CONDICIÓNS ESPECIAIS DO SEGURO DE ACUICULTURA MARIÑA …€¦ · RODABALLO De conformidade co...

30
LIÑA 088/2013 – Páx. 1 de 30 O tomador en representación dos seus asegurados, no caso de declaracións de seguros colectivos, e o asegurado, no caso de declaracións de seguro individual, subscriben este condicionado e aceptan especificamente as súas condicións limitativas, que aparecen salientadas en negra, e reciben neste acto cadansúa copia. (1) Recoller o núm. de declaración de seguro colectivo ou de declaración de seguro individual, segundo proceda. ………………………………………….., ………. de ………………………………….de …… O tomador do seguro ou o asegurado SINATURA E SELO CONDICIÓNS ESPECIAIS DO SEGURO DE ACUICULTURA MARIÑA PARA OLLOMOL, CORVINA, DOURADA, ROBALIZA E RODABALLO De conformidade co Plan anual de seguros de 2013, aprobado polo Consello de Ministros, garántense as producións de ollomol, corvina, dourada, robaliza e rodaballo contra os riscos seguintes: variacións excepcionais de temperatura, descenso da salinidade por chuvia torrencial, vento furacanado, inundación, enchente ou riada, raio, incendio, explosión, temporais, impacto de embarcacións e elementos á deriva, marea negra, contaminación química e biolóxica, enfermidades e depredadores mariños segundo estas condicións especiais, complementarias das xerais da póliza de seguros para acuicultura. PRIMEIRA. OBXECTO DO SEGURO, RISCOS CUBERTOS, OPCIÓNS E DEFINICIÓNS O obxecto do seguro é cubrir, co límite do capital asegurado, a morte ou perda, incluíndo a perda total do valor comercial das existencias no momento dun sinistro, debida aos riscos que se indican no cadro 1, segundo os tipos de explotación que se especifican a continuación, e para as garantías establecidas como básicas ou adicionais que se ofrecen en cada caso, sempre e cando se cumpran os requisitos para o aseguramento establecidos nas condicións especiais vixésimo segunda e vixésimo cuarta. Tamén se cobren, nas condicións que logo se indican, os gastos de eliminación de residuos e de prevención de perdas de existencias. Ref. do seguro colectivo ou ref. seguro individual (1) APELIDOS E NOME OU DENOMINACIÓN SOCIAL DO TOMADOR CIF OU NIF

Transcript of CONDICIÓNS ESPECIAIS DO SEGURO DE ACUICULTURA MARIÑA …€¦ · RODABALLO De conformidade co...

LIÑA 088/2013 – Páx. 1 de 30

O tomador en representación dos seus asegurados, no caso de declaracións de seguros colectivos, e o asegurado, no caso de declaracións de seguro individual, subscriben este condicionado e aceptan especificamente as súas condicións limitativas, que aparecen salientadas en negra, e reciben neste acto cadansúa copia.

(1) Recoller o núm. de declaración de seguro colectivo ou de declaración de seguro individual, segundo proceda.

………………………………………….., ………. de ………………………………….de …… O tomador do seguro ou o asegurado SINATURA E SELO

CONDICIÓNS ESPECIAIS DO SEGURO DE ACUICULTURA MARIÑA PARA OLLOMOL, CORVINA, DOURADA, ROBALIZA E

RODABALLO

De conformidade co Plan anual de seguros de 2013, aprobado polo Consello de Ministros, garántense as producións de ollomol, corvina, dourada, robaliza e rodaballo contra os riscos seguintes: variacións excepcionais de temperatura, descenso da salinidade por chuvia torrencial, vento furacanado, inundación, enchente ou riada, raio, incendio, explosión, temporais, impacto de embarcacións e elementos á deriva, marea negra, contaminación química e biolóxica, enfermidades e depredadores mariños segundo estas condicións especiais, complementarias das xerais da póliza de seguros para acuicultura.

PRIMEIRA. OBXECTO DO SEGURO, RISCOS CUBERTOS, OPCIÓNS E DEFINICIÓNS

O obxecto do seguro é cubrir, co límite do capital asegurado, a morte ou perda, incluíndo a perda total do valor comercial das existencias no momento dun sinistro, debida aos riscos que se indican no cadro 1, segundo os tipos de explotación que se especifican a continuación, e para as garantías establecidas como básicas ou adicionais que se ofrecen en cada caso, sempre e cando se cumpran os requisitos para o aseguramento establecidos nas condicións especiais vixésimo segunda e vixésimo cuarta.

Tamén se cobren, nas condicións que logo se indican, os gastos de eliminación de residuos e de prevención de perdas de existencias.

Ref. do seguro colectivo ou ref. seguro individual (1)

APELIDOS E NOME OU DENOMINACIÓN SOCIAL DO TOMADOR

CIF OU NIF

LIÑA 088/2013 – Páx. 2 de 30

Distínguense catro tipos de explotacións:

- Tipo 1: Viveiros.

- Tipo 2: Tanques.

- Tipo 3: Esteiros.

- Tipo 4: Hatchery-nursery. Cadro 1 - Riscos cubertos segundo o tipo de explotación Tipo de explotación

Garantías básicas

Garantías adicionais I

* Variacións excepcionais de

temperatura * Depredadores mariños

Viveiros

* Contaminación química e

biolóxica * Marea negra * Temporais * Impacto de embarcacións e

elementos á deriva II

* Enfermidades

I

* Variacións excepcionais de

temperatura * Descenso de salinidade por

chuvia torrencial * Inundación, enchente ou

riada

Tanques e hatchery-nursery

* Contaminación química e

biolóxica * Marea negra * Raio, incendio, explosión * Vento furacanado

II

* Enfermidades

I

* Vento furacanado * Inundación, enchente ou

riada * Raio, incendio ou explosión

Esteiros

* Contaminación química e

biolóxica * Marea negra * Variacións excepcionais de

temperatura * Descenso de salinidade por

chuvia torrencial

II

* Enfermidades

As garantías adicionais poderán contratarse sempre e cando se contratasen simultaneamente as básicas.

No caso do ollomol non se poderán contratar as garantías adicionais II (enfermidades).

Ademais, para todos os tipos de explotación garántense:

o Os gastos de eliminación de residuos (sen incluír como tales os peixes mortos) ocasionados por un sinistro indemnizable. Estes gastos, que se xustificarán mediante a correspondente factura, terán un mínimo indemnizable de 2.000 euros e un límite do 5 % do capital máximo asegurado da explotación segundo o Plan provisional anual de cría (PPAC) durante todo o período de garantía.

LIÑA 088/2013 – Páx. 3 de 30

o Os gastos de prevención dunha perda inminente das existencias por un sinistro garantido, logo do aviso á Agrupación Española de Entidades Aseguradoras de los Seguros Agrarios Combinados, S. A. (AGROSEGURO) e aceptación por esta. Estes gastos, que se xustificarán mediante a correspondente factura, terán un mínimo indemnizable de 2.000 euros e un límite do 1 % do capital máximo asegurado da explotación por cada sinistro garantido. Non se inclúen os custos de medicación ou veterinarios.

Opcións e sistemas de aseguramento:

As opcións de aseguramento serán distintas segundo se faga tratamento indemnizatorio (sinistro mínimo indemnizable e franquía) polo conxunto da explotación (sistema 1) ou por cada viveiro (sistema 2). Este último só é aplicable ás explotacións de tipo 1.

No sistema 1 (para todos os tipos de explotacións) OPCIÓNS

Garantías básicas………………………………………………………………………......A ou I Garantías básicas + garantías adicionais I…………………………………………………B ou J Garantías básicas + garantías adicionais II.……………………………………………....C ou K Garantías básicas + garantías adicionais I + garantías adicionais II…………….……...D ou L

No sistema 2 (para explotacións de tipo 1) ..................................................................…….…..OPCIÓN

Garantías básicas……………………………………………………………… .................E Garantías básicas + garantías adicionais I………………………………………….. .........F Garantías básicas + garantías adicionais II…………………………………………......... G Garantías básicas + garantías adicionais I + garantías adicionais II…………................... H

A produción de ollomol só se poderá asegurar nas opcións A, B, E, F, I ou J nos viveiros e nas opcións A, B, I ou J en hatchery-nursery e en tanques.

