CADERNO deVeránturismo.lalin.gal/sites/default/files/cadernoveran.pdf · 2018. 7. 27. · CADERNO...

8
CADERNO deVerán Quinta feira, 26 de xullo de 2018 Número 37 PUBLIRREPORTAXE Lalín, como corazón de Galiza, ten un interior único que pode gozarse durante os 12 meses do ano. Lalín non só é cocido, é patrimonio, natureza, paisaxe, gastronomía variada, mobilidade sustentábel… Neste caderno, achegamos toda a información e todas as chaves para abrir os recursos turísticos máis relevantes de Lalín e para facer unha visita inesquecíbel. >>> 2-3 Os camiños Albergue municipal e chegada de peregrinas e peregrinos ... e tradición Un cocido de récord Axenda Festa da malla e apicultura Selfie Francisco Vilariño, concelleiro de Obras e Turismo de Lalín Vangarda... Gastronomía e música no Lalín con Gusto! Metrominuto Plano peonil

Transcript of CADERNO deVeránturismo.lalin.gal/sites/default/files/cadernoveran.pdf · 2018. 7. 27. · CADERNO...

Page 1: CADERNO deVeránturismo.lalin.gal/sites/default/files/cadernoveran.pdf · 2018. 7. 27. · CADERNO deVerán Quinta feira, 26 de xullo de 2018 Número 37 PUBLIRREPORTAXE Lalín, como

CA

DER

NO

de

Verá

nQ

uint

a fe

ira,

26

de

xullo

de

2018

Núm

ero

37 P

UB

LIR

RE

PO

RTA

XE

Lalín, como corazón de Galiza, ten un interior único que pode gozarse durante

os 12 meses do ano. Lalín non só é cocido, é patrimonio, natureza, paisaxe,

gastronomía variada, mobilidade sustentábel… Neste caderno, achegamos toda a

información e todas as chaves para abrir os recursos turísticos máis relevantes

de Lalín e para facer unha visita inesquecíbel. >>> 2-3

Os camiños Albergue municipal e chegada de peregrinas e peregrinos

... e tradición Un cocido de récord

Axenda Festa da malla e apicultura

Selfie Francisco Vilariño, concelleiro de Obras e Turismo de Lalín

Vangarda... Gastronomía e música no Lalín con Gusto!

Metrominuto Plano peonil

Page 2: CADERNO deVeránturismo.lalin.gal/sites/default/files/cadernoveran.pdf · 2018. 7. 27. · CADERNO deVerán Quinta feira, 26 de xullo de 2018 Número 37 PUBLIRREPORTAXE Lalín, como

O Concello de Lalín, a través da Concellaría de Turismo, realizou por primeira vez unha enquisa entre os restaurantes locais que ofrecen cocido para coñecer de primeira man a súa satisfacción, así como o rendemento e outras cuestións xerais relativas á tempada de maior consumo deste prato, que aínda que se comeza a servir coa chegada dos primeiros fríos e se man-tén até ben entrada a prima-vera, concentra a época forte no primeiro trimestre do ano.

Unha vez analizadas detalladamente as respostas de cada estabelecemento, as conclusións son claras. En palabras do concelleiro de Turismo, Francisco Vilariño, “estamos a falar da mellor tempada de cocido da historia en canto ao número de pratos

servidos e á cantidade de comensais recibidos”. “E isto”, advirte, “non o afirmo eu, senón que son datos obxecti-vos e contrastábeis, achega-dos polos diferentes restaura-dores, que nos fan estar moi satisfeitos e orgullosos”.

25 locais participantesAs enquisas foron realizadas entre os 25 estabelecementos que participaron no XX Mes do Cocido, que finalizou o 14 de febreiro. Nas preguntas realizadas, ademais de solici-tarse unha valoración xeral do ano, tamén se lles preguntou pola época na que empezaron a servir os primeiros cocidos, así como sobre as encargas que mantiveron. No relativo á primeira cuestión, os datos son absolutamente positivos e incontestábeis, pois agás 3 estabelecementos, todos afirmaron que a presente tem-pada de Cocido foi “moi boa”

medida ao magnífico traballo deste sector, pero non me cansarei de dicir que o éxito final é colectivo e reside en todo o pobo polos beneficios que o cocido achega cada ano ao noso concello, tanto a nivel económico como social e cultural”. “Desde o punto de vista turístico, o cocido é un motor, posto que a xente que nos visita para degustalo crea

2

Un cocido… de marca!Promoción económica As persoas restauradoras certifican que a deste ano foi “a mellor tempada do cocido” en número de pratos servidos e en relación á cantidade de comensais recibidos.

