Boletín outubro 2011

23
XUVENTUDES SOCIALISTAS DE SANTIAGO DE COMPOSTELA Info M E S D E O U T U B R O

description

Boletín outubro 2011 das Xuventudes Socialistas de Compostela.

Transcript of Boletín outubro 2011

Page 1: Boletín outubro 2011

XUVENTUDES SOCIALISTAS DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

Info

M E S D E O U T U B R O

Page 2: Boletín outubro 2011

artig S

Page 3: Boletín outubro 2011

Crónica dun esperpento

As formas do novo alcalde axitan ao Partido Popular e deixan entrever un oscuro panorama na política municipal

ADRIÁN ORDÓÑEZ | Secretario de organización e acción electoral

Este artigo ben podería referirse ao insigne Ramón María del Valle-Inclán, ao cal lle gustaba mostrarse, extravagante, independente e altivo, como un efant terrible que se distinguía pola súa singular vestimenta e o seu camiñar, a veces sen rumbo, polas empe-dradas rúas de Compostela. Lamentablemente, este artigo non tratará a súa ilustre figura, senón a dun personaxe que garda grandes converxencias con el e, ao mesmo tempo, se amosa afastadamente comparable. As similitudes que comparte o alcalde compostelá, Xerardo Conde Roa, co ilustre escritor desoladoramente só resaltan a vista. Por suposto, resulta impensable establecer comparacións cos éxitos, cos acertos e ca súa arte, pois Conde Roa simboliza todo o con-trario. Pero o que, de xeito absoluto, se amosa indiscutible é que lle gusta chamar a aten-ción, ben sexa por medio de disfraces ou amosando o seu potente carácter altivo. Definía a Valle-Inclán no parágrafo anterior como un enfant terrible, pero para o señor alcalde es-ta palabra cobra outro significado, máis vulgar: o dun neno inxenuo que formula preguntas terriblemente embarazosas aos seus maiores. Así é como o vexo, como un neonato (in-cluso podería decirse nasciturus) que aínda non respirou baixo a moral pública e de bo obrar e que afoga, quitándolle o seu osíxeno, á política municipal, ao seu propio partido, e aos veciños de Compostela. Pretende acabar cos actos “culturetas” empezando polo peche da Sala Nasa e cor-tando a gran rede de centros socioculturais. Pretende acabar co bote-llón cando a súa man dereita, Ángel Espadas, foi detido completamente borracho e durmido ao volante dun co-che. Increpa aos indignados calificándoos de cochambre e de vagos. Minte sobre as con-tas… Pero nada é comparable ao espectáculo vivido na estrea “El barbero de Sevilla” incre-pando a un dos traballadores con adxectivos como “parasito” e “mamón”. Señores e seño-ras, esta é a verdadeira cara do noso alcalde que, pouco a pouco, se quita a súa careta dei-xando en vergoña aos veciños de Compostela. Parece que o espectáculo só acaba de empezar. Pasen e gocen, a entrada custara-lles un ril. Benvidos ao „Esperpento‟.

Page 4: Boletín outubro 2011

Alfredo Pérez Rubalcaba

Aarón Acevedo | Santiago de Compostela

Se ha convertido en un laberinto con una posible salida, denominada: Proble-ma Económico- Social. Un Estado de hace muy pocos años de juventud, donde se ha podido debatir sus inexplorables y limitados cambios sociales, políticos y económicos para hacerle frente al gran tablero llamado: Juego Democrático.

Se muestra claramente como la semiestructura Gobernante y Gobernados, que cotidianamente, se les nombra, políticos y ciudadanos. Se ha venido nombrado y grita-do cada vez más. Esto pone en manifiesto que no solo en las sociedades occidentales, sino en cada región o punto del mundo se encuentra en crisis social- económico y un sin fin de crisis ideológicas.

Ahora todo estos principios no solo tienen un sentido teórico sino de igual for-ma mediante el ejercicio de configurar una democracia tienen que debatirse ideas y poner en fiebre ascendente nuevas y mejores ideas claras, con explicación y hechos lo que actualmente los ciudadanos tendrán que seguir demandando o indignando por su falta de solución.