O asegurado poderá elixir nunha mesma declaración de seguro diferentes opcións para cada unha das explotacións das que sexa titular.

A garantía adicional de enfermidades requirirá a conformidade expresa de AGROSEGURO, quen considerará os requisitos de aseguramento recollidos na condición vixésimo cuarta, logo da análise dos datos e informacións que se consideren oportunos.

Definicións para os efectos do seguro:

Biomasa: Masa total dos peixes existentes nun volume determinado, expresada en kg.

Caudal de auga: Cantidade total de auga, en litros por minuto, que circula pola instalación, xa sexa de maneira natural ou forzada.

Concesión administrativa: Autorización da autoridade competente necesaria para a instalación e explotación acuícola.

LIÑA 088/2013 – Páx. 4 de 30

Densidade de cría ou carga: Resultado da división do peso total dos peixes criados nunha unidade de produción polo volume de auga desa unidade. Expresarase en kg/m3. Nos viveiros, non computará como volume o ocupado polo cope da rede.

Explotación: Conxunto de bens e elementos organizados empresarialmente polo seu titular para a produción acuícola. Cada explotación disporá da concesión correspondente e deberá estar inscrita no Rexistro xeral de explotacións gandeiras (REGA), segundo se dispón legalmente.

Hatchery-nursery: Tipo de explotación dedicada á cría, onde se atopan os reprodutores e na que son asegurables os alevíns de peso superior a 0,1 g ata o seu traslado ás explotacións de crianza.

Explotación de crianza: Tipo de explotación dedicado á crianza dos alevíns procedentes da hatchery-nursery, ata que alcanzan o tamaño comercial. Podemos atopar crianza en tanques, en viveiros ou en esteiros.

Mortalidade natural: Taxa media de individuos mortos respecto do total de individuos vivos inicial para un determinado período de tempo e fase de cría sen ter en conta ningún sinistro. Declararase nos informes mensuais sobre o estado das existencias para ter información das características propias da explotación.

Plan provisional anual de cría (PPAC): Previsión das existencias da explotación e do seu valor por cada mes do período de garantía. Esta previsión deberá acompañar a solicitude do seguro da explotación e será parte integrante da póliza de seguro.

Solicitude de seguro da explotación: Petición de cobertura do tomador ou do asegurado a través dunha entidade aseguradora, formulada no impreso creado para o efecto e cuberto o seu cuestionario. É un requisito anterior á subscrición da cobertura. Esta solicitude será parte integrante da póliza de seguro.

Danos por temporal: Son os ocasionados por condicións meteorolóxicas adversas caracterizadas por, cando menos, un dos seguintes fenómenos, e sempre que tales fenómenos sexan acreditados pola Axencia Española de Meteoroloxía (AEMET), do Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente:

• Estado de mar de vento nivel 6 ou superior segundo a escala Douglas (“mareira”). Non obstante, de alcanzarse nivel 5, compensarase o sinistro cun 70 % da indemnización correspondente a se producir nivel 6.

• Aparición das denominadas “ondas estrañas”, de grande altura, sempre que queden rexistradas na boia máis próxima da rede Portos do Estado.

Tren de fondeadura: Conxunto de viveiros que comparten elementos de amarre, armazón, distribución e agarre ao fondo, formando un sistema independente.

Unidade de produción: Recinto no que se crían os peixes, segundo o tamaño. Pode ser un viveiro, un tanque ou un esteiro.

LIÑA 088/2013 – Páx. 5 de 30

SEGUNDA. ÁMBITO DE APLICACIÓN

O ámbito de aplicación deste seguro estenderase a todas as explotacións de acuicultura mariña instaladas en territorio nacional.

TERCEIRA. EXPLOTACIÓNS E PRODUCIÓNS ASEGURABLES. TITULAR DO SEGURO

É asegurable toda explotación, das tipificadas nestas condicións, que dispoña da concesión administrativa correspondente, e que figure inscrita no Rexistro xeral de explotacións gandeiras (REGA).

Ademais, deberán contar cun sistema de vixilancia zoosanitaria, libro de rexistro e de rastrexabilidade e demais obrigas que establece o Real decreto 1614/2008.

Non son asegurables as producións de centros destinados a investigación ou experimentación.

Consideraranse diferentes explotacións as que, aínda pertencendo a un mesmo titular, dispoñan dunha concesión diferente e, polo tanto, teñan diferente número no REGA. A identificación das explotacións aseguradas realizarase mediante os códigos nacionais asignados polo REGA, os cales deben figurar nas pólizas.

Son asegurables as producións de dourada (Sparus aurata, L.), robaliza (Dicentrarchus labrax, L.), rodaballo (Scophthalmus maximus, R. ou Psetta maxima, L.), corvina (Argyrosomus regius, A.) e ollomol (Pagellus bogaraveo, B).

Só son asegurables os peixes a partir dun peso de 0,1 g.

No tipo 4, hatchery-nursery, son asegurables os reprodutores e as crías que alcanzasen o peso de 0,1 g.

O titular do seguro será o titular da explotación ou da subexplotación que figure como tal no seu código REGA (nome e identificación fiscal). Igualmente, poderá ser titular da póliza toda persoa, física ou xurídica, que teña interese no ben asegurable e que figure nalgún apartado do devandito código REGA.

O titular do seguro deberá notificarlle á autoridade competente do REGA da súa comunidade autónoma todos os cambios ou modificacións que sexan necesarios para unha correcta identificación da explotación, do titular e dos bens asegurables.

CUARTA. EXCLUSIÓNS

Ademais das previstas na condición xeral cuarta, exclúense das garantías do seguro as perdas producidas por:

- Rotura ou avaría de maquinaria que non sexa causada polos riscos climáticos cubertos.

LIÑA 088/2013 – Páx. 6 de 30

- A anoxia nos peixes, salvo por aumento brusco e excepcional de temperatura ou polos blooms de microorganismo (contaminación biolóxica) que produzan este efecto.

- Envelenamento e malquerenza de estraños.

- Canibalismo e mortalidade natural.

- Temporal en que non se dean as condicións establecidas nas definicións para os efectos do seguro da condición especial primeira.

- Deterioración do cableame a causa dos riscos distintos ao incendio, tales como sobrecargas ou avaría na instalación eléctrica.

- Perdas descubertas no momento das despescas ou nas clasificacións.

- Mortalidade por causas indirectas da variación de temperatura, como é o caso da denominada “síndrome do frío” nas douradas.

- Na garantía de chuvia torrencial que ocasione descensos da salinidade, exclúense as explotacións que tomen a auga dentro ou no contorno de rías ou canos nas que AGROSEGURO considere que non efectuaron as oportunas medidas correctoras que garantan unha suficiente reserva de auga e eliminación de sobrenadante.

Esta exclusión non se aplica ás explotacións situadas nas rías galegas.

- A depredación por aves.

- As enfermidades atribuíbles a un mal manexo.

- A perda ou morte dos peixes cando non poida comprobarse a causa no momento da taxación.

- Excluiranse as explotacións que non cumpran con algún dos requisitos mínimos para o aseguramento, que se indican na condicións vixésimo segunda, e da garantía adicional de enfermidades, nas condicións vixésimo segunda e vixésimo cuarta.

- Calquera outro risco non incluído nestas condicións especiais.

QUINTA. PERÍODO DE GARANTÍA

As garantías inícianse coa toma de efecto, unha vez finalizado o período de carencia, e finalizarán ao ano da subscrición en todos os casos, aínda que se producisen novas altas de existencias nese período.

LIÑA 088/2013 – Páx. 7 de 30

No caso da garantía de enfermidades, sempre que o sinistro se comunicase antes do final do período de garantías e no suposto de que a perda de existencias se produza despois da data de vencemento da póliza, estará garantida a produción ata que haxa 60 días desde o comezo da enfermidade.

