Con F de Fina

68

description

Traballo realizado polo alumnado con obras desta autora

Transcript of Con F de Fina

Page 1: Con F de Fina
Page 2: Con F de Fina

Ola! Como sabedes, chámome TRASLÍ e son o trasno dos libros. Nacín en ALFABETOLANDIA, onde tódolos habitantes temos forma de letra e por iso encántanos enredar con elas nas páxinas do diccionario, xogar a crear palabras novas e inventar todo tipo de historias.. Este curso divertímonos recitando o abecedario con F de FINA CASALDERREY. Cada un de nós coñece unha versión diferente.. A min gústame tanto o que escribe que, unha tarde, cerrei con forza os ollos e, pensando nela e os seus libros, inventei este poema. Agardo que vos guste.

Aloumiño. Bico. Cantiga. Docente. Estrela. Feitizo. Gatiños. Humor. Idealismo. Lúa. Misterio. Naiciña. soÑos. Oasis. Poesía nos beizos , na pel. Quitapenas. Raiola. Serea. Tenrura. Utopía. Verba. Xílgaro. Zafiro: FINA CASALDERREY. Traslí

Page 3: Con F de Fina

(Celanova, 1851 - A Habana, 1908 ) Poeta, autor de “Aires da miña terra”. Figura sobranceira do Rexurdimento galego. Fundou e dirixiu o xornal “La tierra gallega”.

(Xeve-Pontevedra, 1951) Mestra e escritora, afincada en Lérez. Escribiu “O misterio dos fillos de Lúa”, “A lagoa das nenas mudas”, “Isha, nacida do corazón “,“A filla das ondas”… Recibiu numerosos premios literarios.

(Ourense 1903-Pontevedra 1936) Político: foi un dos creadores do Partido Galeguista. Participou na redacción do Estatuto de Autonomía de Galicia. Durante a Guerra Civil, foi detido polo bando franquista, condenado a morte e fusilado.

Page 4: Con F de Fina

(Pontevedra 1858-1935). Foi farmacéutico e propietario da botica da Peregrina, punto de reunión de numerosas persoas que participaban en tertulias literarias e musicais. Alí estaba tamén o famoso loro Ravachol. Á marxe do seu labor profesional entretíñase tocando a gaita, preocupándose ademais por recuperar o folclore musical galego.

Señor da vila mariñeira de Rianxo. Almirante da mar nomeado polo propio rei de León e Castela. Sabemos que morreu en 1295 e que foi tamén un destacado poeta. Consérvanse varias das súas cantigas de amor ao gusto daquela época.

(Vigo , 1824- Pontevedra, 1869) Mariño de guerra . Foi o capitán da flota española e distinguiuse polo seu valor e acerto nalgunhas accións de combate, como a realizada contra os piratas en augas filipinas en 1855.

(Pontevedra ,1877-1955 ) Xornalista e escritor. O seu pai Andrés Landín foi o fundador do xornal Diario de Pontevedra en 1887.

Violinista pontevedrés (1892-1961) ,foi un dos personaxes de maior repercusión nacional e mesmo internacional que deu a Boa Vila. Á súa faceta como intérprete e compositor musical hai que engadir a habilidade como pintor e caricaturista.

Page 5: Con F de Fina

(Redondela 1848, Pontevedra 1937) Folclorista e investigador. Foi o primeiro Director do Museo de Pontevedra.

(Rianxo 1886-Bos Aires 1950) Debuxante, escritor e político. Destacado ilustrador e defensor do galeguismo. Con outros escritores fundou a revista Nós, arredor da cal brotou a vida política e cultural de Galicia. Foi membro da Real Academia Galega e deputado na 2ª República. Escribiu, entre outras ,“Sempre en Galicia” e “Os vellos non deben namorarse”.

Un dos mellores arqueiros gregos. Segundo di a lenda, arribou ás costas galegas, fundando unha colonia a que chamou Helenes (a actual Pontevedra).

(Vilanova de Arousa 1866- Santiago de Compostela, 1936) Escritor. Destacou ,sobre todo, como dramaturgo . Foi o autor da técnica do esperpento no teatro. A súa obra máis famosa é “Luces de Bohemia”.

Page 6: Con F de Fina

PALABRAS POMBA

Page 7: Con F de Fina

O meteorito que caeu no bosque

Era unha tranquila tarde de verán. O bosque durmía e facía moita calor. Cada bicho

buscaba o fresco onde podía. As formigas recolleitaban a comida para o inverno mentres as

bolboretas voaban tranquilamente entre as flores e as arañas estaban rematando unhas

mantas que lles encargaran. Os caracois paseaban moi ledos por enriba das pedras e das

plantas do campo e os saltóns brincaban pola herba de folla en folla.

De pronto pareceulles que o sol caía enriba das súas casas. Sentiuse un gran golpe e o

chan tremeu. O ceo quedou escuro, encheuse de fume e todos saíron correndo cara o lugar

onde pensaban que caera o sol.

Ao chegar viron un gran burato e unha gran bóla de lume que comezaba a estenderse polo

bosque. Os animais, asustados, tentaron idear un plan para apagar o lume.

As bolboretas, as abellas e as moscas saíron voando a coller auga cunhas flores de

dedaleira. Os escaravellos, mentres tanto, botaban terra por riba do lume para intentar

apagalo.Os caracois cercaron o lume mollando a terra coas súas babas e así, entre todos ,

pouquiño a pouco, foron apagando o lume.

Cando remataron , reuníronse de novo para ver que ían facer con aquel enorme burato

que fixera o sol.

O cempés e a xoaniña pensaron que sería unha boa idea enchelo de auga e facer unha

piscina para pasar frescos o verán.Todos estiveron de acordo e así, o bosque volveu ser coma

antes , pero un pouco máis fresquiño.

