Blogues Educativos: estado da cuestión (revisión)

25
Blogues Educativos Estado da Cuestión Román Cerqueiro Landín Xornadas de Encontro dos Lectores de Galego Compostela, 29 de decembro de 2008

description

Presentación elaborada para o Encontro de Formación de Lectores/as de Lingua Galega, Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galiza, decembro 2008. Breve repaso das funcionalidades dos Edublogues, ligazóns a exemplos. Eduredes.

Transcript of Blogues Educativos: estado da cuestión (revisión)

Page 1: Blogues Educativos: estado da cuestión (revisión)

Blogues Educativos

Estado da Cuestión

Román Cerqueiro LandínXornadas de Encontro dos Lectores de Galego

Compostela, 29 de decembro de 2008

Page 2: Blogues Educativos: estado da cuestión (revisión)

Sumario1. INTRODUCIÓN1.1. Unha experiencia común 1.2. Os recursos1.3. Os conceptos

2. OS BLOGUES EDUCATIVOS: PARA QUE SERVEN E COMO SE USAN2.1. Usos educativos dos blogues2.2. Tipos2.2.1. Caderno de materia do profesorado2.2.2. Taboleiro aberto á rede dun grupo de traballo2.2.3. Caderno do alumnado2.2.4. Caderno do alumnado e o profesorado2.3. Por que non unha páxina web?2.4. Consellos previos.

3. CREACIÓN, CONFIGURACIÓN E DESEÑO DUN BLOGUE: TODO ESTÁ NA REDE3.1. Onde abrir un blogue?3.2. Un exemplo: o Caderno de Lingua en Wordpress

4. ESCOLMA DE APLICACIÓNS WEB PARA INTEGRAR NAS NOSAS BITÁCORAS 4.1. As mil e unha aplicacións: presentacións, documentos, imaxes, vídeo, audio, eduredes sociais.

5. EPÍLOGO: tecnoloxía ou metodoloxía?

Page 3: Blogues Educativos: estado da cuestión (revisión)

1. INTRODUCIÓN

• Unha experiencia común– Sen máis coñecementos que o dominio do usuario medio de

internet para se lanzar á Web 2.0.– Con vontade de inserir as TIC na práctica educativa.– Sendo necesario facer confluír os materiais propios e os alleos.

ELES SI O FARÍAN!

Page 4: Blogues Educativos: estado da cuestión (revisión)

Que crea adicción dis

ti? Enganchar engancha!

• Os recursos– Materiais

– A Web 2.0 é asequíbel, gratuíta e intuitiva.– Que é o html? Que máis ten, non hai que saber de código.

– Humanos– Traballo individual. – Traballo colectivo.– As redes colaborativas.

Page 5: Blogues Educativos: estado da cuestión (revisión)

• Os conceptos– Que é a Web 2.0 ou web social?

– Un novo modo de os usuarios se enfrontaren á rede: os internautas non só son meros observadores do que fan outros senón protagonistas e creadores de contidos.

Servizos

Contidos

Usuarios: participación e

creación.

Interacción: redes sociais

Web 2.0

Ferramentas: vídeo, documentos,

audio, imaxes... todo á vez

Page 6: Blogues Educativos: estado da cuestión (revisión)

– Este paso foi posíbel grazas ao desenvolvemento dunha serie de ferramentas e servizos que permitiron almacenar información, elaborar presentacións, colgar arquivos de audio, enviar mensaxes instantáneas ou crear un espazo común dende/no que comunicarse.

Page 7: Blogues Educativos: estado da cuestión (revisión)

– Que é o blogue?Tamén chamado blog ou bitácora, é a imaxe máis visíbel da Web 2.0. É un sitio da web onde os textos (“post” ou “entradas”) creados por unha ou varias persoas (“blogueiros/as”) se ordenan cronoloxicamente. Pode funcionar a modo dun diario persoal en liña ou enfocar diferentes temáticas especializadas ou xerais. Trazos comúns á maioría dos blogues son: hai un espazo para que os lectores poidan deixar comentarios; fornece unha listaxe de ligazóns a outros weblogs (”blogroll”); e amosa un arquivo coas publicacións anteriores (normalmente en modo calendario).

blogue

Page 8: Blogues Educativos: estado da cuestión (revisión)

Autor

Entrada (post) máis

recente

Enderezo do blogue: este está creado nunha plataforma con

dominio propio mais non non ten porque ser así.

