AS VANGARDAS - edu.xunta.gal 11B. A PRESENZA DAS... · A liberdade creativa é o maior valor do...
Transcript of AS VANGARDAS - edu.xunta.gal 11B. A PRESENZA DAS... · A liberdade creativa é o maior valor do...
![Page 1: AS VANGARDAS - edu.xunta.gal 11B. A PRESENZA DAS... · A liberdade creativa é o maior valor do artista. Tratan de ... que bailen polas brancas estradas do mundo. solto, por fin,](https://reader034.fdocuments.mx/reader034/viewer/2022052319/5be353c509d3f2ad378b9d67/html5/thumbnails/1.jpg)
AS VANGARDAS➢ Son correntes estéticas internacionais (1910 – 1930). Tamén se coñecen co nome de ismos: futurismo, dadaísmo, surrealismo, creacionismo, cubismo...➢ Abrangueron distintas artes: a arquitectura (rañaceos), escultura (volumes puros de Picasso), pintura (obras de Dalí, Miró, Picasso...), a música e a literatura.➢ Teñen un afán de ruptura contra a arte e a literatura tradicional e un sentido lúdico e transgresor.➢ Supresión da lóxica na sintaxe, que se fai irracional e libre de toda norma. A liberdade creativa é o maior valor do artista. Tratan de reflectir as libres asociacións do subconsciente, as experiencias oníricas.➢ A arte non debe imitar a realidade, senón que ten que ser autónoma. Debe buscar a novidade e a orixinalidade.➢ Presentáronse publicamente mediante manifestos e proclamas e o seu percorrido foi curto.
![Page 2: AS VANGARDAS - edu.xunta.gal 11B. A PRESENZA DAS... · A liberdade creativa é o maior valor do artista. Tratan de ... que bailen polas brancas estradas do mundo. solto, por fin,](https://reader034.fdocuments.mx/reader034/viewer/2022052319/5be353c509d3f2ad378b9d67/html5/thumbnails/2.jpg)
FUTURISMO• Creado polo italiano Marinetti.• Exalta a modernidade, a velocidade, as máquinas e o progreso.• En literatura tende á destrución da sintaxe e da puntuación para gañar en dinamismo.
![Page 3: AS VANGARDAS - edu.xunta.gal 11B. A PRESENZA DAS... · A liberdade creativa é o maior valor do artista. Tratan de ... que bailen polas brancas estradas do mundo. solto, por fin,](https://reader034.fdocuments.mx/reader034/viewer/2022052319/5be353c509d3f2ad378b9d67/html5/thumbnails/3.jpg)
L. Balla: A nena que correpolo balcón.
![Page 4: AS VANGARDAS - edu.xunta.gal 11B. A PRESENZA DAS... · A liberdade creativa é o maior valor do artista. Tratan de ... que bailen polas brancas estradas do mundo. solto, por fin,](https://reader034.fdocuments.mx/reader034/viewer/2022052319/5be353c509d3f2ad378b9d67/html5/thumbnails/4.jpg)
MarinettiDeus vehemente dunha raza de aceiro,
automóbil ebrio de espazo,que choras cheo de angustia, co freo nos dentes
estridentes!Oh formidable monstro xaponés de ollos
de fragua,nutrido de lapas e aceites minerais,
famento de horizontes e presas sideraiso teu corazón expándese no seu taf-taf
diabólicoque os teus rexos pneumáticos se inchen
para as danzasque bailen polas brancas estradas do mundo.
solto, por fin, as túas bridas metálicas...Lánzaste
con embriaguez ao Infinito liberador
![Page 5: AS VANGARDAS - edu.xunta.gal 11B. A PRESENZA DAS... · A liberdade creativa é o maior valor do artista. Tratan de ... que bailen polas brancas estradas do mundo. solto, por fin,](https://reader034.fdocuments.mx/reader034/viewer/2022052319/5be353c509d3f2ad378b9d67/html5/thumbnails/5.jpg)
CUBISMO• Descompón a realidade e recompona de novo mediante formas xeométricas.• Utiliza a técnica da colaxe. • En literatura utiliza orixinais disposións tipográficas (caligramas de G. Apollinaire), alusións a conceptos espaciais...
