Boletin Nadal

2
Xa nos sabes que facer con tanto diamante Non tes sitio no armario para máis bufandas e gravatas Estas aburrido da play, A nintedo non ten secretos para ti, tes ipad, ipod, ipid, ipud… Non sabes que pedir… Non sabes que regalar… Bilioteca Poeta Díaz Castro http://biblodiazcastro.blogspot.com/ MIL COUSAS PODEN PASAR. LIBRO II Jacobo Fernández Serrano Ed xerais. Mil cousas poden pasar. O Libro I rematou con Lina e Pouco na praia, falando, bicándose e comendo mazás. Que aventuras correrán na viaxe de regreso a Nil? que será de Hedión? Unha cousa pódese adiantar: fixo novos amigos, e xente boa non so NOUTRA DIMENSIÓN Marica Campo Ed. Galaxia "Debo comezar explicando como me convertín en vento. Eu era un neno e chamábame Cidre. Non, eu chamábame eu". Desta maneira misteriosa comeza esta nova obra de Marica Campo. Unha historia chea de maxia, misterio e de moitas aventuras. UNA COSA NEGRA Emilio Urberuaga Ed. Narval Para os máis pequenos dá casa. Un protagonista diferente ao resto abúrrese e busca compañía, pero non parece ser aceptado entre os grupos de animais aos que se achega. Ao final encontra unha cousa branca con quen xogar. Un álbum ocorrente e divertido, que admite moitas lecturas A CHAVE DA ATLÁNTIDA Anxo Fariña Ed. Xerais Premio Merlín de Literatura Infantil 2011 O autor do Megatoxos argalla unha novela de ciencia ficción Escrita cun ritmo trepidante, mesturanse os mitos dunha civilización antiga coas posibilidades ofrecidas polas biotecnoloxías do futuro. Unha aventura onde non falta nin o amor nin as persecucións nin as probas fantásticas. RASMUS Y EL VAGABUNDO Astrid Lindgren Ed. Kalandraka Unha historia marabillosamente ilustrada. Rasmus desexa é encontrar un fogar lonxe do orfanato. Tras escaparse, atópase cun vagabundo co que compartirá peripecias. Un libro para regalar. Da autora de Pipi Calzaslargas EL LIBRO DE LAS FÁBULAS Albert Jané i Riera, Concha Cardeñoso (adapt.) Ed. Combel Antoloxía de fábulas que nos permiten reflexionar sobre o poder, a dor, o amor, o engano e o amplo abanos de sensacións animais... perdón, humanas.

description

Recomendación para agasallo

Transcript of Boletin Nadal

Page 1: Boletin Nadal

Xa nos sabes que facer con tanto diamante Non tes sitio no armario para máis bufandas e gravatas Estas aburrido da play, A nintedo non ten secretos para ti, tes ipad, ipod, ipid, ipud… Non sabes que pedir… Non sabes que regalar…

Bilioteca Poeta Díaz Castro http://biblodiazcastro.blogspot.com/

MIL COUSAS PODEN PASAR. LIBRO II Jacobo Fernández Serrano Ed xerais. Mil cousas poden pasar. O Libro I rematou con Lina e Pouco na praia, falando, bicándose e comendo mazás. Que aventuras

correrán na viaxe de regreso a Nil? que será de Hedión? Unha cousa pódese adiantar: fixo novos amigos, e xente boa non so NOUTRA DIMENSIÓN Marica Campo Ed. Galaxia "Debo comezar explicando como me convertín en vento. Eu era un neno e chamábame Cidre. Non, eu chamábame eu". Desta maneira misteriosa comeza esta nova obra de Marica Campo. Unha historia chea de maxia, misterio e de moitas aventuras.