CA

DE

RN

Od

eVe

rán

26 /

7 /

18

Doade18 de agosto

XIX Festa da Malla Tradicional de DoadeRecréase unha tarefa clave no calendario agrario galego

REDACCIÓN Fotos: CEDIDAS

Co mes de agosto chega a Festa da Malla Tradicional de Doade, no lugar de Codeseda. Unha cita que suma dezano-ve edicións e que é unha das datas festivas máis singula-res do mapa galego. E é que Doade acolle a recreación das modalidades de malla máis antigas. Un dos labores máis importantes da agricul-tura rural, onde a veciñanza se axudaba mutuamente. Este carácter colectivo da malla fica patente nesta fes-ta, que organiza máis un ano o Museo Etnográfico Casa do Patrón. Malla á pedra, con males ou coas primeiras

máquinas de motor recréan-se desde o ano 2000 con-gregando centos de persoas que queren coñecer como se separaba a semente ou grans da palla.

A partir das 11 horas, co-mezará a mostra de artesanía popular; media hora despois, o carrexo de mollos e máqui-nas; a partir das 12 horas, a malla tradicional e a entrega de premios aos mellores ves-tidos da época; ás 14 horas é a quenda do xantar popular e a partir das 16.30 horas desenvolverase a ruada da malla, con música chegada da comarca.

“O cOcIDO De LALín esTá nun esTADO De sAúDe InMeLLOrábeL e O seu creceMenTO pArece nOn Ter TeITO”, AFIrMA FrAncIscO VILArIñO

en compa-ración con

algunhas ante-riores ou mesmo van máis aló e

manifestan que foi “a mellor que se lembra”.

Os restaurantes estiveron completos e foron milleiros os comensais que degustaron o prato rei da gastronomía galega nalgún dos estabele-cementos da localidade. En relación á época na que se empeza a servir o prato, a maioría de restaurantes dixe-ron facelo con maior regulari-dade desde o mes de nov-embro, aínda que varios dos locais de referencia de Lalín aseguraron comezar a ofrecer cocidos en gran cantidade xa “a partir das festas patro-nais de setembro e até que a xente o pida”, de modo que se comproba que o cocido se consome de xeito abundante nos estabelecementos locais durante a maior parte do ano.

Tamén son significati-vas algunhas informacións achegadas por restaurado-res, como é o caso dun dos

sinerxías con outros secto-res, merca no comercio e fai uso de diferentes servizos, enriquecendo en conxunto o noso municipio”, engade.

Nesta liña, o edil tamén atribúe o éxito aos esforzos que vén realizando o Gober-no por seguir impulsando o cocido como un dos principais reclamos de Lalín para atraer visitantes e para xerar riqueza. “Desde o Concello de Lalín destinamos cada ano ao coci-do unha gran cantidade de re-cursos, tanto humanos como económicos, para difundilo e promovelo a través de diferen-tes iniciativas, xa que somos conscientes do seu enorme potencial”, conclúe.

restaurantes con maior aforo do municipio, que dixo ter percibido un cambio de perfil no comensal do cocido e que máis aló dos grupos de adultos “que veñen todos os anos”, este ano se recibiron moitas mozas e mozos.

Uns datos “magníficos”Francisco Vilariño non es-conde a súa satisfacción ante unhas valoracións tan positi-vas. “Os datos son magníficos, pois a inmensa maioría dos restaurantes afirmaron que foi o mellor ano en canto a número de clientes”. “Isto reflicte que o cocido de Lalín está nun estado de saúde inmellorábel e que o seu cre-cemento parece non ter teito, mais desde o Goberno muni-cipal non nos imos conformar e imos seguir traballando para facer que en cada edición o beneficio que lle carrexa o cocido ao noso municipio sexa maior”.

