As cousas claras - Grupo Anaya · Melanio e os paxaros, Un somnífero moi par-ticular, Os gatos de...

8
As cousas claras Xosé A. Neira Cruz XERAIS

Transcript of As cousas claras - Grupo Anaya · Melanio e os paxaros, Un somnífero moi par-ticular, Os gatos de...

Page 1: As cousas claras - Grupo Anaya · Melanio e os paxaros, Un somnífero moi par-ticular, Os gatos de Venecia, que foi finalista do Premio Lola Anglada, «Un agasallo inesperado» no

As cousas clarasXosé A. Neira Cruz

XERAIS

Page 2: As cousas claras - Grupo Anaya · Melanio e os paxaros, Un somnífero moi par-ticular, Os gatos de Venecia, que foi finalista do Premio Lola Anglada, «Un agasallo inesperado» no

O AUTOR

2

Título: As cousas clarasAutor: Xosé A. Neira CruzEditorial: Edicións Xerais de GaliciaColección: Fóra de XogoNº páxinas: 176 / 4ª ediciónISBN: 84-8302-562-0PREMIO MERLÍN 2000PREMIO LECTURAS GÁLIX 2002

XOSÉ ANTÓN NEIRA CRUZ nace en Santiagoa finais dos sesenta. Estudia filoloxía italianae tamén xornalismo.Colaborador habitual na prensa, destacanos seus traballos en Galicia Internacional eTempos, así como na radio e Televisión deGalicia.Obras súas son: Ó outro lado do sumidoiro,co que acadou o Premio Merlín en 1988,Melanio e os paxaros, Un somnífero moi par-ticular, Os gatos de Venecia, que foi finalistado Premio Lola Anglada, «Un agasalloinesperado» no volume Contos para levar no peto, O plumífero de Xurxo, María está a pin-tar o mar, As porcas porquiñas, Vaiche boa, O gato meu, O home máis rico do mundo, A caixado tesouro, A memoria das árbores, Valdemuller, que foi Premio Barco de Vapor 1998, Rosalíatralas máscaras do tempo, Castelao no mar do tempo e os catro libros que inician a colecciónAsí viviu de Xerais: Así viviu Rosalía, Así viviu Castelao, Así viviu Paio G. Chariño e Así viviuÁnxel Fole.É creador e director da revista de literatura infantil Fadamorgana. Forma parte da directivado IBBY.

FICHA TÉCNICA

Page 3: As cousas claras - Grupo Anaya · Melanio e os paxaros, Un somnífero moi par-ticular, Os gatos de Venecia, que foi finalista do Premio Lola Anglada, «Un agasallo inesperado» no

3

En vintecatro horas a vida pode cambiar. Pode pasar de parecer un lugar no que dá gustoestar a converterse nunha paisaxe chea de ameazas e preocupacións.¿Por que Mon, o profesor máis popular do instituto, aparece inconsciente, case morto,dun día para outro? Ninguén o explica e ninguén acredita na hipótese dun intento de sui-cidio.Coa axuda de Afonso, Marga será a encargada de tirar do fío dunha historia na que amorte, a violencia, a falta de comunicación e a hipocrisía só poden superarse con amor.

Este libro foi galardoado co Premio Merlín no ano 2000 e co Premio Lecturas Gálix no 2002.

ARGUMENTO

• A relación cos pais.A protagonista leva mal a relación coa nai e séntese culpable. É consciente dos silencios que,como murallas, se van formando entre elas e as van distanciando. Resúltalle moi difícilentenderse con esa muller fatalista que parece ver cos ollos dun xuíz que condena todo oque signifique saír do convencional… ¿Que pode facer fronte a iso a adolescente que nece-sita máis que nada crer en algo, confiar e ter esperanzas? Esas diferencias profundas non llespermiten falar sen discutir… Sen embargo, por debaixo corre o río dos afectos.

• A separación dos pais.Marga está pasando tamén por esa situación de pais separados. O pai ten nova parella eparece feliz, fronte á nai, que semella estar afundida na desesperanza e na amargura. A adolescente chega a pensar qué podía ter visto seu pai en súa nai, cómo puido namorardela; ¡tan pouco interesante lle resulta! A pregunta que xorde é: ¿en que momento come-zou a transformarse e a que foi debido? ¿Que pasa con ese estereotipo de muller que senos presenta?

