Arqueología Pública: DE APEIRO A SÍMBOLO...
Transcript of Arqueología Pública: DE APEIRO A SÍMBOLO...
DE APEIRO A SÍMBOLO. APROPIACIÓNS POPULARES DO PATRIMONIO EN GALIZA
Bruno Esperante Paramos, arqueólogo* LA LINDE, 4-2015, pp. 166-174
166
Arqueología Pública:
RESUMO.- Neste artigo tratamos de analizar unha nova forma de apropiación do patrimonio popular en Galiza. Cada vez restaurase e recuperase máis maquinaria agrícola, polo que queremos coñecer o que isto significa, tanto como un novo símbolo de memoria para a clase labrega galega, como os seus efectos sobre o discurso dominante do patrimonio.
PALABRAS CLAVE.- Tecnolxía agraria, patrimonio
popular, memoria agraria, clase labrega.
ABSTRACT.-The aim of this article is to analyze a new form of appropriation of popular heritage in Galicia. As restoring and recovering farm machinery is more common every time, we want to know what this means, either as a new symbol of memory for the Galician peasantry or their effects on the dominant discourse of the heritage.
KEY WORDS: Agrarian technology, popular heritage,
agrarian memory, peasantry
Veso de modelo Brabant. Producido por Aranzabal S.A. (Santiago Mouriño, Trasouteiro [Brión], 6/4/2013. Fonte: elaboración propia).
* Bruno Esperante Paramos, doctorando del Grupo Histagra, del Departamento de Historia Contemporánea de la Universidade de Santiago de Compostela. Proyecto de investigación "La gran transformación tecnológica y social de las agriculturas ibéricas: Viejos, nuevos y novísimos paradigmas. 1950-2000" Referencia del proyecto: HAR2013-47934-P.
De apeiro a símbolo. Apropiacións populares do patrimonio en Galiza
Bruno Esperante Paramos, arqueólogo LA LINDE, 4-2015, pp. 166-174
167
Arqueología Pública:
Dende fai algo máis dun ano veño estudando unha
particular apropiación do patrimonio popular en Galiza1. Trátase
dun fenómeno de plena popularidade, xa que son moitas as
familias, pero tamén algúns negocios privados os que exhiben
nas beirarrúas, xardíns ou portais das casas, maquinaria
agrícola restaurada, pintada e decorada.
A novidade da cuestión é o tipo de maquinaria que se
restaura. Os modelos redúcense a catro tipos
fundamentalmente, vesos, sachadoras, sementadoras e en
menor medida, grades de dentes. Trátase de tecnoloxía agraria
que pertence á última fase da agricultura orgánica en Galiza. É
pois maquinara de produción industrial na súa maior medida,
aínda que puidemos constatar diversos casos e modelos de
produción artesanal, é dicir, feitos por ferreiros locais. Este é o
primeiro dato importante que temos que ter en conta, pois non é
maquinaria artesanal, senón que pertence á segunda onda da
1
Este artigo de opinión está feito en base a un traballo de final do Máster Interuniversitario de Historia Contemporánea, publicado na Universidade de Santiago de Compostela en xullo do ano 2014, e co seguinte título: Representacións populares e ilustradas da tecnoloxía agraria da segunda onda da industrialización (1890-1940). Patrimonio, memoria e identidade labrega a través da súa musealización popular en Galiza hoxe.
industrialización da agricultura galega, aquela que vai dende o
1890 e remata subitamente na década dos corenta co apagón
tecnolóxico do franquismo2. A orixe industrial desta maquinaria
supón pois unha novidade dentro do panorama típico do
patrimonio agrario en Galiza, xa que as referencias e os
símbolos patrimoniais sempre se relacionan con obxectos
artesanais, ou de antigos oficios de carpinteiros, sexan cestos e
carros, ou canteiros en relación ós hórreos.
Outra das características é o suxeito que patrimonializa,
é dicir, o quen. Neste caso, non cabe dúbida ningunha de que
estamos perante unha forma popular do patrimonio. A maior
parte das apropiacións son feitas por parte de particulares, e
non por parte das institucións do patrimonio que usan os
museos como espazos ilustrados para socializar de arriba cara
a baixo o patrimonio histórico-cultural. Neste caso é a propia
sociedade a que constrúe a figura patrimonial dende abaixo.