Por eso ahora el Partido Socialista Obrero Español, que ha tomado la decisión de ser liderado por un hombre que tiene la capacidad para hacer valer las ambiciones que tienen todas y todos en España. Se sabe que han pasado obstaculos y adversi-dades muy pocas esperanzadoras para poder recrear estructura amplia de lo que pi-den para poder salir de una crisis que ha opacado los logros que se han realizado en los últimos treinta años democraticos.

Rubalcaba no solo trabaja a contra corriente como se interpretan varias de las críticas de oposición, la gran diferencia que existe en una campaña política teorica-

Page 5: Boletín outubro 2011

mente sobre dos candidatos, es que exiten dos tipos de candidatos: Uno llamado el Incumbent Candidate que tiene como estrategía explotar en gran medida el papel que tienen sus ideas se diferencían de los demás, esta persona tiene experiencia y conoce mejor que nadie los problemas que hace falta por resolver, con verdades y razones no dudas ni titubeos.

Al segundo se le llama Challenger candidate, este aspirante tiene que desa-rrollar una imagen de capacidad y habilidad para ocupar el cargo al que se presenta. ¿ Crees que el Sr. Mariano Rajoy tiene ese capacidad y habilidad? La actitud de este aspi-rante debe ser siempre ofensiva, precisamente para desestabilizar al candidatoen en el poder. El problema básico es que, en último término, el éxito del challenger “depende” del fracaso del cadidato Incumbent.

Practicamente en estos momentos lo que necesita un Estado Posmoderno que intenta y desea alcanzar un mejor nivel de vida. España “ necesita ideas claras” es lo que propone Rubalcaba, y si el Estado Español necesita estas ideas para contestar De-mocracia Real YA!. Alfredo Perez Rubalcaba ha sprinteado profesionalmente frente a problemas de inseguridad nacional, de educación, de salubridad, libertades sociales, y objetivos planteados.

La ciudadanía tiene que darse cuenta que en estos momentos el mundo se en-cuentra en una crisis social, en la que ningun Estado ha alcanzado la perfección y es que dentro del realismo político, para alcanzar esa perfección el Estado tiene que man-tener el Estado Razón, esto traducido a lo que el pueblo, ciudadanía le crea necesario dentro de su vida.

Rubalcaba sí plantea tener un Estado de Razón cuando debate, explica y escu-cha los planteamientos o debilidades del modelo del Estado de Bienestar donde la for-malización de derechos básicos se han cubierto casi en un plazo de hace menos de 25 años como cuando en otros Estados se encuentra batallando desde hace mucho más.

El Estado Español necesita recuperar su confianza denigrada por el materia-lismo. Necesita convencerte que puede alcanzar mayores satisfacciones y necesita es-tablecer saltos y ofensiva a los problemas internos y externos. Recordar que la Demo-cracia tiene unas “promesas que no podrá cumplir”. La sociedad Española no debe quedar viendo como pueden pasar como último elemento en las decsiones políticas, económicas, y sociales.

RUBALCABA, SÍ

Page 6: Boletín outubro 2011

Deixemos de xogar, pensemos en

futuro, pensemos en emprego

Ismael Sierra | Santiago de Compostela

Cada día faise mais e mais difícil ter emprego no noso país. Xa non e só cues-

tión da crise que tanto nos afecta, e as dificultades para encontrar un emprego, ponse

tamén na nosa contra outros factores como a dificultade para emprender o noso ne-

gocio propio.

Nestes tempos de crise debemos apostar polos emprendedores, son eles os ca-

paces de levantar o noso país xerando o emprego necesario para que isto poida saír

adiante. Temos que recordar que o 79% do emprego xerado en España é a través das

pequenas e medianas empresas, por iso debemos de por as facilidades suficientes para

facer crecer este tipo de empresas.

