Cadernos do Sindicato Nacional de CC OO de Galicia Informe ... · 5 PRESENTACIÓN En Comisións...
Transcript of Cadernos do Sindicato Nacional de CC OO de Galicia Informe ... · 5 PRESENTACIÓN En Comisións...
Cadernos do Sindicato Nacional de CC OO de Galicia Informe de sinistralidade laboral en Galicia en 2017 Abril de 2018
Elaboración: Secretaría de Saúde Laboral e Gabinete Técnico Económico
ÍNDICE
PRESENTACIÓN ......................................................................................................................................... 5
INTRODUCIÓN ........................................................................................................................................... 7
ACCIDENTES DE TRABALLO
1. Accidentes de traballo con baixa .................................................................................................11
Por gravidade e sexo ..................................................................................................................12
Por grupos de idade e sexo .....................................................................................................13
Por sectores de actividade e gravidade .............................................................................15
Por antigüidade na empresa...................................................................................................16
Segundo o cadro de persoal da empresa ...........................................................................16
Por tipo de contrato ...................................................................................................................17
Por provincias ..............................................................................................................................18
Por comunidades autónomas.................................................................................................18
Accidentes mortais en xornada laboral .............................................................................20
2. Accidentes de traballo “in itinere” ..............................................................................................22
3. Accidentes sen baixa en xornada laboral .................................................................................23
ENFERMIDADES CAUSADAS POLO TRABALLO
1. Enfermidades causadas polo traballo ........................................................................................27
1.1 Enfermidades profesionais..........................................................................................................28
1.1.1. Partes comunicados de enfermidades profesionais .....................................................28
Por sexos e grupos de idade ...................................................................................................29
Por rama de actividade .............................................................................................................30
Por grupo de enfermidade ......................................................................................................31
Por provincias ..............................................................................................................................33
Clasificación por comunidades autónomas ......................................................................34
1.1.2. Partes pechados como enfermidade profesional con baixa ......................................35
Por sexo ...........................................................................................................................................35
Por grupos de idade ...................................................................................................................36
Por grupo de enfermidades profesionais ..........................................................................37
Por rama de actividade .............................................................................................................37
1.1.3. Sistema de alertas .......................................................................................................................38
1.2. Patoloxías non traumáticas ........................................................................................................40
Por sexos .........................................................................................................................................40
Por provincias ..............................................................................................................................40
Clasificación por comunidades autónomas ......................................................................41
CONCLUSIÓNS ..........................................................................................................................................43
5
PRESENTACIÓN
En Comisións Obreiras consideramos que os datos sobre a evolución da
sinistralidade laboral no 2017 son moi negativos, malia as valoracións positivas
expostas por patronais e Administración.
Baixou o número de accidentes catalogados como graves e mais o dos mortais con respecto o 2016, pero aumentou o índice de incidencia máis dun 6 %. En consonancia co acontecido en anos anteriores, aumenta máis a sinistralidade ca a
actividade económica.
Os datos no conxunto do Estado non son esperanzadores, pero Galicia mantense entre as comunidades con peores cifras de sinistralidade, o que evidencia a mala xestión da prevención no noso país. Aínda hai que lamentar a morte de máis de corenta persoas en accidentes en xornada laboral, o que coloca Galicia no cuarto lugar das comunidades autónomas con peor índice de incidencia, só por detrás da
Rioxa, Cantabria e Aragón.
En CCOO consideramos que o aumento da sinistralidade camiña claramente da man da precariedade laboral: gran parte dos accidentes sófrenos traballadores e traballadoras temporais, colectivo cada vez máis numeroso. É un dos efectos da
reforma laboral do ano 2012 na degradación das condicións laborais, causa directa do retroceso na seguridade e a saúde no traballo.
Canto ás enfermidades profesionais, fronte ao dato de que aumentaron máis do 8 %, CCOO considera que non se axusta á realidade dada a falta de rexistro de moitas delas. Isto impide traballar na parte máis importante da saúde laboral: a prevención. Mentres non exista un mapa real da orixe destas enfermidades profesionais, non se poderá traballar eficazmente na súa prevención nin evitar a aparición de novos casos.
Queda en evidencia que as últimas reformas no papel das mutuas na medicina do traballo así como a ampliación das súas competencias no control das enfermidades
comúns non están dando resultados positivos. O subrexistro de enfermidades profesionais débese, en gran medida, ao non recoñecemento por parte das mutuas destas patoloxías de orixe laboral e á súa derivación á enfermidade común. Non esquezamos que os traballadores e as traballadoras son os principais usuarios destas entidades colaboradoras da Seguridade Social e, polo tanto, o Goberno debería ter en conta as opinións daquelas organizacións que os representan.
Roi Fernández Rodríguez
Secretaría de Saúde Laboral
Sindicato Nacional CCOO de Galicia
7
INTRODUCIÓN
Neste estudo recompílanse os datos estatísticos dos accidentes de traballo e das
enfermidades causadas polo traballo en Galicia. Céntrase, fundamentalmente, no
ano 2017, e as fontes utilizadas son as estatísticas do Instituto Galego de
Seguridade e Saúde Laboral (ISSGA) e as do Ministerio de Emprego e Seguridade
Social (MEYSS).
Ao longo do informe poden detectarse discrepancias entre as fontes ou entre as
variables de estudo segundo a data de actualización dos datos por parte dos
organismos.
Os accidentes de traballo poden derivar, ou non, nunha baixa laboral. Prodúcense
durante a xornada de traballo ou ben ao ir ou volver del; nestes casos
denomínanse accidentes in itinere e analizámolos por separado.
O indicador máis preciso nas análises de sinistralidade é o «índice de incidencia»
porque relaciona o número de accidentes en xornada de traballo con baixa co
número de traballadores/as afiliados en situación de alta nos réximes que teñen
cuberta a continxencia de accidente de traballo.
Por «enfermidades causadas polo traballo» enténdese as incluídas no cadro de
enfermidades profesionais aprobado polo R. D. 1299/2006. Tamén, aínda que non
aparezan catalogadas nese cadro, as que contraia o traballador ou traballadora con
motivo da realización do seu traballo, sempre que se probe que a enfermidade tivo
causa exclusiva na súa execución.
ACCIDENTES DE TRABALLO
11
1. ACCIDENTES DE TRABALLO CON BAIXA
Para estudarmos a situación da sinistralidade laboral en Galicia baseámonos nas
estatísticas de accidentes de traballo con baixa que ofrece o MEYSS e, sobre todo,
nas publicadas polo ISSGA mais a que este mesmo organismo nos facilitou por
pedimento noso. Os datos analizados son os acumulados desde xaneiro ata
decembro de 2017 e establécese unha comparación cos do mesmo período do ano
anterior.
Os datos son un avance provisional do balance anual e están suxeitos a
actualizacións periódicas. Ao longo do informe poden detectarse pequenas
diferenzas entre os datos do ISSGA e do MEYSS para o mesmo período e territorio.
Canto á información do ISSGA, tamén hai variacións entre os datos publicados na
súa web e a posterior actualización que nos proporcionaron no mes de marzo con
motivo da nosa consulta (data do informe xerado co sistema ISSGA o 19/3/2018).
Segundo os datos do avance de xaneiro-decembro 2017/2016 que publicou o
ISSGA, durante o 2017 producíronse en Galicia 30.328 accidentes de traballo con
baixa. Deste total, o 89,97 % ocorreron en xornada laboral e o 10,03 % restante no
desprazamento do domicilio ao centro de traballo ou viceversa.
Táboa 1. ACCIDENTES DE TRABALLO CON BAIXA
ANO 2017 ANO 2016
Na xornada laboral 27.286 24.994
‘In itinere’ 3.042 2.800
Total 30.328 27.794
FONTE: elaboración propia a partir de datos do ISSGA
O emprego recupérase á custa dunha elevada precariedade que está tendo un
impacto negativo na seguridade e a saúde laboral dos traballadores e
traballadoras. En proporción, aumentan máis os accidentes de traballo con baixa
que a ocupación: no 2017 producíronse un 9,1 % máis de accidentes de traballo
con baixa ca no ano anterior (2.534 máis), mentres que a poboación ocupada
(segundo os datos da enquisa de poboación activa) só medrou un 1,2 %, en media
anual.
Informe de sinistralidade laboral en Galicia en 2017
12
1.1. Accidentes de traballo con baixa en xornada laboral
Segundo os datos publicados polo ISSGA, no 2017 incrementáronse os accidentes
de traballo con baixa en xornada laboral, tanto en termos absolutos como relativos
(índice de incidencia).
En relación co ano anterior, os accidentes de traballo con baixa en xornada laboral
aumentaron un 9,17 %. Pola súa parte, o índice de incidencia, que é un indicador
máis preciso ca a simple comparación de cifras absolutas de accidentes, subiu un
6,42 % en relación co ano 2016.
Por gravidade e sexo
O índice de incidencia do ano 2017 foi de 3.390 accidentes de traballo con baixa en
xornada laboral por cada 100.000 traballadores/as afiliados/as á Seguridade
Social coas continxencias profesionais cubertas. A incidencia dos accidentes é
maior nos homes ca nas mulleres: por cada 100.000 homes traballadores 4.777
sufriron accidentes; a cifra baixa nas mulleres ata as 1.995.
A diferenza de índices entre homes e mulleres ensánchase conforme aumenta a
gravidade dos accidentes: o índice de incidencia dos accidentes leves é 2,4 veces
maior nos homes; sobe ao 4,7 nos graves e ata o 13,2 nos mortais.