O concelleiro parabeniza os estabelecementos ante este éxito rotundo, “pois o excelente rendemento desta tempada débese en gran

Page 3: CADERNO deVeránturismo.lalin.gal/sites/default/files/cadernoveran.pdf · 2018. 7. 27. · CADERNO deVerán Quinta feira, 26 de xullo de 2018 Número 37 PUBLIRREPORTAXE Lalín, como

3C

AD

ER

NO

de

Verán

O albergue aumentará o potencial turístico de Lalín

Nova sinaléctica para coñecer Lalín

Infraestrutura O albergue para peregrinas e peregrinos contribuirá a potenciar, aínda máis, as dúas rutas xacobeas que pasan pola localidade: a Vía da Prata e o Camiño de Inverno e, en consecuencia, repercutirá de maneira positiva a nivel turístico.

O Concello de Lalín, a través da Concellaría de Turismo, instalará diferentes sinais

ao longo da localidade que marcarán os principais puntos

de acceso a algúns dos recursos turísticos máis relevantes. O obxec-

tivo: dar a coñecer unha oferta atractiva e diversa e dotar as persoas visitantes de infor-mación. A actuación ten un orzamento de 10.021 euros e acometerase grazas a unha achega da Deputación de Pontevedra, concedida ao abeiro das subvencións para a rehabilitación e sinaliza-ción do patrimonio histórico e cultural.

Reforzarase a sinalización de cinco recursos de especial interese: a área recreativa de Mouris-cade; o Pazo de Liñares; a ruta do Castro de

Doade; o Castro de Doade e o conxunto megalíti-co de Alperiz.

O responsábel de Turismo, Francisco Vilariño, pon de manifesto que a mellora na sinaléctica responde “á continua aposta do Goberno local por dar a coñecer os princi-pais atractivos turísticos do municipio, coa finalidade de atraer potenciais visitantes e fa-cilitar o coñecemento dos recursos entre as propias persoas de Lalín”.

Malia a relevancia dos puntos turísticos que se sinalizarán, a información xeral sobre os mes-mos era claramente deficitaria. Unha eiva que o actual Gober-no local corrixirá para poten-ciar os atractivos do concello.

26 / 7 / 18

REDACCIÓN Fotos: CEDIDAS

O anteproxecto para a rexe-neración urbana do antigo colexio Manuel Rivero repre-senta un punto de inflexión que porá en valor unha superficie de máis de 3.500 metros cadrados e un gran

A recuperAcIón DesTA zOnA sIgnIFIcArá un grAn puLO pArA OTurIsMO, DO que se beneFIcIArán DIVersOs secTOres

paso para avanzar nun novo modelo de vila.

Alén de favorecer o conxunto da veciñanza, a recuperación desta zona significará un gran pulo para o turismo, do que se beneficia-rán diversos sectores que pro-vocarán unha sinerxia positiva en todos os demais. E é que

o proxecto inclúe un albergue de peregrinos que converterá Lalín nun centro neurálxico de atracción dos camiños.

Na zona do colexio, o proxecto contempla a demo-lición dos edificios existentes e a construción do albergue de peregrinas e peregrinos, convertendo o espazo nunha

Á esquerda, castro de Doade; xunto a estas liñas, mámoa do Cruce e área recreativa de Mouriscade.

praza. Deste equipamento poderán desfrutar os milleiros de persoas que atravesan cada ano Lalín para realizaren o Camiño de Santiago. Nes-te sentido, o concello conta cunha importancia dupla: aquí conflúen dúas das rutas con maior potencial, a Vía da Prata –o camiño xacobeo galego que atravesa máis percorrido na Galiza– e mais o Camiño de Inverno –a ruta alternativa ao Camiño francés ideal para quen busca sosego e contac-to coa natureza.

A recuperación dun espazo deterioradoA rúa Manuel Rivero e a súa contorna forman un enclave onde os equipamentos sociais gozaron dun peso relevante, pois foi aquí onde se situaron a antiga biblioteca, o colexio Manuel Rivero ou as vivendas das mestras e dos mestres. Porén, nas últimas décadas o

espazo foise abandonando e estes equipamentos presen-tan un aspecto decadente. Cómpre lembrar que é este un emprazamento céntrico, que se atopa só a uns 200 metros da igrexa do casco urbano.

Aínda que en 2007 se rea-lizara unha modificación pun-tual do PXOM para acondicio-nar vivendas sociais, non se chegara a acometer ningunha actuación ao respecto. A recu-peración da zona e a constru-ción do albergue devolveranlle vida a este enclave e promo-verán a economía local.

