Antoloxía de textos e autores sobre a "Materia de Bretaña"

57
ANTOLOXÍA POÉTICA 1º CICLO ESO IES MARÍA SARMIENTO VIVEIRO 1

description

Antoloxía comentada de textos e autores sobre a Materia de Bretaña dos alumnos de 1º ciclo da ESO do IES María Sarmiento de Viveiro.

Transcript of Antoloxía de textos e autores sobre a "Materia de Bretaña"

Page 1: Antoloxía de textos e autores sobre a "Materia de Bretaña"

ANTOLOXÍA POÉTICA

1º CICLO ESO IES MARÍA SARMIENTO

VIVEIRO

1

Page 2: Antoloxía de textos e autores sobre a "Materia de Bretaña"

2

Page 3: Antoloxía de textos e autores sobre a "Materia de Bretaña"

3

Page 4: Antoloxía de textos e autores sobre a "Materia de Bretaña"

4

Page 5: Antoloxía de textos e autores sobre a "Materia de Bretaña"

5

Page 6: Antoloxía de textos e autores sobre a "Materia de Bretaña"

6

Page 7: Antoloxía de textos e autores sobre a "Materia de Bretaña"

IDADE MEDIA.LÍRICA TROBADORESCA. CANTIGAS DE AMIGO

7

Page 8: Antoloxía de textos e autores sobre a "Materia de Bretaña"

ARGUMENTO Este poema é unha conversación entre nai e filla. A nai pregúntalle á filla porque tardou tanto na fontana fría e a filla respóndelle que tardou porque cervos do monte volvían a augua ,a nai dille que nunca viu cervo que volvess´o río. A Idea principal do poema é mostrarnos unha discursión entre nai e filla por mor dun namorado. TÍTULO.TEMA "Os cervos da fonte"

8

Page 9: Antoloxía de textos e autores sobre a "Materia de Bretaña"

FIGURAS LITERARIAS As cantigas de amigo teñen unha estrutura moi formalizada e ríxida que se basea na repetición . Os elementos caraterísticos son : PARALELISMO: Repetición da mesma idea en dúas estrofas. Ex:

-"Digades, filha, mia filha velida, porque tardastes na fontana fría?".

-"Digades, filha, mia filha louçana, porque tardastes na fría fontana?".

REFRÁN: Verso ou versos repetidos ao final de cada estrofa. Ex:

"Os amores ei" PARALELISMO SEMÁNTICO: Consiste en repetir no seguinte verso a mesma idea que se expresou no anterior,pero con palabras diferentes ,constituíndo unha imaxe distinta pero de significado identico.É o fundamental da poesía bíblica. Ex:

"Tardei, mia madre, na fontana fría, cervos do monte a augua volvían.

Tardei, mia madre, na fría fontana, cervos do monte volvían a augua.

9

Page 10: Antoloxía de textos e autores sobre a "Materia de Bretaña"

Aínda que na maioría das cantigas de amigo hai leixaprén este poema non o ten.O leixaprén consiste na repetición dos segundos versos dun par de estrofas como primeiros versos do par seguinte.

ANA FANEGO GÓMEZ 1ºA YURI FERNÁNDEZ MARTÍNEZ 1ºA

10

Page 11: Antoloxía de textos e autores sobre a "Materia de Bretaña"

SÉCULO XIX. REXURDIMENTO.

11

Page 12: Antoloxía de textos e autores sobre a "Materia de Bretaña"

12

Page 13: Antoloxía de textos e autores sobre a "Materia de Bretaña"

Feros corvos de Xallas

Libro no que está o poema: “Queixumes dos pinos” Autor: Eduardo Pondal Ano de publicación: 1886

Feros corvos de Xallas, Que vagantes andás; En salvage compaña, Sin hoxe nin mañan;

¡Quen poidera ser voso compañeiro, Pol-a gándra longal!