5ºc

Page 8: Con F de Fina
Page 9: Con F de Fina

A ti ,FINA, regalareiche, tódolos días, moitísimos bicos de prata coma a lúa: máxicos, agarimosos; deliciosos coma o chocolate; toliños,tenros coma paxaros; carameleiros,que arrecenden A ti ,FINA, regalareiche, tódolos días, moitísimos bicos de prata coma a lúa: máxicos, agarimosos; deliciosos coma o chocolate; toliños,tenros coma paxaros; carameleiros, que arrecenden a menta, A ti ,FINA, regalareiche, tódolos días, moitísimos bicos de prata: coma a lúa: máxicos, agarimosos; deliciosos coma o chocolate; toliños,tenros coma paxaros; carameleiros, que arrecenden a menta, que saben A ti ,FINA, regalareiche, tódolos días, moitísimos bicos de prata: coma a lúa máxicos, agarimosos; deliciosos coma o chocolate; toliños,tenros coma paxaros; carameleiros, que arrecenden a menta, que saben a mel. A ti ,FINA, regalareiche, tódolos días, moitísimos bicos de prata: coma a lúa: máxicos, agarimosos; deliciosos coma o chocolate; toliños,tenros coma paxaros; carameleiros, que arrecenden a menta, que saben a mel. Moitísimos, A ti ,FINA, regalareiche, tódolos días, moitísimos bicos de prata: coma a lúa: máxicos, agarimosos; deliciosos coma o chocolate; toliños,tenros coma paxaros; carameleiros, que arrecenden a menta, que saben a mel. Moitísimos,porque me fas feliz A ti ,FINA, regalareiche, tódolos días, moitísimos bicos de prata: coma a lúa: máxicos, agarimosos; deliciosos coma o chocolate; toliños,tenros coma paxaros; carameleiros, que arrecenden a menta, que saben a mel. Moitísimos,porque me fas feliz sempre, A ti ,FINA, regalareiche, tódolos días, moitísimos bicos de prata: coma a lúa: máxicos, agarimosos; deliciosos coma o chocolate; toliños,tenros coma paxaros; carameleiros, que arrecenden a menta, que saben a mel. Moitísimos,porque me fas feliz sempre, sempre, A ti ,FINA, regalareiche, tódolos días, moitísimos bicos de prata: coma a lúa: máxicos, agarimosos; deliciosos coma o chocolate; toliños,tenros coma paxaros; carameleiros, que arrecenden a menta, que saben a mel. MOITÍSIMOS, PORQUE ME FAS FELIZ SEMPRE, SEMPRE, SEMPRE. 1ºA

Page 10: Con F de Fina

Marga Barros

Page 11: Con F de Fina

CAMPAÑA PRO DEFENSA DOS ANIMAIS

Andrea Otero, Daiana Vales, Verónica Souto, Anaís Rodríguez

Page 12: Con F de Fina

Azucena Portela, Paula Pimentel, Roberto Solla , Sofía Regandi

6ºC

Iván Vázquez, Alberto Vilas, Brian Ramírez

Page 13: Con F de Fina

- Puag, que noxo, que che dá noxo ? Dende logo, hai cousas que me dan moito máis noxo ca a caca dun bebé. Por exemplo... a actitude hipócrita da xente realmente poderosa, capaz —se quixese— de arranxar os grandes problemas da fame e da pobreza no mundo. Dáme noxo quen, para sentirse “felizmente rico” precisa saber que seguen a existir os pobres. Vaia... e para que ocultalo... tamén me dá moito noxo ver a un neno comer os seus propios mocos; puag, que noxo!!!

- Cal foi o primeiro libro que escribiches ? A ver... Isto de escribir, igual ca o de namorar, xurde pouco a pouco... O primeiro libro que escribín dunha maneira premeditada e consciente foi A noite dos coroides, que non foi o primeiro que publiquei.

- A que saben os bicos de prata ? A amorodos silvestres, a vainilla, a apertas sinceras cheas de afectos, a perfume de rosas, a vagalume, a axóuxere, a man limpa, a arrolo de auga, a riso de bebé, a conto de avó... Saben a mar de ricos. Non debería haber neno nin nena no mundo que medrase sen experimentar o seu sabor.

- Para Xenxo a raíña negra era a formiga Fara .Quen é para ti a raíña negra? No sentido pexorativo que pode parecer —nun principio— que garda a frase, daríalle ese título á estúpida e absurda señora “violencia”, pero no sentido que ten nese libro que leva o devandito título, daríallo a algo tan pequerrechiño coma unha formiga algo case invisible, mesmo invisible, pero que che fai cóxegas na pel da alma. Por exemplo, por exemplo... a esa bolboreta que sentes danzar na cara inmediatamente despois de recibir a aperta de benvida dunha persoa importante para ti... Quedan, por sorte, moitas Raíñas negras por descubrirmos, por descubrirdes... , pero aproveitando o momento... Vós poderiades, perfectamente, serdes a miña Raíña negra.

- Cando a terra perdeu a memoria, onde estabas ti? Que facías? Alí, con todo o mundo, soprando con forza para facela xirar de novo. Esa é unha historia metafórica na que botei man da fantasía para reivindicar que nas verdades absolutas, na xustiza universal, no reparto máis equitativo da riqueza, deberiamos estar todo o mundo de acordo, camiñar na mesma dirección, soprar xuntos... Vaia se moveriamos o planeta!! En fin..., se perdemos a utopía, perdemos os soños; daquela, para que as pequenas metas?

Page 14: Con F de Fina

- Que desexo lle pedirías ao estanque dos parrulos pobres ?

Pediríalle que non deixe que o sol o seque, que teña sempre auga para que a xente poida seguir botando moedas e formulando desexos.

- Por que ou quen non derramarías dúas bágoas? Debo de ser unha calamidade... Éme difícil responder a esa pregunta así, por que ou quen non...? Quizais por quen ou o que lles provoca bágoas — de tristeza, claro, que tamén as hai de emoción— aos demais, sen merecelo. Imos ver... Se me roubasen a carteira (esta idea débeme vir por levar toda unha vida vivindo en Lérez, na terra —iso din— dos “carteristas”), choraría máis polo roubo da fotografía de alguén querido ca polos cartos; e aínda isto é relativo, pois se fosen aquelas as últimas moedas das que dispuxese para mercarlles pan aos fillos..., seguro que tamén choraría por iso. Resumindo: derramaría dúas bágoas por Máquina, pero tamén pola avoa. Ai, que me estou leando!! - Tiveches algunha vez un día de caca e vaca ? Abondo! Non preciso de máis experiencias nese sentido para saber que non me gustan. De cando en vez hai momentos nos que as cousas non nos saen como quixeramos, son desas espiñas das que mesmo a rosa de Principiño non se librou... - Se Manuel che preguntara “Quen me quere adoptar”, ti que lle contestarías? En principio, igual lle facía como a Ratiña presumida e lle preguntaría que é o que sabe facer, o que pensa compartir... Se segue nas súas e me responde que sabe fabricar a felicidade con pouca cousa, abriríalle a porta e sentaríao á miña mesa.