No ano 2017 producíronse 27.286 accidentes de traballo con baixa en xornada
laboral: o 71 % sufríronos homes e o 29 % restante, mulleres.
Os homes sufriron o 70 % dos accidentes leves, o 83 % dos graves e o 93 % dos
mortais.
Táboa 2. ACCIDENTES CON BAIXA EN XORNADA LABORAL POR GRAVIDADE E SEXO.
ANO 2017
Nº DE ACCIDENTES ÍNDICE DE INCIDENCIA
HOMES MULLERES TOTAL HOMES MULLERES TOTAL
Leves 18.881 7.925 26.806 4.678,19 1.974,97 3.330,49
Graves 361 76 437 89,45 18,94 54,29
Mortais 40 3 43 9,91 0,75 5,34
Total 19.282 8.004 27.286 4.777,55 1.994,66 3.390,13
FONTE: elaboración propia a partir de datos do ISSGA
No 2017 houbo 2.292 accidentes máis con baixa en xornada laboral ca no ano
anterior (ver táboa 3). En proporción, aumentaron máis nos homes (+10,64 %) que
nas mulleres (+5,79 %).
Os accidentes que subiron foron os leves (2.365 máis). Pola contra, baixaron os
graves (59 menos) e os mortais (14 menos).
13
Na desagregación por sexo e gravidade, nas mulleres aumentaron os accidentes
leves (450 máis) e mortais (1 falecida máis). No caso dos homes, incrementáronse
os leves (1.915 máis).
Táboa 3. EVOLUCIÓN ACCIDENTES CON BAIXA EN XORNADA LABORAL POR GRAVIDADE E SEXO
VARIACIÓN ABSOLUTA 2017/2016 VARIACIÓN RELATIVA 2017/2016
HOMES MULLERES TOTAL HOMES MULLERES TOTAL
Leves +1.915 +450 +2.365 +11,29 % +6,02 % +9,68 %
Graves –46 –13 –59 –11,30 % –14,61 % –11,90 %
Mortais –15 +1 –14 –27,27 % +50,00 % –24,56 %
Total +1.854 +438 +2.292 +10,64 % +5,79 % +9,17 %
FONTE: elaboración propia a partir de datos do ISSGA
Por grupos de idade e sexo
Segundo a información facilitada polo ISSGA,1 o maior número de accidentes
rexístrase nas persoas de 35 a 44 anos: 8.859 no ano 2017 (o 32,07 % dos
accidentes). A seguir están as persoas de 45 a 54 anos con 7.487 accidentes (o
27,10 % do total).
Os accidentes de homes superaron os de mulleres en todos os grupos de idade
analizados. A maior diferenza dáse entre as persoas de 16 a 34 anos, nas que o
número de accidentes de homes triplicou o de mulleres: 5.569 fronte a 1.777.
En comparación co ano 2016, os accidentes con baixa en xornada laboral
aumentaron en todos os grupos de idade analizados pero, en proporción, o maior
incremento deuse entre as persoas menores de 24 anos (+10,27 %) e entre as
maiores 65 anos (+18,75 %).
Por sectores e sexo
No 2017, o sector de actividade co maior índice de incidencia foi a construción: os
6.635,94 accidentes por cada cen mil traballadores/as afililiados case duplican a
media dos índices sectoriais. Séguenlle a industria e a pesca con 6.459,85 e
5.422,30 accidentes, respectivamente. A agricultura ocupa o cuarto posto con
4.115,17 accidentes e, por debaixo da media dos índices sectoriais atópase o sector
dos servizos, co valor de 2.327,24.
1 Sempre que citamos a información solicitada ao ISSGA, referímonos á que extraeron o 19/3/2018, como explicabamos na introdución.
Informe de sinistralidade laboral en Galicia en 2017
14
Por sexos, o índice de incidencia dos homes supera o das mulleres en todos os
sectores de actividade pero, sobre todo, na construción (é dezasete veces maior ca
o das mulleres) e na agricultura (triplica o das mulleres). A menor diferenza dáse
nos servizos e na industria.
A segmentación sexual na ocupación reflíctese tamén na distribución dos
accidentes por sectores. Nos servizos, a porcentaxe de mulleres que sofren un
accidente é superior á de homes, mentres que nos restantes sectores é ao
contrario.
Os accidentes nas mulleres ocorren mormente nos servizos: o 75 % no 2017,
porcentaxe que baixa ata o 39 % nos homes.
Na industria producíronse o 34 % dos accidentes de homes fronte ao 20 % de
mulleres. No sector primario (agricultura e pesca) rexístranse o 10 % de accidentes
de homes fronte ao 4 % de mulleres. Por último, na construción os accidentes
atanguen case exclusivamente os homes, co 99 % dos ocorridos no sector.
Táboa 4. ACCIDENTES CON BAIXA EN XORNADA LABORAL POR SECTORES E SEXO. ANO 2017
N.º DE ACCIDENTES ÍNDICES DE INCIDENCIA
HOMES MULLERES TOTAL HOMES MULLERES TOTAL
Agricultura 1.028 274 1.302 5.991,37 1.892,13 4.115,17
Pesca 898 117 1.015 6.268,32 2.663,33 5.422,30
Industria 6.622 1.599 8.221 7.331,79 4.328,17 6.459,85
Construción 3.293 19 3.312 7.260,98 416,85 6.635,94
Servizos 7.441 5.995 13.436 3.147,09 1.758,61 2.327,24
Total 19.282 8.004 27.286 4.777,55 1.994,66 3.390,13
FONTE: elaboración propia a partir de datos do ISSGA
Os accidentes en xornada laboral soben en todos os sectores, agás na pesca que
baixan (ver táboa 5). En proporción, o maior incremento dáse na construción
(+14,17 %) e na industria (+12,89 %), mentres que na agricultura e nos servizos
soben por debaixo da media.
Táboa 5. EVOLUCIÓN N.º ACCIDENTES CON BAIXA EN XORNADA LABORAL POR SECTORES E SEXO
VARIACIÓN ABSOLUTA 2017/2016 VARIACIÓN RELATIVA 2017/2016
HOMES MULLERES TOTAL HOMES MULLERES TOTAL
Agricultura +72 +28 +100 +7,53 % +11,38 % +8,32 %
Pesca –47 0 –47 –4,97 % 0,00 % –4,43 %
Industria +769 +170 +939 +13,14 % +11,90 % +12,89 %
Construción +421 –10 +411 +14,66 % –34,48 % +14,17 %
Servizos +639 +250 +889 +9,39 % +4,35 % +7,09 %
Total +1.854 +438 +2.292 +10,64 % +5,79 % +9,17 %
FONTE: elaboración propia a partir de datos do ISSGA
15
Os accidentes con baixa en xornada laboral aumentaron en ambos os sexos na
industria, nos servizos e na agricultura. En proporción, na industria e nos servizos
soben máis nos homes ca nas mulleres, mentres que na agricultura son elas as que
rexistran a maior suba.
O aumento de accidentes na construción concentrouse nos homes (421 máis nos
homes fronte a 10 menos nas mulleres). Na pesca producíronse 898 accidentes nos
homes (47 menos ca no 2016) e 117 nas mulleres (cifra que coincide coa do ano
anterior).
Por sectores de actividade e gravidade
No 2017, a pesca presenta o índice de incidencia máis elevado tanto nos accidentes
graves (251,08 accidentes) coma nos mortais (32,05 accidentes). O seguinte sector
co índice máis elevado nos accidentes graves é a agricultura e no caso dos mortais,
a construción.
O índice de incidencia máis alto dos accidentes leves deuse na construción
(6.463,63 accidentes) e a seguir na industria (6.378,92). Pola contra, os servizos
rexistran o menor índice de incidencia nos tres graos de gravidade.
Táboa 6. ACCIDENTES CON BAIXA EN XORNADA LABORAL POR SECTORES E GRAVIDADE. ANO 2017
N.º DE ACCIDENTES ÍNDICE DE INCIDENCIA
LEVES GRAVES MORTAIS TOTAL LEVES GRAVES MORTAIS TOTAL
Agricultura 1.240 58 4 1.302 3.919,21 183,32 12,64 4.115,17
Pesca 962 47 6 1.015 5.139,16 251,08 32,05 5.422,30
Industria 8.118 99 4 8.221 6.378,92 77,79 3,14 6.459,85
Construción 3.226 73 13 3.312 6.463,63 146,26 26,05 6.635,94
Servizos 13.260 160 16 13.436 2.296,76 27,71 2,77 2.327,24
Total 26.806 437 43 27.286 3.330,49 54,29 5,34 3.390,13
FONTE: elaboración propia a partir de datos do ISSGA
Como se reflicte na táboa 7, os accidentes leves soben en todos os sectores de
actividade, agás na pesca. En proporción, a construción e a industria presentan a
suba máis acusada neste tipo de accidentes.
Os graves soben só na agricultura (3 accidentes máis ca no 2016) e os mortais fano
na construción (8 máis).
