Coplas do entroido
-
Upload
biblioteca-do-cep-dr-fleming -
Category
Documents
-
view
231 -
download
9
description
Transcript of Coplas do entroido
NO COLEXIO FLEMING
IMOS PREPARAR
UN ENTROIDO
MOI ORIXINAL.
DE DEPORTISTAS
ÍMONOS DISFRAZAR
PARA AS OLIMPÍADAS
PODER CELEBRAR.
OS MESTRES E MESTRAS
TAMÉN O FARÁN,
E COMO CATIVOS
VANNO PASAR XENIAL.
AS COMPARSAS
MOITAS SERÁN,
TODAS MOI LUCIDAS
E MEDALLAS GAÑARÁN.
AO FINAL DO DESFILE
TODOS BAILAREMOS,
E CON MOITO RITMO,
XENIAL O PASAREMOS.
DESPEDÍMONOS MOI LEDOS
ATA O ANO QUE VÉN
ESPERÁMOSVOS A TODOS
PARA PASALO MOI BEN.
Gupo 5ºD
O día do Entroido No día do disfraz,
Vaste disfrazar, Póñome un antifaz.
De xinetes en cabalos Sempre estou contenta,
E logo imos xogar. E tomo caramelos de menta.
Cada persoa un disfraz Estamos contentos,
Vai ter. Felices e rindo,
Algúns dos Xogos Olímpicos Porque nos imos disfrazar
E algunhas cousas que comer. Dos xogos olímpicos.
Gupo 6ºB
As orellas do Entroido
Moi típicas dos pobos.
Neles se celebra a festa
Que a algúns quizais lles apeteza.
No Entroido haberá que
Comprar un disfraz bonito
Para xogar e bailar e…
Algunhas orellas cear.
Como ao día seguinte
Non hai que ir á escola,
Todos a durmir e
A xogar coas mariposas.
No Entroido da miña escola,
Bailo como unha tola,
Moito estou a rir,
E nunca vou aburrir.
ESTE ANO CELEBRAREMOS
UN ENTROIDO MOI PARTICULAR.
DE XOGADORES DE BALONCESTO
ÍMONOS DISFRAZAR
PARA CO BALÓN PIVOTAR.
OS NENOS DO FLEMING
ESTAMOS DE ENTROIDO
E DE BOTE EN BOTE
A PELOTA NO BOTE.
NA ZONA IMOS DEFENDER
E COA TÁCTICA XERAL
BLOQUEAR E PALMEAR.
OS NENOS DO FLEMING
ESTAMOS DE ENTROIDO
E DE BOTE EN BOTE
A PELOTA NO BOTE.
AS ANIMADORAS NON PODEN FALTAR
PARA DISFRUTAR, BAILAR E SALTAR
E OS POMPOŃS AXITAR.
OS NENOS DO FLEMING
ESTAMOS DE ENTROIDO
E DE BOTE EN BOTE
A PELOTA NO BOTE.
MOITAS CANASTRAS ENCESTAMOS
E A MEDALLA DE OURO GAÑAMOS.
OS NENOS DO FLEMING
ESTAMOS DE ENTROIDO
E DE BOTE EN BOTE
A PELOTA NO BOTE.
DE TANTO TROULEAR E TROULEAR
CANSADOS ESTAMOS,
PARA RECUPERAR LACÓN CON GRELOS
XANTAMOS.
E TAMÉN FILLOAS, ORELLAS E MÁIS FLORES
DAS OLIMPIADAS DISFRUTAMOS,
MOITOS DEPORTES PARTICIPAMOS.
AS COPLAS RECITAMOS.
E UN SÁUDO MOI ESPECIAL
PORQUE O PASAMOS XENIAL!!!
VIVA O ENTROIDO 2012!!!
Colaborativo Grupo 5 º A
O ENTROIDO
Todos temos outra cara
ninguén é quen debe ser
perrucas, gafas e bigotes
todo o mundo está ao revés.
