Fisterra Corcubión Cee Dumbría Carnota A DA MORTE POR LA ...
Cabo FISTERRA 1
description
Transcript of Cabo FISTERRA 1
www.vicensvives.eswww.vicensvives.es
Ciencias sociais, xeografía e historiaPrimeiro Curso
Cabo FISTERRA 1
Cabo FISTERRA 1Cabo FISTERRA 1
Índice
Climas e paisajes de España, Europa e a CA
Tempo e clima05
Climas e paisaxes da Terra06
07
Sociedade e medio natural08
A Terra, un planeta do Sistema Solar01
A representación da Terra: os mapas02
As formas da Terra03
Ríos e mares04
A Prehistoria09
As primeiras civilizacións: Mesopotamia e Exipto10
O mundo grego11
O Imperio romano12
Hispania romana13
A herdanza da cultura14
A fragmentación do mundo antigo15
As nosas terras na Antigüidade16
Climas e paisaxes de Europa e España
Cabo FISTERRA 1Cabo FISTERRA 1
A fragmentación do mundo antigo
4. Carlomagno
3. A Hispania visigoda
2. O Imperio bizantino (476-1453)
1. Os reinos xermánicos
15
Cabo FISTERRA 1Cabo FISTERRA 1
Introducción
• Co afundimento do Imperio romano, fragmentouse a unidade cultural do Mediterráneo.
• Na zona occidental, o Imperio romano desapareceu por mor das invasións bárbaras e xurdiron numerosos reinos xermánicos.
• O Imperio romano de Oriente (bizantino) mantívose durante case mil anos máis.
• O cristianismo e a Igrexa foron o único elemento de continuidade e de cohesión cultural entre o mundo antigo e o novo mundo medieval.
15
Cabo FISTERRA 1Cabo FISTERRA 1
1. Os reinos xermánicos
1.1. Os reinos xermánicos
• Unha vivenda rural xermánica (ilustración)
1.2. A ruralización de Occidente
15
Cabo FISTERRA 1Cabo FISTERRA 1
1.1. Os reinos xermánicos
• Tras a caída do Imperio romano de Occidente, diversos pobos bárbaros ocuparon o espazo do Imperio e formaron reinos independentes.
• Ao ocupar as terras do Imperio romano, os pobos xermánicos non lles impuxeron a súa forma de vida ás poboacións conquistadas.
• O latín continuou sendo a lingua oficial e pouco a pouco foron asimilando as máis complexas leis romanas.
• Tamén o cristianismo acabou por se impoñer como relixión oficial.
15
Cabo FISTERRA 1Cabo FISTERRA 1
Unha vivenda rural xermánica15
Cabo FISTERRA 1Cabo FISTERRA 1
Unha vivenda rural xermánica15
Cabo FISTERRA 1Cabo FISTERRA 1
1.2. A ruralización de Occidente
• A desaparición do Imperio romano impuxo un clima de inseguridade en Occidente.
• A inseguridade nas comunicacións foi a causa da desaparición da actividade comercial, a poboación abandonou as cidades e buscou refuxio nas grandes explotacións agrarias.
• Este empobrecemento xeral paralizou as obras públicas, a produción de cultura, e a lectura e escritura quedaron reducidas a grupos de cregos e monxes.
15
Cabo FISTERRA 1Cabo FISTERRA 1
2. O Imperio bizantino (476-1453)
2.1. A época de Xustiniano• Reconstrución da cidade de Constantinopla (ilustración)
2.2. Un Imperio cristián e oriental
15
Cabo FISTERRA 1Cabo FISTERRA 1
2.1. A época de Xustiniano
• Cando o Imperio romano de Occidente deixou de existir (476), a herdanza romana perviviu en Oriente co Imperio bizantino.
• No século VI, o emperador Xustiniano propúxose restaurar o vello Imperio romano.
• Iniciou unha serie de campañas militares que chegaron ata o Sur de Hispania; fixo unha recompilación de leis romanas (Código de Xustiniano) e embeleceu Constantinopla (basílica de Santa Sofía).
• O reino bizantino gozou dunha etapa de prosperidade económica, grazas a unha florecente agricultura e á vitalidade do comercio.