Informe de sinistralidade laboral en Galicia en 2017
16
Táboa 7. EVOLUCIÓN ACCIDENTES CON BAIXA EN XORNADA LABORAL POR SECTORES E GRAVIDADE
VARIACIÓN ABSOLUTA 2017/2016 VALORACIÓN RELATIVA 2017/2016
LEVES GRAVES MORTAIS TOTAL LEVES GRAVES MORTAIS TOTAL
Agricultura +98 +3 –1 +100 +8,58 % +5,45 % –20,00 % +8,32 %
Pesca –30 –11 –6 –47 –3,02 % –18,97 % –50,00 % –4,43 %
Industria +955 –9 –7 +939 +13,33 % –8,33 % –63,64 % +12,89 %
Construción +415 –12 +8 +411 +14,76 % –14,12 % +160,00 % +14,17 %
Servizos +927 –30 –8 +889 +7,52 % –15,79 % –33,33 % +7,09 %
Total +2.365 –59 –14 +2.292 +9,68 % –11,90 % –24,56 % +9,17 %
FONTE: elaboración propia a partir de datos do ISSGA
Por antigüidade na empresa
Ao poñer en relación o número de partes de accidentes de traballo coa poboación
asalariada que reflicte a enquisa de poboación activa, pódese concluír que, en
proporción, as persoas que máis accidentes sofren son as que teñen menos
antigüidade no seu posto de traballo.
No 2017, segundo a información solicitada ao ISSGA, o 21 % dos accidentes con
baixa en xornada laboral sufríronos persoas cunha antigüidade inferior a tres
meses no posto de traballo. A porcentaxe é moi elevada, pois esas persoas
representaban un 6 % da poboación asalariada. De feito, dos 11.365 accidentes de
persoas que levaban un ano ou menos na empresa, o 50 % (5.682 accidentes)
déronse entre as que tiñan unha antigüidade inferior a tres meses.
No extremos oposto, entre as persoas que levaban máis de tres anos na empresa
ocorreron o 43 % dos accidentes. Hai que ter en conta que case o 70 % das persoas
asalariadas que había en Galicia levaban na súa empresa tres ou máis anos.
En comparación co ano 2016, diminúen os accidentes en xornada laboral entre as
persoas que levan máis de tres anos no posto de traballo (uns 500 menos ca no
2016). Porén, soben entre as persoas cunha antigüidade inferior ou igual a tres
anos na empresa (uns 1.300 accidentes máis).
Segundo o cadro de persoal da empresa
Unha característica fundamental da nosa estrutura produtiva é o predominio case
absoluto das empresas moi pequenas. Esa peculiaridade tamén se reflicte na
distribución dos accidentes.
17
Segundo a información proporcionada polo ISSGA, no 2017 o maior número de
accidentes deuse nas empresas de 5 a 25 traballadores/as: 7.591 que supuxeron o
27 % do total de accidentes.
O 52 % dos accidentes de traballo en xornada laboral ocorridos no 2017
rexistráronse en empresas que tiñan entre 1 e 50 traballadores/as; esa porcentaxe
baixa ata o 25 % no caso das empresas que teñen entre 51 e 250 traballadores/as e
ata o 18 % nas empresas que teñen máis de 250 traballadores/as.
Por tipo de contrato
A temporalidade ten as súas peores consecuencias na sinistralidade laboral. En
proporción, os traballadores e traballadoras cun contrato temporal sofren máis
accidentes ca as que teñen unha relación estable.
Segundo se desprende dos datos facilitados polo ISSGA, no ano 2017, o 40 % dos
accidentes de traballo con baixa en xornada laboral sufríronos persoas cun
contrato temporal. Tendo en conta que a poboación asalariada temporal
representaba o 27 % do total, é evidente que a relación entre os sinistros e o tipo
de contrato non é aleatoria.
En cambio, a porcentaxe de accidentes entre as persoas que tiñan un contrato
indefinido (o 56 % dos accidentes) queda por debaixo da representación que ten
ese colectivo no emprego por conta allea (no 2017, o 73 % das persoas asalariadas
tiñan un contrato indefinido).
Os accidentes de traballo con baixa en xornada laboral aumentan máis nas persoas
cun contrato temporal ca entre as que teñen un contrato indefinido, tanto en cifras
absolutas como relativas. No ano 2017, en comparación co 2016, producíronse 714
accidentes máis entre traballadores/as temporais (+6,92 %) fronte a 152 máis en
indefinidos (+1,00 %).
Táboa 8. ACCIDENTES CON BAIXA EN XORNADA LABORAL
POR TIPO DE CONTRATO
TIPO DE CONTRATO ANO 2017 ANO 2016
Autónomo 1.207 1.281
Indefinido 15.387 15.235
Temporal 11.034 10.320
Total 27.628 26.836
FONTE: elaboración propia a partir de datos solicitados ISSGA
Informe de sinistralidade laboral en Galicia en 2017
18
Por provincias
No 2017, o maior índice de incidencia de accidentes de traballo con baixa en
xornada laboral dáse na provincia de Ourense (3.583,59 accidentes por cada cen
mil afiliacións); o segundo posto ocúpao Pontevedra (3.504,18 accidentes). A
seguir están A Coruña e Lugo (3.381,34 e 2.932,10 accidentes), ambas as
provincias cun índice que se sitúa por debaixo do de Galicia (ver táboa 9).
Táboa 9. ACCIDENTES CON BAIXA EN XORNADA LABORAL POR PROVINCIAS
ANO 2017 ANO 2016
N.º ACCIDENTES ÍNDICE DE INCIDENCIA N.º ACCIDENTES ÍNDICE DE INCIDENCIA
A Coruña 11.812 3.381,34 11.438 3.359,53
Lugo 2.832 2.932,10 2.701 2.847,29
Ourense 2.872 3.583,59 2.633 3.339,80
Pontevedra 9.770 3.504,18 8.222 3.040,47
Galicia 27.286 3.390,13 24.994 3.185,65
FONTE: elaboración propia a partir de datos do ISSGA
Os accidentes de traballo aumentaron nas catro provincias e, en proporción, a
maior suba rexistrouna Pontevedra: 1.548 accidentes máis ca na 2016 (+18,83 %).
Séguelle Ourense con 239 accidentes máis (+9,08 %), Lugo con 131 máis (+4,85 %)
e, por último, A Coruña con 374 máis (+3,27 %).
Por comunidades autónomas
Na clasificación por comunidades autónomas, e utilizando os datos do MEYSS,
Galicia é a quinta con máis accidentes con baixa en xornada laboral; só está por
detrás de Cataluña, Andalucía, Madrid e Comunidade Valenciana.
Na distribución dos índices de incidencia por comunidades autónomas, Galicia
ocupa o décimo lugar con 3.398,9 accidentes con baixa en xornada laboral por cada
cen mil traballadores/as. O maior índice dáse en Baleares con 4.966,7 e o menor en
Madrid con 2.707,2.
19
Táboa 10. ACCIDENTES CON BAIXA EN XORNADA LABORAL E ÍNDICE DE INCIDENCIA
POR CCAA. ANO 2017
ACCIDENTES EN XORNADA ÍNDICES DE INCIDENCIA
Cataluña 87.104 3.134,5
Andalucía 85.723 3.797,2
Madrid 71.811 2.707,2
Valencia 45.471 3.076,7
Galicia 27.288 3.398,9
País Vasco 26.912 3.505,6
Castela e León 23.743 3.280,2
Canarias 23.904 3.586,0
Castela-A Mancha 22.363 4.092,6
Baleares 19.945 4.966,7
Murcia 16.309 3.535,4
Aragón 14.521 3.202,1
Estremadura 10.455 3.721,9
Asturias 10.044 3.380,7
Navarra 8.058 3.512,9
Cantabria 5.235 2.995,0
A Rioxa 3.716 3.646,3
Ceuta 586 3.237,3
Melilla 561 3.174,3
Total 503.749 3.333,8
FONTE: elaboración propia a partir de datos do MEYSS
O índice de incidencia é superior en Galicia ca na media estatal, sobre todo o de
accidentes mortais (ver táboa 11).
Táboa 11. ACCIDENTES MORTAIS E ÍNDICE DE INCIDENCIA POR CCAA. ANO 2017
ACCIDENTES MORTAIS EN XORNADA ÍNDICES DE INCIDENCIA
A Rioxa 7 6,87
Cantabria 12 6,87
Aragón 25 5,51
Galicia 44 5,48
Murcia 25 5,42
Castela-A Mancha 27 4,94
Castela e León 35 4,84
Andalucía 95 4,21
Valencia 53 3,59
Estremadura 10 3,56
Asturias 10 3,37
País Vasco 22 2,87
Baleares 11 2,74
Navarra 6 2,62
Canarias 16 2,40
Cataluña 49 1,76
Madrid 37 1,39
Ceuta e Melilla 0 0
Total 484 3,20
FONTE: elaboración propia a partir de datos do MEYSS
Informe de sinistralidade laboral en Galicia en 2017
20
No tocante aos accidentes mortais en xornada, Galicia rexistrou un índice de
incidencia de 5,48 accidentes mortais por cada cen mil traballadores/as, mentres
que a proporción acadada no conxunto do Estado foi do 3,20. O índice de
accidentes mortais máis elevado dáse na Rioxa e en Cantabria (6,87 accidentes en
ambas as comunidades), a seguir está Aragón co 5,51 e logo Galicia co 5,48 citado.
No rexistro de accidentes mortais, Galicia é a cuarta comunidade autónoma con
maior número (44), despois de Andalucía que é a comunidade coa cifra máis alta
(95), Valencia (53 accidentes mortais) e Cataluña (49 accidentes mortais).
Accidentes mortais en xornada laboral
Segundo os datos do ISSGA, no ano 2017 houbo 43 accidentes mortais en xornada
laboral: morreron 40 homes (15 menos ca no 2016) e 3 mulleres (1 máis ca o ano
anterior).
