COÑECEMENTO DA TRADICIÓN E CONSERVACIÓN DO … · Camilo Boito e Gustavo Giovanonni, que conxuga...

17
A CONSERVACIÓN DO PATRIMONIO CULTURAL: ANTECEDENTES HISTÓRICOS Cando falamos de conservación, referímonos a unha actividade case tan antiga como a Humanidade, pois o home valorou e preservou desde tem- pos moi remotos obxectos doutros pobos e épocas que, por razóns diver- sas, lle resultaban valiosos. Neste inte- rese sempre estivo presente unha curiosidade pola información, utilida- de, evocación ou pracer estético que esa obra, creación doutros homes, pobos e culturas, lle podía proporcio- nar. En moitas ocasións eran razóns de tipo político, relixioso, económico ou artístico as que levaban a apreciar unhas obras, salvagardándoas e repa- rando os danos que tivesen, co desexo de renovar e actualiza-lo obxecto que se quería eterno ou polo menos recicla- ble; e, por esas mesmas razóns, outras veces modificábanse ou destruíanse nun afán de cancelar e borra-las ideas que representaban, de acordo coa ideoloxía dominante na sociedade e na época correspondentes. As fundamentais transformacións que se producen no século XVIII coa Revolución Francesa e os grandes des- cubrimentos arqueolóxicos provocan un crecente interese pola Antigüidade; valórase agora non só a dimensión representativa, artística ou devocional da obra, senón tamén os seus aspectos documentais e históricos, e desenvól- vese unha conciencia de patrimonio cultural colectivo, todo isto orixinará 141 Revista Galega do Ensino-ISSN: 1133-911X- Núm. 36 - Outubro 2002 COÑECEMENTO DA TRADICIÓN E CONSERVACIÓN DO PATRIMONIO Ana Mª Macarrón Miguel* Universidad Complutense de Madrid *Profesora Titular de Teoría e Historia da Restauración. Pinturas da Ermida de San Baudelio de Berlanga (Museo del Prado), vendidas a un comprador americano a principios do século XX.

Transcript of COÑECEMENTO DA TRADICIÓN E CONSERVACIÓN DO … · Camilo Boito e Gustavo Giovanonni, que conxuga...

A CONSERVACIÓN DO PATRIMONIO CULTURAL:ANTECEDENTES HISTÓRICOS

Cando falamos de conservación,referímonos a unha actividade case tanantiga como a Humanidade, pois ohome valorou e preservou desde tem-pos moi remotos obxectos doutrospobos e épocas que, por razóns diver-sas, lle resultaban valiosos. Neste inte-rese sempre estivo presente unhacuriosidade pola información, utilida-de, evocación ou pracer estético queesa obra, creación doutros homes,pobos e culturas, lle podía proporcio-nar. En moitas ocasións eran razóns detipo político, relixioso, económico ouartístico as que levaban a apreciarunhas obras, salvagardándoas e repa-rando os danos que tivesen, co desexode renovar e actualiza-lo obxecto quese quería eterno ou polo menos recicla-ble; e, por esas mesmas razóns, outrasveces modificábanse ou destruíansenun afán de cancelar e borra-las ideas que representaban, de acordo coa

ideoloxía dominante na sociedade e naépoca correspondentes.

As fundamentais transformaciónsque se producen no século XVIII coaRevolución Francesa e os grandes des-cubrimentos arqueolóxicos provocanun crecente interese pola Antigüidade;valórase agora non só a dimensiónrepresentativa, artística ou devocionalda obra, senón tamén os seus aspectosdocumentais e históricos, e desenvól-vese unha conciencia de patrimoniocultural colectivo, todo isto orixinará

141

Revista Galega do Ensino-ISSN: 1133-911X- Núm. 36 - Outubro 2002

COÑECEMENTO DA TRADICIÓN E CONSERVACIÓN DO PATRIMONIO

Ana Mª Macarrón Miguel*Universidad Complutense

de Madrid

*Profesora Titular de Teoría e Historia da Restauración.

Pinturas da Ermida de San Baudelio de Berlanga(Museo del Prado), vendidas a un compradoramericano a principios do século XX.

142 Ana Mª Macarrón Miguel

importantes cambios na forma de enfo-car e tratar ese patrimonio: ó ser unhaherdanza colectiva, será o Estado oprincipal responsable da súa xestión,conservación e divulgación, para o calse fai necesaria a creación de institu-cións e centros públicos dedicados aeste labor. Xorden agora os primeirosmuseos para acolle-las colecciónsnacionalizadas e as procedentes doespolio dos países ocupados e coloni-zados, ricos en patrimonio artísticopero de escasos recursos económicos.

Sen embargo, gracias a esta locali-zación, moitas veces o patrimonio cultu-ral, que xa transcendeu desta forma asfronteiras nacionais, foi estudiado,divulgado amplamente, conservado e,en ocasións, restaurado; espertou pro-gresivamente o interese polo coñece-mento doutras culturas e fixo realidadeas afirmacións de Goethe nas que ase-guraba que “as produccións de valorauténtico presentan este carácter poloque pertencen á Humanidade enteira”,e “a ciencia e a arte pertencen ó mundoe, diante delas, desaparecen as barreirasda nacionalidade”.