Page 4: CADERNO deVeránturismo.lalin.gal/sites/default/files/cadernoveran.pdf · 2018. 7. 27. · CADERNO deVerán Quinta feira, 26 de xullo de 2018 Número 37 PUBLIRREPORTAXE Lalín, como

4C

AD

ER

NO

de

Verá

n26

/ 7

/ 1

8

Gatronomía e música Se xa desbordara as previsións na súa primeira edición, en 2017, Lalín con Gusto pechou cun éxito rotundo a cita deste ano, que volveu traer a primeiro plano unha oportunidade de coñecer e degustar os bos produtos e a boa cociña do concello, aderezados con boa música.

Lalín quere que lle collas o gusto!

De “éxito rotundo”. Así cua-lificaba Francisco Vilariño, concelleiro de Turismo de Lalín, a segunda edición de Lalín con Gusto, unha inicia-tiva que combinou o 16 e 17 de xuño cociña en vivo, catas, degustacións, a promoción da hostalaría local… mais tamén actuacións musicais e moita diversión. E é que este ano, o evento, que fixo de Lalín capi-tal da gastronomía de calidade con convidadas e convidados

REDACCIÓN Fotos: CEDIDAS de luxo, ampliou o abano de actividades.

Durante dous días, a praza da Igrexa acolleu numerosas propostas que abrangueron desde maridaxes con café, a cargo de Xan Martínez (Café A Lareira) e Ana Buján (Res-taurante Asturiano) a sesións vermú. A estrela convidada desta segunda edición foi, no plano gastronómico, o chef Pepe Solla. Mais non só. Álex Iglesias (Restaurante Cabanas) fixo unha mostra de temática oriental e Davinia Rielo (Res-

Lalín, nas redes sociaisO Concello conta cunha nova ferramenta para difundir alén do municipio os atractivos turísti-cos que posúe. Trátase dos novos perfís de Tu-rismo de Lalín nas diferentes redes sociais. Un escaparate en Facebook, Twitter e Instagram concibido para lle ofrecer á persoa visitante toda a información que precise para pasar a súa estancia en Lalín.

A posta en marcha das redes sociais –nas que destacan as imaxes que contribúen a di-vulgar os recursos turísticos do concello– res-ponde ao obxectivo de continuar coa posta en

valor do potencial de Lalín como destino turístico ao longo de todo o ano. É este un paso máis nas políticas activas de promoción do turismo dentro do labor desenvolvido polo Goberno local na internet con ini-ciativas como os encontros de blogueiros especializados ou a posta en marcha da páxina web de Turismo de Lalín.

Anímaste a coñecer un interior único? Sigue as contas de Turismo de Lalín nas redes sociais para que a túa escapada sexa inesquecíbel!

Page 5: CADERNO deVeránturismo.lalin.gal/sites/default/files/cadernoveran.pdf · 2018. 7. 27. · CADERNO deVerán Quinta feira, 26 de xullo de 2018 Número 37 PUBLIRREPORTAXE Lalín, como

5C

AD

ER

NO

de

Verán

26 / 7 / 18

do panorama musical galego e que congregou milleiros de persoas no concerto acústico que ofreceu na noite do sába-do. Tamén puxo a nota musical o grupo Nós, que amenizou a sesión vermú do sábado.

As crianzas foron as prota-gonistas da tarde do sábado. Patricia Galego, do Restauran-te A Cunca, fixo as delicias das máis pequenas e pequenos, que tamén gozaron dos con-sellos de Vanesa Taboada e Massimo Gioiello, dietistas. O broche de ouro ás actividades para as nenas e nenos chegou con Mamá Cabra, que ofreceu un concerto en que presen-tou o seu último traballo “Eu cociño. Ti cociñas?”.

A aposta no produto localA restauración de Lalín, ligada no inverno ao cocido, mais con moitas posibilidades no resto do ano, é unha das me-llores cartas de presentación do concello, que ten en Lalín con Gusto o reflexo da aposta no produto local, na calidade do servizo e na promoción dos valores da cociña para seguir difundindo ao máximo a gastronomía do municipio nun evento para toda a familia.

