DAG_Diccionario Audiovisual Galego

28
Diccionario Audiovisual Galego

description

Ferramenta que fai entretido, dinámico, divertido, divertido e fácil de afianzar o idioma galego entre os nosos falantes, así como achegar a nosa cultura e a nosa lingua ós que nos visitan ou ós que decidiron formar parte da nosa identidade d eun ou doutro xeito.

Transcript of DAG_Diccionario Audiovisual Galego

Page 1: DAG_Diccionario Audiovisual Galego

Diccionario

Audiovisual

Galego

Page 2: DAG_Diccionario Audiovisual Galego
Page 3: DAG_Diccionario Audiovisual Galego

Introducción 5

A idea 6

Formato para inserción web 12

Sinopse píldoras, definición 14

Por qué 18

Exemplos de termos e fraseoloxía 20

ANEXO, PGM 0 23

INDICE

Page 4: DAG_Diccionario Audiovisual Galego
Page 5: DAG_Diccionario Audiovisual Galego

5

Ferramenta que fai entretido, dinámico, divertido e fácil afianzar o idioma galego entre os nosos falantes, así como achegar a nosa cultura e a nosa lingua ós que nos visitan ou ós que decidiron formar parte da nosa identidade dun ou doutro xeito, xa sexa vivindo entre nós, en Galicia, ou aprendendo o galego polo simple feito de saber dunha lingua vernácula, de atractivo e musicalidade avalada por séculos de historia e tradición.

Co novidosísimo e pioneiro DICCIONARIO AUDIOVISUAL GALEGO (DAG), o actual diccionario da RAG quedará accesible a golpe de click, mediante a web habilitada para tal menester www.dicionarioaudiovisualgalego.com para todos aqueles que queiran saber cómo se pronuncia e en qué casos se emprega verbas e termos en galego, dos que xa tiña coñececemento, ou ben dos que quere saber mais, polo mero pracer de aprender e gozar da nosa lingua, instrumento vivo de cultura e coñecemento.

Page 6: DAG_Diccionario Audiovisual Galego

Nace como un a vía mais moderna e visual de aprender e gozar do idioma galego; baseando a súa efectividade no recurso interactivo vía web www.dicionarioaudiovisualgalego.com, achegamos tódolos termos vixentes do idioma galego que recolle a RAG, así como os xiros idiomáticos, frases feitas e refráns que teñen vinculación coas definicións audiovisuais das que nos facemos eco.

O primeiro DICIONARIO AUDIOVISUAL GALEGO (DAG), no que calquera palabra, expresión, refrán ou fraseoloxía típica galega terá reflexo nas principais linguas faladas no mundo, sexa inglés, francés, alemán ou chinés. Dende Galicia, partindo do idioma galego, para o mundo enteiro, a nosa cultura ó alcance de todos os que a queiran gozar e aprender dun xeito natural e atractivo.

De igual maneira, DICIONARIO AUDIOVISUAL GALEGO (DAG) é un lugar de encontro, no que non hai eiva que impida aprender ou reforzar o uso do noso idioma, xa que, en todo momento, os nosos contidos son adaptados para xente con distintas capacidades (xordeira, cegueira, etc…), facendo uso, para iso, dos distintos avances audiovisuais que fan posible que navegar pola rede estea ó alcance de todos dun xeito doado e entretido, no que o DICIONARIO AUDIOVISUAL GALEGO (DAG) e a súa plataforma web www.dicionarioaudiovisualgalego.com sexan plenamente accesibles, de xeito que o goce do coñecemento do noso idioma estea ó alcance de calquera persoa, especialmente dos nenos de curta idade e xente con limitacións visuais ou auditivas. Grafismos atractivos e dinámicos para os mais cativos, que fan divertido o achegamento á nosa lingua, a transcrición do que se locuta ou define e mesmo unha versión en linguaxe de signos do termo en cuestión, son os elementos que fan dos nosos contidos un lugar de encontro para tódolos públicos, sen importar as súas limitacións sensoriais ou a idade. Sen límites, así é o galego do século XXI, e así é o noso DICIONARIO AUDIOVISUAL GALEGO: un site web no que o diccionario da RAG ten voz e correspondencia en inglés, francés, alemán e chinés.