As causas máis frecuentes foron os infartos e outras patoloxías non traumáticas
(11 accidentes, o 26 % dos mortais) e as caídas e golpes con esmagamentos contra
obxectos inmóbiles (outros 11 accidentes). A seguir están os choques ou golpes
contra obxectos en movemento con 10 accidentes (o 23 %); os esmagamentos por
entaladuras e amputacións, 5 accidentes (o 12 %) e os afogamentos e
sepultamentos, 4 accidentes (o 9 %).
Por grupos de idade, o maior número de accidentes mortais deuse entre as persoas
de 45 a 65 anos: 30 no 2017, o 70 % do total.
Os días da semana en que se produciron máis mortes en xornada laboral foron os
mércores (11 mortes) e os luns (10 mortes).
As horas en que ocorreron máis accidentes mortais foron de 8:00 a 10:00 (9
mortes) e de 14:00 a 16:00 horas (9 mortes). Canto á hora de traballo, a segunda é
na que se produciron máis accidentes (8 mortes).
Tamén se deu un número elevado de accidentes mortais entre as persoas con
menor antigüidade na empresa. No ano 2017 morreron 15 persoas que levaban un
ano ou menos no seu posto de traballo (o 35 % das mortes acontecidas no 2017),
das cales, 8 tiñan unha antigüidade inferior a tres meses na empresa.
As empresas con máis accidentes mortais no 2017 foron as que tiñan entre 1 e 4
traballadores/as: 14 accidentes mortais supoñen o 33 % das mortes ocorridas en
2017. A seguir, están as empresas que tiñan entre 5 e 25 traballadores/as con 13
mortes (que supuxeron o 30 % sobre o total dos accidentes mortais).
No ano 2017, ao igual que no ano anterior, a pesca foi o sector de actividade co
maior índice de incidencia de accidentes mortais. O segundo posto ocupouno a
21
construción e o terceiro a agricultura. Por debaixo da media só se situaron a
industria e os servizos (ver táboa 12).
Os accidentes mortais baixaron en todos os sectores de actividade, agás na
construción que rexistrou 8 mortes máis ca no 2016.
Táboa 12. ACCIDENTES MORTAIS CON BAIXA EN XORNADA LABORAL POR SECTORES
ANO 2017 ANO 2016
N.º ACCIDENTES ÍNDICE DE INCIDENCIA N.º ACCIDENTES ÍNDICE DE INCIDENCIA
Agricultura 4 12,64 5 15,43
Pesca 6 32,05 12 64,43
Industria 4 3,14 11 8,89
Construción 13 26,05 5 10,19
Servizos 16 2,77 24 4,28
Galicia 43 5,34 57 7,27
FONTE: elaboración propia a partir de datos do ISSGA
Por provincias, no 2017, Lugo volve ter o maior índice de incidencia de accidentes
mortais (ver táboa 13). A única provincia que quedou cun índice por baixo da
media foi A Coruña.
Baixaron os accidentes mortais na provincia da Coruña (10 menos ca no 2016) e de
Lugo (6 menos). Pero aumentaron en Pontevedra (2 mortes máis ca no 2016) e
mantéñense en Ourense (5 accidentes mortais, igual que no 2016).
Táboa 13. ACCIDENTES MORTAIS CON BAIXA EN XORNADA LABORAL POR PROVINCIAS
ANO 2017 ANO 2016
N.º ACCIDENTES ÍNDICE DE INCIDENCIA N.º ACCIDENTES ÍNDICE DE INCIDENCIA
A Coruña 12 3,44 22 6,46
Lugo 8 8,28 14 14,76
Ourense 5 6,24 5 6,34
Pontevedra 18 6,46 16 5,92
Galicia 43 5,34 57 7,27
FONTE: elaboración propia a partir de datos do ISSGA
Polo tipo de contrato, o 37 % das persoas falecidas por accidente de traballo en
xornada laboral no 2017 tiñan un contrato temporal: foron 16 persoas, cifra que
coincide coa do ano anterior. O descenso dos accidentes mortais só se deu entre as
persoas que tiñan un contrato indefinido (8 mortes menos) e entre os
autónomos/as (6 mortes menos).
Informe de sinistralidade laboral en Galicia en 2017
22
Táboa 14. ACCIDENTES MORTAIS POR TIPO DE CONTRATO
ANO 2017 ANO 2016
Autónomos 2 8
Indefinidos 25 33
Temporais 16 16
Total 43 57
FONTE: elaboración propia a partir de datos do ISSGA
2. ACCIDENTES DE TRABALLO ‘IN ITINERE’
No ano 2017 rexistráronse un total de 3.042 accidentes in itinere; o 58 %
producíronse entre as mulleres e o restante 42 %, entre os homes.
A maioría dos accidentes leves sufríronos as mulleres (o 59 %); nos graves ocorre
o contrario, ao se produciren máis accidentes entre os homes (o 52 %); no caso dos
mortais, morreron 3 mulleres e 3 homes.
No 2017 ocorreron 242 accidentes in itinere máis ca no 2016, o que equivale a un
incremento do 8,64 %. Como se ve na táboa 15, os accidentes deste tipo
aumentaron máis nos homes ca nas mulleres (194 accidentes máis nos homes
fronte a 48 máis nas mulleres).
Os accidentes que aumentaron foron os leves (243 máis) e os mortais (1 máis),
mentres que os graves baixaron (2 menos).
Por sexos e gravidade, os accidentes que aumentaron entre as mulleres foron os
leves (48 máis) e os mortais (3 máis). No caso dos homes, incrementáronse os
leves (195 máis) e os graves (1 máis).
Táboa 15. ACCIDENTES DE TRABALLO ‘IN ITINERE’ POR SEXO E GRAVIDADE
N.º DE ACCIDENTES NO ANO 2017 VARIACIÓN ABSOLUTA 2017/2016 VARIACIÓN RELATIVA 2017/2016
HOMES MULLERES TOTAL HOMES MULLERES TOTAL HOMES MULLERES TOTAL
Leves 1.226 1.745 2.971 +195 +48 +243 +18,91 % +2,83 % +8,91 %
Graves 34 31 65 +1 –3 –2 +3,03 % –8,82 % –2,99 %
Mortais 3 3 6 -2 +3 +1 –40,00 % — +20,00
% Total 1.263 1.779 3.042 +194 +48 +242 +18,15 % +2,77 % +8,64 %
FONTE: elaboración propia a partir de datos do ISSGA
O aumento dos accidentes in itinere concéntrase na provincia de Pontevedra: 299
máis (+28,05 %), mentres que nas restantes provincias baixan (ver a táboa 16).
23
Táboa 16. ACCIDENTES DE TRABALLO ‘IN ITINERE’ POR GRAVIDADE E PROVINCIA
N.º DE ACCIDENTES NO ANO 2017 N.º DE ACCIDENTES NO ANO 2016
LEVES GRAVES MORTAIS TOTAL LEVES GRAVES MORTAIS TOTAL
A Coruña 1.224 25 2 1.251 1.239 31 1 1.271
Lugo 194 10 0 204 226 6 1 233
Ourense 218 4 0 222 225 5 0 230
Pontevedra 1.335 26 4 1.365 1.038 25 3 1.066
Galicia 2.971 65 6 3.042 2.728 67 5 2.800
FONTE: elaboración propia a partir de datos do ISSGA
Na desagregación por gravidade e provincia, o aumento dos accidentes leves deuse
só na provincia de Pontevedra (297 máis). Os graves incrementáronse na provincia
de Lugo (4 accidentes máis) e na de Pontevedra (1 accidente máis). No que atinxe
aos accidentes mortais, no 2017 morreron dúas persoas na provincia da Coruña
(unha máis ca no 2016) e catro na de Pontevedra (1 máis ca no ano anterior).
3. ACCIDENTES SEN BAIXA EN XORNADA LABORAL
No ano 2017 rexistráronse en Galicia 18.972 accidentes de traballo sen baixa en
xornada laboral; son 789 menos ca no 2016 (–3,99 %). Os accidentes sen baixa
diminuíron en todas as provincias agás en Ourense (29 máis, +1,53 %).
Táboa 17. ACCIDENTES SEN BAIXA EN XORNADA LABORAL POR PROVINCIAS
ANO 2017 ANO 2016 VARIAC. ABSOLUTA VARIAC. RELATIVA
A Coruña 7.666 8.198 –532 –6,49 %
Lugo 1.704 1.882 –178 –9,46 %
Ourense 1.924 1.895 +29 +1,53 %
Pontevedra 7.678 7.786 –108 –1,39 %
Total 18.972 19.761 –789 –3,99 %
FONTE: elaboración propia a partir de datos do ISSGA
En relación co ano 2016, os accidentes de traballo sen baixa en xornada laboral
baixan en todos os sectores. Os maiores descensos danse no sector primario e a
seguir na construción, mentres que na industria e nos servizos minguan por baixo
da media.