Meu irmán é unha vella
e meu pai un xaponés.
Xa ninguén me recoñece
ninguén sabe quen é quen.
Elena Blanco González 5ºA
Copla do entroido
Entroido,entroido
eu so che pido unha cousa
unha disfrace de coiro!!!!!!!!!
AROA 5ºA
Copla de..Entroido
O entroido é moi bonito,
pois nel nos rimos moito.
Disfrazámonos de calquera cousa,
aínda que sea de troita.
No entroido, o meu amigo
o pasa moi ben,
e eu riume del.
Todos imos de charangas,
e máis de un,
queda sen mangas.
Todos imos de festa,
ata ven entrada a noite pecha.
Carla 5ºA
COPLA DE ENTROIDO
AO BALONCESTO IMOS XOGAR,
E ESTE PARTIDO IMOS GAÑAR.
AS ANIMADORAS VAN BAILAR,
E A MASCOTA VAI CANTAR.
CANTAREMOS, BAILAREMOS
E MOITA MÚSICA ESCOITAREMOS.
E AO REMATAR
UNHA COPA VANNOS DAR.
MIGUEL GONZÁLEZ DOMÍNGUEZ 5ºA
COPLA DO ENTROIDO
Este ano de baloncesto ímonos disfrazar
neste entroido cunha pelota de coiro.
Eu collo o rebote
e logo dou un bote.
Intentáronme facer un tapón
déronme na cabeza, e saíume un chichón.
Pablo.F 5ºA
Coplas de ENTROIDO
No cole pasarémolo fenomenal
porque o ENTROIDO está a chegar,
para a semana da troula non penso volverme tola.
non te tes que disfrazar
só tes que ir ao bazar.
Alba Rodríguez Boó 5ºA
Coplas De Entroido
Este ano o entroido imos celebrar
e moitos disfraces comprar.
Despois comeremos
lambetadas e nada máis.
5ºA Pablo Correa
Coplas do entroido
Neste entroido pasarémolo
xenial
celebrando nesta
escola o carnaval
Os nenos de 5ºA pasarémolo
xenial
Antía 5ºA
Coplas do entroido
Neste día tan bonito
vou facer unha cousa
esa cousa pode ser
disfrazarme de María Isabel.
Que chuli este día
que ben o vou pasar,
vestíndome e maquillándome,
unha experiencia espectacular.
É o meu décimo entroido
e o quero celebrar ao grande
comendo filloas e orellas,
un entroido fenomenal.
MATILDE 5ºA
O Entroido
Unha festa
que varía moito
pode ser en xaneiro, en febreiro
ou en marzo, o Entroido.
No Entroido
ímonos disfrazar
de guerreiros, de piratas
ou de coellos que queren xogar.
No Entroido
imos comer
filloas e orellas
e os dedos relamber.
O Entroido
acabou
e cansado está
o que tanto xogou.
Sara Rodríguez Arias 5A.
Copla entroido
Este ano imos facer os xogos olímpicos,
con distintos tipos e equipos.
Os de 5ºA imos ir de baloncesto
e as animadoras cos pompóns
vermellos e brancos. Imos campións!!
Laura 5ºA
RIMAS DO ENTROIDO
Este ano imos celebrar
un entroido moi particular.
Disfrazarémonos de xogadores da NBA
e así imos triunfar.
Logo cantaremos e bailaremos
sen parar.
Sara Carneiro 5ºA
Pareados do Entroido
Neste Entroido,
disfrazarémonos moito.
Colle o teu disfraz
e terás un Entroido fugaz
O Entroido este ano,
deixarate pasmado.
Neste Entroido de baloncesto iremos
e o concurso de disfraces gañaremos.
No Entroido comeremos orellas,
que saben mellor que as lentellas.
Eva Penide 5º A
A tención mestres,
Esto serve para os tres trimestres! Máis tempo de recreo
e menos, menos, CABREO. A “XOGOTECA” usamos e todos a gozamos. Máis “ABALAR” Para nós repasar.