“As persOAs prOFesIOnAIs que pArTIcIpAn sOn As VerDADeIrAs respOnsábeIs De que IsTO DeA Os MAgníFIcOs resuLTADOs que Dá”, sInALA VILArIñO

taurante Catro Camiños) ani-mouse co cocido, que tamén foi obxecto da mostra de Al-berto González (Casa Currás). Tamén amosaron o seu savoir faire Diego López (Restaurante La Molinera) e Diego López Dapena (Escola de Hostalaría de Sober). A coctalaría estivo presente grazas a Xaime Ro-dríguez (Café Bar KUBOS).

Concerto de Ses e obra-doiros infantísLalín con Gusto deu nesta ocasión un salto cualitativo ao incorporar á súa oferta a música, que veu da man de María Xosé Silvar, “Ses”, unha das voces máis recoñecidas

Neste sentido, o concellei-ro de Turismo explica que se lograron todos os obxectivos previamente formulados, “en particular o de difundir e po-ñer en valor a gastronomía lali-nense e os nosos produtos de primeira calidade”. O respon-sábel de Turismo destaca “a enorme aceptación” que tive-ron as novidades introducidas este ano, como o obradoiro infantil, os concertos de Nós, Sés e Mamá Cabra e mesmo a retransmisión en streaming “que permitiu levar o evento máis aló das nosas fronteiras” ou a mellora do mobiliario e a decoración.

O edil explica que Lalín con Gusto “é unha iniciativa única e cunhas características moi particulares que poucos concellos poden afrontar pero que podemos desenvolver en Lalín grazas á enorme mate-ria de profesionais do sector coa que contamos, que son os verdadeiros responsábeis de que isto dea os magníficos resultados que dá”. De aí que Francisco Vilariño agradeza profundamente a colaboración de todas e todos os profesio-nais que colaboraron de forma desinteresada, así como da técnica municipal, Loli García.

O responsábel de Turismo afirma que Lalín con Gusto “xa é un evento plenamente afianzado e consolidado, que satisfai a todas e todos os lalinenses de moi diversas idades, polo non fai falla expli-car que vai ter continuidade nos próximos anos e desde xa imos poñernos a traballar na terceira edición”. Sen dúbida, é este un evento que veu con ganas e intención de ficar!

Máis de 8 mil peregrinas e peregrinos visitan Lalín en 2017O concello de Lalín pulverizou en 2017 todos os rexistros en canto á afluencia de peregri-nas e peregrinos se refire. O número de ro-meiras e romeiros que rexistraron o seu paso

polo municipio foi superior aos 8.300. Son datos que amosan a poten-

cialidade que para Lalín teñen as rutas xacobeas como eixo

de atracción de visitantes e, polo tanto, como factor dinamizador económico e social. O feito de ser Lalín punto de confluencia de dúas rutas xacobeas –a

Vía da Prata e o Camiño de Inverno– implica que o paso de peregrinos sexa unha constan-te durante todo o ano, con especial incidencia en verán.

Estas cifras, resultado do esforzo na pro-moción das dúas rutas, serán aínda maiores unha vez estea en funcionamento o albergue impulsado polo Concello na zona do antigo colexio Manuel Rivero. Hoxe en día, as per-soas camiñantes a Compostela dispoñen de tres principais alternativas para pernoctar: o pavillón municipal –que acolleu 1.475 romei-ros–; o albergue público de A Laxe –abeirou 1.824– e as hospedaxes privadas –con 5.000–.

Page 6: CADERNO deVeránturismo.lalin.gal/sites/default/files/cadernoveran.pdf · 2018. 7. 27. · CADERNO deVerán Quinta feira, 26 de xullo de 2018 Número 37 PUBLIRREPORTAXE Lalín, como

6C

AD

ER

NO

de

Verá

n26

/ 7

/ 1

8 REDACCIÓN Fotos: CEDIDAS

O Paseo do Pontiñas, con toda a información

Lalín íspese con orixinalidade e desenfado

Un dos atractivos de Lalín cun maior potencial turístico, por onde ademais discorre o Camiño de Inverno, por fin conta con sinais nos accesos e con paneis informativos. Falamos do Paseo do Pontiñas, cunha sinaléctica recentemente estreada para que toda aquela persoa que pise Lalín saiba que pode gozar dunha xoia natural dentro da vila.

Instaláronse un total de 17 cartaces –actuación que se acometeu grazas a unha achega da Deputa-ción de Pontevedra ao abeiro das subvencións para a rehabilitación e sinalización do patrimonio histó-rico cultural– que dan a coñecer un dos principais atractivos de Lalín. Dez dos paneis teñen formato lateral e marcan a dirección dos diferentes acce-sos ao paseo desde o casco urbano, mentres que os outros sete son de maior tamaño e de contido informativo e divulgativo.