Informe de sinistralidade laboral en Galicia en 2017
24
Táboa 18. ACCIDENTES SEN BAIXA EN XORNADA LABORAL POR SECTORES
ANO 2017 ANO 2016 VARIAC. ABSOLUTA VARIAC. RELATIVA
Agricultura 527 647 –120 –18,55 %
Pesca 394 486 –92 –18,93 %
Industria 5.900 5.944 –44 –0,74 %
Construción 2.188 2.364 –176 –7,45 %
Servizos 9.963 10.320 –357 –3,46 %
Total 18.972 19.761 –789 –3,99 %
FONTE: elaboración propia a partir de datos do ISSGA
25
ENFERMIDADES CAUSADAS POLO TRABALLO
27
1. ENFERMIDADES CAUSADAS POLO TRABALLO
A información que achegamos sobre as enfermidades causadas polo traballo
extráese do Observatorio das continxencias profesionais da Seguridade Social
(MEYSS). A análise céntrase, mormente, no período xaneiro-decembro de 2017.
A cobertura das enfermidades causadas polo traballo no sistema da seguridade
social encarréirase por dúas vías:
— O recoñecemento automático da enfermidade profesional. Segundo o artigo 157
da LXSS (Lei xeral da seguridade social), un traballador ou traballadora ten dereito
a cobertura por enfermidade profesional se esa enfermidade foi contraída a
consecuencia do traballo nas actividades que se especifican no cadro de
enfermidades profesionais (EEPP) aprobado polo RD 1299/2006 e está provocada
pola acción dos elementos ou substancias que se indican nese cadro.
— O artigo 156.2 da LXSS, nos seus apartados e e f, recoñece que serán consideradas
como continxencia profesional aquelas enfermidades non incluídas na relación de
EEPP que contraia o traballador/a con motivo da realización do seu traballo,
sempre que se probe que a enfermidade tivo causa exclusiva na súa execución.
Tamén as enfermidades ou defectos anteriormente padecidos polo traballador/a
que se agraven como consecuencia da lesión constitutiva do accidente.
O sistema de notificación CEPROSS (comunicación de EEPP na seguridade social)
achega desde o ano 2007 información das patoloxías sufridas por traballadores/as
que están incluídas no cadro de EEPP.
En xuño de 2010 creouse o ficheiro PANOTRATSS, que recolle as patoloxías non
traumáticas causadas ou agravadas polo traballo que non teñen a consideración de
enfermidade profesional.
Segundo a información proporcionada polas aplicacións CEPROSS e PANOTRATSS, no
2017 comunicáronse 1.691 patoloxías causadas polo traballo: 1.482 partes de
enfermidades profesionais e 209 partes de patoloxías non traumáticas causadas ou
agravadas polo traballo.
O 12 % de patoloxías non traumáticas causadas ou agravadas polo traballo non se
recollen no cadro de EEPP.
Informe de sinistralidade laboral en Galicia en 2017
28
Táboa 1. ENFERMIDADES CAUSADAS POLO TRABALLO. ANO 2017
TOTAL % SOBRE O TOTAL
Enfermidades profesionais 1.482 87,64 %
Patoloxías non traumáticas causadas polo traballo 209 12,36 %
Total enfermidades causadas polo traballo 1.691 100,00 %
FONTE: elaboración propia a partir de datos de CEPROSS e PANOTRATSS
1.1. Enfermidades profesionais
No Informe CEPROSS-PANOTRATSS 2016 dise:
Un parte comunicado é un expediente de enfermidade profesional que foi tramitado pola entidade xestora ou colaboradora que asume a cobertura de continxencias profesionais conforme a normativa vixente e supuxo a existencia dunha visita do traballador a un facultativo que diagnostica unha enfermidade profesional catalogada no cadro de enfermidades profesionais recollido no RD 1299/2006.
Se cando se realiza a comunicación telemática existe baixa laboral por incapacidade temporal o parte permanece no que se denomina estado aberto, pasando a situación de pechado no momento en que finalice a incapacidade temporal. Os partes pódense pechar por algunha das seguintes causas:
Alta por curación e/ou alta laboral
Alta con proposta de incapacidade permanente
Alta con proposta de cambio de traballo
Falecemento
Lesións permanentes non invalidantes
Sen baixa laboral
Outras causas. Neste apartado inclúense as situacións de cualificación do parte como accidente de traballo ou enfermidade común aínda cando o traballador continúe de baixa médica laboral.
1.1.1. Partes comunicados de enfermidades profesionais
As mutuas e entidades xestoras comunicaron, a través da aplicación CEPROSS, 1.482
partes de EEPP no ano 2017; son 118 máis ca no ano 2016 (+8,65 %).
29
Táboa 2. PARTES COMUNICADOS DE EEPP
N.º DE PARTES VARIACIÓN INTERANUAL
2008 1.226 +32,83 %
2009 1.263 +3,02 %
2010 1.183 –6,33 %
2011 1.240 +4,82 %
2012 1.063 –14,27 %
2013 1.003 –5,64 %
2014 1.117 +11,37 %
2015 1.221 +9,31 %
2016 1.364 +11,71 %
2017 1.482 +8,65 %
FONTE: elaboración propia a partir de datos do CEPROSS
No ano 2017, o 56,34 % dos partes comunicados de EEPP foron con baixa laboral e o
restante 43,66 %, sen baixa. En comparación co ano 2016, aumentaron máis os
partes sen baixa (78 partes máis) que con baixa (40 partes máis).
Táboa 3. PARTES COMUNICADOS CON BAIXA E SEN BAIXA
ANO 2017 ANO 2016 VARIACIÓN ANUAL
Con baixa 835 795 +5,03 %
Sen baixa 647 569 +13,71 %
Total 1.482 1.364 +8,65 %
FONTE: elaboración propia a partir de datos do CEPROSS
Por sexo e grupos de idade
O 51,28 % dos partes comunicados corresponden a homes e 48,72 % a mulleres. O
60,39 % de partes de comunicados de mulleres foron con baixa, porcentaxe que
baixa ao 52,50 % no caso dos homes.
Táboa 4. PARTES COMUNICADOS POR SEXOS. ANO 2017
CON BAIXA SEN BAIXA TOTAL
Homes 399 361 760
Mulleres 436 286 722
Total 835 647 1.482
FONTE: elaboración propia a partir de datos do CEPROSS
Informe de sinistralidade laboral en Galicia en 2017
30
No 2017, o 5,87 % dos partes comunicados de EEPP correspondían a menores de 30
anos; o 77,60 % a persoas de 30 a 54 anos e o restante 16,53 % a persoas de 55 ou
máis anos.
Dentro deses grandes grupos, o maior número de partes rexístrase nas persoas de
entre 40 e 44 anos, tanto en homes coma en mulleres. Nesa franxa de idade
comunicáronse 295 partes, o 20 % dos rexistrados en 2017.
O 56,34 % dos partes comunicados de EEPP comportaron unha baixa laboral. Porén,
a distribución por grupos de idade, como veremos agora, varía bastante. A maioría
dos partes comunicados foron con baixa en todos os grupos de idade analizados,
agás entre as persoas de 60 a 64 anos, que a maioría foron sen baixa laboral. Entre
as persoas de 65 ou máis anos só se comunicaron dous partes e un foi con baixa e
outro sen baixa (ver táboa 5).
A porcentaxe máis alta dáse entre as persoas de 30 a 34 anos, cun 62,31 % de
partes con baixa; séguelle a franxa de 45 a 49 anos cunha porcentaxe do 61,34 % e
a de entre 25 e 29 anos co 58,57 %.
Táboa 5. PARTES COMUNICADOS POR GRUPOS DE IDADE CON/SEN BAIXA. ANO 2017
GRUPO DE IDADE CON BAIXA (A) SEN BAIXA TOTAL (B) (A/B)*100
Menores de 20 anos 0 0 0 —
De 20 a 24 anos 9 8 17 52,94 %
De 25 a 29 anos 41 29 70 58,57 %
De 30 a 34 anos 81 49 130 62,31 %
De 35 a 39 anos 139 104 243 57,20 %
De 40 a 44 anos 167 128 295 56,61 %
De 45 a 49 anos 165 104 269 61,34 %
De 50 a 54 anos 111 102 213 52,11 %
De 55 a 59 anos 83 79 162 51,23 %
De 60 a 64 anos 38 43 81 46,91 %
De 65 ou máis anos 1 1 2 50,00 %
Total 835 647 1.482 56,34 %
FONTE: elaboración propia a partir de datos do CEPROSS
Por rama de actividade
A actividade con máis comunicacións de partes de EEPP con baixa, tanto de homes
(o 62 %) coma de mulleres (o 32 %) foi a industria manufactureira.
31
Táboa 6. PARTES COMUNICADOS CON BAIXA POR RAMA DE ACTIVIDADE E SEXO. ANO 2017
RAMA DE ACTIVIDADE HOMES MULLERES TOTAL
Agricultura, gandaría, silvicultura e pesca 20 6 26
Industrias extractivas 12 0 12
Industria manufactureira 247 138 385
Subministración de enerxía eléctrica, gas, vapor e aire acondicionado 0 0 0
Subm. de auga, activ. saneamento, xestión de residuos e
descontaminación
3 1 4
Construción 34 2 36
Comercio; reparación de vehículos de motor e motocicletas 30 86 116
Transporte e almacenamento 14 3 17
Hostalaría 3 17 20
Información e comunicacións 0 12 12
Actividades financeiras e de seguros 0 1 1
Actividades inmobiliarias 0 0 0
Actividades profesionais, científicas e técnicas 2 5 7
Actividades administrativas e servizos auxiliares 18 78 96
Admón. pública e defensa; seguridade social obrigatoria 7 13 20
Educación 0 6 6
Actividades sanitarias e de servizos sociais 6 48 54
Actividades artísticas, recreativas e de entretemento 1 1 2
Outros servizos 2 19 21
Actividades dos fogares 0 0 0
Actividades de organizacións e organismos extraterritoriais 0 0 0
Total 399 436 835
FONTE: elaboración propia a partir de datos do CEPROSS
Nas mulleres, as seguintes ramas con máis partes con baixa son o comercio con 86
comunicacións (o 20 % dos partes con baixa de mulleres); as actividades
administrativas e servizos auxiliares con 78 partes (o 18 %) e as actividades
sanitarias e de servizos sociais con 48 partes (o 11 %).
