Cerne 69 - Setembro 2011...Cerne 69. Setembro 2011 Empresa 3 Informan sobre as axudas do Igape en...

24
Cerne eMPreSa Aberto o prazo para inscribirse no Rexistro Galego de Comercio P3 enTrevISTa Sabela Santín , Perruquería Santín&amo “Prefiro ter menos clientes e darlle atención personalizada” P23 o xornal da Terra de Melide Nº 69. Setembro 2011. Distribución gratuíta retiran 600 quilos de lixo do curso fluvial do Furelos A Asociación de Troiteiros ‘Río Furelos’ de Melide re- tirou máis de media tonelada de lixo do cauce do río, no marco das VII xornadas de limpeza. P8 o II encontro de Bolillos celebrarase o 8 de outubro As palilleiras da Asociación Catasol organizan a se- gunda edición desta cita, na que agardan superar as máis de 260 participantes do primeiro certame. P10 CoMarCa Problemas co financiamento municipal ó non entregar contas en prazo P12 LeCer Varios pilotos internacionais participarán no III Rali de Históricos P8 Melide culminará a tempada de festas co San Caralampio Melide celebrará o pró- ximo 11 de setembro unha das festas máis agardadas polos seus ve- ciños e os de toda a co- marca, o San Caralampio. Este ano chega á súa edición nú- mero 65, con música de charangas e gaiteiros, de- gustación de pementos, mexilóns e cachelos, que farán que a Zona dos Viños estea ateigada de xente. O santo máis trou- leiro pon final á tempada de festas, na que unha das máis multitudinarias foi o San Roque. P16

Transcript of Cerne 69 - Setembro 2011...Cerne 69. Setembro 2011 Empresa 3 Informan sobre as axudas do Igape en...

Page 1: Cerne 69 - Setembro 2011...Cerne 69. Setembro 2011 Empresa 3 Informan sobre as axudas do Igape en asetem-Cca A Asociación de Empresarios Terra de Melide (Asetem-Cca), en colaboración

Cerne

eMPreSaAberto o prazopara inscribirseno Rexistro Galego de Comercio P3

enTrevISTa

Sabela Santín,PerruqueríaSantín&amo“Prefiro termenos clientes e darlle atenciónpersonalizada”P23

o xornal da Terra de MelideNº 69. Setembro 2011. Distribución gratuíta

retiran 600 quilos de lixodo curso fluvial do Furelos

A Asociación de Troiteiros ‘Río Furelos’ de Melide re-tirou máis de media tonelada de lixo do cauce do río,no marco das VII xornadas de limpeza. P8

o II encontro de Bolilloscelebrarase o 8 de outubro

As palilleiras da Asociación Catasol organizan a se-gunda edición desta cita, na que agardan superar asmáis de 260 participantes do primeiro certame. P10

CoMarCaProblemas cofinanciamentomunicipal ó nonentregar contasen prazo P12

LeCerVarios pilotosinternacionaisparticiparán no III Rali deHistóricos P8

Melide culminará a tempada de festas co San CaralampioMelide celebrará o pró-ximo 11 de setembrounha das festas máisagardadas polos seus ve-ciños e os de toda a co-marca, o SanCaralampio. Este anochega á súa edición nú-mero 65, con música decharangas e gaiteiros, de-gustación de pementos,mexilóns e cachelos, quefarán que a Zona dosViños estea ateigada dexente. O santo máis trou-leiro pon final á tempadade festas, na que unhadas máis multitudinariasfoi o San Roque. P16

Page 2: Cerne 69 - Setembro 2011...Cerne 69. Setembro 2011 Empresa 3 Informan sobre as axudas do Igape en asetem-Cca A Asociación de Empresarios Terra de Melide (Asetem-Cca), en colaboración

2 Editorial Cerne 69. Setembro 2011

Editorial

O verán deixounos varias imaxescertamente preocupantes en Me-lide. É difícil poñer adxectivos ásdesfeitas ocasionadas por certosindividuos que acuden sábadotras sábado a “gozar” da coñe-cida movida melidense. E dici-mos gozar entre comiñas porquenon se entende como alguénpode ser capaz de adicarse a des-trozar mobiliario urbano ou ou-tros obxectos instalados enpropiedades privadas cando oobxectivo co que sae da casa é ode pasar unhas horas de entrete-mento e diversión.

Primeiro foron dúas columnasde pedra que estaban instaladasnun porche dunha casa en cons-trución. A imaxe, impactante,veuse en varios medios de comu-nicación. Logo chegou o derrubedun muro na rúa Galicia, enpleno centro melidense e duranteas festas do San Roque. A des-feita -na fotografía- aínda sepode ver a día de hoxe e, segura-mente, que o muro seguirá asídurante varios días, semanas oumeses máis, co conseguinte pe-rigo para calquera viandante. Ánegativa imaxe do muro desfeito,hai que engadir todo o lixo quese acumula na finca.

Días máis tarde, rematado oSan Roque, alguén decidiu forzara porta dunha casa próxima áconcurrida zona dos pubs e plan-tar lume a un contenedor do lixoxusto á súa beira. A rápida actua-ción do propietario da casa, quefoi avisado por un viandante, evi-tou que ocorrera algo máis grave,xa que xusto ó lado estaban apar-

Máis educación e civismo

Cerne Edición dixital en www.asetem.com

Publicación mensual de distribución gratuíta DIreCCIÓn e reDaCCIÓn: Tamara navaza Sa

eDICIÓn: Asociación de Empresarios Terra de Melide (ASETEM-CCA)enDereZo: R/ lino Sexto Sánchez 2, Melide (A Coruña)

Telf. e Fax: 981506188 E-mail: [email protected]ÓnS: Santiago Prado Conde, Xosé núñez lópez, Asociación

de Troiteiros ‘Río Furelos’ de Melide, Rafael Rodríguez GaiosoaGraDeCeMenToS: Pilar lópez, Adolfo Álvarez, Imprenta Meligraf

IMPreSIÓn: norprensa S.A.DePÓSITo LeGaL: lu-456-05

Cerne non se responsabiliza das opinións manifestadas polos seus colaboradores

Tribuna de opinión

O espírito inicialXunta Directiva de aSeTeM-CCa

Os días 3 e 4 de setembro cele-brouse a oitava edición de Mer-camelide, a correspondente átempada de verán.

Dende o Concello fan un ba-lance exitoso desta convocatoria,pero o certo é que moitos dos co-merciantes seguen a ver “frouxa”a feira de saldos de verán.

Precisamente, este ano, houboalgunhas novidades, entre as quedestacou a presenza de variosstands expositores. Isto, unido ósrumores que afirmaban que asis-tirían firmas foráneas, fixo quealgúns comerciantes trasladarana súa lóxica molestia a Asetem.

En primeiro lugar, temos queter claro que o Mercamelidenaceu como unha feira de opor-tunidades na que os comerciantesmelidenses expoñían os restos detempada para darlles saída a pre-zos moi competitivos. O seu es-pírito inicial foi o dunha feira

feita por e para o comercio deMelide. Sabemos que a nova Leide Comercio Interior de Galiciapermite a presenza de expositoresforáneos neste tipo de eventos,pero cremos que sería un erro.

Dende hai varios anos, a loitado comercio melidense céntraseen ofrecer a maior variedade deprodutos e servizos para que osveciños da vila e da comarca nonmarchen mercar ás cidades máispróximas, coma Santiago, Lugoou A Coruña, e menos ás grandessuperficies comerciais.

Dende Asetem-Cca cremos quea inclusión de comerciantes e ex-positores foráneos no Mercame-lide tiraría por terra o traballo eos esforzos do comercio local du-rante moitos anos.

O máis axeitado é que o sectordebata todas estas cuestións parafacer un Mercamelide o máisproveitoso para todos.

cados varios coches.Feitos coma estes, sen contar os

incidentes relacionados cos des-trozos do mobiliario urbano, invi-tan a unha reflexión profundasobre a sociedade que estamos aconstruír. Que tipo de persoas sonas que atopan sentido a facer estesactos? Que educación recibironos autores destes feitos? Estáclaro que parte da cidadanía pre-cisa de máis educación e civismopara poder convivir en sociedade.

Por outra banda, onde estabanas forzas de seguridade para pre-vir ou impedir todo isto? O queocorreu deixa ben claro que Me-lide precisa dunha Policía Local edunha Garda Civil en condicións.Duns corpos que sexan os verda-deiros garantes da seguridade dosnosos veciños e que traballenpara resolver os problemas queimpiden a pacífica convivenciadía tras día. Sabemos que nestes

momentos ámbolos dous corposestán baixo mínimos, que dispo-ñen de poucos efectivos e que avixilancia nocturna é escasa de-bido a esta situación. Para quenon ocorran estes feitos é precisocontar con máis medios e que oseu traballo sexa eficiente. A crí-tica situación financeira que atra-vesa o Concello non pode serexcusa para descoidar a seguri-dade cidadá. Melide non podepermitirse levantarse cada do-mingo chea de desfeitas “provo-cadas” pola movida. Está claroque non tódalas persoas que saende marcha se adican a cometerestas atrocidades, pero a dimen-sión das que cometen uns poucosé preocupante.

Non poden volver repetirse osfeitos que aconteceron neste mesde agosto, porque entre outrascousas, afectan á boa imaxe queMelide proxecta ao exterior.

-EdITORIAl..................................2-EMPRESA.....................................3-MElIdE........................................6-COMARCA...................................11-CulTuRA E lECER....................16-COlAbORACIónS......................22-EnTREVISTA...............................23

ÍnDICe

Page 3: Cerne 69 - Setembro 2011...Cerne 69. Setembro 2011 Empresa 3 Informan sobre as axudas do Igape en asetem-Cca A Asociación de Empresarios Terra de Melide (Asetem-Cca), en colaboración

Empresa 3Cerne 69. Setembro 2011

Informan sobre as axudas do Igape en asetem-Cca

A Asociación de EmpresariosTerra de Melide (Asetem-Cca),en colaboración coa Asocia-ción de Comerciantes e Indus-triais de Palas de Rei, aAsociación de Empresarios eComerciantes de Arzúa e no-vacaixagalicia, organizou o pa-sado 1 de setembro unhacharla informativa na que seaportou información sobre asdistintas liñas de axuda doInstituto Galego de PromociónEconómica (Igape) para em-presarios e comerciantes.

