Boletin gastronomia 2014
-
Upload
biblioteca-fragadoeume -
Category
Documents
-
view
229 -
download
7
description
Transcript of Boletin gastronomia 2014
A biblioteca do IES Fraga do Eume quere
sumarse á celebración do concurso de cociña
"Xosé Rodríguez-Moldes Rey” coa publicación
dun boletín especial achegando unha selección
de lecturas e materiais audiovisuais arredor da
gastronomía.
Durante este curso incorporamos á biblioteca
algunhas novidades bibliográficas relacionadas
co mundo da cociña e a restauración que están a
suscitar un gran interese entre os nosos
lectores, desde recetarios asociados ao nome
de establecementos célebres e de renome
internacional a manuais de técnicas culinarias e
dicionarios de gastronomía ou biografías de
auténticos “heroes dos fogóns”.
Velaquí a nosa selección:
B o l e t í n E s p e c i a l G a s t r o n o m í a
R E C E I T A S
As receitas do Á la Mère de Famille:
Coa súa fachada verde e o seu interior de conto
de fadas, "À la mère de famille", fundada en 1761, é un-
ha das confeitarías máis antigas do mundo. Está en Pa-
rís, nun recanto do Faubourg-Montmartre, aberta ao pú-
blico dende hai douscentos cincuenta anos, cando o mo-
zo Pierre-Jean Bernard chegou
a París cun diploma de espe-
cieiro recén obtido e abriu un-
h a p e q u e n a t e n d a c o n a s p e c t o d e g r a n x a .
Este libro recolle por un lado a historia dunha familia e dunha tradi-
ción artesá ligada á historia de París, e por outra, é un delicioso re-
ceitario (os mellores bombóns, pasteis de améndoas, froitos secos
e confeituras de toda a cidade) con magníficas fotografías para po-
der facer as sobremesas na casa dunha forma moi sinxela.
BIBLIOTECA Marzo—2014
P á g i n a 2 E s p e c i a l G a s t r o n o m í a
Ao último e máis premiado...
As receitas do El Celler de Can Roca
«Un libro no que non só mostramos o que facemos senón que ex-
plicamos como o facemos e por que o facemos.» Joan, Josep e Jordi Roca
De forma pedagóxica e con infinidade de imaxes paso a paso de
cada técnica, a obra bota luz sobre os ingredientes denominados
"tecnolóxicos", explicando as súas pouco coñecidas aplicacións en
produtos e elaboracións de pastelaría.
Pasando polas máis típicas da nosa cultura.......
A intención de Adrià era facer "un libro divertido e limpo co-
mo a cociña do Tíckets, que ofrecese ao lector receitas dende a páxi-
na 5 e que puidese estar ao alcance tanto do profesional da cociña
como da xente da pé".
Ou reinventando cos nosos productos ……
A cociñeira Eva Crespo ofrécenos 80 completas receitas nas
que as algas achegan un toque especial para conseguir un resultado
exquisito. Coas receitas que aparecen neste libro descubriremos as
virtudes da "Cociña Atlántica" a partir de pratos moi variados e
sinxelos.
P á g i n a 3 B I B L I O T E C A
E para regar convenientemente as propostas anteriores, presentamos as novas incor-
poracións á biblioteca de bibliografía sobre a cultura do viño e as bebidas, un aspecto que
merece unha atención moi especial no mundo da restauración e hostelaría.
El Vino, Atlas Mundial
Aclamado polos críticos como unha "obra de referencia esencial" e "un
dos libros sobre viños máis documentados, valorados e sinxelos de usar",
esta nova edición aos 36 anos da súa primeira aparición (1971) confirma
que é o libro indispensable para calquera amante do viño.
Permítame que le hable sobre el vino
Oz Clarke, un recoñecido experto e divulgador do viño que escribiu en
medios británicos como o Daily Telegraph, o Sunday Express ou intervido
en series da BBC sobre o tema, escribe este manual no que toca numero-
sos e variados aspectos do viño de xeito asequible, práctico, visual e infor-
mal, pero sen perder o rigor. Dirixido ao lector sen coñecementos previos
sobre viños.
La historia del mundo en seis tragos
Nos seus algo menos de 300 páxinas, Tom Standage detense en distintos
momentos da Historia Universal para mostrarnos como determinadas be-
bidas condicionaron os costumes sociais e ata o discorrer político e econó-
mico de moitos países e civilizacións.
Presenta unha visión orixinal e rigorosa da historia universal, seguindo a
humanidade dende a Idade de Pedra ata o Século XXI da man da cervexa,
o viño, os licores, o café, o té e a Coca Cola.