Nos homes, a construción é a segunda rama de actividade con máis notificacións de
EEPP con baixa (34 partes, representan o 9 % dos partes con baixa de homes),
séguelle o comercio con 30 partes (o 8 % do total de partes con baixa) e o sector
primario con 20 partes (o 5 %).
Por grupo de enfermidade
O cadro de EEPP foi aprobado polo Real decreto 1299/2006. Inclúe unha listaxe de
enfermidades recoñecidas como profesionais e os traballos e substancias que
expoñen ao risco de contraelas.
A listaxe recolle seis grupos de EEPP:
— Grupo 1: EEPP causadas por axentes químicos
Informe de sinistralidade laboral en Galicia en 2017
32
— Grupo 2: EEPP causadas por axentes físicos
— Grupo 3: EEPP causadas por axentes biolóxicos
— Grupo 4: EEPP causadas pola inhalación de substancias e axentes non
comprendidos noutros apartados
— Grupo 5: EEPP da pel causadas por substancias e axentes non comprendidos
nalgún dos outros apartados
— Grupo 6: EEPP causadas por axentes carcinóxenos
No 2017, case o 90 % dos partes comunicados de EEPP se encadraban nos grupos 2
e 4. A maior concentración dáse, co 75 % de comunicacións, no grupo 2 (EEPP
causadas por axentes físicos). O 56,58 % dos partes de EEPP do grupo 2 foron con
baixa.
Séguelle moi de lonxe o grupo 4 (EEPP causadas por inhalación de substancias e
axentes non comprendidos noutros apartados) co 14 % dos comunicados en 2017.
O 51,69 % deles esixiron unha baixa laboral.
O grupo 3 (EEPP causadas por axentes biolóxicos) é o que rexistra a maior
proporción de partes con baixa: o 79,25 %.
Pola contra, no grupo 1 (EEPP causadas por axentes químicos) e no grupo 6 (EEPP
causadas por axentes carcinóxenos) son minoría os partes con baixa: o 46,15 % e
25,00 %, respectivamente.
Táboa 7. PARTES COMUNICADOS POR GRUPOS DE ENFERMIDADE. ANO 2017
GRUPO CON BAIXA
(A)
SEN BAIXA TOTAL (B) (A/B)*100
Grupo 2 632 485 1.117 56,58 %
Grupo 4 107 100 207 51,69 %
Grupo 5 35 27 62 56,45 %
Grupo 3 42 11 53 79,25 %
Grupo 1 18 21 39 46,15 %
Grupo 6 1 3 4 25,00 %
Total 835 647 1.482 56,34 %
FONTE: elaboración propia a partir de datos do CEPROSS
Como se reflicte na táboa 8, o maior número de partes comunicados de EEPP
encádrase no grupo 2 (causadas por axentes físicos), tanto nos homes coma nas
mulleres. Nese grupo están o 69,34 % das EEPP de homes e o 81,72 % de mulleres.
33
Táboa 8. PARTES COMUNICADOS POR GRUPOS DE ENFERMIDADE E SEXO. ANO 2017
GRUPO HOMES MULLERES TOTAL
Grupo 2 527 590 1.117
Grupo 4 182 25 207
Grupo 5 22 40 62
Grupo 3 9 44 53
Grupo 1 16 23 39
Grupo 6 4 0 4
Total 760 722 1.482
FONTE: elaboración propia a partir de datos do CEPROSS
Cómpre destacar a diferente incidencia en homes e mulleres das EEPP dos grupos 3
e 4, como reflexo do distinto encadramento duns e outras por sectores. O segundo
grupo con máis partes de EEPP nos homes é o 4 (causadas por inhalación de
substancias), pois representan o 23,95 % do total (e só o 3,46 % nas mulleres). O
87,92 % dos partes encadrados no grupo 4 corresponden a homes.
No caso das mulleres, ocupa a segunda posición o grupo 3 (EEPP causadas por
axentes biolóxicos) co 6,09 % do total (e só o 1,18 % no caso dos homes). O
83,02 % dos partes rexistrados no grupo 3 corresponden a mulleres.
A maioría dos partes comunicados dos grupos 1 (EEPP causadas por axentes
químicos) e 5 (EEPP da pel) corresponden a mulleres: o 58,97 % e o 64,52 %,
respectivamente.
No 2017 comunicáronse catro partes de EEPP causadas por axentes carcinóxenos
(grupo 6). Son os catros partes de homes: un con baixa e tres sen baixa.
Por provincias
A provincia coa cifra máis alta de partes comunicados de EEPP é Pontevedra con
726, o 48,99 % de todos os rexistrados en Galicia no 2017. A seguir está a provincia
da Coruña con 399 partes (o 26,92 % do total), Ourense con 249 (o 16,80 %) e, por
último, Lugo con 108 (o 7,29 %).
Nos partes que comportaron baixa, Lugo sitúase á cabeza co 69,44 % dos
comunicados na provincia. No extremo oposto está Pontevedra, coa menor
porcentaxe das catro provincias galegas: un 51,79 %.
Informe de sinistralidade laboral en Galicia en 2017
34
Táboa 9. PARTES COMUNICADOS POR PROVINCIAS. ANO 2017
PROVINCIA CON BAIXA (A) SEN BAIXA TOTAL (B) (A/B)*100
A Coruña 241 158 399 60,40 %
Lugo 75 33 108 69,44 %
Ourense 143 106 249 57,43 %
Pontevedra 376 350 726 51,79 %
Total 835 647 1.482 56,34 %
FONTE: elaboración propia a partir de datos do CEPROSS
Por sexos, hai máis comunicacións de EEPP de homes nas provincias de Ourense (o
56,63 %), Lugo (o 53,70 %) e Pontevedra (o 53,03 %). Pola contra, na provincia da
Coruña teñen máis incidencia as EEPP en mulleres (o 55,89 % dos partes).
Táboa 10. PARTES COMUNICADOS POR PROVINCIAS E SEXO. ANO 2017
PROVINCIA HOMES MULLERES TOTAL
A Coruña 176 223 399
Lugo 58 50 108
Ourense 141 108 249
Pontevedra 385 341 726
Total 760 722 1.482
FONTE: elaboración propia a partir de datos do CEPROSS
Clasificación por comunidades autónomas
Por volume de expedientes, Galicia ocupa a quinta posición por detrás de Valencia,
o País Vasco, Cataluña e Madrid. Os 1.482 expedientes de EEPP comunicados en
Galicia representan o 7 % dos rexistrados en España.
Por porcentaxe de partes comunicados con baixa laboral, Galicia é a cuarta
comunidade autónoma coa maior: o 56,34 %. Na media estatal, esa porcentaxe é
inferior: un 48,32 % dos partes.
As comunidades que superan a Galicia en porcentaxe de partes con baixa son
Madrid (67,73 %), Andalucía (64,34 %) e Estremadura (59,07 %).
Entre as comunidades con menor proporción de EEPP con baixa destaca Valencia,
onde os partes con baixa só representan o 29,93 % do total de comunicacións, ou A
Rioxa cunha porcentaxe do 34,67 %.
35
Táboa 11. NÚMERO DE PARTES COMUNICADOS POR CCAA. ANO 2017
CON BAIXA (A) SEN BAIXA TOTAL (B) (A/B)*100
Valencia 1.010 2.365 3.375 29,93 %
País Vasco 1.443 1.659 3.102 46,52 %
Cataluña 1.599 1.361 2.960 54,02 %
Madrid 1.062 506 1.568 67,73 %
Galicia 835 647 1.482 56,34 %
Navarra 664 756 1.420 46,76 %
Aragón 485 732 1.217 39,85 %
Murcia 621 535 1.156 53,72 %
Andalucía 644 357 1.001 64,34 %
Castela e León 461 503 964 47,82 %
Castela-A Mancha 311 268 579 53,71 %
Canarias 227 248 475 47,79 %
A Rioxa 164 309 473 34,67 %
Asturias 238 224 462 51,52 %
Baleares 187 234 421 44,42 %
Cantabria 159 163 322 49,38 %
Estremadura 114 79 193 59,07 %
FONTE: elaboración propia a partir de datos do CEPROSS
NOTA: non se inclúen os datos das Cidades de Ceuta e Melilla.
1.1.2. Partes pechados como enfermidade profesional con baixa
Por sexo
No ano 2017 pecháronse 745 procesos de enfermidade profesional en Galicia
cunha distribución moi semellante por sexo: 373 corresponde a mulleres e 372 a
homes.
Por provincias, houbo máis partes pechados de homes que de mulleres en todas
elas, agás na da Coruña que son maioría os de mulleres.