Algo de vago e fero, Dos curutos escuros; E unha ruda e salvage

Incrinación dos seres vagamundos. Do meu ser no profundo

Eu levo, com' as brétomas

Algo do rudo vento Q' azouta o cabo Ougal;

Do salvage miñato, Que leva o vento soán;

E con nobre ufanía, O esquivo mato registrando vai!

Argumento: No poema, o autor ten envexa dos “feros corvos de Xallas”porque son libres e non teñen obrigacións. El desexa poder voar con eles pola extensa gándara . Na segunda estrofa, descríbese a si mesmo psicoloxicamente; di que ten algo de “fero e vago com' as brétomas” , e tamén que é “rudo e salvaxe

13

Page 14: Antoloxía de textos e autores sobre a "Materia de Bretaña"

coma os seres vagamundos”. Na terceira estrofa, compárase co “rudo vento que azouta o cabo Ougal”, e tamén co miñato salvaxe que arrastra o vento, e que vai orgulloso rexistrando o monte baixo. Idea principal: No poema, o autor quere expresar como é el por dentro, quere describirse a el mesmo psicoloxicamente. Título alternativo: “Así de salvaxe”. Figuras: -Abundancia de adxectivos:vago e fero (l.7), salvage(l.15), rudo (l.13), etc. -Tamén vexo a comparación:...”vago e fero com' as brétomas”... -Ademais vexo hipérbato, que é unha figura literaria que altera a orde lóxica das palabras:...”algo de vago e fero; do meu ser no profundo; eu levo, com`as brétomas”... -Por último, tamén vexo a personificación, qué é unha figura literaria na que o autor atribúe calidades humanas a animais, cousas, etc.:...”salvage miñato; que leva o vento soán; e con nobre ufanía; o esquivo mato registrando vai”... ou ...”feros corvos de Xallas; que vagantes andás; en salvage compaña; nin hoxe nin mañán; quen poidera ser voso compañeiro”... Métrica: No poema, todas as estrofas teñen seis versos, polo que se lles podería chamar sextinas. Ademais, vemos que hai rima asonate nos versos pares e os impares quedan libres.

14

Page 15: Antoloxía de textos e autores sobre a "Materia de Bretaña"

¿POR QUÉ?

—¡Escoita! os algoasiles Andan correndo á aldea,

Mais, ¿como pagar, como, s'un non pode, lnda pagá­I­a renda?

—Embargarannos todo, que non teñen Esas xentes concencia, nin tén alma,

¡Quedaremos por portas! ¡Meus fillos d'as entrañas!

15

Page 16: Antoloxía de textos e autores sobre a "Materia de Bretaña"

—Mala morte vos mate Antes de que aqui entredes!... D'os probes, ô sentirvos,

Os corazos, cal baten tristemente! Maria, se non fora

Porque hay un Dios que premia e que castiga, Eu matara eses homes

Como mata un raposo á un­ha galiña. —¡Silencio! ¡Non brasfemes,

Qu'este é un valle de lágrimas!.. ¿Mais porque á algúns lles toca sufrir tanto Y outros á vida antre contentos pasan?

Rosalía de Castro, Follas Novas, 1880 ARGUMENTO: Dialogan dúas persoas; Maria e o seu esposo; escoitan que os algoaciles andan pola aldea, que están desafiuzando a persoas das suas casas. Presenta unha inxustiza que pasaba anteriormente na nosa terra e que aínda segue aí. O esposo de Maria pensa que se non fora polo seu Deus “Eu matara eses homes”(v.15); María, máis sumisa, di que non diga esas cousas...aunque nos ultimos versos reflexiona e di que esto é un valle de lágrimas, porque algúns viven ben e outros sufren tanto. IDEA PRINCIPAL: A idea principal do poema é presentarnos o sufrimento da xente cos desafiuzamentos nunha época moi dura. TEMA:

16

Page 17: Antoloxía de textos e autores sobre a "Materia de Bretaña"

Inxustizas de onte, inxustizas de hoxe. Bianca Livanov

Leyla Yen 1º A

SÉCULO XX. XERACIÓN DAS IRMANDADES.

