Condición física na praia de samil

1
Condición física na praia de Samil O día trece de abril o alumnado de 2º ESO fixo unha saída a praia de Samil. Neste extraordinario paraxe traballamos a condición física. O entrenamento na praia permite: o O traballo descalzo. Deste modo os pés refórzanse notablemente previndo a aparición de lesións na súa bóveda. o Ao ser unha superficie menos dura, non provoca tanta sobrecarga articular como a pista, o asfalto ou os camiños. Segundo os tipos de area pódense efectuar distintos traballos: o A da area seca (máis lonxana ao mar), os pés afúndense. Zona ideal para exercicios de traballo de forza individual e por parellas, arrastres, loitas, multisaltos a pés xuntos. o A zona de area case seca e prensada é ideal para exercicios de técnica de carreira, velocidade ata 20 m, multisaltos de todos os tipos. o A zona de area dura onde van e veñen as ondas. A dureza do chan é a máis parecida á da pista aínda que algo máis branda. Nesta zona pódense facer os mesmos traballos que na anterior; é a zona ideal para a carreira continua. o A zona na que a auga chega ao nocello é óptima para o trote de final da sesión, para exercicios de técnica de carreira que obriguen a elevar os xeonllos. Este é un medio moi útil porque permite efectuar grande cantidade de xogos sen riscos de caídas traumáticas. Tamén psicoloxicamente é moito máis relaxante e agradable o traballo na praia que no pavillón, ximnasio..etc.

Transcript of Condición física na praia de samil

Condición física na praia de Samil

O día trece de abril o alumnado de 2º ESO fixo unha saída a praia de Samil. Neste extraordinario paraxe traballamos a condición física.O entrenamento na praia permite:

o O traballo descalzo. Deste modo os pés refórzanse notablemente previndo a aparición de lesións na súa bóveda.

o Ao ser unha superficie menos dura, non provoca tanta sobrecarga articular como a pista, o asfalto ou os camiños.

Segundo os tipos de area pódense efectuar distintos traballos:o A da area seca (máis lonxana ao mar), os pés afúndense. Zona ideal para exercicios de traballo de forza

individual e por parellas, arrastres, loitas, multisaltos a pés xuntos.

o A zona de area case seca e prensada é ideal para exercicios de técnica de carreira, velocidade ata 20 m, multisaltos de todos os tipos.

o A zona de area dura onde van e veñen as ondas. A dureza do chan é a máis parecida á da pista aínda que

algo máis branda. Nesta zona pódense facer os mesmos traballos que na anterior; é a zona ideal para a carreira continua.

o A zona na que a auga chega ao nocello é óptima para o trote de final da sesión, para exercicios de técnica de carreira que obriguen a elevar os xeonllos.

Este é un medio moi útil porque permite efectuar grande cantidade de xogos sen riscos de caídas traumáticas. Tamén psicoloxicamente é moito máis relaxante e agradable o traballo na praia que no pavillón, ximnasio..etc.