SEXTA. PRAZO DE SUBSCRICIÓN DO SEGURO E ENTRADA EN VIGOR

* Solicitude de seguro

O tomador do seguro ou o asegurado deberá formular unha solicitude de seguro a través dunha entidade aseguradora, para o que enviará debidamente cubertos o cuestionario que lle será facilitado para o efecto e mais o PPAC da explotación a AGROSEGURO, ao seu domicilio social da rúa Gobelas, 23 - 28023 Madrid. Así mesmo, xuntará unha copia do xustificante de transferencia bancaria de 600 euros a AGROSEGURO en concepto de gastos de estudo e inspección.

Os acuicultores que soliciten o seguro por primeira vez deberán remitirlle a documentación pertinente a AGROSEGURO un mes antes da finalización do período de subscrición.

Recibida a solicitude, AGROSEGURO realizará unha inspección técnica previa da explotación e, de subscribirse finalmente a declaración de seguro, o importe antes mencionado deducirase da parte da prima pagadoira polo tomador.

En caso contrario non será reembolsado, aínda cando AGROSEGURO non dea a autorización por considerar que a instalación non cumpre os requisitos de aseguramento.

No suposto de que AGROSEGURO, por non alcanzar a explotación os requisitos necesarios de aseguramento, tivese que realizar unha segunda inspección técnica anterior ao aseguramento, o tomador deberá transferir outros 600 euros, que non serán deducibles da prima que debe pagar o tomador.

A solicitude de seguro, unha vez asinada pola entidade aseguradora, constitúe parte do contrato.

AGROSEGURO comunicaralle a ENESA calquera pacto expreso cos asegurados e será convocada, se así o considerase conveniente, para presenciar as inspeccións técnicas previas.

* Factores que afectan o risco e repercuten na tarificación do seguro:

A tarifa axustarase ás características da explotación, en función dunha serie de factores ou parámetros que se indican a continuación.

Estes factores compróbanse na inspección técnica previa e pódense complementar con estudos complementarios de gabinete.

LIÑA 088/2013 – Páx. 8 de 30

Factores comúns que se deben considerar en todos os tipos de explotación:

1. Situación da explotación. 2. Deseño e antigüidade das instalacións. 3. Estado xeral da explotación e mantemento desta. 4. Distancia a portos, refinerías e rutas marítimas ou petrolíferas. 5. Nivel de capacitación técnica do persoal da explotación.

Factores específicos segundo o tipo de explotación: Tipo 1. Viveiros:

1. Períodos de retorno das ondas, existencia de accidentes xeográficos que limiten a exposición ao risco, incidencia dos ventos predominantes e batimetría.

2. Sistemas de amarres utilizados, tipos de redes e fondeaduras. Tipo 2. Tanques/Tipo 4. Hatchery-nursery:

1. Distancia a bacías fluviais. 2. Grao de tecnificación e manexo, capacidade dos equipos auxiliares e localización destes

en diferente zona que os principais. 3. Equipos de alarma nas conducións. 4. Capacidade de renovación da auga e localización da toma de auga e os emisarios.

Tipo 3. Esteiros:

1. Distancia a leitos fluviais. Volume de reserva de auga. 2. Grao de tecnificación e manexo. Capacidade dos equipos auxiliares. Redes antipaxaros. 3. Muro de protección ante inundacións. 4. Capacidade de renovación da auga e localización da toma de auga e os emisarios.

* Declaración do seguro e entrada en vigor do seguro.

O prazo para a subscrición do seguro será o que determine o Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente.

Para aquelas declaracións de seguro que se subscriban o último día do período de subscrición do seguro admitirase que o pagamento sexa realizado o seguinte día hábil.

A entrada en vigor iníciase ás cero horas do día seguinte a aquel en que o tomador do seguro pague a prima, sempre que previa ou simultaneamente se subscribise a declaración de seguro. Para estes efectos, non se considerará a data do pagamento inicial de 600 €.

Para os asegurados que paguen a prima e realicen un novo contrato de seguro nos dez días anteriores ao vencemento da súa póliza, considerarase data de entrada en vigor do novo seguro a do final das garantías do anterior.

LIÑA 088/2013 – Páx. 9 de 30

Para os asegurados que realicen un novo contrato de seguro e paguen a prima dentro do prazo dos 10 días seguintes ao vencemento da póliza anterior, durante ese período intermedio as opcións e o límite máximo de capital garantidos serán os que correspondían á póliza anterior.

SÉTIMA. PERÍODO DE CARENCIA

Establécese, para os riscos diferentes das enfermidades, un período de carencia de 6 días contados desde a entrada en vigor do seguro.

No caso das enfermidades, e en cada recepción de peixes na explotación, o período establecido como carencia será de 15 días.

As explotacións que sexan aseguradas de novo ata nos 10 días seguintes á terminación do contrato anterior non terán período de carencia nos riscos amparados na póliza precedente.

OITAVA. OBRIGAS DO TOMADOR DO SEGURO E ASEGURADO

Ademais da condición especial oitava das xerais da póliza, o tomador do seguro ou o asegurado están obrigados a:

a) Asegurar todas as existencias das diferentes especies asegurables segundo o que se recolle na PPAC en cada unha das explotacións da súa propiedade que sexan dunha mesma clase.

O incumprimento desta obriga, salvo casos debidamente xustificados, dará lugar á perda do dereito á indemnización.

Os asegurados que contratasen esta liña de seguro o ano anterior e subscriban na actual campaña unha nova declaración de seguro deberán declarar un volume de existencias non inferior ao do ano anterior, salvo que fose acreditada causa xustificada.

b) Indicar a situación xeográfica da explotación.

c) Reflectir nos libros de control da explotación, para cada unidade de produción:

- As existencias asegurables - A mortalidade natural e a debida a outras causas - Escapes - Achega diaria de alimento - Rexistros periódicos dos diferentes parámetros da auga, como temperatura e

concentración de osíxeno.

d) Facilitarlle a AGROSEGURO a información e a documentación recollida nos rexistros no caso de inspección ou sinistro, e tamén toda aquela necesaria para a debida apreciación das circunstancias de interese para o seguro.

LIÑA 088/2013 – Páx. 10 de 30

e) Enviarlle a AGROSEGURO dentro dos 10 primeiros días de cada mes o estado da produción do final do mes anterior, no modelo establecido para tal efecto, e especificar por unidade de produción a identificación do lote, o número de peixes, a biomasa e o peso medio, canda a mortalidade natural e a debida a outras causas. Ademais, consignaranse as entradas e saídas de peixes da explotación, ademais do resumo por especie do número de peixes e da biomasa.

f) Comunicarlle a AGROSEGURO, en canto sexa coñecida, calquera circunstancia que puidese afectar o risco.

g) Comunicarlle a AGROSEGURO calquera cambio de titularidade ou da concesión administrativa da explotación.

h) Permitirlles a AGROSEGURO ou aos peritos por ela designados a inspección dos bens asegurados en todo momento, e facilitarlles a entrada e acceso ás diferentes instalacións da explotación.

As explotacións de tipo 1, viveiros, deberán poñer ao servizo do técnico designado por AGROSEGURO o medio de desprazamento necesario para realizar a inspección.

i) Presentar denuncia, nun prazo máximo de 48 horas hábiles despois do sinistro causado por impacto de embarcacións, marea negra ou contaminación química, ante a autoridade competente do lugar onde ocorrese.

A copia da acta da denuncia deberalle ser remitida a AGROSEGURO no prazo de cinco días a partir da comunicación do sinistro.

Indicarase a data e a hora do sinistro, a identificación do barco e o propietario, a substancia química, de ser o caso, as causas coñecidas ou supostas, os medios adoptados para minorar as consecuencias, as circunstancias nas que este se produciu e a contía, cando menos aproximada, dos danos que derivasen do sinistro. No caso de incumprimento deste deber, observarase o disposto na condición xeral de acuicultura décimo sétima.

O incumprimento de calquera destas obrigas, cando impida a AGROSEGURO a adecuada valoración do risco, suporá a perda do dereito á indemnización.

NOVENA. VALORES UNITARIOS

Os valores unitarios aplicables aos distintos tipos de peixes, e unicamente para os efectos de pagamento de primas e importe de indemnizacións, serán elixidos libremente polo acuicultor, dentro dos establecidos para estes efectos polo Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente.