Fragmento de “Na noite estrelecida”

17

Page 18: Antoloxía de textos e autores sobre a "Materia de Bretaña"

De Ramón Cabanillas TEXTO ( O cabaleiro do Santo Grial ) Lindos paxes, onde ela prisioneiros do encanto, levan feixes de rosas e rocóllenlle o manto, e o máis roibo e garrido porta esgrevio tesouro: en bandexa de prata unha espora de ouro. A fermosa doncela, de xeito que namora, chegando a Galahaz cazóulle a nobre espora e alzándose ridente tendéu ó cabaleiro seus brazos que envexara a fror do laranxeiro. Mais, fiel ó xuramento, ó seu soño leial, Galahaz alonxóuse puro e limpo de mal. TITULO ALTERNATIVO (TEMA) ´A historia da vida` ARGUMENTO: Este texto trata de Galahaz un dos cabaleiros da táboa redonda, este busca o Santo Grial, (a copa da última cea) o mais grande dos tesouros que existen, pero este tesouro solo o pode obter a persoa mais pura, por iso polo camiño ao cabaleiro preséntanselle tentacións, para poñelo a proba, unha delas é a ´ fermosa doncela` da que se fala no texto., aínda así segundo o texto este cabaleiro mantense puro, e segue o seu camiño. IDEA PRINCIPAL:

18

Page 19: Antoloxía de textos e autores sobre a "Materia de Bretaña"

A idea principal deste fragmento de texto é contarnos como Galahaz deixando a trais a esta fermosa muller conseguiu superar unha das moitas tentacións que se lle presentarían. PALABRAS A BUSCAR: Espora: Instrumento de metal, xeralmente de forma estrelada , colocado na parte de atrás do calzado do xinete para aguilloar ó cabalo Fror do laranxeiro(azar): flor blanca da laranxeira, do limoeiro ou da cidreira,usada en medicina e perfumeria INFORMACIÓN SOBRE O TEXTO: O texto ´ Na noite estrelecida` é un libro de poesía, foi publicado no ano 1926 en Mondariz, pola editorial Lar. É unha obra poética de Ramón Cabanillas. Está conformada por tres poemas escritos en series de pareados alexandrinos, mesturados con romances e sextinas, que ten como tema principal a materia de Bretaña. FIGURAS LITERARIAS ENCONTRADAS: Neste texto encontramos en principio abundante adxectivación (fermosa doncela, soño leial, esgrevio tesouro, roibo e garrido...) ademais de personificación ( O seu soño leial) e simbolismo ( bandexa de prata unha espora de ouro...) Estes son as principais figuras literarias encontradas neste texto.

Ana Basanta González

19

Page 20: Antoloxía de textos e autores sobre a "Materia de Bretaña"

Claudia Rivera Vázquez 1ºC

“Lanzal gallo frorido no tronco da realeza” Lanzal gallo frorido no tronco da realeza, ó par escrarecido no berce na forteza, o orfo do rei Uther, o príncipe barudo chamado a ser do reino a coluna e o escudo, que no albor da máis leda garrida mocedade é espello ledizoso de honor e lealdade, adiántase, e ós ventos o airón eloitado, o xubón en sinxela fina malla trenzado,

20

Page 21: Antoloxía de textos e autores sobre a "Materia de Bretaña"

as esporas calzadas, encendido no peito o ardor que pon o ceo no unxido e no escolleito, sin divisa guerreira nin esforzo de guante chega ó circo do sagro creror escintilante, apreixa o puño de ouro aceso en resprandores, o pensamento en xuro da fe dos seus maiores, e alzando á outura a nobre lumiosa mirada, ó pobo axoenllado amostra a rexa espada que, ergueita docemente, brandea na súa man como pruma abalada dun ventiño leviás.

