CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E INDUSTRIA pendente publicación...
Transcript of CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E INDUSTRIA pendente publicación...
1
CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E INDUSTRIA pendente publicación DOG
AXENCIA GALEGA DE INNOVACIÓN
A Lei 5/2013, do 30 de maio, de fomento da investigación e da innovación de Galicia, ten por
obxecto establecer o marco para o fomento da investigación e do desenvolvemento tecnolóxico, da
transferencia e valorización de resultados e da innovación en Galicia en todas as súas vertentes, así
como da súa xestión eficiente. Esta Lei, no seu capítulo III, establece o Plan Galego de
investigación e innovación como instrumento fundamental de planificación e coordinación das
políticas en materia de investigación, transferencia, valorización e innovación en Galicia. O
Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do 23 de decembro de 2010, aprobou o Plan Galego
de investigación, innovación e crecemento 2011-2015 (en diante, Plan I2C).
O Plan I2C contempla dentro do eixo estratéxico 4 (Valorización do coñecemento) a liña de
actuación 4.2, destinada a estimular a creación de Unidades Mixtas de Investigación entre
organismos de investigación e empresas. Estas unidades mixtas son unha fórmula importante de
achegamento entre o mundo empresarial e o científico/técnico para desenvolver liñas de
investigación e valorización conxuntas.
Con esta liña de actuación preténdese incrementar o número de unidades mixtas en Galicia
mediante convocatorias específicas de apoio á súa creación, posta en marcha e impulso das xa
existentes, con vistas a acadar os seguintes obxectivos:
RESOLUCIÓN do 13 de febreiro de 2015 pola que se establecen as bases reguladoras para a
concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das subvencións a organismos de
investigación de Galicia para a creación, posta en marcha e impulso de unidades mixtas de
investigación e se procede á súa convocatoria para o ano 2015.
2
- Configurar grupos mixtos de traballo entre organismos de investigación e empresas que se
convertan en catalizadores do desenvolvemento de liñas de I+D+i
- Desenvolver proxectos de alto impacto intensivos en coñecemento
- Posta en valor dos grupos de investigación
- Aproximar os organismos de investigación á empresa
- Atraer a Galicia liñas de I+D+i
- Incentivar a transferencia de resultados da I+D+i ao mercado
As Unidades Mixtas de Investigación constitúen un dos instrumentos de desenvolvemento do
programa INNOVA EN GALICIA da Estratexia de Especialización Intelixente de Galicia 2014-
2020 (RIS3-Galicia). O citado programa está concibido para que o investimento público exerza de
elemento tractor na mobilización e atracción de capital privado para os procesos de innovación
galegos.
Mediante esta resolución convócanse, para o ano 2015, as axudas dirixidas aos organismos de
investigación de Galicia para incentivar a creación, posta en marcha e impulso de unidades mixtas
de investigación que promovan as relacións de colaboración entre os distintos axentes do Sistema
Galego de Innovación a través do desenvolvemento conxunto de liñas de I+D+i de alto impacto.
As axudas concédense en función dunha serie de criterios que, de forma obxectiva valoran a
calidade científico-técnica, capacidade e características das unidades mixtas de investigación. Non
obstante, tendo en conta os plans territoriais de dinamización económica aprobados pola Xunta de
Galicia: Plan Impulsa-Lugo, Plan Impulsa-Ourense, Plan Revive Costa da Morte e Plan Ferrol,
que establecen, entre outras, as medidas transitorias de apoio aos investimentos, e dada a situación
económica actual en que as provincias de Lugo e Ourense e as comarcas da Costa da Morte e de
Ferrolterra se viron afectadas con especial incidencia pola desaceleración no desenvolvemento das
3
empresas existentes, así como por unha menor implantación de novas iniciativas empresariais, é
tamén obxecto de valoración a constitución de unidades mixtas de investigación nas ditas áreas
xeográficas.
As axudas que se conceden, dado que están dirixidas a organismos de investigación de natureza
pública ou privada sen ánimo de lucro e destinadas exclusivamente ao financiamento de
actividades de I+D+i de carácter non económico, non teñen a consideración de axudas de Estado
para os efectos do apartado 1 do artigo 107 do Tratado de funcionamento da Unión Europea e do
Marco comunitario sobre axudas estatais de investigación e desenvolvemento e innovación
(2014/C 198/01). En todo caso, os organismos de investigación beneficiarios quedan obrigados a
destinar a axuda recibida a usos relacionados con actividades non económicas e relativas a
actuacións de I+d+i conforme ao establecido no artigo 2 do devandito marco comunitario.
As axudas poderán financiarse con cargo ao préstamo que a Administración Xeral do Estado
concedeu á Xunta de Galicia a través do Ministerio de Economía y Competitividad para o
desenvolvemento en Galicia da Estratexia Española de Innovación.
Consecuentemente con todo o anterior, e en exercicio das facultades que me confire o artigo 17.3
do Decreto 50/2012, do 12 de xaneiro, polo que se crea a Axencia Galega de Innovación e se
aproban os seus estatutos
DISPOÑO:
Artigo 1.- Convocatoria e bases reguladoras.
1. Esta resolución ten por obxecto aprobar as bases polas que se rexerá a concesión das
subvencións da Axencia Galega de Innovación dirixidas aos organismos de investigación de
4
Galicia para:
- A creación e posta en marcha de unidades mixtas de investigación.
- O impulso á consolidación de unidades mixtas de investigación xa existentes.
Estas unidades mixtas concíbense como un instrumento favorecedor da cooperación entre os
organismos de investigación e o tecido empresarial para desenvolver de forma conxunta e
coordinada actividades de investigación, innovación e desenvolvemento.
2. Así mesmo, por medio desta resolución convócanse estas axudas para o ano 2015 en réxime de
publicidade, obxectividade e concorrencia competitiva (código de procedemento IN853A).
Artigo 2.- Financiamento.
1. As subvencións imputaranse ás aplicacións orzamentarias que se indican neste artigo, nas que
existe crédito adecuado e suficiente nos orzamentos da Comunidade Autónoma galega para o
ano 2015:
Aplicación orzamentaria
Ano 2015 Ano 2016 Ano 2017 Ano 2018 Total
08.A3.561A.781.0 300.000 € 2.100.000 € 2.200.000 € 1.900.000 € 6.500.000 €
08.A3.561A.703.0 5.000 € 250.000 € 200.000 € 195.000 € 650.000 €
08.A3.561A.744.0 40.000 € 400.000 € 400.000 € 360.000 € 1.200.000 €
08.A3.561A.743.0 5.000 € 250.000 € 200.000 € 195.000 € 650.000 €
Total 350.000 € 3.000.000 € 3.000.000 € 2.650.000 € 9.000.000 €
A distribución de fondos entre as aplicacións orzamentarias sinaladas é unha previsión que
deberá axustarse tras a valoración das solicitudes de axuda, sendo posible incluso a
incorporación de novas aplicacións, tendo en conta a natureza xurídica das entidades
beneficiarias sen incrementar o crédito total.
5
Non obstante, poderán ampliarse os créditos dedicados a esta convocatoria logo da declaración
de dispoñibilidade de crédito como consecuencia das circunstancias establecidas no artigo 30.2
do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o regulamento da Lei 9/2007, do 13
de xuño, de subvencións de Galicia e, se fose o caso, logo da aprobación da modificación
orzamentaria que proceda.
2. As axudas poderán financiarse con cargo ao préstamo que a Administración xeral do Estado
concedeu á Xunta de Galicia a través do Ministerio de Economía y Competitividad para o
desenvolvemento da Estratexia Española de Innovación en Galicia.
Artigo 3.-Entidades beneficiarias.
Poderán ser beneficiarios destas subvencións, sen prexuízo de reunir os demais requisitos
establecidos na convocatoria, os organismos de investigación de Galicia que teñan constituída
unha unidade mixta de investigación cunha empresa. Tal e como se recolle no artigo 2.83) do
Regulamento (UE) nº 651/2014, considéranse organismos de investigación e difusión de
coñecementos as entidades, independentemente da súa personalidade xurídica (de Dereito público
ou privado) ou forma de financiamento, cuxo principal obxectivo sexa realizar de maneira
independente investigación fundamental, investigación industrial ou desenvolvemento
experimental ou difundir amplamente os resultados destas actividades mediante o ensino, a
publicación ou a transferencia de coñecementos. Cando unha entidade deste tipo leve a cabo
tamén actividades económicas, o financiamento, os custes e os ingresos de ditas actividades
deberán contabilizarse por separado. Ademais, as empresas que poidan exercer unha influencia
decisiva en ditas entidades, por exemplo, en calidade de accionistas ou membros, poderán non
gozar de acceso preferente aos resultados que xere.
6
Así, no marco desta resolución consideraranse organismos de investigación:
- Os Centros tecnolóxicos e de apoio á innovación tecnolóxica de Galicia
- As Universidades do sistema universitario galego
- Os Centros en Galicia do Consello Superior de Investigacións Científicas
- Os Centros en Galicia do Instituto Español de Oceanografía
- As Fundacións de investigación sanitaria de Galicia
- Outros organismos de investigación de Galicia
Artigo 4.-Requisitos das Unidades Mixtas de Investigación.
Para os efectos desta convocatoria enténdese constituída unha unidade mixta de investigación
cando se cumpren os seguintes requisitos:
1. Entidades participantes
A unidade mixta estará constituída por un único organismo de investigación dos sinalados no
artigo 3º e unha única empresa.
Excepcionalmente, poderá formar parte da unidade mixta unha segunda empresa cando exista
unha complementariedade xustificada e unha participación equilibrada co resto de entidades
participantes na mesma. Neste caso, as dúas empresas participantes na unidade mixta deberán
pertencer ao mesmo grupo empresarial.