Ante estas circunstancias, como poderíamos darlle unha
explicación a todo isto?
2
FERNÁNDEZ PRIETO, L: El apagón tecnológico del franquismo: estado e innovación en la agricultura española del siglo XX. Valencia, Tirant lo Blanch, 2007.
De apeiro a símbolo. Apropiacións populares do patrimonio en Galiza
Bruno Esperante Paramos, arqueólogo LA LINDE, 4-2015, pp. 166-174
168
Arqueología Pública:
Sachadora posiblemente de marca Ajuria S.A. (Eduardo Fernández,
Bertamiráns [Ames], 22/6/2014. Fonte: elaboración propia).
Para analizar este fenómeno máis de cerca diriximos as
nosas pescudas cara a investigación da orixe e vida útil destes
apeiros agrícolas. Noutras palabras, moito traballo de campo e
Historia Oral para coñecer todo acerca desta maquinaria,
tipoloxía, orixes, usos e abandono. Todo isto co obxectivo de
comprender mellor por que hoxe en día se sacan da escuridade
da historia e se restauran, píntanse, colocase nunha parte
bonita do xardín e póñenselle flores. Quizais parte da
explicación teña que ver pola maquinaria que a veu a substituír.
O seu abandono produciuse pola industrialización da
agricultura. Estes apeiros de tracción animal foron substituídos
polas enerxías non renovables, os motores de combustión e os
tractores. Na fin, ¡era a Revolución Verde coas súas grandes
expectativas ante ós límites da Agricultura Orgánica! As
agriculturas do mundo intensificáronse xunto coa galega. Así as
cousas, a agricultura de ser a principal actividade económica
comezou a experimentar un largo declive ate se converter hoxe
en día nunha actividade minoritaria fronte ó sector industrial ou
servizos.
Estas transformacións traducíronse nuns cambios
substanciais da propia sociedade. De feito, a investigadora Alba
Díaz Geada3 ven de publicar a súa tese recentemente centrada
no estudo destas devanditas mudanzas. Sabemos que o
abandono masivo desta maquinaria prodúcese ó abeiro da
industrialización tardía da sociedade galega, ó igual que afectou
a outras agriculturas nas que se consolidou a motorización do
campo.
3 DÍAZ GEADA, A.: Mudar en común, cambios económicos, sociais e culturais no
rural galego do franquismo e da transición (1959-1982). Tese da autora, Universidade
de Santiago de Compostela, 2013.
De apeiro a símbolo. Apropiacións populares do patrimonio en Galiza
Bruno Esperante Paramos, arqueólogo LA LINDE, 4-2015, pp. 166-174
169
Arqueología Pública:
Sementadora de marca Ajuria S.A. (Anónimo, Nantón [A Baña], 18/5/2013. Fonte:Elaboración propia).
Neste senso, Galiza, o pais labrego e eminentemente
rural comezou a deixar de selo ante esa terceira onda
industrializadora da que falabamos e que expulsou tanta man
de obra da agricultura. A desagrarización da sociedade foi un
dos seus efectos, outro resultado foi un aumento da emigración
cara Europa, sendo Alemaña, Gran Bretaña ou Suiza os
destinos máis atractivos desta.
Estes trebellos que para as xeracións máis novas non
significan nada, acumulaban po e anos nalgunha parte do pallal
das casas, ou nalgunha outra parte na que non estorbaran. Non
tiñan valor ningún máis alá do valor económico que lembraban
aqueles que o tiñan mercado, por iso non se tiraba. Anos máis
tarde chegou o momento no que alguén deveu reparar nesa
sachadora familiar que tiñan tirada na casa. Podemos
imaxinarnos aquel mozo que traballou con seu pai o campo
cunha sementadora como a que acabamos de ver. Os seus pais
comentaríanlle o tanto que lle custou, o orgullo de tela
comprado e a boa imaxe que daba ante a comunidade. Porén, o
traballo no campo non bastaba para satisfacer as expectativas
de vida dese mozo, polo que un dia colleu as maletas, deixou o
campo e foise a Suiza a traballar na construción ou na
hostalería. Cando chegou o momento da xubilación ese mozo
volveu o fogar que deixara, onde reparou nesa sementadora
que tiña comprado seus pais. Nese instante, ante as
lembranzas que o invadían observando a sementadora no
pallal, un bo día decidiu pasarlle unha auga, unha lixa, un pouco
de pintura e colocala de forma orgullosa diante da súa casa.