A representante de Afigal(Afianzamentos de Galicia),Claudina Suárez, explicou queesta sociedade apoia ás peque-nas e medianas empresas me-diante a concesión de avaispara obter financiación ante abanca. Ademais, expuxo por-menorizadamente as condi-cións do plan Re-Solve+, queconta con liñas de apoio a cir-culante, para refinanciamentode pasivos e para ampliaciónde capital. O prazo para a pre-sentación de solicitudes na en-tidade bancaria remata o

vindeiro 15 de setembro.Pola súa parte, Silvia Arias,

técnica do Igape explicou osplans Re-Imaxina e Re-brote.A misión dos instituto de pro-moción económica é subven-cionar os tipos de interese dasdistintas operacións, para queós empresarios lles saia máisvantaxoso que negociar coapropia entidade financeira. Oprimeiro dos plans está desti-nada a financiar inversión, através das liñas de microcrédi-tos, Peme xove e Peme compe-titiva. O Re-brote ten comoobxectivo mellorar o acceso acirculante das empresas,dende un mínimo de 300.000euros a 3,5 millóns de euros.

reunión con acipa e aecaA Xunta directiva de Asetem-Cca reunirase con represen-tantes de Acipa e Aeca opróximo xoves 8 de outubro. Oobxectivo é valorar a posibili-dade de desenvolver acciónsconxuntas entre as tres patro-nais para fortalecer o tecidoempresarial e comercial.

Os técnicos expuxeron tres liñasdestinadas á empresa e ó comercio

o comercio local, satisfeito co cambiode data do Mercamelide de verán

Os postos de textil e calzado foron os máis visitados

Os pasados 3 e 4 de setembrocelebrouse a edición estival deMercamelide, no que supoñíaa oitava celebración da feira desaldos. Como soe ser habitual,os comercios presentaron todotipo de ofertas e descontos cofin de dar saída a produtos quetiñan en stock.

A diferenza do ano pasado,os comerciantes optaron portrasladar a cita a setembro enon celebrala no mes deagosto, algo que foi valoradopositivamente polo sector des-pois da celebración da feira.“En agosto supón un sobrees-forzo, porque xa se traballamoito debido á afluencia dexente na vila”, indican dende osector. A maioría de comer-ciantes amosouse satisfeito co

aberto o prazo para que os establecementosse inscriban no rexistro Galego de ComercioA dirección Xeral de Comercioinformou recentemente queestá aberto o prazo para que osestablecementos comerciaisda comunidade se inscribanno Rexistro Galego de Comer-cio. Este novo ente foi creadono marco da lei de ComercioInterior de Galicia.

A inscrición neste novo re-xistro é voluntaria e gratuíta,non obstante, dende a direc-

ción Xeral recalcaron queestar rexistrado é condiciónindispensable para optar a cal-quera das liñas de axuda daXunta ou para participar encalquera dos programas que aAdministración autonómicaconvoca para o sector.

Os propietarios das tendasdeben facer a inscripción a tra-vés de Internet, na páxinahttp://economiaeindustria.xu

nta.es, entrando no portal dadirección Xeral de Comercio epicando na pestana RexistroGalego de Comercio. Alí debe-rán cubrir os documentos es-pecíficos para osestablecementos comerciais.Polo de agora, non existe unhadata límite para anotarse.

Asetem-Cca tamén fará asúa correspondente inscrip-ción como asociación.

Á charla asistiron arredor de 60 persoas

O Concello cifraa asistencia en22.000 persoas,contabilizadaspor un sistemaelectrónico

cambio de data. non obstante,aseguran que a edición estival“é máis frouxa que a de fe-breiro”.

dende o Concello, o edil dePromoción Económica, Santoslópez, fai un balance positivoda convocatoria. “Consegui-mos consolidar a feira nunmomento de crise. Houbomáis stands que en anterioresedicións -un total de 29- e am-pliamos a oferta de produtos,o que fai o Mercamelide máisinteresante”.

lópez informou de que o sis-

tema electrónico que se es-treou nesta edición para con-tabilizar ós asistentes,computou un total de 22.000persoas.

novidadesEsta oitava edición presentouvarias novidades, entre elas apresenza de varios postos adi-cados á exposición e non ó co-mercio propiamente dito.“Temos que ofrecer activida-des complementarias parafacer a feira máis atractiva”,indicou o edil melidense.

Page 4: Cerne 69 - Setembro 2011...Cerne 69. Setembro 2011 Empresa 3 Informan sobre as axudas do Igape en asetem-Cca A Asociación de Empresarios Terra de Melide (Asetem-Cca), en colaboración

4 Empresa Cerne 69. Setembro 2011

1. Proceso de Selección de entidades Co-laboradoras na xestión de subvenciónsda Consellería de economía e Industriapara promover a sociedade da informa-ción no comercio retallista galego, seaproban as bases reguladoras de ditas subven-cións e se procede á convocatoria para o ano2011. (dOG nº 164, do 29 de Agosto de 2011)

I. Selección de Entidades Colaboradoras. Entidades Colaboradoras: Empresas privadascon personalidade xurídica e empresarios indi-viduais, con sede ou centro de traballo en Ga-licia e acrediten requisitos de solvencia técnica,económica e de eficacia. non poderán acadar a condición de entidadecolaboradora as agrupacións de persoas físicasou xurídicas, comunidades de bens ou calqueroutra entidades en personalidade xurídica pro-pia.

Prazo de solicitude de adhesión: Ata o 29 deSetembro de 2011.

As entidades colaboradoras seleccionadas de-berán tramitar ante a Consellería as subven-cións dos solicitantes, verificar que reúnen osrequisitos de acceso, notificar aos beneficiariosa avaliación previa positiva das solicitudes,adiantar a contía destas subvencións, vendersó os equipamentos que cumpran as condi-cións mínimas e dentro dos prezos máximosestablecidos.

II. Subvencións para promover a sociedade dainformación no comercio retallista galego. ·beneficiarios: Comerciantes retallistas, per-soas físicas ou xurídicas, comunidade de bensou calquer outro tipo de unidade económica oupatrimonio separado sen personalidade xurí-dica; con domicilio fiscal en Galicia e alta noIAE, nos epígrafes relacionados na axuda; conmenos de 10 traballadores e menos de 150 m2de superficie comercial de exposición e venda(excepto para vendedores ambulantes ou mo-blerías)

Actuacións subvencionables: .- Modalidade A: netbook, de custo máximo400€ + IVE; Portatil, de custo máximo 650€ +IVE; Ordenador de Escritorio, de custo má-ximo 750€ + IVE. .- Modalidade b: Software de xestión comercial

e/ou almacén, de custe máximo 1.000€ + IVE;Soporte técnico, implantación in situ e forma-ción, por un custo máximo de 400€ + IVE. .- Modalidade C: Paxina Web comercial, cuncuste máximo de 1.000 € + IVE .- Modalidade d (periféricos e componentes):lector de Codigo de barras, cun custe máximode 200€ + IVE; Caixón Portamoedas, cun custemáximo de 60€ + IVE; Impresora de Tickets,cun custe máximo de 230€ + IVE. .- Modalidade E: Paquete TPV integrado, cuncuste máximo de 2.142,80€ + IVE. (Esta mo-dalidade é excluinte coas modalidades A, b, Ce d)

·Contía: 70% do investimento, máximo 1.500€por beneficiario. ·Prazo de solicitudes: dende o día seguinte dapublicación no dOG da relación de entidadescolaboradoras ata o 10 de novembro de 2011.

2. reMaTe Do PraZo De SoLICITUDeDaS SeGUInTeS aXUDaS:

reMaTan o 15/09/2011: .- Programa RE-SOlVE + do IGAPE.

reMaTan o 30/09/2011, entre outras:.- Programa de incentivos para promover a afi-liación á seguridade social das persoas cotitu-lares ou titulares de explotacións agrarias.(dOG nº 61, do 28 de marzo de 2011) .- Programa de promoción da integración labo-ral das persoas con discapacidade na empresaordinaria. (dOG nº 63, do 30 de marzo de2011) .- Programa de incentivos ás empresas cualifi-cadas como Iniciativas de Emprego de baseTecnolóxica (IEbT). (dOG nº 63, do 30 deMarzo de 2011) .- Programa de incentivos á contratación daspersoas traballadoras. (dOG nº 61, do 28 deMarzo de 2011) .- Programa das Iniciativas Emprendedoras ede Emprego (I+E+E). (dOG nº 61, do 28 demarzo de 2011) .- liñas do IGAPE de financiamento subsidiadopara microempresas, proxectos emprendedo-res e investimentos das pemes para a melloracompetitiva en Galicia (Programa Re-Ima-xina). (dOG nº 119, do 22 de xuño de 2011) .- Programa para a promoción do emprego au-tónomo. (dOG nº 60, do 25 de marzo de 2011)

axudas e subvencións

LeI De aCTUaLIZaCIÓn, aDeCUaCIÓn e MoDer-nIZaCIÓn Do SISTeMa De SeGUrIDaDe SoCIaL.(PARTE II) (bOE 184, do 2 de Agosto de 2011)

aMPLIaCIÓn Da CoBerTUra De aCCIDenTeS DeTraBaLLo e enFerMIDaDeS ProFeSIonaISCon efectos do 1 de Xaneiro de 2013, os traballadores que cau-sen alta calquera réxime da Seguridade Social, deberá suscribirobligatoriamente a protección por continxencias profesionais(accidente de traballo e enfermidades profesionais); que paracertos rexímenes, como o de Autónomos, era voluntaria. Istosuporá un incremento na contía da cotización que variará enfunción do risco da actividade.

CoMPLeMenTarIeDaDe De InGreSoS Coa Pen-SIÓn De XUBILaCIÓnO percibo da pensión de xubilación será compatible coa reali-zación de traballo por conta propia cuxos ingresos anuales to-tais non superen o SMI en cómputo anual. Quenes realicenestas actividades non estarán obrigados a cotizar polas presta-cións da Seguridade Social; se ben, tampouco xerarán novos de-reitos sobre as prestacións da Seguridade Social. Asimesmo, o Goberno estudia un proxecto de ley que regule acompatibilidade entre pensión e traballo, garantizando o relevoxeracional e a prolongación da vida laboral.