Pero non chega só con ter ganas de emprender, de ter o teu propio negocio e

desenrolar a túa propia idea, para poder crear o teu propio negocio estas nun dos peo-

res países para emprender.

No tocante a España, iniciar un negocio precisa de nada menos que 47 días para

a eliminación dos obstáculos burocráticos, en comparación cos sete ou oito días que só

fan falta no caso de Francia e Portugal, respectivamente. Cousas como esta reducen a

España o posto 147 da lista de países onde e mais fácil crear unha empresa dun total

de 183, lista elaborada polo Banco Mundial, onde xusto por encima de nós situase no

posto 146 A República Democrática do Congo o que nos fai ver a gravidade de esta

situación.

Dentro de todas estas dificultades, encontramos tamén outro gran obstáculo

para empezar co noso negocio que é a taxa de autónomo, un gran volume da socieda-

de española está indignada con esta taxa que rolda o seu mínimo entre os 200 e 300 €

o cal fai pensalo ben antes de lanzarte a esta aventura, xa que si o negocio non funcio-

na ben estarás perdendo unha boa cantidade de cartos.

¿Non seria mais doado baixar esta taxa?

Se reduciramos esta taxa a unha cantidade que roldara os 50 € mensuais, axu-

dariamos a miles de empregados autónomos a seguir subsistindo, e ademais podíase

ver un crecemento considerable de persoas que queiran correr un risco cun novo pro-

Page 7: Boletín outubro 2011

xecto persoal, pero un risco moito mais controlado, e non só iso se non que esta bai-

xada da taxa axudaría a regular a actividade profesional de aquelas persoas debido a

crise han optado por deixar de pagar esta taxa de autónomo e seguir irregularmente

co seu traballo.

Axudas

Si que é verdade as numerosas axudas que se ofrecen a hora de crear o teu

propio negocio, estas dependen de moitas variantes, que podemos encontrar na rede

de forma moi sinxela pero ben e certo que se queres optar a unha de estas axudas te-

rás que facer case un esforzo sobrehuman xa que as trabas e requisitos obrigan a ter

unha facturación tan avultada que xa non necesites nin axuda. Por iso moitos autóno-

mos que queren facer o crecer o seu proxecto a única posibilidade que teñen e acudir

a un banco con un precioso plan de viabilidade e como non esperar un milagre e moita

sorte.

Se queremos que o noso pais avance cara un futuro mais prospero debemos de to-

mar novas medidas, para que así sexa.

Page 8: Boletín outubro 2011

Jse

Page 9: Boletín outubro 2011

JSE advirte que os recortes do PP en educación

poderán causar unha “xeración perdida”

Os mozos socialistas destacan que a ofensiva común das Comunidades do PP contra a

educación provocará máis pobreza, exclusión e desigualdade.

Juventudes Socialistas de España advertiu hoxe, 9 de setembro, que os ataques dos gobernos do PP á educación revelan cal é a prioridade, tanto desde o poder auto-nómico como no seu programa oculto para as eleccións xerais: adelgazar o Estado de Benestar para logo desmantelalo, sen importarlle nin os mozos nin o futuro do noso país. O secretario xeral de JSE, Sergio Gutiérrez, advirte de que “os recortes á educa-ción pública que o PP está perpetrando son un atentado aos cimentos da nosa socie-dade nas próximas décadas”. “Reducir o gasto educativo é comprometer a formación de toda unha xeración e producir máis pobreza, máis exclusión e máis desigualdade. É unha medida antisocial que pode causar unha xeración perdida e lastrar a nosa superación como país nas próximas décadas”.

Gutiérrez asegura que “os españois saben que somos un país progresista, un país que avanzou nas últimas décadas social, científica e economicamente en gran par-te pola aposta realizada pola educación pública. A mesma que hoxe o PP condena coas súas medidas á volta atrás mentres arremete contra os profesores coas peores acusa-cións que se lles poden realizar”.

JSE recorda que este ataque “supón atentar contra a educación pública como medio fundamental para a igualdade de oportunidades, como demostran a súa promo-ción de políticas de segregación do alumnado segundo a súa capacidade”.