Page 7: DAG_Diccionario Audiovisual Galego

7

Page 8: DAG_Diccionario Audiovisual Galego
Page 9: DAG_Diccionario Audiovisual Galego

9

Preview da index da páxina webwww.diccionarioaudiovisualgalego.com

Page 10: DAG_Diccionario Audiovisual Galego
Page 11: DAG_Diccionario Audiovisual Galego

11

Preview da index da páxina webwww.diccionarioaudiovisualgalego.com

Page 12: DAG_Diccionario Audiovisual Galego

TÍTULO: DICIONARIO AUDIOVISUAL GALEGO (DAG)

XÉNERO: Divulgativo cultural

DURACIÓN: 4 / 5 minutos

FORMATO: Píldoras audiovisuais, gravadas en plató, posteriormente editadas para insertar en buscador do site web www.dicionarioaudiovisualgalego.com

CONCEPTO: Dicionario audiovisual galego-inglés, galego-francés, galego-alemán, galego-chinés, no que se ofrece a tradución de termos e expresión idiomáticas identitarias da nosa cultura, co seu equivalente no idioma correspondente. Con contidos adaptados a persoas con capacidades mermadas e especialmente pensados e desenrolados para captar e afianzar a atención dos mais pequenos da casa, o DICIONARIO AUDIOVISUAL GALEGO (DAG) conta cunha estética atractiva, un ritmo áxil e adaptado ós gustos dos nenos de curta idade, así como cun locutor con linguaxe de signos e mesmo a transcrición do que se vai locutando en cada episodio.

SINERXIA DE RECURSOS PÚBLICOS: Co fin de aunar esforzos e que o DICIONARIO AUDIOVISUAL GALEGO (DAG) teña a maior repercusión posible, o noso site web www.dicionarioaudivisualgalego.com terá un lugar destacado en calquera das outras webs institucionais da Xunta, na que teñan cabida coñecementos lingüísticos, idiomáticos ou de reforzamento do noso idioma galego.

TARGET: Tódolos públicos, sendo os nenos e as persoas con algún tipo de limitación sensorial (auditiva ou visual) obxecto principal da nosa atención á hora de dar voz ós termos do galego que recolle a RAG.

Page 13: DAG_Diccionario Audiovisual Galego

Inserción de banner do DGA www.realacademiagalega.org

Inserción de banner do DGA www.xunta.es/linguagalega

Page 14: DAG_Diccionario Audiovisual Galego

Cun formato sinxelo e áxil, en 5 minutos, un persoeiro de notoriedade social en Galicia (escritor, político, cantante, actor, médico…) fará de Cicerone en cada píldora ou mini programa , definindo unha palabra ou concepto, amosando fisicamente a que se refire. En DICIONARIO AUDIOVISUAL GALEGO Non nos ocupamos soamente de dar definición de termos do noso idioma, senón que os relacionamos con expresión lingüísticas tan propias e identitarias, que só teñen sentido na nosa lingua e na nosa cultura, dando así unha explicación clara e amena dos diferentes ditos populares que teñen relación co termo que se explica.

Unha vez definimos o termo en cuestión, en DICIONARIO AUDIOVISUAL GALEGO

tócalle o quenda ó resto dos convidados que nos achegan a tradución a seus idiomas

maternos, xa sexa inglés, francés, alemán ou chinés. Estes personaxes pronuncian o termo

na súa lingua, ofrecendo, igualmente un xiro idiomático ou refrán. Do mesmo xeito, en pantalla

aparece impresa a transcrición fonética do termo en cada idioma, co fin de que tanto os

galego falantes que nos vexan desde casa ou vía web sexan quen de dar pronunciar con certa

soltura o termo que acaban de oír en inglés, francés, alemán ou chinés.