2. Áreas de investigación
A Estratexia de Especialización Intelixente de Galicia 2014-2020 (RIS3 Galicia) establece os retos
e prioridades de I+D+i en Galicia para ese período, polo que é requisito que as áreas de
investigación das unidades mixtas estean aliñadas con eses retos e prioridades.
7
3. Constitución e duración das unidades mixtas
As unidades mixtas de nova creación acreditaranse mediante acordo escrito asinado entre as
partes. A data deste acordo non poderá ser anterior ao 1 de xaneiro de 2015 nin posterior ao prazo
de 20 días hábiles a partir do día seguinte á data de publicación no Diario Oficial de Galicia da
correspondente resolución de concesión. Esta data marcara o inicio do período mínimo de
duración de 3 anos da unidade mixta.
As unidades mixtas xa existentes acreditaranse mediante o acordo escrito asinado entre as partes
con anterioridade ao 1 de xaneiro de 2015, acompañado do compromiso de impulso-consolidación
da unidade. A data de sinatura deste compromiso non poderá ser anterior ao 1 de xaneiro de 2015
nin posterior ao prazo de 20 días hábiles a partir do día seguinte á data de publicación no Diario
Oficial de Galicia da correspondente resolución de concesión. Esta data marcara o inicio do
período mínimo de duración de 3 anos da unidade mixta.
4. Localización
A unidade mixta deberá estar fisicamente diferenciada das entidades que nela participan e
localizada en Galicia.
5. Orzamento mínimo da unidade mixta
O orzamento mínimo da unidade mixta deberá de ser de 2.000.000 de euros para un marco
temporal de 3 anos.
Nas unidades mixtas de investigación do sector biosanitario, un 20% do orzamento poderá estar
constituído por achegas procedentes de ensaios clínicos.
A achega da empresa ao orzamento da unidade mixta deberá cumprir os seguintes requisitos:
8
- Ter un importe mínimo de 1.000.000 € para un marco temporal de 3 anos.
- Ter un valor medio mínimo do 40% do orzamento total da unidade para un marco temporal
de 3 anos.
Estes requisitos mínimos serán de imprescindible cumprimento no momento da resolución de
concesión. No caso de que á finalización da duración da unidade mixta de investigación se
comprobe algunha desviación nestes requisitos e sempre que se respecten como mínimo os límites
sinalados na táboa que segue, a Axencia Galega de Innovación poderá resolver a viabilidade da
unidade mixta, despois de estudar as circunstancias que orixinaron o incumprimento destes
requisitos mínimos, sempre que un informe técnico avale o correcto desenvolvemento das
actuacións previstas e a consecución dos fins para os que se concedeu a subvención.
Importes mínimos
Orzamento mínimo da unidade mixta 1.500.000,00 €
Achega da empresa ao orzamento da unidade mixta 750.000,00 € e
40% do orzamento total da Unidade Mixta
Non obstante, aplicarase a estes supostos as penalizacións e previsións contidas no artigo 25
(Graduación dos incumprimentos, reintegros e sancións).
6. Modalidades da achega da empresa ao orzamento da unidade mixta.
A achega da empresa ao orzamento da unidade mixta poderá ser do tipo:
a) Monetaria: Transferencias ao organismo de investigación para actividades da
unidade mixta de investigación.
O importe de ditas transferencias será destinado polo organismo de investigación
ao financiamento en exclusiva das actividades da unidade mixta e poderá incluír os
seguintes tipos de gasto:
9
1.Custos de persoal (investigadores, técnicos e demais persoal auxiliar), sempre e
cando o tempo imputado estea exclusivamente dedicado ao desenvolvemento das
actividades da unidade mixta. Dentro dos custos de persoal poderá incluírse persoal
de nova contratación que contrate o organismo de investigación para a realización,
con carácter exclusivo (100%), de actividades da unidade mixta e que no momento
da contratación non teña vinculación laboral co organismo de investigación e non a
tivera coa empresa integrante da unidade mixta no último ano e custos de persoal
propio do organismo de investigación, unicamente cando este persoal teña unha
dedicación anual do 50% ás actividades da unidade mixta.
No caso dos organismos públicos de investigación, das universidades públicas, ou
en xeral dos organismos públicos con orzamentos consolidables, non se
considerarán os custos do persoal fixo que xa estean cubertos polas dotacións
previstas na Lei de Orzamentos Xerais do Estado ou nas Leis de Orzamentos da
Comunidade Autónoma.
2.Adquisición, actualización e mantemento de equipamento científico-tecnolóxico
indispensable para a realización das actividades da unidade mixta.
Dentro deste apartado considerárase:
- A adquisición de equipos novos de carácter científico e técnico e que vaian a
utilizarse en para actividades de I+D+i.
- A instalación do equipamento sempre e cando sexa estritamente necesaria para a
súa posta en funcionamento.
- As licenzas e renovacións de licenzas de software se son de uso específico para as
actividades de I+D+i da unidade mixta e non de uso xeral.
10
- O mantemento de equipos con un custe mínimo de adquisición de 12.000 euros
sen IVE (ao valor de compra dos aparatos aplicaráselle un 10% anual de
amortización, reducíndose por tanto o seu custe real actual en dita porcentaxe).
Estes gastos poderán ser imputados co límite máximo do 5% da achega monetaria
da empresa e na porcentaxe de dedicación real ás actividades da unidade mixta.
Neste apartado non se considerarán os seguintes gastos:
-Instalacións de edificios (electricidade, climatización, redes de telecomuicacións...)
e as que non sexan estritamente necesarias para o funcionamento de equipamentro
científico e técnico.
- Equipamento para espazos ou usos alleos ás actividades de I+D da unidade mixta,
como zonas de administración ou xestión, salas de reunións, despachos, mobiliario
de oficina...
- Licenzas de software xeral.
No caso de adquisición de bens de equipamento cun custo superior aos 18.000
euros será necesario presentar tres ofertas nos termos recollidos no artigo 22º desta
resolución.
Admitiranse gastos de leasing, sempre que cumpran os seguintes requisitos:
− Deberá existir un compromiso oficial por escrito de adquisición do activo ao
remate do contrato de leasing.
− Soamente serán considerados os custos na medida e durante o período que
se dediquen as actividades da unidade mixta.
− As cotas de arrendamento deberán comezar con posterioridade á data de
inicio do período mínimo de duración da unidade mixta prevista no artigo
11
4.3 desta convocatoria e só se poden imputar as cotas pagadas dentro do
período de xustificación establecido nesta resolución.
3. Servizos tecnolóxicos externos necesarios para o desenvolvemento das
actividades da unidade mixta debidamente xustificados. Consideraranse servizos
tecnolóxicos externos aquelas actividades prestadas por terceiros de forma puntual,
tales como: análises e ensaios de laboratorio, enxeñaría para a montaxe e operación,
estudos e actividades complementarias, consultorías, asistencias técnicas e servizos
equivalentes.
4. Adquisición de patentes adquiridas ou obtidas por licenza de fontes externas á
unidade mixta de investigación a prezos de mercado, sempre e cando a operación se
realizase en condicións de plena competencia e sen elemento ningún de colusión.
5. Material funxible. Poderanse imputar os gastos de materiais directamente
derivados das actividades da unidade mixta de investigación. Os gastos de material
de oficina e consumibles informático non se engloban neste concepto por ter a
consideración de gastos xerais.
6. Subcontratacións con outros organismos de investigación ou outras empresas non
vinculadas aos integrantes da unidade mixta agás as excepcións contempladas no
artigo 21 desta convocatoria, relacionadas exclusivamente con actividades da
unidade mixta, sempre e cando ditas actuacións contratadas a terceiros non supoñan
a execución total da actividade que constitúe o obxecto da mesma. As
subcontratacións non poderán superar o 50% da achega monetaria da empresa e
12
deberán estar debidamente pormenorizadas e xustificadas, estando sometidas ao
cumprimento dos requisitos establecido no artigo 21 desta convocatoria.
7. Gastos estruturais coa finalidade de axustar os custes reais das actividades
realizadas na unidade mixta de investigación, cos fondos achegados pola empresa
integrante da unidade, aos prezos de mercado. Estes custes poderán ser imputados
co límite do 20% da achega monetaria da empresa e sen necesidade de
xustificación.
8. Actuacións de promoción e difusión da unidade mixta de investigación. Estes
gastos poderán ser imputados co límite máximo do 5% da achega monetaria da
empresa.
9. Custos de formación do persoal adscrito á unidade mixta de investigación
(inscrición, matrícula, desprazamentos, contratación entidade docente no caso de
formación específica contratada polo organismo de investigación especificamente
para a unidade mixta...)
10. Axudas de custo por desprazamento para actividades que se precisen no
desenvolvemento das liñas de investigación da unidade mixta e exclusivamente
para o persoal adscrito á mesma.
b) En especie:
- Persoal adicional científico-técnico para actividades de I+D+i contratado
pola empresa para desenvolver a súa actividade nas dependencias da
unidade mixta e que no momento da contratación non teña vinculación
13
laboral coa empresa nin a tivese no último ano. Anualmente, este persoal
deberá ter unha dedicación mínima ás actividades da unidade mixta do
50%.
- Persoal propio científico-técnico da empresa desprazado a Galicia para
desenvolver a súa actividade nas dependencias da unidade mixta e que
durante o último ano tivera o seu centro de traballo fóra da comunidade
autónoma galega. Anualmente, este persoal deberá ter unha dedicación
mínima ás actividades da unidade mixta do 25%.
- Equipamento e material instrumental de nova adquisición, indispensable
para a realización das actividades da unidade mixta, co límite do 25% da
achega da empresa.
- Material funxible. Poderanse imputar os gastos de materiais directamente
derivados das actividades da unidade mixta de investigación, co límite do
15% da achega da empresa. Os gastos de material de oficina e consumibles
informático non se engloban neste concepto por ter a consideración de
gastos xerais.
- Subcontratacións con organismos de investigación/empresas non vinculadas
aos integrantes da unidade mixta, precisas para o desenvolvemento das
actividades da mesma. As subcontratacións non poderán superar o 25% da
achega da empresa e deberán estar debidamente pormenorizadas e
xustificadas.