Gutiérrez afirmou ademais que “é intolerable que, habendo provocado un caos no inicio do curso en Madrid, Galicia ou Castilla-La Mancha, e habendo resucitado a súa proposta de segregación do alumnado, o PP só saiba botar a culpa aos socialistas de situacións das que só eles son responsables”.

O Secretario Xeral de JSE destacou que fronte ás medidas do PP, “os socialistas sabemos actuar con responsabilidade, non só para a saída da crise senón para conser-var a nosa esencia e a nosa confianza como sociedade, e nesa aposta está a educación como o maior instrumento de redistribución e de cohesión social, e como o mellor pedestal dos valores dunha sociedade avanzada”.

Page 10: Boletín outubro 2011

JSE considera que o imposto de patrimonio supón un

primeiro paso cara a unha saída máis xusta da crise

Os mozos socialistas consideran que é insolidario e incongruente que o PP dedíquese a

despedir a médicos e profesores nas Comunidades onde goberna mentres se nega a

recadar a través dos que máis teñen.

Juventudes Socialistas de España (JSE) asegura que o novo imposto de patri-

monio, proposto polo candidato socialista Alfredo Pérez Rubalcaba, “é o primeiro de

moitos pasos que nos permitirán saír da crise dun xeito xusto e solidaria cos cidadáns”.

Desde a organización afirman que “gravar os grandes patrimonios é algo que todo o

mundo entende excepto o Partido Popular cuxa solución para atallar o déficit é

recortar dereitos sociais no canto de buscar novas formas de recadación”.

Desde JSE consideran que a actitude mostrada desde as Comunidades Autóno-

mas que goberna o Partido Popular é unha mostra da súa cegueira política e da súa

nula intención de ser corresponsables na saída da crise. “Resulta insolidario e incon-

gruente que Comunidades Autónomas como Baleares, Murcia, Castilla-La Mancha ou a

Comunidade Valenciana rexeiten gravar os grandes patrimonios e repartir as cargas da

saída da crise entre quen máis teñen e sexan esas mesmas comunidades as que despi-

dan profesores, impartan clases en barracóns ou barallen o copago sanitario”.

Os mozos socialistas afirman que en momentos de tanta zozobra económica é

necesario un maior compromiso de todas as Administracións Públicas para saír da cri-

se, e iso pasa por esixir un exercicio de solidariedade das grandes fortunas para manter

o Estado do Benestar, en lugar dos recortes nos servizos públicos que o PP quere rea-

lizar para desmantelalo.

Ademais, JSE anuncia que, xunto co imposto aos bancos proposto por

Rubalcaba, a organización xuvenil pedirá na Conferencia Política que, proximamente,

celebrará o PSOE a posta en marcha de novas figuras fiscais como, por exemplo, un

imposto verde que grave ás compañías eléctricas pola produción de electricidade en

centrais nucleares.

Page 11: Boletín outubro 2011

"O Esperanza Aguirre non sabe en que país vive ou mente cando

xustifica a súa intención de acabar coa gratuidade do ensino"

Os mozos socialistas aseguran que as últimas declaracións de Esperanza Aguirre

demostran que a intención de todo o PP non é só despedir profesores para atacar o

ensino público senón que, ademais, pretende privatizala para restrinxir o acceso aos

estudos superiores.

Juventudes Socialistas de España (JSE) acusa ao Partido Popular de “querer des-

mantelar o sistema público de ensino con propostas inaceptables como a realizada on-

te pola presidenta da Comunidade de Madrid, Esperanza Aguirre”. “Declaracións coas

que o PP empeza a mostrar, finalmente, as súas intencións que non son outras que pri-

vatizar todos os servizos públicos e instaurar o copago empezando pola educación e a

sanidade”, engaden desde a organización.