LIÑA 088/2013 – Páx. 11 de 30

DÉCIMA. PRODUCIÓN MÁXIMA ASEGURABLE. DENSIDADES MÁXIMAS ADMISIBLES

O tomador do seguro ou o asegurado fixará no momento da contratación o valor mensual das existencias que se reflectirá no PPAC.

As densidades máximas admisibles dependerán da especie, do peso medio dos peixes e do tipo de explotación:

En tipo 1. Viveiros: - Robaliza, dourada e corvina (inferior a 1.000 g) e ollomol:

- Ata 15 g: 8 kg/m3 - De 16 a 50 g: 10 kg/m3 - De 51 a 250 g: 15 kg/m3 (para o ollomol esta será a maior densidade admisible ata o

tamaño do sacrificio) - Superiores a 251g: 23 kg/m3 - Corvina igual ou superior a 1.000 g: 26 kg/m3

- Rodaballo: - Ata 50 g: 6 kg/m2

- De 51 a 500 g: 20 kg/m2 - Superior a 500 g: 35 kg/m2

En tipo 2. Tanques:

- Rodaballo: - De 0,1 a 2,0 g: 2 kg/m2 - De 2,1 a 10 g: 6 kg/m2 - De 11 a 50 g: 17 kg/m2 - De 51 a 150 g: 24 kg/m2 - De 151 a 500 g: 37 kg/m2 - De 501 a 1.000 g: 50 kg/m2 - Superior a 1.000 g: 65 kg/m2

- Dourada, robaliza, ollomol, corvina:

- De 0,1 a 2 g: 6 kg/m3 - De 2,1 a 5 g: 10 kg/m3 - De 5,1 a 15 g: 20 kg/m3 (para o ollomol esta será a maior densidade admisible). - De 16 a 100 g: 45 kg/m3 - Maiores de 101g: 50 kg/m3

En tipo 3. Esteiros (para dourada, robaliza): - Con osixenadores: 5 kg/m3 - Con aireadores: 3 kg/m3 - Sen aireadores: 2 kg/m3

En tipo 4. En hatchery-nursery con recirculación da auga:

LIÑA 088/2013 – Páx. 12 de 30

Dourada/Corvina

Robaliza

De 0,1 a 1,5 g: 15 kg/m3 De 1,6 a 10 g: 30 kg/m3 De 11 a 15 g: 40 kg/m3 De 16 a 30 g: 50 kg/m3

De 0,1 a 1,5 g: 10 kg/m3 De 1,6 a 10 g: 20 kg/m3 De 11 a 15 g: 25 kg/m3 De 16 a 30 g: 30 kg/m3

Se se superase en máis dun 10 % a densidade máxima admisible, perderase o dereito a indemnización na unidade de produción onde se dea tal circunstancia.

DÉCIMO PRIMEIRA. VALOR DA PRODUCIÓN

Para a valoración da produción (VP) para os efectos do cálculo de primas e indemnizacións, determinarase:

- En nursery (peixes con peso medio superior a 5 g) e explotacións de crianza: VP = (N x Pa) + (B x Ce), onde: N = núm. total de peixes (ud.) Pa = prezo de adquisición do alevín, segundo a táboa do Ministerio de Agricultura,

Alimentación e Medio Ambiente (€/100 ud.) B = biomasa (kg) Ce = custo de crianza (€/kg)

- En hatchery-nursery para pesos medios ata 4,9 g:

VP = N x Pa, onde: N = núm. total de peixes (ud.) Pa = prezo do alevín, segundo a táboa do Ministerio de Agricultura, Alimentación e

Medio Ambiente (€/100 ud.)

No caso dos reprodutores, aplicarase esta fórmula en función do prezo destes.

DÉCIMO SEGUNDA - CAPITAL ASEGURADO. TIPOLOXÍA

O capital asegurado será o 100 % do valor da produción (cobertura 100 %).

Para os efectos da prima considérase:

Capital medio asegurado inicial: é a media dos capitais asegurados mensuais segundo o PPAC.

Capital medio asegurado final: é a media dos capitais asegurados mensuais reais obtidos durante o período de garantía da póliza.

Capital asegurado segundo o PPAC: é o 100 % do VP establecido no PPAC

Capital máximo asegurado: é o 100 % do VP establecido no PPAC para o mes de máximas existencias.

LIÑA 088/2013 – Páx. 13 de 30

Redución do capital asegurado:

Cando a produción declarada sexa minguada durante o período de carencia por calquera tipo de risco (asegurable ou non), o asegurado poderá solicitar a redución do capital asegurado con devolución da prima de inventario correspondente.

Dirixirá a solicitude a AGROSEGURO e achegará a seguinte información:

– Causa e data dos danos.

– Porcentaxe de redución que solicita.

– Novo PPAC, refeito co novo capital asegurado medio previsto.

– Datos identificativos da declaración de seguro e xustificante do pagamento da prima.

AGROSEGURO só admitirá as solicitudes de redución que reciba antes do décimo día, contando desde a fin do período de carencia.

AGROSEGURO poderá realizar as inspeccións e comprobacións que estime oportunas e comunicaralle ao solicitante se acepta a redución, e en que medida, nos 20 días seguintes á recepción da comunicación.

Se procedese o extorno da prima, este efectuarase no momento da emisión do recibo de prima.

DÉCIMO TERCEIRA. PRIMA: IMPORTE, PAGAMENTO E A SÚA REGULARIZACIÓN

O custo total inicial do seguro establecerase con base no PPAC como aplicación da taxa de custo sobre o capital medio asegurado inicial.

O pagamento da prima única realizarase ao contado.

* Regularización de primas:

No momento en que venza a póliza procederase a regularizar a prima, con base nas notificacións de existencias comunicadas en tempo e forma segundo o indicado no apartado e) da condición oitava, que servirán de base para calcular o capital medio asegurado final.

Se AGROSEGURO non recibise unha ou máis declaracións mensuais, a prima regularizada calcularase sobre a base dos capitais asegurados mensuais previstos segundo o PPAC; e se se detectase a través dalgunha comunicación un desaxuste significativo entre a realidade e os datos do PPAC, para os meses non comunicados computarase o capital asegurado con base na evolución do stock de existencias da explotación a teor das comunicacións recibidas.

A prima de regularización será igual á diferenza que resulte de aplicar a taxa de custo sobre o capital medio asegurado final, ou custo total do seguro, e o capital medio asegurado inicial no PPAC.

LIÑA 088/2013 – Páx. 14 de 30

Non obstante, AGROSEGURO, por iniciativa propia ou solicitude do asegurado poderá, ao longo da vixencia da póliza, emitir regularizacións provisionais de prima, e terá en conta a evolución das existencias da explotación.

O asegurado disporá de 15 días desde a emisión do recibo de prima e o requirimento fidedigno de AGROSEGURO para proceder ao pagamento da prima regularizada.

De non efectualo, en caso de sinistro, á indemnización aplicaráselle a mesma porcentaxe de redución que supón a prima sen regularizar respecto da prima regularizada.

O custo total do seguro non poderá ser en ningún caso inferior ao 80 % do custo total inicial con base no PPAC. Esta cantidade será considerada prima mínima que se debe desembolsar, aínda cando o asegurado abandone a actividade durante a vida do contrato.

En caso de sinistro garantido non procederá a devolución da prima por regularización. Neste suposto, para a determinación do valor do capital dos meses restantes ata a fin de garantías, sumarase ao valor das existencias o das perdas efectivas.

Todos os pagamentos da prima se realizarán mediante ingreso directo ou transferencia bancaria á conta de AGROSEGURO Acuicultura, aberta na entidade de crédito que se estableza no momento da contratación. A data de pagamento será a que figure no xustificante bancario como data do ingreso directo ou da transferencia.

O tomador do seguro ou o asegurado deberá xuntar ao orixinal da declaración de seguro unha copia do xustificante de pagamento da prima como medida de proba de tal pagamento.

En ningún caso se entenderá realizado o pagamento cando este se lle efectúe directamente ao mediador de seguros.

Nos seguros colectivos, o tomador de seguros, a medida que vaia incluíndo os seus asociados no seguro e subscriba para o efecto as oportunas aplicacións, acreditará o pagamento da parte da prima única ao seu cargo, correspondente a estas aplicacións, e achegará, por cada remesa que efectúe, unha copia do xustificante bancario do ingreso realizado.