A achega da empresa non poderá proceder doutras axudas recibidas da Xunta de Galicia ou
cofinanciadas pola mesma.
7. Achega do organismo de investigación ao orzamento da unidade mixta de investigación.
14
Esta achega poderá ser do tipo:
a) Persoal adicional científico-técnico para actividades de I+D+i contratado polo organismo
de investigación para desenvolver a súa actividade nas dependencias da unidade mixta e
que no momento da contratación non teña vinculación laboral co organismo de
investigación e non a tivera coa empresa integrante da unidade mixta no último ano.
b) Persoal propio científico-técnico do organismo de investigación que desenvolvera a súa
actividade nas dependencias da unidade mixta. No caso dos organismos públicos de
investigación, das universidades públicas, ou en xeral dos organismos públicos con
orzamentos consolidables, non se considerarán os custos do persoal fixo que xa estean
cubertos polas dotacións previstas na Lei de Orzamentos Xerais do Estado ou nas Leis de
Orzamentos da Comunidade Autónoma.
c) Adquisición, actualización e mantemento de equipamento científico-tecnolóxico
indispensable para a realización das actividades da unidade mixta.
Dentro deste apartado considerárase:
- A adquisición de equipos novos de carácter científico e técnico e que vaian a utilizarse
en para actividades de I+D+i.
- A instalación do equipamento sempre e cando sexa estritamente necesaria para a súa
posta en funcionamento.
- As licenzas e renovacións de licenzas de software se son de uso específico para as
actividades de I+D+i da unidade mixta e non de uso xeral.
- O mantemento de equipos con un custe mínimo de adquisición de 12.000 euros sen IVE
(ao valor de compra dos aparatos aplicaráselle un 10% anual de amortización,
reducíndose por tanto o seu custe real actual en dita porcentaxe). Estes gastos poderán ser
imputados co límite máximo do 5% da achega do organismo de investigación e na
porcentaxe de dedicación real ás actividades da unidade mixta.
15
Neste apartado non se considerarán os seguintes gastos:
-Instalacións de edificios (electricidade, climatización, redes de telecomunicacións...) e as
que non sexan estritamente necesarias para o funcionamento de equipamento científico e
técnico.
- Equipamento para espazos ou usos alleos ás actividades de I+D da unidade mixta, como
zonas de administración ou xestión, salas de reunións, despachos, mobiliario de oficina...
- Licenzas de software xeral.
No caso de adquisición de bens de equipamento cun custo superior aos 18.000 euros será
necesario presentar tres ofertas nos termos recollidos no artigo 22º desta resolución.
Admitiranse gastos de leasing, sempre que cumpran os seguintes requisitos:
− Deberá existir un compromiso oficial por escrito de adquisición do activo ao
remate do contrato de leasing.
− Soamente serán considerados os custos na medida e durante o período que se
dediquen as actividades da unidade mixta.
− As cotas de arrendamento deberán comezar con posterioridade á data de inicio do
período mínimo de duración da unidade mixta prevista no artigo 4.3 desta
convocatoria e só se poden imputar as cotas pagadas dentro do período de
xustificación establecido nesta resolución.
d) Subcontratacións con organismos de investigación/empresas non vinculadas aos
integrantes da unidade mixta agás as excepcións contempladas no artigo 21 desta
convocatoria, precisas para o desenvolvemento das actividades da mesma. As
subcontratacións non poderán superar o 20% da achega do organismo de investigación e
16
deberán estar debidamente pormenorizadas e xustificadas, estando sometidas ao
cumprimento dos requisitos establecidos no artigo 21 desta convocatoria.
A achega do organismo de investigación non poderá proceder doutras axudas recibidas da Xunta
de Galicia ou cofinanciadas pola mesma.
Artigo 5.-Conceptos subvencionables
Terán a consideración de gastos subvencionables, con cargo á axuda concedida pola Axencia
Galega de Innovación, aqueles realizados polo organismo de investigación para as actividades da
unidade mixta e que respondan á natureza da actividade subvencionada e resulten estritamente
necesarios para o desenvolvemento das actuacións para as que foron concedidos. En ningún caso o
custo de adquisición dos gastos subvencionables poderá ser superior ao valor de mercado.
Poderán ser obxecto de axuda os seguintes tipos de custos:
1. Custos de persoal (investigadores, técnicos e demais persoal auxiliar), sempre e cando o
tempo imputado estea exclusivamente dedicado ao desenvolvemento das actividades da
unidade mixta. Dentro dos custos de persoal poderá incluírse persoal de nova contratación
que contrate o organismo de investigación para a realización, con carácter exclusivo
(100%), de actividades da unidade mixta e que no momento da contratación non teña
vinculación laboral co organismo de investigación e non a tivera coa empresa integrante da
unidade mixta no último ano. Serán subvencionables os custos de persoal propio do
organismo de investigación, unicamente cando este persoal teña unha dedicación mínima
anual do 50% ás actividades da unidade mixta
No caso dos organismos públicos de investigación, das universidades públicas, ou en xeral
dos organismos públicos con orzamentos consolidables, non se subvencionarán os custos
17
do persoal fixo que xa estean cubertos polas dotacións previstas na Lei de Orzamentos
Xerais do Estado ou nas Leis de Orzamentos da Comunidade Autónoma.
2. Adquisición, actualización e mantemento de equipamento científico-tecnolóxico
indispensable para a realización das actividades da unidade mixta.
Dentro deste apartado considerárase:
- A adquisición de equipos novos de carácter científico e técnico e que vaian a utilizarse
en para actividades de I+D+i.
- A instalación do equipamento sempre e cando sexa estritamente necesaria para a súa
posta en funcionamento.
- As licenzas e renovacións de licenzas de software se son de uso específico para as
actividades de I+D+i da unidade mixta e non de uso xeral.
- O mantemento de equipos con un custe mínimo de adquisición de 12.000 euros sen IVE
(ao valor de compra dos aparatos aplicaráselle un 10% anual de amortización,
reducíndose por tanto o seu custe real actual en dita porcentaxe). Estes gastos poderán ser
imputados co límite máximo do 5% da axuda concedida pola Axencia Galega de
Innovación e na porcentaxe de dedicación real ás actividades da unidade mixta.
Neste apartado non se considerarán os seguintes gastos:
-Instalacións de edificios (electricidade, climatización, redes de telecomunicacións...) e as
que non sexan estritamente necesarias para o funcionamento de equipamento científico e
técnico.
- Equipamento para espazos ou usos alleos ás actividades de I+D da unidade mixta, como
zonas de administración ou xestión, salas de reunións, despachos, mobiliario de oficina...
- Licenzas de software xeral.
No caso de adquisición de bens de equipamento cun custo superior aos 18.000 euros será
necesario presentar tres ofertas nos termos recollidos no artigo 22º desta resolución.
18
Admitiranse gastos de leasing, sempre que cumpran os seguintes requisitos:
− Deberá existir un compromiso oficial por escrito de adquisición do activo ao
remate do contrato de leasing.
− Soamente serán considerados os custos na medida e durante o período que se
dediquen as actividades da unidade mixta.
− As cotas de arrendamento deberán comezar con posterioridade á data de inicio do
período mínimo de duración da unidade mixta prevista no artigo 4.3 desta
convocatoria e só se poden imputar as cotas pagadas dentro do período de
xustificación establecido nesta resolución
3. Servizos tecnolóxicos externos necesarios para o desenvolvemento das actividades da
unidade mixta debidamente xustificados. Consideraranse servizos tecnolóxicos externos
aquelas actividades prestadas por terceiros de forma puntual, tales como: análises e ensaios
de laboratorio, enxeñaría para a montaxe e operación, estudos e actividades
complementarias, consultorías, asistencias técnicas e servizos equivalentes.
4. Adquisición de patentes adquiridas ou obtidas por licenza de fontes externas á unidade
mixta de investigación a prezos de mercado, sempre e cando a operación se realizase en
condicións de plena competencia e sen elemento ningún de colusión.
5. Material funxible. Poderanse imputar os gastos de materiais directamente derivados das
actividades da unidade mixta de investigación. Os gastos de material de oficina e
consumibles informáticos non se financiarán neste concepto por ter a consideración de
gastos xerais.
19
6. Subcontratacións con outros organismos de investigación ou outras empresas non
vinculadas aos integrantes da unidade mixta agás as excepcións contempladas no artigo 21
desta convocatoria, relacionadas exclusivamente con actividades da unidade mixta, sempre
e cando ditas actuacións contratadas a terceiros non supoñan a execución total da
actividade que constitúe o obxecto da mesma. As subcontratacións non poderán superar o
50% da axuda concedida pola Axencia Galega de Innovación e deberán estar debidamente
pormenorizadas e xustificadas, estando sometidas ao cumprimento dos requisitos
establecidos no artigo 21 desta convocatoria.
7. Gastos xerais da unidade mixta debidamente xustificados que teñan por obxecto garantir o
funcionamento da mesma (consumo eléctrico, consumo de auga, teléfono, internet…).
Estes gastos deberán ser imputados na parte que razoablemente corresponda ata un
máximo do 4% do orzamento da unidade mixta de acordo cos principios e normas de
contabilidade xeralmente admitidas e, en todo caso, na medida na que tales custos
correspondan ao período no que efectivamente se realicen as actividades.
8. Actuacións de promoción e difusión da unidade mixta de investigación. Estes gastos
poderán ser imputados co límite máximo do 5% da axuda concedida.
9. Custos de formación do persoal adscrito á unidade mixta de investigación (inscrición,
matrícula, desprazamentos, contratación entidade docente no caso de formación específica
contratada polo organismo de investigación especificamente para a unidade mixta...)
10. Axudas de custo por desprazamento para actividades que se precisen no desenvolvemento
das liñas de investigación da unidade mixta e exclusivamente para o persoal adscrito á
mesma.