MeDIDaS UrXenTeS Para a ProMoCIÓn Do eM-PreGo De XÓveneS, FoMenTo Da eSTaBILIDaDeno eMPreGo e ManTeMenTo Do ProGraMa DereCUaLIFICaCIÓn ProFeSIonaL (bOE 208, do 30 deAgosto de 2011)

ConTraTo Para La ForMaCIÓn Poderase celebrar con traballadores maiores de 16 anos e me-nores de 25 anos que carezan da cualificación profesional re-querida para concertar un contrato en prácticas. A duración mínima do contrato será de 1 ano e máximo de 2anos. As empresas que ata o 31/12/2013, celebren contratos para aformación con desempregados maiores de 20 anos inscritos naoficina de emprego con anterioridade ó 16/08/2011, terán de-reito durante a vixencia do contrato a unha reducción de coti-zación do 100% (empresas de menos de 250 traballadores) oudo 75% para o resto. Para ter dereito a esta reducción, o con-trato deberá supoñer un incremento da plantilla da empresa. As empresas que a súa finalización, transformen estos contratosen indefinidos, terán dereito a unha reducción da cuota empre-sarial a la Seg. Social de 1.500 €/ano durante 3 anos. (1.800€/ano mulleres); sempre que a transformación supoña un in-cremento do nivel de emprego fixo na empresa. Os contratos para a formación celebrados antes da entrada envigor desta norma, rexiranse pola normativa legal e convencio-nal vixente na data en que se celebraron. Transitoriamente, ata o 31 de decembro de 2013, o contratopara a formación e aprendizaxe poderase celebrar tamén contraballadores que, carecendo de cualificación profesional, sexanmaiores de 25 anos e menores de 30 anos.

SUSPenSIÓn TeMPoraL Da aPLICaCIÓn Do arT.15.5 Do eSTaTUTo DoS TraBaLLaDoreS (enCa-DenaCIÓn De ConTraToS TeMPoraIS) durante os 2 anos seguintes a esta norma, suspendese a aplica-ción no disposto no artigo 15.5 do E.T., que di que os traballa-dores que nun período de trinta meses estiveran contratadosdurante un plazo superior a vintecatro meses, para o mesmo oudiferente posto de traballo ca mesma empresa ou grupo de em-presas, mediante dous ou máis contratos temporais, adquirirána condición de traballadores fixos.

Fiscal e laboral

Page 5: Cerne 69 - Setembro 2011...Cerne 69. Setembro 2011 Empresa 3 Informan sobre as axudas do Igape en asetem-Cca A Asociación de Empresarios Terra de Melide (Asetem-Cca), en colaboración

Publicidade 5Cerne 69. Setembro 2011

Page 6: Cerne 69 - Setembro 2011...Cerne 69. Setembro 2011 Empresa 3 Informan sobre as axudas do Igape en asetem-Cca A Asociación de Empresarios Terra de Melide (Asetem-Cca), en colaboración

San roque de multitudes con sabor a pasado

6 Melide Cerne 69. Setembro 2011

Melide celebrou as súas festasgrandes entre multitude de ve-ciños e visitantes que quixerongozar das diversas actividadesde ocio que a vila ofertou du-rante unha semana enteira.

O pistoletazo para o iniciodas festas púxoo a actuaciónda Orquestra Sinfónica de Me-lide, que co seu espectáculo‘Gala Americana’, cautivou ópúblico. A Praza do Conventoestaba ateigada de xente quenon quixo perder o tan co-mentado regreso da formaciónmusical ás festas melidenses,

A Orquestra Sinfónica de Melide reuniu a centosde persoas na Praza do Convento

Orquestras como a París de noia foron outrodos atractivos das festas do San Roque

Os nenos gozaron nas atraccións de feira e coasactividades organizadas no día do neno

Varias persoas derrubaron un muro de bloquesna rúa Galicia, en pleno centro de Melide

A actuación daSinfónica foimoi ben acollidapolo público

A semana grandesaldouse con varios incidentesdurantes as noites de marcha

despois de catro anos sen ac-tuación no San Roque.

O bo tempo acompañou ólongo de toda a semana fes-tiva, o que tamén foi propiciopara que se achegaran máis vi-sitantes, que viñeron atraídospolas actuacións das diversasorquestras que completaronun cartel no que estaban pre-sentes as formacións máis re-coñecidas do panoramamusical galego.

Os cativos tamén tiveron ac-tividades deseñadas especial-mente para eles no día doneno, que supuxo o punto efinal das festas.

Hostaleiros e comerciantesestán satisfeitos cos resultadosobtidos neste San Roque,aínda que aseguran que “nonse pode comparar ás festas dehai uns anos, antes da crise”.

O punto negativo da semanafestiva puxérono os diversosincidentes rexistrados duranteas noites de movida. Entre osmáis graves, o derrube dunmuro na rúa Galicia e aqueima dun contenedor dolixo á beira dunha casa en Ro-salía de Castro.

Page 7: Cerne 69 - Setembro 2011...Cerne 69. Setembro 2011 Empresa 3 Informan sobre as axudas do Igape en asetem-Cca A Asociación de Empresarios Terra de Melide (Asetem-Cca), en colaboración

Publicidade 7Cerne 69. Setembro 2011

Stop: tradición e calidade en almorzos e tapasOs petiscos deorella, zorza echipiróns son as especialidadesdesta cafeteríadespois de adquirir experien-cia no sector da hostalería,Jorge Santiso Pérez decidiuaproveitar a oportunidade depoñerse á fronte da CafeteríaStop, ubicada na esquina darúa Cátedra con San Antonio,no casco vello melidense.

Abriu as portas o 5 de maiodo 2010 e, dende aquela, nondeixou de colleitar éxitos noseu negocio. “Estamos funcio-nando ben, a xente respondeuben e xa temos unha clientelamoi boa”. Aínda así, Jorge creque a cousa mellorará “unhavez que pase o tempo sufi-ciente para que poida demos-trar a miña forma detraballar”. Asegura que se pre-cisa bastante tempo para levara cabo a liña de traballo que

Jorge Santiso coida cada detalle na atención aos seus clientes

tiña plantexada para o nego-cio. non obstante, ten moiclaro o obxectivo co que oabriu: “quero ofrecer produtosde calidade e tradicionais, aprezos razoables”.

especialidadesA cafetería Stop está especiali-

zada en almorzos e tapas.dende as 6.00 da mañá en ho-rario de verán, e a partir das7.00 no inverno, o local con-vértese nun ir e vir de xenteatraída polos completos al-morzos que se serven neste re-cuncho próximo á Praza doConvento. Tostadas de pan ar-

tesán con marmelada, crois-sants que coce o propio Jorgee galletas, acompañan a un ex-quisito café con leite e unhapequena dose de zume de la-ranxa. Jorge confirma o éxitodos almorzos. “Funcionan moiben, tanto entre os peregrinoscoma entre os veciños da vila”.

Outra das especialidades dacasa son as tapas, todas elabo-radas “ao estilo Stop”. Jorgefai referencia ao alcume queten o local. “Esta sempre foi ‘acasa do picante’. Agora non segasta tanto coma antes, pero éde moi boa calidade”.

Chipiróns e choquiños áprancha, orella con picante ezorza son as tapas de referen-cia neste local, no que podenverse fotos do Melide antigo. Aorella picante, que se servecada venres, foi a gañadora dosegundo concurso ‘Melide detapas’ -organizado por Ase-tem-Cca- que se celebrou du-rante tódalas fins de semanado pasado mes de xuño.

Ademais destes petiscos, oStop tamén ofrece unha amplavariedade en bocadillos.dende os tradicionais delomo, xamón ou bacon conqueixo ata os máis lixeiroscoma o de atún con tomate.

Para o futuro, Jorge ten pen-sado aumentar a súa carta dealmorzos, que de seguro teráno mesmo éxito que o colleitadoata o de agora.

CafeteríaSTOP

Especialidades en:Desayunos

TapasBocadillos

Rúa Cátedra, 1 - Esquina San Antonio15800 - MELIDE

Page 8: Cerne 69 - Setembro 2011...Cerne 69. Setembro 2011 Empresa 3 Informan sobre as axudas do Igape en asetem-Cca A Asociación de Empresarios Terra de Melide (Asetem-Cca), en colaboración

8 Melide Cerne 69. Setembro 2011

retiran uns 600 quilosde lixo nas xornadas delimpeza do río Furelos

Melide vibrou co fútbol sala ao longo do mes de agosto

Os troiteiros retiraron varias pranchas de metal do río

Por sétimo ano consecutivo, aAsociación de Troiteiros ‘RíoFurelos’ de Melide levou acabo as xornadas de limpeza.nesta edición, a falta dun díade traballo, lévanse retiradouns 600 quilos de lixo.

Os voluntarios recolleron docauce do Furelos unha portadun coche, televisores, pran-chas metálicas, plásticos elatas. O achado máis impac-tante foi o de varios sacos con

animais mortos que foron tira-dos ó río para afogalos.

dende o colectivo de troitei-ros aseguran que a cantidadede lixo retirada é “manifesta-mente inferior á de anos ante-riores, o que significa queunha nova mentalidade base-ada no respeto e coidado dorío se vai abrindo camiño”.

O día 9 de finalizarán as xor-nadas, coa limpeza dos acce-sos ao río no tramo acoutado.

O fútbol sala é un dos deportescon máis seareiros en Melide.demóstrao a celebración dotorneo ‘Concello de Melide’ aolongo de todo o mes de agosto,no que participaron un totalde 25 equipos. O conxunto ga-ñador foi Cafetería Pedrito,que se impuxo ao big-ben,nun partido seguido por du-cias de persoas.

Os dous grandes equipos dofútbol sala galego, o lobelle deSantiago e o Azkar de lugo,enfrontáronse nun encontro -gañaron os lucenses-, que foi oprato forte da xornada de pre-sentación da nova plantilla doMelide Fútbol Sala. Equipo gañador do torneo ‘Concello de Melide’ Momento da presentación do Melide Fútbol Sala

o III rali de históricos contará con varios pilotos internacionaisA organizaciónagarda unha inscrición de 70 pilotos

Jesús Ferreiro foi o gañador do II Rali de Galicia de HistóricosPor terceiro ano consecutivo,as estradas da Terra de Melideconverteranse no epicentro nomundo dos coches históricos-durante a fin de semana do 16e 17 de setembro, coa celebra-ción do Rali de Galicia Histó-rico Terra de Melide-Camiñode Santiago.

A proba -organizada pola es-cudería local Melide MotorS-port- será puntuable para ocampeonato de España de co-ches históricos nas modalida-des de velocidade eregularidade. Será a quinta ca-rreira do campeonato e dendea organización agardan a pre-senza duns 70 pilotos. O prazode inscrición péchase o 9 desetembro.

