Bioloxía e Xeoloxía 2. A Terra...2 —— P. O noso proxecto O proxecto Antes de meternos de cheo...

37
1Bioloxía e Xeoloxía 2. A Terra Para comezar Sabes como se formaron a Terra e a Lúa? Coñeces como se move a Terra? Que consecuencias cres que teñen os seus movementos? Que sucede cando a Terra, a Lúa e o Sol se aliñan? Que características cres que ten a Terra para que sexa o único planeta coñecido que alberga vida? A Terra Ao analizar o teu día a día verás que medir o tempo é algo fundamental. Necesítalo para organizarte, sincronizar actividades ou programar eventos. Medir o tempo foi unha preocupación constante do ser humano desde a antigüidade. As regularidades astronómicas foron unha das primeiras formas de medir o paso do tempo. Así, as sucesións dos días e das noites, das fases lunares ou das estacións eran acontecementos que permitían levar un control do paso do tempo. Este interese deixou numerosas pegadas que estuda a Arqueoastronomía (http:// www.madrimasd.org/informacionIdi/analisis/analisis/analisis.asp?id=41379). Acompáñanos ao longo desta unidade e descubrirás que relación gardan estas sucesións coas características do noso planeta, a Terra.

Transcript of Bioloxía e Xeoloxía 2. A Terra...2 —— P. O noso proxecto O proxecto Antes de meternos de cheo...

Page 1: Bioloxía e Xeoloxía 2. A Terra...2 —— P. O noso proxecto O proxecto Antes de meternos de cheo na creación dos módulos da exposición, imos crear entre todos e todas o primeiro

1——

Bioloxía e Xeoloxía

2. A Terra

Para comezar• Sabes como se formaron a Terra e a Lúa?

• Coñeces como se move a Terra? Que consecuencias cresque teñen os seus movementos?

• Que sucede cando a Terra, a Lúa e o Sol se aliñan?

• Que características cres que ten a Terra para que sexa oúnico planeta coñecido que alberga vida?

A Terra

Ao analizar o teu día a día verás que medir o tempo é algofundamental. Necesítalo para organizarte, sincronizar actividadesou programar eventos.

Medir o tempo foi unha preocupación constante do ser humanodesde a antigüidade.

As regularidades astronómicas foron unha das primeiras formasde medir o paso do tempo. Así, as sucesións dos días e dasnoites, das fases lunares ou das estacións eran acontecementosque permitían levar un control do paso do tempo. Este interesedeixou numerosas pegadas que estuda a Arqueoastronomía (http://

www.madrimasd.org/informacionIdi/analisis/analisis/analisis.asp?id=41379).

Acompáñanos ao longo desta unidade e descubrirás que relacióngardan estas sucesións coas características do noso planeta, aTerra.

Page 2: Bioloxía e Xeoloxía 2. A Terra...2 —— P. O noso proxecto O proxecto Antes de meternos de cheo na creación dos módulos da exposición, imos crear entre todos e todas o primeiro

2——

P. O noso proxecto

O proxecto

Antes de meternos de cheo na creación dos módulos da exposición, imos crear entre todos etodas o primeiro deles. Falaremos sobre a alimentación dos astronautas.

Na seguinte unidade crearemos os restantes módulos.

Cando preparas unha viaxe é importante que teñas en conta como organizarás as túascomidas. Podes levar contigo algúns alimentos e auga ou ben mercalos en tendas ourestaurantes.

Non obstante, cando a viaxe que se planea é fóra do noso planeta o modo en que nosalimentamos é ben diferente; descubrirédelo deseguida.

Paso a paso

Page 3: Bioloxía e Xeoloxía 2. A Terra...2 —— P. O noso proxecto O proxecto Antes de meternos de cheo na creación dos módulos da exposición, imos crear entre todos e todas o primeiro

3——

1. Formade grupos de dúas ou tres persoas e seguide estes pasos.

IntroduciónDurante o proxecto «O Universo na aula» seredes divulgadores científicos.

Nesta ocasión tedes de contestar as seguintes preguntas sobre a alimentación dos astronautas, paradeseñardes máis tarde, con esa información, o primeiro módulo da vosa exposición.

PreguntasComo xa sabedes levar unha dieta equilibrada[1] é fundamental para manter un bo estado de saúde. Nocaso dos astronautas esta dieta ten de se adaptar, ademais, ás características propias do espazo. Parasaber máis dela, contestade estas preguntas:

• É importante levar unha dieta equilibrada no espazo?

• Mudan as necesidades nutricionais dos astronautas no espazo?

• Como fan os astronautas para se abasteceren de comida?, poderían cultivar a súa propia comidaen invernadoiros lonxe da Terra?

• Como se conservan os alimentos dos astronautas?

• Que é a ingravidez?, como lles afecta aos astronautas á hora de comeren?

• Por que non poden comer alimentos que produzan faragullas?

RecursosPodedes consultar as seguintes webs para responderdes as preguntas anteriores:

• Alimento espacial (http://curiosidades.batanga.com/5822/como-es-la-dieta-de-los-astronautas)

• A comida no espazo (http://www.esa.int/esaKIDSes/SEMW1S6TLPG_LifeinSpace_0.html)

• Cápsula Dragon (http://www.lanasa.net/news/iss/despega-la-capsula-dragon-rumbo-la-iss/)

• Ingravidez (http://www.esa.int/esaKIDSes/SEM23AXJD1E_LifeinSpace_0.html)

• Así comen os astronautas no espazo (http://safeshare.tv/w/WViYFWtlfP)

• Comida para marcianos (http://www.esa.int/esaKIDSes/SEMU932DU8E_LifeinSpace_0.html)

Estas son tan só algunhas das webs que podedes consultar. Recordade que podedes usar buscadorespara localizardes máis.

A gran preguntaAgora que coñecedes máis polo miúdo a alimentación dos astronautas, contestade: como podería ser unmódulo que lles transmita estes coñecementos aos visitantes da vosa exposición?

Recordade que non tedes que construílo agora, só explicar como sería.

AvaliaciónO módulo que deseñedes ten de dar resposta ás preguntas propostas dun modo ameno. Debe conter,como mínimo:

• Algún elemento que capte a atención do público (fotos de comidas dos astronautas, maquetasou calquera outro elemento que consideredes oportuno),

Page 4: Bioloxía e Xeoloxía 2. A Terra...2 —— P. O noso proxecto O proxecto Antes de meternos de cheo na creación dos módulos da exposición, imos crear entre todos e todas o primeiro

4——

• Unha redacción na que se inclúa a información seleccionada exposta de modo rigoroso, claro eatractivo. Tedes de decidir cal será o texto que conterá e indicar o formato no que se usaría paraa exposición. Algunhas posibilidades son: formato tradicional (papel), dixital (sempre e cando sedispoña dalgún dispositivo electrónico que se poida usar para reproducilo na exposición), gravar unaudio...

O voso traballo será valorado tendo en conta o contido, o estilo, o interese e a orixinalidade.

Excelente(3 puntos)

Ben (2 puntos) Non conseguido(1 punto)

Contido Contestar todasas preguntascorrectamente.

Contestar tres ou máispreguntas.

Contestar menos detres preguntas.

Estilo Contestar as preguntasexpoñendo as ideas demodo claro e ordenado.Usar correctamente alingua escrita.

Contestar as preguntas,pero sen organizar asideas que se expoñen.Cometer algún erros nouso da lingua escrita.

Contestar as preguntasincorrectamente ouexpoñendo as ideas demodo desordenado. Termoitos erros no uso dalingua escrita.

Interese Mostrar interese etraballar activamentedurante toda aactividade.

Mostrar interese etraballar activamente,mais non durante todaa actividade.