Enténdese por data da transferencia a data de recepción na entidade de crédito da orde de transferencia do tomador, sempre que entre esta e a data na que a orde efectivamente se cursase ou executase non medie máis dun día hábil.

Polo tanto, cando entre a data de recepción da orde e a do curso efectivo desta pola entidade de crédito medie máis dun día hábil, considerarase data de pagamento da prima o día hábil anterior á data en que a entidade efectivamente cursase ou executase a transferencia.

Ademais, AGROSEGURO aceptará como data da orde de pagamento a do envío da carta certificada ou de recepción do fax nas súas oficinas centrais que inclúa a copia da orde de transferencia, con selo e data da recepción da entidade bancaria, e a relación de aplicacións incluídas neste pagamento co seu importe (remesa de pagamento).

LIÑA 088/2013 – Páx. 15 de 30

DÉCIMO CUARTA. SUPLEMENTOS POR ALTAS DE PEIXES E INCORPORACIÓN DE NOVAS EXPLOTACIÓNS Á DECLARACIÓN DE SEGURO

Durante o período de garantía da póliza poderán producirse suplementos por altas de novos peixes na explotación e incluírse na mesma declaración de seguro novas explotación do mesmo titular:

I) Suplementos por altas de novos peixes, sempre e cando se dea algún dos seguintes supostos:

- Entren en funcionamento novas unidades de produción na explotación, que non estivesen reflectidas no PPAC.

Non se admitirá a alta de novas unidades de produción cando non estean reflectidas no proxecto orixinal da explotación, a non ser que se presente a pertinente modificación do proxecto e AGROSEGURO o acepte.

- Se producise unha perda das existencias superior ao 30 % do valor total da explotación por causa dun risco cuberto nas garantías da póliza.

Para iso, o tomador do seguro ou o asegurado deberá solicitar a subscrición do suplemento no documento establecido para ese efecto e efectuar o pagamento da prima que lle corresponda, acompañado do PPAC destas unidades ata o vencemento da póliza, e da información que lle sexa solicitada por AGROSEGURO.

Por cada suplemento pagarase a prima polo período correspondente desde a súa entrada en vigor ata o vencemento da póliza.

Os peixes asegurados a través de suplementos estarán sometidos ás carencias establecidas na condición sétima, unha vez efectuado o pagamento.

Os riscos cubertos por estes suplementos coincidirán cos da póliza principal.

II) Suplementos por alta de novas explotacións na mesma declaración de seguro:

Prevese a posibilidade de incluír na póliza dun asegurado as novas explotacións que puidese adquirir ao longo da vixencia da póliza, baixo a figura do suplemento. Para iso, procedería como se indica na condición especial 6ª, en canto á solicitude do seguro e entrada en vigor, e pagaría como no caso dos suplementos do apartado I) a prima polo período correspondente desde a súa entrada en vigor ata o vencemento da póliza.

DÉCIMO QUINTA. COMUNICACIÓN DE DANOS

Todo sinistro deberalle ser comunicado polo tomador do seguro, o asegurado ou o beneficiario ao departamento de sinistros de AGROSEGURO, no seu domicilio social, C/ Gobelas, 23, 28023 Madrid, fax núm. 918 37 32 33, no prazo de 24 horas desde o seu coñecemento.

LIÑA 088/2013 – Páx. 16 de 30

A declaración de sinistro conterá os datos identificativos da póliza, un teléfono de contacto e mais a data e causas do sinistro.

No caso de incumprimento, AGROSEGURO poderá reclamar os danos e perdas causados pola falta de declaración (que deducirá da indemnización resultante), a non ser que tivese coñecemento do sinistro por outro medio.

DÉCIMO SEXTA. MOSTRAS TESTEMUÑAIS

Acontecido un sinistro e se existisen restos de peixes, o asegurado deberá conservar mostras representativas dos peixes en condicións apropiadas de conservación para a súa análise por parte de AGROSEGURO.

No caso de enfermidades e contaminación, o asegurado deberá enviar mostras dos peixes sinistrados o antes posible ao laboratorio que teña concertado, para que se realicen as análises pertinentes.

No caso de inundación, non se poderán comezar os labores de limpeza das instalacións ata que se presente na explotación o técnico designado por AGROSEGURO para realizar a peritaxe, a excepción daquelas imprescindibles para o mantemento dos peixes con vida.

O incumprimento de deixar mostras testemuñais das características indicadas suporá a perda do dereito á indemnización.

DÉCIMO SÉTIMA. SINISTRO MÍNIMO INDEMNIZABLE (SMI)

Un sinistro garantido é indemnizable cando alcanza os valores que, en función do sistema contratado e opción, se indican nesta condición especial.

Os sinistros, no que respecta á determinación de se alcanzan o SMI, non son acumulables. Non obstante:

Os que durante 72 horas ocasionen as variacións excepcionais de temperatura, o descenso brusco da salinidade por chuvia torrencial e o vento furacanado consideraranse un único sinistro.

Igualmente, os danos debidos a enfermidade ou contaminación que se produzan durante 60 días consecutivos serán considerados un único sinistro.

Sistema 1 - OPCIÓNS A, B, C e D

Un sinistro garantido é indemnizable cando as perdas superan os 400.000 € por explotación ou cando o valor das perdas supera —segundo o tipo de explotación— as seguintes porcentaxes sobre o valor da produción real antes do sinistro (PREAS) desa mesma explotación.

LIÑA 088/2013 – Páx. 17 de 30

Tipo 1. Viveiros:

Os viveiros que individualmente tivesen perdas inferiores ou iguais ao 25 % da súa produción considéranse sen danos para estes efectos (do cálculo da indemnización, SMI e franquía).

Riscos:

Marea negra: ............................................................................................................ 30 % Contaminación química e biolóxica: ....................................................................... 10 % Enfermidades: .......................................................................................................... 20 % Resto de riscos (segundo o núm. de trens de fondeadura das unidades de produción) * Ata dous trens de fondeadura: .............................................................................. 20 % * Máis de dous trens de fondeadura: ....................................................................... 15 %

Tipo 2. Tanques:

Riscos:

Marea negra: ............................................................................................................ 30 % Contaminación química e biolóxica: ....................................................................... 10 %

Enfermidades: ............................................................................................. 25 % Resto de riscos (segundo o núm. de unidades de produción): * Ata 12: ................................................................................................................. 10 % * De 13 a 24:............................................................................................................. 8 % * Con 25 ou máis: ..................................................................................................... 6 %

Tipo 3. Esteiros: Riscos:

Marea negra:.................................................................................................................... 30 % Contaminación química e biolóxica: ............................................................................... 10 % Enfermidades:.................................................................................................................. 25 % Resto de riscos (segundo o núm. de unidades de produción):

* Ata 12:............................................................................................................. 10 % * De 13 a 24: ........................................................................................................ 8 % * Con 25 ou máis: ................................................................................................ 6 %

Tipo 4. Hatchery-nursery (mínimo indemnizable aplicado por separado a reprodutores, alevíns de ata 4,9 g e aos iguais ou superiores a 5 g):

RISCOS:

Marea negra:.................................................................................................................... 30 % Enfermidades:.................................................................................................................. 25 % Resto de riscos: ............................................................................................................... 10 %

LIÑA 088/2013 – Páx. 18 de 30

Sistema 1 - OPCIÓNS I, J, K e L

Para todos os tipos de explotación e para todos os riscos, un sinistro garantido é indemnizable cando as perdas superan os 800.000 € por explotación, ou cando o valor das perdas supera o 30 % sobre o valor da produción real antes do sinistro (PREAS) desa mesma explotación.

Os viveiros que individualmente tivesen perdas inferiores ou iguais ao 25 % da súa produción considéranse sen danos para estes efectos (do cálculo da indemnización, SMI e franquía).

