Cartas de inverno-Agustín Fdez. Paz
-
Upload
ies-poeta-anon -
Category
Documents
-
view
243 -
download
6
description
Transcript of Cartas de inverno-Agustín Fdez. Paz
5 MAIO 2014
AGUSTÍN FERNÁNDEZ PAZ pode considerarse un dos
máximos expoñentes da literatura infantil e xuvenil galega
actual. Conta cunha produción ampla e variada, tanto en
narración curta como en novela, e moitos dos seus libros
están traducidos a outras linguas. Acadou premios de gran-
de prestixio neste campo:
• Merlín 1989 por As flores radiactivas.
• Edebé 1994 con Trece anos de Branca.
• Lazarillo 1990 con Contos por palabras.
• Premio Rañolas 1995 con Cartas de inverno.
• Premio Raíña Lupa 1998 por Cos pés no aire.
• Premio Barco de Vapor 2003 por O meu nome é Skywalker.
• Formou parte da Lista de Honor de IBBY e da Lista de
Honor da CCEI en máis dunha ocasión.
• Foi finalista do Premio Nacional de Literatura Infantil.
Recientemente vén de recibir o Premio Trasalba que recoñe-
ce o seu labor como escritor de literatura dirixida aos lecto-
res máis mozos así como o seu compromiso coa lingua e os
movementos de renovación pedagógica.
Cartas de inverno é un dos best-sellers da literatura gale-
ga. Coincidindo coa saída á rúa da 20º edición en lingua
galega en 2007, a novela vendera 65.000 exemplares en ga-
lego (20 edicións) e outros moitos en castelán (12edicións) e
en catalán (16 edicións).
CLUB DE LECTURA “Laretiñas”
IES POETA AÑÓN
CARTAS DE INVERNO
Agustín Fernández
Paz
O AUTOR : Agustín Fernández Paz (Vilalba , 1947)
Páxinas web consultadas para a elaboración desta guía:
http://cadernodelingua.wordpress.com
http://www.filix.org/materiais/cartas.pdf
http://scarlattilee.blogspot.com.es/p/1-eso.html
Novela gráfica baseada na novela de
Agustín Fdes. Paz
OS NOSOS ANTEPASADOS IMAXINARIOS:
OS MOUROS.
A terra garda e documenta testemuñas do pa-
sado.Así os túmulos coñecidos popularmente como má-
moas, medelas,antas, arca, etc...aparecen vinculados a
unha relixión ou ritual animista-panteísta mesturada
ao mesmo tempo con lendas de seres imaxinarios que
tiñan poderes máxicos, ouro encantado, etc...chamados
mouros que poboaron eses lugares.
A cultura popular transformou os sucesivos
antepasados imaxinarios en poboadores máxicos de
mámoas e incluso castros.
Na actualidade a ensinanza histórica erudita e
culta esta destruíndo esta noción do pasado da cultura
popular por iso a sociedade galega xa non está en con-
tacto con esas tradicións.
ARGUMENTO Sobre o libro... Para o debate...
Coñeces a existencia dalgunha casa encantada na túa
contorna? E sabes doutras supersticións relacionadas co
máis alá e o sobrenatural ?
Adrián, na última mensaxe que lle deixa escrita nun
cartón ao seu amigo fala dun vulto repulsivo, uns ollos
brillantes que parecían transmitir todo o horror que un
humano é capaz deconcibir: «terías que ver o que eu vin,
terías que saber o que hai aquí abaixo». Que pode ser?
Adrián e Xabier senten ao mesmo tempo terror e desexos
de fuxir da casa e unha atracción imperiosa polo seu se-
gredo máis escuro. Por que pensas que poden sentir iso?
Sentiches algunha vez algo semellante?
“Aínda hoxe me río dos que me dicían que publicando en
galego estaba pechándome fronteiras que escribir nun idio-
ma minoritario era un labor inútil” (p. 21)
“Eu ben sei que a Santa Compaña desapareceu coa chegada
da luz eléctrica… Xa non me lembraba como é esta Galicia
nosa, amigo Xabier. Pero tiñas toda a razón cando me di-
cías que por debaixo da capa de modernidade seguía vivo o
antigo sistema de crenzas, mesmo nas ciudades. E aquí en
aldeas coma esta iso nótase moito máis”. (p.45)
Xabier di que o éxito non só llo debe á súa arte como
escritor, senón tamén ao azar. ¿A que lle chama «azar»
no seu caso?
Di Xabier: «a curiosidade puido máis ca min e, coma a
muller de Lot, volvín abrir o libro pola páxina fatídica».
Lembremos esa historia bíblica.
Adrián, cando confesa o seu medo, lembra os relatos que
escoitaba de neno na casa de súa avoa, naquelas noites
nas que se xuntaban ao redor da cociña, e non pode evi-
tar un calafrío, quizais porqueaínda garda a lembranza
do terror que lle invadía cando os maiores o mandaban á
cama e tiña que subir só as escaleiras que levaban ao
sobrado… ¿En que ocasións pasaches medo?
Despois dunha longa estadía en Quebec, o escritor galego de sona Xabier
Louzao volve a Galicia e atopa as cartas que o seu amigo Adrián lle escribira
na súa ausencia. Unhas cartas que, nunha espiral de enigmas, descobren os
estraños sucesos que está a vivir Adrián na súa nova casa e que levan a Xabier
a acudir na súa axuda.
Pero alí, na vella casa colonial, os dous amigos terán que enfrontarse a miste-
rios que tal vez as persoas nin sequera somos capaces de imaxinar. Vai de
cartas. As que Tareixa Louzao recibe de seu irmán, Xabier, co encargo de que
llas entregue ao Inspector Soutullo se non ten novas del nun tempo determi-
nado. E cartas, as que antes recibirá Xabier do seu amigo Adrián.
Finalmente será Tareixa quen, seguindo as claves que atopa nas cartas de
Xabier e as súas propias decisións, rematará para sempre co que se agocha
debaixo desa casa misteriosa
Salvador Dalí :
Muchacha en la ventana
Por que cres que o autor titula o libro así?
Por que lle envía Xavier todas as cartas á súa
irmá?
Por que compra Adrián a "casa embruxada”?
A quen pertencera antes?
Sabes que é un PETROGLIFO?
Que escoitaba Adrián polo teléfono e fax?
Que atopou Adrián no faio?
Que sucedía cada vez que miraba o gravado da
moza?
Que mensaxe pronunciaba a rapaza do gravado
e a quen se dirixía?
Que crees que había baixo a trapela?
Que atopou Teresa tralo incendio da casa ?
Que aconteceu cando Teresa queimou o libro de
gravados?
Labirinto de Mogor e outros
pretroglifos galegos
Sobre H.P. LOVECRAFT (1890-1937)
Escritor estadounidense considerado o mestre da literatu-
ra fantástica.
A súa narrativa recrea unha mitoloxía terrorífica de seres
dun inframundo paralelo. De feito, el mesmo creou unha
complexa e persoal mitoloxía monstrosa en cuxo centro
están os old ones, divinidades horribles e cheirentas expul-
sadas da Terra nos tempos prehistóricos e na loita para
tomar posesión dela.