20
Artigo 6.- Lugar e prazo de presentación das solicitudes.
1. As solicitudes deberán presentarse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario
normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.es, de acordo
co establecido nos artigos 27 da Lei 11/2007, do 22 de xuño, de acceso electrónico dos cidadáns
aos servizos públicos, e 24 do Decreto 198/2010, do 2 de decembro, polo que se regula o
desenvolvemento da Administración electrónica na Xunta de Galicia e nas entidades dela
dependentes. Para a presentación das solicitudes será necesario o Documento Nacional de
Identidade electrónico ou calquera dos certificados electrónicos recoñecidos pola sede electrónica
da Xunta de Galicia.
Opcionalmente, tamén se poderán presentar as solicitudes en soporte papel en calquera dos lugares
e rexistros establecidos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das
Administracións públicas e do procedemento administrativo común, utilizando o formulario
normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia ou na páxina web da Axencia
Galega de Innovación http://gain.xunta.es.
2.- O prazo de presentación de solicitudes será dun mes contado a partir do día seguinte ao da
publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia.
Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día de publicación.
Se o último día do prazo fose inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte e, se
no mes de vencemento non houbese día equivalente ao inicial do cómputo, entenderse que o prazo
expira o derradeiro día do mes.
Artigo 7.- Documentación.
1. Para poder ser beneficiario das subvencións deberán presentarse os seguintes documentos:
21
a) Anexo I. Solicitude. No anexo I inclúense as seguintes declaracións responsables:
1. Declaración responsable do solicitante de todas as axudas solicitadas e concedidas para o
mesmo fin por outras administracións ou entes públicos ou privados.
2. Declaración de que todos os datos contidos na solicitude e nos documentos que se
presentan son certos.
3. Declaración responsable de non estar incurso en ningunha das circunstancias previstas no
artigo 13 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións.
4. Declaración responsable de non estar incurso en ningunha clase de inhabilitación para a
obtención de axudas prevista nos apartados 2 e 3 do artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de
xuño, de subvencións de Galicia. Deberase comunicar calquera variación das
circunstancias recollidas na devandita declaración no momento en que se produza.
5. Declaración responsable de estar ao día no pagamento de obrigas por reintegro de
subvencións, conforme ao artigo 10.2.º g) da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de
Galicia, e o artigo 9 do Regulamento de subvencións de Galicia, aprobado polo Decreto
11/2009, do 8 de xaneiro.
6. Declaración de que son veraces os datos que se consignan na solicitude relativos á conta
bancaria na que se efectuará o pagamento das axudas, así como que a entidade solicitante é
o seu titular, de conformidade co establecido no artigo 5 da Orde do 12 de xaneiro de 2012
pola que se regula a habilitación de procedementos administrativos e servizos na
Administración xeral e no sector público autonómico de Galicia.
b) Anexo III. Memoria da unidade mixta de investigación
Con independencia da información adicional que se desexe incluír na memoria da unidade
mixta de investigación, esta recollerá o contido, tanto de carácter científico-técnico como
económico, descrito a continuación:
- Identificación das entidades participantes na unidade mixta.
22
- Antecedentes e experiencia das entidades participantes na unidade mixta en relación coas
liñas de investigación da unidade
- Duración da unidade mixta (como mínimo 3 anos)
- Descrición da/s liña/s de investigación que vai desenvolver a unidade mixta
- Importancia para a Comunidade Autónoma de Galicia.
- Orzamento completo e desagregado da unidade mixta previsto para o período de vixencia
da mesma, no que se detallen as achegas anuais de cada unha das entidades participantes e
a planificación anual (tendo en conta que para a duración mínima de 3 anos da unidade
mixta o orzamento mínimo total da unidade será de 2.000.000 € respectando as achegas
mínimas das partes)
- Definición dos compromisos que adquire cada unha das entidades participantes na unidade
mixta nos diferentes ámbitos: científico-técnico, económico e organizativo.
c) Orixinal ou copia compulsada do acordo de constitución da unidade mixta asinada polas
entidades participantes nela.
Ao abeiro do artigo 4.3 desta convocatoria, as unidades mixtas de nova creación que non teñan
asinado o acordo de constitución no momento de presentación da solicitude de axuda polo
organismo de investigación deberán presentar unha declaración asinada polas entidades
participantes na que manifestan a súa intención de constituír a unidade mixta atendendo aos
requisitos desta convocatoria e ao contido da memoria sinalado no punto anterior.
As unidades mixtas xa existentes deberán acompañar ao acordo de constitución un compromiso de
impulso-consolidación da unidade que estará asinado polas partes. Ao abeiro do artigo 4.3 desta
convocatoria, as unidades mixtas que non teñan asinado o citado compromiso no momento de
presentación da solicitude de axuda polo organismo de investigación deberán presentar unha
declaración asinada polas entidades participantes na que manifestan a súa intención de impulsar e
23
consolidar a unidade mixta atendendo aos requisitos desta convocatoria e ao contido da memoria
sinalado no punto anterior.
O acordo de constitución ou o compromiso de impulso-consolidación deberá conter, como
mínimo, a seguinte información:
- Características e obxectivos da unidade.
- Descrición da/s liña/s de investigación que vai desenvolver a unidade.
- Duración da unidade mixta, que non poderá ser inferior a 3 anos, aos efectos desta
convocatoria.
- Definición dos compromisos que adquire cada participante da unidade mixta nos diferentes
ámbitos: científico-técnico, económico e organizativo.
Este acordo/compromiso de impulso-consolidación poderá ser modificado ao longo da súa
vixencia, sempre e cando os cambios non afecten a aspectos tidos en conta para a concesión
das axudas. Calquera modificación das condicións establecidas no acordo/compromiso
orixinal deberá ser autorizado pola Axencia Galega de Innovación.
Os anexos I (solicitude), II (Declaración axudas a presentar coa xustificación da subvención;
artigo 22) e III (Memoria) estarán dispoñibles na sede electrónica da Xunta de Galicia
http://sede.xunta.es ou na páxina web da Axencia Galega de Innovación http://gain.xunta.es.
2. Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente ao formulario principal, a
persoa interesada deberá achegar o código do procedemento, órgano responsable, número de
expediente e número ou código único de rexistro.
24
3. A documentación complementaria poderá presentarse electronicamente utilizando calquera
procedemento de copia dixitalizada do documento orixinal. Neste caso, as copias dixitalizadas
presentadas garantirán a fidelidade co orixinal baixo a responsabilidade da persoa solicitante ou
representante. A Administración poderá requirir a exhibición do documento orixinal para o cotexo
da copia electrónica presentada segundo o disposto nos artigos 35.2 da Lei 11/2007, do 22 de
xuño, de acceso electrónico dos cidadáns aos servizos públicos, e 22.3 do Decreto 198/2010, do 2
de decembro, polo que se regula o desenvolvemento da Administración electrónica na Xunta de
Galicia e nas entidades dela dependentes.
A documentación complementaria tamén poderá presentarse en formato papel en calquera dos
lugares e rexistros establecidos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime
xurídico das Administracións públicas e do procedemento administrativo común.
As copias dos documentos gozarán da mesma validez e eficacia que os seus orixinais sempre que
exista constancia de que sexan auténticas.
4. A sede electrónica da Xunta de Galicia ten á disposición das persoas interesadas unha serie de
modelos normalizados dos trámites máis comunmente utilizados na tramitación administrativa,
que poderán ser presentados en calquera dos lugares e rexistros establecidos no artigo 38.4 da Lei
30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento
administrativo común.
Artigo 8.- Información aos interesados.
1. Sobre este procedemento administrativo, que ten o código indicado no artigo 1, poderase obter
información adicional na Axencia Galega de Innovación, a través dos seguintes medios:
a) Páxina web da Axencia Galega de Innovación (http://gain.xunta.es), na súa epígrafe de
axudas.
25
b) No teléfono 981541096 da devandita Axencia.
c) No enderezo electrónico [email protected].
d) Persoalmente
e) Na guía de procedementos e servizos administrativos no enderezo http://sede.xunta.es
2. Así mesmo, para cuestións xerais sobre este procedemento, poderá facerse uso do teléfono de
información xeral da Xunta de Galicia 012.
3. De acordo co establecido no artigo 14 letra ñ) da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de
Galicia, as entidades beneficiarias quedan informadas da existencia do Rexistro Público de
Subvencións e dos extremos previstos no artigo 5 da Lei orgánica 15/1999, do 13 de decembro,
de protección de datos de carácter persoal.
Artigo 9.- Consentimentos e autorizacións.
1. A presentación da solicitude implica o coñecemento e a aceptación destas bases reguladoras.
2. De conformidade co artigo 20.3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, a
presentación da solicitude de concesión de subvención polo interesado comportará a autorización
ao órgano xestor para solicitar as certificacións que deban emitir a Axencia Estatal da
Administración Tributaria, a Tesouraría Xeral da Seguridade Social e a consellería competente en
materia de economía e facenda da Xunta de Galicia. Non obstante o solicitante poderá denegar
expresamente, na solicitude, o seu consentimento. No caso de que o solicitante denegue
expresamente a autorización para acceder á dita información, deberá achegar coa solicitude, os
certificados acreditativos, que deberán estar en vigor, de estar ao día nas seguintes obrigas: coa
Axencia Estatal da Administración Tributaria, coa Tesouraría Xeral da Seguridade Social e coa
Administración da Comunidade Autónoma de Galicia.
Non obstante, aquelas entidades comprendidas no artigo 11 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro,
que desenvolve a Lei de subvencións de Galicia, poderán presentar unha declaración responsable
de estar ao día no cumprimento das obrigas tributarias ou fronte á Seguridade Social e de non ter
26
pendente ningunha outra débeda coa Administración pública de Comunidade Autónoma de
Galicia.