UNA COSA NEGRA Emilio Urberuaga Ed. Narval Para os máis pequenos dá casa. Un protagonista diferente ao resto abúrrese e busca compañía, pero non parece ser aceptado entre os grupos de animais aos que se

achega. Ao final encontra unha cousa branca con quen xogar. Un álbum ocorrente e divertido, que admite moitas lecturas

A CHAVE DA ATLÁNTIDA Anxo Fariña Ed. Xerais Premio Merlín de Literatura Infantil 2011 O autor do Megatoxos argalla unha novela de ciencia ficción Escrita cun ritmo trepidante, mesturanse os mitos dunha civilización antiga coas posibilidades ofrecidas polas biotecnoloxías do futuro. Unha aventura onde non falta nin o amor nin as persecucións nin as probas fantásticas. RASMUS Y EL VAGABUNDO

Astrid Lindgren Ed. Kalandraka

Unha historia marabillosamente ilustrada. Rasmus desexa é encontrar un fogar lonxe do orfanato. Tras escaparse, atópase cun vagabundo co que compartirá peripecias. Un libro para

regalar. Da autora de Pipi Calzaslargas

EL LIBRO DE LAS FÁBULAS Albert Jané i Riera, Concha Cardeñoso (adapt.) Ed. Combel Antoloxía de fábulas que nos permiten reflexionar sobre o poder, a dor, o amor, o engano e o amplo abanos de sensacións animais... perdón, humanas.

Page 2: Boletin Nadal

A CAZA DO GHAZAFELLO Denís López Horro e outros Ed Xerais Un libro-disco cheo das cousas que máis excitan a imaxinación: palabras, música, imaxe. Ten preparados todos os teus sentidos, pois van recibir unha chea de estímulos. Un libro algo diferente

EXTRAMUNDE Xavier Queipo Ed. Xerais Premio Xerais de Novela 2011 Enrólate nunha aventura polos océanos Atlántico e Índico na procura de mundos afastados, para rematar nun poboado da tribo dos Dayaks, os

cortadores de cabezas. Novela de aventuras, de viaxes e de pausada reflexión LA HISTORIA DE ERIKA Ruth Vander Zee Ed. Kalandraka Historia real, dunha nena que con poucos meses de idade foi botada pola súa nai do tren que os levaba a un campo de exterminio nazi. A pequena foi recollida por unha familia que a coidou e criou con amor. Anos despois Erika puido reconstruír a súa propia historia… Estupendas ilustracións

CUENTOS PARA NIÑOS NO TAN BUENOS Jacques Prévert Ed. Libros del Zorro Rojo Entre a sátira e o humor negro, estes relatos non deixan indiferente a mozos e adultos. Abundan a crítica e os dobres sentidos. Prevert usa a ironía e o sarcasmo para manifestar o seu inconformismo nestas divertidas e sorprendentes historias.

CUENTOS MACABROS Allan Poe, Edgar Ilustrador: Lacombe, Benjamin Ed. Luís Vives A calidade de narracións de Poe,a lustración de Benjamin Lacombe e unha traducción de Xullo Cortázar. Todo un luxo. Un fermoso agasallo

LA VIEJA SIRENA Jose Luis Sampedro, Ed. Destino Nova edición dunha vella historia do último Premio Nacional das Letras. Exipto, século III. Época de cambios e confusión. A protagonista, envolvida na súa beleza e misterio, percorrerá un apaixonante itinerario ata chegar a Alexandría, onde dous homes marcarán o seu destino…

OBRAS COMPLETAS Y ALGO MAS 1975- 2006 Nicanor Parra ed. Galaxia Gutenberg "Durante medio siglo/ La poesía fue/ El paraíso del tonto solemne./Hasta que vine yo / Y me instalé con mi montaña rusa./ Suban, si les parece. /Claro que yo no respondo si bajan/ Echando sangre por boca y narices". Unha boa oportunidade de coñecer a obra do reciente Premio Cervantes.

HÁGASE EL CAOS Cava e Seguí Ed. NORMA A Guerra Fría está en pleno apoxeo. Chega o primeiro de dous volumes dos creadores de As serpes cegas. Rescata a estética de cine negro e os

temas que xa definiron un estilo propio na obra de Cava e Seguí. MATTEO (Primera Época 1914-1915)(Segunda Época 1917-1918) Gibrat Ed Norma Matteo, perdidadmente namorado de Julliette, verase arrastrado ó horror da Primeira Guerra Mundial. Tras desetar do exército francés chegará Rusia en plena revolución bolxevique. Una historia ben narrada. E da ilustración que dicir… tes que velo