Anton riveiro coello

7
Antón Riveiro Coello Entrevista IES Manuel García Barros A Estrada Literatura Galega do Século XX e da Actualidade Texto: © Cc-by-sa-3.0 Fotos: © Todos os dereitos reservados jueves 1 de marzo de 2012

Transcript of Anton riveiro coello

Page 1: Anton riveiro coello

Antón Riveiro Coello

EntrevistaIES Manuel García Barros

A Estrada

Literatura Galega do Século XX e da Actualidade

Texto: © Cc-by-sa-3.0Fotos: © Todos os dereitos reservados

jueves 1 de marzo de 2012

Page 2: Anton riveiro coello

No meu caso si. Con palabras quixen conquistar a que hoxe é a miña compañeira. E foi ela a que tirou de min para que eu escribise. Non sempre somos nós os que atopamos a nosa vocación. Ás veces son outras persoas as que nos animan ou detectan en nós calquera clase de talento. Pensándoo ben, o que me aconteceu a min non ten nada de especial porque os escritores sempre utilizamos a literatura para seducirmos o lector

Antón Riveiro Coello

1. Vostede declarou nunha entrevista anterior que comezou a escribir para seducir a unha muller. Cre vostede que unha circustancia persoal pode chegar a influír tanto como para iniciarse no mundo da literatura?

Seguramente, pero tampouco estou certo de que fosen mentiras. Se cadra están algo adornadas ou distorsionadas. Co tempo esas mentiras incorpóranse á nosa vida e xa non estamos certos de se nos ocorreron ou non. Que máis dá? Na literatura, ás veces, a verdade non nos vale

2. Sempre trascendeu que Álvaro Cunqueiro era un gran fabulador. Pensa que ten vostede esa imaxinación para fabular aínda que fose con mentiras?

Si, chamábase Sacho e tocabamos cancións propias e tamén de Deep Purple, Scorpions, Police e outros grupos. Foi unha experiencia formidable e moi creativa. A música segue a ocupar un lugar importante no meu lecer. Sigo a tocar case todos os días. Os meus veciños, por desgraza, sábeno ben e poden dar conta disto.

3. Algunha das súas novelas está baseada en mentiras xurdidas do maxín xuvenil?

Eu de pequeno era un rapaz cunha imaxinación hiperbólica, é dicir, un gran mentireiro. Pero se o que di Ciorán de que a mentira é outra clase de talento, podo dicir que estou realmente dotado. Ademais, acaso a literatura non é unha marabillosa mentira aceptada por todos?

4. Que nos pode contar das súas afeccións musicais? Pois temos escoitado que á idade de 16 anos formou un grupo de Rock.

Antón Riveiro cos alumnos de Literatura Galega do Século XX.

jueves 1 de marzo de 2012

Page 3: Anton riveiro coello

É importantísimo para a normalización dunha literatura. Dicir que hai moitos premios ou moitos escritores é o mesmo que protestar porque un bosque ten moitas árbores. Os premios cumpren varias funcións coma a de confirmar carreiras ás veces titubeantes, abrir camiños ou facerlles publicidade aos propios libros. A min serviume para o máis importante que non é outra cousa que atopar unha editorial de prestixio coma Galaxia. De feito dende o ano que gañei o García Barros nunca máis me volvín presentar a un premio porque o fundamental xa estaba conseguido

Antón Riveiro Coello

Eu só quería escribir unha historia de amor, pero cruzouse no meu camiño o historiador do concello de Culleredo, Carlos Pereira, e teimou para que situase a novela nesa bisbarra. E caín no engado porque el me facilitou moitísima documentación, ordenada cronoloxicamente, que empurrou a miña inspiración para apalpar o espírito da época. Despois veu o traballo de campo, que foi moi interesante porque tiven a oportunidade de coñecer moita xente maior que me emprestou a súa memoria e traballei sobre ela coma se fose unha materia viva.

6. A súa obra As Rulas de Bakunin está ambientada na crúa realidade da Guerra Civil. Vostede, que non  viviu nesta época, como decidiu escribir sobre ela? Pode contarnos algo de como levou o proceso de documentación?