- Noutra vida, que preferirías ser: unha serea filla das ondas ou Isha, nacida do

corazón? Uf! Ben sei que toda escolla tamén significa outras renuncias... Desexar, desexar... querería ser unha serea nacida do corazón. O mundo dos afectos segue a ter moita importancia para min. Querer aos demais —e merecer que te queiran— leva moito tempo, pero paga a pena. Lembrades cando foi aquilo do terrible “11S”? As mensaxes que quedaron nos móbiles de quen se había de despedir apresuradamente deste mundo non eran do tipo “os cartos están no fondo do bote do azucre” senón de “quérote”... Eu... eu son coma case todo o mundo, sinto non ser máis orixinal.

- Cal dos libros que escribiches che gusta máis? Debería dicirvos que todos igual, que os libros son coma fillos... Pero eu teño fillos!! E os fillos son máis... Quero crer que os últimos están mellor porque sigo aprendendo. De todos os xeitos hai un libro que, por motivos persoais que non veñen a conto eu teño

Page 15: Con F de Fina

nun lugar “aparte”, é O estanque dos parrulos pobres. Esa historia escribina chorando, malia todo, se a le un neno, ri a miúdo; se a le un adulto, é probable que lle arrinque bágoas... Hai uns cuantos libros aos que lles quero “especialmente”: Dúas bágoa por Máquina, Eu son eu, Isha, nacida do corazón, A Pomba e o Degolado , Ás de mosca para Anxo, A lagoa das nenas mudas, Puag, que noxo!, Quen me quere adoptar, Unha pantasma branca, O misterio dos fillos de Lúa... e algún que sairá a final de ano.

- A quen regalarías un saco de estrelas? Neste momento e co corazón na man, daríallo a todo o alumnado e profesorado do Colexio Marcos da Portela. Estiven en máis de 800 centros de ensino e en diferentes momentos, puiden comprobar o esforzo dos mestres e mestras por darme unha bonita acollida, pero en moi contadas ocasións recibín tanto afecto, gocei tanto —a pesar da afonía; mesmo ma “curastes de maneira milagreira ata a tarde, en que de novo non era quen de falar— Canto esforzo pola vosa parte!, que boas mestras!, que bos mestres!, que rapazada deliciosa! Se houbese de poñer unha nota... dan Matrícula de honra nisto? Grazas, milleiros de grazas por a vosa acollida. Por vivir experiencias así, merece a pena darlle algunha “labazada” ás cordas vogais.

- A velliña do saco de estrelas pode ter algo que ver con algún personaxe da túa infancia, por exemplo a Jabalina?

Santo ceo!!! Pero vós seica sodes adiviños? A Jabalina, que en realidade chamábase Adelina e tiña casa grande en Santa María de Xeve —cando non estaba a percorrer o mundo co seu saco ás costas— é un personaxe que me fascina. Moi probablemente estivese no meu subconsciente a facerme chiscadas cando escribín esa historia. Moitas grazas. Podesvir compartir con nós as túas historias sempre que queiras. Grazas?? Grazas a vós por esa mañá de maxia que compartistes comigo. Oxalá non me abandonen as fadas e atope novas historias coas que poder seducirvos... un chisquiño. Unha aperta de vainilla, desas que fan que o vento dea a volta e se converta en brisa fresca con recendo a amizade. De corazón. Fina Casalderrey

Page 16: Con F de Fina

Ir á escola si que che é desgracia –dicía Marta, mentres volvía do colexio na compaña de Laura. Marta pensaba así porque era unha nena pouco traballadora , moi charlatana e inqueda , por iso pasaba a meirande parte do tempo castigada.

-Eu non estou dacordo , Marta – contestoulle Laura - o que pasa é que deberías traballar máis.

–Xa , pero non me gusta estudar , prefiro ir ao parque cos meus amigos.

-Pero se te organizas , xa verás como tes tempo para todo. Se non estudas agora ,vas ter que estudar no verán , mentres os demais estámolo pasando de medo na piscina ou na praia.

-Xa , pero... -Veña ,esfórzate un pouco, Marta. Se queres ,estudo eu contigo e así

xa non será tan aburrido. Marta quedou sorprendida polas palabras de Laura. Cando chegou á

súa casa ,foi para o seu cuarto e púxose a cavilar ata chegar á conclusión de que Laura tiña razón. A partir dese momento esforzaríase máis. Así ,durante o verán, podería ir á praia e á piscina cos seus compañeiros. Ao fin e ao cabo...iso era o que tiña que facer! Sara Martínez, 4ºC

EXTRA! EXTRA! NOVOS TÍTULOS DE FINA CASALDERREY NO MERCADO !

Sara Martínez

Page 17: Con F de Fina

Judith Ortigueira

Ola! Chámome David e teño sesenta anos. Como vedes , son xa un pouco vello, pero a historia que vos vou contar é da miña infancia.

Tiña cinco anos cando aconteceu e todos dicían que eu era moi imaxinativo para a miña idade.

Naqueles tempos estaba de moda ter un amigo imaxinario, así que eu andaba buscando un, pero non se me viñan ideas á cabeza. Nese intre, entrou pola ventá unha especie de nave espacial en miniatura , pousou na miña mesa e, de súpeto, abriuse unha pequena porta da que saiu un ... ALIENÍXENA! Era verde, pringoso,con seis dedos en cada man e tres ollos. .

Pregunteille moitas cousas, pero el non falaba. Pensei en escondelo. Gardeino nun moble da cociña xunto coa súa nave espacial.

Cando volvín da escola, busquei ao meu alieníxena . Faloume con voz metálica e dixo:

-Ola! , chámome Anxo e teño cento vinte anos . No meu planeta, Venus , hai guerra . Eu estou recorrendo o espazo buscando axuda, pero a miña nave avariouse e aterrei na Terra. Necesito volver ao meu planeta.

-Por que non conduces a cápsula ata Venus?-pregunteille. -Porque rompeu o motor da cápsula e non podo volver. Necesito axuda . Ti sabes

algo de Informática? Poderías arranxalo co teu ordenador? -Si , se queres, podo axudarche. Pon “Motor 50.000 avariado “ no teu idioma . El fixo como lle pedín, deume as grazas e foise para sempre dicindo adeus. Intentei presumir de “amigo imaxinario” na escola , pero ninguén me creu. Eu

sigo esperando que algún día volva entrar pola miña ventá aberta.