Ramón Cabanillas

TITULO DA OBRA: Na noite estrelecida. ANO DE PUBLICACIÓN: 1926

TEMA: A espada Escalibur ARGUMENTO: É unha descrición física do Rei Arturo, di que é “Lanzal” e é “Un gallo florido no tronco da realeza” e fillo do rei Uther. É “O escudo e a columna” do reino para mantelo en pé e, Arturo ten honor e lealdade. Achégase ata ó “Circo do sagro craror” e levanta a espada sen guante e con unha malla fina trenzada e non fai ningún esforzo por aguantala ergueita porque para el “É como unha pluma”. Toda a xente, ata os seus superiores, estan axeonllados ante o futuro rei, para ver Escalibur. IDEA PRINCIPAL: Este texto querenos transmitir como é Arturo, futuro rei, e como levanta a espada Escalibur, dun modo especial.

21

Page 22: Antoloxía de textos e autores sobre a "Materia de Bretaña"

FIGURAS LITERARIAS: Metafora: “Lanzal gallo florido no tronco da realeza” Abundancia de adxectivos: Barudo, caluno... Comparación: “Como pruma abalada” Ritmo: Tira de 18 versos pareados con rima Consoante. ESQUEMA: AA, BB,

22

Page 23: Antoloxía de textos e autores sobre a "Materia de Bretaña"

23

Page 24: Antoloxía de textos e autores sobre a "Materia de Bretaña"

AMOR

N-unha pupila azuada Vin tremer a Amor-meniño:

era sobr' a frol d' o liño Unha bágua d' a Rosada,

Coma un amante a unha amada,

Amor etérmo -¡quimeira!-

24

Page 25: Antoloxía de textos e autores sobre a "Materia de Bretaña"

Xurou â frol d' a liñeira A lágrima d' a orvallada.

Mais... d' a Aurora ô crarexar,

Eis qu' o Fado separar Quixo o que Diós axuntara:

A frol d' o liño esfollouse...

E a lagrimiña tornouse Aos ceios, donde morara…

Ano de públicación:Publicouse no ano 1986

Argumento: Este poema contempla unha historia de amor entre unha lágrima de orballo que se namorou dunha flor azul de liño; a pinga de orballo xuroulle amor eterno,un amor imposible porque ao amencer a flor esfollouse e a lagrima evaporouse. Idea principal: A idea principal de este poema trata dunha historia de amor imposible sobre unha pinga der orballo é unha flor. Tema: O amor imposible Figuras literarias: Personificación Metáforsa Comparación Hiperbato

25

Page 26: Antoloxía de textos e autores sobre a "Materia de Bretaña"

SÉCULO XX.XERACIÓN DO 36.

26

Page 27: Antoloxía de textos e autores sobre a "Materia de Bretaña"

27

Page 28: Antoloxía de textos e autores sobre a "Materia de Bretaña"

TERRA SUCADA

¡Terra sucada, poema de cen versos na outonía! Orballa na cal, no escuro camiño de tantas vidas...

Ferve o grau, pulo enterrado da espranza, nena dormida.

¡Terra do ceo arrincada! Chora a terra desterrada, terra arada, nai perdida.

Xosé María Díaz Castro

ARGUMENTO: O poeta neste poema expresa os seus sentimentos contemplando a paisaxe dunha terra de arado. Este poema trata dunha “terra sucada”, unha terra traballada. Están na estación do outono, “orballa na cal” e nesas terras traballaron moitas persoas. Na segunda estrofa di que “ferve o grau” quere dicir que van crecer e crecer como unha “nena dormida” e o poeta cree que esa terra e tan boa que é como si fora creada por Deus. “ Chora a terra desterrada” e unha personificación e quere dicir que a terra de encima esta seca pero a de debaixo esta mollada e “terra arada, nai perdida” que esta terra separana unha de outra entón e como si a separaran da súa nai. IDEA PRINCIPAL: A idea principal deste poema é mostrarnos a terra traballada

pola que pasaron moitas persoas e os sentimentos do poeta cara este paisaxe.

28

Page 29: Antoloxía de textos e autores sobre a "Materia de Bretaña"

TEMA: Outro título para este poema pode ser “A TERRA NO OUTONO” FIGURAS LITERARIAS: As figuras literarias deste poema poden ser: Metáfora: “Ferve o grau, pulo enterrado” Personificación: “Ferve o grau” Hai abundancia de adxectivos: Sucada, durmida, escuro...

