CONTOS DE 3º A

16
Os nosos contos Contos escritos e ilustrados polos nenos e nenas de 3ºA Curso 2011/12

description

Os nosos contos

Transcript of CONTOS DE 3º A

Page 1: CONTOS DE 3º A

Os nosos contos

Contos escritos e

ilustrados polos nenos

e nenas de 3ºA

Curso 2011/12

Page 2: CONTOS DE 3º A

Había unha vez un neno chamado ÁLVARO que

vivía nunha cidade de Lugo. ÁLVARO tiña os ollos

marróns e era un neno triste e moi intelixente. Non tiña

amigos e o seu soño era ser súper heroe.

Un día ÁLVARO empezou a voar pouco a pouco

ata que de repente xa case alcanzaba as nubes. Entón

empezou a poñerse moi nervioso e a gritar e foi

descendendo rapidamente e caeu nunha rocha e fíxose

moito dano. Mirou para atrás e…, había unha bruxa !!!!!

A bruxa preguntoulle como se chamaba e tamén

lle dixo que non era igual as outras bruxas, que ela era

boa. ÁLVARO contoulle a historia que lle pasara e a

bruxa que se chamaba Sofía deulle unha poción para que

se cumplira o seu soño e para que volvera a súa casa.

ÁLVARO despediuse e díxolle que a queria moitisimo e

que a visitaría.

Marchou a súa casa feliz e contento porque había cumprido o seu soño. No

colexio todos querían xogar con ÁLVARO. E todos os luns ía visitar a Sofia a bruxa .

E… así que isto pasou, o noso conto acabou. Clara Antelo e Miriam Capelo

Érase unha vez, fai moitos anos, unha vella chamada Noble, co cabelo branco e

de ollos azuis que sempre ía de negro.

Sempre quería ver nenos divertíndose pero os nenos de aquela aldea eran moi

perezosos, e nunca saían, pero… un día viu nenos xogando, que alegre se puxo!

Foi preguntarlle a que xogaban e… que sorte! Xogaban ao seu xogo favorito, ao

fútbol, e ela xogou e meteu tres goles. O seu equipo gañou pero o outro non se

enfadou por perder como hai que facer.

Recordade, non bos enfadedes por perder. Manuel Ameijeiras

ÁLVARO e a súa historia

A vella Noble

Page 3: CONTOS DE 3º A

Había unha vez, e mentira non é, un vampiro

chamado Fernando que tiña unha noiva chamada

Desireé. Desireé era unha nena moi guapa e lista.

Un día, un dragón moi malo chamado Iago

secuestrou a Desireé. Fernando cando o soubo quedou

moi triste e decidiu ir a rescatala.

O dragón Iago namorouse perdidamente de

Desireé e cando Fernando chegou, viu nos ollos do

dragón dous corazóns.

Fernando acordouse de que tiña unha espada máxica que lle regalara Desireé, pero

quedáralle no castelo. Decidiu ir correndo ao castelo para buscala e cando

chegou preguntoulle ao seu pai chamado Xulio

-Papá, sabes onde está a miña espada máxica?

-Non, non o sei, pregúntalle a túa nai Clara.

-Mamá, sabes onde está a miña espada máxica?

-Si fillo, está debaixo da cama.

-Grazas mamá, quérote moito.

Fernando foi ao seu cuarto a coller a súa espada máxica e marchou correndo a salvar a

Desireé.

Fernando dicía:

-Espera Desi, xa vou.

Fernando moi valente usou a espada máxica para loitar contra o dragón Iago e

venceuno sen dificultade pois a espada lanzaba uns poderosos raios.

Fernando abrazou a Desireé e deulle un bico na boca. Logo pediulle matrimonio,

ela díxolle que si e Fernando saltou de alegría. O dragón Iago, que se volveu bo,

casouse coa irmá de Desi

E… así que isto pasou, xa o noso conto rematou. Miriam Blanco e Lara Capelo

Fai máis de mil anos nunha montaña próxima a un pobo vivía unha princesa

chamada Cornelia e todo o mundo estaba encantado con ela . Como todos lle tiñan moito

cariño decidiron facerlle un agasallo: regaláronlle un xogo de chocolate como mostra

do seu cariño.