“La cocina y los alimentos”,
Todo un clásico presente dende este ano na biblioteca
M A N U A I S
P á g i n a 4 E s p e c i a l G a s t r o n o m í a
B I O G R A F Í A S
D I C I O N A R I O S
Este dicionario aclarará moitos conceptos -máis de 300- que lle permi-
tirán estar á última nas tendencias gastronómicas de moda.
Cada vez interesan máis non só as receitas, senón as
circunstancias que rodearon a vida das persoas que chegaron
a un gran nivel de creación culinaria. Presentámosvos estas
dúas aínda que poderían ser moitas máis.
Unha autobiografía culinaria na que revivimos a extraordina-
ria historia gastronómica de Pierre Gagniere dende 1966 ata
2006.
Este libro é unha das obras máis esperadas no mundo da
gastronomía. Trátase do libro de Eneko Atxa. A súa traxectoria, o seu
percorrido entre fogóns, a historia de Azurmendi, os seus pensamentos,
procesos creativos e as creacións que fixeron que a cociña
de Eneko alcance o máximo nivel de excelencia.
CANDO A GASTRONOMÍA SE MISTURA COA VIDA
Por outra banda, queremos presentarvos tamén un apetitoso menú de propostas di-
dácticas, literarias e cinematográficas onde a gastronomía é un elemento importante, aínda
que non necesariamente o tema fundamental. É interesante comprobar que a comida e to-
dos os aspectos a ela asociados ocupan un lugar moi importante na nosa identidade indivi-
dual e colectiva, e así aparece reflectida en innumerábeis obras de pensamento e arte.
Despois de todo, quen sabe se a cultura non empezaría cun gran banquete e un pos-
terior intercambio de receitas?
P á g i n a 5 B I B L I O T E C A
El restaurante del fin del mundo o El restaurante del fin del
universo
(The restaurant at the end of the universe en inglés) é unha comedia
de ciencia ficción escrita por Douglas Adams en 1980. É a segunda entrega
da saga da Guía do Autoestopista Galáctico, e este libro, ao igual que o
primeiro, está baseado na radiocomedia da BBC escrita polo mesmo autor.
Tratado de culinaria para mujeres tristes
Paradoxicamente, este libro NON é UN TRATADO de CULINARIA e,
máis que para mulleres tristes, parece escrito PARA mulleres alegres,
demasiado alegres.
Héctor Abad, unha das principais voces da literatura colombiana, aborda
cun humor sutil a psicoloxía feminina, e propón o que el mesmo chama
«repentinos antídotos para a pertinaz melancolía». RECEITAS para seducir
consellos contra o mal de amores ou a soltería, remedios contra a tristura...
La cocinera de Himmler
Unha das últimas novelas publicadas en 2014, conta a historia de
Rose, unha cociñeira de 105 anos que aínda rexenta un restaurante en
Marsella, que nunca lle temeu a nada e que sobreviviu ás grandes
catástrofes do século xx sen perder o humor, o desexo de sexo e o afán de
vinganza; segundo ela, os tres piares da felicidade.
Recetas de lluvia y azúcar
E como non, un libro ilustrado un RECEITARIO de Eva Manzano e Mónica Gutiérrez
Serna, unha delicia para os sentidos, que empeza así:
De pequena linme un libro de maiores que contaba que podías
comer a vida a culleradas.
Este receitario serve para adozar as emocións que nos acom-
pañan cada día e comprender que a imaxinación é un ingrediente
imprescindible.
L I T E R A T U R A
P á g i n a 6 E s p e c i a l G a s t r o n o m í a
Eñe
O número 25 de Eñe reúne unha serie de relatos nos que hai un
elemento común: a bebida, e, por suposto, os bares. Recolle unha dece-
na de relatos en torno ao acto social da bebida e o lugar onde se dá, os
bares, tan literario e cinematográfico á vez.
Entre os autores, encontrarás oito relatos inéditos de Juan Pedro
Aparicio, Vanessa Montfort, Denis Johnson, Jorge Eduardo Benavi-
des, Guillermo Niño de Guzmán, Juan Francisco Ferré, Washing-
ton Cucurto, Rodrigo Hasbún e Gabriel Wiener así como tres poemas no-
vos de Luis García Montero.
El cocinero recolector y las plantas silvestres
Esta obra céntrase no aspecto culinario das plantas silvestres. A
parte de botánica reproduce máis de 60 láminas en cor do herbario dos
autores, Ana Mª González e Augusto Krause Lameiras, xunto coa
descrición botánica de cada planta, as súas posibilidades culinarias e
propiedades medicinais, así como algún dato histórico ou curioso
relacionado con cada unha delas. A parte de gastronomía desenvolve 50
receitas elaboradas con esas plantas e acompáñase de fotografías a toda páxina para cada
unha delas. Ademais da relación de ingredientes e desenvolvemento da receita, inclúense
comentarios aos ingredientes e a receita de Miguel Ángel de la Cruz.