De apeiro a símbolo. Apropiacións populares do patrimonio en Galiza
Bruno Esperante Paramos, arqueólogo LA LINDE, 4-2015, pp. 166-174
170
Arqueología Pública:
Sachadora sen marca na parte inferior dereita da foto (Anónimo, Bertamiráns [Ames],17/5/2013. Fonte: elaboración propia).
É certo que esta última descrición é un caso imaxinario,
pero é unha hipótese de traballo que nos vale para explicar a
utilidade e o significado que adquiren este novo patrimonio
agrario e popular. As persoas que maioritariamente restauran
esta maquinaria non se dedican xa ás actividades agrarias, e
comparten idades de entre corenta e sesenta anos. A primeira
man todo o mundo comprende o valor simbólico e de memoria
que contén este obxecto, mais o interesante é analizar todo o
seu alcance, analizar todo o seu contido e todas as súas
dimensións como un obxecto de estudo histórico.
A nosa identidade defínea a nosa relación nun conxunto.
Maurice Halbwachs4 definíao moi ben co exemplo do grupo do
alumnado e o profesor. Este último tendía a non lembrar nada
pola desvinculación co grupo, namentres que os alumnos si que
lembraban as cousas da clase por vinculación a un conxunto, a
unha memoria e unha identidade colectiva. Ademais disto,
sentimos a necesidade de apoiar as nosas identidades en
obxectos de memoria. Máis dun problema psicolóxico ben
acompañado dunha especie de perda de contacto entre o noso
pensamento e as cousas, da incapacidade de recoñecer
obxectos familiares, de tal xeito que nos atopamos perdidos nun
medio estraño e cambiante, onde nos faltan puntos de apoio.
Por isto, cada obxecto, cada detalle ou aspecto dun lugar ten un
determinado e único sentido que só poden comprender os
membros dun determinado grupo social.
4 HALBWACHS, M.: La memoria colectiva. Zaragoza, Prensas universitarias de
Zaragoza, 2004.
De apeiro a símbolo. Apropiacións populares do patrimonio en Galiza
Bruno Esperante Paramos, arqueólogo LA LINDE, 4-2015, pp. 166-174
171
Arqueología Pública:
Veso de modelo Brabant. Producido por Ajuria y Aranzabal S.A. (Herminio Vieito, Cantalarrana [A Baña], 7/6/2014. Fonte: elaboración propia).
Ante este razoamento de Halbwachs, pensamos que
quizais poderíase entender esta apropiación dende a
perspectiva dun obxecto de memoria, un espazo de memoria
creado por aqueles que o usan para elaborar unha identidade,
reforzala ou tela máis presente que nunca nun contexto alleo. E
dicimos alleo no contexto da actual desagrarización social, ou
tamén dito, ante o contexto da sociedade “terciarizada” do
século XXI. É aquí cando resulta significativo a vinculación
desta apropiación patrimonial cos efectos sociais da Revolución
Verde. Como dixemos, o inicio desta e o fin da Agricultura
Orgánica supuxo non só o fin do uso desta maquinaria, senón
que tamén o inicio dos procesos de descapesiñización das
chamadas sociedades “occidentais”. Por iso resulta lóxico que
sexa precisamente hoxe en día, no punto álxido da Revolución
Verde e os seus problemas: limites sustentables, soberanía
alimentaria; cando os descendentes daqueles labregos
recuperan símbolos de identidade e constrúen espazos de
memoria agraria.
Veso de modelo descoñecido, Baptom (Devon), Inglaterra, 26/11/2013 (fonte: Cedida por Xián Liñares
De apeiro a símbolo. Apropiacións populares do patrimonio en Galiza
Bruno Esperante Paramos, arqueólogo LA LINDE, 4-2015, pp. 166-174
172
Arqueología Pública:
A recuperación deste tipo de maquinaria non se dá só en
Galiza. Polo que sabemos, a rexión do Eo-Navia en Asturias,
así como tamén no Bierzo, ou incluso na rexión de Viana do
Castelo (Portugal), cantón de Zurich (Suiza), condado de Devon
(Inglaterra), rexión de Occitania (Francia) ou en Dublín (Irlanda);
danse máis casos de apropiación popular desta maquinaria.