Froito desta concepción, desde aépoca neoclásica promúlganse enEuropa leis que determinan qué tipo deobxectos teñen a categoría de monu-mentos que deben ser preservados, eresponsabilízase as Academias da súarecolección e conservación; tal é o casoda Real Orde de xuño de 1803 pola queCarlos IV lle encarga á Real Academiada Historia recoller e protexe-los mo-numentos antigos que se descubran noreino nestes termos: “he tenido a bien

encargar a mi Real Academia de laHistoria, con el deseo de hallar algúnmedio que pusiese a cubierto las anti-güedades que se descubran en la Pe-nínsula de la ignorancia que suele des-truirlas con daño de los conocimientoshistóricos, y de las Artes a cuyos pro-gresos contribuyen en gran manera[...]”. Na detallada descrición que faidelas, encóntranse estatuas de calqueramaterial, templos, sepulcros, teatros,baños, calzadas e camiños, acueductos,inscricións, mosaicos, moedas, frag-mentos de arquitecturas, instrumentosmúsicais, armas, balanzas, reloxos sola-res ou maquinais, xoias, selos, instru-mentos e utensilios, e por se quedasealgo sen nomear “cualesquiera cosasaún desconocidas, reputadas por anti-guas, ya sean púnicas, romanas. Cris-tianas, ya godas, árabes y de la baxaedad”. É dicir, valóranse os aspectoshistóricos e artísticos, e non se exclúeningunha cultura, dada a enorme con-tribución que todas efectúan ó patri-monio cultural.

Créanse Comisións de Monu-mentos e cargos de comisarios, coafinalidade de vixiar e asegura-la con-servación desas antigüidades e autori-zar e controla-las escavacións, temafundamental para a conservación do patrimonio: en Italia, o escultorAntonio Canova é nomeado Superin-tendente para os Tesouros Artísticos,coa finalidade de inspeccionar e enri-quece-los Museos, mentres que aCarlos Fea, comisario para as Anti-güidades, se lle encomenda a super-visión dos monumentos antigos e as

Revista Galega do Ensino-ISSN: 1133-911X- Núm. 36 - Outubro 2002

igrexas. A Real Orde de Carlos IV men-cionada encarga ese coidado ós Justiciasde tódolos pobos que “cuidarán de quenadie destruya ni maltrate los monu-mentos descubiertos, o que se descu-brieren, puesto que tanto interesan alhonor, antigüedad y nombre de lospueblos mismos [...]. Lo mismo practi-carán en los edificios que hoy existenen algunos pueblos y despoblados sinpermitir que se derriben ni toquen susmateriales para ningún fin; antes biencuidarán de que se conserven; y en elcaso de amenazar próxima ruina, lapondrán en noticia de la Academia [...]a efectos de que ésta tome las provi-dencias necesarias para su conserva-ción”. Desta maneira, á hora de conser-var e restaurar, as prácticas seguidasnoutros tempos —consistentes no reci-clado das obras e os seus materiais,modificacións e restablecementos esté-ticos e iconográficos co fin de readapta--lo obxecto ós novos usos e necesida-des— darán paso a tendencias máisrespectuosas coa integridade e autenti-cidade do monumento, e valoraransetódalas manifestacións, os seus mate-riais e formas orixinais, reparando erestituíndo as partes danadas e desapa-recidas pero sen invasións sobre o ori-xinal, co fin de preserva-lo seu valorhistórico.

Sen embargo, a integridade dopatrimonio non estaba con isto definiti-vamente asegurada. A industrializa-ción e mailo crecemento das cidadesque ten lugar no século XIX suporánun perigo, sobre todo para o patri-monio monumental. A necesidade de

acolle-las grandes masas obreiras queemigran ás cidades provocará o ensan-che destas, polo que se derruban mura-llas antigas para a creación de novasbarriadas, á vez que os monumentosantigos se modifican para facelos habi-tables, pechando ventás e outros ocos(como a Torre das Damas da Alhambrade Granada), ou deixándoos outrasveces en estado ruinoso ben polo custoque suporía consolidalos e restauralos,ben como consecuencia dunha concep-ción romántica que ve na forma daruína inserida na paisaxe que a rodea averdadeira calidade histórica e xenuína

Coñecemento da tradición e conservación do patrimonio 143

Revista Galega do Ensino-ISSN: 1133-911X- Núm. 36 - Outubro 2002

Ábsida da Igrexa de San Martín en Fuentidueña(The Cloisters, Metropolitan Museum of Art,Nova York), cedida a cambio dalgunhas pinturasde San Baudelio de Berlanga, hoxe no Museo delPrado.

144 Ana Mª Macarrón Miguel

do monumento, capaz así de evocarunha morea de lembranzas e suxes-tións.

A isto hai que engadirlle os estra-gos que as desamortizacións dos benseclesiásticos causaron no patrimoniomonumental, edificios alugados a parti-culares e congregacións polo Estado, eque ó seren pouco rendibles economica-mente e custosa a súa conservación, enmoitas ocasións foron reformados,demolidos ou vendidos a compradoresestranxeiros que, tras desmontalos, osexportaron ós seus países (como oco-rreu coas pinturas murais da Ermida deSan Baudelio da localidade de Casillasde Berlanga, declarada MonumentoNacional en 1917, cinco anos antes doespolio, o Mosteiro de Sacramenia, ou aábsida de Fuentidueña1). Estas agre-sións eran cometidas en moitas oca-sións co beneplácito e incluso acicatedas administracións correspondentes:en 1837, o Ministerio de Haciendaordenáballe á Junta Superior de Enaje-nación que animase as Juntas Provin-ciales, creadas para decidi-lo destino ereformas que debía seguir cada edificio,a promove-la demolición dos conven-tos, construíndo nos seus terreos novosedificios2.

Revista Galega do Ensino-ISSN: 1133-911X- Núm. 36 - Outubro 2002

1 Para máis datos pódese ver: Manuel Leguineche, Yo pondré la guerra, El País-Aguilar; MarcosMolinero, “San Baudelio de Berlanga. Pintura románica y mozárabe en una ermita expoliada”,Restauración & Rehabilitación, 59, decembro 2001; Ana Mª Macarrón Miguel e Ana González Mozo, Laconservación y la restauración en el siglo XX, Madrid, Tecnos, 1998.