Listaxe de comentarios

recentes

Título e breve descrición

Page 9: Blogues Educativos: estado da cuestión (revisión)

Listaxe de categorias

Blogroll / ligazóns

Arquvos ordenados cronoloxicamente

Opcion de comentarios

Listaxe de entradas recentes

Page 10: Blogues Educativos: estado da cuestión (revisión)

– un blogue é un espazo comunicativo,– de manexo sinxelo e intuitivo para o usuario medio de internet, – gratuíto en grande parte dos tramos de uso,– o seu contido é hipertextual e multimedia (imaxe, vídeo e audio),– os contidos organízanse cronolóxica e xerarquizadamente en

categorías,– relaciónase con outras bitácoras a través de ligazóns, que pode integrar

tamén a través das “sementes”,– acolle tamén outras aplicacións web 2.0, e– permite a interacción cos lectores e lectoras.

– En resumo:

Page 11: Blogues Educativos: estado da cuestión (revisión)

• Usos educativos dos blogues

2. OS BLOGUES EDUCATIVOS: PARA QUE

SERVEN E COMO SE USAN.

Compartir

Reflexionar

Escribir

Comentar

OBXECTIVOS DIDÁCTICOS DO BLOGUE

Page 12: Blogues Educativos: estado da cuestión (revisión)

• Tipos:– Caderno de materia do profesor. Propón información,

recursos e actividades.– Contedor de materiais de elaboración propia e

experiencias didácticas.– Contedor de materiais alleos doutros blogues e webs.– Almacenaxe, categorización e trascendencia de

recursos a través de ligazóns.– Todo iso e máis.– Procura a interacción co alumnado nos comentarios e

creando unha rede cos seus propios blogues.

Page 13: Blogues Educativos: estado da cuestión (revisión)

– Taboleiro dun grupo de traballo, dun departamento, dun centro…

– Xanela aberta ao exterior, s.t., á comunidade educativa: divulgación de actividades, avisos e novas, proxectos, etc.

– Establece dinámicas de colaboración con outros grupos.– Contén recursos para o alumnado.

– Caderno do alumnado.– Bitácora que acolle o diario persoal de aula, reflexións

diversas e persoais, valoracións de lecturas, almacena información e recursos para un traballo, os mesmos traballos asignados polo profesor, potencia a “conversa” dos grupos de traballo, etc.

– O alumnado organiza, baixo a supervisión do profesorado, a súa aprendizaxe e interacciona co grupo. En definitiva, desenvolve tarefas individuais.

Page 14: Blogues Educativos: estado da cuestión (revisión)

– Caderno do alumnado e o profesorado.– Acolle actividades en liña e asigna e desenvolve tarefas.– Facilita o traballo por proxectos e materias.– Activa as competencias lingüísticas pasivas e activas así

como a competencia dixital do alumnado (Seica chove no patio?, Pod Cast en Mensaxe nunha Botella e “telexornal” no IES Marco do Camballón).

– Fomenta a participación e a implicación do alumnado no desenvolvemento activo da aula ao se converter nun diario da aula, nun portafolio dixital (e-portafolio), etc.

– A diferenza do anterior reside no grao de participación (autoría ou destinatario) do alumnado.

Page 15: Blogues Educativos: estado da cuestión (revisión)

– Chega o momento de decidir o uso do blogue:– Experimenta e escolle aquela plataforma que che

facilite a súa xestión. – Determina unha finalidade ao blogue tendo en conta o

que queres conseguir a través del.– Estuda diferentes bitácoras, coñece o teu público

potencial e implícate no seu deseño e actualización.– Determina o “modelo” de blogue: se estamos

experimentando habemos de ter claro que estamos aprendendo a elaborar, que aplicación(s) estou a usar e quero usar no futuro, etc.

– Integra na túa bitácora as ligazóns das túas fontes e outros blogues e webs de interese e agrupados por recursos TIC, por área didáctica, por natureza similar (blogues de clubes de lectura), etc. Os/as blogueiros/as amplifican as voces, tecen redes, constrúen a web 2.0.

Page 16: Blogues Educativos: estado da cuestión (revisión)

– Por que non unha páxina web?– O blogue é máis dinámico que as chamadas

“webs dinámicas” (p.ex. tecnoloxía Drupal das webs da Xunta para os centros).

– Xa estamos alfabetizados na linguaxe que serve de base ao blogue.

– Compleméntase perfectamente cunha web, que ten unha capacidade de almacenaxe maior.

– Todo está na rede: as aplicacións web 2.0 e as súas guías de uso.