Judith Ortigueira , 4ºC

Page 18: Con F de Fina

Un sábado soleado o can Chispún atopábase lendo tranquilamente un bo libro no seu sofá. Estaba empezando o capítulo tres cando... Ssssssssssssssssssss! - Vaia, estaba tan entretido e viñeron estas moscas a amolarme. Pois nada, collo o insecticida e nun momentiño mándoas para o outro mundo. Pero cando colleu o insecticida... estaba baleiro! -Jo, pois vaia estafa! Isto pásame por mercar estes tan caros e tan pequenos. Vou ter que botar man do matamoscas ecolóxico, que non contamina. Cando quixo baterlle ás moscas, estas estaban case no teito. Daquela tivo que subir primeiro ao sofá, despois á lámpada de pé, á cómoda e finalmente á lámpada do teito, ata que conseguiu zurrarlles. Plas, plas! Cando rematou ese traballo, preparou unha merenda. Non unha merenda calquera, senón... unha merenda completa! Contiña todo o que teñen que conter as verdadeiras merendas: chocolate, bocadillos, biscoitos, bombóns, xelados, friames... E , para rematar, amorodos con nata (tiña outras moitas larpeiradas, pero non as nomeo, senón non rematariamos nunca).

E con este verso improvisado este conto dáse por rematado.

Baltar Morgade, 4ºC

Page 19: Con F de Fina

Lúa era unha cadela auténtica de raza inconfundible. O seu porte lanzal facía que todos os cans da parroquia ouveasen por ela… Así foi que Lúa engordou coma un rebolo ata que buscou un lugar para… PARIR!

Seis criaturas pequerrechiñas coma seis ratiños buscaban desesperadas os tetos de Lúa para mamar.

-Quen quere adoptar aos fillos de Lúa? - dicían os carteis espallados por toda a parroquia.

-De que raza son? Teñen “pedigrí”? - pregunta unha voz por teléfono. -Ter teñen de todo, señora. Son auténticos cans de palleiro cruzados

con metoca. Serán listos coma allos e fortes coma buxos. Pódese pedir algo máis? María Lores

Elia acababa de chegar. A viaxe fora longa, pero moi agradable. A casa era como ela esperaba: pequena, alegre e chea de flores. O que máis lle chamou a atención foi o estanque. Non tiña peixes nin parrulos, pero a ela gustáballe, porque lle recordaba a lagoa que deixara no seu pobo de orixe. Pancho saíu a recibila movendo o rabo, como se lle fose caer e lambíalle a cara, dándolle bicos de prata. Ela non puido evitar que as bágoas caeran polas súas facianas. Subiu ao seu cuarto e deixou as maletas enriba da cama. Asomou á fiestra e viu as montañas ao lonxe. Volveu a recordar o seu pobo, pero faltábanlle as ondas do mar. Berta subiu e díxolle que quería cear algo antes de se deitar. Elia respondeulle que tiña moito sono e prefería deitarse. Baixou para bicar ao seu pai e mais ao pequeno Xian,, que estaba a tomar o seu biberón. Bicou a Berta e despediuse. A partir do día seguinte, comezaría unha nova vida, unha vida chea de esperanza. Asun Vilas

Page 20: Con F de Fina

FINA muller FINA mestra

FINA boa xente FINA poeta

FINA escritora FINA serea FINA amiga de todos FINA alma de nena

“Profes”

Page 21: Con F de Fina
Page 22: Con F de Fina
Page 23: Con F de Fina
Page 24: Con F de Fina
Page 25: Con F de Fina

Baltar Morgade, 4ºC

Page 26: Con F de Fina

Acta do xurado dos XVI Premios Irmandade do Libro concedidos pola Federación de Libreiros de Galicia: Autor-Autora Pola súa extraordinaria e exquisita imaxinación, pola calidade da súa obra e o seu compromiso coa dignificación da literatura infantil e xuvenil e pola súa constante colaboración nas actividades de promoción da lectura e do libro, o xurado proclamou gañadora a:

Page 27: Con F de Fina

Nova ilusión. Agasallo de vida. O teu nome …é ISHA. Volvoreta de seda. Luz do día. O teu nome …é ISHA. Brillo de lúa. Humilde margarida. O teu nome …é ISHA. Sol de primavera. Flor da India. O teu nome …é ISHA. Filla do corazón. Nena querida. O teu nome …é ISHA.

4º A

Dondina Escudeiro

Btissam Fatmi

Miguel Bea

Carlos Casal

Daniel Álvarez

Page 28: Con F de Fina

Sei dunha nube que chora cando está agochado o sol. Sei dunha nube que morre

por arroibar no solpor.

Sei dunha nube que xoga cos paxaros ao redor. Sei dunha nube que baila co vento e cos seus sons.

5ºA

Page 29: Con F de Fina

PONTES DO LÉREZ Pontes do río Lérez, feitas de ceo e pedra: lévovos no recordo sempre ledas. Firmes pontes , brinco de orela a orela, maternos brazos da ialma da Galecia: comigo andades sempre, as meniñas dos ollos moi abertas cara ó lonxe do tempo e das estrelas. Inverno tras inverno ferven as augas nas vosas estribeiras, e pouco a pouco anéganvos os ollos. Mais a invernía pasa, a seca volve, volve o ru-ru da rula, as anduriñas, o cantar das labercas. Pontes do río Lérez, onde os ventos xostregan, onde morden os lazos do xaneiro e tamborilean as sarabias marceñas: vin polos vosos arcos, pontes vedras, xurdir castelos de xacinto, meigos arcos da vella., o foguete do martín pescador, a fror das ameixeiras... ...!Quezáis un día, pontes da miña infancia volva a escoitar o melro á vosa veira! X. Otero Espasandín

Page 30: Con F de Fina

MAIO do CEP MARCOS DA PORTELA

“Un maio é un cucurucho moi grande que parece un monte verde, pero non é, porque ten flores e fiúnchos. Tamén ten laranxas e ovos. E os montes de verdade non son así. Ó maio hai que lle cantar arredor cousas de risa, que nos manda a profe. Despois hai que bater cuns paos para facer moito ruido. E os pais, que están alí a mirar, aplauden. E as nais tamén.” “ O estanque dos parrulos pobres”.