Ademais, JSE asegura que “ao PP non lle basta con despedir profesores para

atacar o ensino publico senón que agora, ademais, pretende privatizalo terminando así

co maior instrumento de redistribución e cohesión social”. Ademais, desde a organiza-

ción consideran que as explicacións posteriores de Aguirre para intentar suavizar o seu

discurso son ridículas xa que “a educación universitaria e, sobre todo, os másteres non

son gratuítos polo que a Presidenta demostrou que ou non ten nin idea de educación

ou mente cando dá as súas xustificacións”.

Os mozos socialistas recordan que o PSOE se “opón frontalmente á introdución

do copago en calquera servizo público, xa que supón facer pagar aos cidadáns dúas ve-

ces por un servizo que xa están soportando cos seus impostos e fomentar, ademais, as

desigualdades sociais”. Trátase, en definitiva, de restrinxir o acceso á educación supe-

rior, implantando un elitismo trasnoitado que promoven os neoliberais.

Para JSE “cos últimos recortes anunciados polas Comunidades nas que goberna

o PP dedúcese que Rajoy só ten unha forma de sacar ao país da crise: recortando de-

reitos sociais mediante a privatización e o copago”.

Page 12: Boletín outubro 2011

JSE sinala que NNGG non aprendeu nada do 15-M cando

anuncia unha campaña de chascarrillos e confrontación

e non de propostas

Aínda así os mozos socialistas afirman que entenden a campaña de NNGG, xa que

votar a Rajoy sería politicamente incorrecto e socialmente un erro

JSE considera que Nuevas Geraciones (NNGG) vólvese a equivocar cos mozos ao

asegurar que van lanzar unha campaña “politicamente incorrecta cando, en realidade,

o que desexan os mozos son propostas para saír da crise”. Desde Juventudes Socia-

listas afírmase que “NNGG parece que non aprendeu nada das manifestacións do 15-M

nas que se pedía solucións aos partidos políticos e non confrontación”. Con estas ideas

para estar en política e, ademais, presumindo delas NNGG demostra “atoparse tan

lonxe da realidade que só poden facer unha campaña de chascarrillos e confron-

tación”.

Para JSE, a campaña vaise a basear en ofrecer aos cidadáns, e en especial aos

mozos, propostas claras, reais, orzadas, concretas e cribles. Aínda así, afirman que en-

tenden a fórmula que vai utilizar NNGG xa que votar a Rajoy sería politicamente inco-

rrecto e socialmente un erro.

JSE pide aos mozos populares que fronte aos recortes educativos que aumen-

tarán o fracaso escolar, os peches de centros de saúde locais e o despedimento de mé-

dicos e profesores, recortes que pechan a porta a mozos cualificados a traballar nos

servizos públicos e rompen a cohesión social, fagan un programa radicalmente distinta

ao que ofrecen os gobernos do PP. Así, afirman desde JSE, “serían orgánicamente inco-

rrectos pero socialmente xustos”.

Page 13: Boletín outubro 2011

JSE: “Canto máis se achegan as eleccións

máis extremista se volve o PP”

Para os mozos socialistas, as declaracións de Ana Pastor sobre a interrupción

voluntaria do embarazo e os insultos de Aguirre aos membros do 15M supón a

verdadeira cara do Partido Popular.

Juventudes Socialistas de España (JSE) acusa ao Partido Popular de seguir sendo

un partido que quere tutelar ás mulleres, ata nas súas decisións máis íntimas. Desde a

organización afirman que “o PP, ao asegurar que derrogará a lei do aborto, demostra

que non lle interesa a liberdade de decisión, a saúde sexual nin a prevención de

embarazos non desexados sendo estas as únicas vías para acabar cos abortos. Ao

querer impor os seus prexuízos ideolóxicos ao conxunto da sociedade, o Partido

Popular rexeita tamén facer unha política integral cuxo único obxectivo é previr os

embarazos non desexados e, con iso, os abortos”.

Juventudes Socialistas quixo recordar que “a actual Lei do Aborto garante

igualdade nos dereitos a decidir e a facelo coa maior seguridade posible a todas as

mulleres, con independencia dos recursos ou posibilidades que teñan, cousa que

entendemos que desde o Partido Popular non comprendan ou ata que detesten”.

