Crítica de cine

1
De cine ‘Os falsificadores’, o dilema moral da supervivencia P laxiadores. Hai moitos neste mundo, máis mesmo do que nos imaxinamos. Menten os po- líticos, menten os economistas, ás veces, tamén os doutores e os avogados, menten, por supos- to, os magos. Mentimos nós. O mundo non se divide entre bos e malos, como algunhas películas de Hollywood insisten en pre- sentárnolo. Pero, ¿e se a mentira ampara a morte dos teus iguais? Ése é o dilema moral que expón o director ale- mán Stefan Ruzowitzky en Os falsificado- res, gañadora do Óscar á me- llor película es- tranxeira, en carteleira nos cines compos- teláns. Sen afundir- se no fango da traxedia, o fil- me revisa –se é posible aínda, logo de tantos filmes– o Holo- causto ollando a vida de Salo- mon Sorowitsch –do que fai un- ha magnífica interpretación Karl Markovics–, un falsificador, aspi- rante a pintor, que vive en Berlín durante a Segunda Guerra Mun- dial. Malia que vivía á marxe do que estaba ocorrendo, é deti- do polo axente Herzog (Devid Striesow) e levado a un campo de concentración nazi, salvarao ser de utilidade para os alemáns. Herzog, que agora é das SS, re- cuperarao para formar parte Textos: V. Oliveira O director alemán Stefan Ruzowitzky retrata a odisea dun grupo de falsificadores xudeus obrigados a fabricar moeda falsa para que os nazis afundan o sistema económico británico na Segunda Guerra Mundial e que se enfrontan á encrucillada de salvar os seus amigos ou sacrificalos por un ben maior O ACTOR PROTAGONISTA, KARL MARKOVICS, NUNHA DAS ESCENAS DE ‘OS FALSIFICADORES’ Fotos: G.H. REVISIÓN DO HOLOCAUSTO MADE IN GALICIA Carlos Amil levará ao cine a novela de Xabier P. Docampo ‘A casa da luz’ Xosé Xoán Cabanas Cao, pro- dutor de Vimbio Filmes e o di- rector, Carlos Amil, levarán ao cine en galego a novela de Xa- bier P. Docampo A casa da luz, que narra as aventuras dun grupo de nenos que deciden emprender a busca dun com- pañeiro desaparecido. A curta El Castigo de Isabel Ayguavives, beneficiaria do Programa de promoción das curtametraxes galegas Curtas 06 do Consorcio Audiovisual de Galicia, pasou por máis de 12 festivais nacionais e inter- nacionais, viaxará a Quebec, Tolosa ou Corea do Sur. Rithy Pan, o director de O papel non pode envolver a brasa foi o gañador na categoría de longa- metraxes de Play-Doc 2008. O resto do palmarés do festival completárono a curta O Xas- tre, de Óscar Pérez e Pic-Nic, de Eloy Enciso, Mellor Docu- mental Galego. A organización de Mundos Dixitais 08, que reunirá na Coruña do 1 ao 5 de xullo ao mundo máis destacado da ani- mación dixital, convocou unha nova edición do seu concurso de curtas de animación. O pra- zo para a recepción de traba- llos termina o 16 de maio. O filme de Antonio Hernández, O menos dos males, producida polo Grupo Voz e distribuída por Filmax, xa está nas car- teleiras galegas. Na premie- re que tivo lugar na Coruña, ofrecéronse as dúas versións en galego e castelán, en salas contiguas. ‘El Castigo’ de Isabel Ayguavives irá a Tolosa, Corea do Sur ou Québec Eloy Enciso faise co Premio ó Mellor Documental Galego no Play-Doc de Tui Ábrese o prazo para presentar curtas a Mundos Dixitais que se celebra en xullo Xa está nos cines galegos ‘O menor dos males’, que distribúe Filmax dun grupo de falsificadores xu- deus para a operación Bernhard, coa que pensan destruír o siste- ma económico británico duran- te os meses finais da Segunda Guerra Mundial. A dobre moral destes xudeus só é comparable – non sen certa ironía– á dos pro- pios nazis que chegan a pagarlles aos seus colaboradores con moe- das falsas. Entre os falsificadores está Adolf Burger (August Diehl), o único personaxe real da película, que ademais escribiu o libro de memorias nos que está baseado o filme. Como diciamos, o filme foxe das crueldades que os nazis lles aplicaron aos seus prisionei- ros, aínda que sempre aparece de fondo. O trío protagonista, Herzog, o captor, Sorowitsch, o apresado que se preocupa de sobrevivir e de que os seus com- pañeiros sobrevivan e Burger, a conciencia do filme, que enten- de o que ese diñeiro falso pode representar a vitoria para os ale- máns e quere sabotar a opera- ción malia que lle custe a vida. A dualidade moral recae en- tón sobre as posicións de Herzog e Sorowitsch. Pregúntalle ao es- pectador que faría se estivese na encrucillada: ¿preocuparíase só de salvar os seus amigos ou sa- crificaríaos por un ben maior? A película non respon- de ao dilema. Foxe de auto- flaxelarse pe- ro á vez abs- tense de tratar o exterminio, que si reco- llen Amén de Costa Gavras, A zona gris de Tim Blake e O último tren a Auschwitz de Joseph Vilsmaier e Dana Vávrová. Ruzowitzky chegou a dicir que prescindiu de detalles reais porque “ninguén os crería”. O director, que até o de ago- ra non destacou por case ningún dos seus filmes previos –excepto en Os herdeiros , que optou ao Ós- car no ano 1998–, asume agora o reto de converterse no estan- darte da cinematografía aus- tríaca logo da fuxida de Michael Haneke a industrias máis fortes como a alemá , a francesa ou a estadounidense. Director: Stefan Ruzowitzky Título: ‘Os falsificadores’ Ano: 2007 País: Austria/Alemaña Xénero: Drama Música: Marius Ruhland Fotografía: Benedict Neuenfels Guión: Stefan Ruzowitzky (Historia: Adolf Burger) Elenco: Karl Markovics, August Diehl, Devid Strie- sow, Martin Brambach, August Zirner, Veit Stüb- ner, Sebastian Urzendows- ky, Andreas Schmidt. A PELÍCULA FOXE DE AUTOFLAXELARSE PERO Á VEZ ABSTENSE DE TRATAR O EXTERMINIO NAZI 6 LECER GALICIA HOXE DOMINGO 23 DE MARZO DE 2008