Carla García Salgueiro Andrea González Pena

1ºC

29

Page 30: Antoloxía de textos e autores sobre a "Materia de Bretaña"

POEMA DE XOSÉ MARÍA DÍAZ CASTRO

“PENÉLOPE”

Un paso adiante i outro atrás, Galiza, i a tea dos teus sonos non se move.

A espranza nos teus ollos se esperguiza. Aran os bois e chove.

Un bruar de navios moi lonxanos

che estrolla o sono mol como unha uva; pro tí envólveste en sabas de mil anos i en sonos volves a escoitar a chuva.

30

Page 31: Antoloxía de textos e autores sobre a "Materia de Bretaña"

Traguerán os camiños algún día

a xente que levaron: Deus é o mesmo. Suco vai, suco vén, Xesús-María!,

e toda cousa ha de pagar seu desmo.

Desorballando os prados coma sono o tempo vai de Parga a Pastoriza.

Vaise enterrando, suco a suco, o Outono. Un paso adiante i outro atrás, Galiza!

NIMBOS

31

Page 32: Antoloxía de textos e autores sobre a "Materia de Bretaña"

ARGUMENTO DO POEMA O poema trata de Galicia que é como Penélope , a muller de Ulises, porque dá un paso para diante e outro para atras como cando ela cosía pola mañá e descosía pola noite. Na segunda estrofa o poeta dille a Galicia que “un bruar de navíos” lle quita o sono e envólvese en sabas ( pode significar que os navíos van con emigrantes) Na terceira estrofa o poeta expresa o seu desexo de que volvan os emigrantes. IDEA PRINCIPAL A idea principal e comparar a Galicia con Penélope. A Galicia fáltanlle os emigrantes que se foron e a Penélope fáltalle Ulises. Outros Títulos (Tema) 1. “Fáltanos algo” 2. “ Sós na vida” 3. “ Choran”

Noelia Gómez Fernández Alicia Coello Mariña

1ºC

32

Page 33: Antoloxía de textos e autores sobre a "Materia de Bretaña"

33

Page 34: Antoloxía de textos e autores sobre a "Materia de Bretaña"

34

Page 35: Antoloxía de textos e autores sobre a "Materia de Bretaña"

Maria Soliña . Celso Emilio Ferreiro

Polos camiños de cangas

a voz do vento xemía:

ai, que soliña quedache,

María Soliña.

Nos areales de Cangas,

muros de noite se erguían:

ai, que soliña quedache,

María Soliña.

As ondas do mar de Cangas

acedos ecos traguían:

ai, que soliña quedache,

María Soliña.

As gueivotas sobre Cangas

soños de medo tecían:

ai, que soliña quedache,

María Soliña.

Baixo os tellados de

anda un terror de auga fría:

35

Page 36: Antoloxía de textos e autores sobre a "Materia de Bretaña"

ai, que soliña quedache,

María Soliña.

Título:Celso Emilio Ferreiro: Obra completa,1(Madrid:Akal editor

Autor: Celso Emilio Ferreiro

Areales: Extensión de terreo con area.

Acedos: Que mostra o aspecto máis desagradable. María Soliño: María Soliña nacida no 1601 en Cangas Do Morrazo e finada no 1680 na mesma vila, foi unha muller condenada pola inquisición por bruxería. Tras a súa morte converteuse no símbolo de sufrimento do seu pobo. Casouse cos dous homes máis importantes da súa vila pasou a posuír os seus bens cando Pedro Barba morreu no ataque Turco. Argumento: O poeta diríxese a unha persoa en concreto ( María Soliña) para lamentarse da súa soidade, e xúntase así.... cos ventos que “ xemían”, co mar que traía “acedos ecos”,coas gueivotas que “soños de medo tecían” e a auga fría “anda un terror de auga fría”. Este texto tamén nos reflexa o terror dun pobo o de Cangas do Morrazo por medio de versos como estes “baixo os tellados de cangas un terror de auga fría” Idea principal: A idea principal é a maneira de expresarlle o seu sentimento de pena a Maria Soliña. Tema: “Natureza xeminte” Figuras literarias:

36

Page 37: Antoloxía de textos e autores sobre a "Materia de Bretaña"

PERSONIFICACION: “a voz do vento xemía” (v.2 ) “acedos ecos traguían” (v.10 ) “as gueivotas sobre cangas soños de medo tecían” ( v.13 14 ) “baixo os tellados anda un terror de auga fría” (v.20 21 )

“Monólogo do vello traballador ”

Agora tomo o sol. Pero até agora

traballei cincoenta anos sin sosego. Comín o pan suando día a día

37

Page 38: Antoloxía de textos e autores sobre a "Materia de Bretaña"

nun labourar arreo.

Gastei o tempo co xornal dos sábados, pasou a primavera, veu o inverno.

Dinlle ao patrón a frol do meu esforzo i a miña mocedade. Nada teño. O patrón está rico a miña conta,

eu, á súa,estou vello. Ben pensado,o patrón todo mo debe.

Eu non lle debo nin xiquera iste sol que agora tomo.

Mentras o tomo, espero.

Longa noite de pedra (1969),Celso Emilio Ferreiro

IDEA PRINCIPAL: A idea principal deste texto é a explotación laboral. ( Explica a teoría da Plusvalía: na doutrina marxista,diferenza entre o salario do traballador e o valor dos bens producidos) ARGUMENTO: Neste poema un vello cóntanos que está tomando o sol,di que traballou sen sosego,comía pouco pan suando día a día,perdía o tempo ca paga dos sábados e o tempo pasábase voando deulle ao patrón o mellor que facía, o patrón enriquecíase del,o vello a súa conta facíaselle vello e poçr último di que o patrón todo llo debe el a súa conta non lle debía nada. TEMA: A vellez dun traballador OUTROS TEMAS: A explotación laboral, o paso do tempo e a vellez.

38

Page 39: Antoloxía de textos e autores sobre a "Materia de Bretaña"

FIGURAS LITERARIAS: PERSONIFICACIÓN ,Metáfora: “ Dinlle ao patrón a frol do meu esforzo” (v.9) JAIME CASARIEGO CERDEIRA

ALEXANDRE MATEO PARAPAR 1º B

39

Page 40: Antoloxía de textos e autores sobre a "Materia de Bretaña"

AMOR

N-unha pupila azuada Vin tremer a Amor-meniño:

era sobr' a frol d' o liño Unha bágua d' a Rosada,

Coma un amante a unha amada,

Amor etérmo -¡quimeira!- Xurou â frol d' a liñeira A lágrima d' a orvallada.

Mais... d' a Aurora ô crarexar,

Eis qu' o Fado separar Quixo o que Diós axuntara:

A frol d' o liño esfollouse...

E a lagrimiña tornouse Aos ceios, donde morara…

Ano de públicación:Publicouse no ano 1986

40

Page 41: Antoloxía de textos e autores sobre a "Materia de Bretaña"

Argumento: Este poema contempla unha historia de amor entre unha lágrima de orballo que se namorou dunha flor azul de liño; a pinga de orballo xuroulle amor eterno,un amor imposible porque ao amencer a flor esfollouse e a lagrima evaporouse. Idea principal: A idea principal de este poema trata dunha historia de amor imposible sobre unha pinga der orballo é unha flor. Tema: O amor imposible Figuras literarias: Personificación Metáforsa Comparación Hiperbato

41

Page 42: Antoloxía de textos e autores sobre a "Materia de Bretaña"

42

Page 43: Antoloxía de textos e autores sobre a "Materia de Bretaña"

43

Page 44: Antoloxía de textos e autores sobre a "Materia de Bretaña"

Todos los ríos eran una sangre Jorge Guillén

ORA PRO NOBIS

Dura memoria do camiño andado.

A palmatoria cando marchaba a luz. Todas as nais na súplica.