2 Ver Ana Mª Macarrón Miguel, Historia de la conservación y la restauración. Desde la Antigüedadhasta el siglo XX, Madrid, Tecnos, 2002.

Panel explicativo dunhas ruínas arqueolóxicaspreto da Abadía de Cluny en París, situado na rúaxunto ás ruínas mesmas.

Pero as alteracións e destrucciónsdo patrimonio, especialmente o arqui-tectónico, debéronse non só á incultura,senón tamén ós criterios seguidos nasintervencións de restauración, comosinalou Torres Balbás. No século XIX, asdiferentes actitudes e tendencias segui-das ata ese momento resúmense endúas grandes escolas inspiradas poloeclecticismo historicista que caracterizaa época: a restauración estilística é a querexeita a restauración como unha formade profanación dos seus valores xenuí-nos, polo que defende a autenticidadedo monumento e acepta, cunha concep-ción bioloxicista, o estado incluso rui-noso no que se encontra. Trátase dedúas posturas estremas que contem-plan desde puntos de vista diferentes ahistoricidade do edificio.

A restauración estilística, na buscada pureza orixinal do monumento,reconstrúe de forma mimética e poranaloxía con outros da mesma época elugar os elementos perdidos, proxecta-dos pero non construídos, ou os que fal-tan, segundo os canons estilísticos pro-pios da época e lugar, producindo unfalso. Pero tamén destrúe as achegasdoutras épocas, ó eliminar engadidosposteriores, borrando así valores docu-mentais e históricos. A corrente antagó-nica, no seu desexo de non falsear e res-pecta-lo curso vital da obra, só admite asúa consolidación e apontoamento,aceptando a súa morte inevitable candochegue a hora.

Desde finais do século XIX e primeiros anos do XX, aparecen alter-nativas a estes criterios coa escola ita-liana representada principalmente porCamilo Boito e Gustavo Giovanonni,que conxuga os aspectos positivos deambas concepcións nunha postura in-termedia máis moderada, que entendea restauración como unha forma deconservación e, polo tanto, establece oslímites que debe ter para evitar come-ter falsos históricos e estéticos: mínimaacción restauradora, non reproducciónde decoracións nas partes novas, reco-ñecemento da zona restaurada, coloca-ción de signos e epígrafes descritivosda actuación no monumento, respectopolas achegas doutras épocas e do-cumentación das actuacións. CamiloBoito formulou estes criterios en oitonormas que presentou no III Congresode Arquitectos e Enxeñeiros Civís reali-zado en Roma en 1883. Tales directricesconsidéranse a primeira Carta doRestauro e sentan as bases do que serána conservación e a restauración naactualidade3.

A partir deste momento e ó longodo século XX, realízanse periodicamen-te numerosos congresos e convenciónsnacionais e internacionais para discutire unir criterios de actuación, e proliferanas recomendacións e normativas sobreos diferentes aspectos da problemáticaque a conservación do patrimonio cul-tural implica.

Coñecemento da tradición e conservación do patrimonio 145

Revista Galega do Ensino-ISSN: 1133-911X- Núm. 36 - Outubro 2002

3 Respecto destas correntes, consultar Antón Capitel, Metamorfosis de los monumentos y teorías derestauración, Madrid, Alianza, 1988; Ana Mª Macarrón Miguel, Historia de la conservación y la restaura-ción. Desde la Antigüedad hasta el siglo XX, Madrid, Tecnos, 2002; e Ana Mª Macarrón Miguel e AnaGónzalez Mozo, La conservación y la restauración en el siglo XX, op. cit.

146 Ana Mª Macarrón Miguel

Revista Galega do Ensino-ISSN: 1133-911X- Núm. 36 - Outubro 2002

A escena do Teatro Romano de Sagunto despois da “restauración”.

Ruínas do Teatro Romano de Sagunto antes da última “restauración”.

¿POR QUE A SOCIEDADE ACTUAL NECESITA CON-SERVA-LO PATRIMONIO CULTURAL HERDADO?

A resposta parece obvia e sinxela:os bens culturais que constitúen esepatrimonio son a nosa memoria histó-rica, sen ela a Humanidade estaría per-dida; son realizacións do home ó longode xeracións sucesivas, que represen-tan as relacións deste co seu medio eteñen valor artístico, histórico, científi-co, técnico e documental.

Nalgúns dos máis importantesdocumentos normativos deste séculoexplícanse as razóns que motivan aconservación do patrimonio monu-mental. Así, a Carta Internacional sobrea Conservación e Restauración de Mo-numentos e Conxuntos Histórico-artís-ticos (Carta de Venecia), adoptada no IICongreso Internacional de Arquitectose Técnicos de Monumentos Históricosen 1964, expón no seu preámbulo queas obras monumentais, cargadasdunha mensaxe espiritual do pasado,continúan a ser no presente un teste-muño vivo das tradicións seculares dospobos; recoñece que a Humanidade seconcienciou da unidade dos valoreshumanos ós que considera un patrimo-nio común, do que é responsable solidariamente para conservalo e transmitilo “en toda a riqueza da súaautenticidade”. Pola súa parte, o Con-sello de Europa, no Congreso sobre o

patrimonio arquitectónico europeo,que tivo lugar en Amsterdam en ou-tubro de 1975, proclama o patrimonioarquitectónico como un “capital deinsubstituíble valor espiritual, cultural,social e económico”, do que cada xera-ción obtén unha nova inspiración; trá-tase dun tesouro construído a través deséculos e a destrucción de calquera dassúas partes, que será irremprazable,empobrécenos. É ademais “un capitaleconómico que se pode utilizar paraaforrar recursos comunitarios”, e desdeo punto de vista educativo “proporcio-na un caudal de material para explicare comparar formas e estilos e as súas aplicacións”. Na Declaración deAmsterdam afírmase que “a esixenciadesta conservación é unha esixenciavital, porque está motivada por unhanecesidade profundamente humana:vivir nun universo que siga sendofamiliar, integrando o cambio desexa-ble e inevitable”4.

