea son pasaxeiros. Habitualmente, este tipo de proxectos reciben subvencións millonarias. Por que a administración non dedica eses cartos a subvencionar iniciativas que creen postos de traballo duradeiros e sustentables, que non supoñan un risco para a comunidade? Cooperativas agrícolas e gandeiras, turismo rural, cooperativas de marisqueo... Por que non falar tamén do risco que a mina supón para postos de traballo xa existentes e

PERIGOMINERÍA A CEO ABERTO

Químico utilizado na explotación a ceo aberto para separar o mineral da rocha, contaminando a auga e afectando ao medio ambiente

PERIGOMINERÍA A CEO ABERTO

Químico utilizado na explotación a ceo aberto para separar o mineral da rocha, contaminando a auga e afectando ao medio ambiente

Page 2: Díptico mina Corcoesto

sustentables, como son o marisqueo e a pesca?

• Si hai algún accidente, a empresa faise cargo. Na maioría dos casos, non é así. É frecuente que, no caso de que haxa algún accidente, a empresa desapareza ou dea creba. Ata o propio Parlamento Europeo o recolle nunha resolución aprobada o ano pasado, na que se pedía o fin da minería con

cianuro: “...o uso de cianuro en minería pode provocar enormes danos ecolóxicos transfronteirizos, que, polo xeral, non son reparados polas empresas explotadoras responsables, que adoitan desaparecer ou declararse en creba, senón polo Estado correspondente, é dicir, polos contribuíntes.” O caso máis recente no noso país témolo no coñecido desastre de Aznalcóllar (Andalucía). A empresa responsable, a sueca Boliden, non pagou nin unha peseta dos moitos millóns que se levan gastado en limpar a zona, contaminada indefinidamente.

• Ao río non vai haber verquidos, non? No documento de inicio do proxecto de Corcoesto, recóllese textualmente que unha das características da explotación é: “La ausencia de vertido de aguas procedentes del tratamiento del mineral (aguas de proceso) siempre que ello sea posible”. “En caso de no ser posible, el exceso se verterá tras ser tratado utilizando las mejores técnicas disponibles.” Mágoa que as mellores técnicas dispoñibles non garanten a ausencia de contaminación.

• ALGUNHAS COUSAS QUE IGUAL CHE INTERESA SABER SOBRE O PROXECTO:

• Prevese unha produción de 10 a 20 millóns de toneladas de mineral, que serán tratadas na planta de tratamento.

• No curso da explotación, produciranse uns 20 millóns de metros cúbicos de estériles de mina. No documento de inicio non se indica a densidade destes estériles pero supoñen

Page 3: Díptico mina Corcoesto

aproximadamente 60 millóns de toneladas a unha densidade de 3 gr/cm3.

• O documento de inicio di que o impacto sonoro vai ser importante, o que escorrentará á fauna salvaxe da zona. Cal vai ser o efecto sobre os domésticos? Non lles producirá estrés que afecte, por exemplo, á produción leiteira?

• Os cambios na morfoloxía do terreo poden alterar a rede de augas subterráneas. É posible que algúns pozos diminúan o seu rendemento ou desaparezan.

• Tanto o cianuro como os metais pesados liberados por el (arsénico, antimonio, cadmio, cromo, chumbo, níquel, selenio, talio), e outras substancias tóxicas que se atopan nos lixiviados, como os sulfuros, son unha ameaza para as augas, tanto superficiais como subterráneas.

• Pode haber escapes de cianuro da balsa de almacenamento. Os accidentes máis frecuentes son de dous tipos: rotura da membrana que se pon debaixo da balsa para evitar as filtracións, ou desbordamento (por chuvias torrenciais, por exemplo). Estes escapes representan unha ameaza a longo prazo para as augas subterráneas: o cianuro precisa da luz do sol para descompoñerse en substancias menos tóxicas (que non é o mesmo que inócuas). Ademais, pode haber filtracións de cianuro provinte da terra tratada a través do terreo en dirección ao río e os acuíferos da zona.

• Os residuos sólidos finos provenientes da área de explotación poden dar lugar a unha elevación da capa de sedimentos no río.

Page 4: Díptico mina Corcoesto

SI, PERO TOTAL, EU, QUE PODO FACER?1.Infórmate. Hai innumerables documentos,

libros, vídeos...que falan das repercusións sobre o medio da minería con cianuro. Canto maior sexa a túa información, máis sólida será a túa opinión sobre o tema

2.Difunde a información. É importante que a maioría da poboación estea informada, e saiba os riscos que se corren. Facilita información ás persoas do teu arredor.

3.Fala cos teus representantes políticos, trasladándolles a túa opinión e as túas queixas. Que máis adiante non poidan dicir “Eu non sabía nada”.

4.Ponte en contacto con xente das distintas asociacións (culturais, de veciños, ecoloxistas...) do teu entorno, para artellar modos de mobilización conxunta.

Ligazóns de interese:• Grupo Facebook:

https://www.facebook.com/groups/226028780784366/• Reportaxe CuatroTV: http://www.youtube.com/watch?

v=hYOKeNZn_TM• Resolución da UE: http://www.europarl.europa.eu/sides/getDoc.do?

type=TA&reference=P7-TA-2010-0145&language=ES• Preguntas frecuentes sobre minería: http://www.noalamina.org/mineria-

preguntas-frecuentes/blog• Impacto do cianuro: http://www.aldeah.org/es/impacto-ambiental-

debido-uso-del-cianuro-mineria-cielo-abierto

Rogamos a reprodución total ou parcial deste folleto, por calquera medio ao voso alcance. Contacto: [email protected]