• Sexo. Homosexualidade.A apertura dun sex-shop fronte ao instituto é o punto de partida dunha bóla de neve que seagranda coas opinións das familias acerca disto, das clases de educación sexual, das películasque se visionan no centro de ensino, da posible homosexualidade dun profesor… para rema-tar cunha rede de abusos sexuais. O sexo como tema tabú que fai romper tódolos muros decontención e deixar a todo o mundo cos prexuízos ao aire.

TEMAS E VALORES

Page 4: As cousas claras - Grupo Anaya · Melanio e os paxaros, Un somnífero moi par-ticular, Os gatos de Venecia, que foi finalista do Premio Lola Anglada, «Un agasallo inesperado» no

4

• A pornografía.O comercio cos instintos. A prostitución. A pederastia…

• Desencontro entre familias e profesorado……e entre dúas maneiras de ver a vida. As institucións, que teñen como finalidade educaraos máis novos, socializalos na cultura aceptada pola sociedade, non sempre están de acor-do en cómo facelo, e esta situación crea problemáticas moi diversas pero sempre conflic-tivas. Normalmente, as familias adoptan o papel máis conservador fronte á institucióneducativa, que adopta posicións máis progresistas. ¿Por que será isto así?

ANTES DA LECTURA:

• Antes de comezar, estará ben dedicarlle uns momentos ao que podería ser a presentacióndo libro, feita entre todos. Ó mesmo tempo servirá como explicitación dos coñece-mentos previos e avaliación inicial, no sentido de que cadaquén repase qué sabe acercado que se adiviña neste libro.

• Observando a portada verán o título e a foto, que lles poderán achegar algúns datos acer-ca da temática do libro. Servirá para que recorden qué saben diso, qué outros relatos teñenlido relacionados co tema. Poñerán en funcionamento a súa imaxinación pensando quépode haber detrás dese título, qué historia podería contar cada un de nós con ese nome.

• A lectura do texto que aparece na contraportada daranos ás para voar por esa historia daque cada vez sabemos máis aínda sen comezar a súa lectura. Axudará tamén o nome doautor, ao que posiblemente recoñezan e do que, é probable, teñan lido outros libros.Poderán opinar acerca deles e do que esperan deste.

• Nunha das páxinas finais do libro temos unha pequena biobibliografía do autor que nosproporcionará nova información para intercambiar opinións. Na páxina seguinte, titu-lada «Carta ao autor», ábresenos a posibilidade de contactar con el, a través da editorial,para poder darlle a nosa opinión acerca desta obra.

• Logo aparecen os «Últimos libros da colección» cunha pequena reseña de cada un deles,de forma que podemos lela e facer comentarios entre nós.

• Nesta labor de anticipación á obra tamén axuda a colección, pois normalmente cada unhadelas ten un certo criterio á hora de escoller os seus libros, un formato que pode gustarmáis ou menos pero ao que non se é indiferente. Polo tanto, é o momento de comentarqué outros libros temos lidos desta colección e se foron ou non do noso agrado.

• Ó abrir o libro podemos observar o ano de publicación para comprobar se acaba de saírou se xa leva tempo no mercado, as edicións que se fixeron do mesmo… Desa manei-ra irán entrando nese mundiño de qué libros se len máis e do seu porqué.

• A dedicatoria fálanos do autor, de Rosa Aneiros (unha escritora que é posible que coñeza-mos –Eu de maior quero ser…–) e da amizade. Danos idea de cómo unha historia podenacer dunha conversa e de cómo o autor recoñece esa orixe e a persoa que lle falou do tema.

ACTIVIDADES A REALIZAR

Page 5: As cousas claras - Grupo Anaya · Melanio e os paxaros, Un somnífero moi par-ticular, Os gatos de Venecia, que foi finalista do Premio Lola Anglada, «Un agasallo inesperado» no

5

DURANTE A LECTURA:

• Comeza o libro cunha cita: un pequeno poema de Lupe Gómez. Comentaremos a razón polaque pode estar aí e o significado que achega. Buscaremos algún dato acerca desta escritora.

• Observaremos que os capítulos non están titulados, polo tanto, unha das actividadespode ser poñerlles título.

• Vaiamos tomando nota dos personaxes e as características de cada un deles ao longo da obra.• A novela está escrita en primeira persoa: é Marga, unha adolescente, quen nos conta o

que está a suceder. Podemos opinar acerca do que pensamos disto e do que tería cam-biado se houbera un narrador omnisciente.