O poeta e crítico inglés defensordo prerrafaelismo, John Ruskin, expli-cou o enorme valor que a conservacióndo patrimonio arquitectónico ten parao espírito humano, na súa obra Las sietelámparas de la arquitectura; no capítulo“La lámpara del recuerdo” afirma: “Laarquitectura es como el hogar y la pro-tección de esta influencia sagrada [...].Podemos vivir sin ella, pero no pode-mos sin ella recordar”. E máis adiante,

Coñecemento da tradición e conservación do patrimonio 147

Revista Galega do Ensino-ISSN: 1133-911X- Núm. 36 - Outubro 2002

4 Ver Mª José Martínez Justicia, Antología de textos de restauración, Universidad de Jaén, 1996;Ignacio González Varas, Conservación de Bienes Culturales: Teoría, historia, principios y normas, Madrid,Cátedra, 1999; Alfredo J. Morales, Patrimonio Histórico Artístico, Madrid, Historia 16, 1996; e Ana MªMacarrón Miguel e Ana González Mozo, op. cit.

148 Ana Mª Macarrón Miguel

referíndose ó valor de toda construc-ción humana por humilde que sexapero na que o home proxectou a súavida, a súa alma, e foi testemuña dasúas vivencias e sentimentos, marcadacon selo propio e chea de recordos di:“Hay un altar en cada una de las casasdel hombre. Que no lo olviden loshombres cuando derriben a la ligerasus casas y arrojen lejos sus pedazos”, econsidera un deber moral non só a súaconstrucción con amor e esmero senóntamén asegura-la súa conservación.

Pero non é só o monumento ouedificio illado o que interesa conservar;non hai que esquecer que o home reali-zou as súas construccións nun lugarpor razóns concretas, adaptándose oumodificando a paisaxe para aproveitalade cara ás súas necesidades, o que deucomo resultado estructuras urbanísti-cas, contornos paisaxísticos ou axardi-nados, agrupamentos de edificios coassúas alturas, perfís e distancias particu-lares, co fin de facilita-los diferentestipos de vida urbana ou rural, propios ecaracterísticos de cada época, país ourexión e cultura. Pensemos por exem-plo nos patios dos palacios musulmánscos seus estanques e olores, ou a cidademedieval trazada a base de estreitasrúas que converxen na catedral, núcleodesa sociedade; ou os lavadoiros, fontese cruzamentos de termo de moitosnúcleos rurais, situados á entrada davila, importantes desde o punto devista etnográfico non só por seren luga-res nos que se realizaban certas tarefassenón tamén por constituír núcleos de

reunión de valor social e comunicativo,testemuño de formas de vida e relación.

Polo tanto, a conservación dopatrimonio arquitectónico implica a do seu contorno, e a valoración tantodas construccións importantes desde opunto de vista estético e histórico,como das máis humildes pero repre-sentativas dunha cultura, dos conxun-tos, centros históricos, barrios, etc. Istoé extensivo tamén a tódolos bens cultu-rais, incluídos os de carácter moble(pinturas, esculturas, ourivería, etc.). Etemos que ter claro que esa conserva-ción lle corresponde á sociedade entei-ra, a todos e cada un de nós en tantoque herdeiros dese patrimonio, perotamén depositarios coa responsabilida-de de transmitírllelo ás xeracións futu-ras o máis íntegro e no mellor estadoposible.

PAUTAS PARA A CONSERVACIÓN DO PATRIMONIOCULTURAL

O mantemento en bo estado dosbens culturais que conforman o nosopatrimonio cultural implica medidaspreventivas que incidan nas súas con-dicións ambientais co fin de que sexanadecuadas para a estabilidade da mate-ria que os constitúe, e outras referidas áforma na que o obxecto é utilizado,divulgado ou transferido: o control dahumidade, temperatura e iluminación;vixia-la ausencia de pragas infectantes;a forma en que se expoñen os obxectos;as decisións acerca de prestar ou nondeterminadas obras para exposicións

Revista Galega do Ensino-ISSN: 1133-911X- Núm. 36 - Outubro 2002

temporais itinerantes; a aceptación ouprohibición da venda ou transmisiónde calquera tipo dos bens consideradosrelevantes para o patrimonio dun país; o uso (e abuso) de obxectos emonumentos emblemáticos para a ce-lebración de festas e conmemoracións(como ocorre coa fonte de Cibeles enMadrid cando se produce algunha vic-toria do Real Madrid, ó se subiren osxogadores á estatua da deusa cos con-seguintes estragos que periodicamentese producen por esta causa) son al-gunhas das problemáticas implícitas naconservación.