Non mostrar interesepola actividade ou benimplicarse pouco notraballo que se realice.

Orixinalidade Propoñer ideasatractivas ou novaspara a realización domódulo.

Propoñer un móduloadecuado para o quese solicita, pero quenon resulta atractivo.

Propoñer un móduloque non se axusta aosobxectivos propostos.

Cada puntuación parcial sumará os puntos indicados entre paréntese. A puntuación final será o resultadode dividir a suma destas puntuacións entre catro.

• Para resultados entre 2,5 e 3 a cualificación final será excelente.

• Para resultados entre 1,5 e 2,5 a cualificación final será ben.

• Para resultados entre 1,5 e 1 a cualificación final será non conseguido.

CréditosTívose en conta información obtida de:

• NASA en español (http://www.lanasa.net/)

• Axencia Espacial Europea (http://www.esa.int/esl/ESA_in_your_country/Spain)

• Wikipedia (https://es.wikipedia.org/wiki/Wikipedia:Portada)

• Televisión de Calvià. MICAAL-TV.

Parabéns a todos e a todas polo voso traballo!

Agora facede unha posta en común das propostas de todos os equipos e decidide cal delas será a querealizaredes para incluír na exposición.

Page 5: Bioloxía e Xeoloxía 2. A Terra...2 —— P. O noso proxecto O proxecto Antes de meternos de cheo na creación dos módulos da exposición, imos crear entre todos e todas o primeiro

5——

Xa estades listos. Organizade o traballo para construírdes o módulo e... mans á obra!

↑ [1] Dieta equilibradaUnha dieta equilibrada é unha forma de alimentarse que achega alimentos en cantidadesaxeitadas para manterse san.

Estes alimentos proporcionan a materia e a enerxía precisas para realizar as funciónsvitais.

Dous exemplos de dietas equilibradas son a dieta mediterránea (http://dietamediterranea.com/) e adieta atlántica (http://www.fundaciondietatlantica.com/).

A pirámide alimentaria mostra os alimentos que debemos consumir e en que cantidades.

Pirámide alimenticia da dieta mediterránea.

Nas diferentes etapas do noso crecemento é necesario adaptar a dieta ás necesidadesdo noso organismo.

Ademáis hai situacións especiais nas que os requerimentos poden cambiar, por exemplocando sufrimos algunhas enferemidades.

Tamén é unha situación especial a saída do noso planeta.

Page 6: Bioloxía e Xeoloxía 2. A Terra...2 —— P. O noso proxecto O proxecto Antes de meternos de cheo na creación dos módulos da exposición, imos crear entre todos e todas o primeiro

6——

1. O nacemento da Terra e a LúaAínda que é difícil precisar con exactitude cando se orixinou o sistema solar, estímase que puido ser haiuns 4.600 millóns de anos.

O Sol formouse a partir dunha nebulosa, a nebulosa protosolar, cando os materiais que a constituíancomezaron a unirse pola acción da gravidade para dar lugar a partículas cada vez máis grandes.

A maioría dos materiais agregouse para dar lugar ao Sol. Os restantes deron lugar a un disco aplanadoque rodeaba a esta estrela moza. A partir dela formáronse o resto dos corpos do sistema solar; incluídas anosa Terra e a Lúa.

A Terra primitiva era unha grande esfera de materiais rochosos que permanecían practicamente fundidosdebido aos choques continuos con outros corpos de menor tamaño propios daquela época. O seu destinocambiou drasticamente cando un planeta do tamaño de Marte, coñecido como Tea, impactou contraela. Este impacto foi tan colosal e violento que parte dos materiais do manto da Terra primitiva foronarrancados e despedidos cara ao espazo xunto con restos de Tea. Estes entullos formaron, pola acción dagravidade, a Lúa, o noso único satélite natural.

Page 7: Bioloxía e Xeoloxía 2. A Terra...2 —— P. O noso proxecto O proxecto Antes de meternos de cheo na creación dos módulos da exposición, imos crear entre todos e todas o primeiro

7——

Esta segunda versión da Terra foi arrefriando moi lentamente, de fóra cara a dentro. Así, os materiais máisdensos afundíronse cara ao centro do planeta, orixinando unha estrutura interna en capas. Así se formou aparte sólida da Terra, é dicir, a xeosfera.

Unha nube de gases rodeaba a Terra, entre eles vapor de auga. Ao se arrefriar a Terra, a temperaturadescenceu por debaixo dos 100 ºC e permitiu que este vapor de auga se condensase. Comezou a chovere apareceu auga líquida, que formaría a hidrosfera (océanos, mares, lagos, ríos, nubes, xeo e neve); osrestantes gases permaneceron como unha capa gasosa que rodea ao planeta, chamada atmosfera.

Uns mil millóns de anos despois da formación da Terra, xurdiu a vida. Todos os seres vivos, xunto coasrelacións que se establecen entre eles e co medio no que viven, forman a biosfera.

Sabías que...?A Terra ten un único satélite natural, a Lúa, que nos acompaña describindo unha órbitaestable. Porén, existen outros compañeiros de viaxe, os casesatélites, que nos podenacompañar só por un tempo limitado. Por exemplo, o asteroide 2014 OL339 (http://

www.europapress.es/ciencia/astronomia/noticia-descubren-cuarto-cuasi-satelite-tierra-20150330173324.html).

Para reflexionar

4. Xustifica a orde dos corpos celestes que propuxeches na actividade anterior.

5. Por que cres que os planetas teñen idades similares? Que pensarías se un planeta tivese unha idademoi diferente ao resto?

6. Cres que os tipos de rochas que compoñen a Lúa e a Terra son semellantes entre si? Por que?

2. Características da TerraA Terra é un dos oito planetas do sistema solar, o máis grande dos rochosos. Ocupa a terceira posiciónmáis próxima ao Sol.

Ten unha forma case esférica e é lixeiramente achatada nos polos.

Page 8: Bioloxía e Xeoloxía 2. A Terra...2 —— P. O noso proxecto O proxecto Antes de meternos de cheo na creación dos módulos da exposición, imos crear entre todos e todas o primeiro

8——

EstruturaEstá formada por catro capas.

XeosferaÉ a esfera rochosa que constitúe a capa de maior grosor. Contén a maioría dos materiais terrestres, desdeas rochas máis superficiais ás que ocupan as zonas máis interiores. Está á súa vez formada por trescapas: o núcleo (interno e externo), o manto e a codia.

AtmosferaÉ unha capa de gases que rodea a Terra. Dentro da atmosfera sitúase a capa de ozono, que impide o pasode parte da radiación ultravioleta emitida polo Sol, o que suaviza os efectos prexudiciais desta.

HidrosferaEstá formada por auga nos seus tres estados: sólido, líquido ou gasoso. Dentro da hidrosfera podemosincluír a auga presente nos océanos, mares, ríos, lagos, augas subterráneas, xeo e neve.

Page 9: Bioloxía e Xeoloxía 2. A Terra...2 —— P. O noso proxecto O proxecto Antes de meternos de cheo na creación dos módulos da exposición, imos crear entre todos e todas o primeiro

9——

BiosferaÉ o conxunto dos seres vivos que habitan o noso planeta. Estes seres poden vivir na hidrosfera, nasuperficie da codia ou na zona inferior da atmosfera. A biosfera inclúe tamén as relacións que se dan entreestes seres vivos e o medio en que habitan. Xa que logo, trátase do ecosistema global.

Estas catro capas non son independentes, senón que se relacionan entre si: as características de cadaunha delas afecta ás demais.

A xeosfera, a atmosfera, a hidrosfera e a biosfera están en contacto permanente unhas coas outras,relaciónanse continuamente e intercambian materia e enerxía.