• Marga vive nos arrabaldes da cidade. Isto ten unha serie de vantaxes e desvantaxes quepodemos comentar en relación á novela e tamén á nosa situación persoal.

• Mentres vai en autobús, Marga «tenta cambiar o decorado interior de par das vistas quechegaban de fóra», deixar atrás os pensamentos que a ocupan tal e como van quedandoas paisaxes… ¿As viaxes teñen un compoñente de evasión? Falemos sobre este tema.

• As recriminacións da nai. Ese longo rosario de lamentacións cotiás lastiman á adolescente,que tenta liberarse escribíndoas. Nós podemos escribir os «sermóns» que nos molestan.

• Descubrimos que, ademais de queixas, a nai achega unha serie de opinións moi con-vencionais e conservadoras coas que Marga non concorda. Busquemos algunha delas eleámoslla aos compañeiros e compañeiras. Poderá ser o punto de partida dunha postaen común acerca das diferencias ideolóxicas entre adultos e mozos.

• Cando a protagonista describe á súa nai atopamos frases que nos chaman atención: «Ten acara demudada por un susto que dende había anos non lle acababa de pasar»; «O pedernal sen fendas daquela pel de prexuízos e insensibilidades que vestía miña nai»…Podemos buscar outras que tamén nos sorprenderan. Do mesmo xeito, podemos pregun-tarnos: ¿cales son as diferencias entre Marga e a nai? ¿Por que non son quen de entenderse?

• No capítulo 2 entramos no mundo dos cíber e o chateo. Isto pode servir de base parafacer unha posta en común sobre o tema: qué sabemos, as canles que coñecemos…

• Mentres tentan adiviñar qué irá vender o establecemento que están montando fronte aoinstituto, vailles pasando pola cabeza todo tipo de tendas estrañas… ¿Cales son as ten-das máis estrafalarias que coñecedes vós?

• Na páxina 32 faise unha enumeración de alcumes cos que se recoñece a cada alumno-tipo.Preguntémonos: ¿seguen vixentes ou xa cambiaron? ¿Que outras poderiades achegarlles?

• Asistimos ás diferentes estratexias do profesorado ante a apertura do establecementocomercial que acaban de abrir fronte ao instituto. Observamos a reacción das familiasante a terceira destas estratexias, cando a directora decidira tomalo coma un banzo máisno proceso de maduración dunhas persoas que estaban a vivir o espertar da sexualida-de e da curiosidade polo sexo. Podemos deternos nos malentendidos entre familias ecentros de ensino en relación coa educación sexual. As críticas que fan as familias a esasclases e as que podería facer o alumnado. Repasemos e opinemos.

• O xefe de estudios apunta: «Se esa persoa acordou abrir tal negocio sería porque hai unhademanda do que alí se ofrece, non porque el sexa unha especie de monstro ou perver-tido.» Isto pode servirnos de punto de entrada a un debate acerca das demandas e ofer-tas en relación ao sexo e das responsabilidades de cada unha das partes.

• Na clase con Mon fan un debate: «¿que é para vós o sexo?» Nese debate coméntase a rela-ción entre sexo e amor e aparece algún que outro prexuízo machista. Falemos acerca disto.

• Conforme lemos a novela van aparecendo algúns detalles relacionados co humor.Resultarán moi necesarios nesta obra máis ben dura. Recollamos algún que nos cha-mara a atención e algunha referencia como a dos chistes de Forges.

Page 6: As cousas claras - Grupo Anaya · Melanio e os paxaros, Un somnífero moi par-ticular, Os gatos de Venecia, que foi finalista do Premio Lola Anglada, «Un agasallo inesperado» no

6

• Podemos atopar tamén outras referencias coma «En un lugar de la Mancha…», a pan-tasma da ópera, Cuasimodo… dos que buscaremos datos.

• Aparecen frases feitas coma «cada moucho ao seu souto», «ou arre ou xo»… Achega máis.• «Por difícil de crer que pareza, a realidade supera a ficción». Preguntémonos se estamos

conformes con esa afirmación e, se é así, contemos en qué casos se nos ten demostrado. • ¿Haberá historia de amor entre Marga e Afonso? Escribámola a partir deses destelos de

luz que foron aparecendo ao longo da novela.• «Só o que pon verdadeira paixón é quen de apaixonar». ¿Asinaríamos isto? ¿Por que?• Igual que as novelas nos poden ensinar moitas cousas, tamén o fan as películas. A estas

alturas xa case ninguén nega isto. Cada alumna e alumno pode facer unha presentaciónda película que máis lle gustou e as leccións que lle achegou.

