As plantas

15
FUNCIÓN DE NUTRICIÓN FUNCIÓN DE REPRODUCIÓN FUNCIÓN DE RELACIÓN As plantas

Transcript of As plantas

Page 1: As plantas

FUNCIÓN DE NUTRICIÓNFUNCIÓN DE REPRODUCIÓN

FUNCIÓN DE RELACIÓN

As plantas

Page 2: As plantas

Nutrición

Partes da planta que interveñen na nutrición:

RaízTaloFollas

Page 3: As plantas

Raíz

Fixa a planta ao chan e protéxea do vento.

A función principal é absorber auga e sales minerais que serán o alimento das plantas.

Nalgunhas raíces

almacénanse substancias nutritivas como o amidón e os azucres que aumentan de volume.

Exemplos: cenorias, rábano e remolacha.

Page 4: As plantas

Talo

Sostén as follas, flores e froitos da planta.

Conducen a auga e as sales minerais dende a raíz ata as follas; tamén conducen substancias orgánicas producidas nas follas.

Nas plantas que carecen de follas os talos cumpren a función de fotosíntese.

Algúns talos serven para a alimentación como o espárrago ou a canela.

 

Page 5: As plantas

Follas

Todas as plantas teñen unha substancia que se chama clorofila, que serve para absorber a luz solar e que á maioría delas lles da unha cor verde.

Permiten a transpiración: exceso de auga que sae da folla en forma de pequenas gotiñas para permitir a subida da sabia ao longo do talo.

É onde se realiza a fotosíntese

Page 6: As plantas

Fotosíntese

Fase lumínica: Proceso no cal se producen unhas reaccións

químicas entre a auga que ten a planta, a luz solar absorbida pola clorofila e o dióxido de carbono que hai no exterior.

O resultado son as substancias nutritivas para a planta e o osíxeno que sae ao exterior.

AUGA + LUZ SOLAR+ DIÓXIDO DE CARBONO -> NUTRIENTES + OSÍXENO

Page 7: As plantas

Fase escura: Recupéranse as substancias nutritivas producidas na fase anterior.

Estas reaccionan co osíxeno absorbido do exterior e produce alimentos para a planta e dióxido de carbono que expulsa ao exterior.

NUTRIENTES + OSÍXENO -> ALIMENTO + DIÓXIDO DE CARBONO

https://www.youtube.com/watch?v=npNCzchvXTQ&t=23

Page 8: As plantas

Clasificación das plantas

Plantas con flor: Anxiospermas: son as plantas que

teñen froito e as sementes están dentro del. Todos os frutais.

Ximnospermas: non teñen froito polo que as sementes non están recubertas. Por exemplo os piñeiros, cipreses...

A maioría das plantas non teñen flor durante todo o ano, senón que cada planta ten a súa época de maduración sendo normalmente a primavera ou verán.

Page 9: As plantas

Partes da flor

Cáliz: Está formado por unhas follas verdes (os sépalos) que están na parte exterior da flor, envolvéndoa.

Corola : Chamada ordinariamente flor. Está formada por unas follas de varios colores chamados pétalos. Os petalos son de diferentes cores e é isto o que atrae aos insectos.

Estames: Son como uns fíos que teñen por base o centro da flor e neles se forma o polen que é de cor amarelo. Son os órganos masculinos.

Pistilos: Son os órganos femininos que se atopan na parte central da flor. Dentro deles atópanse os óvulos.

Page 10: As plantas

Plantas sen flor: Son aquelas que non producen flor,froito nin semente. Hai varios tipos. Os máis comúns son o musgo, tamén coñecido

como carriza, e os fentos tamén coñecidos como felgos ou fieitos.

Musgos: Son plantas moi pequenas. Teñen un talo do que saen as follas e as raíces. Viven en lugares húmidos sobre as rochas, nos troncos das

árbores e no chan. Do talo do musgo sae unha cápsula onde se atopan as esporas.

Fentos: Teñen un talo subterráneo chamado rizoma, do que saen as

raíces e as follas que soen ser bastante grandes. As esporas fórmanse na parte inferior da folla e chámanse soros.

Page 11: As plantas

Reprodución

Reprodución sexual As plantas con flor reprodúcense mediante a

polinización. A polinización é o paso do polen dende un

estame (órgano masculino) ata os óvulos (órgano feminino).

O paso do polen pode ser nunha mesma flor, xa que son hermafroditas ou entre flores distintas (vento ou insectos), pero sempre da mesma especie.

Despois da fecundación danse moitos cambios na flor. Os óvulos transfórmanse en sementes e a flor en froito. Cada semente forma unha nova planta.

https://www.youtube.com/watch?v=fvyUvcRwX0E&t=46

Page 12: As plantas

Reprodución asexual

Musgos: Necesitan dun órgano masculino e doutro feminino para producir

as esporas. Se as condicións son adecuadas os órganos masculinos ínchanse e

desprenden o gameto que é levado pola auga ata chegar ao órgano feminino. Unha vez ali prodúcense as esporas que son as que formarán unha nova planta.

Fentos: Son plantas se flor que se reproducen por esporas. Nos fentos as esporas fórmanse nos soros, uns avultamentos de cor

amarelo que se atopan na parte inferior das follas. Se as condicións son adecuadas xerminan e orixinan unha nova

planta.

Page 13: As plantas

Outras plantas

Tubérculos: Son talos subterráneos ou raíces que almacenan substancias nutritivas das que saen novas plantas. Ex: patacas, cenoria, remolacha.

Rizomas: Son talos que medran baixo terra de forma horizontal e do que xorden novas plantas. Ex xenxibre, lirio.

Page 14: As plantas

Gallos: Son anacos de talos que ao enterralos producen novas plantas. Ex Xeranios e Hortensias.

Bulbos: Están situados entre as raíces e o talo. Cando se enterra, fai medrar unha nova planta. Ex allo, cebola.

Barbados: Son talos que

medran sobre o chan horizontalmente e que cada certo espazo se forma unha nova planta. Ex amorodos.

Page 15: As plantas

Relación

O crecemento: A raíz medra sempre cara abaixo e o talo cara arriba. O talo e as follas oriéntanse cara a luz.

O movemento: As plantas reaccionan aos estímulos do medio mediante movementos lentos. (LUZ SOLAR)

O tempo: As plantas compórtanse de distinta forma dependendo das estacións do ano. Debéndose á cantidade de horas de luz e escuridade.