...Así pois, se definimos ‘chover’, o noso Cicerone da xornada en

DICIONARIO AUDIOVISUAL GALEGO (DAG), fará referencia a

ditos como ‘Nunca choveu que non escapara’, ‘Corre, Carmela, que

chove…’ ou ‘Cando o Este chove, as pedras remove…’.

Page 15: DAG_Diccionario Audiovisual Galego

15

Así pois, empregando o termo anterior, ‘chover’, os diferentes locutores extranxeiros

ofrecen a traducción en Rain Pluie Regen , ó mesmo tempo que un printer coa

representación fonética en cada idioma, reforza o son e vocalización da palabra traducida.

Co fin de reforzar e enfatizar no termo e contidos ofrecidos na xornada, a modo de

colofón ou despedida, o noso Cicerone voltará a amosar a cámara o obxecto definido ou

relacionado co que se defina, ó tempo que, á pantalla partida, aparecen os diferentes locutores

doutros idiomas, verbalizando o termo en cuestión outra vez, sen mais explicación que a

propia palabra definida, sen printers nin xiros idiomáticos.

Tal e como avanzamos líneas arriba, en DICIONARIO AUDIOVISUAL GALEGO (DAG)

contamos cun locutor de linguaxe de signos, que nun recadro inferior da pantalla, ó tempo que

un printer irá transcribindo o que se conta en cada programa, para que ninguén sexa alleo ó

que imos contando, por moitas que sexan as súas dificultades auditivas ou visuais.

Ó final de cada definición do DICIONARIO AUDIOVISUAL GALEGO (DAG) hay un espazo

para divulgar a plataforma online na que estamos traballando a diario, en continuo crecemento,

como o noso idioma, así coma do explicado no episodio en cuestión, printeando a dirección

de correo electrónico onde se poden enviar dúbidas, aportacións, etc… que nos axuden a

facer mais completo e útil o noso DICIONARIO AUDIOVISUAL GALEGO (DAG); igualmente,

facemos fincapé con voz en OFF dos recursos tecnolóxicos, educativos, filolóxicos e de lecer

que se contemplan no noso site web www.dicionarioaudiovisualgalego.com

Page 16: DAG_Diccionario Audiovisual Galego
Page 17: DAG_Diccionario Audiovisual Galego

17

Preview de inserción de videowww.diccionarioaudiovisualgalego.com

Page 18: DAG_Diccionario Audiovisual Galego

Imbuíndonos no mundo global que nos toca vivir, DICIONARIO AUDIOVISUAL GALEGO (DAG) convértese na ferramenta imprescindible para aprender e afianzar a lingua galega, dun xeito áxil, atractivo, cordial e, sobre todo, universal, xa que calquera que sexa o termo ou fraseoloxía da que nos ocupemos, terá un reflexo nun dos principais idiomas de espectro internacional: inglés, francés, alemán e chinés.

Sen esquecernos das persoas con capacidades diminuídas, adaptamos os nosos contidos ás súas necesidades, facendo noso o lema de que a información ten que ser igual e estar ó alcance de todos, independentemente da súa realidade.

O apoio web de DICIONARIO AUDIOVISUAL GALEGO (DAG) (www.dicionarioaudiovisualgalego.com) é unha ferramenta definitiva á hora de achegar ó galego ás novas xeracións, ofrecendo contidos dun xeito dinámico, moderno, atractivo e interactivo, que dan unha imaxe do idioma galego coma lingua global e sen fronteiras, xa que por medio da rede, o noso DICIONARIO AUDIOVISUAL GALEGO (DAG) está a disposición do público en xeral, non só do galego que nos sintoniza na tele, ou do visitante/estranxeiro que nos escolle como país receptor, senón para todo aquel que teña interese ou goce de aprender unha das linguas vernáculas por excelencia: o galego.