Transcript of Crítica de cine

Page 1: Crítica de cine

De cine

‘Os falsificadores’, o dilema moral da supervivencia

P laxiadores. Hai moitos neste mundo, máis mesmo do que

nos imaxinamos. Menten os po-líticos, menten os economistas, ás veces, tamén os doutores e os avogados, menten, por supos-to, os magos. Mentimos nós. O mundo non se divide entre bos e malos, como algunhas películas de Hollywood insisten en pre-sentárnolo. Pero, ¿e se a mentira ampara a morte dos teus iguais? Ése é o dilema moral que expón o director ale-mán Stefan Ruzowitzky en Os falsificado-res, gañadora do Óscar á me-llor película es-tranxeira, en carteleira nos cines compos-teláns.

Sen afundir-se no fango da traxedia, o fil-me revisa –se é posible aínda, logo de tantos filmes– o Holo-causto ollando a vida de Salo-mon Sorowitsch –do que fai un-ha magnífica interpretación Karl Markovics–, un falsificador, aspi-rante a pintor, que vive en Berlín durante a Segunda Guerra Mun-dial. Malia que vivía á marxe do que estaba ocorrendo, é deti-do polo axente Herzog (Devid Striesow) e levado a un campo de concentración nazi, salvarao ser de utilidade para os alemáns. Herzog, que agora é das SS, re-cuperarao para formar parte

Textos: V. Oliveira

O director alemán Stefan Ruzowitzky retrata a odisea dun grupo de falsificadores xudeus obrigados a fabricar moeda falsa para que os nazis afundan o sistema económico británico na Segunda Guerra Mundial e que se enfrontan á encrucillada de salvar os seus amigos ou sacrificalos por un ben maior

O ACTOR PROTAGONISTA, KARL MARKOVICS, NUNHA DAS ESCENAS DE ‘OS FALSIFICADORES’

Fotos:G.H.

REVISIÓN DO HOLOCAUSTO

MADE IN GALICIA

Carlos Amil levará ao cine a novela de Xabier P. Docampo ‘A casa da luz’Xosé Xoán Cabanas Cao, pro-dutor de Vimbio Filmes e o di-rector, Carlos Amil, levarán ao cine en galego a novela de Xa-bier P. Docampo A casa da luz, que narra as aventuras dun grupo de nenos que deciden emprender a busca dun com-pañeiro desaparecido.

