CIRCULAR PRINCIPIO DE CURSO
description
Transcript of CIRCULAR PRINCIPIO DE CURSO
CONVIVENCIA ESCOLAR
É importante saber, que tanto os pais e nais como os
profesores/as teñen unha responsabilidade no
proceso educativo do alumno/a.
A asistencia diaria a clase é obrigatoria e
necesaria.
Os alumnos/as teñen que chegar puntuais cada día.
As faltas de asistencia deben ser xustificadas por
escrito ó titor/a polo pai, nai ou titor/a legal do
alumno/a. Na medida en que sexa posible, evitarase
faltar as clases cando haxa exames, entrega de
traballos,… para non alterar a actividade avaliadora.
O alumnado só poderá abandonar o centro en
horario escolar co permiso da Dirección, cunha previa
autorización escrita dos pais ou titores legais e
sempre que saian acompañados dun adulto autorizado.
Asegúrense de que o seu fillo/a teña, o antes
posible, os libros e o material escolar solicitado. O
alumno/a deberá traer o material necesario para cada
área:libros, cadernos, roupa e calzado para E. Física,…
Inculquen ós seus fillos/as a importancia de coidar a
súa escola e o material que a diario utilizan. Polo seu
ben e polo respecto ós demais, deberán saber que
todo isto sae do esforzo de todos, incluído o de
vostedes.
Os libros gratuitos que se lle entreguen ó alumnado
ó inicio do curso deberán ser devoltos ó finalizar en
perfectas condicións de uso.
Non se pode empregar o teléfono móbil no horario
da clase.
A nosa escola é un centro aberto e comunicativo.
Calquera dúbida ou problema relacionado coa
educación do seu fillo/a deberá ser tratado aquí no
centro, falando co seu profesor/a titor/a.
A BIBLIOTECA ESCOLAR
Os alumnos/as poderán facer uso da biblioteca
escolar os mércores de 16:00 a 17:40. Para iso deberá
anotarse previamente na lista que está na entrada da
biblioteca.
Alí terán tamén ordenadores a súa disposición para a
realización de traballos ou actividades de carácter
académico.
ACTIVIDADES COMPLEMENTARIAS
Ó longo do curso organizaranse saídas de interese
cultural para os/as alumnos/as. Non se lle permitirá a
asistencia a estas actividades ó alumnado que non
teña un comportamento axeitado nas aulas ou que non
amose interese polo estudo.
Sempre que se faga unha unha saída didáctica os/as
alumnos/as deberán entregar ó seu/súa titor/a ou
profesor/a encargado da actividade a autorización
para realizala asinada polo pai, nai ou titor/a legal.
MATERIAS PENDENTES
Os alumnos/as deben aprobar, con carácter
prioritario, as áreas pendentes, xa que rematado o
curso se terán en conta todas as materias non
aprobadas á hora de decidir a promoción ó seguinte
curso e a titulación.
Aqueles alumnos/as con materias pendentes de anos
anteriores deberanse comunicar cos profesores/as
para informarse dos traballos e/ou exames que terán
que realizar para poder aprobalas.
NON DUBIDEN EN ACUDIR A NÓS SEMPRE
QUE O CONSIDEREN NECESARIO.
INFORMACIÓN ÁS FAMILIAS
Trimestralmente, coincidindo coas avaliacións,
enviarase ás familias información sobre o proceso de
aprendizaxe de cada alumno/a a través do boletín
informativo coas cualificacións. Dito boletín deberá
ser asinado polo pai, nai ou titor/a legal e devolto ó
centro para verificar a súa entrega.