Page 31: Con F de Fina

Bo día, Pontevedra, e bo maio a todas e a todos!

Velaquí estamos rapazas e rapaces de Monte Porreiro como pregoeiros desta

festa para celebrar o encontro coa natureza.!

Tras deste longo inverno pasado, que tan nefasto resultou para nós e para a

nosa terra, gozamos agora con todos os prodixios que a primavera nos presenta .

O tempo corre sen se parar con ninguén, e os ciclos da vida traen, ano a ano, o

renacer da natureza . A vida vexetal agroma novamente, con forza, con teima… E

ben o precisamos, pois …

POR ONDA NÓS PASOU O LUME,

PASOU TAMÉN A RIADA;

SEGUNDO OS ENTENDIDOS DIN,

IMOS CAMIÑO DA NADA.

Si , amigas e amigos, o noso planeta está en perigo. A capa de ozono, os xeos

perpetuos, os mares, as choivas…, perigan as árbores , a paisaxe , o equilibrio

natural , a nosa primavera e o maio.

Candela Fernández Borja Sáez

Page 32: Con F de Fina

Pero, volvamos ao optimismo, á vida, aos vistosos pampullos e fiúnchos , aos

ramos de xesta e aos cantos atrevidos de rebuldeiros nenos e nenas, que ben

traerán a crítica sinxela e firme con sabor a pobo. Dun pobo que pensa e non cala e

que mantén viva esta festa. Unha festa que cada ano regresa coma o cuco e as

andoriñas.

Xa vén o cuco voando

por riba daquel penedo,

vén cantar o noso maio,

ai, que cuco tan cuqueiro!

E os ecos xa se escoitaron

deste paxaro silveiro,

foran coplas retranqueiras,

facendo bicos no vento.

Para rematar, deixámosvos cos nosos mellores desexos. Gozade cos maios,

co ritmo, cos cantos. Xogade a revivir de novo , con ánimo , e ben ledos!

Page 33: Con F de Fina

Vimos ata a Ferrería A lucir o noso maio A disfrutar das cantigas E poder sacar o saio Somos de Monte Porreiro Voltamos cun novo cole Querémolo celebrar Cantándovos aquí hoxe Aí vén o noso maio Todo cheíño de flores Para celebrar o tempo No que agroman os amores Para facer este maio Tivemos que ir pedir Uns cartiños polas casas E déronnos no nariz Adornamos este maio Con pampullos e máis ovos Con camelias e máis calas Ao final quedou precioso Os do Marcos da Portela Queremos participar Neste concurso de maios Para de excursión marchar Temos un colexio grande Polo da unificación Pero comemos na casa Por falta de comedor Prometéronnos un novo E tamén un pavillón Aínda estamos esperando Que comece a construcción Os alumnos do colexio Queremos xa o pavillón Cruzamos a “carretera” Así chova a cachón Non son os homes do saco Nin a marea granate Somos nós cos chubasqueiros Que parecemos de Marte Se falamos da limpeza moito temos que dicir pois é noxenta tarefa O que Cespa fai aquí Estamos todos moi ledos De ter un cole tan grande Aínda que os profesores Nos esixan máis ca antes Estes profes algareiros Non fan máis ca ordenar Temos que facer deberes E matarnos a estudar De dor de pernas se queixan Profesores e rapaces Polas moitas escaleiras Que subimos ata as clases

Este barrio que nós temos Tenche moita difusión Pois aquí a todos vemos Na época das eleccións Veunos falar o alcalde E fíxoo con gran sorriso Pois pensa que este barrio É un eterno paraíso E despois chegou o Telmo Maquillado e perfumado E contoulles aos veciños O que tiña preparado Uns veñen co de fomento Outros falan da limpeza Pero polo de momento Nada disto ten firmeza O noso alcalde Lores Di que o Lérez está limpo Achegádevos a velo É piscina para porquiños Pontevedra é boa vila Dá de beber a quen pasa Pero hai que pasar correndo Pois co cheiro non se para As papeleiras desbordan E o lixo está no chan Os contedores moi cheos Iso é o habitual Tanto ten estar no centro Como as parroquias andar Da limpeza dos colexios Xa nin queremos falar Antes chamábase INUSA CESPA chámase agora Todo é o mesmo conto ¡Pontevedra segue porca! Mentres dende o concello Miran para outro lado Non sabemos o que pasa Nin tampouco se hai “cazo” Ai, pena peniña pena Pena do meu corazón Lores seica está enfermo Disque perde a razón O motivo é moi sinxelo De tanto usar a cabeza Mil ideas sonvos moitas Mesmo para Pontevedra E teremos que tremer Pensando no resultado Mil ideas ¡madia leva! ¡Todas para catro anos! Bo é que todos sabemos Que as palabras van co vento ¡Promesas electorais! Son coma fume dun fento

Page 34: Con F de Fina

Oito anos de goberno Con Mosquera en urbanismo Oito anos padecendo Ao dictador do ladrillo Todo andaba enleado No PP de Pontevedra Non había candidato ¡ Iso si era un problema! Pero veu Núñez Feijoo A buscar a solución Na capital non había Xente con preparación Telmo vense de Sanxenxo Con moita disposición Para facer de Pontevedra Un novo “Polaris World” Aterriza nunha nube Semellando unha pantasma ¡Super Telmo, noso heroe! ¡Super Telmo, xente agarda! ¡Metro lixeiro na vila! Quere ser unha promesa ¿Hospital único?¡AGORA! ¡Non hai memoria, centella! “Mira adiante Pontevedra” dinos Teresa Casal Sinaí e o mercado Iso cómpre olvidar O turismo é o futuro Así faraste alcaldesa Ten presente a Marbella Non te “malayes”, Teresa O equipo do Pontevedra Quere o novo Pasarón Pra que na fase de ascenso Os anime a afección Argibai marchou contento Moitos cartos foi cobrar Non pasaron catro días En Madeira está a adestrar Iremos ao pavillón Todos xuntos a animar Para que o noso Teucriño Ascenda á Liga Asobal Por moito menos dun euro Toma o café Zapatero E cun soldo de “mil euros” Comprará o país enteiro Zapatero e o Talante Eran parella de feito Talante ata na sopa Talante sempre nos beizos Está en crise a voda deste amor tan verdadeiro pois Rajoy entrou a saco cun talante “pancarteiro”