Podemos atopar multitude de exemplos na natureza. Un deles é o litoral, unha zona na que limitan as catrocapas e interactúan moi activamente. Na seguinte imaxe tes un exemplo:

Interacción das catro capas:1. O mar (hidrosfera) desgasta as rochas (xeosfera); 2. Algúns animais (biosfera) viven ealiméntanse nas rochas (xeosfera); 3. As plantas (biosfera) captan o dióxido de carbono(atmosfera) para faceren a fotosíntese.

Campo magnéticoA Terra compórtase, ademais, como un enorme imán, de modo que queda rodeada por un campomagnético. O polo sur magnético oriéntase aproximadamente cara ao Polo Norte xeográfico, e o norte caraao Polo Sur.

Este campo magnético forma a magnetosfera. A magnetosfera desvía a maior parte do vento solar dexeito que forma un escudo protector fronte ás partículas de alta enerxía procedentes do Sol. A interacciónda magnetosfera co vento solar produce as auroras austrais no Polo Norte e as boreais, no Polo Sur.

Page 10: Bioloxía e Xeoloxía 2. A Terra...2 —— P. O noso proxecto O proxecto Antes de meternos de cheo na creación dos módulos da exposición, imos crear entre todos e todas o primeiro

10——SatélitesA Lúa é o único satélite natural da Terra. É bastante grande se o comparamos coa Terra, xa que o seudiámetro representa case un cuarto do terrestre.

A Lúa non ten atmosfera, polo que a súa superficie presenta numerosos cráteres de impacto orixinadospolo choque de meteoritos. Vista desde a Terra presenta zonas brillantes, correspondentes a zonaselevadas, e outras escuras (ou mares) que son grandes chairas.

A Lúa tarda o mesmo en dar unha volta sobre si mesma que ao redor da Terra, polo que sempre nosmostra a mesma cara. A outra, a cara oculta da Lúa, non é visible desde a Terra.

A Lúa e a Terra interactúan entre si debido ao efecto das súas masas. Dous efectos desta interacción son:

• As mareas, que son cambios periódicos no nivel do mar.

• A Lúa e a Terra frean mutuamente as súas respectivas rotacións. Isto ten dous efectos:• O tempo que invisten en realizar unha rotación completa é cada vez maior.

• A Lúa sepárase da Terra. Cando se formou estaba moito máis preto.

Sabías que...?Desde 1969 podemos medir con grande precisión a distancia que separa a Terra e a Lúa.Podémolo facer grazas a uns reflectores láser colocados na Lúa durante as misións do Apolo.Podes descubrir como funciona lendo este artigo (http://ciencia.nasa.gov/science-at-nasa/2004/21jul_llr/).

Unha da máis importantes conclusións que nos permiten obter estas medidas é que a Lúadescribe unha órbita elíptica ao redor da Terra, afastándose dela 3,8 cm ao ano. Tamén sepensa que a Lúa podería ter un núcleo líquido.

Actividades

Page 11: Bioloxía e Xeoloxía 2. A Terra...2 —— P. O noso proxecto O proxecto Antes de meternos de cheo na creación dos módulos da exposición, imos crear entre todos e todas o primeiro

11——

5. Explica por que non esperarías atopar auga en estado líquido nas dúas opcións que non sinalaches naactividade anterior.

6. Fai un debuxo do sistema solar tomando como referencia a imaxe deste apartado.

Despois contesta:

• Que corpos celestes hai entre o Sol e a Terra?

• Cales se sitúan máis aló da Terra?

7. A Terra está formada por catro capas que se relacionan entre si. Cales son esas capas? Poderías dartres exemplos de interaccións entre esas capas?

8. Que é a magnetosfera?

9. Cita dous efectos das interaccións gravitatorias (debidas á súa masa) entre a Terra e a Lúa.

3. Os movementos da TerraA Terra encóntrase en continuo movemento. Móvese, por exemplo, xunto co resto do sistema solar aoredor do centro da Vía Láctea, ao tempo que esta se despraza polo Universo.

Ademais, a Terra posúe movementos propios. Destacan: a rotación, a translación, a precesión e anutación.

RotaciónÉ o movemento da Terra sobre si mesma. A Terra xira sobre o seu eixe, unha liña imaxinaria que aatravesa desde o Polo Norte ao Polo Sur.

Unha rotación completa da Terra sobre o seu eixe é o que denominamos día. Este, actualmente, duraunhas 24 horas.

Se nos colocamos no Polo Norte podemos observar que a Terra rota en sentido contrario ás agullas doreloxo, é dicir, cara ao leste. Por iso vemos que o Sol sae polo leste e se pon polo oeste.

Consecuencias

Efectos da rotación apreciables durante o día

De observarmos o ceo polo día veremos que o Sol non describe sempre a mesma traxectoria polo ceo.

Visto desde a Terra o percorrido aparente do Sol no ceo, a eclíptica, cambia ao longo do ano. Durante osdías de verán o Sol parece describir unha traxectoria máis ampla.

Page 12: Bioloxía e Xeoloxía 2. A Terra...2 —— P. O noso proxecto O proxecto Antes de meternos de cheo na creación dos módulos da exposición, imos crear entre todos e todas o primeiro

12——

Sabías que...?A eclíptica é a liña curva que describe o movemento do Sol no ceo durante o día.

Dentro do proxecto Time In a Can (http://www.estudioredondo.com/project/proyecto-time-in-a-can/) tomáronsefotografías do Sol desde o solsticio de verán (o día máis longo do ano) ata o solsticio deinverno (o día máis curto do ano). Se queres ver os resultados obtidos, preme aquí (http://

pamplonetario.org/2015/04/las-latas-navarras-de-timeinacan/).

As diferenzas que apreciamos na traxectoria aparente do Sol débense a que o eixe de rotación da Terranon é perpendicular á eclíptica, senón que se atopa 23,5º desviado a respecto dela.

Esta desviación fai que as zonas iluminadas polo Sol non reciban a radiación solar do mesmo modo, unfactor determinante na existencia de estacións.

Page 13: Bioloxía e Xeoloxía 2. A Terra...2 —— P. O noso proxecto O proxecto Antes de meternos de cheo na creación dos módulos da exposición, imos crear entre todos e todas o primeiro

13——

A órbita que describe a Terra ao redor do Sol determina un plano que contén á eclíptica.Polo tanto, o movemento aparente do Sol visto desde a Terra tamén se sitúa neste plano. Oeixe de rotación da Terra non é perpendicular á eclíptica.

Recomendámosche familiarizáreste co movemento aparente do Sol no ceo empregando este simulador(http://astro.unl.edu/naap/motion3/animations/sunmotions.html).

Efectos da rotación apreciables durante a noite

De observarmos o ceo durante a noite, as estrelas parecen moverse. Os únicos puntos da esfera celesteque permanecen fixos son os situados nos polos celestes (os determinados polo eixe de rotación da Terra).A estrela Polaris sitúase practicamente no polo norte celeste, polo que dá a impresión de que non semove; todas as demais estrelas semellan xirar en círculos concéntricos ao redor dela. O mesmo aconteceno hemisferio sur, aínda que neste caso non hai ningunha estrela situada exactamente no polo sur celeste.

Page 14: Bioloxía e Xeoloxía 2. A Terra...2 —— P. O noso proxecto O proxecto Antes de meternos de cheo na creación dos módulos da exposición, imos crear entre todos e todas o primeiro

14——

Podes ver como se suceden os días e as noites empregando este simulador (http://www.solarsystemscope.com/

daylightmap/).

Outros efectos da rotación• Os polos achátanse mentes que o ecuador ensánchase, de modo que a Terra non ten unha

forma esférica perfecta.