Sistema 2 (só aplicable a viveiros)

Un sinistro garantido é indemnizable cando o valor das perdas de cada viveiro é superior ás seguintes porcentaxes sobre o valor da PREAS dese mesmo viveiro:

Tipo 1. Viveiros Riscos:

Temporal e impacto de embarcacións e elementos á deriva:……………………………..50 %

Resto de riscos: ............................................................................................................... 25 %

DÉCIMO OITAVA. FRANQUÍA

O seu importe é o resultado de aplicar a porcentaxe que se indica a continuación ao valor da PREAS, atendendo ao tipo de explotación, opción e risco de que se trate.

Nos supostos de gastos pola eliminación de residuos (entre os que non se inclúen os peixes mortos) por un sinistro indemnizable ou pola prevención de perdas de existencias, aplícase unha franquía a eses gastos de 2.000 €. Os gastos, en todo caso, deben acreditarse mediante factura.

Sistema 1 - OPCIÓNS A, B, C e D

Será o resultado de aplicar, segundo o tipo de explotación e risco, os valores seguintes sobre o valor da PREAS da explotación.

Non obstante, a franquía máxima por explotación e sinistro será de 250.000 €.

Tipo 1. Viveiros: Riscos:

Marea negra e contaminación química e biolóxica: ........................................................ 10 % Enfermidades:.................................................................................................................. 20 %

Resto de riscos (segundo o núm. de trens de fondeadura das unidades de produción) * Ata dous trens de fondeadura:........................................................................... 20% * Máis de dous trens de fondeadura:................................................................... 15 %

LIÑA 088/2013 – Páx. 19 de 30

Tipo 2. Tanques:

Riscos:

Marea negra e contaminación química e biolóxica: ........................................................ 10 % Enfermidades:.................................................................................................................. 25 % Resto de riscos (segundo o núm. de unidades de produción):

* Ata 12: ................................................................................................................... 10 % * De 13 a 24: .............................................................................................................. 8 % * Con 25 ou máis:....................................................................................................... 6 %

Tipo 3. Esteiros:

Riscos:

Marea negra e contaminación química e biolóxica: ........................................................ 10 % Enfermidades:.................................................................................................................. 25 % Resto de riscos (segundo o núm. de unidades de produción):

* Ata 12:............................................................................................................. 10 % * De 13 a 24: ........................................................................................................ 8 % * Con 25 ou máis: ................................................................................................ 6 %

Tipo 4. Hatchery-nursery (franquía aplicada por separado a reprodutores, alevíns de ata 4,9 g e aos de 5 g ou máis):

Riscos:

Marea negra e contaminación química e biolóxica: ........................................................ 10 % Enfermidades:.................................................................................................................. 25 % Resto de riscos: ............................................................................................................... 10 %

Sistema 1 - OPCIÓNS I, J, K e L

Será o resultado de aplicar, para todos os tipos de explotación e riscos, un 30 % sobre o valor da PREAS da explotación.

Non obstante, a franquía máxima por explotación será de 800.000 €. Sistema 2 (só aplicable a viveiros) Aplícanse as seguintes porcentaxes ao valor da PREAS de cada viveiro en función dos riscos. A franquía máxima é do 30 % do valor da PREAS da explotación. Tipo 1. Viveiros

Riscos:

Temporal e impacto de embarcacións e elementos á deriva:............................................50 %

Resto de riscos: ............................................................................................................... 20 %

LIÑA 088/2013 – Páx. 20 de 30

DÉCIMO NOVENA. INSPECCIÓN DE DANOS

Unha vez comunicado o sinistro, o perito designado por AGROSEGURO deberá presentarse no lugar dos danos para realizar a inspección no prazo de sete días, contados desde a recepción por AGROSEGURO da comunicación.

Para estes efectos, AGROSEGURO comunicaralle ao asegurado, ao tomador do seguro ou á persoa designada para o efecto na declaración de sinistro a realización da visita cunha antelación de polo menos 24 horas, salvo acordo de levala a cabo nun prazo menor.

Cando as circunstancias excepcionais así o requiran, AGROSEGURO poderá solicitar e obter, de ser o caso, a autorización conxunta de ENESA e da Dirección Xeral de Seguros e Fondos de Pensións para ampliar o anterior prazo.

VIXÉSIMA. CÁLCULO DA INDEMNIZACIÓN

Para ambos os sistemas:

Enténdese como produción base a menor entre a PREAS, a produción máxima asegurable e a produción declarada.

Determínase a PREAS a partir da información contida nos libros de control diario das existencias da explotación e de calquera outra información que o perito entenda como relevante.

A produción declarada obtense da información mensual de existencias enviada a AGROSEGURO, e recolle calquera posible variación experimentada desde a última notificación ata a data do sinistro. De carecer da referida información mensual acódese aos datos do PPAC ou a calquera outro que resulte relevante.

A produción máxima asegurable vén expresada en función das densidades máximas por unidade de produción, segundo o indicado na condición especial décima.

En ambos os sistemas, os valores unitarios aplicables para os cálculos son os contratados na póliza.

O procedemento que se debe seguir é o seguinte:

Sistema 1 (aplicable a calquera tipo de explotación. Mínimo indemnizable e franquía por explotación)

a) Determínase o valor das perdas da explotación. Nas explotacións de viveiros considérase que os viveiros que individualmente tivesen perdas iguais ou inferiores ao 25 % non teñen danos.

b) Cuantifícase o valor da PREAS da explotación.

LIÑA 088/2013 – Páx. 21 de 30

c) A partir da relación do valor das perdas respecto do valor da PREAS fíxase a porcentaxe de danos.

d) Calcúlase a franquía como se indica na condición especial décimo oitava. A franquía que se aplicará nas opcións A, B, C e D non pode superar 250.000 €; nas opcións I, J, K e L, 800.000 €.

e) Se a franquía é inferior a 250.000 € nas opcións A, B, C e D, ou inferior a 800.000 € nas opcións I, J, K e L, a indemnización será o resultado de aplicar a porcentaxe de danos menos a porcentaxe da franquía ao valor da produción base. No caso contrario, a indemnización será o resultado de deducir 250.000 € ou 800.000 € −segundo as opcións de que se trate− ao resultado de aplicar a porcentaxe de danos ao valor da produción base.

* Sistema 2 (aplicable soamente ás explotacións de tipo 1. Mínimo indemnizable e franquía por viveiro)

a) Determínase o valor das perdas de cada viveiro. Considérase para estes efectos que os viveiros que individualmente tivesen perdas iguais ou inferiores ao 25 % non teñen danos.

b) Cuantifícanse o valores da PREAS de cada viveiro e de toda a explotación.

c) A partir da relación do valor das perdas respecto do valor da PREAS de cada viveiro fíxase a porcentaxe de danos.

d) Calcúlase a franquía por viveiro como se indica na condición especial décimo oitava. A suma dos valores da franquía de cada viveiro compárase co 30 % da PREAS da explotación, o que pode resultar no seguinte:

Que o valor resultante sexa igual ou superior ao 30 % da PREAS da explotación, caso no que a franquía aplicable será o 30 % da PREAS da explotación. A indemnización resultará da suma de cada porcentaxe de danos de cada viveiro pola súa produción base á que se restará finalmente o 30 % do valor da produción base da explotación.

Que o valor resultante sexa inferior ao 30 % da PREAS da explotación, caso no que a franquía aplicable será a franquía individual de cada viveiro. As indemnizacións de cada viveiro obtéñense aplicando a porcentaxe de danos menos a de franquía á súa produción base.

* Para os dous sistemas de aseguramento, o risco de temporal en viveiros, para calquera das opcións aseguradas, de non alcanzarse o estado de mar de vento nivel 6 ou superior segundo a escala Douglas (“mareira”), en caso de alcanzarse nivel 5, compensarase o sinistro cun 70 % da indemnización calculada segundo o procedemento descrito.

LIÑA 088/2013 – Páx. 22 de 30

VIXÉSIMO PRIMEIRA. CLASES DE CULTIVO

Para os efectos do establecido no artigo cuarto do Regulamento para aplicación da Lei 87/1978, de seguros agrarios combinados, considéranse clases distintas cada un dos tipos de establecementos de cultivos mariños, como se detalla na condición especial primeira.

En consecuencia, nunha mesma póliza deberán incluírse todas as producións asegurables en instalacións do mesmo tipo que posúa o acuicultor no ámbito de aplicación deste seguro.