Mariano está preocupado Pola “salú” de De Juana Non está tan preocupado Pola da poboación “sana” Rajoy tamén recomenda Aprender falar inglés E como segunda lingua Seica propón o chinés E con estas perspectivas ¿Qué será do español? Non digamos do galego Pois el nunca o falou Na televisión galega Houbo remodelación Quitaron o Supermartes Pero Luar segue en acción Hai agora tantas canles Para poder escoller Que acende un a tele E nada serve pra ver Por iso recomendamos Ter sempre un libro á man Faranos máis grata a vida E seremos máis humáns Disque agora van multar Aos que pasean os cans Se despois de defecar Non o recollen do chan Tamén multan aos que pensan Que os coches son pra correr Sexa día ou sexa noite Faga sol, estea a chover Co novo carné por puntos A xente estaba asustada Pero aumentaron os mortos Durante a Semana Santa Nace unha nova princesa Dúas agora teremos Empezando na Zarzuela As mulleres mandaremos O cole gañou un premio Outorgado por libreiros Hoxe aquí queremos outro Pensamos que o merecemos E como queremos premio Avisamos ao xurado Que este ano estreamos “Coroa do ano pasado” Se os señores do xurado Nolo queren conceder Darémoslle logo as grazas Con cariño e con placer Para marchar ben contentos E tamén alimentados Agardamos teña a rosca Complexo vitaminado

Comunidade Escolar

Page 35: Con F de Fina

Unha boneca de trapo , barcos de madeira e prendedores, tebeos , colares dourados e bolboretas con ás de cores. Bolsos de charón vermello, un paquete de pipas xigante, cintas de cores para o cabelo e pendentes de pelo de elefante. Vasoiras , barbas postizas, pistolas de auga e raquetas, asubíos ,”palomitas,” botas ,peluches e camisetas. “Chupachús” e garrapiñadas, globos para a miña colección, laciños , cintas ovaladas e que non falte... un balón. Alba Lorenzo José Lázaro Pablo González Nicolás Gil

2ºB

Page 36: Con F de Fina
Page 37: Con F de Fina

AndoriÑa, filla das ondas, con cariÑa de anxo das letras. Por rúas, recunchos, camiÑos… da man de MariÑa nos levas. Ponte do Burgo,Ferrería, Méndez NúÑez, Praza da LeÑa: paraxes de verbas e historia, beleza agochada na pedra. Mestra da inocencia e tenrura nas voces de nenos e nenas, cabalgas polos sentimentos sempre a modiÑo, sen présa. Quen coma ti , nosa raíÑa, arrincar das entraÑas poidera anceios, saloucos, tristuras que tan calandiÑo latexan. Isa Pazos

Page 38: Con F de Fina

Laura Iglesias

Janire Loira

“Eu era o máis valente de tódolos piratas. Non facía guerras, pero sí sabía atopar tódolos tesouros ocultos. Entón nomeáronme PIRATA MAIOR. Isto fixo que puidese pedir un desexo de pirata ó señor dos océanos, ó meigo dos meigos. Pedín que me permitise prescindir dos meus atributos, é dicir, do parche, do garfo e da pata de pao. Pero como quería que soubesen que seguía sendo pirata, concedeume cambia-lo parche por unha mancha negra nun dente, o garfo por uns dedos un pouco tortos e... a pata de pao cambieina por un xeonllo sen líquido de freos,que me fai coxear aínda máis ca se tivese a pata de pao.”

Page 39: Con F de Fina

Alejandro González

Tabita Jiménez

Manuel Vázquez

Andrea Martínez

4ºB

Page 40: Con F de Fina

Son un gato abandoado que busca amo ou ama.

Sempre estou limpo e gústame lavarme.

Podo axudar a botar aos ratos dunha casa, pois cazo moi ben.

Non dou problemas. Paseo so polo campo.

Teño un carácter cariñoso e lévome ben cos cans.

Son bonito, cos ollos grandes e de cor azul-verdosa.

Estou rechonchiño, co pelo de cor branca, con pequenas manchas grises.

O meu rabo parece un plumeiro, é suave e brillante.

Só pido un biberón de leite ás noites.

Lévame contigo e quedarás satisfeito.

3ºC

Page 41: Con F de Fina

A raiña Fara

paseniño, paseniño chegou ao “super”

e colleu un granciño.

Preto de alí estaba Pimpín subido a unha rama, mirando a maneira

de burlarse de dona Gata.

Dona Gata non era Lúa ainda que tamén ía parir.

Esta gatiña servicial ao valo quería subir.

Dende alí podía observar a unha pantasma branca

que detrás da Torre da Auga o seu niño vixiaba.

Moi preto, nun estanque hai uns parrulos pobres, que nadan cando fai sol e tamén cando chove.

Cando Máquina se achega asústaos a todos: a Fara,

a Lúa, a Pimpín, a Pinguiñas e a Nevebranca.

Moncha Penela

Page 42: Con F de Fina

Dona Gata pon todo o seu empeño en ensinalo a voar, algo que ela mesma non domina. Abana as orellas. Non se eleva nin un centímetro.

Remata por axitar os bigotes , as patas dianteiras, a cabeza e mesmo o corpo enteiro,nuns movementos terriblemente ridículos.

Decide entón probar batendo o rabo e as orellas a un tempo, pero segue na mesma posición.

É coma se tragase unha abella e agora estivese paseándose por todo o seu corpo, facéndolle moitísimas cóxegas desde o rabo ata os bigotes.

Ilustrado por: Adrián Tesouro, Abraham Ramírez, Sara Rial 1ºC

Page 43: Con F de Fina

Candela Fernández, 3ºA

Page 44: Con F de Fina

Érika Buceta, 3ºA

Zoe Bugallo , 3ºA

Page 45: Con F de Fina

Andrea fixo caca, puag , que noxo

A profe vomitou, puag , que noxo

Joel cheirou o lixo,

puag, que noxo

A verónica cagoulle unha gaivota, puag, que noxo

Joseba comeu os mocos,

puag, que noxo

Iria mexou por ela , puag, que noxo

Joaquin lanzou un peido,

puag, que noxo

A miñá irmá chupa o pus, puag, que noxo

Marcos caeu no barro,

puag, que noxo

Lina limpiouse o cu sen papel, puag, que noxo

Page 46: Con F de Fina

A lúa está triste. Ai, que triste está! Perdeu o sorriso. Chora sen parar.