O prestixio deste rali vai enaumento ano tras ano, e nestaedición espérase a participa-ción de condutores internacio-nais. Correrán dous pilotosbelgas, preparadores de vehí-culos clásicos, e é posible apresenza de pilotos portugue-ses, segundo confirma Javier

Anido, membro da escuderíaorganizadora. “A proba teráun marcado carácter interna-cional”, afirma Anido. Ade-máis está confirmada apresenza de Santiago Cañiza-res (ex porteiro de fútbol) eToño Sáinz (irmán de CarlosSáinz), que xa participaran naanterior edición. “Moitos pilo-tos do resto de España animá-ronse a vir polo bo traballoque estamos a facer”, indicaAnido, que recorda que fanpromoción do rali melidenseen tódolas carreiras nas queparticipan co equipo capitane-ado polo piloto Jesús Ferreiro.

novos tramosO sábado 17 disputarase acompetición, con percorridospolos catro concellos da co-marca e tamén por terras dePalas de Rei e Agolada. Cam-biáronse dous dos catro tra-mos: o de Santiso, que se fará“en sentido inverso, por inno-

var e porque coincidía coasobras da estrada Melide-Vi-santoña”e introdúcese unnovo en Ramil. “Puxemos estetramo pola mañá porque écurto e ten un firme bo, paraque non romperan moitos co-ches”, indica Anido. A pesardos cambios, asegura que orali mantén o seu espírito ini-cial, “con tramos pequenos, fá-ciles de recoñecer e moi cercauns dos outros”.

O primeiro tramo, cuxa pri-meira pasada comeza ás 8.58horas será o de Toques. logodisputarase o de Ramil (10.11horas) e, xa pola tarde, os deSobrado (15.07 horas) e San-tiso (15.50 horas).

ó igual que na pasada edi-ción, o venres pola noite des-putarase un circuíto urbanopolas rúas melidenses, par-tindo dende a rúa Agüeiros,pasando pola Cooperativa Me-lisanto, o Polideportivo, o IESe con meta no Colexio nº1.

A proba tendous novos tramos e pasarátamén por Agolada e Palas

En dous días de limpeza xuntaron 600 quilos de refugallos

Page 9: Cerne 69 - Setembro 2011...Cerne 69. Setembro 2011 Empresa 3 Informan sobre as axudas do Igape en asetem-Cca A Asociación de Empresarios Terra de Melide (Asetem-Cca), en colaboración

Publicidade 9Cerne 69. Setembro 2011

Page 10: Cerne 69 - Setembro 2011...Cerne 69. Setembro 2011 Empresa 3 Informan sobre as axudas do Igape en asetem-Cca A Asociación de Empresarios Terra de Melide (Asetem-Cca), en colaboración

10 Melide Cerne 69. Setembro 2011

Este semáforo, que se atopa naRonda da Coruña á altura docruce coa Avenida de Toques eFriol, ten cansos a todos osque transitan pola zona a dia-rio. dende que un pulsa obotón ata que o petatón se ponen verde poden pasar variosminutos e logo, o tempo para

cruzar é bastante xusto. Poriso, moitas persoas acostumana cruzar a vía sen esperar aque abra o semáforo. Os en-cargados de velar pola seguri-dade vial deberían corrixiresta anomalía. un remedioben fácil para un problemaque pode causar un desgusto.

o semáforo da desesperaciónFoTo-DenUnCIao II encontro de Bolillos

celebrarase o 8 de outubro

Máis de 260 palilleiras xuntáronse no encontro do ano pasado

Coa mente e as expectativaspostas na exitosa primeira edi-ción do Encontro de Encaixede bolillos e labores Artesa-nais de Melide, as palilleirasda Asociación de Mulleres Ca-tasol ultiman os preparativospara celebrar o segundo cer-tame. A cita será o día 8 de ou-tubro -sábado-, no Pazo deCongresos melidense.

Mariví Rodríguez, unha dasorganizadoras, afirma queagardan superar a cifra deasistentes da pasada edición, áque asistiran máis de 260 par-

ticipantes. “Agardamos queveña máis xente porque taménpromocionamos o encontro enmáis sitios”, indica Rodríguez.O prazo de inscripción finalizao próximo 26 de setembro. Osinteresados poden inscribirsea través dos teléfonos699117830, 981505055 e610878277 e no email [email protected]

Como na anterior edición,haberá demostración en vivo,sorteo de regalos entre os par-ticipantes e postos especializa-dos en labores artesanais.

Joyería

Oro Ley

Rúa de San Pedro, 1415800 MELIDE (A Coruña)Tlf: 981 50 54 68

Taller propio

o Miss Galicia Terceira Idadecelebrarase o 2 de outubro

O Concello de Melide confir-mou a recuperación do cer-tame Miss e Míster GaliciaTerceira Idade. O evento cele-brarase o próximo 2 de outu-bro, domingo.

Segundo confirmou a conce-lleira de Igualdade e benestar,María Jesús lópez Mourón, osparticipantes poderán optar anove títulos. Sete correspón-dense á categoría feminina:

miss Galicia, beleza, elegancia,fotoxenia, verán, simpatía emarchosa- e dous na de homes-míster guapo e simpatía-.

dende o Concello destacanque é un festival “moi deman-dado polos veciños”, que reu-nirá aos integrantes doscentros sociais de toda Galicia.O centro social de Melide es-collerá os seus representanteso próximo 25 de setembro.

Homenaxe a Suso de Donicio no San roque

Suso de donicio foi un gran amante da música das bandas

Medio ruraldestina fondospara rematara parceleria deMaceda-oroisO Concello de Melide infor-mou recentemente que a Con-sellería de Medio Ruraldestinou uns 244.000 eurospara rematar as obras de acon-dicionamento de entrada ásfincas da parcelaria das parro-quias de Maceda e Orois.deste xeito, indicaron ós veci-ños que deberán presentar unformulario no que especifi-quen o número de fincanasque é preciso facer entradas,rampas ou desfacer valadosnas mesmas.

Segundo a alcaldesa meli-dense, Ánxeles Vázquez, “o re-mate da concentraciónparcelaria é moi necesario, xaque cada día que pasa senacondicionar as fincas e senfacer entrega das mesmas,suón unha merma económicaimportante para os seus pro-pietarios”.

A esta partida, hai quesumar outra de 540.000 eurosinvertidos anteriormente.

O pasado 18 de agosto, en ple-nas festas do San Roque, a co-misión de festas do ano 94,rendeu unha sentida home-naxe a Suso de donicio, veciñode Melide que faleceu recente-mente. Ricardo lópez e Rafaellópez entregaron un ramo derosas aos fillos do colaborador,María del Pilar e Jesús, enagradecemento á súa colabo-ración coas distintas comi-sións de festas.

Suso de donicio era un granamante da música das bandase foi, ano tras ano, guía dospercorridos das formacións fi-xeron polas rúas da vila.

Imaxe de arquivo do certame Miss Galicia Terceira Idade

Page 11: Cerne 69 - Setembro 2011...Cerne 69. Setembro 2011 Empresa 3 Informan sobre as axudas do Igape en asetem-Cca A Asociación de Empresarios Terra de Melide (Asetem-Cca), en colaboración

Comarca 11Cerne 69. Setembro 2011

Probemas de financiación nosconcellos ó non liquidar en prazoSantiso, Sobradoe Toques nonpresentaron en tempo as contas do 2010

Tres dos catro concellos da co-marca -Santiso, Sobrado e To-ques- poderían ter problemasde financiación a curto prazose se cumpre a advertencia doMinisterio de Economía denon facer a transferencia daparticipación nos tributos es-tatais a aqueles concellos quenon presentaron a liquidacióndo presuposto de 2010 noprazo establecido. deste xeito,o Goberno central quere darcumprimento á ley de Econo-mía Sostenible.

O período para presentar asliquidacións remataba o 31 dexullo, data de fin da prórrogaque concedeu o ministerio a

aqueles concellos que non pre-sentaron as contas no pri-meiro prazo, que finalizou opasado mes de marzo.

dende o Concello de San-tiso, confirman que aínda nonpresentaron a liquidación dascontas do ano pasado. “Teré-mola preparada para estemes”, indica o alcalde, Fer-nando Suárez (PSOE). “Ato-pámonos con isto candochegamos ó goberno, hai tresmeses. Estaban as contas departe do 2008 e do 2009 senrematar”.

Santiso recibe uns 24.000euros mensuais do Estado, untercio dos seus ingresos pormes. “Supoñería moito pro-blema non recibir esta partida,teremos que suspender variospagos, incluso ós funciona-rios”, advertiu Suárez. “Cre-mos que temos remanente,pero como están as contas senterminar, non podemos gastareses cartos”, puntualiza.

O Concello de Toques está

na mesma situación, coa dife-renza de que xa ten presenta-das as contas, aínda que fórade prazo. A liquidación foi en-tregada o 2 de agosto, segundoconfirmou o alcalde, JorgeCalvo (PP), dous días despoisde rematar o período conce-dido por Economía.

“Por ahora no recibimosninguna noticia directa del mi-nisterio, pero estamos a la es-pera de alguna notificación”,confirma Calvo. Se finalmenteo Goberno estatal decide nonfacer o ingreso mensual, sería“un buen palo” para Toques,que quedaría sen unha partidade algo máis de 19.800 eurosmensuais.

O Concello de Sobradotamén está na ‘lista negra’ demunicipios que non entrega-ron as contas en tempo. nonobstante, dende o consistorionon confirmaron este extremonin facilitaron a cifra de ingre-sos estatais que percibe cadamensualmente.

a banda de visantoña celebrou o XX día do socio

O pasado 21 de agosto cele-brouse a XX festa do socio dabanda de Música de Visan-toña. O evento tivo lugar,como é tradición, no Pazo deVilar de Ferreiros. Comezoucoas actuacións musicais dosdistintos grupos da escola mu-sical ‘Eugenio Pazos Reyes’,dirixidos polas mestras Anitae Malena Pazos Pintor.

Ademais, actuaron o grupode gaitas local ‘Fol da Chousa’,e os grupos de cámara de ex

alumnos da escola da bandade Visantoña. As actuaciónsforon moi aplaudidas, pero osasistentes botaron en falta aactuación da banda de músicaao completo.

Cambio de directivadende comezos de agosto, onovo presidente da asociacióncultural banda-Escola de Mú-sica de Visantoña, é FernandoCamino Carril, que substitúe aSusana Varela.