– Facilita a creación sinxela de universos de intereses.

Page 17: Blogues Educativos: estado da cuestión (revisión)

3. CREACIÓN, CONFIGURACIÓN E DESEÑO DUN

BLOGUE: TODO ESTÁ NA REDE• Onde abrir un blogue?

– Hai moitas posibilidades, unhas máis sinxelas (Blogoteca), outras máis complexas (Wordpress) e tamén máis versátiles.

Page 18: Blogues Educativos: estado da cuestión (revisión)

• Un exemplo: o Caderno de Lingua en Wordpress– WordPress: é o servidor de xestión de blogues máis

popular da blogosfera polo seu fácil manexo, a versatilidade na xestión dos contidos e a cantidade de temas (plantillas) e plugins (aplicacións) entre as que poden escoller os/as usuarios/as.

– Blogaliza, pola súa banda, é un servidor de código aberto que bebe de Wordpress e agrupa grande parte do blogmillo galego.

Page 19: Blogues Educativos: estado da cuestión (revisión)

4. ESCOLMA DE APLICACIÓNS WEB PARA

INTEGRAR NAS NOSAS BITÁCORAS.

• As mil e unha aplicacións- A Web 2.0 constrúese a través dun conxunto de ferramentas que permiten

que os/as usuarios/as creemos e compartamos contidos coa comunidade internauta. Estas que veñen deseguida son só algunhas das mil e unha aplicacións enfocadas aos/ás blogueiros/as desta inmensa tea de araña que é a blogosfera.

- Que ferramentas integrar nas bitácoras ou nos blogues educativos? Todo depende do deseño, do uso e da información que queiramos integrar nas nosas actividades docentes.

- Describiremos brevemente algunhas ferramentas de interese. Sempre queda na man do/a usuario/a analizar outras aplicacións semellantes, comparar, descubrir outras, etc. Cada día aparecen novos recursos e mellóranse os existentes. Isto é un océano, só hai que mergullarse.

Page 20: Blogues Educativos: estado da cuestión (revisión)

• Presentacións- Slideshare- Slide- SplashCast• Documentos- Scribd• Imaxes- Flickr

• Vídeo- Vodpod

• Audio- Goear- Deezer- Snips

•Sementes-Bloglines -Feevy

Page 21: Blogues Educativos: estado da cuestión (revisión)

EDUREDES SOCIAIS: APENAS UNS EXEMPLOS

– As redes Ning permitenlles aos/ás usuarios/as crear as súas propias redes sociais, independentes unhas doutras.

– Teñen un perfil máis profesional ao permitiren a especialización sen as interferencias externas propias doutras redes sociais.

– Unha rede Ning permite de balde 10GB de contidos e 20.000 membros.

– Hai creadores, administradores e usuarios. Poden comunicarse privada ou publicamente.

– Para o resto da rede, tamén poden ser públicas ou privadas en varios graos.

– Edurede: permite o control do profesorado, creación de grupos, discusións diversas, organización moi diversa de actividades...

– E, por suposto, a creación dunha comunidade.

Mapa conceptual das características de Ning e escolma de artigos sobre as eduredes sociais no blogue do profesor Juan José de Haro

Page 22: Blogues Educativos: estado da cuestión (revisión)

Palabea.net é unha comunidade internacional de estudantes de idiomas para a aprendizaxe de idiomas en liña.

Integra audio e video, mesmo con usuarios nativos, para estabelecer un tandem en liña.

Almacena recursos de todo tipo (videoleccións, falangullos-podcasts, gramática, diccionario, etc.) para construír un itinerario autónomo.

Impártense aulas virtuais sobre cuestións diversas, máis xerais ou aspectos gramaticais concretos. Permite intercambiar textos para practicar e corrixir entre todos/as a expresión escrita e a ortografía.

Hai profesores/as en liña (e-learning).

PALABEA.NET: Escola de Idiomas 2.0

Page 23: Blogues Educativos: estado da cuestión (revisión)

EduFrysk, the frisian experience

Unha rede social para a aprendizaxe dunha lingua minorizada

Page 24: Blogues Educativos: estado da cuestión (revisión)

O facebook dos 'eduFryskians'

Page 25: Blogues Educativos: estado da cuestión (revisión)

EPÍLOGOUnha reflexión necesaria para iniciarse nos blogues:

tecnoloxía ou metodoloxía?

Preme na imaxe superior ou na cámara da dereita para acceder ao vídeo