• Actualmente, xa ninguén se atreve a negar a discriminación que a muller sufriu ao longoda historia e segue a sufrir. A causa teremos que buscala nos estereotipos de xénero e apresión social que exercen. Entremos en debate, pero fagámolo despois de documen-tarnos e reflexionado acerca das diferencias e desigualdades entre homes e mulleres.

• Nesta desigualdade non só foi discriminada a muller; tamén os homes que non cumprían coarquetipo de macho forte. Cando Marga ten que declarar ante o inspector acerca da posiblehomosexualidade do profesor, confesa «eu si cheguei a pensar algunha vez que Mon puide-se ser diferente (…) sempre me pareceu marabilloso atopar nel un home cunha sensibilida-de tan achegada á miña, tan oposto nos seus comentarios do que adoita pensar e dicir amaioría dos homes (…) Por iso pensei que era diferente. Como tamén penso que debe habermoitos homes que, se non expresan os seus sentimentos con plena liberdade non é porquenon os sintan, senón porque non están afeitos a facelo ou porque está mal visto que o fagan.E visten a coiraza precisamente para evitar que digan deles o que agora se está a dicir de Mon.Que el fose quen de ignorar todos eses prexuízos fíxome entender que era diferente. Nonque puidese ser gai… Para min o que sexa ou deixe de ser é o de menos. Négome a pensarque os homosexuais teñan a exclusiva da sensibilidade…». Mon mostra o que sente e está apagalo. Outros non o farán nunca por medo ao que pensen deles… Debatamos sobre isto.

• Ás veces os títulos enganan. Isto sucede co da película Unha relación pornográfica.Comentade outros casos nos que vos sucedera isto.

• As bólas de neve que se van agrandando e poden converterse en aludes; as calumnias, oscotilleos sen importancia que fan mal; algo inocente pode converterse nun horror…Sabendo isto, deberiamos ser moi coidadosos co que dicimos. Pensade nalgunha vezque forades víctimas dalgún comentario malintencionado.

• A persecución do disidente. A sociedade tende a estigmatizar aos que non pensan como amaioría, aos que son diferentes. Busquemos exemplos nos que se demostra isto na novela.

• O relato parte dun flash back para ter un desenvolvemento lineal: comeza coa visita aMon no hospital, recorda os antecedentes desta situación, e continúa contándonos quésucede nos días seguintes. Se pensasemos en convertelo nun guión cinematográfico…poderiamos formar grupos e concursar para ver cál é o que ten máis claro o filme.

• Ver á xente que queremos ou admiramos convertidos nunha ficha policial ou nun númerode cama nun hospital. ¿Chegaches a sentir isto nalgunha ocasión? ¿E en carne propia?

• «O mundo non perdoa aos disidentes», dille a directora do instituto a Marga, ao longodunha conversa moi interesante. Releámola nas páxinas 80 e 81 e comentémola.

• «Estar do mesmo lado da raia». Fina confésalle a Marga que ela e Mon o están. ¿Queliña será esa que parece separar ás persoas?

• As fantasías. Marga xoga coas bonecas inventando historias marabillosas que respondan á pre-gunta «¿quen é a túa mamá?» Releámolas nas páxinas 88 e 89. Busquémoslle a relación coque a ela lle sucede e cómo se sente. Pensemos qué lle contariamos nós ás nosas bonecas.

Page 7: As cousas claras - Grupo Anaya · Melanio e os paxaros, Un somnífero moi par-ticular, Os gatos de Venecia, que foi finalista do Premio Lola Anglada, «Un agasallo inesperado» no

7

• A enfermidade como un golpe que, de repente, pode cambiar todo o edificio das rela-cións, a vida cotiá e os nosos pensamentos. A nai de Marga pasa de ser unha hipocon-dríaca a enfrontarse a algo moi forte sen contalo. A proximidade da morte fai que asrelacións cambien… ¿Que pasaría se non esquecesemos que somos mortais?

