DIAGNOSE COMUNITARIA · Teis, a taxa de actividade é do 53,42%, e que o ... A poboación de etnia...
Transcript of DIAGNOSE COMUNITARIA · Teis, a taxa de actividade é do 53,42%, e que o ... A poboación de etnia...
DIAGNOSE COMUNITARIA
DO BARRIO DE TEIS
A Diagnose formúlase
Como unha necesidade de autoanálise e coñecemento das condicións de vida, redes de relación e necesidades do ámbito territorial de Teis.
Cunha perspectiva de achegamento á realidade social comprensiva xa que
perseguiu comprender as dinámicas comunitarias e as súas potencialidades para dar resposta aos propios retos e necesidades.
Persigue o coñecemento útil
Orientador da acciónQue conseguira implicar aos colectivos e
axentes relevantesQue identificara necesidades (incluídos
novos tipos de necesidades sociais)que recoñecera e activara recursos para
satisfacela
Obxectivos da Diagnose
Coñecer a realidade dende a propia perspectiva do barrio
Identificar e valorar os obstáculos e as potencialidades comunitarias
Optimizar o coñecemento dos recursos presentes nela
Dinamizar o tecido asociativo e a participación social
Un dato significativoAvaliación dos servizos públicos
As UTS, o Centro Cívico, a piscina e o centro de saúde presentan puntuacións positivas, de entre un 3,99 e un 3,78. A máis baixa valoración é para a oficina de emprego, onde as persoa usuarias outorgan unha media de 2,99 nunha escala do 1 ao 5.
Bos valores en xeral para os equipamentos
Malos valores para a calidade do espazo urbano sobre todo no que atinxe á mobilidade, deterioro do espazo, ruído ou contaminación e nunha menor medida a problemáticas sociais de drogadicción ou delincuencia.
Outro dato significativoOutro dato significativoParticipación socialParticipación social
As cuestións da participación social vense afectadas pola configuración do espazo público. Algunhas das opinións recollidas no estudo fan mención á carencia de espazos de encontro e espazos públicos de calidade, que favorezan a participación.
Tamén son importantes as experiencias históricas e os seus resultados.
O plan de urbanismo como contexto activador da reflexión
•Análise das demandas diagnósticas•Accións acertadas (ata omomento)•Accións posibles (cara ao futuro)•Recursos dispoñibles•Implicación de colectivos e axentes relevantes•Programas comunitarios
LIÑAS PROGRAMÁTICAS
Accións acertadas“Programa preventivo”
Escolar: Programa de prevención en drogodependencias e condutas adictivas (“hábitos de vida saudable”; “non pasa nada. Pasa algo?”...)
Familiar: Programa de prevención en drogodependencias e condutas adictivas (“escolas de nais e pais”; en familia todos/as contan”...
Comunitario: Coordinación-información-formación (traballo en comisións); Comité Ténico; Comité interanpas...
As novas veciñas e veciños: poboación migrante
O peso da poboación estranxeira é do 4%: 2,7% son persoas estranxeiras non comunitarias e 1,3% comunitarias.
Do total de persoas estranxeiras, o 53,5% son homes fronte ao 46,5% que son mulleres. No grupo das non comunitarias os homes representan o 57,1% e as mulleres o 42,9%.
A maioría das 41 persoas das que temos datos, e que teñen nacionalidade estranxeira, é xente nova. De feito o 67% ten menos de 35 anos, resultando máis numeroso o colectivo de entre 26 e 35 anos (36,5%).
As novas veciñas e veciños: poboación migrante
Problemáticas centrais para abordar nunha estratexia comunitariaInformación xeralSaúdeEducaciónInfancia-muller
Acción:programa para mulleres
inmigrantes
Visibilizar ás mulleres inmigrantes do barrio aumentando a súa integración social.
Mellorar a formación integral das mujeres inmigrantes, proporcionándolles aqueles coñecementos necesarios para desenvolverse no seu entorno vital.(información xeral, saude…)
Cubrir a necesidade inmediata de aprender a lingua española e aqueles aspectos da nosa cultura que favorezan a súa integración.
A xente nova no barrio de Teis
Dificultades para a dinamización deste colectivo,Busca da implicación activa a través da linguaxe audiovisual Casting cartel Obradoiros video-fotográfico …
Finalmente: cuestionarios para os adolescentes que incluíron, entre outros, cuestións relativas a súa vida diaria e a opinión que teñen sobre o seu barrio.
A xente nova do barrio de Teis
As súas demandas enfócanse cara á escaseza de espazos públicos recreativos e de encontro.
Os datos obtidos con referencia ao mercado de traballo apuntan á necesidade de actuacións neste senso, tendo en conta que, no caso de Teis, a taxa de actividade é do 53,42%, e que o 45,1% das persoas paradas (incluindo as que xa traballaron e os que buscan o primeiro emprego) teñen menos de 26 anos
A xente nova no barrio de Teis
Despois dos intentos pouco fructíferos de vincular á xente nova ao propio proceso de diagnose, despois de ter realizado varias convocatorias sen éxito... en marzo de 2009 se contacta cunha asociación e centro social que nacera no barrio: O Guindastre.
Será a partir da boa acollida da metodoloxía de diagnose comunitaria e da coordinación asociativa en torno ao Plan Comunitario por parte da xente desta asociación, que quede aberta por fin unha liña de colaboración activa coa xente nova de Teis.