Todas as nais varadas no horror. Toda a noite cavorco,

encofrado do medo, olmo de eclipse, seco taller de asfixia.

"Todos los ríos eran una sangre".

Quen peta á porta, mata.

Quen fala, ceiba a onda do perdido. Delata quen respira,

asina os papeis da esgazadura, pon números anónimos nos mártires, pecha os ollos que seguen a mirar.

Quen alenta na felpa fusilada

aínda escoita moi lonxe: "Ora pro nobis, virgo clementísima.

Ora pro nobis".

ManuelÁlvarez Torneiro Resume/significado do poema “ORA PRO NOBIS”:

44

Page 45: Antoloxía de textos e autores sobre a "Materia de Bretaña"

O poeta explica en forma de oración o que tivo que ser a posguerra dos anos corenta, o duro que é recordar o pasado cando marchaba a luz, viña o horror, que as nais tiñan medo. Refuxiábanse todos e culpábanse uns aos outros por salvar a súa vida. Nesta época, calquera manobra sería cousa de morte xa que se un garda civil petaba á porta nunha noite, seríalles destinada a morte, se falaban serían xulgados... IDEA PRINCIPAL: A idea principal do poema e transmitirnos terror, temor, medo dunha época pasada. EDITORIAL: Deputación de Pontevedra Libro no que foi publicado “Ora pro Nobis”: Epicentro,editorial Deputación de Pontevedra Ano de publicación: 2003. TEMA: “Dura memoria do recordo” “ Pensamento ensanguentado” “Duro recordar da memoria.” Pequeno Resumo do poema: Un pequeno recordo dunha época pasada, de dor, temor, horror... Están na posguerra, temendo de calquera movemento,

45

Page 46: Antoloxía de textos e autores sobre a "Materia de Bretaña"

de calquera cousa que lles poda pasar. É só un recordo de sufrimento. FIGURAS LITERARIAS NO TEXTO: METÁFORAS: "Todos los ríos eran una sangre". “Olmo de eclipse” “Seco taller de asfixia” “Ceiba a onda do perdido” “Asina os papeis da esgazadura” “Pon números anónimos nos mártires” ANÁFORAS: “Quen peta á porta, mata” “Quen fala, ceiba a onda do perdido” “Quen alenta na felpa fusilada” PARALELISMO: “Todas as nais na súplica” “Todas as nais varadas no horror” "Ora pro nobis, virgo clementísima. Ora pro nobis". ALITERACIÓN: Toda a noite cavorco, encofrado do medo, olmo de eclipse, seco taller de asfixia.

46

Page 47: Antoloxía de textos e autores sobre a "Materia de Bretaña"

MÉTRICA: Poema formado por 4 estrofas "Todos los ríos eran una sangre" é un verso de Jorge Guillén.

AMANDA MARIANO FREITES PATRICIA RODRÍGUEZ GONZÁLEZ

1º B

47

Page 48: Antoloxía de textos e autores sobre a "Materia de Bretaña"

48

Page 49: Antoloxía de textos e autores sobre a "Materia de Bretaña"

Páxina atlántica

Vin a aldea arredada no seu propio segredo Nin se perdeu o celme inxel do Beatus Ille

Pasei a contemplar tanta fidelidade

Vin burriños cargados de herba e de xestas vivas57 alpendres que harmonizan cos aparellos rústicos

a humilde ferramenta trasnoitada ou talvez encetar o pan de cada día signándolle

unha cruz por riba cun coitelo

Vin a camelia gaélica en Bínn Eadair A paixón dos triskeles baixo o rigor dos liques

e da chuvia insubmisa

Vin pallozas e torques e os míticos tesouros daquel reino de Tara

A cerimonia erótica do arado

Vin revelarse as antas na afinidade da morte

todo se pode ler nesta páxina atlántica na sustancia unitaria do narcisismo celta

Na camelia gaélica do xardín de Bínn Eadair

Arredar: Facer ir para atrás. Celme: Esencia. Inxel: Débil. Alpendre: Construción rústica.