A iniciativa responde á aposta do concello en dar

a coñecer e manter nas mellores con-dicións o Paseo do Pontiñas, que cada día é empregado por centos de per-soas no seu tempo de lecer. Malia a relevancia que ten este espazo natu-ral para Lalín, tanto a sinalización dos accesos como a información xeral dentro do propio paseo eran claramente deficitarias. Con esta acción, mellórase o acceso á infor-mación dun dos lugares polos que discorre o Camiño de Inverno.

É a campaña turística máis comentada do verán. Unha proposta tan orixinal como desenfadada coa que a Concellaría de Turismo busca atraer visi-tantes durante esta época do ano. A iniciativa ten como protagonista a praia fluvial do Pozo do Boi, situada na parroquia de Vilatuxe, un dos espazos con maior atractivo durante a época estival. Na imaxe, un mozo e unha moza, collidos da man e espidos, bótanse ás augas do río Deza nunha escena espontánea que transmite o sosego e o encanto deste espazo natural.

Do seu impacto non dubida o concelleiro de Turismo, Francisco Vilariño, que é consciente de que a campaña “non vai deixar indiferente a

ninguén”. “Conseguir que mediante esta estética se xere un enérxico reclamo foi o noso obxectivo desde o momento en que na Concellaría ideamos esta proposta”, engade o edil, que subliña que o Pozo do Boi é “unha alterna-tiva de lecer inmellorábel nos días de calor”.

A campaña vai ter difusión durante todo o verán a través de in-ternet e das redes sociais, así como en soportes gráficos e valados que se colocarán en Lalín e en varias vilas e cidades do país.

O patrimonio, a golpe de clic cun mapa interactivo

Igrexas e cruceiros; arquitectu-ra civil; museos; pazos; espazos naturais; xardíns; áreas de lecer; pontes; ríos; fervenzas e fontes; esculturas; castros; mámoas e petróglifos; muíños; alvarizas e hórreos; sendeiros homologados;

festas… o patrimonio de Lalín está dispoñíbel a golpe de clic grazas a

un mapa interactivo que complemen-ta o inventario realizado en 2017. Tráta-

se dunha ferramenta moi útil que inclúe a localización e a descrición dos recursos

e que ofrece a posibilidade de filtrar os resultados por elementos patrimoniais.

A persoa usuaria pode utilizar este mapa de Google desde o seu móbil para coñecer a súa posición e mais os recursos da zona. E todo, dunha maneira totalmente libre e gratuíta a través de calquera soporte informático con conexión á rede.

É esta unha iniciativa pioneira que marca un punto de inflexión á hora de promover os recursos turísticos. Neste sentido, a Concellaría de Turismo, que aposta pola internet como ferramenta imprescindíbel para a promoción turística, informa de que o mapa rexistra 1.176 elementos clasificados en diferentes categorías.

Page 7: CADERNO deVeránturismo.lalin.gal/sites/default/files/cadernoveran.pdf · 2018. 7. 27. · CADERNO deVerán Quinta feira, 26 de xullo de 2018 Número 37 PUBLIRREPORTAXE Lalín, como

7C

AD

ER

NO

de

Verán

26 / 7 / 18

O Concello de Lalín editou unha serie de planos de ca-rácter esquemático do casco urbano e dos seus arredores co fin de medir as distancias entre varios puntos de intere-se e os tempos medios que unha persoa tarda a pé en desprazarse entre eles. Ade-mais de constituír un elemen-to promocional dos recursos da vila, o proxecto busca introducir o hábito de camiñar, valorizando os desprazamen-tos a pé saudábeis no casco urbano e os arredores.

O mapa ten como punto central o Km 0 coas distancias entre os distintos elemen-tos marcadas en diferentes

REDACCIÓN Fotos: CEDIDAS

Mobilidade Un plano que parece de metro, mais non o é. O Concello de Lalín vén de deseñar este esquema tomando a estética tan recoñecida do metro para realizar un plano coas distancias peonís e o tempo que se tarda en percorrelas.