Ademais, para JSE parece que “canto máis se achegan as eleccións, máis

extremista vólvese o Partido Popular pois non só ameaza con derrogar leis sociais

senón que acusan, como Aguirre, a calquera movemento de cambio e progreso, como

o 15M, de “ser o xerme de golpes de estado”. “Unha idea absurda”, engaden, “que

unicamente pode afirman alguén que non é capaz de entender o fondo das

reivindicacións da plataforma ou que subvenciona con diñeiro público a organizacións

de extrema dereita”.

Page 14: Boletín outubro 2011

Santiag

Page 15: Boletín outubro 2011

Santiago de Compostela, 5 de Setembro de 2011.

A Secretaria Xeral das Xuventudes Socialistas de Compostela, Noemí Fernández,

denunciou hoxe o que para ela supón “un ataque constante do goberno municipal aos

mozos composteláns e aos estudantes residentes en Santiago de Compostela”.

Para as Xuventudes Socialistas de Compostela o botellón no deixa de ser una

reunión, un fenómeno social no que é absoluta e radicalmente falso que o único

obxectivo sexa consumir alcohol ou outro tipo de drogas. “Non negamos que nos

botellóns se consuma alcohol, pero parécenos como mínimo hipócrita pensar que é o

único lugar onde se fai”.

Os mozos socialistas opóñense á prohibición do botellón, en palabras de Noemí

Fernández “o escenario que nos propoñen dende o Concello é un escenario de

represión policial.” “Tanto Conde Roa como Paula Prado como os demais membros do

goberno municipal están a criminalizar e estigmatizar aos mozos composteláns,

prexulgándoos dunha forma absolutamente desprezable ao denominalos “niñatos” e

acusalos de destrozar o Campus vida”.

As Xuventudes Socialistas de Compostela denuncian que “ata este momento todo o

que os mozos composteláns recibimos deste goberno municipal son descalificacións e

desprezos. Non nos propuxeron nin unha soa alternativa de ocio, o que demostra

claramente a falta de vontade política que mantén o equipo do goberno do PP en

temas de xuventude”. “Desde aquí gustaríanos que alguén nos aclarase quen é esa

policía especializada en materia de botellón da que falan, con que expertos,

educadores, asociacións, mediadores e demais axentes sociais falaron antes de iniciar

esta proposta”

Os mozos socialistas quixeron recordar que “a prohibición a través de ordenanzas

municipais no vai a atallar as consecuencias negativas do botellón”, é máis, amósanse

convencidos de que “ao tomar este tipo de medidas represivas van a aumentar os

altercados e as escenas de violencia”.

As Xuventudes Socialistas de Compostela “apostan e seguirán apostando polo

botellón cívico, entendido como un fenómeno social que vai máis alá do consumo de

alcohol. Polas campañas de prevención, por falar con expertos, familias, educadores,

mediadores e cos distintos colectivos xuvenís da cidade para, entre todos, chegar á

conciliación de diversión e convivencia. Estamos convencidos que só desde o debate, o

diálogo e o consenso, daremos una resposta axustada a esta realidade”.

Page 16: Boletín outubro 2011

SANTIAGO DE COMPOSTELA, 21 DE SETEMBRO DE 2011

As derradeiras declaracións do alcalde de Santiago de Compostela, ao parecer

das Xuventudes Socialistas de Compostela, amosan que o señor Conde Roa é incapaz

de exercer de alcalde da cidade e levar a cabo acción de goberno, limitándose a actuar

coma xefe da “oposición da oposición.” Santiago non precisa un alcalde que limite a

súa actividade a culpabilizar de tódolos males ó goberno anterior. Neste senso, a

continua queixa sobre a situación das arcas municipais, sostida dende a súa época de

concelleiro da oposición, non é máis que unha burda escusa para agochar a súa

incapacidade e a total ausencia de proxecto para Compostela.