• Os ventos e as correntes mariñas desvíanse cara á dereita no hemisferio norte e cara áesquerda no hemisferio sur.

TranslaciónA translación é o movemento que describe a Terra ao dar unha volta ao redor do Sol, é dicir, ao realizarunha órbita completa.

Dura 365 días e 6 horas. Estas 6 horas acumúlanse para sumar, ao cabo de catro anos, un día a ese ano;estes son os anos bisestos.

A órbita da Terra non é circular, é unha elipse[2]. O Sol localízase nun dos focos desta elipse.

Os dous puntos da órbita que coinciden cos extremos do eixe menor chámanse equinoccios e os quecoinciden co eixe maior, solsticios.

O punto da órbita terrestre máis afastado do Sol chámese afelio e acádase o 4 de xullo. Nese momento oSol e a Terra están separados 152,10 millóns de quilómetros.

O punto da órbita terrestre máis próximo ao Sol chámase perihelio e acádase o 3 de xaneiro. A distanciaque separa os dous corpos celestes é de 147,09 millóns de quilómetros.

ConsecuenciasComo vimos anteriormente, o eixe de rotación da Terra non é perpedicular á órbita terrestre. Por tanto,cando nos movemos ao redor do Sol, unha mesma zona da Terra queda exposta á radiación solar dexeito diferente: en ocasións os raios do Sol inciden verticalmente sobre ela mentres que noutras fanooblicuamente.

Page 15: Bioloxía e Xeoloxía 2. A Terra...2 —— P. O noso proxecto O proxecto Antes de meternos de cheo na creación dos módulos da exposición, imos crear entre todos e todas o primeiro

15——

Así, na primavera e no verán recibimos máis horas de luz e os raios inciden máis verticalmente, demaneira que se acadan temperaturas maiores. Pola contra, no outono e no inverno inciden oblicuamente edurante menos horas, facendo que as temperaturas sexan menores.

Por iso en zonas temperadas, como España, existen catro estacións:

• Primavera: comeza o 21 de marzo co equinoccio de primavera. Nos equinoccios a duración do día eda noite son iguais.

• Verán: comeza o 21 de xuño co solsticio de verán.

• Outono: comeza o 23 de setembro co equinoccio de outono.

• Inverno: comeza o 21 de decembro co solsticio de inverno.

Nas latitudes medias nótase máis este efecto. No ecuador, as estacións están máis atenuadas e teñenmáis relación coa época de choivas.

1. Durante os equinoccios (primavera e outono) o día e a noite son iguais.

2. No solsticio de verán o hemisferio norte recibe máis radiación solar. Ademais, os raiosde Sol ilumínannos verticalmente. Correspóndese co día máis longo do ano (do hemisferionorte).

3. No solsticio de inverno o hemisferio norte recibe menos radiación solar. Os raios de Solchegan oblicuos. Correspóndese co día máis curto do ano (do hemisferio norte).

Se pos a atención no hemisferio sur, verás que as estacións cambian.

O movemento de translación fai que unha mesma zona do planeta se vaia expoñendo á radiación solar deformas diferentes ao longo do ano.

Page 16: Bioloxía e Xeoloxía 2. A Terra...2 —— P. O noso proxecto O proxecto Antes de meternos de cheo na creación dos módulos da exposición, imos crear entre todos e todas o primeiro

16——Nesta imaxe sinalamos as estacións correspondentes ao hemisferio norte.

Daquela, a distancia que nos separa do Sol non determina as estacións, senón unha combinación defactores: inclinación do eixe de rotación e movemento de translación.

PrecesiónSe bailas unha buxaina podes observar que xira sobre si mesma, é dicir, rota. Pero de observares conmáis atención o seu movemento, apreciarás que o eixe de rotación non permanece estable.

A Terra, ao igual que a buxaina, sofre un cambio lento e gradual na orientación do seu eixe de rotación.

O eixe desprázase describindo unha circunferencia completa cada 25.776 anos. Este movementodenomínase precesión. Podes ver unha animación (https://es.wikipedia.org/wiki/Precesi%C3%B3n_de_los_equinoccios#/media/

File:Precesi%C3%B3n.gif) na que se aprecia este movemento.

Como consecuencia deste movemento, os polos celestes non permanecen sempre no mesmo lugar. Porexemplo, na actualidade, a estrela Polaris sinala o norte celeste pero isto non foi, nin será, sempre así.

Page 17: Bioloxía e Xeoloxía 2. A Terra...2 —— P. O noso proxecto O proxecto Antes de meternos de cheo na creación dos módulos da exposición, imos crear entre todos e todas o primeiro

17——

NutaciónTrátase dun movemento de vaivén do extremo do eixe de rotación, a medida que describe a circunferenciaorixinada no movemento de precesión.

Actividades

4. Indica brevemente en que consisten os catro movementos principais da Terra.

5. Por que non duran o mesmo os días e as noites ao longo do ano?

6. Sara ten un tío que vive en Sidney, Australia, e quere chamalo. Cres que será boa idea que o chamedespois de merendar?, por que?

7. Sara está pensando en visitar o seu tío de Sidney. Ela pensa que un bo momento para ir é cando nonteña clase, nas vacacións de Nadal. Que tipo de roupa cres que tería de levar na equipaxe?, por que?

8. A Breixo gústalle moito tirar fotografías. A súa habitación ten vistas a unha fermosa serra e estáorientada cara ao leste, así que pensou que podería fotografar varios amenceres de diferentes meses.Cando revisou as fotografía viu que o Sol non sae exactamente polo mesmo sitio.

• Cres que isto é posible?

• Obtería un resultado semellante se fotografase desde un mesmo punto os solpores?

• E se un rapaz do hemisferio sur fixese o mesmo, obería o mesmo resultado?

9. Comproba a predición do sitio web de Meteogalicia (http://www.meteogalicia.es/web/predicion/orto/ortoIndex.action) de ortoe ocaso. Navega por esta ligazón para contestares estas preguntas:

• Cantas horas terá o día de hoxe?

• Cantas horas teñen os días dos equinoccios deste ano?

Page 18: Bioloxía e Xeoloxía 2. A Terra...2 —— P. O noso proxecto O proxecto Antes de meternos de cheo na creación dos módulos da exposición, imos crear entre todos e todas o primeiro

18——

• Cantas horas teñen os días dos solsticios deste ano?

Podes explicar por que se producen estas variacións nas horas de luz ao longo do ano?

↑ [2] ElipseUnha elipse é unha liña curva pechada que queda definida polos seus eixes de simetría,o centro e os focos.

Os eixes de simetría, o eixe maior e o eixe menor, crúzanse no centro da elipse.

Posúe dous puntos equidistantes do centro, denominados focos. A suma das distanciasde calquera dos puntos ao focos é sempre a mesma.

Podes debuxar unha elipse facilmente empregando un cordón e dúas chatolas.

Só debes colocar as chatolas nos puntos onde queiras situar os focos e usar o cordónpara debuxar a elipse.

Page 19: Bioloxía e Xeoloxía 2. A Terra...2 —— P. O noso proxecto O proxecto Antes de meternos de cheo na creación dos módulos da exposición, imos crear entre todos e todas o primeiro

19——

4. A Lúa, compañeira de viaxeA Lúa é o único satélite natural da Terra. É o corpo celeste máis brillante do ceo nocturno, incluso podeser observada durante o día. Porén, non produce luz propia. Podemos observala porque reflicte a luz doSol.

Page 20: Bioloxía e Xeoloxía 2. A Terra...2 —— P. O noso proxecto O proxecto Antes de meternos de cheo na creación dos módulos da exposición, imos crear entre todos e todas o primeiro

20——

A superficie da Lúa ten numerosos cráteres de impacto. Tamén presenta zonas máisescuras, denominadas «mares». Non son mares como os da Terra, senón que se tratade chairas con poucos cráteres de impacto. As zonas máis elevadas, cráteres e cadeasmontañosas, aprécianse de cor máis clara.