Roberto I. Consuegra

Nerea Calvo

Alicia Estévez

Marina Amestoy Iván Cubela

Ainoa Cayetano

Fernando García

Alicia Casal

Page 47: Con F de Fina

Kawtar Aboufaras

Aitor Agudo

Alicia Estévez Roberto I. Consuegra

2ºA

Page 48: Con F de Fina

Tes ollos tan , tan bonitos que os quería na miña cara. Alicia Estévez e Nerea Calvo

Cando estou preto de ti, síntome coma unha rosa. Roberto Consuegra

Cando saes tan bonita da túa casa, a noite empeza a brillar. Aitor Agudo

Cando estou soñando, penso que son un bebé acochado no teu colo. Roberto Consuegra

Se tivese os beizos pintados , deixaríache un bico marcado na túa cara. Nerea Calvo

Es tan guapa que quixera ser o teu fillo. Álex Corrales

Se tivese unha escada que chegase a ti, abrazaríate. Alicia Estévez

Es tan bonita coma un sol e ata pareces unha rosa recén cortada. Paco Romero e Alicia Estévez

2º A

Page 49: Con F de Fina

LÚA maquillada feliz

agarimosa coqueta

A LÚA ESTÁ NAMORADA

LÚA relucente prateada soñadora

perfumada A LÚA ESTÁ DESCANSADA

LÚA riseira fermosa

chea famosa

A LÚA ESTÁ ILUMINADA

LÚA viaxeira amiga

brillante querida

A LÚA ESTÁ ACOMPAÑADA

LÚA, lueira,

amorosa e feiticeira.

2ºA

Page 50: Con F de Fina

O noso querido colexio ten un bo patio de recreo. Se queres coñecelo é o mellor do Concello. Se queres disfrutar vén con nós a xogar. Non esquezas os deberes, Tamén tes que estudar. A ler, a ler, que nos contos de Fina imos aprender. Que bonitas son as festas, os xogos e as vacacións, e, como a todos nos gustan cantemos esta canción. No Marcos da Portela gústanos estudar, porque temos uns mestres , que son de alucinar. A ler, a ler, que nos contos de Fina imos aprender. Cando os mestres explican, Pouco nos custa lialos, facémoslles moitas preguntas para así desorientalos. A ler, a ler, que nos contos de Fina imos aprender. Cando se queren dar conta, a horiña xa pasou, logo levamos deberes, unha pequena lección.

A ler, a ler, que nos contos de Fina imos aprender. Este ano as letras galegas teñen nome de muller como a escritora de hoxe Fina Casalderrey. Ela naceu en Xeve. É unha gran escritora. Tes que ler os seus contos, e facer a túa historia. A ler, a ler, que nos contos de Fina imos aprender. Os seus libros son amenos, por iso tedes que lelos. Xa veredes como vos gustan! Pero tedes que entendelos! En eles nos fala moito de cans, gatos, e animais así como da lúa. Como lle gusta imaxinar! A ler, a ler, que nos contos de Fina imos aprender. Tamén fala da súa cidade no libro “A filla das ondas” onde nos leva de paseo, coñecendo a nosa historia. Os nenos de Marcos da Portela, dicímoslle adeus a Fina, que nos conta moitos contos de forma moi divertida.

Isabel Pazos Baena

Page 51: Con F de Fina

Había en Lérez, a carón da miña casa, unha velliña que podía ler nos píos dos paxaros, nas cores das uvas, nas miradas, nos silencios, no respirar da xente, no cristal das augas, na ladaíña da brisa, nos latexos da luz, nos magnolios, nas tatuaxes do tempo, nas melancolías..., pero non sabía nada de descodificar palabras escritas. A señora Aurora chamábame cada vez que recibía carta do seu fillo. Antes de a ler, as dúas descoñeciamos o qué dicía; era como se, xuntas, fosemos exploradoras na procura de algo que estaba a piques de ser, pero que aínda non era. Eu ignoraba que ler para outros tiña unha historia máis longa e viaxeira e que, en moitos lugares, mesmo chegara a ser unha institución. Xa Plinio o Novo mencionaba nas súas cartas o momento no que, na hora do xantar e na compaña da súa familia, pedía que lles lesen en voz alta; daquela o libro viraba nun talismán. A señora Aurora sentaba nunha vella cadeira de madeira e eu na súa cama, sobre unha colcha, que uns días aparecía cuns faisáns da cor do ouro nun estanque morado, e outros, eran os faisáns quen se volvían morados e o estanque da cor do ouro. Cheiraba a mazás, a leña, a cirio, a estampas dos santos que poboaban a parede... Sacaba do seo a carta, entregábama nun rito secreto e, cal navío nunha tempestade de tenrura, agardaba ancorada naquel porto a que comezase coa lectura. Eu era a súa confidente oficial e sentíame importante. Comezaba a ler con toda a solemnidade de que era capaz aquela letra picuda en palabras que seguían a gardar algúns segredos para min. Eran cartas que principiaban falando de saúde, continuaban coma un diario de abordo que recollese todo o que ía acontecendo no tempo da travesía, de ausencia, e remataban con saúdos para todos. Nunha intuición que non chegaba a comprender, empregaba as armas dun ton emocionado, e observaba polo rabo do ollo como lle ía fluíndo o sangue, como agromaba un sorriso, unha bágoa... Aquelas palabras íanlle directas ó corazón. Nada máis rematar, pedíame que lla repetise unha vez, e outra, e outra máis... Logo entregáballa e dábame permiso para marchar. Ela quedaba mirando ó papel cunha paz de seda, coma unha chuvia cansa, con ollos prendidos de luz, lendo sen saber ler; a soas con aquela canción que o seu fillo escribira para ela, sen intermediarios, nunha liberdade máis íntima. E a min figurábaseme ler nos seus acenos algo así como “agardareite aquí, nas miñas noites, trasnoitando os meus soños”. Daquela descubrín que precisamos engadir unha lectura silenciosa a todo o que vemos, oímos, tocamos... para apreixalo e que, quizais sexa o feito de saber ler, esa casa común que mellor nos acubilla e nos permite un estado de independencia. Aprendín que hai infinitas maneiras de ler, pero que todas coinciden nunha conversa entre dous, nun diálogo.