15
Cabo FISTERRA 1Cabo FISTERRA 1
Reconstrución da cidade de Constantinopla15
Cabo FISTERRA 1Cabo FISTERRA 1
Reconstrución da cidade de Constantinopla15
Cabo FISTERRA 1Cabo FISTERRA 1
2.2. Un Imperio cristián e oriental
• Entre os séculos VII e IX, Bizancio perdeu boa parte das conquistas de Xustiniano e repregouse sobre a súa zona oriental, onde o grego se mantivo como lingua oficial.
• Tras séculos de tensións relixiosas, a situación desembocou na separación da Igrexa romana e a bizantina ortodoxa (Cisma de Oriente, no ano 1054).
• A partir do século XI, o Imperio comezou a descompoñerse como resultado dos constantes ataques dos exércitos turcos.
• A capital, Constantinopla, caeu no ano 1453 e o Imperio bizantino desapareceu.
15
Cabo FISTERRA 1Cabo FISTERRA 1
Cabo FISTERRA 1Cabo FISTERRA 1
3. A Hispania visigoda
3.1. O reino de Toledo
3.2. A monarquía visigoda
3.3. A sociedade visigoda
15
Cabo FISTERRA 1Cabo FISTERRA 1
3.1. O reino de Toledo
• A finais do século V, os visigodos atopábanse asentados no Sur da Galia e en Hispania.
• Os francos, provenientes do Norte da Galia, derrotaron os visigodos e expulsáronos.
• Daquela, os visigodos espalláronse por Hispania e organizaron un reino con capital en Toledo, que se mantivo máis de douscentos anos.
15
Cabo FISTERRA 1Cabo FISTERRA 1
Cabo FISTERRA 1Cabo FISTERRA 1
3.2. A monarquía visigoda
• A monarquía visigoda conseguiu controlar o territorio peninsular: expulsou os suevos, conquistoulles territorios aos bizantinos e detivo os francos.
• Os visigodos, a través do establecemento dunha monarquía forte, conseguiron a unificación relixiosa e xurídica (Liber Iudicorum ou Foro Xulgo) entre hispanorromanos e visigodos.
15
Cabo FISTERRA 1Cabo FISTERRA 1
3.3. A sociedade visigoda
• Aínda que os visigodos eran numericamente poucos, dominaron aos hispanos e repartíronse as dúas terceiras partes das terras peninsulares.
• A economía era basicamente agrícola e de subsistencia.
• Nas cidades, as actividades artesanais e o comercio diminuíron considerablemente.
15
Cabo FISTERRA 1Cabo FISTERRA 1
4. Carlomagno
4.1. Carlomagno, rei dos francos
4.2. Carlomagno, emperador
15
Cabo FISTERRA 1Cabo FISTERRA 1
4.1. Carlomagno, rei dos francos
• O Imperio creado por Carlomagno foi o último intento de reconstruír a antiga unidade do Imperio romano de Occidente.
• A comezos do século VIII un nobre franco, Carlos Martel, dirixiu o exército contra os musulmáns que avanzaban por Francia, e derrotounos en Poitiers (732).
• O seu fillo, Pipino o Breve, converteuse en rei dos francos e fundou unha nova dinastía, a carolinxia.
• O fillo e sucesor de Pipino o Breve, Carlomagno, pasou de ser rei dos francos a ser reconstrutor do Imperio romano de Occidente.
15
Cabo FISTERRA 1Cabo FISTERRA 1
4.2. Carlomagno, emperador
• Carlomagno conquistou gran parte das terras da Europa Occidental, freou o avance do Islam e estableceu unhas fronteiras máis seguras en todo este vasto territorio.
• O emperador converteu todos os pobos baixo o seu dominio ao cristianismo e reforzou a unión entre o poder político (o Emperador) e o relixioso (o Papa).
• No ano 800, Carlomagno foi coroado emperador dos romanos polo papa León III, recoñecendo nel ao novo emperador das terras de Occidente.
• Baixo o seu goberno garantiuse a paz e a cultura renaceu, co establecemento de escolas e a volta á ensinanza do latín.
15