O incumprimento desta obriga, salvo casos debidamente xustificados, dará lugar á perda do dereito á indemnización.

VIXÉSIMO SEGUNDA. REQUISITOS PARA O ASEGURAMENTO

De carácter xeral:

- Ter un primeiro ciclo de venda cumprido, xustificado documentalmente; no seu defecto, AGROSEGURO poderá aceptar o aseguramento atendendo á experiencia do persoal técnico e asesor da planta, ademais da idoneidade do proxecto.

- Cubrir debidamente os libros de control da explotación, tal como se indica no apartado c) da condición especial oitava.

Segundo o tipo de explotación:

* Tipo 1. Viveiros

- A profundidade mínima do fondo mariño baixo as gaiolas debe ser de 20 m en baixamar.

- A distancia mínima debaixo da rede ao fondo mariño será de 10 m, aínda que excepcionalmente segundo o tipo de fondo, poderán aceptarse menores distancias en función do resultado da inspección técnica prevista na condición especial 6ª.

- A profundidade da rede, medida desde a superficie da auga ata o vértice do cope, poderá ser como máximo a que aparece a continuación:

- Viveiros de ata 16 m de diámetro: 13 m

- Viveiros de máis de 16 e ata 19 m de diámetro: 15 m

- Viveiros de máis de 19 m de diámetro: 20 m

- No caso particular de viveiros de ollomol nas rías galegas, a profundidade mínima será de 14 m, cunha distancia mínima baixo a rede ata o fondo mariño de 6 m.

LIÑA 088/2013 – Páx. 23 de 30

Dispor de:

- Redes homologadas ou deseñadas por empresas con experiencia no sector.

- Balizamento correcto da instalación.

- Mergulladores contratados para o mantemento e revisión diaria das redes, salvo causa de forza maior.

- Embarcacións axeitadas para os labores propios da actividade.

- Vixilancia diúrna.

* Tipo 2. Tanques/Tipo 4. Hatchery-nursery:

Dispor de:

- Xerador de corrente de reposto e equipos auxiliares de bombeo en perfectas condicións de uso, con capacidade suficiente para suplir os principais, para manter a combinación de caudal de auga e osíxeno necesarios en caso de avaría.

- Contrato con empresas ou persoal especializado para o mantemento de instalacións e maquinaria.

- Aparatos necesarios para a medición dos diferentes parámetros da auga de cada unidade de produción (termómetros, condutímetros e medidores de osíxeno, salinidade e pH).

- Depósito de osíxeno líquido ou xerador de osíxeno con suficiente capacidade para atender de forma axeitada as necesidades da explotación.

- Alarmas ópticas e acústicas que alerten de avarías nas redes de distribución.

- Protocolo de actuación fronte a avarías.

- Sistema de extinción de incendios.

- Vixilancia continuada 24 horas.

- Filtro biolóxico apropiado en instalacións con recirculación de auga.

LIÑA 088/2013 – Páx. 24 de 30

* Tipo 3 Esteiros:

Dispor de:

- Xerador de corrente de reposto e equipos auxiliares de bombeo en perfectas condicións de uso, con capacidade suficiente para suplir os principais, para manter a combinación de caudal de auga e osíxeno necesarios en caso de avaría.

- Contrato con empresas ou persoal especializado para o mantemento de instalacións e maquinaria (incluída a limpeza das mallas, revisión do estado de comportas, muros, etc.).

- Aireadores (axitadores de pas) para densidades entre 2 e 3 kg/m3.

- Osixenadores con suficiente capacidade para atender de forma axeitada as necesidades da explotación para densidades entre 3 e 5 kg/m3.

- Aparatos necesarios para a medición dos diferentes parámetros da auga de cada unidade de produción (termómetros, condutímetros e medidores de osíxeno, salinidade e pH).

- Protocolo de actuación fronte a avarías.

- Sistema de extinción de incendios.

- Vixilancia continuada 24 horas.

Poderá darse cabida ao aseguramento de novos tipos de produción que terán que cumprir uns requisitos para o aseguramento específicos e determinados que se valorarán na inspección previa ao aseguramento.

Se nun determinado momento do período de garantía do seguro e como consecuencia dunha inspección se constatase o incumprimento dalgún dos requisitos sinalados, suspenderanse preventivamente todas as garantías ata que se resolvan as anomalías observadas.

De igual forma, e no caso de notificación previa a AGROSEGURO, poderán suspenderse as garantías temporalmente para aqueles riscos onde o incumprimento supoña un agravamento destes.

LIÑA 088/2013 – Páx. 25 de 30

VIXÉSIMO TERCEIRA. CONDICIÓNS TÉCNICAS MÍNIMAS DE MANEXO

De carácter xeral:

- Asegurar un mantemento correcto de instalacións e equipos, segundo as normas do fabricante ou subministrador e as condicións de explotación. Efectuar con dilixencia as reparacións necesarias.

- Retirar periodicamente os peixes mortos.

- Manter a densidade das existencias sen superar o máximo admisible reflectido na condición especial décima.

Segundo o tipo de explotación:

* Tipo 1. Viveiros:

- Revisión periódica de todos os compoñentes da instalación, segundo o plan de mantemento previamente establecido, que garanta un correcto estado destes.

- Tensado adecuado da armazón da instalación.

- As redes deberán manter ao longo do período de garantías a seguinte resistencia mínima á tracción:

Malla de ata 10 mm: 26 kg Malla de máis de 10 mm e ata 30 mm: 30 kg Malla de máis de 30 mm e ata 40 mm: 45 kg Malla de máis de 40 mm: 60 kg

Os viveiros cuxas redes incumpran esta condición perderán o dereito a indemnización en caso de sinistro.

* Tipo 2. Tanques/Tipo 4. Hatchery-nursery:

- O caudal de auga mínimo en cada unha das unidades de produción será aquel que permita o normal desenvolvemento das especies cultivadas.

- Axeitado baleiro sanitario das instalacións.

- Limpeza periódica de fondos.

- Desinfeccións e limpezas apropiadas de tanques e tubaxes.

- Mantemento adecuado nos puntos de admisión e emisión de auga.

LIÑA 088/2013 – Páx. 26 de 30

* Tipo 3. Esteiros:

- Baleirado, secado e acondicionamento de fondos de forma periódica.

- Fluxo de auga adecuado ás densidades de cultivo segundo o tamaño dos peixes, época do ano e hora do día.

- Mantemento adecuado da captación e emisión de auga.

Se nun determinado momento do período de garantía do seguro e como consecuencia dunha inspección se constatase incumprimento dalgunha destas condicións mínimas de manexo, suspenderanse cautelarmente todas as garantías en parte ou no total da explotación ata que se solucionen as anomalías observadas.

No caso de deficiencia no cumprimento das condicións mínimas de manexo, AGROSEGURO poderá reducir a indemnización en proporción á importancia dos danos dela derivados e ao grao de culpa do asegurado.

VIXÉSIMO CUARTA. GARANTÍA ADICIONAL DE ENFERMIDADES

Son obxecto desta garantía as enfermidades relacionadas no cadro 2, sempre e cando exista un pacto expreso entre o tomador, ou asegurado, e AGROSEGURO.

Ademais das enfermidades recollidas no cadro, estarán garantidas aquelas de nova aparición no ámbito de aplicación do seguro para as que se descoñeza a existencia de tratamento eficaz.

Nas explotacións en cuxas proximidades existan focos de infección ou contaminación permanentes, e mais naquelas instaladas en zonas con enfermidades sen erradicar, AGROSEGURO poderá excluír determinadas enfermidades desta garantía.

Cadro 2. Enfermidades garantidas

Tipo de enfermidades Enfermidade Especies cubertas

Bacterianas

Pasteurelose (1) Micobacteriose Infeccións por Tenacibaculum (1) Vibriose (Listonella anguillarum)(1)

Edwardsielose Streptococcus parauberis(1)

Dourada, robaliza, rodaballo e corvina

LIÑA 088/2013 – Páx. 27 de 30

Tipo de enfermidades Enfermidade Especies cubertas

Amebíase (Neoparamoeba perurans) Rodaballo

Ciliado Philasterides (uronema) Rodaballo

Endoparasitose e parasitacións da mucosa intestinal a causa de:

- Mixosporidios - Microsporidios

Dourada, robaliza, rodaballo e corvina

Parasitarias

Protozoos: Cryptocaryon, Amyloodinium Dourada, robaliza e corvina

Víricas Todas Dourada, robaliza, rodaballo e corvina

(1) Enfermidades garantidas cando, logo de aplicar a vacinación pertinente, esta non resultase eficaz.