CaracterísticasA Lúa é un corpo rochoso formado por un núcleo, o manto e a codia. A superficie da Lúa é de cor gris epresenta unha gran cantidade de po, orixinado durante os numerosos impactos que sufriu.

Ademais, carece de atmosfera e ten unha masa moito menor que a Terra, polo que a forza da gravidade daLúa é menor que a da Terra. Unha persoa na Lúa verá o seu peso reducido case nunha sexta parte e terádificultades para manter o equilibrio.

A Lúa presenta dous movementos principais:

• Rotación, pois xira sobre si mesma.

• Translación, xa que se move ao redor da Terra. Durante este movemento describe unha órbitaelíptica.

Os movementos de rotación e translación da Lúa duran o mesmo, case 28 días. Debido a estacaracterística, a Lúa sempre nos amosa a mesma cara. A outra, a que mira cara ao espazo, denomínasecara oculta da Lúa.

Page 21: Bioloxía e Xeoloxía 2. A Terra...2 —— P. O noso proxecto O proxecto Antes de meternos de cheo na creación dos módulos da exposición, imos crear entre todos e todas o primeiro

21——

A cara oculta da Lúa presenta un aspecto diferente á cara visible.

Para coñeceres algún detalle máis sobre a cara oculta da Lúa preme aquí (http://www.abc.es/ciencia/20150210/abci-

aspecto-cara-oculta-luna-201502101402.html).

Fases lunaresAs fases da Lúa (https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/transcoded/e/e6/Moon_Phase_and_Libration%2C_2013.ogv/

Moon_Phase_and_Libration%2C_2013.ogv.360p.webm) son as diferentes iluminacións que se poden observar, desde aTerra, do noso satélite.

A Lúa é un corpo case esférico, polo que en calquera momento a metade da superficie lunar estáiluminada polo Sol. Así e todo, a fracción iluminada que se pode observar desde a Terra vai variando aomudar a posición relativa do noso satélite, a Terra e o Sol.

Ao describir a súa órbita, prodúcese un cambio gradual na parte iluminada que vemos desde a Terra, naque se distinguen catro fases principais:

• Lúa nova: a Lúa non pode verse a simple vista. A Lúa sitúase entre o Sol e a Terra.

• Cuarto crecente: podemos ver unha metade da parte iluminada. A Lúa, o Sol e a Terra forman unángulo recto.

• Lúa chea: a Lúa vese totalmente iluminada. A Terra está situada entre o Sol e a Lúa.

• Cuarto minguante: podemos ver a outra metade da Lúa. A Lúa, o Sol e a Terra forman un ángulorecto.

Tras o cuarto minguante comezará un novo ciclo coa lúa nova. Este ciclo complétase aproximadamentecada 29 días e medio.

Page 22: Bioloxía e Xeoloxía 2. A Terra...2 —— P. O noso proxecto O proxecto Antes de meternos de cheo na creación dos módulos da exposición, imos crear entre todos e todas o primeiro

22——

Sabías que...?Para saber en que fase se encontra a Lúa non tes máis que recordar que nos «mente». Seobservamos que ten forma de D estará crecendo (crecente), mentres que se presenta formade C, estará a decrecer (minguante).

A porción da parte iluminada que vemos dende a Terra varía de forma gradual.

- Imaxes 1 e 9: lúa nova (a Lúa non é visible),

- Imaxe 3: cuarto crecente,

- Imaxe 5: lúa chea,

- Imaxe 7: cuarto minguante.

Observa que para que a Lúa se atope nunha mesma fase consome un pouco máis do tempoque lle leva completar unha órbita. Este pequeno desfase débese a que a traxectoria da Lúaé elíptica.

Podes coñecer mellor as fases da Lúa practicando con este simulador (http://astro.unl.edu/naap/lps/animations/lps.swf).

EclipsesA Lúa presenta un movemento moi complexo. O plano que contén á súa órbita está desviado con respectoao que contén á órbita da Terra, polo que durante as fases lunares se producen aliñamentos, mais non sonperfectos.

Nos momentos en que os tres corpos celestes quedan perfectamente aliñados prodúcense eclipses.

Unha eclipse é a ocultación dun corpo celeste porque diante del se interpón outro.

Eclipses de Lúa

Page 23: Bioloxía e Xeoloxía 2. A Terra...2 —— P. O noso proxecto O proxecto Antes de meternos de cheo na creación dos módulos da exposición, imos crear entre todos e todas o primeiro

23——

O Sol ilumina a Terra e esta, como calquera outro corpo, proxecta unha sombra. Se a Lúa se sitúa dentrodesa sombra deixará de ser iluminada directamente polo Sol.

A sombra que proxecta a Terra pode dividirse en dúas partes:

• a umbra, está formada por un cono no que a luz non chega directamente.

• a penumbra, está formada por unha zona que rodea a zona de umbra na que a luz é bloqueada sóparcialmente.

As eclipses de Lúa prodúcense cando a Terra se sitúa entre o Sol e a Lúa, quedando os tres corposperfectamente aliñados ou moi próximos a esta posición.

Poden ser:

• Penumbral: se a Lúa se sitúa na zona de penumbra. Nestas eclipses observamos unescurecemento da superficie da Lúa.

• Parcial: se só unha parte da Lúa se sitúa na zona de umbra.

• Total: se é toda a Lúa a que fica situada dentro da zona de umbra.

Page 24: Bioloxía e Xeoloxía 2. A Terra...2 —— P. O noso proxecto O proxecto Antes de meternos de cheo na creación dos módulos da exposición, imos crear entre todos e todas o primeiro

24——

Sabías que...?A atmosfera terrestre ten unha grande importancia durante as eclipses de Lúa. Se nonexistise veriamos, durante as eclipses totais, como a Lúa desaparecería. Porén, o queacontece é que a Lúa totalmente eclipsada se volve de cor avermellado debido á luzque refracta a atmosfera da Terra. Debido a esta característica, a este tipo de eclipseschámamolos ás veces «lúas de sangue».

Eclipse de SolAs eclipses de Sol prodúcense cando a Lúa se sitúa entre o Sol e a Terra, proxectando sobre esta unhasombra. Aquí (https://es.wikipedia.org/wiki/Eclipse_solar#/media/File:SolarEclipse2013Nov03H.GIF) podes ver unha animación doeclipse de Sol que houbo o 3 de novembro do 2013.

Page 25: Bioloxía e Xeoloxía 2. A Terra...2 —— P. O noso proxecto O proxecto Antes de meternos de cheo na creación dos módulos da exposición, imos crear entre todos e todas o primeiro

25——

Desde a Terra percibimos unha eclipse como a ocultación total ou parcial do Sol. Pode ser:

• Parcial: a Lúa non cobre por completo o disco solar, que adquirirá a mesma forma que a Lúacrecente.

• Anular: o disco solar toma forma de anel.

• Total: a Lúa cobre totalmente o Sol. As eclipses totais só son visibles para observadores que sesitúan na franxa da Terra pola que se despraza a sombra da Lúa.

Podes ver como se producen as eclipses empregando simuladores como este (http://highered.mheducation.com/

olcweb/cgi/pluginpop.cgi?it=swf::640::480::/sites/dl/free/007299181x/220730/eclipse_interactive.swf::Eclipse%20Interactive).

MareasA Lúa e o Sol exercen unha atracción gravitatoria sobre a Terra que provoca oscilacións periódicas nonivel do mar, chamadas mareas.

Por tanto, existen dous tipos de mareas:

• As mareas solares, influenciadas polo Sol.