![Page 6: AS VANGARDAS - edu.xunta.gal 11B. A PRESENZA DAS... · A liberdade creativa é o maior valor do artista. Tratan de ... que bailen polas brancas estradas do mundo. solto, por fin,](https://reader034.fdocuments.mx/reader034/viewer/2022052319/5be353c509d3f2ad378b9d67/html5/thumbnails/6.jpg)
![Page 7: AS VANGARDAS - edu.xunta.gal 11B. A PRESENZA DAS... · A liberdade creativa é o maior valor do artista. Tratan de ... que bailen polas brancas estradas do mundo. solto, por fin,](https://reader034.fdocuments.mx/reader034/viewer/2022052319/5be353c509d3f2ad378b9d67/html5/thumbnails/7.jpg)
SURREALISMO• Liderado por André Breton.• A arte debe expresar o subconsciente, os soños e as emocións máis íntimas.• A literatura é un instrumento de liberación: escrita automática liberada da lóxica e da razón, imaxes irracionais e símbolos..
![Page 8: AS VANGARDAS - edu.xunta.gal 11B. A PRESENZA DAS... · A liberdade creativa é o maior valor do artista. Tratan de ... que bailen polas brancas estradas do mundo. solto, por fin,](https://reader034.fdocuments.mx/reader034/viewer/2022052319/5be353c509d3f2ad378b9d67/html5/thumbnails/8.jpg)
Marc Chagall: Eu e a aldea
![Page 9: AS VANGARDAS - edu.xunta.gal 11B. A PRESENZA DAS... · A liberdade creativa é o maior valor do artista. Tratan de ... que bailen polas brancas estradas do mundo. solto, por fin,](https://reader034.fdocuments.mx/reader034/viewer/2022052319/5be353c509d3f2ad378b9d67/html5/thumbnails/9.jpg)
DADAÍSMO• Nace en Suíza con Tristan Tzara. Movemento moi provocador.• Negación de todo, concibe a arte como puro xogo. É o azar quen crea unha obra de arte (un cadro, un poema...).• Pretende plasmar o caos e o absurdo que sente o artista ante a situación mundial.
![Page 10: AS VANGARDAS - edu.xunta.gal 11B. A PRESENZA DAS... · A liberdade creativa é o maior valor do artista. Tratan de ... que bailen polas brancas estradas do mundo. solto, por fin,](https://reader034.fdocuments.mx/reader034/viewer/2022052319/5be353c509d3f2ad378b9d67/html5/thumbnails/10.jpg)
Marcel Duchamp: A fonte
![Page 11: AS VANGARDAS - edu.xunta.gal 11B. A PRESENZA DAS... · A liberdade creativa é o maior valor do artista. Tratan de ... que bailen polas brancas estradas do mundo. solto, por fin,](https://reader034.fdocuments.mx/reader034/viewer/2022052319/5be353c509d3f2ad378b9d67/html5/thumbnails/11.jpg)
Grosz: Os piares da sociedade
![Page 12: AS VANGARDAS - edu.xunta.gal 11B. A PRESENZA DAS... · A liberdade creativa é o maior valor do artista. Tratan de ... que bailen polas brancas estradas do mundo. solto, por fin,](https://reader034.fdocuments.mx/reader034/viewer/2022052319/5be353c509d3f2ad378b9d67/html5/thumbnails/12.jpg)
Para facer un poema dadaístaColla un xornal.Colla unhas tesoiras.Escolla no xornal un artigo da lonxitude queconta darlle ao poema.Recorte o artigo.Recorte con coidado cada unha daspalabras que forman o artigo e métaasnunha bolsa.Axítea suavemente. Agora saque cadarecorte un tras doutro. Copieconcienzudamente na orde na que saíran dabolsa. O poema semellarase a vostede. E é vostede un escritor infinitamente orixinal e dunha sensibilidade fascinante, aínda queincomprendida polo vulgo.