Segundo a Secretaria Xeral, Noemí Fernández, “estamos a observar con estupor

como a chegada a alcaldía do Sr. Conde Roa non só non freou a súa disparatada

carreira de declaracións, senón que polo contrario, semella que as incrementou”. “Non

ten tempo de gobernar, pois está moi ocupado en disparar contra todo o que lle

rodea: policía, oposición e especialmente contra os mozos e mozas, que semella que

son o seu leitmotiv particular, acusándoos de vagos, borrachos, malgastadores dos

recursos públicos o de non rematar a súa carreira en tempo e forma”.

Dende Xuventudes Socialistas de Compostela queremos denunciar que “non

semella que o PP de Conde Roa teña algunha alternativa para mellorar os problemas

que sacoden á nosa xuventude: falla de traballo e falla de horizonte laboral claro,

dependencia dos proxenitores, contratos vasoira, falla de cooperación entre a

universidade e as empresas privadas para tentar unha formación máis efectiva…

Por outro lado, non podemos deixar de coincidir con D. Gerardo Conde Roa en

que o abuso do alcohol é un hábito nada saudable, pero pretender criminalizar a quen

o consume non soluciona o problema. Neste sentido, cabería pedirlle o alcalde ese

mesmo espírito construtivo e conciliatorio que amosou e pediu, non vai moito tempo,

para o seu xefe de gabinete. Do mesmo xeito, creemos que crear un estado de opinión

dirixido a identificar os estudantes como vagos, borrachos e parasitos do sistema é,

ademáis de inxusto, un erro torpe e potencialmente perigoso nunha cidade que é

residencia de milleiros de estudantes.

En palabras de Noemí Fernández, “o botellón non é unha actividade modélica,

nin pretende selo, é simplemente o reflexo dunha forma de socialización dos mozos e

mozas que obedece a condicionantes económicos, sociolóxicos e culturais.” Dende

XSG Compostela non defendemos nin o uso nin o abuso do alcohol, pero a

criminalización do botellón resulta ineficaz e fondamente hipócrita nun país no que o

consumo e o abuso do alcohol está fondamente ligado ás festas e eventos públicos e

no que as esmorgas, troulas, algueiradas e foliadas de mozos e non tan mozos non

resultan precisamente novidosas en termos históricos.

Page 17: Boletín outubro 2011

En palabras da nosa Secretaria Xeral “sería moito máis convinte e politicamente

responsable por parte do noso alcalde que se propuxeran medidas alternativas de

ocio, que facilitaran recintos, grupos de traballo para poder limpar os resultados do

botellón, colaborar para que os mozos poidan reunirse sen que elo supoña máis custo

para o seu peto…”.

Dende Xuventudes Socialistas de Compostela queremos recordar ó goberno

municipal que os cargos supoñen cargas, entre as que está buscar solucións ós

problemas e non sinalar co seu dedo acusador a todo o que lles rodea.

Page 18: Boletín outubro 2011

Xuventudes Socialistas de Compostela pide o

máximo respecto para os integrantes da obra

"El Barbero de Sevilla”

Santiago de Compostela, 29 de setembro de 2011

Dende a Agrupación Local de Compostela das Xuventudes Socialistas de Galicia

queremos esixir o máximo respecto para os integrantes da obra "El Barbero de Sevilla"

representada onte no Auditorio de Galicia con gran éxito e que deu inicio a temporada

de abonos.

Con respecto a orixe do altercado acontecido onte nesta representación

queremos aclarar que a orixe non está nun grupo de indignados como se está a dicir

desde distintos medios, senón que como é frecuente no mundo da cultura as obras

adáptanse e actualízanse con guiños contemporáneos. Isto foi o que aconteceu onte,

os actores da obra “El barbero de Sevilla”, o finalizala obra e como parte do

espectáculo, emularon os indignados e amosaron pancartas reivindicativas.

Dende Xuventudes Socialistas de Compostela, queremos denunciar a reacción

que tivo o alcalde de Compostela, Gerardo Conde Roa, ante o que é un xesto universal

no mundo da cultura como é que o Director de Iluminación saúde e de as grazas os

técnicos e a mesa de iluminación.