7. Como se postula vostede fronte ao conflito lingüístico actual? Cre que hai futuro para a nosa lingua e a nosa literatura?

Eu son unha persoa moi optimista, pero a presión que hai sobre a lingua é salvaxe. Xa non temos medios na nosa lingua e o problema máis grande é que os mozos, sobre todo nas vilas e nas cidades, xa non teñen quen lles fale en galego, e se non hai unha posición ideolóxica neles, apenas aparecen novos falantes. Deberán mudar moitas cousas porque o que está claro é que o destino dunha literatura vai parello ao da lingua. Sen lingua galega non haberá literatura galega. Iso está claro. Haberá que traballar moito.

5. Vostede gañou o  prestixioso premio  de narrativa “Manuel García Barros” da Estrada. Como valora Vostede a importancia dos premios literarios na normalizacion dunha literatura? Cumpren realmente a función coa que foron ideados?

Antón Riveiro cos alumnos de Literatura Galega do Século XX.

jueves 1 de marzo de 2012

Page 4: Anton riveiro coello

Antón Riveiro Coello

Sen ningunha dúbida a obra que máis me custou escribir é a última, que acaba de saír do prelo e se titula Laura no deserto. Botei con ela seis anos da miña vida e sei que madurei nela non só como escritor senón tamén como persoa. E aínda que coido que esta é a miña mellor novela, a miña identificación está máis preto doutras coma A quinta de Saler, Casas Baratas ou A esfinxe de amaranto, que son obras que se desenvolven na miña terra de nacenza e están inspiradas en persoas coñecidas.

8. Cal é a obra que máis lle custou escribir?  E coa que máis se identifica? Por que?

Son bastante disciplinado e non me poño a escribir nada se non estou convencido de o

rematar. Prefiro pasar grandes tempadas sen escribir a facelo sen paixón e

convencemento. Por iso, sempre remato o que empezo e podo confesar que non teño

nada no caixón

9. Algunha vez deixou no caixón algunha das súas obras por non ser capaz de

escribila como vostede quería?

O autoodio e os prexuízos que se teñen coa lingua pode ser un exemplo da nosa falta

de desenvolvemento. O día en que confiemos en nós como país, e non só como un

lugar satélite, comezaremos a espilir e teremos unha sociedade galega máis rica en

todos os aspectos.

10.Que pensa da sociedade actual galega e como enxerga vostede o seu futuro?

jueves 1 de marzo de 2012

Page 5: Anton riveiro coello

CUESTIONARIO

jueves 1 de marzo de 2012

Page 6: Anton riveiro coello

A ca

tedr

al d

e

San

tiago

Un m

onum

ento

salie

ntábe

l?

Xosé Luís Méndez

Ferrín e Arraianos.

Un/ha autor/-a e unha obra

literaria galegos?

Hamlet.

Unha obra teatral?

Adrián Solovio e Ulises

Un personaxe galego e un estranxeiro?

 Julien Gracq e L

e

Rivage des SytesUn/ha autor/-a e u

nha obra

literaria estranxeiro

s?

Supermán

Un personaxe de ciencia-ficción co que se identifique?

Paris-Texas

Unha película de cine

jueves 1 de marzo de 2012

Page 7: Anton riveiro coello

Seguir escribindo

con paixónUn anceio por rea

lizar?

O cine e tocar a

guitarra.

Outro entretemento

ademais da literatura?

Unha praia ao

pé da

Mundo rural/urbano?

Praia/montaña?

Para visitar Compostela e para descansar O Paraíso (na serra madrileña).

Un lugar para visitar? e un lugar para descansar?

A Guerra Civil.

Un feito histórico?

A paz no

mundo.

Unha utopía?

Á sombra dunha árbore na praia.

Un lugar axeitado para a lectura?

 Jazz. In A Sentimental Mood de John Coltrane

Un tipo de música? Unha canción?

Eduardo Blanco Amor.

Un/ha autor/-a con quen se identifique?

jueves 1 de marzo de 2012