Pero tamén os criterios e metodo-loxías seguidos en restauración sondeterminantes para manter en bo esta-do o obxecto: o emprego de materiaisestables e técnicas reversibles, inter-vencións mínimas e prudentes, sobretodo en limpezas, o mantemento ou eli-minación de repintamentos e engadi-dos posteriores, as reconstruccións ereintegracións de partes perdidas, aelección do método e os materiais máisadecuados para a intervención sobre abase dunha boa diagnose e unha cola-boración interdisciplinaria que garan-tan unha correcta interpretación daobra así como a súa problemática mate-rial, estética, histórica e documental,aseguran a integridade da obra na súatransmisión ó futuro. Cesare Brandi,fundador do Istituto do Restauro deRoma e un dos teóricos máis importan-tes do século XX, definía a restauracióncomo “el momento metodológico del

reconocimiento de la obra de arte en suconsistencia física y en su doble polari-dad, estética e histórica, en vistas a sutransmisión al futuro”. Considera quea restauración require un estudio pre-vio da obra nos seus valores materiais,tanto os que conforman a súa estructu-ra como os que configuran o seu aspec-to, recoñecendo a súa temporalidadecomo producto humano realizado nuntempo e un lugar, pero que segue exis-tindo no tempo e no espacio. Isto pro-duce pegadas no seu aspecto debidas áevolución natural da súa materia e ósdiversos avatares, usos e vivencias decada período histórico polo que pasou.Non é simplemente unha suma de par-tes na súa dimensión estética comoobra de arte, senón a concatenación ecomposición dos elementos que com-poñen a obra o que lle dá significacióne valor artístico. Todo isto implica quea restauración debe orientarse ó resta-blecemento da unidade potencial e álexibilidade da obra, e non pretende-lareversibilidade do tempo nin a aboli-ción das pegadas da historia, limitandoa súa actuación cando comece a hipóte-se, e deberá ser recoñecible co fin deevitar cometer falsos históricos ou esté-ticos5.

Polo tanto, a conservación do pa-trimonio require, en primeiro lugar, aadopción de medidas administrativas exurídicas eficaces que regulen os aspec-tos sociopolíticos e económicos im-plicados. A gran cantidade de bens culturais existentes nalgúns países e

Coñecemento da tradición e conservación do patrimonio 149

Revista Galega do Ensino-ISSN: 1133-911X- Núm. 36 - Outubro 2002

5 Para unha mellor comprensión destes conceptos ver Cesare Brandi, Teoría de la restauración,Madrid, Alianza, 1989.

150 Ana Mª Macarrón Miguel

as dificultades que a conservación dopatrimonio arquitectónico entraña en numerosos casos necesita dunhapolítica selectiva correcta para preser-var aqueles bens de singular relevanciae significación, raros, únicos e insubsti-tuíbles, de carácter universal, que fosenmoi influentes e exemplo dunha cultu-ra e hábitats humanos.

Isto leva consigo unha políticacultural adecuada que saiba antepoñe--los principios da conservación a outrotipo de consideracións e intereses parti-distas, propagandistas e económicos,así como saber establecer prioridades áhora de investir recursos, moitas vecesescasos, para restaurar uns obxectos ououtros, para emprender, por exemplo,intervencións de urxencia en catedraisde segunda categoría pero en mal esta-do de conservación, ou restaura-lasmáis importantes e publicitarias peroen situación menos urxente. Ou esta-blecer políticas de exposicións e présta-mos que miren máis á preservación doobxecto que a corresponder a compro-misos políticos que pouco teñen quever coa conservación e só buscan oprestixio e lucro persoal ou partidista.Ou mesmo adoptar medidas para oaproveitamento e utilización do monu-mento e para a revalorización do seucontorno, ou para preservar igualmen-te o patrimonio rural e o natural.Establecer programas e normativas cofin de regula-lo papel da industria e ocomercio (pegar carteis...), e a conce-sión de axudas e fondos para restaura-ción e rehabilitación.

Co fin de asegurar estes prin-cipios é imprescindible a formaciónespecífica, de nivel universitario, e o perfeccionamento e reciclaxe dos profesionais responsables das diferen-tes tarefas implicadas na conservacióndo patrimonio cultural: conservadoresde museos, restauradores, técnicos,directores dos correspondentes entesadministrativos..., así como establecerprogramas educativos a tódolos nive-les que inclúan temas sobre a impor-tancia do noso patrimonio e a súa con-servación.

PAPEL DOS DISTINTOS SECTORES NA CONSERVACIÓN DO PATRIMONIO

Un dos problemas que se formulana conservación é determinar compe-tencias, responsabilidades e a quén llecorresponde custea-los gastos deriva-dos do mantemento e restauración dosbens culturais. Dado que estes obxectosson realizacións do espírito humano etestemuños de valores de civilización, epolo tanto patrimonio colectivo, asadministracións públicas son as pri-meiras responsables da súa conserva-ción, ben de forma directa desde assúas competencias e obrigas como pro-pietarias, ben de forma indirecta entanto que supervisoras e garantes documprimento das obrigacións dos pro-pietarios particulares, xa sexan persoasprivadas, institucións ou colectivosdiversos. A Constitución di no seu arti-go 46: “Os poderes públicos garantirána conservación e promoverán o enri-quecemento do patrimonio histórico,

Revista Galega do Ensino-ISSN: 1133-911X- Núm. 36 - Outubro 2002

cultural e artístico dos pobos deEspaña e dos bens que o integran, cal-quera que sexa o seu réxime xurídico ea súa titularidade. A Lei penal sancio-nará os atentados contra este patrimo-nio”. E no artigo segundo da Lei dePatrimonio Histórico Español especifí-canse as competencias da Admi-nistración do Estado segundo o esta-blecido pola Constitución no tocante agaranti-la conservación do patrimoniohistórico español, fomenta-lo seu enri-quecemento, tutela-lo acceso de tódo-los cidadáns ós bens que o integran,difundir internacionalmente o coñece-mento deses bens, protexelos fronte ó

espolio e a exportación e recuperaloscando fosen exportados desa forma.