Dende Xuventudes queremos esixir a prensa que sexa fiel a realidade do

acontecido onte, que somos moitos os cidadáns de Compostela que onte

presenciamos este “espectáculo” por parte do noso alcalde.

Parécenos que isto é unha mostra mais do carácter autoritario e irreflexivo que

o alcalde de Compostela, Gerardo Conde Roa, nos ven ensinando dende a súa

elección, e cremos que non debería facer falla que lle recordásemos que representa a

toda a cidadanía compostelá e polo tanto o seu comportamento debera ser exemplar.

Page 19: Boletín outubro 2011

Galicia

Page 20: Boletín outubro 2011

Caamaño liderará a lista do PSOE coruñés ao

Congreso e Paloma Rodríguez a do Senado,

cun 74% dos votos

SANTIAGO DE COMPOSTELA, 25 Setembro 2011

O presidente do PSOE da Coruña e ministro de Xustiza, Francisco Caamaño, ocupará a primeira praza na lista dos socialistas coruñeses ao Congreso, mentres que a cabeza de lista para o Senado será Pomba Rodríguez, de acordo coa proposta da executiva provincial, aprobada este domingo polo comité cun respaldo do 74%.

Deste xeito, os socialistas da Coruña propón para a Cámara Baixa a Caamaño, acompañado do actual delegado do Goberno en Galicia, Miguel Cortizo, de Inés Rei, Noemí Fernández Calveiro, María Flor Lago, Ricardo García Mira, Isabel Volta González e Manuel Vázquez Faraldo. Para o Senado, elixiron ao ex alcalde da Coruña, Javier Losada, e a María Gude, ademais da Poloma Rodríguez.

Page 21: Boletín outubro 2011

Francisco Caamaño destacou, tras coñecer o resultado das votacións, o "amplísimo respaldo" recibido e agradeceu "a todas as agrupacións" da provincia que o apoiaron no proceso de confección das listas para as eleccións xerais do 20 de novembro. "Imos presentar un programa que defenda os intereses da xente, fronte á liña de recortes e privatizacións que xa está impondo alí onde goberna o PP", proclamou.

Así mesmo, insistiu en que os socialistas ofrecerán un programa para "defender á inmensa maioría dos cidadáns e as bases mesmas do Estado do Benestar". O seu primeiro compromiso como candidato pola Coruña foi o de atender persoalmente aos cidadáns que o pidan en diferentes sedes do PSOE os días que non estea en Madrid, mediante un sistema de cita previa similar ao que se aplica noutros países de Europa. "Non só traballarei en Madrid para defender os intereses da provincia", dixo.

Nesta liña, ao finalizar o comité, Caamaño defendeu a necesidade de "relacionarse directamente cos cidadáns" para "escoitar os seus problemas e transmitilos no Congreso".

"TODOS REPRESENTADOS"

Pola súa banda, o secretario provincial dos socialistas da Coruña, Salvador Fernández Moreda, defendeu que as listas aprobadas este domingo constitúen "unha síntese de territorios, persoas e capacidades" e que se fixeron "logo de escoitar aos militantes, a partir das propostas das agrupacións". "Todos podémonos sentir representado", afirmou, en alusión á proposta que saíu adiante.

Fernández Moreda destacou que o momento actual é "crucial" e que está en xogo "o futuro das próximas xeracións de españois", polo que, aínda que admite que se falará moito de economía nos próximos meses, considerou que "é necesario falar máis de política"."O modelo de educación está sendo cuestionado por primeira vez", advertiu, en referencia ás decisións de presidentes de comunidades como Esperanza Aguirre. "O PP mantén os seus principios conservadores de sempre, ocultos baixo un discurso edulcorado e demagóxico", avisou.

Page 22: Boletín outubro 2011

socialistas

galeguistas

republicanos

>XSG< COMPOSTELA

Page 23: Boletín outubro 2011

Edición: A.O.G.