CCSS. 6º Primaria. Tema 4. A nosa historia recente
-
Upload
pablo-quintas-barros -
Category
Education
-
view
148 -
download
7
Transcript of CCSS. 6º Primaria. Tema 4. A nosa historia recente
A NOSA HISTORIA RECENTECIENCIAS SOCIAIS6º PRIMARIA2015-2016
OS DIFÍCILES COMEZOS DO SÉCULO XX
OS DIFÍCILES COMEZOS DO SÉCULO XX
1. A comezo de século os europeos colonizaran o continente africano e gran parte de Asia.
Algúns países imperialistas trataban os habitantes deses territorios coma escravos, atentando contra o dereito á liberdade.
OS DIFÍCILES COMEZOS DO SÉCULO XX
2. A loita polos territorios e as materias primas levou á Primeira Guerra Mundial. Máis tarde, os novos gobernos ditatoriais en Europa causaron a Segunda Guerra Mundial. Estes conflitos atentaron contra o dereito máis básico: a vida.
OS DIFÍCILES COMEZOS DO SÉCULO XX
3. Moitos países europeos prohibiron a escravitude e lograron o sufraxio universal pleno, que permitía á muller votar por primeira vez. Nestes países democráticos deuse un grande avance no dereito á igualdade.
OS DIFÍCILES COMEZOS DO SÉCULO XX
Case a metade de século co fin de superar os duros comezos, varios países firmaron a Declaración Universal dos Dereitos Humanos. Este documento esixe o respecto da maioría dos dereitos das persoas, como a vida, a liberdade e a igualdade ante a lei.
OS GRANDES AVANCES DA ÉPOCA
En Europa e gran parte do mundo occidental consolidouse así a democracia.
A riqueza económica dos países máis desenvolvidos social e politicamente permitiu o crecemento das clases medias e o establecemento de Estados sociais. Nestes Estados invístese en sanidade, educación e outros servizos para a poboación.
OS GRANDES AVANCES DA ÉPOCA
Tamén estes países realizan grandes investimentos en tecnoloxía que benefician os cidadáns: no ámbito dos transportes créaronse
reactores, trens de alta velocidade e naves espaciais.
nas telecomunicacións construíronse satélites, teléfonos móbiles e redes de internet.
en medicina inventáronse escáneres, robots para operar, etc.
Taller de Historia
OS PROBLEMAS DO NOSO MUNDODestacan:As desigualdades. En zonas de África, Asia e
América, e incluso no noso propio continente e país, vívense situacións de inxustiza, debidas ás ditaduras, ás guerras ou ás situacións de pobreza.
A conservación do planeta. O consumo excesivo de combustibles, plásticos e electricidade provoca a contaminación da auga potable e esgota os recursos do planeta. A falta de auga é un dos problemas máis graves que afecta a moitos países.
O COMPLICADO REINADO DE ALFONSO XIIINa 1ª parte do século gobernou Alfonso XIII e
distinguimos as seguintes etapas:Na primeira etapa desenvolveuse o rexeneracionismo, un intento de aplicar reformas para mellorar a situación do país.
O rexeneracionismo non evitou unha gran crise protagonizada polas duras folgas e as mortes de soldados españois na guerra en Marrocos.
Impulsado polo descontento da poboación, o xeneral Primo de Rivera deu un golpe de Estado e instaurou unha ditadura.
O COMPLICADO REINADO DE ALFONSO XIIIEn 1930, ante a
imposibilidade de controlar o Estado, Primo de Rivera renunciou e o rei intentou recuperar as reformas democráticas.
Nas eleccións municipais de 1931 os republicanos gañaron as eleccións nas principais cidades e Afonso XIII abdicou.
A SEGUNDA REPÚBLICATras unhas primeiras eleccións,
as novas Cortes aprobaron unha Constitución democrática e puxeron en marcha unha profunda reforma do país:Expropiáronse terras a grandes
propietarios e repartíronse a labregos.Reformouse o exército.Establecéronse estatutos de
autonomía en Cataluña e no País Vasco.
Reformouse a educación primaria.
A SEGUNDA REPÚBLICAPero as reformas foron lentas e
moitos sectores eran contrarios a elas.
A tensión política foi cada vez maior, e os partidos, tanto de esquerdas coma de dereitas, radicalizáronse.
As folgas, o descontento do exército e a corrupción agraváronse, e puxeron o sistema democrático en perigo.
A GUERRA CIVIL E A DITADURAAproveitando a situación en España, un
grupo de militares sublevouse contra a República. Foi en 1936 e entre eles estaba o xeneral Franco.
Durou 3 anos, unha dura guerra civil enfrontou os españois e deixou o país arrasado e arruinado.
A guerra tivo un grande impacto internacional, pois nela interviñeron soldados voluntarios doutros países europeos.