Postal do grupo de nenos da escola de música

ESTU

DIO

DE A

RQ

UIT

EC

TUR

A

Y U

RB

AN

ISM

O GONZALO NAVAZA MOSTEIRO

LEGALIZACIÓN DE

EDIFICACIONES SIN LICENCIA

Arquitecto técnico

Se realizan expedientes de edificaciones sin licenciapara obtener declaración municipal de incursión en SITUACIÓN LEGAL de fuera de ordenación total. (Disposición transitoria tercera, Lei 2/2010)

FIN DE PLAZO: 20 de abril de 2012

Crtra. de Besexos, 1 - 2ºCTfno: 986582280 - 67056230836590 - VILA DE CRUCES

ANTONIO HERNANDO EZQUERRA

Arquitecto

Algunos de nuestros proyectos

Rúa Santiago, 11 - 1ºDTfno: 98150808115810 - ARZÚA

Page 12: Cerne 69 - Setembro 2011...Cerne 69. Setembro 2011 Empresa 3 Informan sobre as axudas do Igape en asetem-Cca A Asociación de Empresarios Terra de Melide (Asetem-Cca), en colaboración

12 Comarca Cerne 69. Setembro 2011

o GDr da comarca validou variosproxectos pendentes de axudas

Toques ultima detallespara a apertura do albergue e a biblioteca

O Grupo de desenvolve-mento Rural (GdR) ulla-T a m b r e - M a n d e oaprobou na última reu-nión da súa Xunta direc-tiva tres proxectos queoptan ás axudas do pro-grama leader. En con-creto, trátase do plan demodernización da Quei-xería Santos de Sobrado;a compra dun robot demuxido na explotacióngandeira barreiro lo-

deiro de Arzúa e a com-pra dun vehículo adap-tado para transportarpersoas con mobilidadereducida polo Concellode boimorto. Estes tresproxectos súmanse a ou-tros tres aprobadosnunha reunión da direc-tiva celebrada en xuño.Agora, co ditame do GdRfavorable, e estando xaverificados os proxectospor Agader, os solicitan-tes agardan á resolucióndefinitiva do expedientepor parte da Xunta deGalicia. O equipo técnico do GdRrecalca que o prazo paracursar solicitudes de axu-das está aberto ata se-

tembro do 2013. O grupodispón dun total de 3,5millóns de euros en axu-das, con posibilidade deampliarse.

renovación directivana reunión do pasado 1de setembro produciusea renovación da Xuntadirectiva, na que volve afigurar como presidenteOvidio leiva -en calidadede representante da Aso-ciación A braña- que xaocupara o posto como re-presentante do Concellode Santiso. O vicepresi-dente é o alcalde de Cur-tis, Javier Caínzos. Oscargos foron elixidos porunanimidade.

O Concello de Toques infor-mou que está a traballar nosúltimos detalles de cara a abriro albergue e a biblioteca muni-cipal, ubicada no Edificio Mul-tiusos de Souto.

Segundo indicou o alcalde,Jorge Calvo (PP), estanse alevar a cabo as últimas inspec-cións para dar a apertura ofi-cial das instalacións. “Hacepocos días recibimos una ins-

pección de Turismo, de laXunta”, confirmou Calvo easegurou que “como muytarde, calculamos que las ins-talaciones estén abiertas endos meses”.

no caso da biblioteca, os tra-ballos céntranse na acomoda-ción dos fondos e naampliación de estanterías, de-bido á recepción dunha novadonación nas últimas datas.

Centos de persoas reuníronsena Festa do río na Cornella

O tempo acompañou a unhadas celebracións campestresmáis populares de Santiso, aFesta do Río da Cornella. naárea recreativa da Ponte Arce-diago xuntáronse arredor da

mesa centos de persoas reuni-das con familia e amigos. nonfaltou a música tradicional e astípicas charangas. A festa pro-longouse ata altas horas damadrugada.

A agrupaciónaprobou seisproxectos paraas subvenciónsdo plan leader

Sobrado celebrou a Festa da Troita coa degustación de máis de 300 quilos do manxar

que o ano pasado, “porque ocartel da edición anterior, naque actuaron los Suaves, tiñamáis atractivo”.

A xornada gastronómica

completouse coas actuaciónsdo grupo de música tradicio-nal galega A Maristela, Tró-pico de Grelos e a orquestraFania blanco Show.

Sobrado viviu con éxito a cele-bración da XII edición daFesta da Troita á Montañesa,durante a fin de semana do 20e 21 de agosto.

dende o Concello cifran en3.500 as persoas que partici-paron nas actividades progra-mas nos dous días decelebración, sendo masiva aafluencia á degustación do co-diciado peixe. Tanto é así, quese consumiron máis de 300quilos preparados ó estilomontañesa, segundo a tradi-ción sobradina.

O primeiro día estaba reser-vado unicamente para as ac-tuacións musicais dos gruposRiff Raff e def con dos. Se-gundo indicaron fontes muni-cipais, a asistencia foi menor

Concello de Santisodeséxalles

Felices Festas

Page 13: Cerne 69 - Setembro 2011...Cerne 69. Setembro 2011 Empresa 3 Informan sobre as axudas do Igape en asetem-Cca A Asociación de Empresarios Terra de Melide (Asetem-Cca), en colaboración

Comarca 13Cerne 69. Setembro 2011

FESTAS dA SAnTA CRuZSantiso prepárase para dous días de celebraciónsnos que honrará á Santa Cruz e á virxe das DoresAs festas teñenun presupostode 16.000 euros,custeados nasúa maior partepolos veciñosnos últimos coletazos doverán, Santiso celebra unhadas festas con máis sona doConcello. Os próximos días 14e 15 de setembro honrará áSanta Cruz e á Virxe dasdores, respectivamente.

Os encargados de organizaras festas son un grupo de noveveciños: Pablo Sánchez, luísPeón, Suso Mosquera, MarcosSanda, diego Torreiro, Ma-nolo Suárez, luís Val, ManoloAgra e Augusto diéguez.

A súa presenza na comisiónnon é fortuíta, xa que perten-cen a cada unha das parro-quias ou zonas do concello, coobxectivo de lograr unhamaior organización do traballo

e para a recadación das cotas. Para este ano prepararon

dúas xornadas de festa -o día15 é festivo local no concello-que estarán amenizadas poralgunhas das orquestras máiscoñecidas no panorama ga-lego, como son Sintonía deVigo ou Galilea.

Para este ano, o presuposto

que manexan ascende a16.000 euros. Contan coaaxuda do Concello e da depu-tación da Coruña, pero o querealmente supón o groso dosfondos son as aportacións dosveciños. Por iso, a comisiónquere agradecer a axuda detoda a veciñanza e desexarlleunhas boas festas.

Membros da comisión de festas da Santa Cruz

ANÚNCIATE NO CERNEO xornal da

Terra de Melide

663687322

981506188

[email protected]

Page 14: Cerne 69 - Setembro 2011...Cerne 69. Setembro 2011 Empresa 3 Informan sobre as axudas do Igape en asetem-Cca A Asociación de Empresarios Terra de Melide (Asetem-Cca), en colaboración

14 Publicidade Cerne 69. Setembro 2011

á mODA CON ASEtEm-CCA > EL

Combinación casual en negro e grisSinónimo de elegancia por exce-lencia, o negro convértese outratempada máis na cor predomi-nante no vestiario masculino deinverno. Lévase combinado contódalas posibilidades que ofrecea gama de grises, con azuis e in-cluso con marróns. Tamén sepermite un toque de cor.

David Mato viste unha camisagris con combinados en cuello epuños, pantalón vaquero e plu-mífero negro con raia diplomá-tica e puños elásticos, todo deQ’ Me Compro. Calza uns de-portivos, en negro con punteiraazulada de Calzados Broz. Foipeiteado por Toño Peluqueros.

Calzados Broz. Zapato aboti-nado de pel, en cor negra.Prezo: 110 euros

Muxica Tenda Xoven. Cintu-rón artesanal de coiro con febi-lla metalizada. Prezo: 30,60euros. Billeteira en pel negra.Prezo: 28,50 euros. Pulseiraancha de coiro con corchetes.Prezo: 9,50 euros. Pulseira conaplicacións e peche metalizado.Prezo: 16,50 euros.

Q’ Me Compro. Suéter de algodón con cue-llo abotonado. Prezo: 34 euros. Camisetabásica con logo estampado en azul. Panta-lón vaquero. Prezo: 44 euros.

Page 15: Cerne 69 - Setembro 2011...Cerne 69. Setembro 2011 Empresa 3 Informan sobre as axudas do Igape en asetem-Cca A Asociación de Empresarios Terra de Melide (Asetem-Cca), en colaboración

Publicidade 15Cerne 69. Setembro 2011

á mODA CON ASEtEm-CCA > ELA

Cores cálidas para alegrar o outonoÁ marxe dos tradicionais ne-gros, grises, marróns e azuis os-curos, este outono veñen coresmoi vivas, continuando coa ten-dencia do chamativo ‘colorblock’ que tanto se levou du-rante o pasado verán.Sandra Lema leva camiseta asi-métrica tricolor con leggins e

americana cor mostaza de Q’Me Compro. Os botíns son depel marrón, con forro de pelo,de Calzados Broz; a xogo conbrazalete e bolso con pespuntesdestacados e pendentes en cormostaza de Muxica TendaXoven. O peiteado e maquillaxeson de Toño Peluqueros.

Calzados Broz. Bota de pelvuelta en cor taupe. Prezo: 81euros

Muxica Tenda Xoven. Foulardcon estampado marrón en fondoblanco. Prezo: a partir de 12euros. Mini-bolso en cor crema.Prezo: 12,90 euros. Pulseiras decoiro con apliques en metal ebólas de cores, feitas a man.Prezo: a partir de 14,50 euros.

Q’ Me Compro. Pantalón de pinzas en azuleléctrico. Prezo: 24 euros. Camiseta azul araias con aplique de boneca en patchwork.Prezo: 20 euros.

Page 16: Cerne 69 - Setembro 2011...Cerne 69. Setembro 2011 Empresa 3 Informan sobre as axudas do Igape en asetem-Cca A Asociación de Empresarios Terra de Melide (Asetem-Cca), en colaboración

16 Cultura e lecer Cerne 69. Setembro 2011

Chega o San Caralampio, a última festa do veránnove hostaleirosda Zona dosViños contestanás preguntas deCerne sobre apopular festa

A música das charangas anima a Zona dos Viños durante toda a xornada

Cuestionario:1. Cantos anos leva connegocio na zona?2. Que agarda do SanCaralampio deste ano?3. Que propostas tenpara mellorar a Zonados viños?

hai 17 anos”.2. “Creo que mellorou unpouco con respeto a anos an-teriores”.3. “Agardo que se manteñacomo zona de tomar viños eque non se convirta nunhazona de copas”.