• As mareas lunares, provocadas pola Lúa.

Debido á súa proximidade, a Lúa é a principal causante das mareas. Atrae a masa de auga sobre a que sesitúa. No lado oposto do planeta tamén se produce unha elevación do nivel das augas debido á acción darotación terrestre.

O Sol está moito máis afastado da Terra que a Lúa, pero é un corpo tan masivo que tamén inflúe nasmareas. Ten un efecto semellante ao da Lúa aínda que máis feble.

Debido a estas forzas de atracción, o nivel do mar varía periodicamente entre:

• a preamar, a auga do mar acada a altura máxima dentro do ciclo de mareas; e

• a baixamar, cando a auga acada a altura mínima.

Nun día sucédense dúas preamares e dúas baixamares.

A posición relativa da Terra, o Sol e a Lúa afecta ás mareas. Deste modo prodúcense:

• Mareas vivas, cando os tres corpos celestes están aliñados. Os efectos da marea lunar e da solarsúmanse. Neste caso, a diferenza entre a altura que a auga acada durante a preamar e a baixamaré máxima.

• Mareas mortas, cando os ditos corpos forman un ángulo recto. Neste caso ambas as mareasse contrarrestan. A diferenza entre a altura que a auga acada durante a preamar e a baixamar émínima.

Page 26: Bioloxía e Xeoloxía 2. A Terra...2 —— P. O noso proxecto O proxecto Antes de meternos de cheo na creación dos módulos da exposición, imos crear entre todos e todas o primeiro

26——

Sabías que...?A atracción gravitatoria que exercen a Lúa e o Sol sobre a Terra afecta a mares e océanos,pero tamén ao resto do planeta. A parte sólida da Terra sofre leves deformacións mentres quea atmosfera sofre grandes deformacións.

Podes observar como se producen as mareas nesta animación (http://astro.unl.edu/classaction/animations/lunarcycles/

tidesim.html).

Actividades

3. Fai debuxos nos que se representen:

• As catro fases principais da Lúa

• Unha eclipse de Sol

• Unha eclipse de Lúa

4. A Lúa tarda o mesmo tempo en dar unha volta sobre si mesma que ao redor da Terra.

Para imitar este movemento fai o seguinte: colócate de pé en fronte dunha cadeira, mirando cara a ela.Mantendo esta posición, dá unha volta movéndote en círculo ao redor dela sen perderes nunca de vista oseu centro.

Agora contesta:

• Décheslle algunha vez as costas á cadeira?

Page 27: Bioloxía e Xeoloxía 2. A Terra...2 —— P. O noso proxecto O proxecto Antes de meternos de cheo na creación dos módulos da exposición, imos crear entre todos e todas o primeiro

27——

• Deches unha volta ao redor da cadeira, pero deches tamén unha volta sobre ti mesmo?

• Tendo en conta o que aprendiches con esta experiencia, podes explicar por que a Lúa ten unhacara oculta?

5. En que fase se encontra a Lúa durante unha eclipse de Lúa? Sería posible unha eclipse de Lúa duranteoutra fase?

6. En que fase se encontra a Lúa durante unha eclipse de Sol? Sería posible unha eclipse de Sol duranteoutra fase?

7. Investiga na web cando será o próximo eclipse de Sol e de Lúa. Podes, por exemplo, usar a páxina daNASA (http://eclipse.gsfc.nasa.gov/eclipse.html).

8. Como cres que verá un astronauta unha eclipse de Sol desde o espazo?

9. Visita Meteogalicia (http://www.meteogalicia.es/web/predicion/maritima/mareasIndex.action) e investiga sobre as mareas eas lúas. Selecciona unha das zonas do litoral galego e preme sobre Evolución da marea para estudar agráfica da altura que acada o nivel do mar ao longo do mes en que nos atopamos.

• Vendo esta gráfica, cres que as mareas seguen un ciclo?

• Que días cres que houbo mareas vivas? Por que se producen as mareas vivas?

• En que días se produciron mareas mortas? Por que se crean as mareas mortas?

• Que altura acadaron a preamar e a baixamar nestes días?

• Con que fases da Lúa coinciden as mareas vivas?, e as mortas? Volve entrar na páxina deMeteogalicia sobre mareas e lúas, e comproba se estás no certo.

5. Un planeta habitadoA Terra é un planeta singular, xa que é o único onde se coñece a existencia de vida. A continuación,veremos as principais características da Terra que o fan posible.

Posúe auga en estado líquidoA distancia que nos separa do Sol determina a enerxía que recibimos desta estrela en forma de luz e calor.O noso planeta está a unha distancia do Sol intermedia, polo que se dan temperaturas suaves (15 ºC demedia).

Con estas temperaturas é posible a existencia de auga nos seus tres estados: sólido, líquido e gasoso. Aauga en estado líquido é imprescindible para a vida tal e como a coñecemos. Nela realízanse as reacciónsquímicas do noso metabolismo. É tal a importancia da auga que a súa carencia provoca a morte dos seresvivos.

Posúe un satélite de gran tamañoA Lúa ten varios efectos:

• Equilibra o eixe de rotación da Terra, de maneira que o clima se estabiliza. Por outro lado, ainclinación do eixe é a responsable da existencia de estacións. Se desaparecese a Lúa o climasería inestable e desaparecerían as estacións.

Page 28: Bioloxía e Xeoloxía 2. A Terra...2 —— P. O noso proxecto O proxecto Antes de meternos de cheo na creación dos módulos da exposición, imos crear entre todos e todas o primeiro

28——

• Frea a rotación da Terra. De non ser así produciríanse efectos como o acurtamento dos días ou quehabería ventos máis fortes.

• Inflúe sobre as mareas, de grande importancia para moitos organismos mariños.

• É unha importante fonte de iluminación ás noites.

• Protexe dos impactos de meteoritos.

Posúe atmosferaA Terra ten un tamaño axeitado para que poida reter unha capa de gases ao seu redor, por mor da súagravidade: a atmosfera. Cómpre destacar:

• Actúa como un escudo protector fronte ao impacto de meteoritos de pequenas dimensións, xa quese desintegran ao atravesala.

• Non é moi densa, polo que a luz do Sol pode alcanzar a superficie do planeta. Esta enerxíaluminosa é transformada en enerxía química polas plantas e outros organismos mediante afotosíntese. Desta maneira, a enerxía queda almacenada nos organismos fotosintéticos e vaipasando a outros organismos, grazas ás relacións de alimentación.

• Posúe unha zona rica en ozono (a capa de ozono) que bloquea os raios UV, moi prexudiciais paraos seres vivos.

• É rica en osíxeno, un gas que permite o desenvolvemento do proceso vital da respiración, presentetanto en animais como vexetais actuais.

• Axuda a regular a temperatura mediante o efecto invernadoiro, producido por gases como o dióxidode carbono presentes na atmosfera. Este proceso mantén a temperatura da Terra en valoresestables.

Sabías que...?O efecto invernadoiro é un proceso natural necesario para manter as temperaturas envalores propicios para a vida. Porén, nos últimos anos, algunhas actividades do ser humanoincrementaron a concentración dos gases de efecto invernadoiro, interferindo no equilibrionatural de regulación da temperatura.

Posúe magnetosferaA Terra compórtase como un enorme imán. O campo magnético que se estende nunha ampla zona ao seuredor formando a magnetosfera.

Ademais de luz e calor, o Sol proxecta cara ao sistema solar partículas cargadas, que constitúen o ventosolar. A magnetosfera interactúa e desvía o vento solar que sería daniño para a vida.

Posúe unha composición química axeitadaNa Terra están presentes todos os compostos químicos que forman parte dos seres vivos en cantidadesadecuadas. Estes compoñentes son, principalmente: carbono, hidróxeno, osíxeno e nitróxeno.