Nembargante, cabería diferenciar as explicacións segundo a
experiencia histórica de cada rexión. No caso galego a
apropiación popular ven a rachar ademais como xa
mencionamos, co estereotipo do discurso patrimonial
dominante. O excesivo peso do mito do atraso da agricultura
galega choca directamente con esta manifestación de
modernidade tecnolóxica. A tradición interpretativa do
patrimonio agrario que se enraíza na etnografía de inspiración
franquista, creou unha imaxe patrimonial na que non queda
espazo para este tipo de patrimonio. A ruptura que supón a
Guerra Civil habería que estudala aquí no eido da memoria
agraria esquecida e que se quixo conservar, xa que como parte
dos logros do franquismo estaría a modernización e
industrialización da agricultura galega. ¡Como se non existise
modernidade antes!, deste xeito, poderíamos explicar porque no
discurso da memoria agraria que aínda domina non se
comprenda este tipo de patrimonio.
O discurso desta memoria agraria ilustrada construíu en
base ó mito do atraso a súa propia imaxe do patrimonio agrario
galego, un bo exemplo disto podémolo ver no seguinte cartel
político.
Sementadora de caixón de madeira (Áurea Ponte, A Pereira [Santa Comba], 27/3/2013. Fonte Elaboración propia).
De apeiro a símbolo. Apropiacións populares do patrimonio en Galiza
Bruno Esperante Paramos, arqueólogo LA LINDE, 4-2015, pp. 166-174
173
Arqueología Pública:
Alianza Popular ó inicio da democracia facía uso do
discurso folclorista que nos recorda aquilo do bo salvaxe
interior, o patrimonio agrario galego estaría conformado por un
montón de cousas feitas a man. Por iso a maquinaria
recuperada hoxe en día racha nesa estampa tradicional. De
súpeto, no medio desa foto que nos lembra a unha agricultura
antiquísima, de artesanía, de canteiros, inclúese algo feito por
un obreiro industrial, un veso ou unha sachadora de fundición
en fábrica, algo grotesco dentro desa estampa anódina e
anxelical do campo. A fotografía idílica forma parte dese
discurso dominante ao que nos acostumaron, máis e sobre todo
coas políticas folclóricas do franquismo que impulsou a moda
dos bailes e traxes rexionais. A novidade, pois, xurdiría tamén
na irrupción desta nova forma patrimonial e na transformación
do discurso patrimonial agrario en Galiza.
Cartel electoral de Alianza Popular (fonte: Biblioteca de Comunicació i
Hemeroteca General da Universidade Autónoma de Barcelona).
De apeiro a símbolo. Apropiacións populares do patrimonio en Galiza
Bruno Esperante Paramos, arqueólogo LA LINDE, 4-2015, pp. 166-174
174
Arqueología Pública:
Xa para ir rematando e para recompilar, poderíamos
facer fincapé na idea de que o que a simple vista é unha
recuperación de maquinaria agrícola, pode significar moito máis
do que alguén poida supoñer coma un obxecto decorativo. De
feito, non acreditamos diso da arte polo arte, tendendo a pensar
sempre no significado social e no que representa realmente en
relación cun conxunto de circunstancias. No caso desta
apropiación patrimonial, parécenos evidente o papel que xoga
na actualidade como un obxecto de memoria que nos fala dun
pasado e unha identidade labrega. Máis aínda se temos en
conta a actualidade social urbanizada, con serios problema de
sustentabilidade ambiental e unha clase labrega en plena
reconfiguración. Por último, pero non por iso menos importante,
está a cuestión da transformación do discurso patrimonial
agrario en Galiza. E é que parece ser este un caso apropiado
para falar precisamente de apropiación populares do patrimonio.
Nós, a súa vez debemos de analizar estas circunstancias no
canto de darlle un explicación razoable e xustificada a este tipo
de fenómenos, xa que, coma os castros, ata que alguén non os
analizou e dixo que eran patrimonio histórico, os paisanos
utilizábanos como canteiras de pedra.