• Nas páxinas 102 e 103 atopámonos co problema que a Afonso lle crean as expectativasde seus pais en relación a el. Falemos acerca do que pasa coas expectativas que os demaisteñen sobre nós.

• «Non me importaba poñer o meu mundo de cabeza para abaixo nun tris. Porque ata osmundos que cremos máis auténticos e nosos necesitan de cando en vez unha sacudida».¿Estamos conformes con esta afirmación?

• Afonso e Marga xogan a Indiana Jones. Menos mal que Afonso enviara unha mensaxede socorro e aparece a policía. Ser conscientes do perigo e coñecer os riscos é realmen-te importante. ¿Diriamos que a ousadía non sempre é valentía senón ignorancia?¿Algunha vez estivestes en perigo? Escribide esa experiencia.

• «Os humanos estamos preparados para aturar ata o que nunca esperamos ter que atu-rar». Comentemos esta frase. Relacionémola coa nosa experiencia.

• No epílogo dise: «Volver a empezar. Soa ben cando se pode dicir, pero non resulta tandoado de realizar». Expliquémolo.

• Pornografía infantil e pederastia, tráfico sexual. A sexualidade ilegal. Buscar datos nosmedios de comunicación acerca desta temática.

• «A corda sempre rompe polo máis fino». Popularmente dise que das mafias só se chegaa descubrir aos peóns, aqueles que están no lugar máis baixo da escala; os xefes dificil-mente pasan pola cadea. Fagamos comentarios acerca disto.

• Os grandes debates dende o que organiza Mon en «¿que é, para ti, o sexo?», ata os quepoidan ocorrérsenos en torno a «heterosexualidade e homosexualidade», «o comercio cosexo: sex shop, pornografía, prostitución…», «sexo e ilegalidade»…

• O CGAC ten unha serie de charlas para adolescentes que xiran arredor da arte contem-poránea. Unha delas é xustamente «Arte contemporánea e sexo». Solicitala pode resul-tar interesante ao longo da lectura desta novela ou ao final.

• Marga telefona ao profesor en fin de semana para darlle ánimos. Este é un detalle real-mente bo. Seguro que a vós se vos ocorreu algunha vez facer algo así e deixástelo portimidez. Atrevédevos a corresponderlles a aqueles que fan que os vosos días sexan unpouco mellores.

DESPOIS DA LECTURA:

• Continuade o relato, aí onde o autor o deixou.• Nun momento determinado, a novela deixa de centrar a súa atención en situacións que

podemos considerar cotiás. É cando aparece a historia truculenta do fontaneiro, un delin-cuente. Daquela, toda a nosa agresividade se concentra nel e semella que esquecemos atoda esa xente «normal» que tivo un comportamento incorrecto. Por iso, antes de darllecarpetazo, debemos deternos neses alumnos e pais que desconfiaban de Mon mentres else estaba enfrontando ao perigo para defender a un alumno. Nese caldo de cultivo incú-banse os ovos da serpe. Por esa razón non podemos quedar indiferentes. ¡Falémolo!

• Podemos ler outros libros do mesmo autor.• Se nos gusta este tipo de novela realista de adolescentes, ambientada en instituto, pode-

mos buscar máis nos listados das coleccións xuvenís.• Podemos realizar unha exposición cos libros deste autor que atopemos na biblioteca.• Faremos un concurso de marcalecturas, feitos a posta, para este libro.

Page 8: As cousas claras - Grupo Anaya · Melanio e os paxaros, Un somnífero moi par-ticular, Os gatos de Venecia, que foi finalista do Premio Lola Anglada, «Un agasallo inesperado» no

8

Pedidos a:

Comercial Grupo AnayaP o l í g o n o d e B e r g o n d o1ª Travesía - Parcela B115.165 Bergondo (A Coruña)Telf.: 981 795 656 / Fax: 981 795 660

EDICIÓNS XERAIS DE GALICIA

XERAISDoutor Marañón, 12. 36211 VigoApartado Postal 1446. 36200 VigoTeléfonos (986) 21 48 88 - 21 48 80T e l e f a x : ( 9 8 6 ) 2 0 1 3 6 6Correo electrónico: [email protected] t t p : / / w w w . x e r a i s . e s /

© Pilar Sampedro Martínez, 2003© Edicións Xerais de Galicia, S.A., 2003Depósito legal: VG. 1171-2003