No caso de que o solicitante deba presentar estes certificados na fase de emenda, logo de que a
consulta polo órgano xestor non obtivese resultado favorable, a data de expedición dos
certificados pola Administración correspondente deberá ser posterior á data de consulta polo
órgano xestor, o que se comunicará no requirimento de emenda da documentación.
3. Así mesmo, conforme ao establecido no apartado f) do artigo 35 da Lei 30/1992, do 26 de
novembro, de réxime xurídico das Administracións Públicas e do procedemento administrativo
común, e no artigo 20.3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, os documentos
esixidos que xa estean en poder da Administración actuante non deberán ser achegados coa
solicitude, sempre que na mesma se faga constar a data e o órgano ou a dependencia na que foron
presentados ou, se é o caso, emitidos, e cando non transcorresen máis de cinco anos desde a
finalización do procedemento a que corresponda.
No suposto de imposibilidade material de obter o documento, o órgano competente poderá
requirirlle á entidade solicitante a súa presentación, ou, na súa falta, a acreditación por outros
medios dos requisitos ao que se refire o documento, con anterioridade á formulación da proposta
de resolución.
4. De conformidade co artigo 13.4 da Lei 4/2006, do 30 de xuño, de transparencia e de boas
prácticas na Administración Pública galega, e co previsto no Decreto 132/2006, do 27 de xullo,
polo que se regulan os rexistros públicos creados nos artigos 44 e 45 da Lei 7/2005, do 29 de
decembro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2006, a Axencia
Galega de Innovación publicará na súa web oficial a relación dos beneficiarios e o importe das
axudas concedidas. Incluirá, igualmente, as referidas axudas e as sancións que, como
consecuencia delas, puidesen impoñerse nos correspondentes rexistros públicos, polo que a
presentación da solicitude leva implícita a autorización para o tratamento necesario dos datos dos
beneficiarios e a referida publicidade.
27
Artigo 10.-Datos de carácter persoal.
De conformidade coa Lei Orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de
carácter persoal, os datos persoais recollidos na tramitación desta disposición, cuxo tratamento e
publicación autorízase polas persoas interesadas mediante a presentación das solicitudes, serán
incluídos nun ficheiro denominado Unidades Mixtas de Investigación 2015 cuxo obxecto é
xestionar o presente procedemento, así como para informar as persoas interesadas sobre o seu
desenvolvemento. O órgano responsable deste ficheiro é a Axencia Galega de Innovación. Os
dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición poderanse exercer ante a Axencia
Galega de Innovación, mediante o envío dunha comunicación ao seguinte enderezo: Rúa dos
Feáns, 7 baixo – 15705 Santiago de Compostela ou a través dun correo electrónico a
Artigo 11.-Instrución do procedemento e tramitación.
A Área de Xestión da Axencia Galega de Innovación será o órgano competente para a instrución
do procedemento de concesión das subvencións. Corresponderalle ao director da Axencia Galega
de Innovación ditar a resolución de concesión.
1. Se a solicitude non reúne algún dos requisitos esixidos nesta convocatoria, requirirase ao
interesado mediante anuncio publicado na páxina web da Axencia Galega de Innovación
(http://gain.xunta.es), para que nun prazo de dez días hábiles emende a falta ou achegue os
documentos preceptivos. Neste requirimento farase indicación expresa de que, se así non o
fixese, terase por desistido na súa petición, logo da correspondente resolución, de acordo co
artigo 71 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas
e do procedemento administrativo común, e cos efectos previstos no artigo 42.1º da citada lei.
Se a instrución do procedemento o aconsellara, o órgano competente poderá substituír esta
publicación na web pola notificación individualizada.
28
2. Sen prexuízo do disposto no parágrafo anterior, poderá requirirse ao solicitante mediante
notificación individualizada, conforme o artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de
réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, para
que forneza cantos datos, documentos complementarios e aclaracións resulten necesarios para a
tramitación e resolución do procedemento.
3. Unha vez revisadas as solicitudes e feitas as emendas, aqueles expedientes administrativos que
reúna todos os requisitos e a documentación necesaria serán avaliados por expertos e remitidos
á comisión de valoración.
4. Os expedientes que non cumpran as esixencias contidas nestas bases ou na normativa de
aplicación, ou que non conteñan a documentación necesaria, quedarán a disposición do órgano
instrutor para que formule a proposta de resolución de inadmisión, na que se indicarán as
causas desta.
5. O non axustarse aos termos da convocatoria, así como a ocultación de datos, a súa alteración ou
calquera outra manipulación da información será causa de desestimación da solicitude, sen
prexuízo do disposto nos artigos 50 e seguintes da Lei 9/2007.
Artigo 12.-Comisión de valoración.
1. A comisión de valoración será o órgano colexiado encargado de seleccionar as solicitudes,
de acordo coa valoración realizada por expertos atendendo aos criterios fixados no artigo
seguinte, e emitirá un informe en que se concrete o resultado da avaliación efectuada e a
contía da axuda proposta.
2. A composición da comisión de valoración será a seguinte:
1. Presidencia: un/unha director/a de área da Axencia Galega de Innovación ou persoa
en quen delegue.
2. Secretaría: un funcionario ou funcionaria da Axencia Galega de Innovación.
3. Tres vogais designados polo director da Axencia Galega de Innovación.
29
3. No informe que elabore a comisión de valoración figurarán, de xeito individualizado, as
solicitudes propostas para obter a subvención, especificándose a avaliación que lles
corresponde segundo os criterios recollidos no artigo seguinte. Así mesmo, indicarase o
importe da subvención para cada un deles sen superar o crédito dispoñible e tendo a
intensidade de axuda prevista no artigo 14 desta convocatoria.
4. A comisión de valoración para a realización do seu labor poderá solicitar todos os informes
técnicos que considere precisos e emitirá unha acta na que se concrete o resultado da
selección efectuada.
Artigo 13.-Criterios de valoración e selección.
A valoración de cada solicitude que reúna os requisitos esixidos nesta convocatoria realizarase por
expertos sobre un total de 100 puntos que se outorgarán segundo os criterios de valoración, que
servirán de base para a determinación da preferencia na concesión das subvencións, que se
indican:
- Calidade científico-técnica da unidade mixta (máximo 40 puntos):
1. Obxectivos. Valorarase a calidade, contido e orixinalidade na formulación dos
obxectivos. Estes obxectivos deberanse definir de maneira clara e concisa (máximo 15
puntos).
a. Obxectivos xerais da unidade mixta. Descrición obxectiva e concreta da finalidade
da unidade mixta (máximo 7,5 puntos)
b. Obxectivos específicos da unidade mixta. Especificacións ou pasos a realizar para
acadar os obxectivos xerais (máximo 7,5 puntos)
2. Planificación. Valorarase o nivel de excelencia do plan de traballo para a consecución
dos obxectivos da proposta e o seguimento do seu avance (máximo 10 puntos).
a. Descrición de fases e actividades. Metas previstas (máximo 4 puntos)
b. Dirección e coordinación dos traballos (máximo 3 puntos)
30
c. Cronograma (máximo 3 puntos)
3. Grao de innovación das liñas de investigación/innovación (máximo 7,5 puntos)
a. Xustificación do carácter innovador dos obxectivos (máximo 4 puntos).
b. Novidades ou melloras substanciais respecto ao estado actual da arte (máximo 3,5
puntos)
4. Viabilidade das liñas de investigación/innovación (máximo 7,5 puntos).
a. Compatibilidade e coherencia cos obxectivos da unidade mixta (máximo 4 puntos).
b. Avaliación dos puntos críticos e factores de risco (máximo 3,5 puntos)
- Características dos integrantes da unidade mixta: capacidade técnica, antecedentes,
complementariedade (máximo 10 puntos).
1. Antecedentes e experiencia nas liñas de investigación/innovación das entidades
participantes da unidade mixta (máximo 3 puntos)
2. Complementariedade científico-técnica das entidades participantes para o
desenvolvemento dos obxectivos da unidade mixta (máximo 3 puntos)
3. Capacidade técnica das entidades participantes nas liñas de investigación da unidade
mixta/valoración da calidade e traxectoria científico-técnica do equipo humano
integrante da unidade mixta (máximo 4 puntos)
- Definición e presentación de proxectos en Horizonte 2020 e outros programas
internacionais.
1. Capacidade da unidade mixta para presentar proxectos en Horizonte 2020 e outros
programas internacionais. Valorarase a experiencia dos integrantes da unidade
mixta na elaboración de propostas neste tipo de convocatorias (máximo 5 puntos)
2. Resultados obtidos con éxito nos últimos 5 anos. Valorarase con un punto cada
proxecto concedido neste tipo de programas ata un máximo de 5 puntos.
- Desenvolvemento de novas tecnoloxías e impacto tecnolóxico (máximo 15 puntos).
31
1. Efecto tractor sobre a cadea de valor. Valorarase a capacidade de arrastre da
unidade mixta no seu ámbito (máximo 7,5 puntos)
2. Impacto científico-tecnolóxico dos resultados previstos sobre o sector de actividade
da unidade mixta (máximo 7,5 puntos)
- Impacto socioeconómico da unidade mixta (máximo 25 puntos).
1. Interese socioeconómico da unidade mixta atendendo ao estado actual da arte
(máximo 5 puntos)
2. Xeración de emprego. Valorarase con 1 punto cada emprego xerado ata un máximo
de 5 puntos.
3. Grao de aliñamento da proposta coas prioridades e retos da RIS3 Galicia tendo en
conta o seu contido innovador (máximo 15 puntos)
Aquelas unidades mixtas nas que participen organismos de investigación localizados nas
provincias de Lugo ou Ourense así como nas comarcas de Ferrolterra e Costa da Morte terán un
5% adicional por encima da base total de puntuación que é posible alcanzar.