Na práctica, esas responsabilida-des concrétanse en disposicións, como aDeclaración de Bens de Interese Cul-tural, ó establecer medidas tributarias efiscais que favorezan os traballos deconservación e restauración dos bensculturais; ordena-las reconstruccións oudemolicións de obras realizadas sen opermiso correspondente, con cargo óresponsable da infracción; demandardos propietarios o exame dos bensmobles e as informacións necesariassobre eles e inspecciona-la súa conser-vación; realizar expropiacións forzosas

Coñecemento da tradición e conservación do patrimonio 151

Revista Galega do Ensino-ISSN: 1133-911X- Núm. 36 - Outubro 2002

Muíño de auga en Vivar del Río, exemplo de patrimonio etnográfico.

152 Ana Mª Macarrón Miguel

a prol do interese social cando existaperigo nun ben de interese cultural dedestrucción, deterioro ou uso incompa-tible cos seus valores, ou tamén candoos edificios impidan a contemplacióndun ben de interese cultural ou supo-ñan riscos para estes; ordenar, executare autorizar escavacións arqueolóxicas easigna-lo producto destas segundo oprevisto no artigo 44 da Lei dePatrimonio Histórico e o 351 do CódigoCivil; exerce-los dereitos de tenteo eretracto para a adquisición de obras dopatrimonio histórico español que sevaian a poxar; conceder bolsas e axudaspara a investigación e a creación; e,finalmente, “procurar por tódolos me-dios da técnica, a conservación, consoli-dación e mellora dos bens declaradosde interese cultural, así como dos bensmobles incluídos no Inventario Xeral[...]”. Desgraciadamente, en moitas oca-sións algunhas administracións públi-cas non cumpren ese papel de garantes,ó face-la vista gorda en situacións como

a escalada á fonte da Cibeles, ou autori-zando reconstruccións como a do Tea-tro Romano de Sagunto, que foi final-mente declarada ilegal polos Tribunais,por poñer só algún dos moitos exem-plos cos que, por desgracia, contamos.

Pero xa que o patrimonio é a nosaherdanza e ó mesmo tempo sómo--los seus depositarios e é obxecto depropiedade privada, os seus propieta-rios particulares teñen igualmente res-ponsabilidades directas na súa conser-vación. A Lei do Patrimonio HistóricoEspañol establece no seu artigo 8 o de-ber de calquera persoa de presentarunha denuncia ante a administracióncompetente cando “observen perigo dedestrucción ou deterioro dun ben inte-grante do patrimonio histórico español[...]”. Neste aspecto podemos sinalarcomo exemplo a denuncia que fixo oavogado J. M. Molines, ante os tribu-nais de xustiza das obras realizadas nomencionado Teatro de Sagunto e quesupuxeron o desenvolvemento do pro-ceso que culminou na súa declaraciónde obra ilegal. O artigo 10 determinatamén a capacidade de calquera persoapara solicitar ante a Administración aincoación dun expediente para a decla-ración de Ben de Interese Cultural, oque lle outorga a facultade de protexerindirectamente un ben que considererelevante e que estea en perigo por cal-quera circunstancia (abandono, demoli-ción inminente, restauracións que aten-ten contra a súa integridade, espolio,etc.), posto que un ben que ten incoadoun expediente de declaración está pro-texido ó se deter calquera intervención

Revista Galega do Ensino-ISSN: 1133-911X- Núm. 36 - Outubro 2002

Igrexas escavadas na rocha, Lalibela (Etiopía),declaradas Patrimonio da Humanidade polaUnesco.

ata que se resolva a dita declaraciónnun ou outro sentido. Así mesmo, opropietario dun ben de interese culturalestá obrigado a conservalo en bo esta-do, dándolle un uso compatible coassúas calidades orixinais, a non exporta-lo nin vendelo sen a autorizacióncorrespondente, a permiti-la súa visitapública gratuíta polo menos catro díasó mes e o seu estudio por parte dosinvestigadores, mantelo no seu contor-no sen desprazalo salvo que sexaimprescindible por razóns de conserva-ción, forza maior ou interese social, e anon realizar obras interiores nin exte-riores que afecten ó inmoble ou ás súaspartes.

Non podemos esquece-lo impor-tante papel que a iniciativa privada, através do mecenado, xoga na conserva-ción do patrimonio cultural. As funda-cións, as asociacións culturais e as orga-nizacións non gobernamentais estáncontribuíndo activamente á conserva-ción e divulgación do patrimonio finan-ciando traballos de restauración e re-habilitación, mediante a dotación econcesión de bolsas para a investiga-ción e perfeccionamento de profesio-nais que realicen prácticas en museosou xunto a profesionais internacionaisdestacados, organizando reunións paratratar diversos aspectos da conserva-ción do patrimonio ou editando revis-tas e publicacións diversas que dan acoñece-las características, o estado deconservación e as intervencións realiza-das nos bens culturais. Exemplos desasactuacións son os estudios e reconstruc-ción do Coro Pétreo do Mestre Mateo

na Catedral de Santiago, destruído aprincipios do século XVII por orde dobispo Clemente, que foi patrocinadarecentemente pola Fundación PedroBarrié de la Maza; as restauracións dasesculturas clásicas do Museo del Pradoe das trazas de Juan de Herrera, propie-dade de Patrimonio Nacional con fi-nanciamento da Fundación MarcelinoBotín; os traballos de restauración aus-piciados pola Fundación Caja Madriden colaboración co Concello de Madride con diversas comunidades autóno-mas como os traballos de escavación,documentación, consolidación e limpe-za no Acueducto de Segovia, obras delimpeza, desinfección, consolidación ereintegración na fachada do Obradoiro,baldaquino, retablos, pinturas murais, eesculturas da Capela dos Mondragónna Catedral de Santiago, Murallas deÁvila, Ponte de Toledo, Xardíns doBuen Retiro e da Alameda de Osuna enMadrid, etc.; ou as contribucións nasrestauracións de A Cea e o San XoanBautista, de Tiziano, da Fundación Ar-gentaria xunto con Patrimonio Na-cional; e a organización por parte destafundación de ciclos de conferenciassobre conservación de cidades e zonashistóricas e mecenado, publicadas encolaboración con Visor; ou mesmo ascampañas de difusión e fomento do pa-trimonio e a súa conservación da Aso-ciación para a Conservación e Fomentodo Patrimonio Cultural HispaniaNostra, coa xestión dos premios EuropaNostra á protección do patrimonioarquitectónico e natural.