Un día encontrouse con un príncipe e a princesa namorouse del e invitouno a

merendar chocolate con churros que preparou co seu novo xogo de chocolate.

A ESPADA MÁXICA

A Princesa secuestrada

Page 4: CONTOS DE 3º A

E despois de merendar moitas veces e de pasalo moi ben durante moitas tardes,

decidiron casar .

Cando xa estaban no medio da cerimonia apareceu o conde Drácula que raptou

á princesa e levouna para a súa guarida.

O príncipe, que era moi valente, colleu uns

allos e foi ao rescate da princesa. Ao chegar á

guarida do conde Drácula entrou sen facer ruído ata

a habitación do conde Drácula e díxolle:

-Teño allos, o teu inimigo!!!

O conde Drácula escapou de alí a todo correr e o

príncipe rescatou a princesa e déronse un bico.

Volveron rapidamente á cerimonia e casáronse .

Finalmente foron felices e comeron perdices.

Daniela Canosa e Jennifer Blanco

No zoo de Vigo traballan Xaila e Martín que son moi bos cos animais e son

moi simpáticos e amables.

Un día pola noite veu o ladrón máis perigoso de Vigo. Entrou no zoo moi

silenciosamente e roubou o canguro máis pequeniño. Cando Xaila e Martín se

deron conta de que faltaba chamaron á policía para que lle axudaran a buscalo.

Eles, que estaba moi preocupados, tamén querían ir a buscalo, pero pensaron que se

eles marchaban roubarían outros animais.

Xaila e Martín pensaron que podería estar nun circo e

foron a buscalo por todo Vigo polos arredores. Non o

encontraban e Martín non podía máis co corpo e Xaila aínda

tiña ánimo para seguir buscando

- Ti queres ao canguro si ou non?

- Eu si, pero non podo máis!!!.

E volveron para o zoo. Cando xa estaban alí tamén

pensaron que podía ser que se escapara el só do zoo… Pero os

policías por fin encontraron aos ladróns co canguro. TÍñano metido nun camión e

levábano para o circo Plim que actuaba nun pobo cerca de Vigo.

Xaila e Martín puxéronse moi contentos de ver ao seu canguro de novo no zoo.

Decidiron poñerlle micro chips a todo os animais do zoo por si se volvía a perder algún

e ademais contrataron uns gardas para que vixiaran día e noite.

E con isto e un biscoito, este conto gustoume moito. Noelia Allo

O SECUESTRO DO CANGURO

Page 5: CONTOS DE 3º A

Había unha vez un neno chamado Manuel. A Manuel non lle deixaban ter

mascotas e cando vía aos seus compañeiros estar cas súas mascotas poñíase moi

celoso e marchaba para a casa chorando.

Un día o seu pai, que ten moito xenio, estaba vendo

a televisión e Manuel preguntoulle:

- Papa déixasme ter unha balea ?

- Manuel como imos ter unha balea, as baleas

necesitan ter agua e non caben na casa.

-Oooooooh! E marchou para a súa habitación con

cara de pena.

Despois dun rato Manuel volveu a preguntarlle a u seu pai:

-Papa déixasme ter un canguro?

-Manuel os canguros viven nos bosques de Australia e aquí non estaría agusto.

-Ooooooooh! E marchou para a súa habitación con cara de pena.

-Despois dun rato Manuel volveu a preguntarlle ao seu pai:

-Papa déixasme ter unha quenlla ?

-Como che vou deixar ter unha quenlla Manuel! e agora vai para o teu cuarto.

-Ooooooh! E marchou para o seu cuarto con cara de pena.

Despois dun rato foi seu pai ao seu cuarto e díxolle:

-Manuel penseino e déixoche ter un can pero solo un can.

-Grazas papá !!!!!

E Manuel co seu can Toni foron moi felices.

Clara Antelo

Había unha vez un paxaro que desde pequeno soñaba en dar

a volta ao mundo para coñecer cousa novas e casarse cunha paxariña

moi bonita para ter moitos filliños.

Cando se fixo grande foi a dar a volta ao mundo e atopouse

cunha paxariña que tamén quería casar cun paxaro guapo e

educado.

Cando se coñeceron namoráronse e decidiron casarse.