Ángeles, Bar Cepa1. “Meus pais estiveron dende1967 e eu dende o 93”2. “Agardo que sexa coma o

ano pasado, quedamos moicontentos”.3. “Convertila nunha zona pe-atonal”.

Carlos, Xaneiro1. “Hai 34 anos que abrironmeus pais. dende o ano pa-sado, que fixemos reformas,estou eu á fronte”.2. “Espero que sexa unha festatranquila e sen incidentes gra-ves. O tempo vai influír moito”

3. “Gustaríame que fora zonapeatonal”.

Óscar, o Lar1. “Hai 11 anos que rexentoeste local”2. “Agardo que sexa máis oumenos coma tódolos anos”3. “Que se poida convertir enzona peatonal”.

Carlos, Cire1. “dende hai 5 anos”

2. “O tempo é algo fundamen-tal. O ano pasado fixo un díamoi bo e a festa estivo moi ani-mada”.3. “Que se manteña o bo am-biente entre os profesionais dazona e que se convirta en pea-tonal”.

alberto, a Boa viña1. “Abrín este local o pasadomes de abril”.2. “Agardo que toda a clientelao pase moi ben e que sexaunha festa chea de alegría e ar-monía para todos”.3. “boa caramaradería entretodos e que se faga peatonal”.

Carlos, Liñares1. “O próximo 26 de setembrofaremos 60 anos nesta zona”.2. “Gustaríame que fose máistranquila, aínda que é unhaboa festa”.3. “Instaurar a zona peatonal”.

Conde, a Taberna deMorrigan1. “Abrín en xuño deste ano”.2. “Espero que a xente o paseben, pero que non sexa un‘desmadre’”.3. “Gústame moito a zona,pero preferiría que as rúasforan peatonais”.

ramón, Godiva1. “Fíxenme cargo do negociohai sete anos”.2. “Que non sexa un “desfase”coma o ano pasado, e que aalegría da festa se compartacon respeto”.3. “Facer máis concursos detapas e converter a zona en pe-atonal”.

Jesús, o Mandil1. “Meus pais levaban 31 anosco negocio e eu fíxenme cargo

Page 17: Cerne 69 - Setembro 2011...Cerne 69. Setembro 2011 Empresa 3 Informan sobre as axudas do Igape en asetem-Cca A Asociación de Empresarios Terra de Melide (Asetem-Cca), en colaboración

Publicidade 17Cerne 69. Setembro 2011

ANÚNCIATE NO CERNE

O xornal da

Terra de Melide

663687322981506188

[email protected]

Page 18: Cerne 69 - Setembro 2011...Cerne 69. Setembro 2011 Empresa 3 Informan sobre as axudas do Igape en asetem-Cca A Asociación de Empresarios Terra de Melide (Asetem-Cca), en colaboración

o Cire loitará por manter a categoría cun novo adestrador

Recén comezada a tempada, oCire de Melide afronta esteano na segunda rexional coailusión de poder manterse.Conta cun novo adestrador,Santiago Martínez, que agardaque os afeccionados arroupenó clube nun dos seus grandesretos dos últimos anos. ‘Santi’resposta ás preguntas deCerne sobre os seus obxectivosá fronte do banquillo.

-Como comezou a novatempada?-Perdemos os primeiros parti-dos porque a pretempada foiun pouco atípica. Moitos xoga-dores traballan ou estiveronde vacacións e non fixemoscase pretempada, e iso ímolopagar nas primeiras xornadas.

-Como ve o novo cadro dexogadores?-Houbo baixas de varios xoga-dores importantes, pero agoranon podemos pensar nos quenon están. Chegaron varios re-forzos, entre eles dio, unmedia punta que xogou noSada e Carlos, un porteiro quexogou nos Once Caballeros.Estamos pendentes da incor-poración de Santi, que xogouno Hércules, e que veu un parde días entrenar con nós e caseseguro que fichará; e de Koe-man, que vén do Palas.

-este ano contan con va-rias incorporacións dacanteira-Hai varios xuvenís que se in-corporaron este ano porquenon se vai facer equipo nestacategoría. Algúns xa xogaran

co primeiro equipo máis veces.

-Manter a categoría é oobxectivo para este ano-Imos xogar para manternos ese podemos quedar máisarriba mellor. Temos que usartodas as nosas armas paramanternos. Espero conse-guilo, estou confiado neso. Seique vai ser difícil porque estatempada hai equipos moi for-tes e os partidos van ser moidesputados. Temos que inten-tar facelo o mellor posible, conhumildade e sabendo quesomos un equipo recén ascen-dido que imos ter que pelexarpor non descender.

-Ten unha longa traxecto-ria como adestrador-Comecei entrenando os xu-venís do Hércules cando aíndaera xogador. logo, cando meretirei, adestrei o Hércules demodestos, despois o Once Ca-balleros, o Sigrás, o Torre daCoruña e regresei ao Hércules,que foi cando ascendeu a Se-gunda Rexional. na últimaetapa adestrei o Once Caballe-ros nas categorías de modes-tos e cadetes.

-Que foi o que o levou atomar a decisión de ficharpolo Cire de Melide?-levaba moito tempo ades-trando o Once Caballeros etiña ganas dun cambio deaires. A directiva púxose encontacto comigo, dixeronme oque tiñan plantexado para oequipo e chegamos a unacordo. Polo de agora estoumoi contento.

Parte do novo cadro de xogadores do Cire co adestrador, Santiago Martínez, á esquerda.

18 Cultura e lecer Cerne 69. Setembro 2011

O Cire renovou a súa directivao pasado mes de xuño. Convo-cáronse eleccións pero non sepresentou ningunha candida-tura, polo que se decidiu for-mar unha directiva novaavalada pola maioría dos so-cios, integrada por persoasque xa formaban parte dela econ novas incorporacións.

Como presidente continúaJesús Carlos Pampín. O vice-presidente é Antonio Varela,tesoureiro José Vilariño"Pucha", secretario EmilioGómez e vogais José Costoya,Jesús Rodríguez, Ramón Abe-ledo, Juan Segade, Julia Váz-quez, María Gómez, Saralópez, Xaquín Vizaino, Ri-cardo lópez, Carlos Mosteiro,José Manuel Varela, MiguelSandá e Ino García.

Por primeira vez, o Cireconta con mulleres na súaxunta directiva. unha delas,María Gómez, asegura que de-cidiu integrarse no cuble por-que xa estaba moi ligada a el através de amigos en común.Xunto co seu compañeiro,Carlos Mosteiro, agardan danova tempada que o equiposénior poida manterse na se-gunda rexional e que os equi-pos de categorías inferiorespoidan lograr o ascenso.

Carlos Mosteiro e María Gómez

Page 19: Cerne 69 - Setembro 2011...Cerne 69. Setembro 2011 Empresa 3 Informan sobre as axudas do Igape en asetem-Cca A Asociación de Empresarios Terra de Melide (Asetem-Cca), en colaboración

Cultura e lecer 19Cerne 69. Setembro 2011

Peña arcea, máis de 25 anos á caza da perdizOs integrantesdo colectivoparticipan encampeonatosinternacionais

Crían e adestranas súas propiascamadas paradestinalas á altacompetición

unidos pola súa aficción ácaza da perdiz, un grupo demelidenses decidiron consti-tuír unha peña co obxectivo deacudir ás competicións que secelebraban por toda Galicia.Así naceu Peña Arcea, alá poloano 1985.

dende aquela, o grupo foievolucionando, e agoramesmo conta cunha ducia demembros, encabezados polopresidente Antonio Mejuto ‘ORatiño’. Outros dos membrosson naco, Tarrío, Enrique‘Piñor’, Jesús Vázquez, Se-gade, Mario, Miguel ‘Picado I’,Alberto ‘Picado II’ e Eduardo.

Como se intúe polo seunome, a peña adícase á caza deaves, nomeadamente da per-diz e da arcea. Esta última éunha das aves migratorias porexcelencia, que chega ós nososmontes procedente do centroe norte de Europa cando co-meza o outono. É coñecidacomo ‘a raíña dos montes’ por-que se alimenta de noite e es-cóndese polo día, polo que émoi difícil de bater.

CompeticiónsEn Peña Arcea viven a cazacon auténtica paixón, o que fai

que dediquen moitas horas aprepararse para participar encompeticións de alto nivel.

O grupo conta cun amplopalmarés, xa que entre os seusmembros hai campeóns de ar-ceas provinciais e de ámbitogalego, ademáis de campeónse subcampeóns do prestixiosotorneo San Huberto nas con-vocatorias galegas, nacional einternacional. Hai un par deanos acadaron o primeiroposto no campeonato cele-brado en Portugal.

Este mesmo ano, variosmembros do grupo -naco eTarrío- volveron a participarno campeonato galego de SanHuberto. As xornadas de com-petición desputáronse dende omes de abril ata o 14 de agosto,día da final, na que as adversascondicións meteorolóxicas xo-garon en contra dos cazadoresmelidenses, que non consegui-ron subir ao podio.

Á marxe destas competi-cións, o colectivo fai o seu pro-pio San Huberto. Este ano ogañador foi Tarrío, que recibiucomo trofeo unha escopeta ta-

Varios membros de Peña Arcea exhiben os froitos dun produtivo día de caza

llada en pedra.

adestramento de cansun dos puntos clave nos éxitosde Peña Arcea son os cans. Osseus fieis compañeiros sondescendentes de campeóns domundo, nas razas setter inglése pointer. Téñenos no seu pro-pio criadeiro -avalado poloafixo ‘O Muíño’-, no quetamén crían setter gordon.

Agora mesmo contan cunhacamada de setter inglés de “ca-racterísticas excelentes”, daque agardan que chegue aobter títulos o próximo ano. Etamén están á espera doutrade pointers descendentesdunha cadela que é filla e netade campeóns do mundo variosanos consecutivos.