Coñecemento da tradición e conservación do patrimonio 153

Revista Galega do Ensino-ISSN: 1133-911X- Núm. 36 - Outubro 2002

154 Ana Mª Macarrón Miguel

Ese labor de información e divulgación é fundamental para a salvagarda do patrimonio cultural poiso que non se coñece dificilmente sepode valorar e polo tanto conservar. Aisto contribúen estas actividades, osPlans Nacionais de Información sobreo Patrimonio Histórico Español que en-carga a Lei de Patrimonio, nos que seincluirían a información e divulgacióndos bens do patrimonio mundial se-gundo a Unesco, e as campañas dosmedios de comunicación cando denun-cian atentados contra o patrimonio,informan de intervencións de conser-vación e restauración significativos,achados arqueolóxicos, adquisicións,etc. Programas como Ruinas de Españaemitido no espacio Línea 900 de TVE,no que se denunciaba a situación alar-mante do patrimonio monumental dal-gunhas vilas españolas, con casoscomo a utilización como carboeira,cocheira, e corte de varias igrexas, ou oestado de abandono de mosteiros pro-piedade dunha comunidade autóno-ma, etc.; documentais como De alma yde piedra, emitido tamén por TVE haipoucos anos, no que se evidenciaban osproblemas de conservación das cate-drais españolas e a problemática admi-nistrativa e económica implicada, ou asreportaxes realizadas sobre a réplica e onovo museo de Altamira, son algúnsdos exemplos que podemos mencionare que deberían multiplicarse.

A educación xoga, así mesmo, unpapel fundamental. É desde as idadesmáis temperás cando hai que informare formar acerca do noso patrimonio e o

seu valor. No século XIX, cando Greciatoma conciencia da necesidade de controlar e regula-las escavacións ar-queolóxicas no seu territorio e asexportacións de bens culturais, fúndaseen Atenas a Sociedade de Amigos dosMuseos para protexe-las antigüidadese educa-la xuventude na valoración erespecto por elas. Un dos documentosnormativos máis significativos doséculo XX, a Carta de Atenas (1931),dicía que a mellor garantía de conser-vación dos monumentos e obras dearte vén do afecto e respecto do pobo,polo que instaba os educadores para“habitua-la infancia e a xuventudepara que se absteñan de calquera ac-tuación que poida degrada-los mo-numentos e as induzan a entende-loseu significado e, en xeral, a interesarsena protección dos testemuños de todacivilización”. E, no mesmo sentido,pronúncianse outros documentos deámbito internacional como a Decla-ración de Amsterdam (1975), a Con-vención da Unesco para a Proteccióndo Patrimonio Mundial Cultural eNatural (1972), o Convenio de Granadapara a Salvagarda do PatrimonioArquitectónico de Europa (1985), eoutros convenios e recomendacións daUnesco e do Consello de Europa.

¿Pero, como levar a cabo esa for-mación e habituación? A finais dos anosoitenta do século XX, a Unesco celebraen París un Congreso sobre Xuventudee Patrimonio no que se sinala a absolu-ta necesidade de introducir ensinanzassobre o patrimonio nos plans de estudiode tódolos niveis escolares, cun carácter

Revista Galega do Ensino-ISSN: 1133-911X- Núm. 36 - Outubro 2002

teórico-práctico que inclúa visitas guia-das por especialistas a museos e outrasinstitucións implicadas na conserva-ción, xacementos e escavacións arqueo-lóxicas onde poidan incluso participarnalgunhas actividades, de maneira queestablezan un contacto directo e vivocos obxectos, o seu contexto, significadoe problemática. En 1998, o Comité deMinistros do Consello de Europa pro-mulga a Recomendación (98)5 sobre aPedagoxía do Patrimonio, na que llesrecomenda ós Estados membros queadopten medidas administrativas, le-xislativas e financeiras para desenvol-ver accións de pedagoxía e sensibiliza-ción sobre a base da comprensiónintercultural; fomentando as iniciativastomadas por institucións educativas,asociacións culturais e demais respon-sables do patrimonio; organizando cla-ses europeas do patrimonio financiadaspolos organismos competentes, e quedeberían contar coas novas tecnoloxíasna información e comunicación de caraa unha acción coordinada e ó establece-mento dunha rede que garanta o inter-cambio de experiencias e información6.

Afortunadamente, a concienciaexiste e xa se desenvolven programasneste sentido, como a creación de par-ques etnolóxicos que recrean os mediosde producción tradicionais do lugar eque inclúen biblioteca, museos etnoló-xicos e talleres vivos onde aprenderalgúns oficios, e numerosos cursos enaulas de cultura, nos institutos e en

diversas asociacións culturais. Perofalta aínda unha maior convicción esensibilidade por parte dalgunhas ins-titucións responsables da protección econservación do patrimonio parapoñer en práctica estes principios e criterios de forma eficaz e adecuada. Eisto depende dun reparto correcto dosrecursos financeiros e de ter claras asprioridades de acordo coas necesida-des de conservación, o que será posiblecunha sólida formación especializada econstante dos responsables das distin-tas administracións.