![Page 13: AS VANGARDAS - edu.xunta.gal 11B. A PRESENZA DAS... · A liberdade creativa é o maior valor do artista. Tratan de ... que bailen polas brancas estradas do mundo. solto, por fin,](https://reader034.fdocuments.mx/reader034/viewer/2022052319/5be353c509d3f2ad378b9d67/html5/thumbnails/13.jpg)
CREACIONISMO● O poeta é un pequeño deus que debe crear, coa palabra, unha arte
que non imite nin traduza a realidade.● A imaxe é o centro dese acto de creación. Xustaposición de imaxes,
sen un referente claro e sen un fío condutor aparente.● Suprímense os signos de puntuación.● Prescíndese do anecdótico, do descritivo.● Cultivadores: Vicente Huidobro, Manuel Antonio....
ULTRAÍSMO● Propón a redución da lírica ao seu elemento primordial: a metáfora.● Prescinde de calquera elemento ornamental: desaparecen os
adxectivos superfluos.● Ausencia de puntuación e rima, espazos en branco.● Cultivadores: Gerardo Diego, Jorge Luís Borges....
![Page 14: AS VANGARDAS - edu.xunta.gal 11B. A PRESENZA DAS... · A liberdade creativa é o maior valor do artista. Tratan de ... que bailen polas brancas estradas do mundo. solto, por fin,](https://reader034.fdocuments.mx/reader034/viewer/2022052319/5be353c509d3f2ad378b9d67/html5/thumbnails/14.jpg)
AS VANGARDAS EN GALICIA➢ Entre os anos 20 e 30
xorden os pintores que mostran a influencia das vangardas: Carlos Maside, Laxeiro, Luís Seoane, Manuel Colmeiro, Maruja Mallo, Urbano Lugrís...
![Page 15: AS VANGARDAS - edu.xunta.gal 11B. A PRESENZA DAS... · A liberdade creativa é o maior valor do artista. Tratan de ... que bailen polas brancas estradas do mundo. solto, por fin,](https://reader034.fdocuments.mx/reader034/viewer/2022052319/5be353c509d3f2ad378b9d67/html5/thumbnails/15.jpg)
Luís Seoane: Muxindo a vaca
![Page 16: AS VANGARDAS - edu.xunta.gal 11B. A PRESENZA DAS... · A liberdade creativa é o maior valor do artista. Tratan de ... que bailen polas brancas estradas do mundo. solto, por fin,](https://reader034.fdocuments.mx/reader034/viewer/2022052319/5be353c509d3f2ad378b9d67/html5/thumbnails/16.jpg)
Lois Seoane: Noticias dos homes
![Page 17: AS VANGARDAS - edu.xunta.gal 11B. A PRESENZA DAS... · A liberdade creativa é o maior valor do artista. Tratan de ... que bailen polas brancas estradas do mundo. solto, por fin,](https://reader034.fdocuments.mx/reader034/viewer/2022052319/5be353c509d3f2ad378b9d67/html5/thumbnails/17.jpg)
Maside: Festa Maside: Paisaxe
![Page 18: AS VANGARDAS - edu.xunta.gal 11B. A PRESENZA DAS... · A liberdade creativa é o maior valor do artista. Tratan de ... que bailen polas brancas estradas do mundo. solto, por fin,](https://reader034.fdocuments.mx/reader034/viewer/2022052319/5be353c509d3f2ad378b9d67/html5/thumbnails/18.jpg)
Maside: A sesta Maside: Lavandeiras
![Page 19: AS VANGARDAS - edu.xunta.gal 11B. A PRESENZA DAS... · A liberdade creativa é o maior valor do artista. Tratan de ... que bailen polas brancas estradas do mundo. solto, por fin,](https://reader034.fdocuments.mx/reader034/viewer/2022052319/5be353c509d3f2ad378b9d67/html5/thumbnails/19.jpg)
Maruja Mallo: Natureza viva con estrelas
Urbano Lugrís: Lenda
![Page 20: AS VANGARDAS - edu.xunta.gal 11B. A PRESENZA DAS... · A liberdade creativa é o maior valor do artista. Tratan de ... que bailen polas brancas estradas do mundo. solto, por fin,](https://reader034.fdocuments.mx/reader034/viewer/2022052319/5be353c509d3f2ad378b9d67/html5/thumbnails/20.jpg)
AS VANGARDAS NA LITERATURA GALEGAA xeración da vangardas ou xeración do 25 está constituída por autores nados
arredor de 1900: Manuel Antonio, Amado Carballo, Bouza Brey, Cunqueiro, Pimentel...Ademais da influencia dos ismos internacionais, as vangardas galegas están
determinadas por:- O espírito nacionalista herdado das Irmandades da Fala.- A influencia do saudosismo portugués (Teixeira de Pascoaẽs).- A presenza do sentimentalismo (non hai total deshumanización na obra de arte).Algúns feitos destacados desta época son:- En 1922 o poeta Manuel Antonio e o pintor Álvaro Cebreiro publican o manifesto
rupturista ¡Máis Alá! no que renegan do pasado, critican o ruralismo, fan unha defensa afervoada da lingua galega e do individualismo dos creadores, e propoñen unha literatura radicalmente nova na liña dos ismos.