Construíron un niño nunha árbore ben grande e nel a paxara puxo

cinco ovos dos que naceron os seus cinco filliños.

E con isto que vos contei, xa o conto rematei.

Hugo Grille Suárez

A MASCOTA

O PAXARO VIAXEIRO

Page 6: CONTOS DE 3º A

Hai 14 anos, na cadea de San Francisco, un ladrón

chamado Rúper, fugouse da cadea cavando un túnel cunha

pa. Rúper tiña o pelo corto coma Iniesta, tiña perilla, era

chulo, tiña o número 51.748 é fora o adestrador do Santa

Comba fútbol 7. Nas cidades de Castriz había carteis que

poñían “ Rúper fugouse “ .

Na comisaría recibiuse unha carta que dicía:“ Dáme o

teu $ ou pagarás as consecuencias “ .

Despois o comisario mandoulle outra carta:

“Espérote na praza das pombas as 17:30”.

Así que foron para alí. Encontráronse camiño da

praza, Rúper coma sempre levaba unha pistola, e o comisario, que o seu nome era Anxo,

tiña unha rama de bambú, e entonces Rúper dixo:

- Vasme dar o $?

-Si, respondeu Fernando, o axudante do

comisario.

Pero, non era verdade, así que, cando

Rúper asomou a cabeza, Fernando deulle un

puñetazo, e dixo :

- Sayonara , Baby!

E Rúper volveu a ser confidente da FIFA , e isto non foi mentira , por que isto

pasou en Florida.

Fernando Baña e Ángel Antelo

Fai moitos anos, nun Castelo vivía unha bruxa moi misteriosa,

non se sabía ben como era, porque nunca saía do castelo. Pero cando,

asomaba ao balcón, quen a vía dicía que era vella é estaba vestida cunha

capa negra que lle tapaba a cara.

Un día uns nenos estaban xogando ao fútbol e escapóuselle a

pelota para o xardín da bruxa. Os nenos non querían entrar, pero un neno chamado

Xulio dixo:

- Non teñades medo, eu irei por ela.

Xulio por dentro tiña moito medo. Pero por ir pola pelota faría o que fixera

falta . Pouco a pouco foise acercando a porta, pero a pelota cada vez ía meténdose

RUPER FÚGASE

Unha bruxa moi misteriosa

Page 7: CONTOS DE 3º A

máis para dentro do castelo . Xulio entrou correndo no castelo, pero cando intentou

coller a pelota a porta cerrouse de golpe . Entroulle un medo espantoso que lle puxo

os pelos de punta. Todo estaba escuro ata que saíu unha sombra que dicía:

- Ja,ja,ja !!!!!!! gústache xogar ao fútbol, eh!!!!!

- Pois claro que-que-que s-s-sí .

-Tranquilo, neno que eu non son tan mala como

din. Chámome Peila, e ti como te chamas?

- Pois, eu chámome Xulio.

Os seus amigos son Laura, Nerea, Hugo, Iago,

Fernando e Manuel foron a avisar a súa nai Pepita e ao

seu pai Julio .

Cando llo dixeron, os pais preocupáronse moito e foron na súa busca. Cando chegaron

ao castelo entraron e a bruxa que se deu de conta dixo “Abracadabra, pata de Cabra”

colleu a súa escoba e marchou ao MUNDO MÁXICO DA BRUXAS. Alí todo era

precioso pero… cando chegou a noite o neno botaba de menos a súa nai e ao seu pai.

Cando entraron no castelo a nai dixo:

- Onde está o meu fillo? E moi preocupada botouse a chorar

-Non pasa nada cariño, ímolo encontrar, xa o verás, tranquilízate un pouco -dixo

o pai

- Búa, búa,búa. Como me vou tranquilizar se non está aquí o meu fillo. Onde

estará o meu queridísimo fillo? -dixo a nai

- Ao mellor levouno a bruxa que dicían que era moi misteriosa –dixo o pai

- Cres que estará ben? - dixo a nai.

- Seguro que estará ben –dixo o pai

- Eu como son o seu mellor amigo creo que estará mais a dentro do castelo, co

valente que é seguro que non ten medo –dixo Hugo.

- Por si acaso vamos a buscalo por todo o castelo –dixo o pai.