Acción:programa “A punto Teis”
Crear un espazo comunitario que se estableza como punto de encontro entre os mozos e mozas do barrio.
Aumentar as competencias en habilidades sociais e prelaborais dos mozos e mozas.
Aportar e/ou actualizar os contidos básicos para que poidan acceder ao mercado de traballo de xeito normalizado.
Proporcionar un servizo de apoio, asesoramento e acompañamento a este sector poboacional.
Fortalecer as redes sociais como instrumento de apoio socio-laboral.
Utilizar a comunidade como recurso na búsqueda activa de emprego.
Promover a coordinación dos servizos e profesionais do barrio implicados no programa .
Realizar un seguimento e titorización persoalizada dos destinatarios/as contando cos profesionais e servizos do barrio.
A poboación de etnia xitana en teis
Existe unha diferenza fundamental entre a poboación xitana de Teis e a do resto de Vigo (Cabral, Salgueira, Beade): non se dan as condicións de chabolismo con respecto a elas. Esto débese fundamentalmente a dous feitos moi relevantes:
Adquisición de vivendas sociais Abandono da venda de chatarra pola venda ambulante e/ou a
incorporación progresiva no ámbito laboral por conta allea. Estes dous feitos facilitan a convivencia dentro da
cominidade, se esceptuamos algúns grupos resistentes que se negaron a abandoar a venda de drogas e que están a causar conflicto no seu entorno.
A poboación de etnia xitana en teis
Datos que dan conta da desventaxe social real dos xitanos O nivel de ocupación moi baixo O seu nivel de inclusión no sistema educativo é
moi inferior a outros colectivospoboacionais.A visión desde os centros de ensino apunta a
que os/as alumnos/as de etnia xitana moitas veces actúan como elementos desestabilizadores, polo que se fai preciso buscar estratéxias para implicalos integrándoos no sistema educativo
Infancia-familia
Barrio con elevada poboación infantil, sobre todo desde a incorporación continuada de nenos/as procedentes de familias de orixe estranxeira.
Por orde de prioridade, entre os sete primeiros problemas, sinalados polas persoas entrevistadas está, en cuarto lugar: os escasos servizos recreativo-educativos para os máis
cativos. Entre as princiapis demandas, entre outras:
Conciliar a vida laboral e familiar: Crear redes de axuda mutua, tanto para nenos/as
como para anciáns.
Infancia-familia
Falta de alternativa de ocio gratuíto e mesmo non gratuíto: escaseza de parques, zonas verdes, parques de bola e similares, etc.
Desaproveitamento das dotacións públicas d recursos sociocomunitarios que permitan o seu uso racional e social, cun horario aberto á comunidade, sen necesidade de cuotas ou taxas adicionais.
Crecente urbanización do barrio conduce a que os nenos se interrelacionen menos cos seus similares e mesmo veciños fóra do horario escolar, o que os leva á soidade ou a buscar alternativas de ocio pouco saudables
Non existencia dunha ludoteca municipal no barrio de Teis, contrariamente ao que ocorre noutros barrios
Acción:Ludo-Pam Teis
Evitar na medida do posible a inadaptación e a exclusión social dos menores, artellando unha intervención interdisciplinar que favoreza procesos normalizadores para éstes.
Aborda- las situacións problemáticas e de risco na infancia de forma que se leve a cabo unha intervención preventiva en canto o posible agravamento nun futuro as devanditas situacións.
Ofrecer un recurso adaptado as novas necesidades das familias traballadoras ou con cargas familiares.
Promocionar e fomentar a igualdade Crear un espacio de lecer alternativo para os nenos/as de
Teis. Conseguir unha efectiva integración dos nenos/as en risco
de exclusión social nas actividades de lecer Creación ou consolidación segundo os casos dun espacio de
apoio e derivación de rapaces/as en situacións especiais detectadas por profesionais do barrio, servizos colaboradores…
Persoas maiores en Teis Das 1039 persoas das que se teñen datos a través da
enquisa, 173 son maiores de 65 anos, o que representa o 16,65% da poboación. Destas 173 persoas maiores de 65 anos, 69 son homes e 104 son mulleres.
Por orde de prioridade, entre os sete primeiros problemas, sinalados polas persoas entrevistadas están: En primeiro termo, a deficiente atención ós anciáns;
En canto as demandas maís repetidas: Crear redes de axuda mutua, tanto para nenos/as
como para anciáns.
Persoas maiores en Teis
Propostas de participación para solucionar as demandas xurdidas en relación ás persoas maiores:
Favorecer a participación dos anciáns na comunidade
Esixir a Administración Centros de dia/residencias no barrio
Potenciar a interrelación xeneracional,e decir aproveitar a experiencia do ancián e a alegria do neno, elaborando programas en base a este principio.
Acción:Programa interxeracional
intercultural Crear un contexto regular de relación entre maiores e
nenos e nenas que viven no barrio, máis concretamente, cos fillos e fillas de parellas procedentes doutras culturas
Desenvolver valores educativos transversais derivados da relación entre persoas de diferentes idades e culturas
Propiciar sentimentos de responsabilidade, utilidade e autoestima no colectivo de maiores que son usuarios do Centro de Día
Crear contextos motivadores para as persoas maiores usuarias do Centro que propicien actitudes activas, participativas e de desenvolvemento persoal
Contribuir ó desenvolvemento comunitario do barrio ó que pertenece xeográficamente o Centro de Día Atalaia de Teis.