Para evitar calquera incidencia que afecte á
seguridade do alumnado e ó bo funcionamento das
clases, terase en conta o seguinte:
a) Os pais e nais non poderán acceder ás aulas,
corredores, etc., sen a debida autorización,
pola seguridade dos nenos/as e o correcto
desenvolvemento das clases.
b) Sempre que sexa posible eviten entrar cos
vehículos no recinto escolar para garantir a
seguridade dos alumnos/as,
c) Non se pode fumar dentro do recinto
escolar.
d) A hixiene e vestimenta axeitada debe ser
coidada con todo esmero pola familia para
inculcar uns bos hábitos ós/ás vosos/as
fillos/as.
e) Os problemas de disciplina serán correxidos
conforme á lei e as normas de convivencia
establecidas para o noso centro. Os pais/nais
serán informados cando haxa acumulación de
partes de incidencias.
CONSERVE ESTE IMPRESO, XA QUE A
INFORMACIÓN QUE NEL FIGURA É
VÁLIDA PARA TODO O CURSO ESCOLAR.
EQUIPO DIRECTIVO
Director: Pedro Martín Méndez
Xefa de Estudos: Beatriz Martínez García
Secretario: Rafael Redondo Monroy
EQUIPO EDUCATIVO DE SECUNDARIA
DEPARTAMENTO DE CIENCIAS
Isabel Razquín Lizarraga
María González Villardefrancos
DEPARTAMENTO DE EDUCACIÓN FÍSICA
Vicente Fontenla Piñón
Eva Mª López Pérez
DEPARTAMENTO DE E. PLÁSTICA E VISUAL
Alfonso loureiro Arias
DEPARTAMENTO DE FÍSICA E QUÍMICA
Olga de Larriva Pereira
DEPARTAMENTO DE FRANCÉS
Pilar Lozano Bernal
DEPARTAMENTO DE HISTORIA
Mª Jesús Vidal Alves
Mª Carmen Pena Souto
DEPARTAMENTO DE INGLÉS
Fátima Miragaya de los Reyes
Beatriz Martínez García
DEPARTAMENTO DE L. GALEGA
Elisa Roca Rodríguez
Aurora Carballada Gómez
DEPARTAMENTO DE L. CASTELÁ
Natalia Pardavila Pazos
Rosa Obelleiro Piñón
DEPARTAMENTO DE MATEMÁTICAS
Pedro Martín Méndez
José Luis Vidal Souto
DEPARTAMENTO DE MÚSICA
Sonia Rodríguez Area
DEPARTAMENTO DE RELIXIÓN
José Ramón Fernández Feijoo
DEPARTAMENTO DE TECNOLOXÍA
Ana Tilve Costas
DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN
Cristina González Piñeiro ( Orientadora )
Rafael Redondo Monroy ( Pedag. Terapeútica )
P.C.P.I.
Mª Isabel Otero Gago
VACACIÓNS E DÍAS NON LECTIVOS
Comezo das clases: O día 17 de setembro
Martes 12 de outubro: Festivo
Luns 1 de novembro: Festivo
Xoves 11 de novembro: Festividade de San Martiño
6, 7 e 8 de decembro: Festivos e día do ensino
marcado pola Consellería.
Vacacións de Nadal: dende o 23 de decembro ata o
7 de xaneiro, ambos os dous inclusive.
Entroido: 7, 8 e 9 de marzo
Semana Santa: do 18 ata o 25 de abril inclusive.
16 e 17 de maio: Letras Galegas
Remate das clases: O día 23 de xuño
HORA DE ATENCIÓN A PAIS E NAIS
O titor/a ________________________________
de ___________ estará ó seu dispor para atendelos
ós _____________ de __________ a _________,
Para poder ofrecerlles unha información máis
completa, deberán avisar previamente para que o
titor/a poida recoller tamén a información necesaria
dos especialistas que lle dan clase ó seu/súa fillo/a.
CENTRO PÚBLICO
INTEGRADO
DO TOURAL
Direc.: Toural nº 34 36141
Vilaboa, Pontevedra
Teléfono / fax: 986 70 83 41
Páx.web:
centros.edu.xunta.es/cpidotoural
Curso 2010 - 2011