- Veña, vamos apor el que Laura e Nerea, as súas mozas están moi tristes – dixo

Hugo.

- Veña, imos a buscar o noso neno e deixádevos de tonterías –dixo a nai.

Ao día seguinte a bruxa volveu ao castelo.

- Bruxa Peila, moitas grazas, pero eu so vin aquí pola pelota, e xa quedei moito

tempo, agora é hora de que volva cos meus pais.

- Pero antes de marchar poderías axudarme a limpar un pouco este castelo que

está noxento e au estou moi vella para limpalo.

A Bruxa Peila chamou polo seu gato Bruno e entre os tres limparon o castelo e

deixárono coma novo.

Dende aquel día todos os nenos ían de visita ao castelo da Bruxa Peila e pasábano

fenomenal xogando no seu xardín e tamén dentro do castelo.

E colorín, colorado, este misterioso conto, queda rematado.

Laura Baña e Nerea Armán

Page 8: CONTOS DE 3º A

Fai tempo facíase unha das mellores carreiras do mundo Océanos de Lume.

- Os favoritos da xente para gañar eran Michel e Hamond Speed, co seu

Chevelle “70” tunning, co numero 88.

-Señoras e señores a carreira vai comezar .

-3, 2 ,1 ,Go! Xa dan a saída.

Mentres tanto no coche dos speed , Michel dixo.

-Hamond por onde vamos , pola dereita ou pola esquerda?

-Pola esquerda!

-Hamond en que posto vamos!

-De segundos

-Por pouco tempo.

Oitenta km despois:

-Hai algún obstáculo Hamond!

-Inerte non. Acércanse todos os coches do pelotón!

-Oh ,oh.

-Michel quedan 200 km para chegar a meta.

-Perfecto vamos a 403 km/h.

Se acercaron todos os corredores aos speed, e tiñan problemas por manterse no

primeiro posto.

Hamond gritou:

-Bacheeeeeeeee!

E saltaron o bache.

Trinta competidores dos 100 que corrían

esta carreira caeron.

Cruzan a meta 70 competidores e 60

pasan a seguinte etapa.

-Hamond queimei o embrague.

-Tes sorte de que nos reparen o

coche gratis por quedar primeiros.

Ao día seguinte estaban todos listos na parrilla de saída para a segunda etapa.

-5,4,3,2,1,a correeeeeeeer!

Hamond e Michel Speed saen os primeiros queimando roda.

Os corredores chegan a zona dos baches.

-Ao número 90 se rompéuselle a suspensión e non pode seguir.

Mentres tanto no coche dos Speed.

-Hamond canto falta para punto de control?

-Dez km.

-Ven, vamos a 390 km/h . Eeeehhh! Hamond cargueime un neumático!

-Moi bonito! Por certo quedan 20 km ata a meta.

A gran Carreira

Page 9: CONTOS DE 3º A

-Perfecto temos gasolina para 20 km, hai algún obstáculo máis Hamond?

-Si o lendario Pasa Montaña .

-Xa o vexo.

-Pasemos pola nova ponte

-A vella é máis rápida e pode resistir o peso do noso coche.

Despois de pasar o Pasa Montañas Michel dixo:

-Gañamos a segunda etapa!!!

-Señoras e señores o número 88 cruza a meta de primeiro. So dous coches

pasan a seguinte etapa. A máis dificil!!!

Ao día seguinte na parrilla de saída

-5,4,3,2,1, Goooooo!

O duelo final comeza e mentres tanto no coche nº 88…

-Michel, imos de primeiros.

- Ben, esta etapa é de 50 km

- Pois temos aínda o nitro sen

gastar.

40 km máis adiante….

- Veo, veo

- Que ves Hamond

- Unha rampla e un barranco.

- Imos saltalo! Agárrate ben!

- Vale!!

- Nitro vaaa!!!!

Mentres tanto, no coche de atrás

- Un barranco, Nos Caeeeemoooossss!!!!!!

E os Speed moi contento

- Xa chegamos á meta!!!!!!

Señoras e señores número 88 pilotado por Michel e Hamond Speed co seu

Chevelle “70” tunning, gañan a gran carreira Océanos de Lume do ano 1965.

Dez minutos despois a entrevista comeza.