Dunha volta, tardou en reclamar os meus servicios como lectora. Levaba a sombra da melancolía na mirada e un rostro de velar a noite. Semellaba buscar a terra. Eu vía como esmorecían os pétalos de rosa no seu xardín privado, mentres me dictaba unha carta con palabras de reproche que falaban de ingratitude, e fixen trampa: pintei de ouro aquela falsa neve poñendo frases como “necesito saber de ti”, “estráñote moito”... Igual ca noutras ocasións, pediume logo que lla lese, coma se as dúas estivesemos nun parque solitario. Eu lin o que de certo puxera e vin como as palabras lle abrían o brillo de vagalume dos seus ollos e souben que lle achegaba o paraíso. A señora Aurora influíu en que eu nunca tivese necesidade de preguntar ¿ler, para que?

Fina Casalderrey

Page 52: Con F de Fina

¿Por qué prefiero las flores en jardines y no en jarrones? ¿Por qué me atrae el mar y las canciones del agua, incluso cuando levanta su cresta blanca como gato enfadado, si apenas sé nadar? ¿Por qué me gusta tanto el sabor del cordero que prepara mi madre? ¿Por qué todavía habitan en mi los cuentos de mi padre? ¿Por qué me sabe a golosina el beso del hijo que llega? ¿Por qué recuerdo la textura de la encía rota, a punto ya de salir su primer diente? ¿Por qué siento tan fuerte el abrazo de una mirada tras una reconciliación? ¿Por qué una alegría puede provocarme lágrimas? ¿Por qué...? ¿Acaso no se puede vivir sin haber probado nunca un helado de vainilla, sin haber tocado la nieve, sin haber visto el madurar de las cerezas en el árbol, ni el oro tibio del otoño, ni los colores del arco iris; sin haber ido en barco, sin intimidad, sin contemplar nuestra imagen en un espejo, si haber entrado nunca en una catedral en verano...? ¿Es qué no se puede vivir sin haber sido testigo de una puesta de sol, sin sentir el guiño pícaro de la luna llena, sin disfrutar de la primera sonrisa de un bebé, sin silencios cómplices al lado de un amigo, sin una caricia, sin haber pronunciado jamás palabras como mamá o te quiero, sin libertad, sin recuerdos...? ¿Por qué la humanidad lee después de tantos siglos? ¿Acaso no se puede vivir sin leer?

Vuelve asomar a mi memoria aquella viejecita, la señora Aurora, que leía en el cristal de las aguas, en los tatuajes del tiempo... pero no en los códigos escritos... Ella sentada en una vieja silla; yo, sobre aquella colcha lila de faisanes dorados que cubría su cama mientras leía una y otra vez –hasta que se la aprendía de memoria- aquella carta de su hijo, que ella había sacado de junto al corazón. Luego se quedaba a solas mirándola con ojos prendidos de luz, leyendo sin saber leer, en una libertad más íntima y a mí se me antojaba adivinar en sus gestos “te espero aquí, trasnochando mi sueño”. Ella influyó en que nunca haya tenido que preguntarme: ¿Por qué leer?

FINA CASALDERREY

Page 53: Con F de Fina

MENSAXES SECRETAS

Page 54: Con F de Fina

3º Curso

Page 55: Con F de Fina

Había unha vez un gato

que parecía un pato.

Teño unha serpe

que ten un só dente.

Anda pola terra

cortando cunha serra.

Borja Piñeiro

Page 56: Con F de Fina

Teño un león

ó que lle gusta o xamón.

Había un grilo

que se chamaba Milo,

andaba con carpeta

e levaba unha libreta.

Natalia Suárez

Page 57: Con F de Fina

Este león tan durmiñón

ronca moito, e é tontorrón.

Teño unha galiña

que pon ovos na cociña.

É un pouco tontiña

por iso se chama Carmiña.

Julio González

Page 58: Con F de Fina

Había un orangután

con ganas de xantar un can.

No colexio hai unha leona

que vende unha bombona,

e que vai á cociña

moi tranquiliña.

Marcos Pérez

Page 59: Con F de Fina

A galiña Marcelina

pon ovos na cociña.

A xirafa Parvucha

pon ovos na ducha

e hai un camaleón

que toca o saxofón.

Noelia Rey

Page 60: Con F de Fina

Eu teño un xigante león

con patas de limón

e unha xirafa boíña

que parece unha pantasmiña,

e tamén teño unha mosca

que só come rosca.

Daniel Pais

Page 61: Con F de Fina

Había un gusano

que estaba moi sano.

Había unha gata

con cara de pata

que, na cociña,

comía patacas.

Amanda Rial

Page 62: Con F de Fina

Había un rato

xogando cun pato.

Había unha tartaruga

que tiña unha verruga

e, andaba tan a modo,

que rompeu un cóbado.

Daniel Saa

2ºC

Page 63: Con F de Fina

• Para aliviar a resaca:

Botar nunha cacerola tres pétalos de rosa untados en mel de abella xunto con té de

laranxa mesturado con té de coco. Remexer ben cunha pata de xamón serrano e

beber.

• Para curar un furúnculo no cú:

Se o furúnculo queres curar,

auga tes que quentar.

Cando a auga empece a ferver

un pano tes que meter.

Co pano ben escurridiño

poñémolo no cuíño

deixándoo un ratiño.

• Para estar contento:

Sempre tes que ter

un sorriso na boca

e non enfadarte

por cousas tontas.

Adrián Portela García, 5ºB

María Montes Gutiérrez, 5ºB

Rodrigo Axel Díaz , 5ºB

Page 64: Con F de Fina
Page 65: Con F de Fina

Momento da representación teatral “ A visita do Inspector” polo alumnado de 6º

Page 66: Con F de Fina
Page 67: Con F de Fina

Escritora á que está adicado este traballo.

Candela Fernández 3ºA

Page 68: Con F de Fina

GRAZAS

Escribo o teu nome con letras douradas; escribo o teu nome para darche as grazas: polo sorriso limpo, pola ollada franca, o sentimento e a voz con que contas e narras; polo doce agasallo de tantas palabras que saen de dentro e nos chegan á alma ; por compartir con nós,

sen présa, con ganas, aquilo que escribes, aquilo que amas.

Traslí