A duración das píldoras-definición do DICIONARIO AUDIOVISUAL GALEGO (DAG) (4/5 minutos) fai que os nosos contidos sexan amenos e doados de seguir e fixar por parte do público; dado que o noso target é familiar, para tódolos públicos, sen distinción de idade, DICIONARIO AUDIOVISUAL GALEGO (DAG) é unha ferramenta online moi adecuada e divertida non só para os pequenos da casa, que se achegan ó galego e os idiomas do mundo dun xeito natural e espontáneo, e para os pais e avós, que gozan de aprender ou reforzar a identidade dun idioma que levan falando e sentido toda vida…

Page 19: DAG_Diccionario Audiovisual Galego

19

Page 20: DAG_Diccionario Audiovisual Galego

CHOVERChuvia para min, abril e maio; para ti, todo o ano.

Chuvia de Santa María coa súa regazadiña… Chuvia por San Xoan, tolle o viño e molla o pan.

DEMO

Ter o demo no corpo.Xa se meteu o demo a predicador.

Cando o demo non ten que facer, mata moscas co rabo…

GRILO

Cando o grilo canta, tira ca manta.Andar ós grilos…

Page 21: DAG_Diccionario Audiovisual Galego

21

OLLOA ollos vistos.

Ter mais ollos que barriga.Chorar por un ollo aceite e polo outro vinagre…

CAN

Como o can e o gato…Estar coma os cans na misa de doce.

Meter os cans na bouza…

FADA

Que sexa para as boas fadas!É unha meniña/o fadada/o…

Ir vello para fadas

PIAR

Tarde piaches…!

Page 22: DAG_Diccionario Audiovisual Galego
Page 23: DAG_Diccionario Audiovisual Galego

23

ANEXO

Page 24: DAG_Diccionario Audiovisual Galego

*** NADA MAIS REMATAR A CABECEIRA DA PÍLDORA-DEFINICIÓN, XA VEMOS A LOCUTORA DE LINGUAXE DE SIGNOS COMPARTINDO PROTAGONISMO CO CICERONE DA XORNADA; DO MESMO XEITO, OS PRINTERS COA TRANSCRICIÓN DO QUE SE VAI NARRANDO, PARA FACER ACCESIBLE O PROGRAMA ÓS INVIDENTES ****

1.- O convidado ou Cicerone que dará voz ó termo a definir no noso diccionario audiovisual galego DICIONARIO AUDIOVISUAL GALEGO é MARÍA MERA, actriz, presentadora e xornalista, rostro habitual e amable da canle TVG.

2.- Preséntase, dicindo nome e profesión e definindo o termo ‘Chover’, ó que alude como verba favorita (tódolos convidados do DICIONARIO AUDIOVISUAL GALEGO (DAG) definen algún termo que, por razóns persoais, lles é agradable ou sonoro. Poden argüir, sucintamente, o motivo desta afinidade coa verba). Da definición, empregando un paraugas sobre o que cae unha chuvia intensa. Nun croma podemos ver imaxes de orballo, calabobos e demais…

3.- Volvemos a María, que conta distintas entradas fraseoloxía galega sobre a chuvia.

4.- AS TRADUCCIÓNS (eu isto véxoo con persoas, cun locutor inglés, francés, alemán e inglés ou catro AVATARS con grafismo, que se identifique claramente a orixe e o idioma que van falar, e que sexan eles sempre os que verbalizen a traducción), con printers con transcrición fonética de cada termo, e ofrecen fraseoloxía análoga do que ofrezamos como exemplo en galego (nunca choveu que non escampara, etc…)

5.- Secuencia final, na que María repite o termo en galego e, e aparecen en pantalla compartida o resto dos locutores ou avatares de grafismo verbalizando a tradución.

6.- María avanza que este e outros contidos están a disposición dos usuarios en www.dicionarioaudiovisualgalego.com, o primeiro dicionario audiovisual galego, así como o noso correo [email protected].

Page 25: DAG_Diccionario Audiovisual Galego

25

Page 26: DAG_Diccionario Audiovisual Galego
Page 27: DAG_Diccionario Audiovisual Galego
Page 28: DAG_Diccionario Audiovisual Galego