Queremos máis aprobados, máis non tan axustados.
Aproveitade os recreos para ir ó aseo.
No Entroido disfrazámonos de leóns, panteiras e bolboretas.
No Entroido xogamos ós monicreques, á pita e ás bonetas.
O Entroido xa chegou con sorrisos e comparsas troularemos a cachón comeremos orellas e roscón.
Polo Entroido imos todos con disfraces e carautas, tanto vellos coma novos con moitos gañas de troula.
Con máis cultura e diversión
neste colexio estamos mellor. Entroido, Entroido! canto tardas en vir para ver aos rapaces gozar e rir. Grupo 5º C
Todos os de 6ºA temos que comentar
que de boxeadores ímonos disfrazar,
nun combate estamos metidos
e ó parecer temos perdido,
cun ollo morado e un mareo,
pois acábannos de dar un bo arreo.
+++++++++++++++++++++++++
Imos que comeza outro combate,
pero antes tomamos un zume de tomate.
No primeiro asalto
o público divírtese e da saltos.
O boxeador comeza
e lle dá un golpe na cabeza.
Golpe directo,
golpe de gancho
e logo comemos nun furancho.
Soa a campá do final
E un autógrafo pídelle un fan.
***************************
Imos de boxeadores
e traemos moitas dores
polas escaleiras caemos
e moitas feridas nos facemos.
+++++++++++++++++++++++
No Entroido 2012
Todos os nenos e nenas teremos profe.
Ei nenos,
sexamos outra vez pequenos.
Ei nenas,
comamos mandarinas
para ser máis divinas.
Os boxeadores de 6ºA son os mellores na pelexa,
que todo o mundo o vexa.
+++++++++++++++++++++++++++
No Entroido disfrazámonos de deportes e cores:
hípica, baloncesto e o mellor....de boxeador.
O Entroido é o mellor,
bailamos e cantamos ó son do tambor.
*****************************
Cando imos o comedor
a comida non pode estar mellor.
No Entroido a xente
come cocido e lacón...
E nós queremos participar
desta tradición.
De sobremesa queremos
filloas e orellas,
nin iogur
nin cousas vellas.
Filloas e lacón
que boa combinación!
++++++++++++++++++++++++++
Somos boxeadores
e damos puñazos sen parar.
Algunha vez non acertamos,
pero sempre gañamos.
Este ano nas olimpíadas imos xogar
sabendo que o importante é participar.
No entroido imonos disfrazar
de un neno que quere gañar.
Diego Saldaña 6ºD
+++++++++++++++++++++++
Hoxe no colexio
imos practicar
unhas olimpíadas
que os van molar.
Xandro 6ºD
+++++++++++++++++++++++
Se os xogos olímpicos queres gañar
no patio do Fleming tes que adestrar,
pero se ves que vas a perder
xa sabes que o importante é aprender.
Daniel Fernández Medina 6ºD
+++++++++++++++++++++++
Os xogos olímpicos
O corredor, o corredor
á pista xa entrou
con moitos ánimos porque di ser o mellor,
pero por ser tan crido ao final tropezou.
cun tubo de cartón,
aínda por ter caído,
non se deu por rendido,
non deu o trofeo por perdido
e deixou de ser tan crido.
Marcos Domínguez Carrera 6ºD
Vai chegar o Entroido
e o imos festexar,
todos no colexio
ímonos disfrazar.
Este ano o Entroido
dos Xogos Olímpicos será
e aínda que non vaiamos a Londres
os imos simular.
José Carlos Carrera 6ºD
+++++++++++++++++++++++
Os tenistas e os futbolistas,
os nadadores e os patinadores,
todos van participar
e as olimpíadas van gañar.
As festas son diversión,
os xogos cooperación.
As festas son alegría
e as olimpíadas son divertidas (deportivas)
Nos gusta brincar
nos gusta xogar
imos participar
e imos gañar!!
Jaime Irisarri 6ºD