-Que pasou no Pasa Montañas?

- Rompeu a ponte pero conseguimos pasar.

- Que impresión sentiron cando saltaron o barranco?

- Como se foramos a morrer, pero o salto foi perfecto.

Señoras e señores, con esta entrevista, despedímonos e esperámolos dentro de dez

anos na próxima carreira de Océanos de Lume.

Lucas Díaz e Iago Alvite

Page 10: CONTOS DE 3º A

Había unha vez unha nena que tiña 10 anos e vivía nunha granxa. A nena era alta,

tiña os ollos verdes, a nariz chata e víase unha rapaza moi intelixente. Vivía coa súa

irma chamada Maruxa que tiña 3 anos, coa súa nai Pepa e o seu pai Ramón .

A nena pasábao moi ben con súa irma pequena. A nena que se chamaba María sempre

dicía :

-Eu son unha nena moi guapa e intelixente.

Un día tiña un exame e tiña que estudar. Ela non quería estudar porque lle parecía moi

aburrido e pensaba que ía aprobar. Ao día seguinte era o exame ea nena feliz e

contenta empezou a escribir.

No primeiro exercicio tiña que facer unha conta e púxolle un número ao azar.

200

+134

425

No segundo exercicio poñíalle números e ela tiña que ordenalos de maior a menor.

Estes eran os números: 345 - 605 - 199- 566- 650 , pero María tampouco o sabía e

colocou os número ao azar.

No terceiro exercicio tiña que debuxar un triángulo e debuxou un

cadrado porque non sabía debuxar un triángulo.

No cuarto exercicio tiña que inventar unha frase con un can, pero María non sabía e

fixo unha frase con unha ra: “A ra salta moi alto, oxalá fora unha ra! “

No quinto exercicio tiña que debuxar unha casa pero como non lle saía debuxou unha

nube.

Ando todos acabaron entregaron os exames entregáronllos á profe que os correxiu

rapidamente e cando rematou dixo:

- María, a túa nota é a máis baixa de toda a clase, sacastes un… cero.

Cando acabou o colexio María marchou correndo para a casa e cando llo dixo á súa nai,

esta púxose furiosa.

- Pero como puideches sacar unha nota tan baixa, estás castigada sen consola ,

sen ordenador e sen televisión.

A súa nai é alta e morena, ten o pelo rizado e marrón claro. Case sempre leva a mesma

roupa porque lle gusta moito, é guapa pero ela di que é fea.

A nai foi vixiar a María que fora para o seu cuarto a estudar, pero a nena non estaba

no seu cuarto, estaba tan tranquila na habitación dos seus pais vendo a tele pensando

que non a descubrirían.

De repente entra a nai e dille:

- Que fas vendo a tele na miña habitación?

- Pois nada mamá, que ía facer? -dixo a nena.

A nena que quería sacar boas notas

Page 11: CONTOS DE 3º A

- Non che vou contestar, vas ir a túa habitación para estudar inmediatamente –

dixo a nai.

- Pero mamá!–dixo María

- Agora mesmo! –dixo a nai

- Vale, Xa vooou- dixo María, refunfuñando.

María marchou a escola e por fin se puxo a estudar.

A nai púxose moi orgullosa e contoullo ao seu pai e a súa irmá pequena e xuntos

decidiron preparar unha festa, porque por primeira vez a María estaba estudando.

María baixou do seu cuarto moi contenta porque sabe que mañá, por fin, sacará unha

boa nota.

De cea houbo cangrexos con ensalada, patacas fritas en aceite de oliva e zume de

melocotón para todos, menos para papá que bebeu viño.

Ao día seguinte, María almorzou rapidamente, cepillou os dentes, peinouse, lavou a cara

e botoulle crema,ora e sen perder un minuto marchou correndo para o cole.

Cando chegou tocou o timbre de entrada e… xa era a hora do exame!!!

No primeiro exercicio era unha conta. Aquela conta era chupada e fíxoa

tranquilamente

450

+515

965

No segundo exercicio había que debuxar unha casa e esta vez saíulle

perfecta

No terceiro tiña que debuxar unha flor, e explicar as súas partes e, como

iso estaba chupadísimo, empezou sen perder tempo e saíulle moi ben.

