Clausula
-
Upload
amparo-cereixo -
Category
Education
-
view
681 -
download
0
Transcript of Clausula
A CLÁUSULA (I): PREDICADO E SUXEITO
CLÁUSULA: estrutura sintáctica que ten como elemento principal un verbo.
María está a xogar ao fútbol con Antón.
Xosé non durmiu en toda a noite.
Sabela é avogada.
Hoxe choveu moito.
O PREDICADO O verbo desempeña a función de PREDICADO (PDO)
na cláusula.
Cláusula
SUX PDO
Mafalda vai escribir
Antón e María estudan
TIPOS DE PREDICADOSSegundo o contido semántico do verbo distinguimos:
PREDICADO VERBAL e PREDICADO NOMINAL
PREDICADO VERBAL
O verbo posúe un significado concreto.
O neno chora.
Escribe unha novela.
A cadela ten unha pelota.
PREDICADO NOMINAL
O verbo non posúe un significado concreto, de aí que precise dun modificador (ATRIBUTO).
Lois semella aburrido.
Os rapaces parecen contentos.
As mulleres están cansas.
O peteiro do tucán é rechamante.
O SUXEITO Identificación
Concorda en número e persoa co verbo.
Carlos non vén ao teatro.
Se mudamos o número e a persoa do verbo, tamén muda o SUXEITO:
Elas / Eles non veñen ao teatro.
Nós non imos ao teatro..
Concordancias especiaisSubstantivos colectivos
O rabaño de ovellas vai camiño do prado.
Referencias a unha parte.A maioría votou en contra.
A maioría dos asistentes votou / votaron en contra.
Se o substantivo que refire unha parte presenta un modificador (dos asistentes), o verbo pode concordar en singular ouplural.
TIPOS DE SUXEITO
SUX. LÉXICO
O suxeito exprésase por medio dunha frase que concorda co verbo en número e persoa.
Onte chamaron teus pais.
SUX. GRAMATICAL
O suxeito exprésase sópor medio dos morfemas de número e persoa do verbo.
Estaban en París.