Actividades

Page 29: Bioloxía e Xeoloxía 2. A Terra...2 —— P. O noso proxecto O proxecto Antes de meternos de cheo na creación dos módulos da exposición, imos crear entre todos e todas o primeiro

29——

1. Fai un esquema de chaves no que recollas os factores que fan posible a vida na Terra.

2. A astrobioloxía é unha ciencia que estuda a existencia e a orixe da vida no Universo.

Nesta actividade propoñémosvos que vos poñades na pel dun astrobiólogo e debatades sobre se credesque pode existir vida fóra da Terra.

En primeiro lugar, cada un de vós terá de investigar sobre esta disciplina e sobre a posibilidade de queexista vida fóra da Terra. Podedes usar libros, revistas científicas ou a Internet. Ide anotando as cuestiónsque consideredes máis importantes, así como a fonte en que atopedes esas informacións.

Despois propoñémosvos que fagades un debate na aula: estamos sós no Universo?

Facede dous grupos: un cos que opinedes que si e outro cos que pensedes que non é tal. Durante odebate, cada grupo expoñerá os seus argumentos, que poderán ser rebatidos polo outro grupo.

6. Na prácticaA continuación propoñémosche unha serie de actividades prácticas relacionadas cos contidos da unidade.

Na práctica

Péndulo de Foucault

Nesta práctica propoñémosvos a construción dun péndulo de Foucault para demostrar aexistencia do movemento de rotación terrestre.

Materiais

• Un soporte

• Un chumbo (de pesca) ou outro obxecto de características semellantes

• Fío resistente

• Cartolina

• Lámina de cortiza ou material de características semellantes

• Unha chatola

• Tesoiras, pegamento, lapis e caderno para tomar anotacións.

Procedemento

Construíde un péndulo atando un fío no soporte e colocando o chumbo no extremo libre, demodo que non toque a mesa.

Debuxade unha circunferencia grande na cartolina, duns 15 centímetros de radio.

Page 30: Bioloxía e Xeoloxía 2. A Terra...2 —— P. O noso proxecto O proxecto Antes de meternos de cheo na creación dos módulos da exposición, imos crear entre todos e todas o primeiro

30——

Podedes construílo axudándovos da chatola e un anaco de fío. Tedes que atar un extremodo fío á chatola e o outro a un lapis. Cravade a chatola na cartolina, no punto onde queiradesque se sitúe o centro da circunferencia. Tensade o fío e ide debuxando a circunferencia.

Recortade o círculo e cravádeo, polo centro, na lámina de cortiza. Non cravedes ousuxeitedes con demasiada forza, para que o poidamos xirar.

Debuxade e recortade dous bonecos na cartolina que vos sobrou. Facédelle unha pequenadobra na parte inferior e pegade un no círculo de cartolina e outro sobre a cortiza. Osbonecos serán dous observadores.

Colocade a lámina de cortiza baixo o soporte. Levantade o chumbo, soltádeo e deixádeooscilar libremente. Mentres se move, ide xirando o círculo.

Podedes basearvos nesta imaxe.

Conclusións

• Como ve o movemento do péndulo o observador 1?

• Como ve o movemento do péndulo o observador 2?

• Se fixésemos a grande escala un péndulo como o que construístes, ficaría demostradoque a terra está rotando?, por que?

Coa información que recollades durante esta experiencia elaborade un informe final en quedescribades os materiais empregados e o procedemento seguido, as observacións realizadase as vosas conclusións. Recordade que podedes engadir esquemas ou fotografías. Podedesrealizalo en formato papel ou dixital.

Page 31: Bioloxía e Xeoloxía 2. A Terra...2 —— P. O noso proxecto O proxecto Antes de meternos de cheo na creación dos módulos da exposición, imos crear entre todos e todas o primeiro

31——

Na práctica

Ángulo de incidencia da luz

O obxectivo desta práctica é comprobar se o ángulo de influencia da luz afecta á temperaturadun corpo.

Partimos da hipótese de que se a luz incide verticalmente sobre un obxecto, este acadarátemperaturas máis elevadas que se o fixese oblicuamente.

Materiais

• Un flexo

• Un termómetro

• Unha regra ou cinta de medir

• Un cronómetro

• Papel e lapis para tomar notas

Procedemento

Formade grupos, cada un fará o seguinte:

• Medide a temperatura ambiente.

• Acendede o flexo, colocade a lámpada de modo que ilumine directamente a mesa. Osraios de luz formarán un ángulo recto coa superficie da mesa. Medide a distancia entrea lámpada e a mesa.

Colocade un termómetro na zona iluminada e cronometrade tres minutos. Nese momentomirade a temperatura que marca o termómetro e anotádea.

• Repetide a operación, pero inclinando a lámpada e colocando o termómetro na zonailuminada, á mesma distancia que medistes no caso anterior. Podedes empregar algúnobxecto para levantardes o termómetro.

Conclusións

Page 32: Bioloxía e Xeoloxía 2. A Terra...2 —— P. O noso proxecto O proxecto Antes de meternos de cheo na creación dos módulos da exposición, imos crear entre todos e todas o primeiro

32——

Recollede as tres medidas de temperatura que realizou cada equipo nunha táboa como esta.En cada cadro anotaredes os datos de cada un dos grupos, podedes engadir tantas ringleirascomo precisedes. Calculade o aumento de temperatura restando a temperatura en cada casomenos a temperatura ambiente.

Temperaturaambiente

Temperaturanocaso1

Aumentodetemperaturanocaso1

Temperaturanocaso2

Aumentodetemperaturanocaso2

... ... ... ... ...

Analizade entre todos e todas estes resultados e contestade:

• Aumentou a temperatura no caso 1?

• Aumentou a temperatura no caso 2?

• En que caso aumentou máis a temperatura?

• Con base nestes datos credes que podemos aceptar a hipótese inicial: se a luz íncidedirectamente sobre un obxecto, este acadará temperaturas máis elevadas que se ofixese oblicuamente?

Credes que o que observastes no laboratorio pode acontecer a grande escala na Terra, aoser iluminada pola luz do Sol? Garda isto algunha relación coa existencia de estacións?

Na práctica

Construción dun reloxo de sol de tipo ecuatorial

A medida do tempo é fundamental para o ser humano. Unha forma de medilo é usar omovemento aparente do Sol. Nesta práctica propoñémosche que constrúas un reloxo de solecuatorial.

Estes reloxos están formados por dous elementos fundamentais:

• Un taboleiro con dúas caras onde se marcan as horas, que orientaremos paralelo aoecuador.

• Un gnomon, que é un obxecto que proxecta unha sombra; orientarémolo paralelo aoeixe de rotación da Terra.

Materiais

• Lapis, tesoiras, pegamento

• Folios e impresora

• Unha cartolina grande

Page 33: Bioloxía e Xeoloxía 2. A Terra...2 —— P. O noso proxecto O proxecto Antes de meternos de cheo na creación dos módulos da exposición, imos crear entre todos e todas o primeiro

33——

• Un compás

Procedemento

1. Para construíres o taboleiro e o gnomon, descarga e imprime estes documentos:

• Taboleiro

• Gnomon

1. Podes amplialos se queres construír un reloxo máis grande. Pega os folios queimprimiches sobre unha cartolina, para lle dar maior resistencia ao teu reloxo.

2. Recorta o triángulo e o cadrado.

3. Dobra o cadrado pola liña que separa a cara de primavera-verán da de outono-inverno.

4. Fai uns cortes nas zonas marcadas e encaixa as dúas pezas. As 12 han coincidir coarañura.Ten en conta tamén que no hemisferio norte a cara de primavera-verán ten demirar cara ao norte.