No cuarto exercicio tiña que contar como os vermes de seda chegaban a

bolboretas e explicouno moi ben.

No quinto exercicio tiña que facer unha descrición do seu pai e

quedoulle xenial, porque o seu pai era o mais guapo de tódolos papás do

mundo.

Acabaron os exames e entregáronllos á profesora, que coma sempre corrixiunos

rapidamente e dixo a nota.

-María estou moi orgullosa de ti, esta vez sacaches a nota máis alta da clase,

unha nota que ninguén conseguiu antes aquí, a túa nota e un…

Cando rematou o cole marchou correndo para a casa e contoullo a súa nai, ao seu pai e

a súa irmá pequena.

Ao final montaron unha festa con todos os veciños e primos porque a nena María

conseguira a mellor das notas.

E este conto foi como cho contei, e xa o rematei.

Clara Antelo e Nerea Armán

Page 12: CONTOS DE 3º A

Fai moito, moito tempo un neno chamado Manuel estaba comprando na

froitería que estaba ao lado da igrexa, aquela tan famosa, e alí coñeceu a un

rapaz chamado Ángel que lle caeu moi ben .

Ángel, tiña anos e era atractivo e guapo. Tiña o pelo liso e castaño, os

ollos marróns e grandes. Tiña a nariz chata e a boca pequena e, sempre

usaba chándal de cor azul. Gustáballe xogar ao fútbol e ao béisbol, de maior quería ser

periodista ou futbolista .

Manuel, tiña anos e era un neno tranquilo, co pelo longo e castaño. Tiña os

ollos marróns e as orellas grandes. Gustáballe moito xogar ao tenis de mesa. De maior

quería ser tenista .

Ángel foi a casa do seu amigo Milú que vivía nas aforas do pobo, en fronte da

librería de Don Celestino. Pasaron un bo anaco xogando ás damas, pasábano moi ben.

Ao pouco tempo chegou Manuel e, como era o mellor amigo de Milú,

púxose moi enfadado e non se controlou:

-Milú! Como te atreves! Pensaba que éramos os mellores amigos!

Estivéchesme enganando todo este tempo!? –dixo Manuel.

-Non… non é… non é o que parece… -contestou Milú todo asustado.

-Logo que é? Que fas xogando con Ángel ao noso xogo favorito? –preguntou

Manuel.

-Non é o que parece soamente lle estaba ensinando a xogar porque ten un

campionato o venres e eu son o seu adestrador. Xoga bastante ben para ser a primeira

vez.

-Non me veñas con escusas agora! –gritou Manuel.

-Deixade de discutir! Que parecedes nenos de tres aniños! Ata a miña primiña

de dous anos ten máis coñecemento ca vós! –interrompeu Ángel.

-Ángel ten razón, nin sequera me acordo de porque nos pelexamos .-

Dixo Milú.

-Eu si que me acordo, nos pelexabamos porque cambiaches de mellor

amigo. -Dixo Manuel chorando.

Manuel marchou correndo para fora chorando. Manuel imaxinouse

aqueles tempos, os tempos nos que Manuel e Milú o pasaban tan ben

xogando as damas. Despois de pasar un bo cacho Milú foise a

desculpar.

-Tes razón, porteime mal contigo pero tamén quero xogar as damas

con outras persoas .

A AMIZADE DE ÁNGEL E MANUEL

Page 13: CONTOS DE 3º A

- Xa pero non con alguén que non coñeces -dixo Manuel.

-Para a túa información, coñecino antes ca ti. -dixo Milú.

-Deixádevos de tanta cháchara se queredes vir xogar ao fútbol. -dixo Manuel

-Cáesme ben, ¿queres ser o meu amigo? -preguntoulle Manuel a Ángel.

-Claro estaba esperando a que mo preguntaras.-contestoulle Ángel moi contento.

-Been!!! – berrou Manuel moi orgulloso.

Manuel,Ángel e Milú xogaron xuntos e foron amigos para sempre.

Ángel Antelo

Érase una granxeira que herdara dos seus pais

dez animais de cada: ovellas, vacas, galiñas e porcos.

Sempre que ía a feira vendía un animal. Por cada animal

dábanlle mil euros e ela gastábao todo. Ata que quedou

sen ningún animal na granxa.