- Acábase impoñendo como “estética para os novos” a vangarda enxebre do hilozoísmo (Amado Carballo).
- As revistas literarias serviron para espallar as vangardas: Ronsel, Cristal, Resol, Alfar, Nós, A Nosa Terra...
Podemos constatar as seguintes tendencias na poesía galega deste período:1. Aínda que se deu renovación, non se rompeu totalmente coa tradición. Esta
renovación manifestouse na chamada “vangarda enxebre”: neotrobadorismo (Cunqueiro) e hilozoísmo (Amado Carballo).
2. Ruptura coa tradición ou “vangarda pura”: creacionismo (Manuel Antonio).3. Ecos doutros ismos: cubismo, surrealismo.. (Cunqueiro, Pimentel, Blanco Amor).
![Page 21: AS VANGARDAS - edu.xunta.gal 11B. A PRESENZA DAS... · A liberdade creativa é o maior valor do artista. Tratan de ... que bailen polas brancas estradas do mundo. solto, por fin,](https://reader034.fdocuments.mx/reader034/viewer/2022052319/5be353c509d3f2ad378b9d67/html5/thumbnails/21.jpg)
1. A “vangarda enxebre”: neotrobadorismo e hilozoísmo
Imaxinismo ou hilozoísmo O elemento fundamental é a paisaxe, tema recorrente na poesía galega. Preséntase unha
paisaxe humanizada: os elementos da natureza aparecen personificados. Combina recursos metafóricos vangardistas coas formas tradicionais (verso curto, con predominio do octosílabo, rima asonante...):
Axiónllanse os camiñosabrazados ao cruceironunha azul eternidadede pedra e ceo...[...]
Amado Carballo (1901-1927) escribiu Proel (1927) e O galo (1928). Os poemas presentan unha serie de imaxes xustapostas, instantáneas dunha natureza personificada, combinando elementos visuais e auditivos semellante a unha pintura impresionista.
É frecuente a subxectividade cromática que rompe a relación cor real - cor poética e o uso de sinestesias orixinais nas que se unen dúas imaxes procedentes de diferentes dominios sensoriais: “O sol -manso boi vermello- / pasta no verde das ágoas”.
Canto á forma, amósase conservador na métrica (rara vez usa o verso libre e decántase pola métrica regular de rima asonante e arte menor); pero vangardista na súa preferencia polas metáforas (postas de moda polo movemento ultraísta).
MuiñeiraAs nubes choutan á combacoa corda do arco da vellae polo monte os camiñosfoxen co medo das tebras. [...]
Outros autores hilozoístas: Euxenio Montes, Xulio Sigüenza, Manuel Luís Acuña...
![Page 22: AS VANGARDAS - edu.xunta.gal 11B. A PRESENZA DAS... · A liberdade creativa é o maior valor do artista. Tratan de ... que bailen polas brancas estradas do mundo. solto, por fin,](https://reader034.fdocuments.mx/reader034/viewer/2022052319/5be353c509d3f2ad378b9d67/html5/thumbnails/22.jpg)
A “vangarda enxebre”: neotrobadorismo e hilozoísmo1. Imaxinismo ou hilozoísmo
· Valorouse como a verdadeira estética nacional para os máis novos foi a que tivo máis éxito. Combina recursos metafóricos vangardistas coas formas traidicionais (verso curto, con
predominio do octosílabo, rima asonante...). Amado Carballo (1901-1927) escribiu Proel (1927) e O galo (1928). Os poemas presentan
unha serie de imaxes xustapostas, instantáneas dunha natureza personificada, combinando
elementos visuais e auditivos semellante a unha pintura impresionista. É frecuente a subxectividade cromática que rompe a relación cor real - cor poética. Sinestesias
orixinais: “O sol -manso boi vermello- / pasta no verde das ágoas”.