A comisión de valoración considerará financiables as solicitudes que acaden unha puntuación
mínima total igual ou superior a 60 puntos. Proporase a concesión das solicitudes por orde
decrecente ata esgotar os créditos dispoñibles, quedando, de ser o caso, como suplentes aquelas
para as cales non se dispón de crédito suficiente pero que acadaron unha puntuación igual ou
superior a puntuación mínima indicada.
Artigo 14.-Intensidade das axudas e concorrencia
1. As axudas concederanse en forma de subvención para un marco temporal de 3 anos,
establecéndose unha intensidade media de axuda dun 30% do orzamento total da unidade mixta.
32
2. A axuda da Axencia Galega de Innovación non superará o importe máximo de 1.500.000 €
3.As axudas concedidas pola Axencia Galega de Innovación ao abeiro desta convocatoria serán
incompatibles con calquera outra destinada ao mesmo fin, agás as achegas realizadas polas
entidades participantes na Unidade Mixta previstas nesta convocatoria.
Artigo 15º.-Audiencia.
1. Instruído o procedemento, e inmediatamente antes de redactar a proposta de resolución, porase
de manifesto aos interesados para que, nun prazo de dez días, poidan formular alegacións e
presentar os documentos e xustificacións que consideren pertinentes.
2. Poderase prescindir do trámite ao que se refire o apartado anterior cando non figuren no
procedemento nin se vaian ter en conta na resolución outros feitos nin outras alegacións ou
probas que as aducidas polo interesado.
Artigo 16.-Resolución e notificación.
1. Unha vez concluído o trámite de audiencia, o órgano instrutor elevará a proposta de resolución
e o informe emitido pola comisión de valoración ao director da Axencia Galega de Innovación
para ditar a resolución de concesión, que deberá estar debidamente motivada e expresará, cando
menos, o beneficiario, así como a subvención concedida ou, se é o caso, a causa de denegación.
En ningún caso o importe das subvencións concedidas poderá superar o custo da actividade que
vai desenvolver o beneficiario ou, se é o caso, a porcentaxe máxima do investimento
establecido nestas bases reguladoras.
No expediente da subvención tamén se fará constar o informe do órgano instrutor no que conste
que da información que ten no seu poder se desprende que os beneficiarios cumpren os
requisitos necesarios para acceder ás axudas.
2. O prazo máximo para resolver as solicitudes presentadas ao abeiro desta convocatoria será de 5
33
meses, contados a partir da súa publicación. De non mediar resolución expresa no dito prazo
mediante a publicación da correspondente resolución no Diario Oficial de Galicia, os
solicitantes poderán entender desestimadas as súas solicitudes por silencio administrativo.
3.Todas as resolucións serán notificadas de acordo co establecido na Lei 30/1992, do 26 de
novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo
común. Non obstante, e de conformidade co establecido no artigo 59.6.b) desa lei, a
notificación individual de concesión da axuda poderase substituír pola publicación no Diario
Oficial de Galicia e na páxina web http://gain.xunta.es, con indicación da data da convocatoria,
do beneficiario, da cantidade concedida e da finalidade da axuda outorgada.
4.No prazo máximo de 20 días hábiles a partir do día seguinte ao da publicación da resolución de
concesión o interesado deberá achegar o acordo de constitución/compromiso de impulso-
consolidación previsto no artigo 6º desta convocatoria, asinado polas entidades nelas
participantes, agás que fose presentado coa solicitude de axuda. Transcorrido ese prazo, en
ausencia de contestación, o beneficiario perderá o dereito a percepción da subvención e
tramitarase o oportuno procedemento de reintegro, que se axustará ao previsto na Lei 9/2007,
do 13 de xuño, de subvencións de Galicia e no regulamento do citado texto legal.
Artigo 17.- Renuncia
1. A renuncia á subvención poderase facer axustándose aos modelos que se publicarán na
web da Axencia Galega de Innovación (http://gain.xunta.es), así como por calquera outro
medio que permita a súa constancia, de acordo co establecido no artigo 91 da Lei 30/1992,
do 26 de novembro, do réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento
administrativo común.O director da Axencia Galega de Innovación ditará a correspondente
resolución nos termos do artigo 42.1 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime
xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.
34
Artigo 18.-Réxime de recursos.
Contra as resolucións ditadas ao abeiro desta convocatoria, sen prexuízo de que os interesados
poidan exercer calquera outro que consideren procedente, poderán interpoñer recurso de alzada
no prazo dun mes desde o día seguinte ao da notificación da resolución, se esta fose expresa, ou
de tres meses contados a partir do día seguinte a aquel en que se produza o acto presunto,
perante o presidente da Axencia Galega de Innovación , segundo o disposto nos artigos 114 e
115 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento
administrativo común.
Artigo 19.- Modificación da resolución
1. As actuacións subvencionables deben executarse no termo e forma aprobados que se
recollen nas resolucións de concesión. Porén, cando xurdan circunstancias concretas que
alteren as condicións técnicas ou económicas tidas en conta para a concesión da axuda, o
órgano concedente poderá modificar a resolución de concesión.
2. Toda alteración das condicións tidas en conta para a concesión da subvención así como a
obtención concorrente de subvencións ou axudas outorgadas por outras administracións ou
entes públicos ou privados, nacionais ou internacionais, poderá dar lugar á modificación da
resolución de concesión.
3. Poderase acordar a modificación da resolución de concesión a instancia do beneficiario,
sempre que este presente a solicitude de modificación con anterioridade á data de
finalización do prazo de xustificación desa anualidade e se cumpran os seguintes
requisitos:
a) Que a actividade, conduta ou modificación da actividade subvencionable estea
comprendida dentro da finalidade e dos requisitos das bases reguladoras.
b) Que se acredite a inexistencia de prexuízo a terceiros.
35
c) Que os novos elementos e circunstancias que motiven a modificación, de teren
concorrido na concesión inicial, non suporían a denegación da subvención.
d) Que non sexan tidos en conta requisitos ou circunstancias que debendo concorrer
no momento en que se ditou a resolución tivesen lugar con posterioridade a ela.
4. A solicitude de modificación deberá motivar os cambios que se propoñen e debe xustificar
a imposibilidade de cumprir as condicións expostas na resolución de concesión.
5. En ningún caso se admitirán cambios con data anterior á entrada en rexistro da solicitude
de modificación.
6. O acto polo que se acorde ou se denegue a modificación da resolución será ditado logo da
instrución do correspondente expediente en que se lle dará audiencia ao interesado. A
autorización de modificación deberá realizarse de forma expresa e notificaráselle ao
interesado.
Artigo 20.- Obrigas dos beneficiarios
Sen prexuízo das demais obrigas que resulten do artigo 11 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de
subvencións de Galicia, os beneficiarios das subvencións concedidas ao abeiro desta resolución
quedan obrigados a:
a) Proceder ao reintegro, total ou parcial, da subvención percibida no suposto de
incumprimento das condicións establecidas para a súa concesión.
b) Facilitar toda a información que lle sexa requirida pola Intervención Xeral da Comunidade
Autónoma, o Tribunal de Contas e o Consello de Contas, no exercicio das súas funcións de
fiscalización e control.
c) Comunicar á Axencia Galega de Innovación a obtención de subvencións, axudas e
ingresos ou recursos que financien as actividades subvencionadas. Esta comunicación
deberá efectuarse tan pronto como se coñeza.
d) Desenvolver as actividades da unidade mixta en Galicia.
36
e) Situar as dependencias da unidade mixta en Galicia, fisicamente diferenciadas das
entidades que nela participan.
f) Presentar o acordo de constitución da unidade mixta, no caso de unidades de nova
creación, ou o compromiso de impulso-consolidación, no caso de unidades xa existentes,
no prazo máximo de 20 días hábiles a partir do día seguinte á data de publicación no
Diario Oficial de Galicia da correspondente resolución de concesión, agás que fose
presentado coa solicitude de axuda.
g) Destinar o material inventariable ao fin concreto para o que se concedeu a subvención
segundo o disposto no artigo 29 da Lei 9/2007, fixándose a estes efectos o período de
afección dos bens respectivamente en cinco anos para os bens inscribibles nun rexistro
público, e dous para os restantes bens.
h) Facer constar expresamente a axuda prestada pola Axencia Galega de Innovación e o
Ministerio de Economía y Competitividad no marco da Estratexia Española de Innovación
en Galicia, en todo o material de execución, información e publicidade das actividades da
unidade mixta.
i) A realización, con carácter anual, de como mínimo unha actividade de promoción e
difusión da unidad mixta na que se difunda as experiencias de colaboración
(singularidades, capacidades e fortalezas) e os avances realizados e resultados obtidos a
través da figura das unidades mixtas así como o apoio da Axencia Galega de Innovación e
o Ministerio de Economía y Competitividad no marco da Estratexia Española de
Innovación en Galicia
Artigo 21.- Normativa aplicable ao organismo de investigación beneficiario en materia de
subcontratación.
37
1. Será de aplicación ao organismo de investigación beneficiario o disposto nos artigos 27 da Lei
9/2007 e 43 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei
9/2007.
2. Enténdese por subcontratación cando se concerta con terceiros a execución total ou parcial da
actividade que constitúa o obxecto da subvención.
3. Non se poderá subcontratar entre as entidades integrantes da Unidade Mixta de Investigación.
4. Os beneficiarios das axudas reguladas nesta convocatoria poderán subcontratar as actividades
da unidade mixta, respectando os limites máximos que para as diferentes achegas ao orzamento da
unidade (achega organismo de investigación, investimento da achega monetaria da empresa e
axuda de GAIN) están establecidos na presente convocatoria.
5. Cando a actividade concertada con terceiros exceda do 20 % do importe das achegas indicadas e
o dito importe sexa superior a 60.000 euros, a subcontratación estará sometida ao cumprimento
dos seguintes requisitos:
a) Que o contrato se subscriba por escrito.
b) Que a súa subscrición a autorice previamente a Axencia Galega de Innovación.