Táboa 12. PARTES PECHADOS COMO ENFERMIDADE PROFESIONAL CON BAIXA POR PROVINCIAS E SEXO. ANO 2017
N.º DE PARTES PECHADOS DURACIÓN MEDIA (EN DÍAS)
PROVINCIA HOMES MULLERES TOTAL HOMES MULLERES TOTAL
A Coruña 85 127 212 83,34 84,94 84,30
Lugo 33 29 62 100,39 84,86 93,13
Ourense 67 44 111 62,94 66,43 64,32
Pontevedra 187 173 360 89,93 88,60 89,29
Total 372 373 745 84,49 84,45 84,47
FONTE: elaboración propia a partir de datos do CEPROSS
Informe de sinistralidade laboral en Galicia en 2017
36
A duración media dos procesos de enfermidade profesional foi de 84,47 días de
baixa laboral en Galicia (fronte a 78,86 días na media estatal), e moi similar por
sexos: 84,49 días nos homes e 84,45 días nas mulleres.
Na distribución por provincias, a duración media máis elevada dáse na de Lugo
(93,13 días) e a seguir na de Pontevedra (89,29 días). Pola contra, a menor
duración corresponde á provincia de Ourense con 64,32 días.
Por grupos de idade
O maior número de partes pechados como EEPP con baixa corresponde a persoas
que teñen de 45 a 49 anos, tanto nos homes (83 partes, o 22 % dos pechados de
homes) coma nas mulleres (85 partes, o 23 % dos pechados de mulleres).
O 4,43 % dos partes pechados como EEPP con baixa no ano 2017 atangueu a
persoas menores de 30 anos; o 81,88 % tiñan entre 30 e 54 anos e o restante
13,69 %, máis de 54 anos.
Existe unha correlación entre a idade e a duración media dos procesos: a máis
idade corresponden procesos máis longos. Como se ve na táboa 13, de media, as
duracións máis baixas danse en menores de 30 anos. En cambio, as duracións máis
longas danse entre as persoas maiores de 54 anos.
Táboa 13. PARTES PECHADOS COMO EEPP CON BAIXA POR GRUPOS DE IDADE E SEXO. ANO 2017
NÚMERO DE PARTES PECHADOS DURACIÓN MEDIA (EN DÍAS)
GRUPO DE IDADE HOMES MULLERES TOTAL HOMES MULLERES TOTAL
Menores de 20 0 0 0 — — —
De 20 a 24 2 5 7 22,50 27,60 26,14
De 25 a 29 10 16 26 65,20 70,56 68,50
De 30 a 34 41 41 82 72,22 71,34 71,78
De 35 a 39 66 64 130 72,21 75,56 76,40
De 40 a 44 77 57 134 81,52 74,56 78,56
De 45 a 49 83 85 168 89,96 82,26 86,07
De 50 a 54 43 53 96 60,88 97,21 80,94
De 55 a 59 36 36 72 115,03 114,81 114,92
De 60 a 64 13 16 29 159,08 121,44 138,31
De 65 ou máis 1 0 1 106,00 — 106,00
Total 372 373 745 84,49 84,45 84,47
FONTE: elaboración propia a partir de datos do CEPROSS
37
Por grupos de enfermidades profesionais
O grupo 2 (EEPP causadas por axentes físicos) abrangue o maior número de partes
pechados en ambos os sexos: 301 partes de mulleres (o 81 % do total nas mulleres)
e 266 partes de homes (o 72 % dos pechados de homes).
Táboa 14. PARTES PECHADOS COMO EEPP POR GRUPOS DE ENFERMIDADE. ANO 2017
NÚMERO DE PARTES PECHADOS DURACIÓN MEDIA (EN DÍAS)
GRUPOS HOMES MULLERES TOTAL HOMES MULLERES TOTAL
Grupo 2 266 301 567 85,86 90,04 88,08
Grupo 4 78 14 92 89,08 115,29 93,07
Grupo 3 6 29 35 72,83 28,10 35,77
Grupo 5 12 21 33 37,67 76,62 62,45
Grupo 1 10 8 18 75,50 44,63 61,78
Grupo 6 — — — — — —
Total 372 373 745 84,49 84,45 84,47
FONTE: elaboración propia a partir de datos do CEPROSS
Nota:
Grupo 1: EEPP causadas por axentes químicos
Grupo 2: EEPP causadas por axentes físicos
Grupo 3. EEPP causadas por axentes biolóxicos
Grupo 4: EEPP causadas por inhalación de substancias e axentes non comprendidos noutros apartados
Grupo 5: EEPP da pel causadas por substancias e axentes non comprendidos nalgún dos outros apartados
Grupo 6: EEPP causadas por axentes carcinóxenos
O segundo grupo con máis partes pechados difire dependendo dos sexos. Nas
mulleres é o grupo 3 (EEPP causadas por axentes biolóxicos) e nos homes é o grupo
4 (EEPP causadas por inhalación).
A maior duración nos procesos con baixa deuse no grupo 4, EEPP causadas por
inhalación de substancias e axentes non comprendidos noutros apartados, tanto
nos homes (89,08 días) coma nas mulleres (115,29 días). A seguir está o grupo 2
(EEPP causadas por axentes físicos) cunha duración media de 90,04 días nas
mulleres e de 85,86 días nos homes.
Os procesos máis curtos nos homes danse no grupo 5 (EEPP da pel), cunha duración
media de 37,67 días, mentres que nas mulleres se dá no grupo 3 (EEPP causadas por
axentes biolóxicos) cunha duración media de 28,10 días.
Por rama de actividade
O maior número de partes pechados como EEPP con baixa rexístrase na industria
manufactureira, tanto nos homes coma nas mulleres. Nesa rama encádranse o
63 % dos partes pechados de homes e o 32 % dos partes pechados de mulleres.
Informe de sinistralidade laboral en Galicia en 2017
38
Táboa 15. PARTES PECHADOS COMO EEPP CON BAIXA POR RAMA DE ACTIVIDADE E SEXO. ANO 2017
RAMA DE ACTIVIDADE HOMES MULLERES TOTAL
Agricultura, gandaría, silvicultura e pesca 19 7 26
Industrias extractivas 10 0 10
Industria manufactureira 233 120 353
Subministración de enerxía eléctrica, gas, vapor e aire acondicionado 0 0 0
Subm. de auga, activ. saneamento, xestión de residuos e
descontaminación
4 0 4
Construción 33 2 35
Comercio; reparación de vehículos de motor e motocicletas 26 77 103
Transporte e almacenamento 11 4 15
Hostalaría 4 12 16
Información e comunicacións 0 5 5
Actividades financeiras e de seguros 0 0 0
Actividades inmobiliarias 0 0 0
Actividades profesionais, científicas e técnicas 2 6 8
Actividades administrativas e servizos auxiliares 21 68 89
Admón. pública e defensa; seguridade social obrigatoria 2 10 12
Educación 0 4 4
Actividades sanitarias e de servizos sociais 5 41 46
Actividades artísticas, recreativas e de entretemento 2 1 3
Outros servizos 0 16 16
Actividades dos fogares 0 0 0
Actividades de organizacións e organismos extraterritoriais 0 0 0
Total 372 373 745
FONTE: elaboración propia a partir de datos do CEPROSS
A marcada segmentación sexual na ocupación maniféstase, obviamente, na
distribución dos partes pechados por ramas e sexos. Despois da industria
manufactureira, as seguintes ramas con máis partes pechados como EEPP nas
mulleres son o comercio (77 partes); as actividades administrativas e servizos
auxiliares (68 partes) e as actividades sanitarias e de servizos sociais (41 partes).
Nos homes, tras a industria manufactureira destacan as seguintes ramas:
construción (33 partes), comercio (26 partes) e actividades sanitarias e de servizos
sociais (21 partes).
1.1.3. Sistema de alertas
O sistema CEPROSS contén un «servizo de alertas» que ofrece a posibilidade de
detectar aquelas empresas que superaron os límites de alerta establecidos. É dicir,
localiza posibles «focos de risco» de EEPP, para facilitar unha maior eficiencia nas
accións de preventivas.
39
Táboa 16. TOTAL DE EMPRESAS QUE SUPERARON OS LÍMITES ESTABLECIDOS NO 2017
GRUPO 1 GRUPO 2 GRUPOS 3 GRUPO 4 GRUPO 5 GRUPO 6 SUMA TOTAL
EMPRESAS
Madrid 8 44 3 2 1 58 45
Galicia 1 22 9 11 1 1 45 36
País Vasco 21 4 4 1 3 33 31
Cataluña 10 12 1 2 1 26 21
Andalucía 2 4 7 1 2 3 19 18
Navarra 2 13 2 2 19 13
Castela e León 1 4 7 1 13 13
Murcia 8 2 1 1 12 12
Valencia 7 6 1 1 1 16 12
Castela-A Mancha 2 4 1 1 8 6
Aragón 3 1 1 5 5
Asturias 2 3 5 4
Cantabria 4 4 3
Canarias 1 1 1 3 3
Baleares 1 1 2 2
Estremadura 1 1 1
A Rioxa 1 1 1
Ceuta 1 1 1
Total 8 109 94 30 12 18 271 227
FONTE: elaboración propia a partir de datos do CEPROSS
Nota:
Grupo 1: EEPP causadas por axentes químicos
Grupo 2: EEPP causadas por axentes físicos
Grupo 3. EEPP causadas por axentes biolóxicos
Grupo 4: EEPP causadas por inhalación de substancias e axentes non comprendidos noutros apartados
Grupo 5: EEPP da pel causadas por substancias e axentes non comprendidos nalgún dos outros apartados.
Grupo 6: EEPP causadas por axentes carcinóxenos.