A GUERRA CIVIL E A DITADURAAo finalizar o conflito, Franco impuxo unha
ditadura militar, e moitos dos perdedores foron perseguidos, encarcerados e executados. A ditadura eliminou as leis democráticas e as liberdades.
A pesar de todo España viviu un considerable crecemento económico e superou a posguerra, pero os seus habitantes continuaban privados de liberdades.
A GUERRA CIVIL E A DITADURANeses anos moitas persoas
emigraron ás cidades á procura de emprego nas fábricas e no turismo. Ademais deste éxodo rural interno, miles de españois emigraron a outros países de Europa.
Franco morreu en 1975.
O PROCESO DE TRANSICIÓN
O CAMBIO CARA Á DEMOCRACIATras a morte do ditador, os políticos e
cidadáns esforzáronse para chegar a acordos e lograr unha democracia estable con vistas ao futuro. Así púxose en marcha un proceso denominado Transición.
Nese proceso, Franco foi substituído polo rei Xoán Carlos I de Borbón, que nomeou presidente a Adolfo Suárez. Durante o seu Goberno aprobáronse leis que poñían fin á ditadura.
A CONSTITUCIÓN DE 1978 E DE HOXE!A culminación do proceso
chegou coa aprobación da Constitución de 1978. Nela establécese como é o Estado:A soberanía nacional reside no pobo e os
cidadáns elixen os seus representantes por sufraxio universal.
España é unha monarquía parlamentaria: o xefe do Estado español é o rei, pero o pobo elixe os membros das Cortes. As Cortes aproban as leis e elixen o Presidente do Goberno en representación dos cidadáns. As Cortes son o Congreso dos Deputados e o Senado.
España é unha monarquía parlamentaria: o xefe do Estado español é o rei, pero o pobo elixe os membros das Cortes. As Cortes aproban as leis e elixen o Presidente do Goberno en representación dos cidadáns. As Cortes son o Congreso dos Deputados e o Senado.
En España hai separación de poderes:cada un dos poderes do Estado reside nunha
institución independente.
Os españois teñen dereitos e liberdades, pois España é un Estado social e democrático de dereito.
España é un Estado das autonomías, no que as comunidades autónomas poden xestionar aspectos como a sanidade e a educación
A SEPARACIÓN DE PODERES
UN PAÍS ESTABLE E SOCIALDesde a Transición, España vive un período de
estabilidade democrática, marcado pola alternancia no poder de dous partidos políticos: o Partido Socialista e o Partido Popular. Durante estes anos consolidouse o Estado de benestar.
España é tamén un Estado membro da UE. Este feito e a adopción do euro.
Pero a crise iniciada en 2008 fixo perigar o Estado de benestar, debido aos recortes de gastos públicos.
A SOCIEDADE DO SÉCULO XXIOs mozos teñen máis liberdades na sociedade e no
fogar. A educación, que cada vez se acerca máis ás novas tecnoloxías, é agora un dereito, e é obrigatoria e gratuíta ata os dezaseis anos.
As mulleres teñen recoñecida agora a igualdade de dereitos respecto aos homes.
Deuse un envellecemento da poboación, é dicir, cada vez nacen menos nenos e as persoas viven máis anos.
A sociedade é máis aberta e intercultural grazas á chegada de inmigrantes e á apertura cara a Europa e ao mundo.
A POBOACIÓNé o conxunto de persoas que viven nun
territorio.Os datos sobre ela obtéñense do censo e do
padrón: O censo é o rexistro de poboación que fai o
Estado cada dez anos. O padrón é o rexistro municipal de nacementos e
mortes que se fai cada ano.
CRECEMENTO NATURALÉ a diferenza entre a natalidade e a
mortalidade. Natalidade. Ata 1980, a natalidade en España era
elevada. A incorporación das mulleres ao mercado laboral e o novo modelo familiar con menos fillos fixo caer a natalidade.
Mortalidade. A mellora nas condicións de vida permitiu que a mortalidade descenda e que aumente a esperanza de vida ao nacer.
CRECEMENTO REALPara calcular o crecemento real, debemos
engadir o saldo migratorio, é dicir, a diferenza entre o número de inmigrantes e de emigrantes.Emigración. É o abandono dun lugar de orixe
para establecerse noutro. Inmigración. É a chegada de persoas a un lugar
para establecerse.
Crecemento real = crecemento natural + saldo migratorio
QUE É A UE? é unha organización internacional que agrupa
diversos países europeos a través dunha serie de acordos de carácter político, social e económico.
Os seus obxectivos:Garantir a paz e a cooperación.Mellorar as condicións de vida e traballo.Facilitar o comercio e a circulación de persoas.Alcanzar a igualdade entre países.Protexer o medio e os espazos naturais.
INSTITUCIÓNS DA UE
QUE SIGNIFICA SER CIDADÁN DA UE?
QUE SIGNIFICA SER CIDADÁN DA UE?