E non podemos esquecer que opatrimonio cultural é un ben común decarácter universal, polo que a súa con-servación implica a solidariedade efec-tiva dos Estados a través de políticascomúns e concertadas de protecciónnas que a participación de todos é indis-pensable.

BIBLIOGRAFÍA

Ballart, J., El Patrimonio Histórico yArqueológico: valor y uso, Barcelona,Ariel, 1997.

Brandi, C., Teoría de la restauración, Madrid,Alianza, 1989.

Capitel, A., Metamorfosis de los monumen-tos y teorías de restauración, Madrid,Alianza, 1988.

Coñecemento da tradición e conservación do patrimonio 155

Revista Galega do Ensino-ISSN: 1133-911X- Núm. 36 - Outubro 2002

6 Ó respecto consultar VV.AA., Difusión del Patrimonio Histórico, Consejería de Cultura, Junta deAndalucía, 1996; Dolores Ruiz de Lacanal, El conservador-restaurador. Historia de la profesión, Madrid,Síntesis, 1999; e Ana Mª Macarrón e Ana González Mozo, op. cit.

156 Ana Mª Macarrón Miguel

González Varas, I., Conservación de losBienes Culturales: Teoría, historia,principios y normas, Madrid, Cátedra,1999.

Macarrón Miguel, Ana Mª, Historia de laconservación y la restauración. Desdela Antigüedad hasta el siglo XX,Madrid, Tecnos, 2002.

Macarrón Miguel, Ana Mª, e A. GonzálezMozo, La conservación y la restaura-ción en el siglo XX, Madrid, Tecnos,1998.

Martínez Justicia, Mª J., Antología de textossobre restauración, Jaén, Universidadde Jaén, 1996.

Morales, A. J., Patrimonio histórico artísti-co, Madrid, Historia 16, Col. Conocerel Arte, 1996.

Riegl, A., El culto moderno a los monumen-tos, Madrid, Visor, Col. La Balsa de laMedusa, 1987.

Ruiz de Lacanal, D., El conservador-restau-rador. Historia de la profesión, Madrid,Síntesis, 1999.

Ruskin, J., Las siete lámparas de la arqui-tectura, Barcelona, Altafulla, 1988.

VV.AA., Difusión del Patrimonio Histórico,Cuadernos del Instituto Andaluz delPatrimonio Histórico, Consejería deCultura, Junta de Andalucía, 1996.

VV.AA., Legislación sobre Patrimonio His-tórico, Ministerio de Educación yCultura, Serie Análisis y Documentos.

Yourcenar, M., El tiempo, gran escultor,Madrid, Alfaguara, 1989.

Revista Galega do Ensino-ISSN: 1133-911X- Núm. 36 - Outubro 2002

ttt

Ana Mª MACARRÓN MIGUEL, “Coñecemento da tradición e conservación do patrimonio”, Revista Galega doEnsino, núm. 36, outubro, 2002 (Especial Artes), pp. 141-157.

Resumo: O patrimonio cultural é testemuño das tradicións seculares dos pobos e constitúe a nosa memo-ria histórica. Temos que conservalo e protexelo fronte ó espolio e á destrucción e transmitírllelo ás xera-cións futuras en toda a riqueza da súa autenticidade. Iso require a adopción de medidas preventivasambientais, administrativas e xurídicas que regulen os aspectos sociopolíticos e económicos implicados,políticas selectivas e culturais axeitadas, criterios e metodoloxías de intervención correctos e unha cola-boración interdisciplinaria. Pero, ante todo, son necesarias unha formación e información sobre o patri-monio cultural desde a comprensión intercultural que desenvolva a conciencia solidaria da importanciade conservalo.

Palabras chave: Conservación. Restauración. Tradición. Patrimonio Cultural. Lexislación.

Resumen: El patrimonio cultural es testimonio de las tradiciones seculares de los pueblos y constituyenuestra memoria histórica. Tenemos que conservarlo y protegerlo frente al expolio y la destrucción ytransmitirlo a las generaciones futuras en toda la riqueza de su autenticidad. Ello requiere la adopción demedidas preventivas ambientales, administrativas y jurídicas que regulen los aspectos sociopolíticos yeconómicos implicados, políticas selectivas y culturales adecuadas, criterios y metodologías de inter-

Coñecemento da tradición e conservación do patrimonio 157

Revista Galega do Ensino-ISSN: 1133-911X- Núm. 36 - Outubro 2002

vención correctos y una colaboración interdisciplinar. Pero ante todo son necesarias una formación einformación sobre el patrimonio cultural desde la comprensión intercultural que desarrolle la concienciasolidaria de la importancia de conservarlo.

Palabras clave: Conservación. Restauración. Tradición. Patrimonio Cultural. Legislación.

Summary: The Cultural Heritage is the evidence of the secular traditions of each nation and it makes upour Historical records. We have to preserve and protect it against the pillage and destruction, and trans-mit it to the next generations with all its richness and authenticity. This requires the adoption of preven-tive environmental measures, administrative and juridical actions in order to regulate the sociopoliticaland economical involved aspects, selective and appropriate cultural policies, the right intervention met-hodologies and criteria, and a multidisciplinary collaboration. But the main issue is the need of educa-tion and information on the Cultural Heritage from the view of intercultural understanding that willdevelop the solidarity conscience about how important its preservation is.

Key-words: Preservation. Restoration. Tradition. Cultural Heritage. Legislation.

— Data de recepción da versión definitiva deste artigo: 23-05-2002.