Comentario do Apoxiomeno de Lisipo

2
A obra a analizar é unha escultura de Lisipo, en concreto o Apoxiomeno, esculpida arredor do 325 a. C. Inscríbese dentro do chamado estilo do século IV (400-325 a.C) dentro da época clásica da arte grega. É unha copia romana, seguramente dun orixinal en bronce. O momento histórico que se vive en Grecia é particularmente interesante. Alexandre Magno (356- 323 a. C.) creou un grande imperio ata o Indo, cun forte carácter multicultural; coa súa morte iníciase o periodo helenístico: diversos reinos rexidos por xefes militares que crean dinastías e que se apoian en exércitos de mercenarios. Lisipo traballou para Alexandre, de feito, fixo varios retratos de el que se identificaron en copias romanas posteriores. As polis gregas van dar paso a creación de imperios onde os monarcas concentrarán os poderes. Dende o punto de vista tipolóxico varias cousas chaman a nosa atención nesta escultura: 1- A utilización dun canon máis esvelto ao usado no século V a.C por Policleto que era de sete cabezas, é dicir, a altura do corpo igual a sete veces a altura da cabeza, agora a proporción é 1:8 có que a cabeza é máis pequena. O que si é unha constante no mundo grego é a busca dun modelo perfecto na escultura, en relación co racionalismo que domina o pensamento grego e que lles leva a buscar nas matemáticas e na proporción a beleza e a harmonía. 2- A busca de profundidade na figura por medio do brazo que se extende cara adiante, agora a visión principal non é só frontal. 3- A humanización é individualización da figura, agora non é un atleta en actitude gloriosa. Recolle un momento intrascendente: limpándose as areas pegadas ao corpo polo efecto do suor e os aceites. Evidentemente, a constante do mundo grego no eido da escultura mantense: o ser humano como protagonista e centro das obras. 4- A maestría no tratamento da anatomía cun perfecto traballo no mármore que amosa os músculos e a tensión da posición en contrapposto, Titulo, autor, cronoloxí a, Análise tipolóxico e característic as formais que justifiquen esa Contexto histórico -

Transcript of Comentario do Apoxiomeno de Lisipo

Page 1: Comentario do Apoxiomeno de Lisipo

A obra a analizar é unha escultura de Lisipo, en concreto o Apoxiomeno, esculpida arredor do 325 a. C. Inscríbese dentro do chamado estilo do século IV (400-325 a.C) dentro da época clásica da arte grega. É unha copia romana, seguramente dun orixinal en bronce.

O momento histórico que se vive en Grecia é particularmente interesante. Alexandre Magno (356- 323 a. C.) creou un grande imperio ata o Indo, cun forte carácter multicultural; coa súa morte iníciase o periodo helenístico: diversos reinos rexidos por xefes militares que crean dinastías e que se apoian en exércitos de mercenarios. Lisipo traballou para Alexandre, de feito, fixo varios retratos de el que se identificaron en copias romanas posteriores. As polis gregas van dar paso a creación de imperios onde os monarcas concentrarán os poderes.

Dende o punto de vista tipolóxico varias cousas chaman a

nosa atención nesta escultura:1- A utilización dun canon máis esvelto ao usado no século V

a.C por Policleto que era de sete cabezas, é dicir, a altura do corpo igual a sete veces a altura da cabeza, agora a proporción é 1:8 có que a cabeza é máis pequena. O que si é unha constante no mundo grego é a busca dun modelo perfecto na escultura, en relación co racionalismo que domina o pensamento grego e que lles leva a buscar nas matemáticas e na proporción a beleza e a harmonía.

2- A busca de profundidade na figura por medio do brazo que se extende cara adiante, agora a visión principal non é só frontal.

3- A humanización é individualización da figura, agora non é un atleta en actitude gloriosa. Recolle un momento intrascendente: limpándose as areas pegadas ao corpo polo efecto do suor e os aceites. Evidentemente, a constante do mundo grego no eido da escultura mantense: o ser humano como protagonista e centro das obras.

4- A maestría no tratamento da anatomía cun perfecto traballo no mármore que amosa os músculos e a tensión da posición en contrapposto, cunha perna libre e a outra de sostén, o que desequilibra o corpo. Alonxado dos exemplos do século V a. C. precisamente na menor diferenciación entre as partes do corpo (fronte ao principio de Symmetria que leva á diartrose- cada parte do corpo perfectamente definida- en Policleto) e no tratamento distinto do rostro, agora alonxado da seriedade anterior e iniciando un camiño a individualización que se desenvolve no século seguinte co auxe do retrato.

Titulo, autor, cronoloxía, estilo.

Análise tipolóxico e características formais que justifiquen esa catalogación

Contexto histórico-artístico

Page 2: Comentario do Apoxiomeno de Lisipo

5- O peiteado tamén nos fai diferenciar esta escultura, non é curto e pegado ao casquete craneal, xoga coas guedellas, creando efectos de luces e sombras que dan plasticidade á cabeza.

Lisipo en algúns aspectos nos anuncia o que vai vir no helenismo: a utilización de temas cotiáns e os retratos máis individualizados e tamén a plasmación das emocións, os sentimentos ou os estados de ánimo, nesto último quizáis outra obra súa, o Heracles Farnesio, sexa máis representativa disto.

Outros aspectos de interese