· Outros autores hilozoístas:
2. Neotrobadorismo
· Combina formas das cantigas, especialmente as de amigo por consideralas xenuinamente
galegas (paralelismo, leixaprén, refrán léxico...) con temas contemporáneos. Non é propiamente unha vangarda, só atopamos elementos vangardistas en Cantiga nova que
se chama riveira (1933) de Cunqueiro e Nao senlleira (1933) de Bouza Brey.
NeotrobadorismoXorde como consecuencia da fascinación que produciu a divulgación da lírica medieval galego-
portuguesa logo da publicación dos cancioneiros realizadas polo filólogo portugués José Joaquim Nunes en 1928 e 1932. Recréanse temas os temas (amor) das cantigas, especialmente as de amigo por consideralas xenuinamente galegas e os recursos formais (paralelismo, leixaprén, refrán, léxico...), ambientes (paisaxes primaverais, fontes, mar, ríos..) e incorpóranlle imaxes contemporáneas.
Non é propiamente unha vangarda, só atopamos elementos vangardistas en Cantiga nova que se chama riveira (1933) de Álvaro Cunqueiro. Nesta obra combina os recursos dos cancioneiros cunha poderosa imaxinación a través de imaxes e metáforas de gran forza expresiva. Fusiona solucións neopopulistas con imaxes creacionistas e ultraístas.
Bouza Brey en Nao senlleira (1933) presenta unha recreación das formas medievais acomodándoos á súa liberdade creativa, pero non atopamos nela elementos vangardistas.
Este movemento tería continuidade na posguerra e chega mesmo aos nosos días.
2. A “vangarda plena”: Manuel AntonioManuel Antonio (Rianxo, 1900-1930). Persoa de fortes inquietudes socio-políticas, foi mariño
mercante, experiencia que condicionou a súa obra De catro a catro (1928). Foi o poeta máis vangardista anterior a 1936. No manifesto ¡Máis Alá! propoñía unha ruptura total coa literatura galega anterior.
De catro a catro (1928). É a obra máis significativa das vangardas galegas. Os 19 poemas recrean unha viaxe marítima dende a saída (“Intencións”, o engado e a ilusión pola aventura) ata o retorno ao punto de partida (“Adeus”, despedida do poeta-navegante e saudade do mar). Polo medio aparecen as vivencias provocadas polos sinais do cosmos, o paso dun barco, a monotonía da navegación, a recalada nun porto... Manuel Antonio concibe o poema como revelación das profundidades do eu e vive a travesía como medio de coñecemento cósmico e persoal. Constrúe un tecido simbólico e un sistema de imaxes visionarias -ás veces de liña creacionista- resultantes dun depurado proceso estético.
![Page 23: AS VANGARDAS - edu.xunta.gal 11B. A PRESENZA DAS... · A liberdade creativa é o maior valor do artista. Tratan de ... que bailen polas brancas estradas do mundo. solto, por fin,](https://reader034.fdocuments.mx/reader034/viewer/2022052319/5be353c509d3f2ad378b9d67/html5/thumbnails/23.jpg)
Nesta “aventura interior” o barco é o “ser humano” e o mar a “vida”. A partir deses símbolos fai unha reflexión pesimista sobre a existencia marcada pola soidade, a saudade e a monotonía.
O fluír temporal maniféstase a través de elementos do cosmos (sol, lúa, estrelas, noite, alba) e de medición (reloxo, almanaques, diarios, horas) e percíbese principalmente pola vista e oído.
A concepción da existencia é contraditoria: o estatismo preside a navegación e, ao mesmo tempo todo pasa, nunha continua despedida. O naufraxio simboliza o extravío e o desarraigamento.
Renova a linguaxe coa introdución de neoloxismos, de tecnicismos marítimos (morse, SOS), de préstamos (leit-motivs, stock, navy bar) e de cultismos (radiograma, pirotecnia, mecanógrafos). Tamén presenta hiperenxebrismos (hourizontes, primaveiras, oucéanos, inconscentes...) e pseudohiperenxebrismos, como foulas por ondas.