5. Localiza o norte usando o compás e orienta o teu reloxo como se mostra na imaxe.

6. Para leres a hora observa a sombra que se proxecta sobre o taboleiro; obterás ahora solar. Ten en conta que para obteres a hora oficial terás de sumar unha hora noinverno e dúas no verán.

Observa que:

• O taboleiro é un triángulo rectángulo no que un dos seus ángulos, que apoiaremos nochan, ten a latitude do lugar onde se vai colocar o reloxo.

Para este imprimible usamos a latitude de Santiago de Compostela, aproximadamente 43º.

Se vas usar o reloxo noutro lugar, no que a latitude sexa diferente, terás que debuxar outrotriángulo co ángulo axeitado. Podes averiguar a latitude dun punto, por exemplo, empregandoGoogle Maps (https://www.google.es/maps/). Para iso, localiza o lugar que che interesa, amplía omapa e pulsa sobre o marcador co botón dereito para seleccionar a opción «que hai aquí?».Así poderás acceder ás coordenadas exactas. Anota o valor da latitude.

• Os taboleiros teñen divisións de 15º. Isto débese a que a Terra inviste 24 horas enfacer un xiro completo, é dicir, 360º. Tendo isto en conta podemos calcular que cadahora nos movemos 15º.

Page 34: Bioloxía e Xeoloxía 2. A Terra...2 —— P. O noso proxecto O proxecto Antes de meternos de cheo na creación dos módulos da exposición, imos crear entre todos e todas o primeiro

34——

Conclusións

• Por que cres que o reloxo ten dúas caras?

7. Ao peche

Que aprendiches?1. Copia e completa no teu caderno unha táboa como esta para valorar o teu traballo.

Que aprendiches sobre a formación da Terra e oseu único satélite natural?, como se formaron?

...

Que aprendiches sobre a estrutura da Terra?,cales son as súas principais características?,cales destas características fan posible que naTerra poida existir vida?

...

Que aprendiches sobre o movemento daTerra?, cantos son?, en que consisten?, queconsecuencias teñen?

...

Que aprendiches sobre as fases lunares?, por quese orixinan?

...

Que aprendiches sobre as mareas?, por que seproducen?

...

Que aprendiches sobre as eclipses?, queacontece cando se aliñan Terra, Sol e Lúa?

...

2. Organiza as túas ideas completando este esquema.

Avalíate

Page 35: Bioloxía e Xeoloxía 2. A Terra...2 —— P. O noso proxecto O proxecto Antes de meternos de cheo na creación dos módulos da exposición, imos crear entre todos e todas o primeiro

35——

A continuación, mostrámosche algunhas actividades para avaliarte. Dispós de tres intentos para superarcada actividade.

Reforza

Amplía1. Investiga quen son Selene e Tea na mitoloxía grega. Que relación gardan cos contidos da unidade?

2. Johannes Kepler foi un astrónomo de enorme relevancia. El mesmo dixo: Medín os ceos, e agora assombras mido.

Kepler comprobou que os planetas se moven describindo órbitas elípticas ao redor do Sol, que fica situadonun dos seus focos. Tamén observou que os planetas se moven máis rápido cando están máis preto doSol.

Nesta actividade propoñémosche que coñezas un pouco mellor a súa figura realizando unha biografía.

Unha biografía é unha narración sobre a vida dunha persoa. Terás de reunir e anotar información relevanteda súa vida: data e lugar de nacemento e falecemento, datos sobre a súa familia, sucesos destacados dasúa vida, estudos, logros e todos aqueles datos que consideres relevantes.

Actividades de síntese1. Medir o tempo foi unha preocupación constante do ser humano. Por iso, desde a antigüidadeobservamos fenómenos periódicos que nos permiten controlar o paso do tempo.

Di se os seguintes fenómenos son periódicos e explica por que se producen:

• O día e a noite

• As estacións

• As fases lunares

• As mareas

Page 36: Bioloxía e Xeoloxía 2. A Terra...2 —— P. O noso proxecto O proxecto Antes de meternos de cheo na creación dos módulos da exposición, imos crear entre todos e todas o primeiro

36——

GlosarioCampo magnéticoZona do espazo na que se manifestan os efectos magnéticos producidos por imáns oupor cargas eléctricas en movemento.

EcosistemaConxunto de seres vivos (biocenose) e o medio físico (biotopo) que os rodea e todas asrelacións que se establecen entre eles.

Forza de gravidadeA materia, formada por átomos, interactúa de maneira que se atrae entre si. Canta máismateria teña un obxecto, maior será esta forza de atracción. Tamén inflúe a distancia áque se sitúan os obxectos: canto máis cerca estiveren uns dos outros, máis se atraerán.

A esta forza de atracción denominámola forza da gravidade. É responsable, porexemplo, de que unha mazá sexa atraída por un obxecto enorme como a Terra; por iso,se soltamos unha mazá esta caerá ao chan.

FotosínteseReacción química que desenvolven algúns organismos autótrofos, como plantas, algasou algunhas bacterias, mediante a cal captan enerxía luminosa e a transforman enenerxía química, pola síntese de materia orgánica.

Este proceso permite fixar dióxido de carbono da atmosfera, liberando osíxeno cara aela.

MetabolismoConxunto de reaccións químicas que ocorren dentro dos organismos. Estas reacciónsson a base da vida, xa que fan posible que estes poidan realizar as súas funcións vitais:nutrición, relación e reprodución.

NebulosaRexións do medio interestelar nas que se acumulan gases e po. As nebulosas son oslugares nos que se forman as estrelas ao agregarse a materia que as forma.

ÓrbitaTraxectoria que describe un corpo no espazo causada pola acción gravitatoria doscorpos celestes.

As órbitas dos planetas son elipses. O Sol non se sitúa no centro desta elipse, senón nundos seus focos.

OzonoGas formado por tres átomos de osíxeno. Filtra a gran parte da radiación ultravioletaprocedente do Sol, o que permite a vida superior.

Page 37: Bioloxía e Xeoloxía 2. A Terra...2 —— P. O noso proxecto O proxecto Antes de meternos de cheo na creación dos módulos da exposición, imos crear entre todos e todas o primeiro

37——

PlanoSuperficie imaxinaria lisa e sen relevos que contén todos os obxectos que se atopan ámesma altura.

Polo celesteSon dous puntos, un no norte e outro no sur, situados sobre a prolongación do eixe derotación da Terra.

LigazónsOs tropezóns dos astronautas na Lúa (http://www.abc.es/ciencia/20140904/abci-astronautas-tropezaban-tanto-luna-201409041058.html)

Auga líquida en Marte (http://www.elmundo.es/ciencia/2015/04/13/552bdf5e22601dd2668b4578.html)

Simulador da NASA (http://goo.gl/bGGs6j)

Créditos© Netex Knowledge Factory S.A. 2019 (http://www.netexlearning.com/editoriales/)

Contidos licenciados para o proxecto e-dixgal.Todos os dereitos reservados. Non está permitida a reprodución total ou parcial destapublicación nin o seu tratamento informático, nin a transmisión de ningunha forma oupor calquera medio, xa sexa electrónico, mecánico, por rexistro ou outros medios, sen opermiso previo e por escrito dos titulares do copyright.Os titulares non se responsabilizan da persistencia ou da exactitude dos enderezosURL dos sitios web de terceiros mencionados nesta publicación, nin garante que estescontidos se manteñan, sexan precisos ou axeitados.Autora dos contidos: María Jesús Blanco Vázquez.Asesora didáctica: Susana Vázquez Martínez.Revisor técnico: Santiago Montero Vilar.Cuarta edición: setembro de 2019.