Boas tardes rapaces/zas · 2020. 9. 6. · Boas tardes rapaces/zas SEMANA 12 Imos con outro tema,...
Transcript of Boas tardes rapaces/zas · 2020. 9. 6. · Boas tardes rapaces/zas SEMANA 12 Imos con outro tema,...
Boas tardes rapaces/zas SEMANA 12 Imos con outro tema, trátase da ditadura franquista que se implantou en España ao finalizar a guerra civil e durou ata a norte de Franco en 1975, corresponde ás páxinas 280- 293 do libro de Santillana. Como sempre mándovos unha presentación ( esta vez a presentación inclúe a ditadura franquista e a transición democrática que será o seguinte tema ) e os exercicios para facer. Tamén inclúo unha relación de documentais para visionar. Aínda quedan alumnos/as que non me entregaron o tema 10 ( a guerra fría, descolonización..) e moitos que non me entregaron o tema anterior ( a España de 1902 a 1939) , ide apurando pois as clases están a rematar . Xa falei con algunhas casas despois desta avaliación, tedes que seguir a traballar para superar algunas materias e para mellorar noutras, non vos conformedes coa nota que tedes ata agora, podedes mellorala moi fácilmente, ademáis así seguides a aprender. Veña, seguide con ánimo, empeza xuño, xa falta pouco, a ver se este ano podedes disfrutar todos vós dunha vacacións de verán sen ter que estudar. Un saúdo DOCUMENTAIS PARA VER : https://youtu.be/eT7Dc6xy3IM La España de Franco (1939 - 1975)
https://youtu.be/m4-zXW87zTQ RESUMEN: La HISTORIA del FRANQUISMO en 8 minutos https://youtu.be/zAzvdAU1RY0 La dictadura franquista a ojos de la comunidad internacional https://youtu.be/7cKSk_cTa94 LA ESPAÑA DE FRANCO.- ( 1939 - 1975 ) Documental Canal Historia. https://youtu.be/8Nc--iJSNU4 TEMA 13 - EL RÉGIMEN FRANQUISTA (1959-75) https://youtu.be/rh-ja8ACVTo LA ESPAÑA DE FRANCO EN 15 MINUTOS https://youtu.be/EemzZxSxdlI Así era la situación de España justo después de la guerra https://youtu.be/uECDf46oYmw La dictadura franquista https://youtu.be/vCidccM_HTw España durante los últimos años del franquismo https://youtu.be/RJHJ9QeVydI Así empeoró la situación de la mujer en España con el Franquismo
TRANSICIÓN Y DEMOCRACIA
A DITADURA DE FRANCO ( 1939- 1975 )
1º.- UNIRCON NÚMEROS:
1-Franco tiña todos os poderes - Autosuficiencia
2- División Azúl - Partidas guerrilleiros no franquismo
3- Autarquía -.Estraperlo
4- Racionamento -1955
5- INI - Facilitou a creación de empresas privadas
6- Sección feminina - Voluntarios españois para axudar a Alemaña
7- Maquis - Instituto Nacional de Industria
8- Mercado negro -Tratado con Norteamérica
9. España admitida na ONU - Técnicos do Opus Dei
10- 1953 - Ditadura franquista
11- Movemento Nacional - Asignación productos básicos
12- Tecnócratas -Agrupaba ás mulleres para labores sociais
13- Plan de estabilización - Crecemento extraordinario da natalidade
14- Baby Boom - Organizacións terroristas
15- Seat 600 - Marrocos invade o Sahara
16- GRAPO/ ETA - Morte de Franco
17- Crise 1973 - Xeneralización sociedade de consumo
18- Marcha verde - Novo nome de FET e das XONS
19- 20-novembro-1975 - Crise do petróleo
2º DEFINIR : FET e das XONS – Racionamento – División azúl – Estraperlo – Illamento
internacional - Movemento Nacional – Democracia Orgánica – Tecnócratas – Plan de
Estabilización – Plans de Desenvolvemento – CCOO – Carrero Blanco – Marcha Verde.
3º.- Características do Franquismo ( O franquismo, unha ditadura )
4º.- Apoios do franquismo.
5º.- Os anos da posquerra ( 1939-1945): Un goberno de orientación fascista.
6º.- Os anos da posquerra ( 1939-1945) : A Economía.
7º.- O asentamento do réxime ( 1945-1959) : Do illamento á aceptación internacional.
8º.- Os cambios económicos de 1960-1969.
9º.- A crise fianl da ditadura : A reorganización da oposición ao franquismo.
10º.- A crise final do réxime.