Predomina o verso libre (en ocasións a rima é cambiada pola aliteración), suprime os signos de puntuación e presenta alteracións da sintaxe, uso de maiúsculas, símbolos, adxectivacións inesperadas, espazos en branco...
3. Outros “ismos” ou ecos da vangarda.Álvaro Cunqueiro. En Mar ao norde (1932), onde o mar é o eixe central, observamos trazos
cubistas e creacionistas (esquematización, deshumanización...). En Poemas do si e non (1933), onde predominan poemas de tema amoroso, atopamos trazos surrealistas. Presenta imaxes visionarias irracionais, nas que se relacionan conceptos sen lóxica aparente: “os anacos de espellos amaban ríos”.
Outros autores como Euxenio Montes, Blanco Amor (Romances galegos e Poema en catro tempos, poesía na liña neopopularista, de ton elexíaco, con ambientación mariñeira e arquitectura musical) mostran en parte das súas obras influencias das vangardas
Un caso signgular é o poemario Seis poemas galegos (1935) de Federico García Lorca. No tocante á lingua parece que contou coa axuda de Blanco Amor e Guerra da Cal.
![Page 24: AS VANGARDAS - edu.xunta.gal 11B. A PRESENZA DAS... · A liberdade creativa é o maior valor do artista. Tratan de ... que bailen polas brancas estradas do mundo. solto, por fin,](https://reader034.fdocuments.mx/reader034/viewer/2022052319/5be353c509d3f2ad378b9d67/html5/thumbnails/24.jpg)
A “vangarda enxebre”: neotrobadorismo e hilozoísmo1. Imaxinismo ou hilozoísmo
· Valorouse como a verdadeira estética nacional para os máis novos foi a que tivo máis éxito. Combina recursos metafóricos vangardistas coas formas traidicionais (verso curto, con
predominio do octosílabo, rima asonante...). Amado Carballo (1901-1927) escribiu Proel (1927) e O galo (1928). Os poemas presentan
unha serie de imaxes xustapostas, instantáneas dunha natureza personificada, combinando
elementos visuais e auditivos semellante a unha pintura impresionista. É frecuente a subxectividade cromática que rompe a relación cor real - cor poética. Sinestesias
orixinais: “O sol -manso boi vermello- / pasta no verde das ágoas”.
· Outros autores hilozoístas:
2. Neotrobadorismo
· Combina formas das cantigas, especialmente as de amigo por consideralas xenuinamente
galegas (paralelismo, leixaprén, refrán léxico...) con temas contemporáneos. Non é propiamente unha vangarda, só atopamos elementos vangardistas en Cantiga nova que
se chama riveira (1933) de Cunqueiro e Nao senlleira (1933) de Bouza Brey.
SÓS
Fomos ficando sós Pero tamén sabemos a maniobrao Mar o barco e mais nós. dos navíos que fondean
a sotavento dunha singladuraRoubáronnos o SolO paquebote esmaltado No cuadrante estantío das estrelas
que cosía con liñas de fume ficou parada esta hora:áxiles cuadros sen marco O cadavre do Mar
fixo do barco un cadaleitoRoubáronnos o ventoAquel veleiro que se evadeu Fume de pipa Saudade
pola corda floxa do horizonte Noite Silenzo FríoE ficamos nós sós
Este oucéano desatracou das costas sin o Mar e sin o barcoe os ventos da Roseta nós.
ourentáronse ao esquenzoAs nosas soedades Manuel Antonio, De catro a catro
veñen de tan lonxecomo as horas do reloxe
Cuestións1. Define: paquebote, desatracar, Roseta, sotavento, singladura, estantío.2. Indica o tema e o contido do poema.3. Achega exemplos de hiperenxebrismos, léxico popular mariñeiro e léxico técnico-científico.4. Localiza exemplos de paranomasia, anáfora, hipérbato, comparación e personificación.5. Analiza a métrica do poema.6. Achega exemplos de trazos creacionistas: xustaposición de imaxes, imaxes novidosas...7. Redacta un comentario do poema no que apareza a túa valoración persoal.