* Requisitos de aseguramento:

- Ter laboratorio propio equipado convenientemente, ou ben contrato de servizo de laboratorio durante o período de garantía. Os laboratorios propios ou privados estarán recoñecidos pola autoridade competente da comunidade autónoma segundo o establecido no artigo 30 da Lei 8/2003, do 24 de abril, de sanidade animal.

- Dispoñer de persoal propio coa titulación de licenciado en Veterinaria ou ben ter o correspondente contrato de servizos.

- Posuír o certificado sanitario en todas as compras de ovos ou alevíns, que garanta o seu perfecto estado sanitario no día da entrega. Todo isto segundo a normativa relativa ás condicións de policía sanitaria aplicables á posta no mercado de produtos da acuicultura.

- AGROSEGURO requiriralle ao tomador, ou asegurado, que solicite a cobertura de enfermidades que achegue o historial de perdas sufridas por enfermidade.

Se durante a vixencia do contrato, e como consecuencia dunha inspección de AGROSEGURO á explotación, se comprobase incumprimento dos requisitos de aseguramento para esta garantía adicional, suspenderase esta garantía ata que se solucionen as deficiencias observadas.

* Condicións técnicas mínimas de manexo:

- Desinfección periódica dos tanques e dos canos, que aseguren a profilaxe necesaria na instalación.

- En viveiros procederase á limpeza e desinfección periódica das redes e estruturas, así como á eliminación de fixacións bióticas nelas.

LIÑA 088/2013 – Páx. 28 de 30

- Aplicación de vacinas e desinfectantes de carácter preventivo, así como o emprego de fármacos cando se estime necesario.

A autorización oficial e a posta no mercado dunha vacina licenciada ou fármaco contrastado e indicado para as enfermidades cubertas esixirá a súa aplicación no momento oportuno.

- Manexar adecuadamente a produción, diminuíndo no posible as causas que poidan provocarlles estrés aos peixes, tales como altas densidades, traslados innecesarios ou recirculación escasa da auga.

- Administrar, sempre que sexa posible e procedente, os tratamentos antiestrés e baños preventivos contra enfermidades.

- Retirada diaria dos peixes mortos ou que presenten síntomas de enfermidade.

- Eliminación dos peixes mortos conforme a normativa vixente.

- Cumprir as normas legais de carácter sanitario establecidas pola Administración para as explotacións de acuicultura mariña.

No caso de non aplicación ou deficiencia no cumprimento das condicións técnicas mínimas de manexo, AGROSEGURO reducirá a indemnización en proporción á importancia dos danos derivados da deficiencia e do grao de culpa do asegurado.

* Sinistro e o seu tratamento

O sinistro comunicarase de acordo co previsto na condición especial décimo quinta.

Despois de acontecer o sinistro, o asegurado estará obrigado a observar as medidas profilácticas necesarias para evitar a súa repetición o agravamento.

Se existise discrepancia no diagnóstico da enfermidade, tomaranse, de mutuo acordo entre as partes, mostras representativas dos peixes, identificadas e seladas, para a súa análise nun laboratorio oficial. Os custos que deriven desas análises serán asumidos a partes iguais entre o asegurado e AGROSEGURO.

Se AGROSEGURO, ou o perito que designe, comprobase posteriormente que non se aplicaron as medidas correctoras oportunas, suspenderase a garantía ata que as deficiencias sexan corrixidas.

LIÑA 088/2013 – Páx. 29 de 30

VIXÉSIMO QUINTA. PROTECCIÓN DE DATOS DE CARÁCTER PERSOAL

De acordo co disposto na letra c) do apartado 2 do artigo 11 da Lei orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal, a subscrición deste seguro implica o consentimento do asegurado para que:

1. ENESA acceda á información necesaria contida na base de datos do Sistema Integral de Trazabilidade Animal (SITRAN) para o cumprimento das funcións de verificación que ten atribuídas no marco deste seguro.

2. A Administración xeral do Estado autorice a AGROSEGURO o acceso á información necesaria contida na base de datos do Sistema integral de rastrexabilidade animal (cuxa sigla en castelán é SITRAN) para a valoración dos animais e da explotación asegurada, así como para o cumprimento das funcións de verificación que ten atribuídas no marco dos seguros agrarios combinados.

3. AGROSEGURO envíe a ENESA aquela información de carácter zoosanitario que lle sexa requirida para facilitar o cumprimento das tarefas encomendadas ao Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente, tanto en relación co control do desenvolvemento e aplicación do Plan de seguros agrarios como no que respecta á sanidade animal.

4. No marco do seguimento do resultado deste seguro, se AGROSEGURO detectase aumentos das mortalidades en taxas desproporcionadas en relación co censo ou capacidade declarada, ou sinistros masivos ou outras magnitudes que fagan sospeitar de enfermidade de declaración obrigatoria segundo o artigo 5 da Lei 8/2003, do 24 de abril, de sanidade animal, informará inmediatamente a ENESA para a súa comunicación á autoridade competente.

VIXÉSIMO SEXTA. BONIFICACIÓNS E RECARGAS

A aplicación de bonificacións ou recargas á prima dependerá de tres factores:

- A serie histórica completa de sinistralidade do asegurado, medida a través da ratio: Indemnización/Prima comercial neta (Ind/Pc neta).

- O número de anos con contrato, así como a contratación ou non no plan anterior.

- Existencia ou non de sinistros no contrato precedente.

A súa contía determinarase polo cadro 3.

LIÑA 088/2013 – Páx. 30 de 30

Cadro 3 de bonificacións ou recargas

Con 1 ano de contratación

Con 2, 3 ou 4 anos de contratación

Con 5 ou máis anos de contratación

SINISTRO ÚLTIMO ANO

Ratio de sinistralidade acumulada:

IND/PC NETA NON SI NON SI NON SI

Ratio < 30 -5 0 -20 -15 -40 -35 30 <= Ratio < 50 - 0 -10 0 -20 -15 50 <= Ratio < 65 - 0 -5 0 -10 0 65 <= Ratio < 125 - 0 0 0 0 0

125 <= Ratio < 150 - 0 0 0 10 15

150 <= Ratio < 175 - 0 10 15 15 20

175 <= Ratio < 230 - 0 15 20 20 25

230 <= Ratio < 300 - 0 25 30 30 35

Ratio >= 300 - 0 35 40 40 50

Os números negativos correspóndense coas bonificacións e os positivos, coas recargas.

* A ratio: Ind/Pc neta é o resultado das indemnizacións cobradas con respecto ás primas comerciais netas pagadas (deducidas as bonificacións e incrementadas coas recargas), e calcularase con base nas primas e indemnizacións establecidas na data de dez días antes do vencemento do último contrato, tendo en conta o importe dos sinistros pendentes de liquidación ou o pagamento nese momento.

Todo isto coas seguintes particularidades:

- Non son de aplicación bonificacións aos asegurados que non contratasen no exercicio anterior.

- Para os asegurados con varias explotacións incluídas na súa declaración de seguro, axustarase a aplicación de bonificacións ou recargas ás explotacións efectivamente incluídas na póliza, e consideraranse as indemnizacións e primas correspondentes a estas na súa serie histórica.

- No caso de tratarse de empresas pertencentes a un mesmo grupo de produción, con diferentes NIF, se os produtores o desexan, poderán elixir que se aplique de maneira conxunta a todas as explotacións do grupo a mesma bonificación ou recarga, e manterase este criterio a partir dese momento.

- Transcorridos 3 anos de contratación sen declarar sinistro, o asegurado ao que lle correspondese “recarga” pasará a condición “sen recarga”, e comezará a súa serie histórica de sinistralidade a estes efectos a partir dese momento.

CE: 064/2013