Christiaan Huygens

1

description

Cartel do Día da Ciencia en Galego 2015 en homenaxe a Christiaan Huygens

Transcript of Christiaan Huygens

Page 1: Christiaan Huygens

Día da Ciencia en galego 2015 ENDL IES Pintor Colmeiro

ChristiaanHuygens

No ano 1678 Huygens escribe un tratado sobre a luz no que se posicio-naba a favor dunha teoría ondulatoria, convertíndose así na cabeza visible desta caracterización que se había de enfrontar á teoría corpuscular proposta por Newton.

Entra en contacto coas sociedades científicas máis impor-tantes da época. En Londres foi admitido como membro da Royal Society onde coñece a Wallis, a Boyle e a Newton. Cos coñecementos adquiridos en Inglaterra chega a París, onde asume o liderado da Academia de Ciencias Francesa que se estaba a constituír. Alí coñece, entre outros, a Roverbal, Pascal, Desargues e Leibniz. Este último débelle moito do seu coñecemento matemático ao seu contacto con Huygens.

Tamén fai estudos sobre o movemento dos corpos. Deriva a fórmula da forza centrífuga para o movento circular uniforme.

Gravado do telescopio aéreo de Huygens

En astronomía era fundamental ter reloxos precisos, polo que se interesa polo tema. Patenta o primeiro reloxo de péndulo. Na procura do seu perfecciona-mento fai un estudo da cicloide, a curva que describe un punto dunha circunferencia cando está rodando. Demostra que se deixamos unha bóla sobre un punto calquera dunha superficie de forma cicloide, tardará o mesmo tempo en chegar ao punto máis baimesmo tempo en chegar ao punto máis baixo. Tamén descubre que un péndulo tanxente a unha cicloide describe tamén unha traxectoria cicloide.

Huygens mellora a construción de lentes para telescopios, o que lle permitiría descubrir o primeiro satélite de Saturno, Titán, no 1665. Un ano despois determina cal é a forma dos aneis de Saturno.

Christiaan Huygens naceu no ano 1629 e finou no 1695 na Haia. Pertencía a unha familia aristocrática holandesa. Na súa casa recibían habitualmente a visita de Descartes e estaban en contacto con Mer-senne, un dos intelectuais máis importantes do mo-mento