49

Page 50: Antoloxía de textos e autores sobre a "Materia de Bretaña"

Beatus Ille: Expresión que significa “ditoso aquel” trátase das dúas primeiras palabras dun verso de Horacio. O poema canta as excelencias da vida do campo. Encetar: Empezar a cortar ou gastar algo que está enteiro. Gaélica: Nome dado aos pobos célticos de Irlanda. Triskeles: Símbolo celta. Liques: Organismo vivo pertencente ao reino dos fungos. Anta: Pedra grande chantada no chan. Afín: Persoa ou cousa con algún parentesco. Unitario: Constitúe unha unidade. Narcisismo: Satisfacción que se sente ao prestarse moita atención a si mesmo. Celta: Relativo a un pobo de orixe indoeuropea que se estableceu no occidente de Europa. ARGUMENTO: Trata do fiel que vive a xente da aldea ao campo; fala dos traballos que realizan no pobo, das súas ferramentas e dos seus costumes como por exemplo encetar o pan marcándolle unha cruz por arriba ao bolo. Tamén se poden encontrar símbolos celtas como “torques” e a cidade de “Bínn Eadair”. A poetisa ve as típicas casas do campo galego. Neste poema refléxase como é a vida do campo. Está adicado a Xesús Alonso Montero.

50

Page 51: Antoloxía de textos e autores sobre a "Materia de Bretaña"

TEMA: Un novo título para o poema Unha aldea celta.

Gabriela Pita López

Noa Pardo Rivera 1ºA

51

Page 52: Antoloxía de textos e autores sobre a "Materia de Bretaña"

52

Page 53: Antoloxía de textos e autores sobre a "Materia de Bretaña"

“A pureza da boca”

E todo se nos volve fugaz e transitorio se esquecemos a luz

Se non vemos a luz como presaxio a desvelar as sombras

Se non descubre a seducción dos labios que son libres

A pureza da boca cando cala A pureza da boca cando fala en gaélico A pureza da boca cando canta un alalá

perdido

Os oficios humildes madeiras de abeleira serradas nun alpendre

coa saudade da patria cando nacen as xestas na harmonía do cosmos

e o Celtic twilight mesmo que concede ó poeta tantos saberes feéricos

VOCABULARIO Transitorio: Que non dura, que constitúe unha transición Presaxio:

53

Page 54: Antoloxía de textos e autores sobre a "Materia de Bretaña"

Sensación ou anuncio de que vai ocorrer algo, pola presenza de certos signos Pureza: Calidade de puro Gaélico: Grupo de linguas célticas insulares que comprende o irlandés, o escocés e o dialecto da illa de Man Abeleira: Arbusto da familia das betuláceas (Corylus avellana), de tres a oito metros de altura, con moitas pólas, follas anchas e cordiformes e madeira dura, que dá como froito a abelá Alpendre: Construción rústica con paredes e tellado ou só con tellado, utilizada fundamentalmente para gardar o carro e os apeiros, leña, trastes e calquera tipo de ferramenta Harmonía: Conxunto de sons que resultan agradables ao oído. Título: As arpas de Iwerddon Título do poema: A pureza da boca Autor@: Luz Pozo Garza Idea principal do texto: Amor e morriña. Argumento: Luz Pozo Garza reflexiona sobre un sentimento que ela ten.

54

Page 55: Antoloxía de textos e autores sobre a "Materia de Bretaña"

Ademais sente morriña da fala, das paisaxes tan fermosas de Galiza, dos cantares tradicionais, dos traballos humildes. Sobre o que fala en cada estrofa: 1º: A autora fala sobre a luz 2º: A autora fala sobre a lingua, os cantares e as palabra en gaélico 3º: A autora fala do cambio das estacións e dos tempos pasados. 4º: Representa o reflexo fugaz. O novo nome do poema: Celtic twilight.

55

Page 56: Antoloxía de textos e autores sobre a "Materia de Bretaña"

56

Page 57: Antoloxía de textos e autores sobre a "Materia de Bretaña"

Maio 2014, LETRAS GALEGAS

57