Metrominuto: o plano do “metro peonil”campo da feira ou no apar-cadoiro Aldea Grande –que suman en total unhas 500 prazas gratuítas– non leva máis de 15 minutos despra-zarse a calquera punto do casco urbano, mentres que desprazarse desde estas mesmas zonas de apar-cadoiro aos servizos máis concorridos (estación de autobuses, centro de saúde, biblioteca, xulgados, concello, Lalín Arena…) leva entre 5 e 10 minutos.

Ademais, achegarse a pé ás zonas peonís do centro tanto desde Aldea Grande como desde o campo da feira, apenas supón empregar 2 mi-nutos. O Metrominuto tamén pon de manifesto que puntos que no imaxinario dos lalinen-ses semellan estar afastados, como a igrexa de Donramiro ou os centros comerciais Pon-tiñas e Deza, atópanse apenas a 15 minutos andando desde o centro da vila.

En palabras do concelleiro de Turismo, Francisco Vilariño –que impulsou esta proposta coa Concellaría de Urbanis-mo– perséguese o fomento dunha mobilidade urbana sostíbel na que as zonas pú-blicas e as actuacións están pensadas en beneficio das persoas, que teñen prioridade sobre os vehículos. Facilítan-se, por unha banda, as visitas á cabeceira do municipio e, pola outra, dinamizar a mobili-dade urbana.

Zobra Do 23 ao 26 de agosto

seminario de apiculturaEcoloxismo, turismo e patrimonio apícola

Do 23 ao 26 de agosto terá lugar na parroquia de Zobra –unha das aldeas meleiras por excelencia de toda Galiza de-bido á súa tradición e patrimo-nio– o Seminario de apicultura ecolóxica, turismo e patri-

monio apícola, cuxo principal obxectivo pasa por potenciar Lalín como destino turístico, valorizando a súa riqueza meleira. E é que o mel e todo o vinculado ao seu patrimonio e produción constitúe un valor

que debe aproveitarse como carta de presentación que sitúa Lalín no mapa.

A celebración deste semi-nario, que xa tivo lugar o ano pasado, reafirma a aposta do Goberno local polo turismo apícola, tras a publicación, por parte do Concello, da guía so-bre produción historia e patri-monio relacionado coa cultura do mel. Ademais, forma parte da estratexia para diversificar e desestacionalizar o poten-cial turístico do municipio.

O seminario organízase en colaboración coas empresas meleiras asentadas en Zobra e coa Sociedade Agraria de Transformación “Abella Lupa”.

cores e sinaladas en metros e tempo. Ademais, existen liñas dunha soa cor que unen varios puntos e que indican a distancia máis longa coas ca-lorías gastadas na realización do percorrido. As distancias en tempo están calculadas para unha velocidade de 5 km/h cun peso aproximado de 70 kg para a persoa.

Localizacións salientábeisEntre as localizacións de importancia dentro do casco urbano que marca o mapa destacan o museo municipal, o auditorio e o seu parque, a praza de abastos, a igrexa parroquial, a biblioteca muni-cipal, os centros comerciais, a Fraga de Catasós, a Carballei-ra do Rodo, o Polígono Lalín

2000, a área de autocarava-nas, a Oficina Municipal de Turismo, o paseo do Pontiñas, ou o Camiño de Inverno, entre outros.

Esta nova proposta muni-cipal empraza as persoas a camiñar e a aparcar o coche. Preténdese que se perda o hábito de intentar estacionar diante da porta. Nunha vila como Lalín camiñar é a fór-mula máis eficaz para aforrar tempo. Neste sentido, Metro-minuto ten como obxectivo

fundamental introducir unha maior cultura de camiñar, o que repercutirá positivamen-te na saúde poboacional ao reducírense fumes e ruídos, ao tempo que se mellora o benestar, a seguridade viaria e se incentiva o coñecemento de Lalín tanto por parte das persoas visitantes como da propia veciñanza.