En Peña Arcea poñen moitoempeño no adestramento doscans. Cando os cachorroscumplen sete meses, fanlleunhas probas para saber cálesson os máis avanzados de cadacamada. A partir de ahí co-meza o proceso de adestra-mento no couto, que dura ataque o can ten uns dous anos,durante catro días á semanacomo mínimo. O principal éque os cans acaden velocidadena busca, ventos e unha pa-rada bonita e eficaz. un traba-llo moi laborioso que, acambio, lles reporta resultadosmoi positivos, porque “soncans preparados para a altacompetición”.

expectativas da tempadadende Peña Arcea agardanque a tempada de caza menor,que comezará o próximo mesde outubro, sexa “positiva”.Aseguran que obtiveron resul-tados “regulares” na última.

A falta dun mes para o co-mezo, están ultimando deta-lles. no mes de agosto, xafixeron a solta de 500 perdicesno couto.

Tarrío e naco adestrando ós seus cans

Membros de Peña Arcea despois dunha xornada de caza

Page 20: Cerne 69 - Setembro 2011...Cerne 69. Setembro 2011 Empresa 3 Informan sobre as axudas do Igape en asetem-Cca A Asociación de Empresarios Terra de Melide (Asetem-Cca), en colaboración

20 Cultura e lecer Cerne 69. Setembro 2011

AXENDA SETEMBRO

-venres 9: actuación de Patricia Moon, ás 23.30horas na Sala Fundación (Melide).

-venres 16: circuíto urbano do III Rali de Galicia deHistóricos ‘Terra de Melide-Camiño de Santiago’. Apartir das 20.40 no casco urbano de Melide. Expo-sición dos coches participantes no Cantón de SanRoque.

-sábado 17: III Rali de Galicia de Históricos ‘Terrade Melide-Camiño de Santiago’. Tramos polos con-cellos de Melide, Santiso, Sobrado, Toques, Palas deRei e Agolada.

-sábado 24: o grupo de teatro Charamela pon enescea a obra ‘Pola nosa culpa’. no pavillón do IESde Melide, ás 21.30 horas.

-venres 30: actuación dos grupos de punk-rock as-turianos dr. babayo e Adizión Etílika. no PubGatos, a partir da 01.00 horas.

-sábado 1: o grupo de teatro de Antas de ulla ponen escea a obra ‘O xuízo’. no pavillón do IES de Me-lide, ás 21.30 horas.

-sábado 8 de outubro: II Encontro de bolillos e la-bores Artesanais. demostración en vivo, venda dematerial, sorteos... Pazo de Congresos de Melide.

novo éxito do encontro de xeraciónsorganizado polo colectivo CharamelaA asociación organiza unciclo de teatroen setembro e outubro“Foi todo un éxito, estamosmoi contentos”. Así se expresaMary Gómez neira, presidentada Asociación Cultural Chara-mela de Melide, ao valorar o IIEncontro Interxeracional cele-brado na vila o pasado 14 deagosto. Houbo moita afluenciade público en tódalas activida-des, destacando a participa-ción no obradoiro de cociña eas visitas á mostra de artesa-nía ó longo da xornada.

ó concurso ‘Ti si que vales’presentáronse numerososcandidatos que demostraron asúa valía, sobre todo nomundo da canción, a pesar deque a chuvia desluciu o acto. Omal tempo fixo que se suspen-

A mostra de artesanía recibiu a visita de ducias de persoas

dera a representación teatral,que se puxo en escea o día 18,cun gran éxito de convocatoria.

Os premios do concurso derelatos foron para noelia Penae María Carmuega Rivas nacategoría de adultos e enMaría Gómez lópez e MartaPrado Mariño na infantil.

Ciclo de teatro aficionadodando continuidade ás súas

propostas no ámbito teatral,dende Charamela poñerán enmarcha un ciclo de teatro afi-cionado, que se celebrará nasfins de semana de setembro eoutubro. En concreto, o grupomelidense poñerá en escea aobra ‘Pola nosa culpa’ o pró-ximo 24 de setembro. O grupode teatro de Antas de ulla ac-tuará o 1 de outubro e o de Vi-santoña (Santiso) o día 8.

a Boa viña e o pub Q+ iniciano outono con novas festas

dous dos locais de referenciana marcha de Melide, A boaViña e o pub Q+, inician anova tempada de outono convarias festas.

A primeira delas celebraraseo sábado 24 de setembro. Seráa festa Gin Tonic e beefeter24, na que tamén haberá cóc-teles. Para elo, Alberto buján -propietario dos dous locais-contará coa presenza do cam-peón galego na modalidade debarman acrobático.

A festa comezará a partir das22.30 na boa Viña (Zona dosviños) e terá continuidade nopub Q+. Tamén celebrará aprimeira festa nitrógena, naque se presentará unha má-quina enfriadora de gin tonic.

Alberto buján está moi satis-feito coa acollida que tiveronas distintas festas que progra-mou para as fins de semanados meses de verán e agardaque os resultados sigan sendoexitosos no futuro.

Os locais

DE MODA

NA MOVIDA

DE MELIDE

Alberto buján no seu bar da Zona dos Viños

Page 21: Cerne 69 - Setembro 2011...Cerne 69. Setembro 2011 Empresa 3 Informan sobre as axudas do Igape en asetem-Cca A Asociación de Empresarios Terra de Melide (Asetem-Cca), en colaboración

Publicidade 21Cerne 69. Setembro 2011

GRUPO KULLGRUPO KULL

ALOHAMelide

Pontecarreira

Pontecarreira

A Estrada

Touro

VolvemosVolvemos

en en

outubro!!outubro!!

A túa A túa

discoteca discoteca

no interior no interior

de Galiciade Galicia

Page 22: Cerne 69 - Setembro 2011...Cerne 69. Setembro 2011 Empresa 3 Informan sobre as axudas do Igape en asetem-Cca A Asociación de Empresarios Terra de Melide (Asetem-Cca), en colaboración

22 Colaboracións Cerne 69. Setembro 2011

XMX: lección maxistral de respeto e organización

Xosé núñez lópez

A día de hoxe a inmensa maio-ría dos cidadáns coñece e sofreos efectos destrutivos da xamediática crise, a cal afecta aEuropa como un violento ven-daval, converténdose en Es-paña nun desvastador tornadoque a todos nos envolve, cau-sando danos posiblementeirreparables.

ninguén con sentido comúnnin en soños auguraba que 30anos de democracia e os dis-tintos gobernos conduciríanao pobo a tan calamitosa si-tuación. As razóns que me in-ducen a expresarme nestostermos son tan variopintas eabrumadoras, que enchen deangustia ao home da rúa.Paro, pandemias, leis carentesde xusticia, son o pan noso decada día. Paralelo a todo isto,os galegos estamos asistindo aun proceso silencioso de de-gradación relacionado coanosa riqueza natural que nega-tivamente tamén se suma ámultidimensional crise. “Gali-cia os embalses e os seus pei-xes”.

O principio deste deterioro,ao que veño referíndome, tena súa orixe nos case mil em-balses construídos a partir demediados do século XX (anos1945) de forma fraudulenta,ao carecer éstes das escalas desalmónidos correspondentes:belle, Frieira, Castrelo deMiño ou Portodemouros,(Arzúa), que foi proxectadopolo enxeñeiro de camiños Ja-vier Moreno lacasa.

no 1960, falábase de lle con-ceder á entidade Fenosa o pro-xecto hidroeléctrico do Miño.Afectaba isto a varios muni-cipios: Ourense, Castrelo deMiño, Ribadavia, San Estevo,Monte Fursido e San Martiñode Sil. Formábase o mapa queproduciría (e produce) millónsde kilowatios, dos que un 60%vaise para fóra das nosas fron-teiras, sin contribuír ao desen-volvemento de Galicia, coaparadoxa todavía existente, depersoas, granxas con moi malservicio a pé destas xigantes-cas centrais, pagando os espa-ñois o recibo de luz máis alto

de Europa na actualidade...¡un pedazo de historia, que épatrimonio da nosa memoriacolectiva!A citada empresa (Fenosa)ofrecía, colonizando os nososríos e explotando os nosos re-cursos naturais, a esta terra deemigrantes e de morriña, aoportunidade de abandonar asvelas e o candil que dendemoitos anos formaban partedo sistema cotiá de vida e docancioneiro popular, sobretodo no medio rural.

un relativo abano de moder-nidade e riqueza abríase anteos ollos de cidadáns, pobos eempresas. ninguén se imaxi-naba nembergantes, que as xi-gantescas barreiras deformigón que cortaban osnosos ríos, carentes dos ele-mentos necesarios para o nor-mal desenvolvemento da vidapiscícola, deixarían a Galicia,sen o seu tesouro dun incalcu-lable valor: A pesca continen-tal camiñaba cara a súadesaparición.

A crise nos nosos ríos (I)Xavier Pazo blanco, presidente da

Asociación de Troiteiros ‘Río Furelos’

As Xornadas Mundiais dasXuventudes Católicas (XMX),celebradas en Madrid do 18 ao21 de agosto, presididas poloPapa benedicto XVI, forontoda unha colosal demostra-ción de adhesión total e incon-dicional da xuventude católicaó Santo Pai, e un excelenteexemplo de respeto e educa-ción cara ós crentes, ou paracon os doutras relixións.

Impresionante e enorme-mente emotivo resultou o VíaCrucis nas rúas da capital deEspaña, maxistralmente orga-nizado, ata o extremo de quecada grupo de mozos peregri-nos das distintas razas, cores elinguas, realizando os seus re-levos en cada estación, de ma-neira automática, sen ninsequera necesidade de indica-cións dos organizadores,dando a impresión de que osabían todo de memoria, igualque o Padre nuestro.

Exquisita a organización

dun inmenso evento, conse-guida pola colaboración deresponsabilidade e respetocara ó próximo e o alleo dedous millóns de mozos que ninsequera tiraban papeis ó chan,agás cando se viron obrigadospola falta de papeleiras oucontedores suficientes.

Sería moi positivo que os po-líticos, que din gobernarnos,tomaran boa nota de seme-llante organización e respetocara ós que non pensan comaeles, principalmente no polí-tico e relixioso, practicandoesa educación e sabiduría decomportamento, cumplindohonradamente e de maneiratan escrupulosa o mandatopara o que foron elixidos, porcuxo cometido lles estamospagando os cidadáns, incluí-dos os non conformes coassúas ideas políticas e os seusadoutrinamentos partidarioscento por cento.

Hoxe en día chámaselle bote-llón ao que en tempos atrásnon tiña unha denominaciónespecífica porque, aínda quexa se realizaba, non tiña exce-siva transcendencia públicaporque non existía a percep-ción de molestia cara ós veci-ños, quizais porque serealizaba en lugares apartadosdas vivendas ou porque non seutilizaban coches armadoscuns ‘bafles’ quen de emitir unvolume de música insoporta-ble.