A curta El Castigo de Isabel Ayguavives, beneficiaria do Programa de promoción das curtametraxes galegas Curtas 06 do Consorcio Audiovisual de Galicia, pasou por máis de 12 festivais nacionais e inter-nacionais, viaxará a Quebec, Tolosa ou Corea do Sur.

Rithy Pan, o director de O papel non pode envolver a brasa foi o gañador na categoría de longa-metraxes de Play-Doc 2008. O resto do palmarés do festival completárono a curta O Xas-tre, de Óscar Pérez e Pic-Nic, de Eloy Enciso, Mellor Docu-mental Galego.

A organización de Mundos Dixitais 08, que reunirá na Coruña do 1 ao 5 de xullo ao mundo máis destacado da ani-mación dixital, convocou unha nova edición do seu concurso de curtas de animación. O pra-zo para a recepción de traba-llos termina o 16 de maio.

O filme de Antonio Hernández, O menos dos males, producida polo Grupo Voz e distribuída por Filmax, xa está nas car-teleiras galegas. Na premie-re que tivo lugar na Coruña, ofrecéronse as dúas versións en galego e castelán, en salas contiguas.

‘El Castigo’ de Isabel Ayguavives irá a Tolosa, Corea do Sur ou Québec

Eloy Enciso faise co Premio ó Mellor Documental Galego no Play-Doc de Tui

Ábrese o prazo para presentar curtas a Mundos Dixitais que se celebra en xullo

Xa está nos cines galegos ‘O menor dos males’, que distribúe Filmax

dun grupo de falsificadores xu-deus para a operación Bernhard, coa que pensan destruír o siste-ma económico británico duran-te os meses finais da Segunda Guerra Mundial. A dobre moral destes xudeus só é comparable –non sen certa ironía– á dos pro-pios nazis que chegan a pagarlles aos seus colaboradores con moe-das falsas.

Entre os falsificadores está Adolf Burger (August Diehl), o único personaxe real da película, que ademais escribiu o libro de memorias nos que está baseado o filme. Como diciamos, o filme foxe das crueldades que os nazis lles aplicaron aos seus prisionei-ros, aínda que sempre aparece de fondo. O trío protagonista, Herzog, o captor, Sorowitsch, o apresado que se preocupa de sobrevivir e de que os seus com-pañeiros sobrevivan e Burger, a conciencia do filme, que enten-de o que ese diñeiro falso pode representar a vitoria para os ale-máns e quere sabotar a opera-ción malia que lle custe a vida.

A dualidade moral recae en-tón sobre as posicións de Herzog e Sorowitsch. Pregúntalle ao es-pectador que faría se estivese na encrucillada: ¿preocuparíase só de salvar os seus amigos ou sa-crificaríaos por un ben maior?

A película non respon-de ao dilema. Foxe de auto-flaxelarse pe-ro á vez abs-tense de tratar o exterminio, que si reco-llen Amén de Costa Gavras, A zona gris de Tim Blake e O último tren a

Auschwitz de Joseph Vilsmaier e Dana Vávrová. Ruzowitzky chegou a dicir que prescindiu de detalles reais porque “ninguén os crería”.

O director, que até o de ago-ra non destacou por case ningún dos seus filmes previos –excepto en Os herdeiros, que optou ao Ós-car no ano 1998–, asume agora o reto de converterse no estan-darte da cinematografía aus-tríaca logo da fuxida de Michael Haneke a industrias máis fortes como a alemá , a francesa ou a estadounidense.

Director: Stefan RuzowitzkyTítulo: ‘Os falsificadores’Ano: 2007 País: Austria/AlemañaXénero: Drama Música: Marius RuhlandFotografía: Benedict NeuenfelsGuión: Stefan Ruzowitzky (Historia: Adolf Burger)Elenco: Karl Markovics, August Diehl, Devid Strie-sow, Martin Brambach, August Zirner, Veit Stüb-ner, Sebastian Urzendows-ky, Andreas Schmidt.

A PELÍCULA FOXE DE AUTOFLAXELARSE PERO Á VEZ ABSTENSE DE TRATAR O EXTERMINIO NAZI

6 LECERGALICIA HOXEDOMINGO 23 DE MARZO DE 2008