Non poderá fraccionarse un contrato co obxecto de diminuír a súa contía e eludir o cumprimento
dos requisitos esixidos no parágrafo anterior.
6. En ningún caso o beneficiario poderá subcontratar con:
a) Persoas ou entidades incursas nalgunhas das prohibicións que se recollen no artigo 10 da Lei
9/2007.
b) Persoas ou entidades que percibisen outras subvencións para a realización da actividade
obxecto da contratación.
c) Intermediarios ou asesores nos que os pagamentos se definan como unha porcentaxe do custo
total da operación, agás que o dito pagamento este xustificado con referencia ao valor de mercado
do traballo realizado ou dos servizos prestados.
d) Persoas ou entidades solicitantes de axuda na mesma convocatoria que non obtivesen
38
subvención por non reunir os requisitos ou non alcanzar a valoración suficiente.
e) Persoas ou entidades en que concorra algunha das circunstancias detalladas no artigo 43.2 do
Decreto 11/2009, sen prexuízo da excepción regulada no parágrafo seguinte en relación coas
entidades vinculadas.
Excepcionalmente, en aplicación do artigo 27.7 da Lei de subvencións de Galicia, a Axencia
Galega de Innovación poderá autorizar a subcontratación de entidades vinculadas co organismo de
investigación beneficiario cando sexa imprescindible para a execución das actividades da Unidade
Mixta e sempre que se realice de acordo coas condicións normais de mercado.
Artigo 22.-Xustificación da subvención.
1.- Para a xustificación, o organismo de investigación beneficiario da axuda utilizara os
formularios normalizados dispoñibles na páxina web da Axencia Galega de Innovación
(http://gain.xunta.es).
2.- Prazos de xustificación
Prazos de presentación da documentación
Ano 2015 31 de outubro de 2015
Ano 2016 31 de outubro de 2016
Ano 2017 31 de outubro de 2017
Ano 2018 31 de outubro de 2018
Períodos de realización de gastos (emisión de facturas) e realización de pagamentos dos gastos
executados:
39
Ano 2015
Unidades mixtas de nova creación: Desde a data de sinatura do acordo de constitución da unidade mixta (artigo 4.3) ata 31 de outubro de 2015
Unidades mixtas xa existentes: Desde a data de sinatura do compromiso de impulso/consolidación da unidade mixta (artigo 4.3) ata 31 de outubro de 2015
Ano 2016 Desde o 1 de novembro de 2015 ata o 31 de outubro de 2016
Ano 2017 Desde o 1 de novembro de 2016 ata o 31 de outubro de 2017
Ano 2018 Desde o 1 de novembro de 2017 ata o 31 de outubro de 2018
3.- Documentación:
3.1) Científico-técnica das actividades desenvolvidas, formada pola documentación abaixo
indicada:
a) Informe científico-técnico normalizado segundo o modelo dispoñible na páxina web da Axencia
Galega de Innovación (http://gain.xunta.es).
b) Memoria libre sobre a execución e evolución das actividades da unidade mixta
Tanto o informe científico-técnico como a memoria deberán presentarse acompañados dunha
copia en formato pdf e en soporte CD.
3.2) Declaración do conxunto das axudas solicitadas ou concedidas para a mesma finalidade,
utilizando o modelo que aparece como anexo II a esta resolución e que está dispoñible na sede
electrónica da Xunta de Galicia http://sede.xunta.es e na páxina web da Axencia Galega de
Innovación http://gain.xunta.es. De ser o caso, deberá achegarse unha copia simple da resolución
da concesión desas outras axudas.
40
3.3) Certificados acreditativos, que deberán estar en vigor, de estar ao día nas seguintes obrigas:
coa Axencia Estatal da Administración Tributaria, coa Tesourería Xeral da Seguridade Social e
coa Administración da Comunidade Autónoma de Galicia, no caso de que o solicitante denegue
expresamente a autorización ao órgano xestor para solicitar as certificacións que deban emitir a
Axencia Estatal da Administración Tributaria, a Tesourería Xeral da Seguridade Social e a
consellería competente en materia de economía e facenda da Xunta de Galicia.
Non obstante, aquelas entidades comprendidas no artigo 11 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro,
que desenvolve a Lei de subvencións de Galicia, poderán presentar unha declaración responsable
de estar ao día no cumprimento das obrigas tributarias ou fronte á Seguridade Social e de non ter
pendente ningunha outra débeda coa Administración pública de Comunidade Autónoma de
Galicia.
3.4). Económica do custo das actividades desenvolvidas pola unidade mixta:
O organismo de investigación presentará a xustificación económica das actividades desenvolvidas
pola unidade mixta diferenciada en tres bloques:
- Achega da empresa (artigo 4.6)
- Achega do organismo de investigación (artigo 4.7)
- Axuda da Axencia Galega de Innovación conforme aos conceptos subvencionables do
artigo 5.
I. Para cada un dos bloques, presentarase:
a) Un resumo de execución económica no que conste o concepto de gasto, o provedor, o importe
(IVE excluído) e a data de cada un dos xustificantes presentados agrupados por tipoloxía de
gastos.
41
b) Documentación xustificativa do investimento: orixinais ou fotocopias compulsadas dos
documentos acreditativos dos gastos consistentes en facturas dos provedores ou documentos de
valor probatorio equivalente: con validez no tráfico xurídico mercantil ou eficacia administrativa,
segundo o establecido no artigo 28.3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e
no artigo 48 do Decreto 11/2009, polo que se aproba o regulamento da citada lei. As facturas
deberán conter suficiente información que permita relacionala co gasto xustificado.
c) Documentación xustificativa do pagamento: orixinal ou fotocopia compulsada de transferencias
bancarias, certificacións bancarias ou extractos bancarios, ou documentos obtidos a través da
banca electrónica sempre que conten co selo do banco. En ningún caso se admitirán os
pagamentos xustificados mediante recibo do provedor.
Nestes documentos deberán estar claramente identificados o receptor e o emisor do pagamento, o
número e a satisfacción do importe total da factura (IVE incluído), así como o concepto a que se
refiren. No caso en que no documento de pagamento non se faga referencia ás facturas, deberá ir
acompañado da documentación complementaria que permita verificar a correspondencia entre
gasto e pagamento.
No caso en que un xustificante de pagamento inclúa varias facturas, xuntarase dunha relación
detallada delas en que se poida apreciar que o pagamento se corresponde coas devanditas facturas.
d) No suposto de que o importe do IVE supoña un custo real soportado, poderá ser considerado un
gasto subvencionable. Neste caso deberase presentar un certificado relativo á situación da entidade
co respecto ao IVE.
e) No caso de custo de persoal:
- Certificación dos custos de persoal emitida polo responsable de recursos humanos co visto e
prace do responsable do organismo de investigación/empresa, consistente nunha relación detallada
42
por meses do persoal dedicado as actividades da unidade mixta, que deberá incluír os seguintes
datos: DNI, nome, apelidos, posto na entidade, retribución bruta e líquida mensual, data de
pagamento das retribucións, importe da Seguridade Social con cargo ao organismo de
investigación/empresa, data de pagamento da Seguridade Social e custo total imputado
(retribucións e seguridade social) segundo a dedicación de cada traballador ás actividades da
unidade mixta.
- Copia das nóminas do persoal dedicado as actividades da unidade mixta e orixinal ou copia
compulsada dos xustificantes bancarios do seu pagamento. Nos xustificantes de pagamento das
nóminas deberán vir detallados os seus receptores, así como as cantidades percibidas por cada un
deles. Cando a documentación xustificativa deste gasto conste dun xustificante bancario da remesa
total mensual, deberá achegarse a listaxe da orde de transferencia en que se detallen os distintos
traballadores incluídos, que deberá estar selada pola entidade bancaria.
- Boletíns de cotización á Seguridade Social e os seus xustificantes de pagamento (orixinal ou
copia compulsada). Nos documentos correspondentes a cotas liquidables con posterioridade á data
de xustificación, o importe poderá ser xustificado na anualidade seguinte.
- Certificado de vida laboral emitido pola Tesourería Xeral da Seguridade Social (orixinal ou
copia cotexada).
Ademais, no caso de persoal de nova contratación con carácter exclusivo para a unidade mixta
deberá achegarse orixinal ou copia cotexada do contrato de traballo en que poida verificarse esta
exclusividade.
II. Para a xustificación da axuda de GAIN, a achega do organismo de investigación e o
investimento da achega monetaria da empresa ao organismo de investigación presentarase:
43
a) De acordo co establecido no artigo 29 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia,
cando o importe do gasto subvencionable supere as contías establecidas no Texto refundido da Lei
de contratos do sector público, aprobado por Real decreto lexislativo 3/2011, de 14 de novembro,
para o contrato menor, o beneficiario deberá presentar como mínimo tres ofertas de diferentes
provedores con carácter previo á contratación do compromiso para a obra, prestación de servizo
ou entrega do ben, salvo que polas especiais características non exista no mercado suficiente
número de entidades que as realicen, presten ou subministren, ou salvo que o gasto fora realizado
con anterioridade á solicitude da subvención. A elección entre as ofertas presentadas, que deberán
presentarse na xustificación, deberá xustificarse expresamente nunha memoria cando a elección
non recaia na proposta económica máis vantaxosa.
Non obstante, no caso de que o organismo de investigación beneficiario reúna os requisitos
previstos no artigo 3.3.b) do Texto refundido da Lei de contratos do sector público terá a
consideración de poder adxudicador e, polo tanto, deberá someterse á disciplina de contratación
pública nos termos previstos no devandito texto legal.
Así mesmo para aqueles organismos de investigación beneficiarios que formen parte do ámbito de
aplicación da Lei 14/2013, de 26 de decembro, de racionalización do sector público autonómico
seralles de aplicación o disposto no artigo 23 do citado texto legal, no que se establece a
obrigatoriedade de invitar para a formulación de ofertas a lo menos a tres empresas, sempre que
sexa posible, para os contratos menores (excluídos os de obras) de importe superior a 9.000 euros.
b) No caso de alugamento ou leasing será necesario achegar o contrato, as facturas e os
documentos de pagamento das cotas correspondentes ao período de execución das actividades da
unidade mixta.