ExemplosDesde espazos de estaciona-mento público habilitados no

Page 8: CADERNO deVeránturismo.lalin.gal/sites/default/files/cadernoveran.pdf · 2018. 7. 27. · CADERNO deVerán Quinta feira, 26 de xullo de 2018 Número 37 PUBLIRREPORTAXE Lalín, como

CONTRACAPAC

AD

ER

NO

de

Verá

n26

/ 7

/ 1

8

Francisco Vilariño Concelleiro de Obras e Turismo de Lalín→ Un dos obxectivos que nos marcamos nestes anos

foi o de non depender do turismo estacional. Temos moi claro que podemos ter unha oferta ampla e variada para os 12 meses do ano. Lalín non ten costa e iso fai que non teñamos ese turismo estacional. Temos moitas potencialidades e desde esta Concellaría o que fixemos nestes tres anos foi apostar en poñelas en valor. Hai unha oferta para todo o ano cando antes Lalín parecía focalizado só na Festa do Cocido. Nós temos claro que o cocido é moi importante e o noso compromiso con el é claro, mais tamén temos máis potencialidades, máis cousas que ofertar: natureza, gastronomía, paisaxe, propostas museísticas, os camiños…

→Os datos están a dar a razón por esta aposta no turismo: este ano servíronse máis cocidos que nunca;

o Pazo de Liñares multiplicou o número de asistentes; aumentaron de xeito significativo as pernoctacións… O que queremos é poñer en valor e dar a coñecer todos os recursos que temos. O noso lema “Lalín, un interior único” resume que somos un destino para coñecer, para facer turismo, moi atractivo.

→Para que a xente veña até aquí ten que coñecerte, por iso é importante a aposta que fixemos en estar nas

redes sociais, as novas tecnoloxías… Para viaxes longas e planificadas aínda se mantén a tendencia de recorrer a axencias de turismo, mais para estancias máis cortas, para fins de semana, etc… a xente opta por autoorganizarse,

procurar ela propia ese destino… Por iso é importante estar ben situados nas redes sociais. Nos fixemos encontros con blogueiros relacionados co turismo, o primeiro ano con galegos e no segundo ademais de galegos viñeron blogueiros doutros países e iso ten un retorno importante, dános unha situación privilexiada para darnos a coñecer. Iso complementámolo con proxectos como un mapa de google onde a xente pode desde o seu móbil, tablet ou portátil acceder ao noso patrimonio, informarse, coñecelo…

→Desde a Concellaría de Turismo estamos traballando en varios proxectos novos, mais non son partidario

de falar deles mentres non estean completados. O turismo para nós ten que ser un elemento que xere riqueza, postos de traballo, que repercuta no emprego. Iso témolo moi claro, que o turismo é unha das patas económicas de Lalín, por iso facemos unha aposta tan importante en recursos e esforzo.

Os percorridos de Lalín, ao alcance da manLalín conta cunha nova ferramenta turística que está baseada na publicación de “Percorridos”, un material divulgativo a través do cal segue a dar a coñecer as riquezas do concello. A publicación busca promover percorridos de diferente tipo por puntos de especial valor.

A iniciativa busca por un lado o movemento e o consumo interno por parte de quen vive en Lalín e por outro, atraer visitantes. Desta maneira, amplíase a oferta turística e diversifícanse as posibilidades de Lalín para que sexa un destino visitábel os 12 meses do ano.

“Pedra e tempo”A primeira das publicacións leva o título de “Pedra e tempo” e conta cunha tirada inicial de 10 mil exempla-

res. Propón un itinerario “a través dos anos” pola zona da

Veiga, Muimenta, Cadrón, Parada, Alperiz e Goiás,

onde se pon de manifesto a relación entre o humano e a pedra desde o período megalítico até o pasado máis

recente, cando os canteiros traballaron

para construíren viven-das e outras edificacións.O obxectivo desta

publicación pasa por guiar a persoa visitante, ou as propias persoas que viven en Lalín, por paisaxes de prados delimitados por muros e lousas, que teñen na

gandaría e na agricultura a súa principal fonte de riqueza. Bens como o peto

de ánimas da Veiga; o cruceiro e a igrexa da Veiga; as Mámoas da Cruz; a Mámoa do Cruce; o Altar do Sol; a aldea de Alperiz; o Sarcófago de Alperiz; a Ponte

dos Cabalos; a aldea de Parada ou a igrexa

de San Miguel de Goiás son paradas imprescindí-

beis nesta primeira proposta.Os contidos poden descargarse

da web www.turismo.lalin.gal e, como novidade, é posí-bel acceder desde calquera soporte informático á app My Maps de Google para percorrer de modo interactivo co mapa os recursos turísticos coa información dos puntos de interese polos que se pasa.

De arriba a abaixo: Altar do Sol, igrexa de Goiás e ponte dos Cabalos.

Selfie

Dep

ósit

o le

gal

C 9

55-2

012