La grande bouffe (La gran comilona) (1973)
Recatando aos clásicos, encontrámonos con esta polémica
película do excelente guionista español Rafael Azcona, dirixida
por Marco Ferreri en 1973, que narra como catro persoas se reúnen
nunha casa para suicidarse nunha orxía de comida e sexo.
Pódela ver completa en www.youtube.com/watch?v=4oxPOU5J-j4
C I N E
M E D I C I N A E B O T Á N I C A
P á g i n a 7 B I B L I O T E C A
El cocinero, el ladrón , su mujer y su amante (1989)
Conseguimos este título do polémico director Peter
Greenaway, con sir Michel Cambon, Helen Mirren e Tim Roth nun dos
seus primeiros traballos. Albert é o sádico dono dun restaurante. O seu
forte carácter e as tiránicas formas que aplica no traballo fan que todos os
empregados estean sometidos a un continuo réxime de escravitude,
incluída a súa esposa, Giorgina, a quen ridiculiza.
Tomates verdes fritos(1991)
Leva tempo nos nosos andeis, pero quizais non saibades que é
unha adaptación dunha novela de Fannie Flagg ou que a receita a
podedes encontrar en http://www.directoalpaladar.com/recetas-de-
ensaladas/tomates-verdes-fritos-receita.
Evelyn (Kathy Bates), unha muller madura que vive frustrada pola súa
gordura e pola insensibilidade e simpleza do seu marido, coñece
casualmente nun asilo a Ninny (Jessica Tandy), unha anciá que lle vai
contando pouco a pouco unha dramática historia acontecida nun pequeno
pobo de Alabama. O relato faise cada vez máis fascinante: xira en torno á grande amizade
entre dúas mulleres (Mary Stuart Masterson e Mary-Louise Parker) e ao misterioso asasinato
do marido dunha delas.
La joven de las especias (2005)
Tilo é unha bela moza formada na antiga e máxica arte das
especias. Ordenada con poderes especiais para axudar aos que acoden a
ela,Tilo ten unha habilidade sorprendente para sentir os problemas dos
demais e visualizar o seu futuro e o seu pasado. Tilo traballa en San
Francisco, nunha pequena tenda chamada” El Bazar de las Especias”
onde, guiada polos consellos das súas especias, encontra o remedio
perfecto para todo o que cruza a súa porta.
La cocinera del Presidente (2012)
Filme inspirado na extraordinaria historia da cociñeira privada do
presidente francés François Miterrand. Hortense Laborie, un prestixioso
xefe de cociña do Perigord, convértese na responsable das comidas
presidenciais no Pazo do Elisio.
Páxinas consultadas para elaborar os boletíns:
http://www.libreriagastronomica.com/
http://www.directoalpaladar.com/
http://www.apicius.es/
http://www.filmaffinity.com/es/reviews
http://www.conmuchagula.com
Menú degustación (2013)
Hai un ano, inmediatamente antes da súa ruptura, Marc e Rachel
conseguen reservar mesa nun dos mellores restaurantes do mundo. Nese
paradisíaco canto da Costa Brava encontraranse con sibaritas de todo o
mundo. Xuntos comparten unha das mellores experiencias sensoriais da
súa vida. Será unha reunión inesquecible.
Dúas delicadas obras do cineasta de orixe vietnamita Tranh Anh Hung.
El olor de la papaya verde (1993)
Mui é unha nena cuxo camiño estará ligado estreitamente ás artes
milenarias da cociña asiática, aos costumes e sabores que se entrelazarán
coa cociña e que farán que a súa vida xire entre os aromas da vida. Os gri-
los, a chuvia, a noite murmurando, a forma en como cada instante é un xiro
de felicidade na vida, fanse presentes nesta fita chea de beleza e sonos.
Pleno verano (2000)
Cóntanos a historia de tres irmás enfrontadas ás súas vivencias e...
fantasmas persoais. Anh Hung fainos "sentir" as diferentes sensacións que
experimentan os seus personaxes. Vívese o ambiente, respírase o olor da
terra mollada, dos froitos recén cortados, o gusto dos alimentos…
ESTAMOS NA REDE
HTTP://BIBLIOFRAGADOEUME.BLOGSPOT.COM.ES/
HTTP://WWW.EDU.XUNTA.ES/CENTROS/IESFRAGAEUME/