O botellón significa moitomáis que única e exclusiva-mente consumir alcohol ououtra serie de substancias. Tena súa atracción como tempo desociabilidade entre os máisnovos e tamén sobre moitosadultos. Podemos miralocomo un tempo que se sitúaalén do tempo real. Conver-teuse nunha experiencia sim-bólica porque non se trataunicamente de gozar duntempo ou dun espazo, senónque é preciso estar, facerse vere compartir a propia presenza.

É unha experiencia de lecerdiferente e tanto causa atrac-ción como temor a aqueles que

non participan dela. unha ex-periencia ambivalente na quese xuntan aqueles que gozancon aqueloutros que xeranmolestia. Cando atopas a ungrupo de cinco, seis ou dezmozos e mozas nunha prazafacendo botellón non supónningún tipo de alarma comogozan do seu lecer.

O problema é aqueles pou-cos que poñen unha músicaque nin os seus propios oídosson quen de tolerar, que se de-dican a acabar co mobiliariopúblico e agreden aos queviven o lecer da noite descan-sando. durmir e non poderporque sentes que un murmu-rio acelera o teu cerebro a tra-vés dun cosquilleo nadaconfortable; erguerse polamañá e ter que limpar cristaisco fin de que o cativo non secorte ou as rodas do vehículosufran males irreparables; terque limpar tamén as paredesda casa porque a alguén se lleocorreu utilizar a parede ou omuro como barra ou comolugar ao que disparar todo tipode obxectos cheirantes... Endefinitiva, ter que perder otempo do domingo, o de lecer,

ou de calquera outro día por-que hai alguén que sinte tersuperpoderes e quere decidirse tes dereito a ir a pasear coteu fillo ou se debes quedar nacasa limpando aquilo que nonplanificaches.

É xogar aos dados pensandoser deus e que sempre tocaráaquilo que desexas. non serquen de ter conciencia deadulto e así adquirir responsa-bilidades cara un mesmo ecara os demais.

A concepción da xuventudemudou e atopámonos ante unmodelo híbrido entre a depen-dencia económica coa conse-cuente falta de espazos deresponsabilidade e unha cre-cente infantilización social,pode que derivada da reali-dade virtual na que moitosviven como consecuencia domal uso das novas tecnoloxías.

Que non se engane a xuven-tude, teñen o mundo ao seu al-cance, pero todo apunta a quemoitos non son amos dos seusdestinos, porque a virtuali-dade na que habitan impíde-lles discernir entre realidade eparaísos artificiais.

Botellón. Unha experiencia ambivalenteSantiago Prado Conde (Chago),

antropólogo

Seguridade no softwareRafael Rodríguez Gaioso,

enxeñeiro informático e Presidente de Melisadamos comezo a unha serie deartigos nos que iremos expo-ñendo os diferentes motivosque poden axudar a entendero porqué de usar softwarelibre nas nosas empresas.

1. SeguridadeCando utilizamos unha aplica-ción informática, e creamosinformación con ela, debemospoñer a nosa atención en pro-texer eses datos. Si facemosuso de aplicacións que nonteñen aberto o seu código, nontemos a certeza de que o seufuncionamento non pon enrisco os nosos datos. Fagámo-nos a seguinte pregunta: ¿aausencia de informes de errosobre o código do iPhone oude Windows, significa queestes produtos son máis segu-ros? Claro que non, máis bentodo o contrario. Ocorre queas empresas propietariasdeses produtos, pechan o ac-ceso ao seu código fonte paraevitar que os competidoresfagan uso do mesmo. Perodesa maneira tamén impidenque centos, ou miles, de pro-gramadores poidan revisar ecorrixir os posibles erros quehaberá nese código. no casodo software libre, cando se de-tectan erros no código, son re-

parados en cuestión de horas,porque, segundo a lei "linus":"Ante suficientes ollos, tódoloserros son superficiais".

O software libre medra día adía facendo uso de pezas xacreadas anteriormente. Édicir, cando un programadorten que desenvolver unha apli-cación complexa, e precisadun módulo para realizarunha determinada función,pode reutilizar aquel códigoque xa está probado e ten acerteza de que non conténerros. do que se trata é de noninventar a roda unha vez trasoutra, como ocorre cando pe-chamos o noso código.

Actualmente, tódolos em-pregados fan uso dun navega-dor web para acceder aoscontidos de Internet. Se face-mos uso de aplicacións priva-tivas, estamos máis expostosaos riscos que leva o acceso apáxinas web que poden ter có-digo malicioso. Para evitaristo, debemos facer uso de na-vegadores con código aberto,xa que contan con máis pro-teccións para evitar os ataquesdende esas páxinas web exter-nas.

http://webmelisa.es

Page 23: Cerne 69 - Setembro 2011...Cerne 69. Setembro 2011 Empresa 3 Informan sobre as axudas do Igape en asetem-Cca A Asociación de Empresarios Terra de Melide (Asetem-Cca), en colaboración

Entrevista 23Cerne 69. Setembro 2011

SAbElA SAnTín AMO, PERRuQuERíA SAnTín&AMO

“Prefiro ter menos clientes e darlleunha atención máis personalizada”Despois de dez anos de experiencia en Santiago, Sabela Santín Amo de-cidiu vir para Melide para “seguir medrando profesionalmente”. En xuñode 2008 montou un salón que ofrece as últimas novidades en tendenciase tratamentos en perruquería, estética e solarium. “Quería montar algo dis-

tinto a todo o que había naquel momento en Melide. Daquela era o máismoderno”. Atende a xente da vila, de localidades da redonda e incluso aclientes que xa tiña en Santiago. Sabela ten claro que estar ao día das úl-timas novidades é unha das principais claves do éxito da súa perruquería.

Sabela Santín Amo na súa perruquería, no Cantón de San Roque, 9-entrechán

“Vou a cursos a Madrid e abarcelona paraestar actualizadaen novidades e tendencias”

“Hai negociopara todos. Acompetencia é boa porque nos obriga a mellorar”

-Dende moi nova tivoclaro que a perruqueríaera o seu-Comecei con 16 anos candoaínda ía ó instituto, no salónde beleza lola. A perruqueríaé un mundo moi interesante ecreativo, o meu sempre foi vo-cacional.

-Despois de probar deci-diu formarse-Si, estudiei en Santiago e xame quedei alí a traballar. Entotal estiven dez anos e traba-llei en distintos salóns, na Te-levisión de Galicia e o meuúltimo traballo nesta cidadefoi como profesora de perru-quería na escola Rizos.

-Que foi o que a empuxoua montar o seu propio ne-gocio en Melide?-Estaba moi ben na miña úl-tima etapa, pero dando clasesun estabilízase e os que real-mente traballan son os alum-nos. Eu non quería perder amiña experiencia profesional eestancarme. Entón dixen “ouagora ou nunca”, e como opobo tira moito, aquí estou emoi feliz.

-Como valora a evoluciónda súa perruquería?-levo algo máis de tres anos,abrín en xuño do 2008. A evo-lución foi moi positiva, aíndaque agora estamos pasandopor unha crise que afecta a tó-dolos negocios, porque isto éunha cadea.

-Inflúelle moito a crise?-Este ano nótase máis, otempo no verán tampoucoaxudou, pero nunca choveuque non escampara. nótaseque hai menos vodas e que axente casa máis polo civil enon se arregla tanto. Agoravense á perruquería menosveces ca antes da crise.

-Que tratamentos ofrece?-na perruquería ofrecemos ostraballos técnicos: cor, me-chas, moldeados, cortes, ade-mais das últimas novidades enalisado xaponés, tratamentoalisador de keratina, exten-sións, biocauterización etamén venda e mantementode perrucas... no apartado deestética fago limpezas de cutis,depilacións con cera e conláser e manicuras -a últimanovidade é o esmaltado per-manente, que dura tres sema-nas-. Tamén teño solariumvertical.

-Ten un perfil concreto decliente?-Predomina a xente nova, por-que é un local con escaleiras enon todo o mundo as podesubir. Veñen case por igualhomes e mulleres.

-Procura estar á últimanas novidades que van sa-índo no sector-na perruquería teste que re-novar moito. Sempre vou acursos en Madrid e barcelona,para as tempadas primavera-verán e outono-inverno. É im-portante estar actualizado,porque tamén é un atractivopara os clientes, que valoranque lles ofrezas algo novidoso.

-Que tendencias se levanna tempada que comeza?-non hai termos medios, lé-vanse dende os cortes asimé-tricos, flequillos rectos,desfilados... En canto ós peite-ados, dende o liso táboa, mar-cado ata as puntas disparadas.Os recollidos de festa veñenmoi informais, despeinados.Son recollidos moi ligths, moinaturais e volátiles, con deta-

lles nas formas e nos volumes.

-os seus clientes déixanseinfluír polos peiteadosque se ven na televisiónou nas revistas?-Moita xente pide os cortes epeiteados que ve ós famosos,que realmente son os que mar-can tendencia. O meu traballoé adaptalos á súa cara e óefecto que desexen conseguir.

-no seu negocio a aten-ción é totalmente perso-nalizada-Eu céntrome en cada cliente.Por exemplo, cunha noiva,estou con ela dende que entraata que sae pola porta e esaatención hai que valorala. Pre-firo atender menos clientes,darlle unha atención persona-lizada e que queden contentos,a atender moita máis xente.

-en Melide hai moitas pe-rruquerías, nótase a com-petencia?-Está comprobado que hai ne-gocio para todos. A competen-cia é boa, porque nos obriga amellorar, a non estancarnos.logo, cada un trata de diferen-ciarse coa súa profesionali-dade e experiencia.

-Que proxectos ten a curtoprazo para o seu negocio?-Voume cambiar de local a co-mezos de outubro. A nova ubi-cación será no Cantón de SanRoque, 38-40 -enfronte á Ca-pela de San Roque- un poucomáis abaixo de onde estouagora. Estou encantada nolocal actual, pero ten escalei-ras e é unha dificultade para axente maior ou para unha per-soa que veña cun carriño debebé. O novo ten ascensor.

Page 24: Cerne 69 - Setembro 2011...Cerne 69. Setembro 2011 Empresa 3 Informan sobre as axudas do Igape en asetem-Cca A Asociación de Empresarios Terra de Melide (Asetem-Cca), en colaboración

CERNE Cerne 69. Setembro 2011