No ano 2017, 36 empresas superaron en Galicia os límites de sinistralidade;
representan o 16 % das detectadas en España (fronte as 34 empresas detectadas
en 2016). Na clasificación por comunidades autónomas, Galicia é a segunda co
maior número de empresas que superaron os límites de sinistralidade, só está por
detrás de Madrid (45 empresas).
As alertas nesas 36 empresas en Galicia producíronse en 45 EEPP. Polo tanto,
existen empresas onde as alertas detectaron máis dunha enfermidade profesional.
O maior número de empresas que superaron os límites de sinistralidade
encádranse nas actividade económicas de corte, tallado e acabado da pedra (11
empresas) e actividades hospitalarias (6 empresas).
Informe de sinistralidade laboral en Galicia en 2017
40
1.2. Patoloxías non traumáticas
Os datos manexados de patoloxías non traumáticas corresponden aos expedientes
comunicados a través do sistema PANOTRATSS en Galicia no ano 2017. Coñecemos o
número de partes comunicados distribuídos por sexo, por provincias e segundo
causaran ou non baixa laboral.
Por sexos
No ano 2017 comunicáronse 209 partes de patoloxías non traumáticas en Galicia
(fronte a 610 no 2016). A incidencia da declaración é maior nos homes ca nas
mulleres: 123 partes de homes (o 58,85 % dos partes) e 86 de mulleres.
O 73,68 % dos partes comunicados foron con baixa laboral. Por sexos, esa
proporción é algo máis elevada nos homes ca nas mulleres: 75,61 % fronte a
70,93 %, respectivamente.
Táboa 17. PARTES COMUNICADOS DE PATOLOXÍAS NON TRAUMÁTICAS
ANO 2017
HOMES MULLERES TOTAL
Con baixa 93 61 154
Sen baixa 30 25 55
Total 123 86 209
FONTE: elaboración propia a partir de datos do PANOTRATSS
Por provincias
O maior número de partes comunicados de patoloxías non traumáticas
corresponde, con diferenza, á provincia da Coruña: 119 no 2017, que representan
o 56,94 % dos comunicados na comunidade. Séguenlle moi de lonxe os 41 partes
de Pontevedra (o 19,62 %), Lugo con 31 (o 14,83 %) e, por último, Ourense con 18
(o 8,61 %).
O número de partes comunicados de homes é superior ao de mulleres nas catro
provincias galegas.
A maior porcentaxe de baixas laborais por patoloxías non traumáticas deuse nas
provincias de Lugo (o 80,65 % dos partes) e A Coruña (o 78,15 %). Pontevedra, cun
68,29 %, e Ourense, cun 44,44 %, quedaron por baixo da media.
41
Táboa 18. PARTES COMUNICADOS POR PROVINCIAS E SEXOS. ANO 2017
CON BAIXA SEN BAIXA
HOMES MULLERES TOTAL HOMES MULLERES TOTAL
A Coruña 54 39 93 15 11 26
Lugo 16 9 25 4 2 6
Ourense 6 2 8 4 6 10
Pontevedra 17 11 28 7 6 13
Total 93 61 154 30 25 55
FONTE: elaboración propia a partir de datos do PANOTRATSS
Clasificación por comunidades autónomas
Na clasificación por comunidades autónomas, en cifras absolutas, Galicia é a
décima con máis declaracións de patoloxías non traumáticas: 209 partes no 2017.
Galicia é a terceira comunidade autónoma coa porcentaxe máis alta de partes
comunicados con baixa laboral nas patoloxías non traumáticas: o 73,68 % das
declaracións foron con baixa no 2017, porcentaxe que baixa ata o 57,00 % na
media estatal. Só está por detrás de Canarias (o 84,43 % dos partes comportaron
unha baixa) e de Murcia (o 75,10 %).
Táboa 19. PARTES COMUNICADOS POR CCAA. ANO 2017
CON BAIXA (A) SEN BAIXA TOTAL (B) (A/B)*100
Cataluña 644 563 1.207 53,36 %
Valencia 246 271 517 47,58 %
Madrid 338 127 465 72,69 %
Andalucía 278 166 444 62,61 %
Aragón 181 227 408 44,36 %
País Vasco 103 220 323 31,89 %
Murcia 193 64 257 75,10 %
Canarias 206 38 244 84,43 %
Castela e León 113 98 211 53,55 %
Galicia 154 55 209 73,68 %
Castela-A Mancha 92 58 150 61,33 %
Asturias 60 61 121 49,59 %
Baleares 44 42 86 51,16 %
Estremadura 42 18 60 70,00 %
Navarra 27 30 57 47,37 %
A Rioxa 23 26 49 46,94 %
Cantabria 7 9 16 43,75 %
Ceuta 4 2 6 66,67 %
Melilla 1 4 5 20,00 %
Total 2.756 2.079 4.835 57,00 %
FONTE: ELABORACIÓN PROPIA A PARTIR DE DATOS DO PANOTRATSS
Informe de sinistralidade laboral en Galicia en 2017
42
43
CONCLUSIÓNS
A actividade económica e o emprego medran pero aínda é maior o aumento dos
accidentes de traballo como consecuencia da deterioración das condicións laborais
e da extensión da precariedade.
Segundo o avance das estatísticas de accidentes de traballo que publicou o ISSGA,
durante o 2017 producíronse en Galicia 30.328 accidentes de traballo con baixa.
Dese total, o 89,97 % ocorreron en xornada laboral (27.286 accidentes) e o
10,03 % restante no desprazamento do domicilio ao centro de traballo ou
viceversa (3.042 accidentes). En relación co ano anterior, os accidentes de traballo
con baixa en xornada laboral aumentaron un 9,17 % e os accidentes in itinere
fixérono un 8,64 %.
O «índice de incidencia» é o cociente entre os accidentes en xornada de traballo
con baixa e a media anual de traballadores/as afiliados en situación de alta laboral
nos réximes que teñen cuberta a continxencia de accidente de traballo. Polo tanto,
este indicador ofrece datos máis precisos ca a simple comparación de cifras
absolutas de accidentes e confirma que estes aumentan por riba da creación de
emprego.
O índice de incidencia subiu un 6,42 % en relación co ano 2016. A suba dáse en
ambos os sexos pero máis nos homes (+7,63 %), en todos os sectores agás na
pesca, en maior proporción na construción (+12,29 %) e, por gravidade, o aumento
concentrouse nos leves (+6,91 %).
No 2017 morreron 49 persoas nun accidente de traballo (43 homes e 6 mulleres).
Dese total, morreron en xornada laboral 40 homes (15 menos ca no 2016) e 3
mulleres (1 máis ca no 2016). Por sectores, destaca o incremento dos accidentes
mortais na construción: faleceron 13 persoas no 2017, oito máis ca no 2016.
A gravidade da situación apréciase na súa verdadeira dimensión cando nos
comparamos coas restantes comunidades autónomas: segundo as estatísticas do
Ministerio de Emprego e Seguridade Social, Galicia rexistrou un índice de
incidencia de 5,48 accidentes mortais por cada cen mil traballadores/as, mentres
que a proporción acadada na media do Estado foi do 3,20. En cifras absolutas,
somos a cuarta comunidade autónoma con máis accidentes mortais.
Os traballadores e traballadoras con menos antigüidade no seu posto traballo
teñen máis probabilidades de sufriren un accidente de traballo. Un dato revelador
disto é que o 21 % dos accidentes con baixa en xornada laboral rexistrados no
2017 sufríronos persoas que tiñan unha antigüidade inferior a tres meses no seu
posto de traballo, porcentaxe moi elevada en relación coa poboación asalariada
exposta a esa situación.
Informe de sinistralidade laboral en Galicia en 2017
44
A nosa estrutura produtiva caracterízase polo predominio case absoluto das
empresas moi pequenas. Esa peculiaridade tamén se reflicte na sinistralidade
laboral. No 2017, o maior número de accidentes de traballo con baixa en xornada
laboral dáse nas empresas que teñen entre 5 e 25 traballadores e traballadoras:
abranguen o 27 % do total dos accidentes. O 40 % dos accidentes de traballo en
xornada laboral rexistráronse en empresas que tiñan de 1 a 25 traballadores/as.
As persoas con contrato temporal tamén corren máis riscos de sufrir un accidente
ca as que teñen unha relación estable: o 40 % dos accidentes con baixa en xornada
laboral rexistrados no 2017 ocorréronlles a persoas cun contrato temporal; esa
porcentaxe queda moi por riba da representación que ten a poboación asalariada
temporal no emprego por conta allea. En comparación co ano 2016, os accidentes
de traballo en xornada laboral aumentaron máis nas persoas cun contrato
temporal ca entre as que tiñan un contrato indefinido.
Persiste a infradeclaración das enfermidades causadas polo traballo. Segundo a
información proporcionada polas aplicacións CEPROSS E PANOTRATSS, no 2017
comunicáronse 1.691 enfermidades causadas polo traballo: 1.482 partes foron de
enfermidades profesionais (fronte a 1.364 no 2016) e 209 de patoloxías non
traumáticas causadas ou agravadas polo traballo (fronte a 610 en 2016).
No ano 2017, o 56,34 % dos partes comunicados de enfermidades profesionais
foron con baixa laboral; esa porcentaxe era do 58,28 % un ano antes. Mención á
parte merece o subrexistro das enfermidades profesionais causadas por axentes
carcinóxenos (grupo VI): catro partes no 2017 (todos de homes), un con baixa e
tres sen baixa.
45
46