III. Para a xustificación do investimento da achega monetaria da empresa ao organismo de
investigación, presentarase:
44
a) Orixinal ou copia compulsada da transferencia bancaria da achega.
b) Documentación xustificativa dos investimentos realizados polo organismo de investigación con
cargo a citada transferencia na forma indicada nos apartados I e II deste artigo.
3.5).Sen prexuízo da documentación indicada nos puntos anteriores, poderá requirirse do
organismo de investigación beneficiario que achegue cantos datos, documentos complementarios
e aclaracións resulten necesarios para a tramitación e resolución do procedemento.
4. Se transcorrido o prazo establecido para a xustificación da subvención, o organismo de
investigación beneficiario non presenta a documentación pertinente segundo o indicado, a Axencia
Galega de Innovación requirirao para que no prazo improrrogable de dez días a presente,
advertíndolle de que a falta de presentación da xustificación no prazo indicado comportará a perda
do dereito á subvención e a esixencia do reintegro no caso de ter recibido cantidades en concepto
de anticipo, e demais responsabilidades establecidas na Lei 9/2007.
Artigo 23.-Pagamento.
1. Poderán realizarse pagamentos anticipados e á conta das subvencións recollidas nesta
resolución, de acordo co establecido no artigo 31.6 da Lei 9/2007, nos artigos 62 e 63 do Decreto
11/2009 e nesta convocatoria.
2. Pagamentos anticipados
No caso de que a entidade fixese constar na solicitude de subvención que solicita a modalidade de
pagamento anticipado, no prazo máximo de 20 días hábiles a partir do día seguinte ao da
publicación da resolución de concesión, deberá presentar a documentación que se indica a
continuación, noutro caso enténdese que renuncia ao anticipo:
45
a) Unha solicitude de pagamento anticipado, utilizando o modelo publicado na páxina web da
Axencia Galega de Innovación (http://gain.xunta.es).
b) A declaración do conxunto das axudas solicitadas ou concedidas para o mesmo fin de todas as
administracións públicas, utilizando o modelo publicado na páxina web da Axencia Galega de
Innovación (http://gain.xunta.es).
- Primeira anualidade: poderá anticiparse ata o 50% do importe concedido para esa anualidade tras
a publicación da resolución de concesión e se presente a documentación sinalada neste artigo .
-Anualidades seguintes: poderá anticiparse ata o 50% do importe da subvención concedida para a
anualidade correspondente, tras a xustificación e pagamento da anualidade anterior. No caso de
que a xustificación da anualidade anterior sexa insuficiente e dea lugar a unha minoración da
subvención, o importe minorado detraerase do importe desta anualidade.
3. Pagamentos parciais á conta: faranse efectivos, para cada anualidade, unha vez presentada e
comprobada a correcta xustificación da execución das actividades obxecto da axuda
4.O importe conxunto dos pagamentos parciais á conta e dos pagamentos anticipados non poderá
ser superior ao 80% da axuda concedida, nin excederá a anualidade prevista en cada exercicio
orzamentario.
5. Recibida a documentación xustificativa da subvención, a Axencia Galega de Innovación, antes
de proceder ao pagamento final da mesma, poderá realizar as actuacións de comprobación
oportunas para verificar a realización da actividade e o cumprimento da finalidade que
determinaron a concesión da subvención, de acordo co establecido no artigo 30 da Lei 9/2007.
Será obrigatoria a realización dunha actividade de inspección por parte da Axencia Galega de
Innovación.
46
Artigo 24 - Garantías
No caso de pagamentos á conta ou anticipos, non se precisará a presentación de garantías de
acordo co disposto nos artigos 65.4 e 67.4 do Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de
subvencións de Galicia.
Artigo 25.-Gradación dos incumprimentos, reintegros e sancións.
1. A entidade beneficiaria deberá cumprir cos obxectivos, actividades e comportamentos que
fundamenten a concesión da axuda, así como os compromisos asumidos nela durante o tempo de
duración da unidade mixta de investigación. De non ser así, perderá o dereito ao seu cobramento
e/ou, de ser o caso, procederá ao reintegro da subvención.
Tamén deberán proceder ao reintegro total ou parcial da subvención e os xuros de mora
correspondentes desde o momento do seu pagamento ata a data en que se acorde a procedencia do
reintegro nos supostos recollidos nos artigos 32 e seguintes da Lei 9/2007. Para facer efectiva esta
devolución tramitarase o oportuno procedemento de reintegro, que se axustará ao previsto na
citada lei e no Decreto 11/2009.
2. Será causa de incumprimento total:
- Non xustificar a execución dun orzamento para a unidade mixta de investigación dun
mínimo de 1.500.000,00 € para o período mínimo de duración da mesma previsto no
artigo 4.3.
- Non xustificar un mínimo de 750.000,00 € como achega da empresa ao orzamento da
unidade mixta de investigación para o período mínimo de duración da mesma previsto no
artigo 4.3.
47
- Non xustificar unha achega da empresa cun valor medio mínimo do 40% do orzamento da
unidade mixta de investigación para o período mínimo de duración da mesma previsto no
artigo 4.3.
- A disolución ou paralización das actividades da unidade mixta de investigación con
anterioridade ao período mínimo de duración da mesma previsto no artigo 4.3, agás que a
empresa fose declarada en concurso de acredores. Neste caso e desde ese momento, non
se tramitarán novos pagamentos e non procederá o reintegro das cantidades recibidas se
están adecuadamente xustificadas.
3. Será causa de incumprimento parcial:
Non xustificar a totalidade dos importes do orzamento da unidade mixta e/ou da achega da
empresa establecidos na resolución de concesión, nas seguintes situacións:
a) Cando a xustificación admitida do orzamento da unidade mixta e/ou da achega da empresa
sexa igual ou superior aos requisitos mínimos esixidos na convocatoria (orzamento
unidade: 2.000.000 € e achega empresa: 1.000.000 € e ter un valor medio mínimo do 40%
do orzamento total da unidade mixta), o importe final da axuda da Axencia Galega de
Innovación será como máximo o 30% do orzamento da unidade mixta xustificado e
admitido e terá como límite o importe efectivamente xustificado e admitido como axuda
de GAIN.
b) Cando a xustificación admitida do orzamento da unidade mixta e/ou da achega da empresa
sexa inferior aos requisitos mínimos esixidos na convocatoria (orzamento unidade:
2.000.000 € e achega empresa: 1.000.000 € e ter un valor medio mínimo do 40% do
orzamento total da unidade mixta) e igual ou superior aos límites establecidos como causa
de incumprimento total o importe final da axuda da Axencia Galega de Innovación
determinarase do seguinte modo:
48
- Calcularase o 30% do custo total, xustificado e admitido, da unidade mixta e o
importe resultante minorarase na mesma porcentaxe en que se reduciu o
orzamento total da unidade mixta previsto na resolución de concesión.
- No caso en que o importe resultante de aplicar o 30% ao custo total, xustificado e
admitido, da unidade mixta sexa superior ao importe efectivamente xustificado e
admitido como axuda de GAIN, a citada minoración aplicarase e este último
importe.
4. Aos beneficiarios das subvencións reguladas nestas bases seralles de aplicación o réxime de
infraccións e sancións previsto no título IV da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de
Galicia.
Artigo 26.-Control.
1. A Axencia Galega de Innovación poderá levar a cabo as actividades de inspección que
considere oportunas para controlar o cumprimento do obxecto das subvencións.
2. A Axencia Galega de Innovación, polos medios que considere, poderá realizar en calquera
momento nas entidades perceptoras de subvencións as comprobacións e aclaracións que considere
necesarias para o correcto desenvolvemento das actividades. Se se constata unha incorrecta
utilización dos fondos ou desvío dos obxectivos, poderá propoñer a suspensión da subvención
concedida.
3. Así mesmo, a Axencia Galega de Innovación convocará anualmente a entidade beneficiaria a
unha entrevista para coñecer a planificación das actividades da unidade mixta en curso e valorar a
consecución dos obxectivos e resultados do ano anterior.
4.Previo ao pagamento final da subvención será obrigatorio realizar unha actividade de inspección
por parte da Axencia Galega de Innovación.
5. Ademais do anterior, as subvencións estarán sometidas á función interventora e de control
financeiro exercido pola Intervención Xeral da Comunidade Autónoma, nos termos que establece
49
a Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia. Así mesmo, estarán sometidas ás
actuacións de comprobación previstas na lexislación do Tribunal de Contas e do Consello de
Contas.
Artigo 27.-Publicidade.
No prazo máximo de tres meses contados desde a data de resolución da concesión publicarase no
Diario Oficial de Galicia a relación das subvencións concedidas con indicación da norma
reguladora, beneficiario, crédito orzamentario, contía e finalidade da subvención.
Artigo 28.-Normativa aplicable
Para todo o non previsto nestas bases observarase o establecido na Lei 9/2007, do 13 de xuño, e no
resto da normativa aplicable.
A estas axudas non lles resulta de aplicación o Marco comunitario sobre axudas estatais de
investigación e desenvolvemento e innovación (2014/C 198/01) por tratarse de axudas dirixidas á
realización de actividades de I+D+i de carácter non económico, por parte de organismos de
investigación de natureza pública ou privada sen ánimo de lucro. Non obstante, se da
investigación realizada na unidade mixta se derivasen actividades de carácter económico, o
organismo de investigación beneficiario da axuda deberá reintegrar a subvención recibida na
medida da actividade xerada.
Disposición derradeira primeira. Entrada en vigor.
Esta resolución entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.
Santiago de Compostela, 13 de febreiro de 2015
Manuel Antonio Varela Rey
Director da Axencia Galega de Innovación