Cando estaba xa desesperada porque non tiña nada

para comer, viu que diante da súa

casa había un pozo no que nunca

antes se fixara e decidiu baixar

para ver que había alí. Cando chegou ao fondo do pozo atopou un

saco cheo de moedas de ouro. Colleunas e levounas para a súa

granxa e con elas mercou outros animais.

Agora aprendeu que non se poden gastar todos os cartos, que

hai que aforrar algo e que ten que mercar animais novos para

que nunca máis quede sen animais e sen cartos.

E con este final feliz, comemos unha perdiz.

Alejandra Brantuas

Había unha vez unha gata que non tiña amig@s e vivía nun refuxio de

animais. Por alí pasaba moita xente que non tiña mascotas para buscar unha .

A gata que se chamaba Misifuca estaba moi apenada e triste naqeuel lugar,

asi que estaba decidida a escaparse para buscar un dono ou unha dona,

cando derrepente unha nena que estaba moi triste foi cara ela e

preguntoulle:

_ Como te chamas?

A granxeira sen animais

A gata que non tiña amigos

Page 14: CONTOS DE 3º A

_ Chámome Misifuca

_ Eu chamome Miriam queres ser a miña mascota?

_ Si!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!

_Vamos para a miña casa.

Miriam preguntoulle a súa nai si podia quedar con Misifuca e díxolle que si porque era

moi bonita. Miriam estaba moi contenta coa súa gata e xogaban moito.

Miriam tiña que ir o colexio pero Misifusa non a deixaba porque non quería

quedar soa, pero Miriam dixolle que volvería e Misi fixolle caso. Ao chegar ao colexio

Miriam coñeceu a un neno que chegara novo e dixolle:

_ Como te chamas?

_ Chámome Pablo Morenilla queres ser a miña amiga?

_ Si, vale.

Miriam volveu a súa casa con Pablo Morenilla e Misi conoceuno e os tres foron uns

amigos inseparables.

Asi foi como Misifusa nunca máis se sentiu soa.

Miriam Capelo

Había una vez una nena chamada Samanta que vivía nun pobo

chamado Santa Comba. Samanta tiña o pelo liso e negro una boca

grande, o nariz chato e os ollos grandes de cor azul claro.Era guapísima.

Tiña unha cadela pequeniña que se chamaba

Laika e tiña o pelo de cor negro con manchas de cor

marrón nas orellas, nas patas e no rabo.

Samanta e Laika queríanse moito e sempre que podían estaban

xuntas.

Un día foron a feira de Santa Comba coa nai de Samanta e Laika perdeuse entre

tanta xente. Samanta non facía máis que chorar pero a súa nai díxolle que se calmara

porque xa aparecería.

Ao acabar a feira, Samanta díxolle as seus amigos Jenni, Alejandra, Pablo e

Daniela que lle axudaran a buscar a Laika.

Cando empezou a anoitecer tiveron que marchar para casa sen conseguir atopala.

Cando Samanta estaba na casa cenando cos seus pais e pensando onde estaría a súa

cadeliña, escoitaron un ruído na porta, foron a abrir e …era Laika!!!!

Samanta e os seus pais alegráronse moito e agora Laika nunca volverá a desaparecer.

Tania

A mascota de Samanta

Page 15: CONTOS DE 3º A

Habia unha vez dous nenos chamados Anxo e Xulio eran xemelgos tiñan oito anos e o

seus pais chamabanse Julio e Paquita. Pero Xulio e Anxo eran moi trastes non querian

ir ao colexio decían que estaban enfermos. A súa nai foi polo termómetro e púxollo

pero non tiñan febre.

Eles metérono na pota da comida que estaba fervendo e

volveron á cama e a súa nai pensou que estaban moi enfermos

e quedaron sen ir a escola.

Ao día seguinte, que era domingo foi a súa Primeira Comunión

e comulgaron e Xulio Dixo:

-Eee! sabe a papel!

E foron á festa da Comunión e comeron e xogaron e

pasárono moi ben cos seus amigose os seus curmáns

e comeron perdices e vivieron felices ou ao revés.

Xulio Feás

OS AUTORES

OS XEMELGOS

Page 16: CONTOS DE 3º A